Page 1

NO VERÁN... LECTURAS MIL BIBLIOTECA CPI DE SAN SADURNIÑO SUXESTIÓNS PARA ESO


A partir de 13 anos

BERBERIAN, Charles & DUPUY, Philippe, Demasiados sueños, Alfaguara. Henriette ten trece anos, séntese diferente ao resto e atesoura unha poderosa imaxinación que lle permite soñar que é unha escritora famosa.

CALLEJA, Seve, Cuentos y leyendas de seres monstruosos, Anaya. Seve Calleja presenta unha recompilación de contos e lendas, sobre seres fantásticos e terroríficos, que acompaña cun pequeno estudo sobre a figura do monstro na literatura.

DOCAMPO, Xabier, O país adormentado, Xerais. En Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido... Mais todo cambiara con Aurora e aquel segredo...

FERRI, Jean – Yves & CONRAD, Didier, Astérix e os pictos, Xerais. Se queres saber coma Astérix e Obelix acaban en Escocia entre os pictos terás que abrir este cómic porque non cho imos revelar.


FRÍAS CONDE, O caso máis estraño do detective Marschen, Galaxia. Historias de androides, de fantasmas, de seres máxicos, de hecatombes nucleares aparentes... De todo atoparás neste libro!

GARCÍA TEIJEIRO, Antonio, Na fogueira dos versos, Xerais. García Teijeiro recrea algúns dos poetas máis coñecidos da literatura galega: Martin Codax, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, etc..

JIMÉNEZ, Juan Ramón, Platero y yo, Everest. Este ano celebramos o centenario da publicación deste famoso, fermoso e emotivo libro de prosa poética. Que mellor ocasión polo tanto para lelo ou relelo!

MATILLA, Luis, Las piernas de Amaidú, Anaya. Luis Matilla escribe esta obra teatral protagonizada por Miguel e Carlos os cales durante a elaboración dun traballo escolar descobren unha fotografía que lles chama moito a atención...


PELEGRÍN, Ana (selección y prólogo), Poesía española para jóvenes, Alfaguara. O amor, a natureza, o sentido da vida... Todos eses temas esenciais dos que nos falan os grandes poetas aparecen nesta antoloxía.

SALGUEIRO, Roberto, Valentino Ruffini e Aki Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can), Baía Edicións. Unha divertida comedia que transcorre en Venecia no século XVIII.

A partir de 15 anos

ALONSO, FRAN, Poetízate, Xerais. Unha antoloxía poética divertida para aprender que a poesía non morde nin é aburrida, senón todo o contrario.

CALO FONTÁN, Teresa, Marta ante o espello, Xerais. Marta, unha rapaza de case dezasete anos, lembra diante do espello os últimos meses da súa vida neste monólogo teatral.


CASONA, Alejandro, Nuestra Natacha, Vicens-Vives. Nesta obra teatral, unha das máis coñecidas do seu autor, a protagonista, a idealista Natacha, vén de conseguir algo inaudito na España dos anos 30: doutorarse en Pedagoxía.

DAN, A. & LE ROY, M., Thoureau. La vida sublime, Impedimenta. Un cómic sobre a vida dun dos filósofos norteamericanos máis importantes do XIX. Comeza coa súa volta a Concord, Massachusetts, a súa vila natal.

GARCÍA MÁRQUEZ, Gabriel, Cien años de soledad, Debolsillo. Se aínda non o liches esta é a ocasión! Non agardes un momento máis para coñecer Macondo e os Buendía, para ler un libro que xa é un clásico do século XX.

MACEIRAS, Andrea, Nubes de evolución, Xerais. Tres vidas que se cruzan nunha estación de autobuses cando Amanda, que traballa alí coma limpadora, ten que borrar unha pintada: “WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL DISAPPEAR?”


OTSUKA, Julie, Cuando el emperador era Dios, Duomo. Un soleado día de 1942 unha muller ía devolver un libro á biblioteca cando se atopou cun cartel... Unha novela que en palabras de The New York Times é “unha fazaña chea de matices e beleza.”

RUÁ, Aurora, Debuxos no muro, Galaxia. Pablo ten que pasar os últimos días das vacacións de verán con seu pai no hospital no que este traballa por mor de ter suspensa unha materia. Alí descubrirá uns sorprendentes debuxos...

SUÁREZ, Iván & SUÁREZ, Ignacio, Titoán, Demo Editorial. Este cómic baséase nunha anécdota da xuventude de Castelao, lembrada por el no relato “Peito de lobo” de Retrincos, que é o punto de partida para recordar unha parte da biografía do rianxeiro.

VV.AA., Las cuatro estaciones. Invitación a la poesía, Vicens Vives. As catro estacións, símbolo das idades do home, son o eixe temático desta antoloxía na que se recollen poemas de Juana de Ibarborou, Pablo Neruda, Antonio Machado...


MÁIS E MÁIS LIBROS

CARREIRO, Pepe, Historia das mulleres galegas. Das marchas nómades á Marcha Mundial das Mulleres, Baía Edicións Unha parodia histórica que se centra na vida das mulleres comúns e compaxina os textos breves coa banda deseñada.

AYALA, Francisco J., ¿Soy un mono?, Ariel. A partir desta pregunta, Francisco J. Ayala, explica as liñas básicas e os fundamentos da evolución dunha forma amena e rigorosa.

BERRY, Siân, 50 ideas para ahorrar agua y energía, Blume. Consellos útiles e prácticos para aforrar auga e enerxía, mentres nos decatamos da importancia de protexer a natureza.

CORTIZAS, Antón, Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais, Xerais. Un amplo catálogo de brinquedos e enredos, acompañado de máis de 2500 fotografías, para achegarnos ao mundo dos xoguetes tradicionais.


DE GUIBERT, Françoise & NOVIE, Nathalie, La Callas. Una invitación a la ópera, Kókinos. Un libro e un CD para descubrir a unha das cantantes de ópera máis fascinantes do século XX e para oír a súa inesquecible voz.

GARCÍA, Xosé R., Guía das plantas de Galicia, Xerais. O verán é unha boa época para achegarse ao mundo das plantas que podemos atopar no noso entorno.

GONZÁLEZ, Rocío & PATO, Alfonso, Criaturas, Galaxia. Un libro sobre animais escrito a partir dos casos máis divertidos e interesantes do programa Criaturas da TVG.

JAEGER, Sabine & SCHULZ, Hermann, ¡Qué rico!, Siruela. Por que é perigoso o sobrepeso? Cantas clases de mazás hai? Estas preguntas e moitas máis atoparán resposta neste libro sobre a historia da comida.


MIRA, Jorge, A ciencia no punto de mira, AugA Editora. Se queres descubrir como funciona o botafumeiro, como o bilingüismo protexe a nosa saúde e outras cincuenta e oito interesantes cuestións aquí atoparás a resposta.

SING, Simon, Los Simpson y las matemáticas, Ariel. Pois si, as matemáticas teñen un importante papel nesta exitosa serie norteamericana. Así que, se queres coñecer o universo matemático que se agocha detrás dos seus guións só tes que abrir o libro.

TEICHMANN, Jürgen, El fantástico viaje al Big Bang, Siruela. Un libro para viaxar polo cosmos, calcular a forza da gravidade, averiguar a que distancia están as galaxias...

TRIBIÑO MAMBY, Carlos, Xadrez. Iniciación, Baía. O xadrez, ese xogo de orixes milenarias, antollaráseche máis fácil de practicar despois de ler este libro.

No verán...lecturas mil  

libros para o verán

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you