Page 1

CAMIÑANDO O NOSO BARRIO ITINERARIO ETNOGRÁFICO ALUMNOS DE 5º E 6º DE PRIMARIA (AULA DE RELIXIÓN CATÓLICA)

CEIP SAN SALVADOR DE TEIS – VIGO CURSO 2017-2018 Mª Ángeles Miguel González


MAPA DO PERCORRIDO Partimos do noso Centro camiñando en dirección a rúa Avenida de Galicia continuando ata chegar ao parque da Riouxa fronte ao cal fixemos a primeira parada para coñecer o Peto de Ánimas que alí se atopa nunha antiga encrucillada; seguidamente bordeamos o parque pola baixada a Roteas tomando a continuación o Camiño Real ata a igrexa parroquial do Divino Salvador de Teis onde nos detivemos para coñecer unha das construcións máis antigas do noso barrio. Finalmente regresamos ao Cole.


O PETO DE ÁNIMAS Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeralmente, sinxelos monumentos da piedade popular asociados a idea do purgatorio. En Galiza é frecuente topalos nos camiños, encrucilladas, atrios das igrexas, etc. Os historiadores e etnógrafos sitúan súa aparición a partires do século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se construíron con mais profusión. A súa finalidade é a de ofrecer limosnas de todo tipo as ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e pudendo así alcanzar o Ceo. En compensación, unha vez liberadas intercederán por aqueles que realizaron as ofrendas. As limosnas non eran de carácter estritamente monetario, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.


Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeneral con imaxes das ánimas ardendo no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo). Tamén pode aparecer a figura de Cristo na cruz ou da Virxe, así como outras figuras secundarias como anxos do purgatorio ou elementos da paixón. Na parte frontal aparece un peto ou hucha para depositar a esmola e protexido cun enreixado ou un cristal. Algúns levan lendas do tipo:Un alma tes e non máis, si a perdes que farás...


CamiĂąando pola rua Real cara a igrexa do Divino Salvador de Teis


Acceso ao templo pola fachada principal


1. HISTORIA DA PARROQUIA A primeira, e máis antiga, mención documental que se coñece da Igrexa de Teis -posiblemente de orixe monacal-, aparece nun documento do Arquivo da Catedral de Tui. Por medio deste documento, Juan Meogo e Nuño Menéndez donan ao Bispo de Tui, Don Pelayo Menéndez, a Igrexa de “Tex” sita na terra do Fragoso, na falda do Monte Madroa, por onde discorre o regato Fervenza cara a Ribeira do Mar. Este documento data do 29 de abril do 1.145. Ten, por tanto, a Igrexa Parroquial una antigüidade de uns 870 años. Como curiosidade deste documento aparece o nome da parroquia “Tex” que derivaría máis tarde en “Teis”.


O templo atopase ao borde do Camiño Real que unía Vigo con Santiago de Compostela. A localización corresponde a situación da Igrexa actual, que tivo que ser reconstruída ou reformada xa en época remota. No verán do ano 1.589, foi saqueado, como outros das marxes da Ría de Vigo, polo pirata inglés Francisco Drake que desmontou o coro para levarse as pezas de madeira, destruíron as imaxes e retablos, y deixaron raídas e maltratadas as pinturas murais interiores; vestixios destas pinturas poden observarse na parede do fondo da Capela Maior. Posiblemente por esas datas construiríanse as dúas capelas laterais: A do Nazareno, chamada de San Marcos e San Gonzalo, e a outra capela, actualmente da Virxe do Carme, donada polos esposos Domingo Fernández e Francisca Pérez que dispoñen no seu testamento ser enterrados na Capela da Igrexa da que son patróns.


Entorno ao ano 1732 ornamentouse o Templo parroquial con retablos dos que se conservan tres deles: San Pedro, Virxe do Carme e o de Ánimas, curioso este último pola súa orixinalidade (están representados o Ceo, o Purgatorio e o Inferno). No 1.852, D. Francisco de Ávila y la Cueva no seu libro “Historia del Obispado de Tuy” describe así a parroquia de Teis: “Con el nombre de Teis hallamos expresada esta parroquia desde tiempos muy remotos e ya entonces veneraba y venera ahora por Patrono tutelar a S. Salvador, nuestro Señor, cuya Fiesta le hacen aquí a 6 de agosto”. No ano 1.861 acometese a reforma definitiva da Igrexa Parroquial. Desta reforma procede a estrutura que ten na actualidade. A reforma foi moi importante: tirar a maior parte e levantar de novo, construíndo agora, en troques do campanario anterior, unha torre que é a que se conserva actualmente. O presuposto das obras elevouse a cantidade de 55.148 reales de vellón.


O Retablo Maior de estilo neo-gótico e a imaxe do Divino Salvador que se atopa na súa fornecina central, foron construídos entre os anos 1.901 y 1.915. En 1.963, construíuse o Retablo do Nazareno, na capela lateral dereita, e reparouse o Retablo da Virxe do Carme, sita fronte de aquela.


OS ALUMNOS LEN UNHA BREVE RESEÑA DA HISTORIA DO TEMPLO


ELEMENTOS DE LITURGIA

SAGRARIO

CONFESIONARIO


SEDE

IMAXE


ATRIO

NAVE


VÍ A CR UC IS

CÁ LI Z


PI LA BA UT IS M AL

CI RI O PA SC UA L


SA CR IS TÍ A AL TA R


CORO


SAÍDA POLA PARTE POSTERIOR DA IGREXA

Camiñando o noso barrio  
Camiñando o noso barrio  
Advertisement