Andaina 2012

Page 34

Encoro de Beche ( Folgoso)

Durante o presente curso e dentro do seu proxecto da Axenda 21 Escolar Galega, o centro adicou unha parte do seu programa a divulgar e concienciar ao alumnado da importancia que ten a auga. Enmarcado neste programa e auspiciado polo Concello de Abegondo dentro do proxecto Aqua-Plann (para máis información, pódese consultar esta páxina: http://www.aquaplann.eu/ , o alumnado realizou unha serie de saídas e visitas asesoradas por persoal técnico …

Así os alumnos de 1º, 2º, e 5º acudiron á parroquia de Figueroa onde pudieron observar o funcionamento dun muíño, ademáis de comprobar o uso da auga como forza motriz para mover as moas encargadas de transformar o grao en fariña. Os alumnos de 2º ciclo desprazáronse a Beche (Folgoso) onde está situado o encoro que surte de auga á rede distribuidora do Concello. Os cursos de 5º e 6º a través dun obradoiro no colexio e unha visita á estación depuradora de A Telva, observaron todo o proceso desde a captación das augas ata o seu consumo.

Muiño de Figueroa

E, por último, os máis pequenos tamén puideron participar nestas actividades divulgativas sobre a importancia da auga, visitando o encoro de Abegondo-Cecebre que ademáis de servir de reserva hídrica a área de A Coruña, serve de reserva natural a moitos animais e plantas.

Encoro de Abegondo-Cecebre

Javier Quintas

33


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.