Page 1

CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DE VENTO MAREIRO DE RAMÓN CABANILLAS DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA 2015 BIBLIOTECA CPI DE SAN SADURNIÑO


V e n t o

A ti, meu Cambados, probe e fidalgo e soñador, que ó cantereiro son dos pinales e ó agarimo dos teus pazos lexendarios, dormes deitado ó sol, á beira do mar. Ramón Cabanillas, Vento mareiro

M a r e i r o


R. C a b a n i l l a s

¡Ou meu sono labrego! Unha casiña preto do río, ó abrigo dos pinales, con piorno e alboios nos currales e palleiros na eira e na curtiña.

&

Quero na lousa que me dé sosego esta palabra que ten luz: "Gallego" e esta palabra que ten ás: "Poeta".


¡Pinal de Tragove! ¡Zoador, barulleiro pinal enraizado nas laxes fendidas da beira do mar!

&

¡Noite diante dos ollos! ¡Noite no pensamento! ¡As brétemas da Dúbida! ¡Os pantasmas do Medo! ¡Costa arriba, caíndo sin ver onde tropezo...!

V e n t o M a r e i r o


R. C a b a n i l l a s

Camiño, camiño longo, camiño da miña vida, escuro e triste de noite, e triste e escuro de día...

&

Estrelas, árbores, fonte, paxaros, ventos e areas... ¡todo na noite alunada fala das vidas­irmáns!


E onde ti pos os ollos o amor pon o seu berce; en onde ti pos as mans nacen as rosas a feixes.

&

Conta unha lenda do paĂ­s heleno que, nun comenzo, as rosas eran brancas.

V e n t o M a r e i r o


R. C a b a n i l l a s

Ferve o mar. Brúa o vento... ¡ Probe da dorna!

&

¡Galicia! Nai e Señora, sempre garimosa e forte; preto e lexos; onte e agora, mañán... na vida e na morte! &

Unha rosiña vermella abanéase, feliz, na punta dunha roseira gala do vello xardín.


A alma é unha roseira frorecida, cuaxada de rosiñas vermellas e de rosiñas brancas.

V e n t o

&

M a r e i r o

E trocándoas en pelras relocentes, como fillas do amor máis puro e grande, en segredo, agachábanas nun pazo de escumas e cristaes.

Vento mareiro  

Selección de versos do poemario de Ramón Cabanillas Vento mareiro.

Advertisement