__MAIN_TEXT__

Page 4

A investigación científica non foi o único eido ao que Rita se dedicou, posto que en 1994 creou coa súa irmá Paola, unha famosa pintora italiana, a “Fundación Rita Levi­Montalcini Onlus” cuxo obxectivo é axudar na alfabetización e na educación das mulleres africanas. Ademais, en 2001 foi nomeada senadora vitalicia da República Italiana. Rematamos xa o percorrido pola vida desta científica coas súas palabras, porque non podemos imaxinar un mellor remate: La conciencia que cada uno debería tener es que la vida es una experiencia que debe vivirse profundamente, y que hay que saber extraer de esta experiencia los elementos positivos que encierra. El compromiso, la confianza en si mismo, la serenidad y el valor son el estímulo más potente para superar dificultades de toda índole, presentes, en general, en todo recorrido humano. E son moi sabias estas palabras, que consideramos, resumen a súa traxectoria vital: compromiso, confianza en si mesma, serenidade e valor.

Se queres saber máis http://cienciaes.com/biografias/2012/05/29/rita­levi­montalchini/ http://gl.wikipedia.org/wiki/A_ciencia_ten_nome_de_muller http://it.wikipedia.org/wiki/Fondazione_EBRI

Se queres ler a Rita LEVI­MONTALCINI, Rita & TRIPODI, Giuseppina (2011): Las pioneras, Crítica. 1ª ed. LEVI­MONTALCINI, Rita (2011): Elogio de la imperfección, Tusquets Editores, 1ª ed. LEVI­MONTALCINI, Rita (1999): El as en la manga, Editorial Crítica, 1ª ed.

Profile for Biblioteca Sansadurniño

LEMBRANDO A RITA LEVI-MONTALCINI  

DÍA DA MULLER 8 DE MARZO DE 2013 BIBLIOTECA CPI DE SAN SADURNIÑO

LEMBRANDO A RITA LEVI-MONTALCINI  

DÍA DA MULLER 8 DE MARZO DE 2013 BIBLIOTECA CPI DE SAN SADURNIÑO

Advertisement