Page 1


Paso a paso chegamos ao número dez. Para celebralo démoslle unha nova presentación á páxina e á ordenación dos traballos dentro da revista. Tamén utilizamos un novo programa informático polo que esperamos mellorar a calidade de Andaina. O que ano a ano non varía é a implicación de todo o Claustro que, como sempre, motivou ao seu alumnado na realización dos seus traballos, o meu agradecemento a todos pola súa colaboración e un grazas “especial” aos compañeiros encargados da montaxe. Como director non me cabe nada máis que felicitar a todos pola labor realizada e dicirlle ás familias que cando teñan a revista nas súas mans están contemplando un anaco da vida escolar dos seus fillos; por iso cada ano que pasa desexamos que ANDAINA siga a camiñar e, coma os nosos fillos, crecendo. UN SAÚDO

José Miguel Blanco Fernández — DIRECTOR

SUMARIO

Aquí estou un ano máis Xa son o nº 10 !

- Introdución …….…………

1

- Presentación .....…….

2

- Magosto ……….……………

3

- Samaín ……....……………

4

- Nadal ………............

5

- Día da Paz ……………….. 7 - Entroido …………………….

8

- Letras Galegas …………. 14 - A Entrevista ……... … 20 - Axenda 21 ……….. …… 22 - Saídas ……............ 24 - Varios ……............ 33

Como vos anunciei no número anterior, teño algunhas novidades e espero que as disfrutedes. O máis significativo e a presentación, secuenciada no tempo, do que aconteceu no noso colexio. Das actividades que nenos e mestres realizaron quero destacar a ―Exposición de libros antigos‖ na que aportades xoias tan valiosas, para min e para todos, que espero se poida volver a repetir. Como xa é tradición, chego as vosas mans coa celebración do ―Día das Letras Galegas‖ que, este ano, está adicado a Uxío Novoneyra (1.930-1.999). Non vos digo ―adeus‖… Simplemente ―DEICA O VINDEIRO ANO‖.

- Pasatempos ……………… 42

Grazas a todos.

- Despedida ……………….. 44

Equipo Normalización Lingüística

1


Un ano máis aquí veño

Unha foi de libros “vellos”

A presentar o resumo

Con sabedoría ―fresca‖…

Das cousas que nos gustaron

A outra, para Novoneyra

E que fixemos no curso:

E as nosas “Letras Galegas”.

Fomos apañar ao souto

Tampouco hai que esquecer,

Para ter un gran Magosto,

Rematando esta ―Memoria‖,

E tamén no Samaín

As saídas que fixemos

Houbo monstros moi vistosos.

Nas que vimos moitas cousas.

Por fin chegou o inverno,

E, por fin, o máis fermoso

E celebramos gustosos

Pois eu son VOSA REVISTA:

Unha chea de festivais

As vosas colaboracións

Polo Nadal, a Paz e o Entroido.

para esta ANDAINA na vida.

E andando, paseniño, Tamén veu a primavera Coas súas Festas dos Libros Que a nosa alma alteran:

2


3

3


SAMAÍN é a festividade de orixe celta na que se celebraba o final da tempada de colleitas e era considerada como o Ano Novo Celta, que comezaba co fin do verán e a entrada do inverno. A festividade céltica do Samaín descríbese como unha comunión cós espíritos dos defuntos, que nesta data, teñen autorización para visitar o mundo dos vivos, tendo a xente a oportu-

nidade de reunirse

cos seus antepasados. Polo Samaín era cos-

tume baleirar na-

bos, máis tarde cabazas,

para porlles dentro candeas. Esta

tradición chega a Esta-

dos Unidos da man dos emigran-

tes

irlande-

ses e alí recibe o nome de Hallo-

ween. No noso colexio, dende hai varios anos, celebramos a festa do Samaín con diversas actividades ( confección de murais, cancións, exposición de cabazas ), para que os alumnos coñezan a tradición galega desta festa de arraigo celta que non quede no olvido.

3

4


5


Despois do Magosto e do Samaín, no mes de decembro celebramos o Nadal con varias actividades. A primeira delas consiste na elaboración dunha postal de Nadal que cada clase expón na porta da súa aula. Logo entre todas elas, eliximos unha para facer a felicitación que as familias reciben nas casas. Tamén celebramos un pequeno festival coa participación de todo o alumnado do colexio. Rematamoscoa coa visita do Carteiro Real e cantando todos unha paxoliña para desexarnos un bo Nadal. O último día de clase fomos ao cine. Como xa todo o mundo recibiu a postal de felicitación adxuntamos unha pequena mostra doutras postais feitas polos nenos/as para a porta do aula.

6


A PAZ No mundo sementar a Paz a Paz sementar no mundo se sementas a Paz, feliz estarás Porque así axudarás a tódolos demáis

Abegondo 28 de Xaneiro do 2.010 Querida Paz: Os alumnos e alumnas de 4ºB do C.E.I.P. San Marcos de Abegondo, a pesar da nosa curta idade, vemos cousas no mundo que se fan mal, como: as guerras o tráfico de persoas, a explotación infantil, violencia de xénero,… Pedimosche que deixes voar as túas pombas, para que espallen sobre os mandatarios do mundo as súas mensaxes de PAZ, IGUALDADE, FRATERNIDADE, AMOR,...e así conseguir un mundo mellor. Na espera de que os mandatarios sigan as túas mensaxes, recibe moitos bicos.

Os alumnos e alumnas de 4ºB

GUERRAS NON Países en guerras Deixadeo por favor Un día no ano Que hoxe vai reinar o amor. Neste día tan especial Collamos o amor Deixemos as guerras Todo menos u odio e rencor. Aínda que a PAZ Se tarde en conseguir Nós, nenos e nenas Imola construir

7


O día 12 de Febreiro reunímonos todos os alumnos/as do colexio no patio cuberto para disfrutar do entroido. Este ano decidiuse que cada curso elixira o seu disfraz, como podedes ver

cación Primaria foron moi diferentes, asi tivemos: os de primeiro e segundo curso foron de contenedores de reciclaxe porque pertencemos á Axenda 21 Escolar Galega, os de terceiro curso

nas fotos. Así, os/as nenos/as de Educación Infantil foron de peregríns porque moitas veces vir ao colexio convírtese nunha auténtica peregrinaxe. Os/as nenos/as de Edu-

8


de hippies porque as veces pasamos un pouco do que nos din os mestres, os de cuarto curso foron de cociñeiros porque para celebrar ben o entroido temos que pasar polo fogón e preparar orellas e filloas, e quin-

to e sexto curso foron de animadoras para darlle un pouco de alegría ao asunto. Tamén poidemos ver os/as mestres/as especialistas do centro e as coidadores do comedor con disfraces moi dispares. 9


10


11


BRAIS

PÉREZ

SÁNCH

EZ

Como as fixemos? 1

2

Preparamos tódolos ingredientes

4

3

Batemos os ovos

Amasamos

5

Fritímolas rosquillas e…..

Comémolas

12


Neste día non pode faltar a DEGUSTACIÓN de alimentos típicos do entroido como as orellas, as filloas, etc..., que trouxeron os/as nenos/as e os/as mestres/as das súas casas.

Esperamos que disfrutedes das fotografías!!!! 13


O 28 de abril do 1.963, todos os membros, da Real Academia Galega acordaban celebrar cada 17 de maio o

Día das Letras, co

obxectivo de promocionar a obra dalgún dos nosos autores e autoras Este 2.010 o autor homenaxeado é UXÍO NOVONEYRA, polo que o noso traballo está relacionado con él. As súas obras son: - Os Eidos (1.955) - Elegías del Caurel y otros poemas (1.966) - Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1.974) - Poemas Calígraficos Vietnam canto (1.979) - Os eidos Libro do Courel (1.981) - Bazterrak Os Eidos (1.987) - Muller pra lonxe (1.987) - Do Courel a Compostela 1.956-86 (1.988) - O cubil de Xabarín (1.990) - Os eidos (1.990) - Tempo de elexia (1.991) - Gorgorin e Cabezón (1.992) - Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras (1.994) - Camelio xaponés –Walsubaki (1.995) - Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín (1.998) - Dos soños termosos (1.998) - Onde só queda alguén para aguantar dos nomes (1.999) - Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas (1.999)

14


GALICIA digo eu un di GALICIA GALICIA decimos todos GALICIA hastr`os que calan din GALICIA e saben sabemos. GALICIA da door chora á forza GALICIA da tristura triste á forza GALICIA do silencio calada á forza GALICIA da fame emigrante á forza GALICIA vendada cega á forza GALICIA tapeada xorda á forza GALICIA atrelada queda á forza libre pra servir libre para servir libre pra non ser libre para non ser libre pra morrer libre para morrer libre pra fuxir libre para fuxir.

do ucedo a noite riba iña amiga. a a cor da m d n ei n vi n o i eu n e ten medo. do ún treme n ca é ra o g A

" PECHOUSE

ue mao xorda q cousa! Esta e st E ! o g u ISTE desaco para onde! se sin saber Iste querer ir encendida. unha chaga é r co eu m rida. AGORA o zándome a fe la ca es a d n a ba Unha mao lo ue se oi! ESTA door q ! Iste cor meu de seu e me veo ela u q r Esta doo lo que foi! Sin saber po

GALICIA labrega GALICIA nosa GALICIA mariñeira GALICIA nosa GALICIA obreira GALICIA nosa GALICIA obreira GALICIA nosa GALICIA irmandiña GALICIA viva inda

cova. caira nunha FOI coma se ite i era día Antes era no loba. " unha negrura o d to é ra o Ag

SE o pasa do é pasad o i o presen te é o urg ente por qué ín da busca a xente Aquil soño clausurado ? Vido visto ben Santia

recóllote da TERRA estás mui fonda recóllote do PUEBLO estás n´il toda recóllote da HISTORIA estás borrosa

i esa cues

recóllote i érgole no verbo enteiro no verbo verdadeiro que fala o pueblo recóllote pros novos que vein con forza pros que inda non marcou a malla d´argola pros que saben que ti podes ser outra cousa pros que saben que o home pode ser outra cousa

Camiño de v

sabemos que ti podes ser outra cousa sabemos que o home pode ser outra cousa.

tira!

tión non r

go

esolta

fago camin o de volta camino de volta fago . olta fago

volvo do c abo do Mu ndo. Terra sólo en ti me f undo: é a certez a que trag o.

15


16


17


18


19


Andaina incorpora unha nova sección: “A entrevista”. Por esta sección pasarán aquelas persoas relevantes na vida da Comunidade Escolar. Inauguramos a sección con Luis Giménez Domínguez, o noso conserxe; unha persoa á que todos nós lle debemos unha gratitude “especial” polo seu traballo e a súa colaboración para que todo discurra ben. - Ola, Luis. Débenche gustar moito os nenos para traballar todo o día con eles. É certo? A verdade é que si, porque en caso contrario non estaría moi cómodo no meu posto de traballo. - Onde naciches? Nacín en San Tirso de Mabegondo. - Cantos anos levas no colexio? Aquí, en San Marcos, levo case oito anos. Pero antes estiven no I.E.S de Vios case seis anos. - É moi duro o traballo dun conserxe? Non é duro porque o fas con moito agarimo e daquela e moi doado traballar. - Por qué elexiches este traballo e como te sintes nel? Pois entereime de que saía unha oposición, presenteime, aprobei, e aquí síntome moi a gusto. - É doado traballar con tantos nenos e nenas xuntos? Si porque son moi bos todos. - Que é máis difícil, tratar cos nenos ou cos mestres? Non é dificil con ningún deles, pero cada un ten os seus máis e os seus menos. - Que che parecen os mestres?. E o alumnado? Os mestres teñen moita paciencia. E os nenos saben lepe. - Quen se porta mellor, os nenos ou as nenas? Pórtanse ben todos o que pasa é que algúns/has despístanse. - En que consiste o teu traballo? Pois procuro que todo funcione correctamente e axudarlle no que poida aos nenos e profes.

20


- Cantas horas traballas? Bueno, iso é moi relativo, pero bueno máis ou menos sobre oito horas. - A que hora empezas a traballar? Empezo sobre as oito da mañá. - Ao rematar as clases, remata o teu traballo ou continúa? Non normalmente sempre hai algunha cousiña que facer. - Cales son as tarefas que máis che gustan do teu traballo? Pois a verdade é que me gustan case todas. - E o que menos che gusta? Limpar os baños cando alguén non os usa correctamente. - Coa ampliación do colexio, terás moito máis traballo? Supoño que algún mais sí, pero non me preocupa. - Cal foi o suceso máis gracioso que viches no colexio de San Marcos? Houbo moitos pero agora non me lembro de ningún en especial. - Gústache trepar polos tellados? Nin me gusta nin me disgusta pero si hai que facelo, faise. - Cantos balóns recolliches dos tellados, aproximadamente? Non sei o número pero son moitos. - Cales son as túas afeccións? Entre outras gústame a pesca e o mundo do motor. - Como fas para estar todo o día contento e sorrindo? Pois penso no bos que son os rapaces do colexio e xa estou de bo humor. - Que fas para que os nenos e nenas deste colexio te respecten? Intento tratalos ben e respectalos, en primeiro. - Gustaríache traballar neste colexio ata que te xubiles? A verdade e que si porque me sinto moi cómodo nel. Alumnado de 5ºA y 5ºB

21


O Colexio segue a desenvolver o proxecto da Axenda 21 iniciado a finais do curso 2008/09: a posta en marcha do Punto Limpo. A idea é fomentar, non só os hábitos de limpeza e coidado do entorno, senón tamén a recollida selectiva en orixe. Isto conleva unha serie de beneficios para o medio ambiente. Entre eles podemos destacar: Reducción de residuos sólidos. Reciclaxe de certos materiais Aproveitamento do lixo orgánico para a elaboración de composta

Evidentemente temos que ser conscientes de que todo beneficio para o medio ambiente é un beneficio para quen o habita. Pero como pretendemos que sexa un proxecto vivo, debemos ir prantexándonos novas metas que redunden na consecución dos obxectivos da A21. Neste curso, o Comité Ambiental redactou un proxecto no que o alumnado, a través das distintas áreas e ciclos, están elaborando diferentes traballos (murais, rótulos , carteis, redaccións …) que tratan de animar a que sexamos respetuosos co medio e a adquirir o bo costume de gastar só a enerxía necesaria. Xa sabemos que o camiño non é fácil e que, ademais, nunha colectividade non todos asumen esas condutas como algo necesario.

22


De todos os xeitos podemos afirmar que se van dando pequenos pasos e, como di o refrán, pouco a pouco vaise lonxe. Como novidade inesperada para este curso, os cursos de 5º realizaron un obradoiro de reciclaxe de aceite de oliva usado para a obtención de xabón.

Para rematar este pequeno resumo sobre a actualidade da A21, queremos lanzar un pequeno reto a toda a comunidade educativa: eliminación do papel de aluminio. O asunto é que moitos nenos traen un pequeño refrixerio para os recreos, sendo o papel de aluminio a envoltura máis frecuente destes alimentos. Isto orixina dous problemas: O derroche que supón o único uso dun material que non compensa a enerxía que consume para a súa obtención. A confusión á hora de depositalo no contenedor axeitado pola súa denominación de papel. Aproveitamos este foro para insistir en que o aluminio, aínda que veña con esa presentación de rolo de papel, non deixa de ser un metal e, polo tanto, INORGÁNICO. Retomando a cuestión que nos ocupa ao principio do parágrafo, ¿por que non mandarlle aos nenos a súa froita, o seu bocata ou as súas galletas nun envase recuperable? Todos podemos colaborar na medida do posible. Os pequenos xestos na nosa vida cotiá poden supor unha grande inversión no futuro dos nosos fillos. ¡ÁNIMO E ANÍMATE¡

23


Francisco Morillo Aba — 3ºA

Francisco Morillo Aba — 3ºA

Elba Calviño Bugallo—3ºA

24


O día 9 de novembro os nenos de 5º e 6º cursos fomos visitar Santiago. Tardamos un pouco en chegar porque son 45 quilómetros. Primeiro fomos ao Parlamento e ensináronnos todas as salas dende a entrada ata a sala de plenos. Nunha delas fixemos un xogo de elaborar novas leis e algunhos dixeron unhas burradas moi grandes. Tiñan moita tecnoloxía, sobre todo na sala de plenos. Ao acabar a visita déronnos un regalo. Ao principio pensabamos que eran gominolas pero eran unhas mochilas cun elefante debuxado. Despois fomos á Catedral. Topámonos cunha actriz dunha serie de televisión que rodaban ao lado da Catedral. Cando entramos, todos quixeron ir ao baño polo que nos retrasamos quince ninutos. Despois empezamos a visita. Tivemos que subir nada menos que cento catro escaleiras. O noso guía ensinounos moitas cousas. Díxonos que había tres tipos de arquitectura: románica, gótica e barroca. Tamén nos ensinou aos xigantes e nos contou unha historia da catedral que foi a seguinte: Santiago de Compostela é a capital da Comunidade Autónoma de Galicia. Nesta cidade ten a súa sede o Governo Autónomo galego e o Parlamento de Galicia. É un importante centro de peregrinación cristiana debido á creencia que nesta cidade se lle deu sepultura ao Apóstol Santiago o Maior. No ano 1075 comeza a construcción da gran catedral románica que se mostra en todo o seu esplendor no século XIII atraendo cada vez mais fieis de toda a cristiandade e reforzando as peregrinacións á cidade. Estas peregrinacións dan lugar á instalación de centros relixiosos e centros civís. Conventos como San Francisco, Santo Domingo, Santa Clara ou Belvís, crean novos núcleos que determinan a estructura da cidade. A catedral ten planta de cruz latina. Nela están reflexados distintos estilos arquitectónicos. O museo da catedral garda obxectos de gran valor. De especial importancia é o Pórtico da Gloria no que se representa o xuicio final e que orixinalmente estaba policromado. Este ano 2010 é Ano Santo, feito que acontece cando o 25 de xullo, festividade de Santiago Apóstol, coincide en domingo, o que ocorre este ano. Alumnos e alumnas de 5ºB

Despois subimos aos tellados, aínda que esvaraba un pouco. Despois fomos comer a Área Central, un centro comercial en Santiago, logo marchamos para a escola. Gustoume moito esta saída porque aprendín, divertinme e rinme xogando a elaborar novas leis. Pablo Vázquez Candal 5ºB

25


VISITA AO PARLAMENTO E ÁS CUBERTAS DA CATEDRAL Santiago de Compostela – Luns 9 de Novembro de 2009 3º Ciclo

O pasado luns fomos a Santiago de Compostela. Cando entrei no Parlamento, quedeime moi sorprendida e dinme conta de que non é o mesmo velo pola televisión que velo na realidade. O que máis me chamou a atención foi a sala de plenos, porque na televisión faise máis grande do que é. Chamoume tamén a atención que tivese tantos cadros de diferentes tipos estilos. O que si que tiven, en todo momento, foi unha impresión moi rara porque non podía crer que estivese no lugar onde se reúnen os presidentes e os deputados de cada partido. Fixeime tamén que na sala de plenos os medios de comunicación teñen as súas propias cabinas. Para os canais de televisión non lles fai falla levar cámara porque xa hai catro instaladas. Cando fomos a Catedral foi cando máis impresionada quedei, porque nunca tivera a gran oportunidade de ver Santiago dende ese lugar. Quedei moi impresionada cuns bonecos grandes e pesados que nunca antes vira, e tamén me chamou a atención o Reloxo de Berenguela . O que si me pareceu raro foi o Convento de Clausura, porque aínda que sexa iso, de clausura, non entendo porque ten barrotes nas ventás (claro… dende o meu punto de vista) porque en vez dun sitio reCLARA – 5 A

lixioso máis parece un cárcere. Tampouco sabía que o cemiterio que hai ao seu carón fose exclusivamente

para sacerdotes que traballaron na Catedral.

Antía Rodríguez París 6º A

26


EN DIRECTO ¡CATEDRAL EXPRESS! cos reporteiros de 6ºB Foi unha das moitas aventuras que vivimos os de 6º, pero unha das máis bonitas. Cando cheguei á Catedral case non mo cría, porque de vela na televisión a vela en directo era como un soño feito realidade, estaba entusiasmada tanto que me tremían as mans. Xa dentro, un rapaz duns trinta e poucos anos atendeunos coma se estivesemos na casa. Estabamos subindo unhas escaleiras que daban á cociña principal, na que nos explicaron moitas cousas. Despois seguimos subindo, subindo e subindo e chegamos ao salón de cerímonias. Na parte na que se sentaban as persoas máis importantes estaba decorada con bonitos arcos decorados e cheos de flores. Por último, subimos máis escaleiras e chegamos ás cubertas; era unha vista impresionante e algúns tiñan medo de caer, como a “profe” de 6º A, Elena. Víase Santiago de Compostela de arriba a abaixo. Orballiscaba un pouquiño, pero pasámolo tan ben que nin conta nos demos. Ao rematar a excursión, apenados íamos cara a escola, felices de vir, pero tristes ao ir de volta. Sara Parga Pérez – 6º B

27


O día 8 de marzo os alumnos/as de Educación Infantil visitamos a Granxa Escola de Belelle. Alí repartíronnos en varios grupos dirixidos por monitores, e fomos coñecendo distintos posto da granxa. Aprendimos e fixemos moitas cousas:

Montamos nun poni e cepillámolo.

Plantamos unhas sementes que logo trouxemos para casa.

Amasamos e cociñamos un boliño de pan, para despois podelo comer.

Demóslle de comer as galiñas e aos pavos. Visitamos as llamas...

28


29


30


31


32


Téñense dito moitas cousas dos libros, e casi todas certas: Un libro é coma un amigo íntimo e leal: Sempre que o desexemos, está con nós. Se o deixamos por ter outras preocupacións, espéranos. Garda os nosos segredos e confíanos os seus. Provoca en nós emocións que nos fan sentir vivos. Acompáñanos ao longo da nosa vida, axúdanos a ver o mundo e a entendelo. Evoluciona con nós… Incluso, ás veces, defráudanos… pero entón podemos miralo con outros ollos… e aprender tamén. O Libro, dende o seu nacemento está xunto a nós, cambiando e cambiándonos… Estivo cos nosos pais, cos nosos avós… e estará cos nosos fillos e cos nosos netos… Por iso, dende esta exposición queremos agradecerlle o que foi, o que é, na nosa Memoria. Queremos que ese agradecemento se faga extensible a todos aqueles que fixeron que sexa posible, a todos aqueles que conservaron a estes AMIGOS ao longo do tempo, e que agora nos presentan para nós tamén coñeceren.

Aproveita: Lembra e disfruta de todo o seu agarimo. E pensa… Nesta “era dixital” valoramos que “unha imaxe vale máis ca mil palabras”, así que multiplica: cantas imaxes nos pode evocar unha palabra!

33


O REISEÑOR Canta, canta paxariño coa volvoreta pousada no teu niño.

O MEU CABALO Arre, corre Meu cabaliño manso, meu cabaliño bon. Corre meu cabaliño non galopes, voa. A ver se lle gañas ao vento que zoa. Arre meu cabaliño que es un preguiceiro. A ver se lle gañas ao vento lixeiro.

ILUSIÓN Hai una nena fermosa que quere ser famosa. Ser ximnasta é a súa ilusión por iso se esforza de todo corazón. Viaxar polo mundo enteiro e imitar a un gran persoeiro. Levar ao seu país moi alto sen perder con el o contacto. Esa nena galega quere ser una gran estrela.

Canta alto sen vergoña que che axuda o sapo e tamén a cigoña. Se quenta o sol ou neva canta sen parar que ninguén se atreva mandarche calar. Canta reiseñor que alegras o día canta ao solpor e tamén ao mediodía.

A PRIMAVERA Estou alegre, estou contenta porque vai chegar a primavera. Xa vén por alí xa vén por alá a primavera vai chegar. Cando chegue imos ver moitas flores florecer. Xa vén por alí xa vén por alá a primavera vai chegar.

34


RIMAS Os alumnos/as de 4º B fixemos rimas cos nosos nomes. Eu son Borja e vou de esmorga. Eu son Iván e sou un pillabán. Eu son María e traballo nunha perruquería. Eu son Julia e teño moitas manías. Eu son Eva e levo una chea de area. Eu son Anxo e son coma un anxo. Eu son Sara e gústame dar a bara. Eu son Víctor e teño un tractor. Eu son Samuel e son amigo de Manuel

Eu son Ana e xogo con Aitana. Eu son Juan Carlos e gústanme os cabalos. Eu son Silke e teño un quinque. Eu son Manuel e tomo moita mel. Eu son David e son do Real Madrid. Eu son Lorena e xogo cunha serea. Eu son Gloria e xiro como una noria. Eu son Noemí e sempre xogo alí. Eu son Miriam e sempre xogo con miña amiga.

REFRÁNS Castañas verdes por Nadal, saben ben e pártense mal. Por San Cibrán, castañas na man. Por Santa Liceta, castaña preta.

35


Por aquel entón vivía en Vilanova una rapaciña chamada María, tería uns oito anos. Tiña un irmán duns tres anos chamado Miguel. Un día foron os dous coa súa nai e máis a súa avoa coller herba a un prado, o cal estaba rodeado por un río, non sendo polo lateral, onde se entraba co carro tirado dun cabalo. Aquel día de inverno, o río ía desbordado polas fortes choivas que procedían de varios días antes. Chegados ao lugar a avoa e a nai destes rapaces, unha púxose a coller a herba coa gadaña e a outra a cargala no carro. Mentres tanto os rapaces xogaban por alí, e avistaron unha ponte feita de dous troncos de madeira que cruzaban o río. A eles pareceulles divertido e puxéronse a cruzala sen darse conta do perigo que eso suponía por culpa do gran caudal do río. Primeiro cruzou María e non caeu e pareceulle emocionante. Logo díxolle a Miguel: - Cruza ti!. O neno quedouse parado sen saber que facer ( tiña medo) e a irmá volveulle a decir: - Cruza Miguel!. E empezou a cruzar amodiño e treméndolle as pernas. Cando ía un pouco máis da metade parouse, o medo venceuno e empezou a chorar e a chamar pola súa nai. A nai ao sentir aqueles berros do neno deixou de coller a herba e botou a correr cara a onde estaba. Chegou alí e cando o víu no medio da ponte botou as máns á cabeza e dixo: - Meu Deus Miguel que fas aí!. Miguel choraba e non contestou pero a irmá dixo: - Ía cruzar para este lado a xogar conmigo. - Miguel, non te movas que te vou coller agora mesmo– e dispúxose a cruzar a ponte.

36


Chegou a onde o cativo, colleuno no colo, dou a volta naqueles troncos que fixeron un ruido extraño. Cando acabou de dar a volta os troncos cederon e a nai e o seu fillo caeron ao río. A nai non se daba posto en pé por culpa da corrente da auga, e mentres tanto Miguel soltóuselle dos brazos e marchou río a baixo. María perplexa polo que acababa de acontecer non dixo palabra pero botou a correr pola beira do río seguindo ao seu irmán. Cando viu un oco para entrar no río meteuse pero a auga case a leva tamén. Entón agarrouse

a

una

póla de ameneiro meteuse un pouco máis ao río e agarrouno fortemente. Miguel estaba inconsciente e María non podía sair de alí. O río arrastrábaos se se soltaba da póla. Nese intre chegou súa nai que conseguira saír do río e tirou polos dous para o prado. Ao ver que Miguel estaba inconsciente púxoo coas pernas cara arriba e presionoulle no abdome, o rapaz botaba auga pola boca e despois duns segundos empezou a toser e a vir en si. Cando viu que o rapaz estaba ben abrazou aos dous, doulles un bico e dixo: María, es una heroína, salvaches a teu irmán!. Miráronse, ríronse e ao mesmo tempo tiñan os ollos cheos de auga. E que saibades que María é miña nai e Miguel é seu irmán pequeno. Pablo Vázquez 5º B

37


38


O CASTELO DE SAN ANTÓN Durante a visita ao Castelo de San Antón ensináronnos moitas cousas. Na praza principal estaba o cárcere onde encerraban a quen lles intentara atacar. Logo entramos no interior do Castelo, a nosa monitora guíanos a sala onde gardaban os tesouros doutros lugares como os do Castro de Elviña, onde atoparon una diadema, un cinturón e un colar. Un pouquiño máis tarde explicannos que os dolmens eran unas rochas conxuntadas que cubrían o lugar onde os romanos enterraban, en grupo, as persoas mortas. Case ao final da visita ensináronnos a barca onde levaban as mercadorías. Cando alguén lles intentaba afundir a barca, entregábanlle algo das mercadorías e así lograban evitalo.

O CASTRO DE ELVIÑA Ao chegar ao Castro de Elviña presentáronnos a nosa monitora. Despois da presentación subimos unha gran costa, ao chegar a cima da costa explicánnos que un Castro era un asentamento protexido por murallas e que a parte máis antiga chámase Croa. A monitora dixo que estes asentamentos foron feitos ao redor de tres siglos antes de Cristo. A Croa tiña catro metros e medio de ancho e cinco metros de alto. Os castrexos ( habitantes dos castros ) eran agricultores, gandeiros, etc. Os científicos din que aínda non se sabe que fixeron cos seus mortos, din que o máis posible é que os incinerasen. As casas dos castrexos tiñan distintas formas. Os castrexos tiñan unha rúa principal como nós. A nosa monitora explicounos que os castrexos vivían na croa e cultivaban abaixo nos vales. Tamén vimos a pedra do ídolo Faidolo, chámase así porque alí encontraron unha pedra con forma de pene. Os científicos cren que os romanos as tiñan nas súas casas como símbolos de protección. Os castrexos eran ágrafos e dicir que non tiñan escritura. As xoias mais valiosas atopáronse na casa duns castrexos. Vímolas no Castelo de San Antón. Tania Amor Pardo 4ºA

39


ENTREVISTA AO PÁRROCO DE ABEGONDO - Cal é o seu nome completo? -

José Antonio Vázquez. Cal é a súa profesión? Cura. En que consiste a súa profesión? En servir aos demáis. Gústalle o que fai? Si, moito. Cantos anos leva traballando? 42. Porque quixo ser párroco? Porque me gustaba. Qué é o que máis lle gusta do seu oficio? Axudar. É o que menos? Os enterros. Lle gustaría traballar noutra cousa? Sí, médico. Ten alguna anécdota simpática que lle ocorrese? Ter que facer una partida de bautismo de un que naceu días despois. E outra non tan simpática? Cando te equivocas cun nome.

AGORA, RAPIDIÑO, RAPIDIÑO, RAPIDIÑO,… - Unha cor? Verde. - Unha comida? Tortilla. - Unha flor? Tulipán. - Un “hobbie”? Ler. - Unha película? ―Tiempos Modernos‖.

40


- Un animal? Can. - Un libro? ―El principito‖. - Un número? 2. - Un país? Galicia. - Unha canción? Las gaviotas, de Serrat. - Un deporte? Fútbol. - Un soño? Que todo o mundo sea bo. - Un medo? Facer dano.

- Un baile? A muiñeira. - Un nome de muller? Rosa. - Un lugar: Campo ou Cidade? Cidade. - Un instrumento? Gaita. - Un xoguete? Camión. - Día ou noite? Día. - Unha prenda? Traxe.

41


SUDOKU:

Completa os taboleiros de 81 casiñas (9 filas por nove columnas) subdivi-

didos en 9 cadrados enchendo as celdas baleiras cos números do 1 ao 9, de xeito que non se repita ningunha cifra en cada fila, nin en cada columna, nin en cada cadrado.

4

7

6

3 6

8

5

1

2 9

4

3

5

2

2

4

7

6

8 1

2

3

3

9

1

8

2

2

8

3

8

9

7

C

A

R

J

H

O

J

I

G

O

A

A

I

T

L

T

H

U

A

U

S

T

S

F

S

U

F

O

O

T

T

S

P

T

Y

O

O

R

Ñ

O

I

O

K

C

A

S

E

B

U

N

Ñ

H

D

L

D

Ñ

N

M T

O

E

C

L

L

G

V

A

E

R

B

I

N

N

L

A

B

K

V

J

P

R

O

M Z

A

C

L

O

G

F

O

Z

I

U

O

Ñ

N

N

I

6

6

1 9

2

1 7

7

Busca nesta sopa de letras oito nomes relacionados co magosto: Ourizo, castiñeiro, outono, zoncho, novembro, castaña, souto e caldo.

Sara, Noemí e Gloria 4ºB

1

2

9

6

5

3

1

1

R

9

7

9

8

5

8

4

4

2

5

6

5

9

7

9

7

5

7

4 8

1 3

6

5

7

Une os puntos consecutivamente e descubre a imaxe que está agachada.

Luisa Díaz, Lorena Naveira e Andrea García 5ºA

42


Busca nesta sopa de letras 10 nomes de flores

Victor, David, Silke e Ángel 4º B E I

F

C

F

M F

Q L

L

Q L

N P

K

H

A H B O N D A D

E

F

E

F

E

A A E

C

O

D G H M Ñ L

L

S

E

E E

Q

O K

B

L

R

N S R

R E S P

M L

D

L

A A A I

C

N

R

A C

S V T

R F

R

K

P

O I

A A E

T K S P

Q A N S I T Ñ R E S N C

I S

E T K A Y L

T U J A R

I

L

T S M T N

O B

L

O O O E

R F

A T T G

O I

O R

Q U I

D

S F

L

L

G P B

M A R

N R

G A R

V H O R C A R

T E

A V

E

I

D A N P

N J I L

N S

I

I

T J A

O K

T I

I

M J I

T I

P

A

P

I

O

O D E

Z

A

P

C

H

J I

R

J N A

D T Y D O K

B X T

O B O R D A F

R I

A C

N O U Q

O G E O M A M I

Z

A D E

I

M D L

R

V M C

H S M K

O Ñ

O L

C A M E

L

A O G S N Q

I

P

E C

Clara Rodríguez Hernández, Nerea Balado Amor e Cristina Díaz Bermúdez. 5º B

O I

O

D F

A G A

Busca 8 palabras relacionadas coa paz

43


Remata o curso… chega o verán e imos ter as nosas merecidas vacacións… E, despois delas, a desexada volta ao traballo para todos… Si… Un cursiño novo… por estrear!... Coas súas clases, os seus ―profes‖, as tarefas e os exames!... Que ―ilu‖! Pero, por desgracia moitos de nós non faremos iso na nosa benquerida escola de ―San Marcos‖, pois os camiños da vida levarannos a Vios, a descubrir outros Universos distintos, outros mundos aos que teremos que adaptarnos, pero que nunca poderán borrar do noso corazón e da nosa memoria o que fomos neste ―Paraíso de Sabedoría‖.

“B” O T SEX

SEXTO

“A”

Por iso, despedirémonos con dor, e incorporaremos a saudade ás nosas almas, e suspiraremos cando lembremos A NOSA ESCOLA.

44


Andaina 2010  

Revista escolar do curso 2009/10

Andaina 2010  

Revista escolar do curso 2009/10

Advertisement