Page 1

A GRANXA DOS ANIMAIS GUIA DE LECTURA PRIMEIRA PARTE: O LIBRO CAPÍTULOS I-II 1-. Que foi o primeiro que fixeron os animais tras de expulsar a Jones? 2-. Cal cres ti que foron as causas da revolta? 3-. Quen lles fixo ver ós animais a causa dos seus problemas. 4-. Quen organiza e dirixe a revolta? Por que?

CAPÍTULOS III-IV 5-. Que actitude teñen os donos das granxas veciñas cando se decatan do que aconteceu na granxa? Por que? 6-. Como se senten os animais despois do triunfo da revolta? 7-. Que privilexios teñen os porcos? Cres que isto está en contra dos sete mandamentos da revolta? Como xustifican eses privilexios?

CAPÍTULOS V-VII 8-. Por que Napoleón no acepta o proxecto do muíño? Como a soluciona Napoleón a súa disputa con Folerpa? Cres que xa o tiña planeado dende hai tempo? Por que? 9-. Que métodos utiliza Napoleón para controlar ó resto dos animais? 10-. Son certas as cousas que confesan porcos, galiñas e ovellas? Por que o fan? 11-. Que fai Napoleón cando fracasa o seu proxecto do muíño? Por que? 12-. Que mandamentos se saltan os cochos e Napoleón nestes capítulos?


CAPÍTULOS VIII-X 13-. Comenta o poema escrito por Mínimo para Napoleón? 14-. Valora o final de Varudo. Que sentiría cando se decata de que vai no carro do matachín? 14-. Cal é agora o ambiente na granxa? Compárao co que se respiraba a inicios da revolta 15-. Que privilexios teñen agora os porcos? Como actúan? 16-. Que pasou cos “Sete Mandamentos” 17-. Comenta a frase “Todos os animais son iguais, pero algúns animais son máis iguais que outro”

18-. Caracteriza e valora ós seguintes personaxes • • • • • • •

Folerpa Napoleón Boxer Berrón Benxamín As ovellas Os cans

19-. Indicar que personaxe te parecen máis interesantes e por que. Citar algún fragmento ou episodio da obra no que se reflicta o teu interese polo personaxe


PARTE II: DO LIBRO A HISTORIA

Antes de contestar estas preguntas consulta: http://www.claseshistoria.com/revolucionrusa/esquema.htm 1-. Relaciona os persoaxes e acontecementos históricos reais con personaxes e feitos do libro e xustifica a túa asociación

HISTÓRICO Lenin

LITERARIO

XUSTIFICACIÓN

Snowball/Folerpa Stalin Cans Jones Granxas veciñas HITLER Pacto con Frederic Segunda Guerra Mundial 2-. Indica as causas da Revolución Rusa. Teñen reflexo no libro?

3-. Que modelo político establece Stalin na URSS? Que métodos utilizou Stalin para manterse no poder? Indica como aparecen reflexados no libro 4-. Todas as ditaduras utilizan medios similares? Pon algúns exemplos

Guia lectura 4º  

Guia lectura da granxa dos animais para 4º ESO

Advertisement