Page 1

DÍA MUNDIAL DO TEATRO 2015 BIBLIOTECA CPI DE SAN SADURNIÑO


Ó igual que os pícaros montan unha pelexa de vaqueiros contra indios ou unha persecución policial con bicicletas e reparten os distintos papeis, tamén os adultos, cando facemos teatro, asignámonos distintos personaxes: Anfitrión, Hamlet, Don Juan, Ubú, Max Estrella... De feito, a idea de teatro como xogo zumega mesmo dalgunhas palabras. En italiano, por exemplo o termo giòco designa o xogo infantil pero tamén a actuación dos cómicos; en francés, jouer é “xogar”, e jour son role significa interpretar un papel; en inglés, play é a un tempo xogo e interpretación; e por fin, en alemán atopámonos coas palabras Lusstpiel (literalmente, “xogo de pracer”; tradúcese como comedia), Trauerspiel (“xogo de aflición”; que debemos traducir como traxedia) e Schauspieler (“o que xoga á exhibición”, é dicir: o “actor”).

Rafael González e Francisco Sanguino. Invitación a la literatura. Una literatura con piernas


PUCK (ao público) Se nós, as sombras, vos ofendimos pensade isto, e todo remediado: que aquí quedastes durmidos mentres houbo visións e aparecidos. Este conto feble e brincallán non é máis que un soño livián, Señores, non nos reprendades; aprenderemos se nos perdoades. Shakespeare, Soño dunha noite de San Xoan (tradución de Miguel Pérez Romero)

Willian Shakespeare* existiu? Xa sabedes que hai voces que apuntan por aí a que o tal Willian de Stradford­upon­Avon nacido en 1564 e morto o 23 de abril non foi o autor das súas obras; mesmo suxiren outros posibles autores: Francis Bacon, Christopher Marlowe... Pero, en realidade quizais o máis importante é que fose Willian o fillo do fabricante de luvas de Stradford­upon­Avon ou outro calquera o autor de Romeo e Xulieta, Hamlet ou o Soño dunha noite de San Xoan, ese home que coñecemos coma Shakespeare é un dos dramaturgos que mellor retratou aos seres humanos. *Shakespeare na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes http://www.cervantesvirtual.com/FichaAutor.html?Ref=630&idGrupo=Todo&P O=1&portal=0


SEGISMUNDO ¿Qué es la vida? Un frenesí. ¿Qué es la vida? Una ilusión, una sombra, una ficción, y el mayor bien es pequeño; que toda la vida es sueño, y los sueños, sueños son. Calderón de la Barca, La vida es sueño

E a vida un soño? Quen podería contestar a esta pregunta permanente na literatura universal? Pedro Calderón de la Barca* (1600­1681) tentouno con La vida es sueño. O protagonista desta traxicomedia de Calderón é Sexismundo, fillo do rei Basilio de Poloña, cuxo nacemento foi rodeado de tráxicos augurios posto que o horóscopo prediciu que derrocaría ao seu pai. Para evitalo, este decide encerralo nunha torre...

*Calderón de la Barca na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes: http://www.cervantesvirtual.com/bib/Calderon/


CHAMBELÁN: (Acrara a gorxa sae pregoando coa súa bela voce de barítono) Saiban todos cantos ouviren, dentro do Reial Paaço e fóra dil, que anunciados quedan os desposorios, vodas e tornavodas do Príncipe herdeiro de Trapalandia, Micomicón, coa princesa Adhelala de Marraquesh, filla, neta e bisneta e tataraneta de reises e emperantes... Saiban todos os que ouviren (Sigue o pregón cada vez máis lonxe, até o remate da obra). Eduardo Blanco Amor, Romance de Micomicón e Adhelalala, Galaxia

Hai unha faceta moi descoñecida do escritor ourensán*: o teatro. Pero nunca é tarde para coñecela, por exemplo a traves desta peciña na que nun reino gobernado por unha raíña cuxo palacio está a piques de se derrubar por mor das arroutadas de Micomicón, un príncipe de dimensións xigantescas por mor dunha maldición. Só Adhelala coñece o remedio para o mal do príncipe...

*Eduardo Blanco Amor na BVG (Biblioteca Virtual Galega) http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=edublanc


ASTROV El hombre está dotado de inteligencia y fuerza creativa para multiplicar lo que le ha sido dado. Sin embargo, hasta ahora no ha creado, sino que ha destruido. Cada día hay menos bosques, los ríos se secan, la caza desaparece, el clima se ha deteriorado y la tierra se vuelve más pobre y fea. Antón Chekhov, El tío Vania (tradución de Isable Vicente), Cátedra. Porque dicir Chekhov* é dicir teatro moderno, porque as súas obras, nas que nunca pasa nada aparentemente, son o reflexo dunha sociedade inmersa nunha profunda crise da que é inconsciente, porque léndoo nunha sabe un se chorar ou rir con amargura... Por todo isto, é máis, a obra do médico e escritor Antón Pavlovich Chekhov (1860­ 1904) forma parte xa dos grandes clásicos da historia da dramaturxia.

* Chekhov naBiblioteca Virtual Miguel de Cervantes http://www.cervantesvirtual.com/FichaAutor.html?Ref=1760


DON MIGUEL Que festa miña filla. E se che hei de dicir a verdade... Escoita: inda non llo dixen a ninguén. Eu andaba atortorado, pero alá no fondo, tamén un pouco orgulloso do feito dos mariñeiros. Necesítase ser xente de rumbo e de coraxe... E sobre todo ­escoita­, sobre todo fai falla terme a min ­¡a min!­ unha lei moi grande, ¿enténdesme ben iso? Rafael Dieste, A fiestra baldeira, Edicións do Castro

Rafael Dieste* (1899­1981) titulou esta súa única obra teatral en galego “Comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro cun respiro”. Corría o outono do ano 1935 e o escritor rianxeiro daba a coñecer a comedia nunha representación na súa vila dirixida polo seu veciño Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, quen tamén interpretaba o papel de Don Miguel... Pouco podían saber os actores, o actor e o director como a súa vida ía a cambiar nun ano de forma tráxica.

*Rafael Dieste na BVG http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RafDiest&alias=Rafael+Dieste


ALONSO Amor no te llame amor el que no te corresponde, pues que no hay materia adonde imprima forma el favor. Naturaleza, en rigor, conservó tantas edades sorrespondiendo amistades: que no hay animal perfeto si no asiste a su conceto la unión de dos voluntades. Lope de Vega, El caballero de Olmedo

Lope Félix de Vega Carpio* (1562­1635) , o chamado Fénix de los ingenios, é autor dunha abundante obra teatral (1800 obras), se ben tampouco desdeñou cultivar outros xéneros literarios coma o épico e o lírico. Ao seu enorme talento débese a creación da “Comedia nueva”, unha novedosa forma dramática que mestura o tráxico e o cómico.

*Lope na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes http://www.cervantesvirtual.com/bib/bib_autor/Lope/


Recursos e enlaces de interese El teatro. Recursos CNICE http://recursos.cnice.mec.es/lengua/profesores/eso2/t3/t eoria_5.htm Teatro de hoy http://ntic.educacion.es/v5/web/profesores/asignaturas_opt ativas/taller_de_teatro/teatro_hoy/ D Teatro http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/secunda ria/optativas/dteatro/ Shakespeare on line http://www.shakespeare­online.com/ Especial El País: “Shakespeare 450 años de un genio” http://elpais.com/tag/william_shakespeare/a/ Roberto Vidal Bolaño (6º EP). Espazo Abalar http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos /1360326966/contido/letrasgalegas/index.html O teatro galego. IES Fonmiñá http://centros.edu.xunta.es/iesfonmina/outras_webs/comenius_2003 ­2009/european_popular_culture/sixthyear/theatre/teatro_gal.htm Centro Dramático Galego http://www.centrodramatico.org/cdg/ Resumo obra teatral Soño dunha noite de verán (Escola Municipal de Teatro de Vigo): https://www.youtube.com/watch?v=Rvd1N2R5kDg ¡Arriba el telón! Selección de obras teatrais de Canal Lector http://www.canallector.com/listado.php?tag=152 Selección de obras teatrais en lingua galega en Blix http://www.filix.org/xteatroA.html

Teatro15  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you