Revista kcharela 2014

Page 1



Indice INTRODUCIÓN . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 2 Alba Tomé . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 3 Letras na Praza. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .5 Pequena Historia da Praza . . . . . . . . . . . . . . . . . . .6 O Sabor duns bos Produtos . . . . . . . . . . . . . . . . . . .9 Elaboración de Cervexa no IES Laxeiro . . . . . . . . . . 10 A Paz nas Grandes Relixións . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12 Hai Sol que Rega. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .16 Din que Seica o Tempo se Volveu Tolo . . . . . . . . . . . .18 Orixes e Senso do Nadal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .20 A Morte do PCPI . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .22 A Loita Perpetua por Espazo e Comida . . . . . . . . . . .24 Letras Galegas 2014 . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .26 Bandas Si, pero de Música . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 30 Departamento de Moito Cine . . . . . . . . . . . . . . . . . .31 Album de Fotos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 36

1


kcharela

INTRODUCIÓN kcharela 10ª edición

S

egúndo datos do Atlas Sociolingüístico de Galicia a maior parte da poboación galega fala ou entende ben o galego.

O

idioma galego por número de falantes ocupa o lugar 160 entre as 5.500 linguas do mundo, o lugar 23 entre a 150 linguas europeas e é a segunda lingua europea máis falada entre as non oficiais dos estados.

O

idioma galego encóntrase entre as 30 linguas máis usadas en internet no mundo.

O

s galegofalantes teñen un acceso moi doado a 250 millóns de persoas que se expresan en portugués. Pero o galego está en retroceso. Cada vez úsase menos entre os vivos e até nas lápidas dos cemiterios.

E

ntre todos e todas, durante séculos construimos a nosa paisaxe coa palabra. Nada hai máis noso que o noso xeito de

chamar ás cousas. Alba Tomé na súa exposición no parlamento Xove fala dun pequeño cofre marrón, agasallo do avó para que gardara as mellores cousas que lle pasaran na vida. Ese cofre ben podería ser o noso idioma. Nada seríamos sen a palabra que nos define e pinta os nosos recordos. A palabra modela as vivencias e permítenos conservalas no desván da nosa memoria. Foi o mellor agasallo dos nosos avós. Para que este agasallo non se perda os futuros pais deben falar en galego aos fillos. Non se lles pode negar o que lles pertence. Só nos queda desexar que a xeración de Alba supere vellos prexuízos e volva voar sen ataduras. Dela dependerá que dentro de moitos anos as persoas que sigan soñando este país poidan gardar as súas vivencias no único cofre que xa en si mesmo é o verdadeiro tesouro.

......................................................... E O TEMPO MON EXISTE VES NON EXISTE NON EXISTE. O TEMPO AMOR O TEMPO NON EXISTE NON EXISTE O TEMPO NON NIN SEQUERA EXISTE

Versión dixital desta revista: www.sites.google.com/site/kcharela10

O TEMPO AMOR O TEMPO NON EXISTE Olga Novo, “A cousa vermella”.

22

Grazas a tódalas persoas, empresas e institucións pola vosa colaboración.


C

ando tiña cinco anos o meu avó regaloume un pequeno cofre marrón. Explicoume que nel podería gardar as mellores cousas que me pasaran na vida. E así o fixen. Hoxe, dentro do cofre está o pétalo da última rosa que me regalou Adrián, o meu mozo; un globo laranxa do meu décimo cumpreanos; e a miña primeira chuleta coa táboa do seis. Aínda que poden parecer cousas simples, sen valor, para min si o teñen: ese cofre contén parte de min mesma, esa é a miña vida. Por iso, sempre o teño pechado e a chave vén sempre comigo porque é realmente nela onde está a miña intimidade. Imaxinádesvos que pasaría se a chave non a tivese só eu? Que sucedería se alguén me reclamase mirar o que hai dentro? Quen me garante que non collería nada? E se o fixese,que faría? Como o utilizaría?

B

os días, son Alba Tomé, represento ao IES Laxeiro e estamos convencidos de que a seguridade non pode pode prevalecer sobre o dereito á intimidade.

A

intimidade é a parte da vida dunha persoa que non debe ser observada dende o exterior e só afecta ao propio individuo. É un dereito fundamental e atópase recollido como tal na Constitución Española e na Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Ademais, é unha peza clave para conformar a nosa identidade, que non é un número de DNI, senón o que verdadeira-

mente somos. Desta maneira, non falamos dun capricho, senón de algo fundamental para o concepto de persoas. Sen este dereito fundamental acabaríamos sendo todos iguais, porque nunca chegariamos a conformar a nosa personalidade. Esta chave non garda un pétalo, un globo ou unha chuleta, senón que me garda a min. Se esta chave pertencese a alguén máis, se rexistraran o que hai dentro do cofre, ou mesmo mo quitaran, eu deixaría de ser Alba Tomé.

O

medo é unha das seis emocións universais. As persoas séntense inseguras e, por iso, buscan métodos para protexerse, ou sexa, sistemas de seguridade; é lóxico. Pero, de onde vén esta inseguridade? O certo é que non son máis de tres as causas que provocan isto: causas políticas, causas sociais e causas económicas. Polo tanto, se buscamos aumentar a seguridade por que non atacamos estas causas? As desigualdades sociais e económicas. Hoxe estase violando a intimidade das persoas, cando iso non é a solución. Non por un aumento de control hai máis seguridade, senón todo o contrario: as persoas sempre atoparán novas formas de saltarse os controis. De feito, nós mesmos o sabemos: dá igual de cantas maneiras nos prohiban copiar nos exames, nós sempre atoparemos a forma de facelo. Así que, en realidade, non se está conseguindo nada máis que potenciar o enxeño daqueles que buscan 3

esquivar os controis; se queremos aumentar a seguridade non hai que aumentar a vixilancia sobre as persoas e os seus dereitos, senón diminuír as súas causas.

M

aquiavelo dicía que o fin sempre xustifica os medios. Se a seguridade fose o fin, logo, poderiamos xustificalo todo. Xustificariamos que se violase a nosa intimidade e con ela tamén a liberdade, por exemplo; porque non actúa igual unha persoa que sente vixiada, ca outra que non. A verdade é que poderiamos xustificar a violación de calquera dos nosos dereitos. Se eu lle deixo a alguén a chave do meu cofre, ninguén me pode asegurar que non vai coller nada do que hai dentro; da mesma maneira, se eu permito que violen un dos meus dereitos fundamentais, como é a intimidade, ninguén me pode garantir que non serán violados todos os demais. Co pretexto de garantir a seguridade, poderiamos quedarnos sen os nosos dereitos, perderiamos a ética e acabariamos sometidos ao control absoluto do Gran Irmán. É por isto polo que a nosa intimidade non pode ser violada e o fin non pode xustificar nunca os medios. Alba Tomé


A

lba Tomé formou parte do Equipo Laxeiro 2 que quedou subcampión do parlamento xove 2014. Integraban este equipo de 1º Bacharelato e coordinado polo profesor Manuel Igrexas, Uxía Adán, Andrés Machado, Alba tomé e Laura Machado.

O

equipo Laxeiro 1 formado polo alumnado de 2º Bacharelato Marta Millares, Diego Viana, Paula Castro e Laura Torreiro, coordinado polo profesor Xosé Manuel López, caeu pola mínima en cuartos de final

AS.

TR S LE

A RRA O B AR MPO PAR E S O TE , ÑA” ODO I P U M N DA RRO “NO O A B aquí” M e E L d S A n N A so A TÚ Non O NO “ S , I o . r ei EL Cebr o DIXO d a í Mar

BAR Tiña moi mal despertar. Ás veces tardaba horas en aceptar o mundo. Por iso prefería para almorzar aquel bar da estrada onde nnguén era amable. Acudían como clientes seres esquinados Con resaca nos ollos E o patrón verquía o café fóra da taza sen disculparse. De facelo, resultaría ridículo pois pesaba máis de cen kilos Traspasaron o local. O novo dono facía preguntas cun sorriso. E el decidiu non volver. Manuel Rivas, “Ningún cisne”

4


LETRAS NA PRAZA o longo do curso 2013-14 desenvolvéronse as actividades programadas para o proxecto “Letras na praza” polos departamentos de Plástica, Tecnoloxía, Lingua Galega, Ciencias, Administración de Empresas, EDLG e GALICONS.NET.

A

N

P

N

ara achegar e sensibilizar ao alumnado co comercio de proximidade propuxéronse unha serie de actividades que lles permitiran, en primeiro lugar coñecer o funcionamento do pequeño comercio a través de visitas guiadas á praza de abastos de Lalín e a continuación traballar, dende distintos campos, sobre este tema co fin de trasladar a súa experiencia ao resto da comunidade.

A

o concurso de blogues resultaron gañadores Laura Sofía Machado González e Judith Fernández Iglesias (1º premio) co blogue “Comercio verde” e Uxío García Andrade (2º premio) co blogue “A vida nos comercios” o concurso de redacción as premiadas foron Patricia Novo Cuñarro (4º ESO B) e Belén Taboada Ramos (3º ESO A)

DE FALAR, FALAREI COA TERRA. A TERRA VERDADEIRA, A NEGRA TERRA

o longo do curso visitaron a Praza alumnos e alumnas dos distintos cursos da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos. Rematadas as visitas propúxoselles que manifestasen a súa experiencia a través da participación en concursos de redacción, blogues e publicidade por medio de carteis.

ONDE PRENDE A RAIZ.

O

E FALAREI COAS MANS,

alumnado premiado cedeu os seus traballos para a revista. A portada e contraportada están deseñadas a partir dos carteis premiados dos seguintes alumnos e alumnas de 1º de ESO: Adrián Diéguez Blanco, Mª Camba Arias e Ana García Lois (1º ESO A); Gabriel López Santiso, Manuel Aser Molanes e Uxía Lois López (1º ESO B).

A TERRA QUE SE PISA. A TERRA QUE SE QUEIMA E QUE SE CRAVA. ESE ENORME LENZO ONDE O HOME DEBUXA O SEU CAPRICHO. ONDE O HOME SE PERDE E SE REVOLVE EN SOMBRAS. A NEGRA TERRA, ESE CORPO DE PUTA VELLA CON DENTES AMARELOS DE TABACO, CON OLLEIRAS NEGRAS DE TAN AZUIS. DE FALAR, SÓ CON ELA FALAREI DOCEMENTE COAS UNLLAS, COA PAIXÓN DUN AMANTE, COMO FALAN, CANDO ALBISCAN AMORTE, OS XABARÍNS FERIDOS. COA TERRA, CON ESA NEGRA TERRA QUE CUSPE, COMO SANGUE DO PEITO, PRIMAVERAS. Manuel Rivas, “a negra terra”. Mohicania

5


PEQUENA HISTORIA DA PRAZA Inauguración 1959 Pasou a ocupar parte do que era o antigo campo da festa que estaba presidido por unha fermosa carballeira. Antigamente había 2 carnicerías, 2 pescaderías, 1 froitería e tenda de roupa As carnicerías tiñan o matadoiro xusto debaixo dos postos, na mesma praza, algo que está pendente agora de remodelar e darllle un novo uso.

cións dende entón, nas que se ampliaron para novos postos, accesos, servizos.... e xa hai uns tres anos planificouse unha nova reforma basicamente encamiñada á mellora térmica da propia praza. Actualmente ten 3 carnicerías, 2 peixerías, 1 perruquería, unha tenda de alimentación, 2 froiterías e un ultramarinos de produtos libres de químicos.

Sufriu varias remodela-

Lembranzas na praza Hoxe noto a praza diferente. Tal vez sexa porque nunca me parara a mirala así, dende un recuncho apartado. Normalmente entramos, achegámonos aos postos, mercamos e saímos, sen pararnos a observar como o fago eu hoxe. E a verdade é que me gusta o que vexo. Ben pensado, isto podería resultar interesante ou simplemente os delirios dun home pasado de anos que non atopa máis entretemento que ver as horas pasar. Mais o que si é certo é que isto mudou moito dende que eu era un mozo aínda con 6

toda a vida por vivir. Este edificio construíuse hai xa moitos anos e sempre estivo moi valorado pola xente do pobo. Ao principio todos viñan aquí e entre conto e conto íaselles a tarde, había máis postos dos que hoxe se ven e malia que a xente falaba galego, porque aquí a xente sempre foi moito de usar a nosa lingua que para algo temos un idioma diferente, os carteis que anunciaban o nome dos produtos a vender estaban en castelán, e iso foi algo que sempre me chamou a atención. Por sorte, detalles coma ese foron mudando e hoxe


en día a praza é un lugar dos máis galegos da zona. Pero non todo cambiou, porque os bos costumes deben manterse e é tradición que cada mañá chegue o poxador da lonxa a vender o peixe fresco que con moito sacrificio conseguen sacar os mariñeiros cada día, así como tamén é costume que á par que entra o poxador pola porta, cheguen os camións con produtos da casa, que se houbese algo que destacar da praza é que os alimentos que se venden son todos do país. Non hai día que non veña dende hai xa moitos anos todas as mañás dende que se puxa o peixe, e coma min outros moitos para os que a nosa única alegría son estes momentos. Reunidos contando vellas historias repetidas unha e outra vez sempre en versións diferentes, dependendo da boca de quen saian. Así mesmo mo contou Ánxela, a froiteira, que me asegurou que eses contos lle dán a vida, pois se non fora por eles as horas das mañás negaríanse a pasar ao ritmo normal converténdose en interminables períodos de tempo ata a hora do xantar. -A xente está moi soa Ramiro, e de paso que veñen a mercar pois xa botan o conto e amenízanme un pouco o tempo

que teño que estar aquídíxome un día- que nunca vén mal un pouco de conversa. Góstame moito vir e pasarme horas cavilando sobre os moitos momentos que pasei aquí dende que era pequeno e viña a esconderme ao posto do queixeiro, xogando ao escondite, e nos mesturabamos entre a xente para despistar ao que pandaba. Ata hoxe, que todos os que vimos xa nos coñecemos e miramos esta praza cos ollos dun pasado cargado de lembranzas e vivenzas e da morriña que só senten aqueles que viron pasar a vida á vez que este mercado ía recibindo e despedindo xente sen parar. Pero a ela aínda lle queda traballo por facer, aínda non lle é tempo de xubilarse e oxalá siga así moito tempo máis, que é unha das grandes xoias da comarca e que leva erguida dende hai décadas. Hoxe por hoxe só nos queda agardar a que as xeracións futuras a manteñan viva coma nos tocou a nós no seu momento e creo que soubemos facer bastante ben. Sei que algún día alguén mirará esta praza dende este recuncho e verá nela un símbolo de progreso como vexo eu agora, como un lugar que une persoas entre elas e tamén coa lingua, co galego, que se seguirá falando en todas as partes des7


te pobo pero sobre todo aquí, na praza, onde se mesturan a cultura e tradición galegas cun idioma símbolo da loita dos nosos antepasados que fixeron posible que eu, a día de hoxe, estea aquí soñando cos ollos abertos ante un futuro hipotético e a esperanza de que isto dure moitos anos máis.

que aquí manda, o que indica que é hora de recoller por hoxe e marchar para a casa. Así que me ergo e vou axudar aos comerciantes a limpar e baleirar os seus postos para mañá. A fin de contas eu non teño apuro por chegar á casa e quen sabe, ao mellor Ánxela permíteme invitala a un café…

Os últimos raios de sol entran pola porta principal. Ese é o único reloxo

Patricia Novo Cuñarro (4º ESO C)

E ASÍ COMO O PROBLEMA DA PINTURA É A LUZ, O DA VIDA É A SOMBRA

María do Cebreiro, “Non son de aquí”

8


O sabor duns bos produtos Todos sabemos que na nosa terra galega, a mellor comida é a das ávoas e, en Lalín especialmente, o seu prato estrela é o cocido. Comida que pode saber mellor ou peor segundo os ingredientes utilizados e a súa calidade. Eu coñezo un recuncho do meu pobo no que as patacas, os grelos, os chourizos e carne de vaca que alí se venden estarían encantados de ser os protagonistas dun domingo calquera na túa casa. Anímovos a ler este texto e a descubrir o segredo das vosas ávoas, así como o fixen eu despois de varias investigacións. Pois ben, comezarei por describir este sitio. Aquí as leitugas están radiantes todos os días e os grelos conservan o seu frescor e o verdor, por non falar do bo sabor que teñen as rosquilla caseiras que alí venden, e a dozura do mel, froito do traballo de millóns de abellas que decoran o ambiente cos seus elegantes traxes a raias. Neste lugar tamén nos encontramos con persoas que se esconden detrás dun gran sorriso, con persoas altas, baixas, gordas, delgadas, morenas ou loiras, pero que sempre nos tratan como mellor poden. Para min, a seu

amabilidade é algo verdadeiramente admirable. Creo eu que, despois desta pequena introdución, moitos de vós estaredes pensando na praza das vosas vilas. Se é así, noraboa, acertastes. As prazas son ese lugar marabilloso nos que o traballo dos labregos que están día tras día escoitando o tempo na TVG para saber se os seus cultivos serán arrasados por uns fortes ventos ou se, pola contra, se verán beneficiados por un sol radiante e cheo de forza, sae á luz e se ve recompensando coas boas palabras que reciben por parte das anciás que lle contan que o seu neto máis cativo está a piques de comenzar a camiñar. Cando falamos de praza, non só nos estamos referindo á amabilidade de ducias de persoas que pasan por alí facer a compra diaria, nin dos nenos que corren dun lado para outro xogueteando cunha pelota de Bob Esponja que lle regalaron polo aniversario. Tamén estamos a falar de calidade, porque estes produtos están caracterizados pola boa calidade que lle vén do gran amor que reciben, dende que cae a semente na terra, ata que sae o froito e se transporta en 9

caixas ata as prazas. Moitas veces teño oído o meu veciño cantarlle a saia da Carolina ós tomates, coa esperanza de que a xeada non lle estropease as flores, e igual que el, seguro que existen moitas máis persoas así. Non obstante, non nos podemos esquecer de que a produción e venda de produtos locais fai crecer a vila e faina máis coñecida polos arredores. Estamos a falar de ver como a economía dun concello se ve beneficiada pola unión de todos os veciños. Unión que se ve reflectida nos sorrisos da xente que camiña pola rúa, na boa fama que lle dá á vila e no gran sentimento de satisfacción que se atopa nalgún recuncho do corazón de todas as persoas que se ven involucradas na produción e venda. O tema do concurso ao que teño pensado presentar este escrito é promover que a xente vaia comprar na praza. Eu, persoalmente, creo que non hai maior motivación que ver a felicidade dos tendeiros e o bo sabor da comida que se cociña a partires do seu traballo.

Belén Taboada Barros (3º ESO A)


Elaboración de Cervexa no IES Laxeiro

Como ben sabedes no noso instituto acostúmase realizar diversas actividades construtivas. Unha delas é a elaboración de Cervexa na cal dous profesores de Bioloxía interviñeron para ensinarnos, aos alumnos de 4ºESO, algunha que outra reacción na súa preparación. Para a fabricación de 20 litros utilizamos: • 4 kilogramos de cebada (tamén se pode comprar a malta xa feita) • 12-15 gramos de lúpulo • 8-10 gramos de lévedo revivificable

porespán e tapamos cun pano. Ao longo de dous días puidemos comprobar como comezaban a xerminar os grans de cebada, saíndolle aos cinco días unhas pequenas folliñas que ao ter o tamaño dos grans da cebada, xa se dá por rematada a xerminación. A continuación secamos os grans xerminados ao sol. Este proceso pode tardar un día e para a súa comprobación pódense meter na boca e triscalos cos dentes. O seguinte paso foi moer a malta, este moído debe ser groso e ao coalo non debe quedar fariña. Así cocemos a malta en arredor de 15 litros de auga a unha temperatura

O proceso desenvolvémolo en tres fases: 1ª Fase: Malteado e cocción

En primeiro lugar fixemos o malteado da cebada metendo así os 4 kilogramos de cebada en 20 litros de auga arredor de 3 ou 4 horas. Unha vez repousada, sacamos a cebada da auga e estirámola sobre unhas pranchas de 10


que non pase de 66-67 ºC, logo coamos varias veces. Preparamos un recipiente limpo no que botamos o líquido anterior despois de coalo e agora engadímoslle a metade do lúpulo (que utilizamos para darlle o sabor amargo característico da cervexa), poñemos a ferver sobre unha hora, e cinco minutos antes de retiralo do lume botámoslle o resto do lúpulo. Unha vez retirado do lume hai que arrefríalo rápido, evitando que leve fungos e bacterias non desexadas. 2ª Fase: Fermentación

Deixamos uns seis días a fermentar, ata que non saia gas, e damos por concluída esta fase.

Cando o recipiente ten unha temperatura sobre os 22 ºC botámoslle os lévedos e mesturamos ben revolvendo entre 5 e 10 minutos.

3ª Fase: Carbonatación ou 2ª fermentación Despois da fermentación engadimos uns 100 gramos de azucre ao produto da fermentación e revolvemos durante uns 15 minutos. Agora envasamos rápido o produto obtido e co azucre, en botellas que non se poden encher de todo, deixando de marxe entre o tapón e o líquido uns 4 centímetros. Pechamos ben os recipientes sabendo que neles vaise desenvolver unha nova fermentación que producirá a carbonatación da cervexa e o alcohol. Ó cabo de 15 días xa podemos beber a cervexa, pero se se deixa máis tempo, incluso tres meses, nun lugar escuro agradeceránolo. Marta Varela Varela 4º ESO C

RÍO PATADA Ó A H N U E DOULL O Ó RÍO rtin E MÁNDO ez Sanma d n á n r e F Celso alladas, “fucsia, t os,boca” estampad

A continuación introducimos todo nun recipiente de fermentación, pechamos ben para que non entre aire e deixamos unha saída para que saía o gas (CO2) que se vai desprender na fermentación.

11


A PAZ NAS GRANDES RELIXIÓNS A paz (do latín pax = Absentia Belli) é xeralmente definida como un estado de calma ou tranquilidade, unha ausencia de perturbación, axitación, violencia, liorta ou guerra. Pode entenderse no sentido individual (paz interior, tranquilidade) ou tamén mundial (ausencia de conflitos bélicos). O día 30 de xaneiro conmemórase a morte de Gandhi, asasinado por un fanático hinduísta no ano 1948. Mahatma Gandhi instaurou métodos de loita social novidosos como a folga de fame e rechazou a loita armada, conseguindo deste xeito a independencia da India de Gran Bretaña sen violencia. Como exemplo de líder pacifista, estableceuse este día para celebrar o Día Mundial da Paz. Os Departamentos de Relixión, Orientación e Plástica sumáronse a esta celebración do Día Escolar da Non-violencia e da Paz, unha xornada para

facer que a comunidade educativa reflexione sobre a mensaxe fundamental de que “o amor é mellor ca o odio, a non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra”. En todo lugar e tempo os seres humanos teñen realizado importantes achegas á paz desde as diversas tradicións culturais e relixiosas ás que pertencen. Todas as culturas e relixións conteñen pautas e modelos pacíficos, que buscan alcan-

12

zar a paz interior nalgúns casos ou a paz colectiva noutros. As relixións aspiran á paz como última forma de concordia: o mundo futuro, o máis aló, a outra vida despois da morte, é o símbolo paradigmático da paz, representado polo Edén xudeu, o Ceo cristián, o Paraíso musulmán ou o Nirvana budista. Esa paz ou concordia alcánzase, en moitas ocasións, a través da reconciliación entre Deus e o creado, por mediación


dun «mensaxeiro divino» encarnado no Mesías xudeu, Cristo, Mahoma ou Buda. As características das culturas e relixións orientais (Hinduísmo, Budismo) son a concepción colectivista da paz, que potencia a harmonía coa natureza e a importancia que se lle concede á paz interna, a cal se converte en precondición da paz mundial. En cambio, as culturas e relixións máis occidentais (Xudaismo, Cristianismo, Islam) caracterízanse pola súa concepción máis individualista, que tende a impoñer o control do home sobre a natureza. Estas tradicións relixiosas poñen a paz externa como condición para a paz mundial. As grandes relixións par-

ticipan de grandes mandamentos éticos que se aplican na vida: non matar, non enganar, non roubar, non violar os dereitos dos demais e axudar aos necesitados e débiles. A súa aplicación no contexto mundial actual representa unha contribución moi importante das relixións á configuración dunha paz mundial e ao respecto dos Dereitos Humanos. Sería un compromiso a prol da paz, da cultura da non violencia, do respecto a toda vida, da tolerancia, da xustiza, da solidariedade, da igualdade e da irmandade de todos os seres humanos sen distinción de razas. Os alumnos fixemos un estudo sobre a visión da paz que ofrecen as cinco gran-

13

des relixións no mundo: Cristianismo, Xudaismo, Islam, Hinduismo e Budismo. Cada curso aportou o seu gran de area á realización deste traballo colectivo: uns indagamos sobre grandes figuras relixiosas, outros debuxamos, pintamos ou reflexionamos; e todos aprendemos que a falta de empatía é unha das peores cegueiras que pode padecer o home. Resumimos todo isto nun mural onde destacamos citas ou frases célebres que pronunciaron persoeiros importantes destas relixións, para mostrar que a contribución a prol da paz non coñece de raza, cor de pel, credo político ou crenza relixiosa. Salientamos as seguintes: “A paz esixe catro condicións esenciais: verdade, xustiza, amor e liberdade” (San Xoan Pablo II) “Non haberá paz na terra mentres perduren as opresións dos pobos” (San Xoan Pablo II) “Estar en paz contigo mesmo é o medio máis seguro para comezar a estalo cos demáis” (Frei Luís de León) “O froito do silencio é a oración; o froito da oración


é a fe; o froito da fe é o amor; o froito do amor é o servizo; o froito do servizo é a paz” (Nai Teresa de Calcuta) “Ninguén nace odiando a outra persoa pola cor da súa pel, orixe ou relixión. A xente ten que aprender a odiar e se eles poden aprender a odiar tamén se lles pode ensinar a amar, o amor chega máis naturalmente ao corazón humano que o seu contrario” (Nelson Mandela)

“O meu obxectivo non é conseguir o Nobel da Paz. O meu obxectivo é ver a paz e a educación para todos os nenos do mundo” (Malala)

sencia de violencia; a paz debe vir da nosa paz interior. E a paz interior vén de ter en conta os intereses dos demais” (Dalai Lama)

“A humanidade non pode librarse da violencia máis que por medio da non violencia” (Mahoma)

“A paz é para o mundo o que a levadura para a masa” (Talmud)

“O mellor dos homes é aquel que fai máis ben aos seus semellantes” (Mahoma) “A paz non é a mera au-

14

“O que non queiras para ti non o queiras para os teus irmáns” (Talmud) “A diferenza entre o que facemos e o que somos capaces de facer chegaría


para solucionar a maioría dos problemas do mundo” (Mahatma Gandhi) “A paz é o resultado de moitas actitudes, todas estas fundamentadas na caridade, non entendida como esmola senón como amor” (Buda) “O odio non diminúe co odio. O odio diminúe co amor” (Buda) Os desexos de paz son patrimonio de toda a humanidade, a todas e todos corresponde traballar pola paz. A cooperación mundial das grandes relixións son unha grande esperanza para a paz no mundo. Paz de todos, Paz para todos! Texto dos alumnos de Relixión de 1º de Bacharelato: Alberto García Diéguez e Andrés Eduardo Machado González.

Querería encontrar A palabra que te borrase, A que, en contacto co aire, Te fixese desaparecer sen deixar rastro. Se acaso só o ronsel de estalactitas azuis Que decoran as cavernas E que os visitantes admiran uns segundos E esquecen.

Unha palabra que te negue, Que te deixe illada de min, Que che poña gafas, Que te borre cos teus vestidos E as túas cremas hidratantes, Pero que non te fira. Por nada do mundo querería ferirte Que sangrases. Antón Lopo, “Fálame”.

15


Hai sol que rega... Quen non goza dunha mañá soleada! Os raios do Sol, flotando suavemente na habitación. Parecen tan inmateriais... e porén transmiten calor. Estará neles a solución para os problemas enerxéticos do mundo? O uso da enerxía solar non é unha idea nova. De feito, xa no século III a.C. os gregos utilizaban lentes para concentrar a radiación solar e acender fachos cerimoniais. Os romanos sabían, intelixentemente, orientar as súas vivendas cara ao sur para aproveitar a calor da estrela. Claro que aproveitar esta enerxía a gran escala, adaptada ás necesidades de 7 mil millóns de persoas, é un reto máis moderno. A pesar disto, non podemos escapar das implacables consecuencias de depender dos combustibles fósiles para obter a nosa enerxía. Todos as oímos algunha vez a pesar de non tomalas en serio. Cambio climático: Inundacións nalgúns lugares, interminables secas noutros, destrucións de hábitats naturais, baixada da produtividade agrícola debido a un clima imprevisible, subida do nivel do

mar... caos xeral en toda a biosfera. É posible que non poidamos evitar todo o dano, e que parte destes fenómenos sexan unha flutuación normal do clima terrestre. Pero o consenso científico é esmagador. Temos parte da culpa, e polo tanto parte da solución. Aínda que o Sol non sexa a única alternativa para acadar un futuro sustentable, utilizalo como ferramenta enerxética podería convertelo na máis grande batería que endexamais tivo a humanidade. En España, decantámonos máis pola enerxía eólica, que no 2011

16

cubriu 16% da nosa demanda eléctrica. Así o puidemos comprobar os alumnos de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro, coa nosa visita ó Parque Eólico Experimental de Sotavento; situado comicamente na fronteira entre as provincias de Lugo e A Coruña, na chamada Serra da Loba. A pesar de enfocarse na utilidade do vento, en Sotavento o persoal estaba apaixonado por concienciarnos das enerxías renovables en xeral, polo que nos ensinaron a súa casa bioclimática . Esta instalación, gañadora do Premio Solar Europeo 2011, non é máis


que un dedicado experimento para probar con ollo crítico cales alternativas conservan mellor a enerxía e os recursos nun fogar. Colectores térmicos solares, calefacción de chá radiante, orientación axeitada, bo illamento, recirculación de auga, uso de bos aireadores nas billas, identificadores de consumo que traen os electrodomésticos, lámpadas LED que aforran na realidade e non só no papel... A lista de consellos que nos levamos foi longa, pero asombrosamente práctica e útil para o home común. Especialmente co abaratamento de todas estas alternativas, que xa de por si nos aforran cartos. Está claro que nos queda aínda moito por facer e comprender. Globalmente,

só un 19% da enerxía eléctrica provén de fontes renovables, cando nun só día a enerxía que chega á Terra dende o Sol é suficiente para abastecer ao mundo por varios anos! En realidade, case toda a nosa enerxía debémoslla ao Sol! Combustibles

17

fósiles e biomasa? ...formados pola descomposición de seres que viviron grazas á fotosíntese das plantas. Enerxía eólica? O vento é simplemente as correntes de aire que crea o Sol cando quenta a atmosfera. Hidráulica? A auga dos ríos reponse grazas á chuvia: auga que retorna á terra despois de evaporarse grazas á calor do Sol. Así que si. Claro que temos dereito a sentirnos afortunados cando espertamos pola mañá cun raio de sol coándose pola fiestra. Podería ser a salvación da próxima xeración. Andrés Machado González 1º Bacharelato B


DIN QUE SEICA O TEMPO SE VOLVEU TOLO A nosa Comunidade está situada no noroeste da península ibérica, e fórmana catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, das cales 3 limitan co mar Cantábrico, e o inmenso océano Atlántico. Cada ano a terra galega sofre. Centos de incendios asólana, e moitas empresas poñen os seus ollos nela para explotala e sacaren beneficio. Pero a maior inimiga de Galiza, é a contaminación. E unha das armas coas que conta esta poderosa inimiga, é a pouca información que temos os galegos sobre ela, pero tamén o é, sen ningunha dúbida a pouca conciencia que hai no noso país sobre ela. Cada día centos de persoas fan o “simple” xesto de tirar unha goma de mascar ao chan, pero esa goma de mascar tarda 5 anos en desintegrarse, nese tempo, convértese nun material moi duro (pola acción do osíxeno), e despois comeza a quebrarse ata desaparecer. Esa goma de mascar contén resinas naturais, sintéticas, azucre, aromatizantes e colorantes. A contaminación produce o cambio climático, os dous van da man, pero parece que non nos demos conta, ou que non queiramos facelo, porque simplemente sexa máis fácil e máis cómodo así. As estacións do ano xa non son o que eran; xa só

nos queda a simple teoría e moitas cicloxéneses explosivas. Suponse que durante o inverno a temperatura media acada os 8,5 °C, na primavera chega aos 15 °C, no verán aos 19 °C e durante o outono aos 11 °C. Pero como di a xente da rúa “o tempo volveuse tolo”, e non anda desencamiñada, porque si, o tempo volveuse tolo, pero

18

por unha moi importante razón, o quentamento global que nós mesmos propiciamos, que propician as grandes empresas, os poderosos, e os máis ignorantes. Un informe recente da Axencia Europea de Medio Ambiente sitúa ao noroeste peninsular como unha das zonas europeas nas que máis notables serán as consecuencias do quentamento


global do planeta. O documento “Impactos do cambio climático” sostén que nos próximos 50 e 70 anos o sur do continente será o máis prexudicado polo ascenso das temperaturas, o desxeo Ártico e a subida do nivel do mar. As chuvias concentraranse máis dentro dun mesmo período de tempo, e os veráns serán máis longos. A Galicia estes efectos daranlle de cheo, que non se producirán noutros espazos peninsulares: - O mar subirá 2,2 milímetros cada ano, un dos valores máis altos previstos para Europa. - As temperaturas subirán 3,6 graos. - Chuvias estivais. A conxugación destes 3 valores deixa a Galicia nunha situación complicada, xa que en poucas zonas do continente conflúen eses tres indicadores de forma tan elevada. Pero aínda nos queda por engadir a seca, que aumentará notablemente, o que propiciará máis incendios forestais, e o que repercutirá na nosa terra, na agricultura, na gandería, na biodiversidade, nos recursos naturais, no impulso e no motor do pobo galego. Pero non está todo perdido, podemos cambiar os datos anteriores, cambiar o noso futuro, porque está nas nosas mans, facendo cousas tan sinxelas como: 1. Separar o lixo nos diferentes colectores, 2. Utilizar os medios de transporte público tanto como nos sexa posible, 3. Usar a bicicleta,

4.Utilizar electrodomésticos de clase tipo A (como a lavadora, o frigorífico, etc), xa que consomen menos auga e electricidade.

Agora pensa por un momento, que vas facer? Seguirás sentado no teu sofá ou levantaraste para intentar cambiar as cousas? Porque cando teñas 90 anos e esteas nunha cama que vas querer dicir? Que dedicaches toda a túa vida a facer oídos xordos a problemas que nos afectaban a todos nós, ou que intentaches cada día facer pequenas cousas para intentar deixarlles un bo sitio para vivir ós teus netos? Levántate e ponte a traballar, o mundo que nos ven enriba pode estar baixo o noso control, se queremos. María José González Ínsua 1º Bacharelato B 19 19


ORIXES E SENSO DO NADAL O Departamento de Relixión organizou no mes de decembro, seguindo a tradición de todos os anos, un concurso de postais navideñas. Esto dou pé a indagar nas orixes do Nadal e a facer unha breve reflexión. En canto á orixe do Nadal remontámonos á época romana. Próximo ao solsticio de inverno, os romanos celebraban as Saturnais, festas en honor a Saturno, divindade agrícola protectora de sementeiras e garante de colleitas. As Saturnais celebrábanse o 17 de decembro, para logo ampliarse de xeito progresivo ata facer que durase unha semana (17 a 23 de decembro), tempo de xúbilo e convivencia no que numerosas actividades públicas pechaban: escolas, tribunais de xustiza ou Senado interrompían as súas sesións; época tamén aproveitada para liberación de prisioneiros (os indultados deixaban como exvoto as cadeas no templo de Saturno) e días nos que quedaba aprazada a execución das penas capitais (Cfr.: as nosas vacacións de Nadal, indulto de presos...) Os romanos aproveitaban estas festas para intercambiar agasallos e visitar amigos e familiares. Actividades e condutas prohibidas ou inusuais o resto do ano (as leis contra o luxo permitían nas Saturnais gastar en comidas unha cantidade maior que nos días correntes e quen non aproveitaba a oportunidade para collerse unha melopea resultaba rara avis) gozaban dunha excepcional licenza: os xogos de 20 20

azar ou o papel protagonista dos escravos, entre outras. Nestas xornadas os escravos (Catón o Vello concedíalles unha ración extra de 3,5 litros de viño) vestían as roupas dos seus señores, que facían de camareiros, mentres eles laretaban contra os seus donos sen temor a castigo ningún (Cfr.: a chamada festa do obispillo, antiga tradición do Nadal que se remonta á Idade Media, e consiste na investidura dun dos nenos da escolanía dunha catedral ou abadía como máxima autoridade, a data habitual desta festa coincidía co día dos Inocentes). No último cuarto do século III d. C. introducíuse o culto siríaco do Sol Invicto, cuxo natalicio se celebraba o 25 de decembro. Nese día os fieis dirixíanse a un santuario de onde sacaban unha divindade do Sol, representado como un neno acabado de nacer (Cfr.: o nacemento de Cristo). Esta celebración, co precedente das Saturnais, preparou o camiño ao Cristianismo non só para establecer (por oposición ao paganismo) a data do natalicio de Xesucristo, sol de xustiza, senón tamén para a celebración dunhas festas prolongadas nas que, como os devanceiros romanos, os cristiáns (e non cristiáns) actuais comparten alegría, agasallos (entre os romanos nun principio era habitual agasallar velas e bonecos de barro, despois fíxose común agradecer con algunha pequena atención ou cartos aos amigos e ás persoas ás cales se debía algo por algún servizo


prestado) e buscan aumentar a facenda (Cfr.: lotería de nadal) mentres dan conta de opíparos xantares e permítense certo grao de desenfreo ou de inversión das realidades cotiás (trasnadas dos inocentes). Nihil novum sub sole. Podemos concluír que todo o relacionado có Nadal dende a decoración dos nosos fogares ata os agasallos, dende os banquetes ata as visitas familiares parte de antigos ritos pagáns de carácter relixioso, que o cristianismo adoptou con toda naturalidade. Cómpre estar dacordo con cantos lamentan a perda do senso orixinario do Nadal entendido non como consecuencia dunha paganización que é tan vella como a orixe da propia festa senón como resultado do excesivo consumismo e comercialización dos seus usos e costumes nas nosas sociedades mercantilistas onde o competidor de Cristo non é Saturno nin o Sol Invicto senon o abxecto Mammon, deus dos cartos. O consumismo fai que nestas datas onde deberían primar os valores familiares, o amor e o cariño, teñan máis importancia os agasallos materiais. Isto débese a que esta mentalidade predomina na era da información, impulsada polas empresas que fan campañas masivas de publicidade para incrementar as súas vendas. Adoitamos querelo todo, e querelo xa. O relativo alto nivel de vida dos países ricos moitas veces dános a ilusión de que os recursos son infinitos. E finalmente a consecuencia é a perda do significado relixioso e realmente enriquecedor do Nadal, que é substituído por

un consumismo esaxerado que alimenta o noso egoísmo. Outro punto preocupante é a ilusión de reconciliación que nos deixa o Nadal. Unha familia é un grupo realmente unido de persoas que conviven, aprenden, reflexionan, coidanse... Pero nalgúns casos só vemos aos familiares nestes días do ano, para intercambiar agasallos. Non queremos dicir que o afecto dependa da frecuencia coa que nos reunimos, pero botamos en falta o verdadei-

ro sentido de perdón que trae o Nadal solidario e realmente espiritual. Unha reunión de Nadal debe ser moito máis que agasallos. En calquera caso, nunca choveu que non escampara e de nós depende seguir mantendo os aspectos máis humanos e cordiais da festa mil Nadais máis. Podemos reavivar o lume do verdadeiro Nadal ata convertelo de novo nun chispeante lume que quente os nosos corazóns.

Traballo realizado polo Alumnado de Relixión de 1º de Bacharelato

21 21


A MORTE DO PCPI

Coa entrada en vigor da LOMCE, desaparecen os PCPI e no seu lugar haberá unha formación profesional básica. Os nosos alumnos de 1º PCPI explícannos como foi este derradeiro curso e as súas inquedanzas.

TRES DIAS NA EMPRESA MEIJIDE S.L Son Christian. Traballo nunha empresa que se chama Montajes Eléctricos Meijide S.L. Entro ás 9:00 da mañá , traballo ata ás 13:00 e descansamos ata ás 14:30. A nosa función consiste en saír poñer postes, liñas e tamén transformadores. Facemos moitas zanxas para levar luz a unha casa ou granxa. E agora falamos

dos compañeiros... Son unhas grandes personas. Aprendín moito con eles e AGRADÉZOLLELO MOITO. Aconsellábavos que loitedes para que non quiten o P.C.P.I XA QUE APRENDES UN OFICIO PARA O TEU FUTURO!!!

CHAVAL EN PRÁCTICAS Chámome Alex Bouzas e estou no curso de PCPI , no primeiro ano. Veño dous días a clase e tres vou á empresa, RECIMIL S.L. (mércores, xoves e venres). Estou moi ben aí, trátanme de marabilla e case sempre estou facendo algo. Sempre están de moi bo humor e iso agradézollelo. A todos os que lles pase coma min, que os estudos non sexan o seu forte, aconsellaríalles que o fixeran un PCPI. Para o ano sacan o PCPI pero din que

van facer unha FP e faredes as prácticas no instituto dependendo da especialidade. Un saúdo para o noso amigo Aurelio, que non puido acabar o PCPI e bótase de menos. Pois un abrazo chavalada!

22


MIÑA SEMANA. ¡BOA EXPERIENCIA! Son María Álamo. Estou facendo prácticas de administrativo todos os mércores, xoves e venres durante 8 horas en Geslalín. O traballo é bastante entretido: saio levar cousas a outras empresas, vou a Correos, contabilizo facturas, ordénoas, trituro papeiss, etc. As miñas compañeiras son moi amables, trátanme moi ben, explícame moi detalladamente o que teño que facer e, can-

do me equivoco, axúdanme a corrixir os erros.

APRENDENDO UNHA PROFESIÓN Son José Manuel Agra e estudo 1º PCPI. Estou nun taller de carpintería en Feás (González Hnos). Imos á empresa 3 días á semana e, os outros dous, imos ao instituto e damos 1º e 2º da ESO nun só ano, co cal xa vos podedes facer unha idea do rápido que imos . No taller, fago moitas cousas : lixar, montar, desmontar, limpar e axudar os xefes a facer cousas que non dan feito eles sós. Aínda que hai días moi aburridos, gústame estar alí porque aprendo unha profesión. Recomendaríavos vir a PCPI pero este é o último ano que hai esta moda-

lidade. Paréceme mal porque é un bo sitio para a xente que non lle gusta moito estudar. Moitos recordos ao noso compañeiro Aurelio, quero dicirlle que o botamos de menos na nosa clase.

MAÑÁ, CANDO REGRESES AO TEU LABOR, LEVA PÉTALOS NOS DEDOS DA ALMA. FACER FELICES AOS OUTROS É UN MODO DE SER FELIZ. Xosé Carlos Caneiro. “De bar en bar”. La Voz

23


A loita perpetua por espazo e comida O esgotamento de moitos recursos vitais para a nosa especie, froito de comportamentos do ser humano que impoñen como primeira instancia os seus beneficios, é un dos principais problemas do mundo. A idea de recurso leva asociada consigo a de limitación, a que algo que é valioso para satisfacer as nosas necesidades que non está ao alcance de todos. Por iso, o esgotamento dos recursos é algo de índole social. O nivel de consumo actual das fontes de enerxía, das materias primas, da auga e dos recursos alimenticios alcanza un valor absoluto tal, que non nos podemos estrañar da sorpresa dalgúns que, de repente, descobren o carácter finito da ecosfera. Límites enerxéticos A dispoñibilidade enerxética figura entre os diversos límites probables da expansión da actividade humana. Son dous os tipos de enerxía que poden ser utilizadas polo home: - As primeiras, non renova-

bles, comprenden os diversos combustibles fósiles e as materias fisibles (uranio, entre elas). - As segundas son, inesgotables, aínda que de más difícil explotación. Trátase da enerxía solar, da enerxía maremotriz e da enerxía térmica. O fluxo da enerxía natural constituído polos fenómenos cósmicos repártense da seguinte maneira: Fluxo solar 178,000 x 109 kw/ano Enerxía xeotérmica 32 x 109 kw/ano Enerxía maremotriz 3 x 109 kw/ano

Os Recursos da Auga Pese á aparente abundancia de auga, a auga doce é relativamente rara na biosfera. A diferenza doutros moitos problemas de recursos que non chegarán a ser importantes nun futuro, o da auga doce é actual. A maior parte dos países industrializados sofren xa unha grave penuria,

24 24

incluso aqueles que parecían preparados para isto. Se temos en conta o incesante aumento das necesidades de auga na civilización contemporánea, en particular dos enormes volumes consumidos polas nacións, se non esquecemos as grandes cantidades de auga necesarias na agricultura non soamente nos países desenvoltos senón tamén nos que aínda se están expandindo, chegamos á conclusión de que a auga é xa escasa en bastantes rexións. Figura no primeiro plano dos recursos naturais que lle poderán faltar á humanidade nun futuro próximo. Os recursos alimenticios. De todos os graves problemas do entorno que están presentes nos tempos de hoxe, o da dispoñibilidade alimenticia é suficiente para inquietar aos ecoloxistas menos pesimistas. Que superficie de terras cultivables pode ser utilizada pola humanidade? Actualmente, todas as terras fértiles foron aradas por primeira vez hai xa tempo. Para complicar o asunto, a superficie total das terras dispoñibles para o cultivo diminuíu en valor absoluto a consecuencia de crecemento demográfico. Este débese non soamente ás alteracións edafolóxicas e á erosión de solos, senón tamén ás consecuencias da expansión urbana e industrial. Estas últimas imposibilitan os usos agrícolas en superficies crecentes de solo moi fér-


til. O crecemento das cidades realízase xeralmente nas mellores terras; a superficie do conxunto das cidades do mundo é superior á de Francia. Xa somos máis de 7.000.000.000 de persoas, din que en 2015 seremos xa 9.000.000.000, iso está moi ben, pero trae moitos deberes, conseguiremos o reto de que os nosos recursos non se esgoten demasiado pronto? Ou o máis importante, cambiar a nosa amada sociedade para que eses recursos sexan ben repartidos? Porque as previsións agora son moi negativas, e quen non queira admitilo é un ignorante, ou un extraterrestre. Thomas Robert Malthus, considerado como un dos primeiros demógrafos, dixo que chegaría un día no que remataríamos con todos os recur-

Unha imaxe vale máis ca mil palabras

sos, el cría que o ser humano estaba destinado ao afundimento. Pero non contaba cos grandes avances técnicos. Ao mellor remata tendo razón, está nas nosas mans….Pénsao! Mª José González Ínsua 1º Bacharelato B

ngado,; a c s o n o, cos a pau recadou l l e v o ed io o, O prob se da pedra uño pechad rchou... Ergueu ra os ceos o posmando ma tensión, Virou pos touzales r na escura ex E cara os seguindoo ez Cos oll quedouse Enríqu s o r r u o ! C O sap do : cro, cro n Canta

25 25


LETRAS GALEGAS 2014

R

endéuselle tributo a Xosé María Díaz Castro no ano en que se conmemora o

centenario do seu nacemento. Homenaxeámolo a El e ás letras coa actividade” guerrilla poética” que encheu de poesía o noso centro. Durante a semana das Letras proxectouse a película “O Apóstolo” e a Compañía Fantoches Baj representou a obra “O asombro de Díaz Castro”.

EDLG ies laxeiro

necos de guante e vara do seu primeiro espectáculo, Tío Miseria (2007), a unha progresiva apertura a outras formas máis contemporáneas do teatro con obxectos como o seu último espectáculo, O Asombro (2010).Con motivo das Letras galegas, Ignacio e os compañeiros de Fantoches Baj viñeron facernos unha visita ao IES Laxeiro e ensinarnos o seu último espectáculo, O asombro. Este proxecto trata de pórlle valor á recuperación dos elementos presentes na obra do Courel, de Uxío Novoneyra. O espectáculo focalízase nunha pequena antología de Os Eidos, anque tampouco podían faltar, entre outros, poemas dos Candiros, romance de Manuel de Ribadaira, Letanía de Galicia, Vietnam Canto e as Elexías, así como referencias a poetas tan queridos para Uxío Novoneyra como María Mariño e Xosé María Díaz Castro, ilustre ó cal se lle adican as Letras galegas 2014.Aproveitando a estancia no noso Instituto, decidimos facerlle unhas preguntas.

ENTREVISTA A IGNACIO VILARIÑO SANMARTIN E A BENXAMÍN OTERO, COMPOÑENTES DA COMPAÑÍA “FANTOCHES BAJ”, QUE REPRESENTOU NO IES LAXEIRO A OBRA “O ASOMBRO DE DÍAZ CASTRO”, O 16/05/2014. Por Belén Taboada (3º ESO A) e Olalla Vales (3º ESO C) Ignacio Vilariño. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Dende 2006 é membro do Instituto de Estudos de Literatura Tradicional da Universidade de Lisboa (IELT), onde integra o proxecto “Grandepequeno”. Ademais, tamén colabora noutros proxectos como, por exemplo, os diversos espectáculos da compañía galega de teatro na rúa “Os Quinquilláns”, entre outros. Gañou dous premios Barriga Verde.No ano 2006, Ignacio fundou Fantoches Baj, unha compañía de monicreques que ten como campo de interese o teatro de monicreques entendido de maneira máis ampla, dende a proposta máis tradicional dos bo26


K. Supoñemos que non será o mesmo actuar para adultos que para nenos, quen mostra máis interese?. IV. Pois…, non se sabe. É difícil de saber porque o aplausómetro non serve. Os nenos aplauden menos pero dispois daste conta de que moitas veces quedan moi impregnadas neles as actuacións cando te lembran dous anos despois e dinche: “Ei, ti es tal”. Son escoitas diferentes e dependendo de se o espectáculo gusta, mostran máis interese uns ou outros. KCHARELA. Ola, Inacio. Teño entendido que che gusta moito o teatro. Cal foi a primeira vez que actuaches nunha obra teatral?

K. Non vos queremos roubar máis tempo, así que esta é a última pregunta. Sabedes xa cal vai ser o voso próximo proxecto?

IGNACIO VILARIÑO. De pequeno xa montabamos circos na casa e invitabamos a tódolos veciños e aos amigos. Máis taarde fíxome moita ilusión que o profesor de filosofía Emilio Arauxo me dera un texto de Peter Haukel para que o representara cos compañeiros. Tiña arredor de 16 anos. Foi cando comencei a facer teatro.

BO. Nós pretendemos vivir disto, evidentemente. Facemos todo o posible para vivir disto. En ningún momento foi doado, e menos agora. Fantoches Baj dende o principio tivo que loitar moito para saír adiante. Agora mesmo están saíndo moitas cousas, o que reflicte o bon traballo que fai Inácio. IV. Si, estamos preparando “Pedro e o lobo”, de Sergéi Prokófiev. Por encargo da Banda de música Municipal da Coruña estamos a facer a parte escénica do proxecto.

K. Dende a primeira vez que escoitei o nome “Fantoches Baj”, teño curiosidade por saber de onde provén ese nome, resolvesme a dúbida?

K. Moitas grazas por vir até aquí para facernos pasar un bo anaco. Estamos en época de exames e nunca vén mal un pouco de distracción. Grazas tamén por responder ás nosas preguntas. Foi un pracer coñecervos.

IV. Eu estaba en Lisboa cando creei a compañía e en Portugal era bastante habitual chamarlle ós títeres Fantoches. Era un nome que en Galicia non se escoitaba moito. A segunda parte procede do nome dun artista chamado Enrique Baj, que morreu na época en que fundamos o grupo. É unha homenaxe a este artista ao que eu quería moito polos seus traballos de monicreques para compañias de títeres.

BO / IV. Grazas a vós.

K. En que zonas actuades máis? BENXAMÍN OTERO. Lonxe, sempre lonxe… (ambos rín). En principio actuamos en Galicia, anque xa levamos unas cantas actuacións fóra. Estivemos en Extremadura, en Portugal (Lisboa). Si, xa estivemos varias veces en Portugal porque Inácio estivo vivindo alí e ten varios contactos. 27


MANIFESTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Se sentes que nos rodea a ignorancia, o fanatismo, o aburrecemento, a despersonalización e queres cambiar as cousas. ti es dos nosos!.

Na nosa Oficina de recrutamento buscamos a calquera que estea disposto/a: A combater o aburremento escudado/ a nun libro. A asaltar castelos ,defendidos por ciborgs sen alma, lanzando lapas de poesía e razón contra a brutalidade despiadada. A acumular riquezas acaparando lecturas. A roubar ideas e pensamentos e compartilos contra a ignorancia e o fanatismo. A afondar nos sentementos e na razón E derrochalos a mans cheas A poñer gafas de aumento contra a miopía de gobernantes. A reclamar dos gobernos e poderosos os instrumentos e medidas para que nenos e nenas teñan acceso, dende a cultura e lingua propia, ao coñecemento e á liberdade de pensamento e opinión como condición básica do seu desenvolvemento e do progreso dos pobos.

Súmate ao noso batallón e toma o Laxeiro!!!! Hoxe é un día simbólico que che pode cambiar a vida: At r í n c h é i r at e na lectura!!!! O noso arsenal está na biblioteca e contamos con armamento diverso: Prosa, poesía, teatro, ensaio, banda deseñada, … Temos armamento pesado e lixeiro. Axeitado para soldados fortes capaces de soportar peso e para os que son áxiles e de intervención rápida en pequenos asaltos.

Tamén armas de looooooongo e de curto alcance. O noso armamento emprégase contra : A desmemoria e o esquecemento O aburrimento A ignorancia A brutalidade O desamor O fanatismo A uniformidade O apalancamento,… E conquista o territorio: Da reflexión Da individualidade Da empatía Da emoción Da propia opinión Da diversidade Do respecto

28


.... CHOVE NA LAXE E NO LAXEIRO, CHOVE NO BARRO E NO BARREIRO; CHOVE NA NOITE, CHOVE NO ALBOR DO NOVO DÍA, “MEU DOCE AMOR”; CHOVE NAS BEIRAS E NAS RIBEIRAS, CHOVE NAS CHOUSAS, CHOVE NAS LEIRAS. CHOVE NOS CONDES, E NOS MARQUESES, CHOVE NOS DÍAS, CHOVE NOS MESES... Xosé Mª Díaz Castro. “Chove na Galiza”, Revista Dorna, nº 17. Xaneiro, 1991

TEÑO ESPANTO DE ARMAS E AMO A VIAXE, DIXO EL REI. E CONSTRUIU A DORNA E MORREU NUN POEMA, ALEGRE E ESQUENCIDO PARA SEMPRE.

Manuel Rivas, “El Rei Sabio”, balada nas praias do oeste

Eu xa non quero concordias de papel Nin revoltas fatais sen caravel Nin panexíricos despois da humillación Nin paliativos en lugar de curacións Xa non máis rendas de corcel Nin días de cal, nin lúas de fel Nin militar na adoración Nin acatar máis silencios 29

María Xosé Silvar, Ses “Co xenio destrozado”


BANDAS SÍ, PERO DE MÚSICA!

A

s palabras “Música” e “Clásica” son as que usamos sempre para referirnos ao repertorio que interpretan as bandas de música. Escoitamos pouco ás bandas! Na actualidade as bandas non só interpretan música de Bach ou a Vivaldi, senon que tamén se achegan a outro tipo de músicas, como pop, rock e incluso “representan” obras de teatro a través da música. odos sabemos que a música que interpretan as nosas bandas de música non gusta a tódalas persoas, pero o que non consigo entender é por que algunhas persoas falan mal e critican non só ás bandas senón aos compositores dos temas que interpretan e aos propios intérpretes e directores.

A

s persoas que sentimos e amamos a música clásica somos respectuosas cos gustos dos demais e só pedimos das outras persoas o mesmo respecto para os nosos gustos. Ernest Hemingway dicía que “A obra clásica é un libro que todo o mundo admira, pero que ninguén le” ó desexar que algún día Hemingway deixe de ter razón e que todos e todas vos acheguedes ao mundo da música clásica e ao mundo das bandas e poidades disfrutar dos bos momentos cos que nos agasallan.

S

T

Silvia González Sanmartín 1º CFM Xestión Adva.

ONDE ESTAMOS REALMENTE, CANDO ESCOITAMOS MÚSICA? María do Cebreiro, “Non son de aquí”

30 30


DEPARTAMENTO DE MOITO CINE

P

ropuxemos a cada departamento do IES Laxeiro unha recomendación cinematográfica. Como primeira opción aparecen as súas propostas, e como segunda as dun colaborador “anónimo” que se chama Gerardo. Seguro que hai filmes que sorprende atopalos relacionados con certos departamentos. O cinema é así.

ADMINISTRATIVO: 1. CONCURSANTE Director: Rodrigo Cortés Ano: 2007/ Duración: 88 min./ País: España/ Xénero: Drama, comedia, drama psicolóxico. 2. EL GRAN SALTO (The Hudsucker Proxy) Director: Joel Coen. Ano: 1994/ Duración: 111 min./ País: Estados Unidos/ Xénero: Comedia negra, anos 50, bolsa e negocios. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA: 1. EL OSO (L’ours /The Bear) Director: Jean-Jacques Annaud. Ano: 1988/ Duración: 93 min./ País: Francia/ Xénero: Aventuras, animais, caza, natureza. 2. LA PRINCESA MONONOKE (Mononoke-hime/Princess Mononoke) Director: Hayao Miyazaki. Ano: 1997/ Duración: 133 min./ País: Xapón/ Xénero: Animación, fantástico, aventuras, cine épico. ECONOMÍA: 1.ERIN BROCKOVICH Director: Steven Soderbergh. Ano: 2000 Duración: 131 min. País: Estados Unidos Xénero: Drama. Fallos de mercado, externalidades, responsabilidade social, poder de negociación, regulación actividade económica. 2. EL JEFE DE TODO ESTO (Direktøren for det hele ) Director: Lars Von Trier. Ano: 2006 Duración: 100 min. País: Dinamarca Xénero: Comedia. Traballo. EDUCACIÓN FÍSICA: 1.INVICTUS (Invictus: The Human Factor) Director: Clint Eastwood. Ano: 2009 Duración: 134 min. País: Estados Unidos Xénero: Drama | Biográfico. Racismo. Deporte. Rugby 2. EL LUCHADOR (The Wrestler) Director: Darren Aronofsky. Ano: 2008 Duración: 105 min. País. Estados Unidos Xénero: Drama. Loita libre. Deporte. FILOSOFÍA: 1. BLADE RUNNER Director: Ridley Scott. Ano:1982/ Duración: 112 min./ País: Estados Unidos/ Xénero: Ciencia ficción, Thriller futurista.Robots.Película de culto. 2. PINK PLOYD: EL MURO (Pink Floyd The Wall) Director: Alan Parker. Ano: 1982/ Duración: 99 min./ País: Reino Unido/ Xénero: Musical, fantástico, surrealismo, película de culto. FÍSICA E QUÍMICA: 1. GRAVITY Director: Alfonso Cuarón. Ano: 2013/ Duración: 90 min./ País: Estados Unidos/ Xénero: Ciencia ficción, drama, aventura espacial, supervivencia. 2. EL PROFESOR CHIFLADO (The Nutty Professor) Director: Jerry Lewis. Ano: 1963/ Duración: 107 min./ País: Estados Unidos/ Xénero: Comedia, fantástico. 31


DEPARTAMENTO DE MOITO CINE FOL: 1. UP IN THE AIR Director: Jason Reitman. Ano: 2009/ Duración: 109 min./ País: Estados Unidos/ Xénero: comedia dramática, traballo , emprego, crise. 2. LAS NIEVES DEL KILIMANJARO (Les neiges du Kilimandjaro) Director: Robert Guédiguian. Ano: 2011 Duración: 109 min. País: Francia Género: Drama, Drama social. FRANCÉS: 1.INTOCABLE (Intouchables) Director: Olivier Nakache, Eric Toledano. Ano: 2011 Duración: 109 min. País: Francia Xénero: Comedia dramática. Amizade. Discapacidade. 2. DELICATESSEN Director: Jean-Pierre Jeunet, Marc Caro. Ano: 1991/ Duración: 95 min. País: Francia. Xénero: Fantástico, Comedia, Comedia negra. Película de culto. GREGO: 1. LA ODISEA (The Odyssey) Director: Andrei Konchalovsky. Ano: 1997 Duración: 173 min. País: Estados Unidos Xénero: Aventuras. Fantástico. Drama | Mitoloxía. Antiga Grecia. 2. PANDORA Y EL HOLANDÉS ERRANTE (Pandora and the Flying Dutchman) Director: Albert Lewin. Ano: 1950/ Duración:122 min./ País: Reino Unido/ Xénero: Romance, drama. INGLÉS: 1.MATRIX (The Matrix) Directores: Andy e Lana Wachowski. Ano: 1999/ Duración: 131 min./ País: Estados Unidos/ Xénero: Ciencia ficción, Acción, Thriller futurista, Informática. 2. THIS IS ENGLAND Director: Shane Meadows. Ano: 2006/ Duración: 100 min./ País: Reino Unido/ Xénero: Drama. Comedia. Racismo. Adolescencia. INSTALACIÓNS ELECTROTÉCNICAS: 1.REBOBINE, POR FAVOR (Be Kind Rewind) Director: Michael Gondri. Ano: 2008/ Duración: 101 min./ País: Estados Unidos/ Xénero: Comedia, fantástico. 2. POWDER Director: Victor Salva. Ano: 1995/ Duración: 114 min. / País: Estados Unidos/ Xénero: Drama. Fantástico. LATÍN: 1. GOLFUS DE ROMA (A Funny Thing Happened on the Way to the Forum) Director: Richard Lester. Ano: 1966 Duración: 99 min País: Reino Unido Xénero: Comedia. Musical, Antiga Roma. 2. ESPARTACO (Spartacus) Director: Stanley Kubrick. Ano: 1960 Duración: 196 min. País: Estados Unidos Xénero: Aventuras. Acción. Drama, Antiga Roma. Cine épico.

32


DEPARTAMENTO DE MOITO CINE LINGUA E LITERATURA CASTELÁ: 1.CAMINO A LA LIBERTAD (The Way Back) Director: Peter Weir. Ano: 2010/ Duración: 130 min. /País: Estados Unidos/ Xénero: Aventuras. Drama | Anos 40. Supervivencia. 2. FAHRENHEIT 451 Director: François Truffaut. Ano: 1966/ Duración: 108 min./ País: Reino Unido/ Xénero: Ciencia Ficción. Literatura. LINGUA E LITERATURA GALEGA: 1. O LÁPIS DO CARPINTEIRO Director: Antón Reixa. Ano: 2003/Duración: 109 min./ País: España/ Drama, anos 30, Guerra Civil española. 2. 18 COMIDAS Director : Jorge Coira. Ano: 2010/ Duración: 107 min. / País: España/ Xénero: Comedia, drama. MANTEMENTO DE VEHÍCULOS: 1. RUSH Director: Ron Howard. Ano: 2013/ Duración:123 min./ País Estados Unidos/ Xénero:Acción, automobilismo, biográfico, anos 70. 2. COMBUSTIÓN Director: Daniel Calparsoro. Ano: 2013/ Duración: 104 min./ País España/ Xénero: acción, automobilismo. MATEMÁTICAS: 1.UNA MENTE MARAVILLOSA (A Beautiful Mind) Director: Ron Howard. Ano: 2001 Duración: 130 min. País: Estados Unidos.Xénero: Drama. Colexios e Universidade. Enfermidade. 2. CUBE Director: Vincenzo Natali. Ano: 1997/ Duración: 92 min./ País: Canadá/ Xénero: Ciencia ficción. Terror. Thriller psicolóxico. Película de culto. MECATRÓNICA: 1. TIEMPOS MODERNOS (Modern Times) Director: Charles Chaplin. Ano: 1936/ Duración: 89 min / País: Estados Unidos/ Xénero: Sátira, comedia, drama social, película de culto. 2. EVA Director: Kike Maíllo. Ano: 2011/ Duración: 104 min./ País: España / Xénero: Ciencia ficción, fantástico, robots. MÚSICA: 1.SCHOOL ROCK BAND (Bandslam) Director: Todd Graff. Ano: 2009/ Duración: 111 min./ País: Estados Unidos/ Xénero: Musical. Drama | Adolescencia. Comedia xuvenil 2. THE ROCKY HORROR PICTURE SHOW Director: Jim Sharman. Ano:1975/ Duración: 100 min./ País: Reino Unido/ Xénero: Musical. Comedia de terror.Comedia negra.Película de culto. ORIENTACIÓN: 1.PRECIOUS Director: Lee Daniels. Ano: 2009/ Duración: 105 min./ País: Estados Unidos /Xénero: Drama. Adolescencia. Ensinanza. Drama social. 2. LAS VENTAJAS DE SER UN MARGINADO (The Perks of Being a Wallflower) Director: Stephen Chbosky Ano: 2012/ Duración: 103 min./ País: Estados Unidos/ Xénero: Drama. Adolescencia. Amistade. Homosexualidade. Drogas. 33


DEPARTAMENTO DE MOITO CINE PLÁSTICA: 1.POLLOCK Director: Ed Harris. Ano: 2000 Duración: 122 min. País: Estados Unidos Xénero: Drama | Biográfico. Anos 40. Pintura 2. SÉRAPHINE Director: Martin Provost. Ano: 2008 Duración: 125 min. País: Francia Xénero: Pintura. Drama Biográfico. RELIXIÓN: 1.SIETE ALMAS (Seven Pounds) Director: Gabriele Muccino. Ano: 2008 Duración: 118 min. País: Estados Unidos Xénero: Drama. Romance. Enfermidade. Thriller psicolóxico 2. LA VIDA DE PI. (Life of Pi) Director Ang Lee. Ano: 2012/ Duración: 127 min./ País: Estados Unidos/ Xénero: Aventuras, drama, animais, superación. TECNOLOXÍA: 1. A.I. INTELIGENCIA ARTIFICIAL (A.I. Artificial Intelligence) Director: Steven Spielberg. Ano: 2001/ Duración: 145 min./ País: Estados Unidos/ Xénero: ciencia ficción, drama,fantástico, robots. 2. GATTACA Director: Andrew Niccol. Ano: 1997/ Duración: 106 min./ País: Estados Unidos/ Xénero: Ciencia ficción, intriga, película de culto. XEOGRAFÍA E HISTORIA: 1.LA VIDA ES BELLA (La vita è bella) Director: Roberto Benigni. Ano: 1997/ Duración: 117 min./País: Italia/ Xénero: Comedia dramática. Nazismo. Holocausto. II Guerra Mundial. Anos 30. Anos 40. 2. GOOD BYE, LENIN! Director: Wolfgang Becker . Ano: 2003/ Duración: 118 min./ País: Alemaña/ Xénero: Comedia dramática. Anos 80. Caída muro de Berlín. BONUS TRACK CAFETARÍA: ESTÓMAGO (Estômago) Director: Marcos Jorge. Ano: 2007/ Duración:100 min./ País: Brasil/ Xénero: Comedia negra. Cociña. CONSERXARÍA: EL HERIZO (Le hérisson) Director: Mona Achache. Ano: 2009/ Duración: 95 min. / País: Francia/ Xénero: Comedia. Amizade. Comedia dramática.

34


Esperta Que xa tes enxoita a camiseta Que colgaches onte E botou todo o día No tendedeiro da roupa Ou esperta E trae o tallo de te subir ás árbores E vente sentar comigo Celso Fernández Sanmartín

INSOMNIO E ONDE CARALLO IRÁ DAR A PONTE DE MAPFRE VIDA? O Leo, “hai cu”

MATINABA NUN BAR FRENTE A UNHA COPA DE ANÍS. BEBER ANÍS É COMO BEBER DIAMANTES, BIXUTARÍA. MATINABA NUN BAR FRENTE A UNHA COPA DE ANÍS Matinaba nun bar frente a unha copa de anís Matinaba nun bar frente a unha copa de anís Matinaba nun bar frente a unha copa de anís Matinaba nun bar frente a unha copa de anís Cardíaca Demente Matinaba nun bar frente a unha copa de anís De anís Infinito Infinito anís María Xesús Pato 35 35


ALBuM De

F o To S DĂ­a da ciencia en galego

36


Comercio xusto / Nadal 2013

37


Galeoque nadal 2013

38


Formaci贸n usuarios biblioteca

39


Final Cifras e Letras

40


Visita ao parlamento

Visita รก Praza

41


E sempre… París QUEN POIDERA NAMORALA, MEU AMIGO! Álvaro Qunqueiro

Adeus co corazón…

Ana, Pilar, Amelia, Alberte e Mª Luz. Mestres e compañeir@s Se deletreases as margaritas Sempre che dirían si Antón Lopo, “Fálame”. 42


43


44