Page 1

COMPOSICIÓ DE TEXTO

Os seguintes documentos ilustran sobre as institucións e/ou persoas que son depositarias da soberanía segundo catro constitucións da España do século XIX. a túa exposición, trata de diferenciar os distintos tipos de soberanía que estes ordenamentos constitucionais implican (soberanía nacional, soberanía compartida, soberanía popular). En todo caso, debes contextualizar os documentos na súa época en relación cos réximes políticos que orixinan ou reflicten, marcando as diferencias esenciais entre eles.

Doc.1.-A Constitución de 1837: “Sendo a vontade da nación revisar, en uso da súa soberanía, a Constitución política promulgada en Cádiz o dezanove de marzo de mil oitocentos doce, as Cortes Xerais congregadas a este fin, decretan e sancionan a seguinte Constitución da Monarquía Española”. Doc.2.-A Constitución de 1845: “Dona Isabel II, pola gracia de Deus e da Constitución da Monarquía Española, Raíña das Españas (...), sabede: Que sendo a nosa vontade e a das Cortes do Reino regularizar e poñer en consonancia coas necesidades actuais do Estado (...), modificando ao efecto a Constitución promulgada o 18 de xuño de 1837, viñemos, en unión e de acordo coas Cortes actualmente reunidas, en decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía Española”. Doc.3.-A Constitución de 1869: “A Nación Española, e no seu nome as Cortes Constituíntes elixidas por sufraxio universal, desexando afianzar a xustiza, a liberdade, a seguridade (...), decretan e sancionan a seguinte Constitución”. Doc.4.-A Constitución de 1876: “Don Alfonso XII, pola gracia de Deus Rei constitucional de España (...), sabede: que en unión e de acordo coas Cortes do Reino actualmente reunidas, viñemos en decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía Española”.


O modelo estado liberal español durante o século XIX destacou pola súa inestabilidade constitucional. Durante o s. XIX aprobáronse en España cinco constitucións diferentes (1812, 1837, 1845, 1669, 1876) u dous proxectos máis que non chegaron a probarse (a progresista de 1856 e a republicana de 1873). A primeira constitución española, a de 1812 é un magnífico exemplo de constirución liberal. Recolle prácticamente todas as aspiracións do liberalismo de inicios de século: Soberanía Nacional, declaración de dereitos e liberdades, igualdade ante a lei, unha forte limitación poder do monarca, cortes nunha soa cámara e elxidas por sufraxio universal (ainda que indirecto), creación dunha Milicia Nacional, concellos electivos, supresión réxime señorial, etc. Sen embargo a súa influencia real no seu momento foi escasa debido a situación de guerra en que estaba o país, ó escaso apoio que tiña o liberalismo entre a poboación e sobre todo a rápida restauración do absolutismo tras a volta do monarca en 1814. Pese a todo vai ter unha grande influencia nas constitucións posteriores e vaise converter nun referente e modelo para os liberais españois. Estes, tras o novo fracaso no Trienio Liberal (1820-1823), terán que esperar a morte de Fernando VII en 1833 para intentar de novo realizar a reformas iniciadas xa 20 anos antes. Trala morte de Fernando VII o sector máis intranxisente do absolutismo non acepta a Isabel e reclama o trono para o Carlos Maria Isidro, irmán do rei, argumentando a ilegalidade da reciente anulación da lei Sálica. O levantemento carlista vai forzar a María Cristina, nai de Isabel e rexente, a buscar o apoio dos liberais para lograr a derrota dos carlismo e manter así a coroa para a súa filla. A cambio deste apoio os liberais van a esixir reformas. As primeiras reformas (amnistía, a nova división provincial e sobre todo o Estatuto Real) non satisfacen as demandas nin dos liberais mais moderdos. Así entre 1835 e 1837 o sector progresista liderado por homes como Mendizabal vai forzar á rexente a aceptar reformas máis radicais, que implican o defintivo fin do antigo réxime e o triunfo da revolución liberal. Os fitos máis significativos desta foron a supresión do Réxime Señorial, a Desamortización de Mendizabal e a Constitución de 1837. A necesidade de loitar contra o carlismo obrigou a monarquía a aceptar estes cambios e ós progreistas a buscar o acordo cos moderados. Por iso a Constitución do 37 supón en certo modo un retroceso respecto a do 12 (se presenta como unha reforma constitución do 12 como vemos no doc 1: “revisar… a constitución política promiulgada en Cadiz…” ) limitando algúns dos aspectos máis radicais e incluíndo algunhas propostas máis moderadas. Así, aínda que parte do principio de Soberanía Nacional, como se ve no documento 1 (“Sendo a vontade da nación…en uso da súa soberanía…) e respode en moitos aspectos as propostas progresistas (dereitos e liberdades, tolerancia relixiosa, concellos electivos, Milicia Nacional, etc), noutros achégase as propostas de moderados: dúas cámaras cun Senado nomeado polo monarca (designa o entre unha terna proposta polos electores), sufraxio censatario, e maiores poderes para a monarquía (veto temporal, participa no nomeamento do Senado). A pretensión era a de facer unha constitución que unise a todos os liberais fronte o Carlismo. Sen embargo, desaparecido o peligro carlista tras o Abrazo de Vergara, as disputas entre moderados e progresistas se recrudecen e acabarán por provocar a abdicación de María Cristina e o ascesnso a rexencia de Espartero. Este, en principio apoiado por progresista perderá o seu apoio, situación que aproveitarán os moderados liderados por Narvaez, para recuperar o poder polo procedemento habitual do pronunciamento. A constitución do 37 non se adpataba ben os intereses de moderados nin da Coroa así que vaise redactar unha nova Constitución. A constitución do 45 recolle perfectamento o ideario moderado: soberanía compartida entre a monarquía e as Cortes sen citar a nación (doc 1 sendo a nosa vontade e das cortes… viñemos en unión e de acordo coas Cortes…), amplos poderes da manarquía (executivo, dereito de veto, convocar e disolver as Cortes, nomear


Senado…), Cortes bicamerais, sufraxio moi censatario, concellos de nomeamento real, etc. Se configura así un réximen no que so unha reducida porción dos cidadáns, a oliarquía, participa na vida política, e no que a monarquía segue a ter un impotante papel. Os progresistas non poderán acceder o poder por vía legal: non poden gañar unhas eleccións xa que o sufraxio é moi censatario e as eleccións están continuamente manipuladas polo goberno (nunca un grupo no goberno perdeu unhas eleccións) e tampouco poden contar con que a raiña designe a progresista para gobernar, pois a monarquía, no fondo nada liberal, identifícase mellor cos moderados. Deste xeito terán que buscar apoio nos pronunciamentos militares e na movilización popular para chegar o poder. Unha vez nel terán que cambiar necesariamente a constitución para poder gobernar. Así en 1854 tras un pronunciamento se abre o Bienio Progresista. Nesta etapa se realiza a Desamortización de Madoz e se elabora unha nova constitución que non chega a entrar en vigor, pois un novo pronunciamento encabezado por O´Donell expulsa os progresistas e devolve o poder a moderados. Dende o ano 1866 a monarquía de Isabel II está en clara decadencia. Ó malestar xenerado pola falta de participación política (so entre o 1 e o 3% da poboación ten dereito ó voto) se suma o provocado pola crise económica que afecta a clases medias e sobre todo populares. A ineficacia dos sucesivos gobernos ante a crise e as medidas represivas ante as movilizacións populares fan aumentar a oposición ó goberno e a propia monarquia. A raíña está cada vez máis desprestixiada, tanto polo seu apoio constante ós moderdos, o que a fai inaceptable para ós demais grupos políticos, como pola súa personalidade e vida privada, foco de burlas e cotilleos entre o pobo. Así en xullo de 1867 porgresistas e demócratas acordan en Ostende organizar un levantamento con apoio militar para derrubar a monarquía. O significativo deste acordo é que o obxecivo xa non é derrubar un goberno, senón a propia monarquía. Ademais se asume que o novo sistema terase que rexer polos principios democráticos. Na última estapa do reinado de Isabel II nace unha nova corriente liberal, formada polos sectores mais radicais dos progresista, os demócratas. Estes defenden a aplicación do sufraxio universal na elección de Cortes, que deben estar formadas por unha soa cámara. Tamén defenden unha división de poderes máis ríxida, limitando máis as funcións do monarca, cun lexislativo exercido unicamente pola Cortes e o executivo nun goberno responsable e controlado polo Parlamento. Este grupo defende unha concepción máis ampla dos dereitos e liberdades individuais, incluíndo dereitos como o de asociación e reunión ou a liberdade de cultos. As súas propostas terán grande influencia na Constitución do 69 (doc 3). Os demócratas atoparan apoios entre as clases medias e populares. Pola esquerda dos demócratas aparecen os Republicanos. Ademais do seu rexeitamento a Monarquía como forma de organización do estado tamén se distinguen pola súa maior defensa dos intereses das clases populares e pola proposta dunha organización federal do estado. Estes dou grupos cobran protagonismo a finais do reinado de Isabel II e sobre todo durante o Sexenio Democrático (1868-1874). En setembro se 1868 principia en Cadiz a Gloriosa Revolución que pondrá fin o reinado de Isabel II. Como ven pasando en situacións similares en seguida organizanse xuntas revolucionarias en moitas localidades e provincias, formadas por clases medias e populares, cun ideario político máis radical, máis cercano ó demócrata e republicano. Estas xuntas son as auténticas responsables do triunfo revolucionario. Neste contexto convócanse Cortes Constituintes por sufraxio universal encargadas de facer unha nova constitución. A Constitución do 69 parte do principio de soberanía popular: “A Nación Española, e no seu nome as Cortes Constituíntes elexidas por sufraxio universal “(documento 3). O suxeto da soberanía é a nación española, que se expresa a través do sufraxio universal. Outros


elementos da constitución deixan ver o seu carácter democrático. O sufraxio universal está recollido na constitución pero trátase, como é habitual nesta época, de sufraxio universal masculino. Conta cunha ampla declaración de dereitos: dereito asociación e reunión, liberdade de cultos, dereito educación, etc. Ademais establécense garantías para que se cumpran e so se podan suspender en circustancias excepcionais. A división de poderes é clara: o Executivo no goberno (o rei nomea ós ministros que son responsables ante as cortes); o Lexislativo nas cortes, que ademais controlan ó goberno. As Cortes son bicamerais mantendo a tradicional organización dende a Constitución de 1837. Sen embargo suprímese toda inxerencia do monarca na elección do Senado, ainda que esta cámara manterá un carácter maís “conservador que o congreso, xa que para ser senador hai ún mínimo de renda ou ter ocupado un cargo público importante ( para poder ser elexido, non para poder votar). A constitución limita moito o poder efectivo do monarca: non ten dereito de veto, non pode disolver as Cortes a vontade, na práctica son os ministros quenes exercen o xecutivo. Os concellos son electivos e de novo organizarase a Milicia Nacional. En definitiva podemos considerara a Contitución de 1869 como una constitución democrática para a época, pese a que as mulleres aínda non poda votar. O novo réxime terá que facer fornte a numerosas dificultades. E primeiro lugar a busca dun novo rei. Pero coa chegada de Amadeo de Saboia (1870-1873) os problemas non rematan: guerra en Cuba, levantamento Carlista, rexeitamento dos moderados ou alfonsinos (representan á oligarquía), fustración das clases populares que non ven cumpridas moitas das esperenzas xeneradas pola Gloriosa Revolución, o que provoca o incremento da conflictividade social e o crecemento do movemento obreiro, oposición dos republicanos… Trala abdicación Amadeo e a proclamación da I República a inicios de 1873 os problemas lonxe de desaparecer aumentan Ós xa sinalados haberá que engadir o escaso apoio real que ten a república entre os grupos dirixentes e as divisións entre os propios republicanos, que se exemplifican no levantamento cantonal. O medo á revolución (a revolta cantonal, o crecemento do movemento obreiro as folgas e movilizacións, sucesos como os de Alcoi que recordan a comuna de Paris fan temer unha revolución obreira) leva a clase media a adoptar posturas máis conservadoras, a renunciar ós logros do 68 a cambio de seguridade e orde. Entre as clases populares diminue o apoio á república debido a fustración producida pola represión do cantonalismo e do movemento obreiro. Os Alfonsinos, liderados por Cánovas del Castillo, logran cada vez máis apoios para a volta dos Borbóns, para unha restauración que signifique orde e seguridade, aínda que a costa de liberdade. A guerra de Cuba, a guerra carlista e a revolta cantonal fan que a república dependa cada vez máis dos militares que a defenden, pero moi poucos militares son republicanos. En xeneiro de 1874 o Xeneral Pavía pon fin ó experimento republicano dando paso a un réxime transitorio, dirixido polo xeneral Serraano. Un ano despois, en decembro do 74 un novo pronunciamento organizado polo o xeneral Martinez Campos acelera a resturación da monarquía dos borbóns na figura de Alfonso XII, (1875-1885) fillo de Isabel II. A Restauración non éso a restauración da monarquía dos Borbóns senon tamén a volta a un modelo político liberal moderado con certas modificación. Cánovas vai ser o seu principal impulsor. Pretendía restaurar a monarquía dos Borbóns e asegurar a súa estabilidade ó tempo que garantizar o control do poder por parte da oligarquía. Para isto ten que compartir o poder cos progresistas. Cánovas é consciente de que o feito de pechar ó acceso ó poder ós progresistas, en época isabelia, fixo que estes buscaran no pronunciamento o mecanismo para logralo e que acabasen por rexeitar a propia monarquía. As diferencias entre moderados, agora conservadores, e porgresistas, agora liberias, non eran tantas. Así o novo sistema debe permitir a alternancia no poder entre liberais moderados progresistas pero vetar calquera posibilidade a outros grupos máis democráticos. Para isto en primeiro lugar hai que facer unha constitución que sexa aceptada por moderados a progresista.


A constitución de 1876 aseméllase bastente a de 1845 pero recolle algúns elementos da do 45. Na concepción da soberanía compartida segue a do 45 “en unión e de acordo coas Cortes” (doc 4) e non se cita a nación como suxeito da soberanía unicamente á monarquía e as Cortes. Importante papel da monarquía: nomea ó primeiro ministro ó marxe das cortes participa no lexislativo (ten iniciativa lexislativa, convoca e disolve as cortes, dereito de veto, nomea parte do Senado…), e dirixe o exército. Na composición das Cortes tamén e similar a do 45 cunha Cortes Bicamerais: Congreso elexido por sufraxio (non se especifica o tipo de sufraxio pero será censatario ata 1890); Senado cuns senadores por dereito propio (grandes de España, capitáns xerais, arzobispos), e senadores vitalicios nomeados polo rei con caracter vitalicios. A declaración de dereitos en parte está copiada da do 69. É unha declaración aparentemente amplia pero a diferencia do 69 nos deixaba a súa regulación a leis posteriores, o que permitirá a súa limitación ou ampliación segundo a grupo político que goberne. Tampouco recolle a liberdade de cultos pois so se permites cultos diferente o católico oficial no ámbito privado. Mediante o fraude electoral e o caciquismo asegúrase que os resultados electorais sexan favorables a moderados ou progresistas e non a outros grupos. O sistema vai durar casi 50 sendo así a constitución do 76 lonxeva precisamente por ser aceptada por conservadores e liberais, que non teñen por que modificala cando acceden ó poder.

Durante o século XIX hai una grande inestabilidade constitucional, pois cada grupo no poder trata de facer unha constitución a súa medida sen buscar o acordo cos demais grupos. Neste panorama predominaron claramente as constitucións moderadas e conservadoras as de 1845 e 1876 que foron as que estiveron máis tempo vixentes e influíron mais na configuración do estado liberal español. Deste xeito o modelo de estado liberal español caracterizouse por: • Control político dos propietarios, dunha oligarquía formada pola vella nobreza, a burguesía terraateniente e industrial, que ben mediante o sufraxio censatario (especailmente en época isabelina) ou o caciquismo e o fraude (na Restauración) se aseguran o control do estado e deixan ó marxe o resto da poboación. O estado acaba por se converter nun instrumento ó servivcio dos intereses desre grupos propietarios • Importante papel da monarquóa que mantén o control do poder executivo, nomenado gobernos á marxe das Cortes (habitualmente primeiro se nomea goberno e logo se convocan eleccións que gaña o partido do goberno) e uha participación importante no lexislativo. • Recurso frecuente ó pronuncimento para realizar cambios de goberno e sistema. Durante a etapa Isabelina os progresistas so poden acceder ó poder mediante o pronunciamento, xa que nin contan co apoio da raiña nin poden gañar, debido o sufraxio extremedamente censatario e o fraude, unha eleccións. Na Restauración o acordo entre as duas familias do luiberalismo para turnarse no poder reducirá a incidenca dos pronunciamentos, pero serán os demais grupos po´ticos os que teñan que recurrir a métodos revolucionarios para intentar influír no poder. • Estado unitario e fortemente centralizado Unicamente durante os anos do Sexenio Democrático rómpese temporalmente con este panorama, ó que se volve coa Restauración

Compo 3  

Exercicio composición de texto 2º BAC