REVISTA DON CUCO 2021

Page 1

Nº 29

CEIP PLURILÍNGÜE SAN BARTOLOMÉ TREMOEDO.VILANOVA DE AROUSA



Ola cuquiñas e cuquiños: Estamos nun ano moi especial cunha nova edición da revista “Don Cuco”. Dende hai centos de anos, millóns de peregrinos parten dende distintos puntos xeográficos para percorrer moitos quilómetros co obxectivo de chegar a Santiago de Compostela, empapándose das paisaxes, cultura, gastronomía, costumes…que nos ofrece esta viaxe persoal e espiritual. Este curso o proxecto do centro levou por título “Os camiños de Santiago”, dado que estamos en Ano Santo, e pretendemos fomentar no alumnado o coñecemento dos distintos Camiños así coma dos elementos característicos de cada un deles. O noso cole ten a sorte de estar ubicado na Variante Espiritual do Camino Portugués, o cal nos brindou a oportunidade durante o curso de percorrer esta variante tanto de forma virtual como vivencial, facendo distintos tramos da mesma onde puidemos observar a súa flora, fauna e patrimonio artístico e cultural, poñendo en valor a riqueza da nosa contorna. Desexámosvos que pasedes un moi bo verán, e animámosvos a que continuedes descubrindo novos roteiros. Agora nas vacacións é un bo momento para visitar Santiago de Compostela e disfrutar do Camiño. QUE TEÑADES TODAS E TODOS UN BO VERÁN!!!!!!


Este ano o noso cole púxose “moi guapo”. Por fin temos pintadas todas as fachadas do centro, cambiaron as fiestras en infantil e temos un patio moi chulo onde podemos disfrutar xogando nas casiñas novas ou poñendo a proba a nosa forza e equilibrio nos troncos de madeira e no rocódromo.

Despídense de nós @s profes: Helena, Ana e o profe Ramón. Desexámoslles moita sorte a tod@s e esperamos velos axiña!!

O noso cole segue avanzando na dixitalización adaptándose aos novos tempos. Este curso puxemos en marcha a Aula Virtual do centro!

Volvemos a contar este curso coa axuda da auxiliar de conversa Alicia Ortiz. Esperamos verte de novo o vindeiro curso!!

Estamos moi orgullosos do noso alumnado de 3º polo premio do “II Concurso de Podcasts Radio na Biblio” que lles outorgaron pola entrevista realizada a Antonio García Teijeiro o curso pasado. A nosa noraboa a tod@s!!!

Dámoslle a benvida ao centro como mestra definitiva á profe Luísa. Moitas felicidades!!

En Tremoedo estamos poñéndonos en forma! Durante o 3º trimestre do curso fixemos moitas andainas pola contorna e aproveitamos para coñecer diferentes tramos da Variante Espiritual do Camiño de Santiago.

Por mor da pandemia, este ano non puidemos realizar todas as actividades que quixeramos. Pero aínda así, puidemos contar coa visita de varios “Contacontos” e tivemos a sorte de poder visitar un barco vikingo.



XOGAR A PENSAR Este curso acompañounos a xoaniña “Juanita”, que nos axudou a desenvolver habilidades de pensamento creativo, actitudes éticas e valores para convivir a autocoñecerse. Utilizando para isto distintos recursos: pintura, música, poesía e diferentes tipos de xogos e actividades. Mirade que ben o pasamos con ela e os seus amigos a bolboreta Maripepa, o colibrí Carlos, o grilo Guillermo, o vagalume Luci, a araña Tania… Creamos o lago dos peixes vermellos:


Investigamos sobre o que necesitan as plantas para vivir e plantamos os xirasois dende os que Juanita veu nacer a bolboreta Maripepa.

Experimentamos coas flores que ama o colibrí Carlos. Un experimento que consistía en tinguir flores brancas con auga e colorante alimenticio.


A variante espiritual do Camiño Da man da nosa mascota “O monstro de cores” coñecemos A variante Espiritual do Camiño Portugués. Comezamos coñecendo as árbores do Camiño.

E despois centrámonos nun zona concreta coñecida como A ruta da Pedra e da auga.


E como non podía ser doutro xeito realizamos un pequeno tramo da Variante pola contorna do cole.

Finalmente, coa chegada da primavera celebramos a festa dos Maios facendo unha pequena homenaxe a eterna mascota do Xacobeo, o noso amigo Pelegrín.



Os nenos e nenas de 5 anos neste curso iniciamos a sección: “Como te sentes hoxe?” na asemblea diaria, en base ao traballo no 1º trimestre do libro: “O monstro de Cores” (traballando as emocións). Neste 3º trimestre, comezamos esta sección como se fósemos presentadores dun programa e o encargado do día tivo que “entrevistar” aos compañeiros acerca do seu estado de ánimo, usando un “micro” improvisado. Converteuse na tarefa do encargado que todos esperaban facer. Pasárono moi ben!


Coa chegada da Primavera apareceron no recinto do patio un montón de bichiños que chamaron a atención dos nenos e nenas. Algúns nos axudaron a ter a pel moi suave e outros a sorprendernos e facernos reflexionar sobre os seres vivos.

Tamén neste 3º trimestre, o recanto de Arte tivo moitas melloras que foron moi ben acollidas... E nos convertemos en artistas!


Parece que foi onte cando entraron no colexio, pero xa son os maiores e para o ano xa están en Primaria! Durante o camiño percorrido tivemos moitas aventuras pero no curso que ven comezades unha nova aventura!!

Botarémosvos de menos! Aínda que non estaredes moi lonxe e poderemos vernos a miúdo!



Pequen@s científic@s ! ESTE ANO, A PESAR DA situación coa que dimos comezo ao curso académico, foi moi especial…. E diredes, como é posible? Pois porque estades ante unha clase de superheroes e de superheroínas. Para estes rapaces e rapazas non hai límites que poidan con eles; adáptanse y voan por riba de tódolos obstáculos que aparecen no camiño. Deste xeito, puidemos aproveitar tódolos recursos, experimentando e aprendendo moitísimo no noso día a día, facendo

un montón de cousas chulísimas!

E como os seres vivos son a nosa pasión... Convertéronse en ARQUEÓLOG@S! e, na súa labor fixeron... 1. ANALIZaron ÓSOS DE DIFERENTES ESPECIES (MAMÍFEROS, PEIXES...). WooW!

2. OBSERVaron pedras e minerais. E por último… CREAron O seu PROPIO FÓSIL!


Entre outras cousas… TAMÉN PUIDERON OBSERVAR CON REALIDADE AUMENTADA O CORPO HUMANO DENDE DENTRO, DESCUBRINDO O FUNCIONAMENTO DE TÓDOLOS SISTEMAS: CIRCULATORIO, URINARIO, RESPIRATORIO, DIXESTIVO...

Estamos ante uns verdadeiros tecnólog@s!

E facer moitos EXPERIMENTOS! Lámpara de lava Mestura carbonatada

Ovo saltarín



Durante este curso o alumnado de 2º fixemos moitas actividades na aula, a pesar de ser un ano tan atípico. Traballamos os distintos Camiños de Santiago e percorremos de maneira virtual a Variante Espiritual do Camiño Portugués. Esta Variante consta de 3 etapas:  1ª Etapa: De “Pontevedra” a “A Armenteira” (23, 2 km).  2ª Etapa: De “A Armenteira” a “Vilanova de Arousa” (22,7 Km).  3ª Etapa: De “Vilanova de Arousa” a “Pontecesures” (27,7 Km). En Padrón enlazamos de novo co Camiño Portugués para chegar a Santiago de Compostela. Ao longo do Camiño visitamos de maneira virtual moitas vilas e cidades, onde puidemos coñecer os costumes, flora, fauna, gastronomía e o patrimonio artístico e cultural nas tres etapas.

1ª ETAPA 23,2 KM

23,2 2ª ETAPA 22,7 KM

23,2 3ª ETAPA 27,7 KM

23,2


Selamos as nosas credenciais en cada vila e cidade que iamos atopando no camiño e, como non podía ser de outra maneira, ao chegar ao noso destino déronnos “A Compostela”.


A XERMINACIÓN Investigamos

a

xerminación

das

lentellas,

fabas

e

garavanzos

e

seguimento do que acontecía durante 10 días.

Foi impresionante ver como medraban as sementes!!!

1º DIA

7º DIA

3º DIA

5º DIA

Rexistramos nunha táboa todos os datos da nosa observación. Foron 10 días de moita intriga!!!

fixemos

un


LIMPAMOS AS MALAS HERBAS

REGAMOS AS PLANTAS

Bo traballo nen@s!!

SEMENTAMOS LANDRAS E CASTAÑAS

SEMENTAMOS FLORES



Mmmmm… Que rico! Uns días antes do entroido estivemos traballando na aula as partes que debe ter una receita. Como práctica, elaboramos unha sobre os pratos típicos desta época do ano. Foron moitas as filloas, as orellas e as flores que se fixeron nas nosas casas e na clase puxemos en común o realizado. Había en moitas ocasións diferenzas nas cantidades, nos ingredientes e nos trucos de cada cociña pero, do que non hai dúbida, é de que desfrutamos cociñando en familia e de que saboreamos con moito gusto estes doces.


Visita a Vilanova O día 22 de marzo fomos a Vilanova de Arousa a visitar un drakkar vikingo. Xa alí ao lado da embarcación nos explicaron a orixe dos habitantes que viñan neles, a súa procedencia, costumes, vestiario e os motivos que os trouxeron ás nosas terras. Aprendemos un montón de cousas deste pobo.

Ademais, entendemos o por que da situación estratéxica de varios elementos do patrimonio da nosa contorna. Por exemplo, a torre de San Sadurniño en Cambados, Cálago en Vilanova, as Torres do Oeste de Catoira... As sinais e a comunicación entre estas edificacións servía de protección para anticiparse ás invasións.

Nas fotos daquel día, a pesar de levar máscaras, apréciase a ledicia por ser a primeira saída deste curso, logo de non poder facer tantas actividades como de costume como consecuencia da pandemia. Foi un día tan especial que ata nos entrevistou a tele.










ESTE 5º, FOI UN ANO PARA CONTAR MÁIS DUNHA HISTORIA...

Primeira festa deste atípico curso

Magosto: con xogos populares

San Martiño, trompos ao camiño!

O pano, a mariola.....pasámolo de medo!


2020-2021 ANO DE PANDEMIA, MÁSCARA E SEMENTEIRA!

Aí vén o maio

de frores cuberto

Puxéronse á porta

cantándome os nenos;

I os puchos furados

Pedíronme crocas

pra min estendendo

dos meus castiñeiros

“Aí vén o maio” (frag.) Manuel Curros Enríquez



XERACIÓN OO Despois de recibir formación ao longo de seis anos, os alumnos de 6º xa somos licenciados en seguridade vial. Os talleres foron dirixidos polo noso policía local favorito “Maqui”,ao que lle agradecemos a súa labor educativa ao longo destes anos. Cero víctimas, cero accidentes. Este foi o lema e o firme propósito que se esconde detrás do proxecto Xeración 00. Traballamos sobre todo aquello que regula o tráfico e as normas a seguir en todo momento.

PARABÉNS A TODOS E O NOSO AGRADECEMENTO AO EQUIPO DE MAQUI


EXPERIMENTOS NA AULA Durante o terceiro trimestre estivemos a realizar algúns experimentos de Ciencias Naturais na aula. A continuación podedes ver unha proposta para levalos a cabo seguindo estes pasos: 1. Miramos de que vai o experimento. Preparámolo previamente para que sen saber exactamente o que vai pasar, poidamos despois pensar as hipóteses. 2. Escribimos as HIPÓTESES, é dicir, aquilo que cremos que vai ocorrer. 3. Facemos o experimento 4. Comprobamos que é o que ocorre 5. Suliñamos a hipótese correcta, ou se ningunha o é, redactamos que foi o que pasou. 6. Por último rexistramos o texto do experimento. Materiais, (aqueles utensilios empregados para levalo a cabo), reactivos (as sustancias coas que traballamos no experimento) e procedemento (os pasos que seguimos para levar a cabo o experimento de xeito ordenado).



QUILÓMETROS DE SAÚDE Despois dun ano privados de actividades deportivas e extraescolares polas restricións derivadas da pandemia, durante o terceiro trimestre, comezamos cunha actividade que consistiu en realizar andainas pola variante espiritual do Camiño de Santiago. O obxectivo desta proposta foi o de adquirir hábitos de vida saudables e mellorar a capacidade física para facer fronte a “outra pandemia” da sociedade actual: a obesidade e o sedentarismo. Estas andainas servíronnos ademais para coñecer o patrimonio cultural e natural da contorna ao tempo que traballamos o Camiño de Santiago. As primeiras saídas fixéronse algo duras porque moito de nós non estabamos moi habituados a facer longos percorridos, pero pouco a pouco fóronse convertendo en paseos agradables que nos serviron para adquirir conciencia medioambiental a través da recollida de lixo na contorna do río Umia ao tempo que observabamos a flora e a fauna do río Umia, coñecer lugares como a granxa de vacas Luis de Pas ou descubrir camiños e sendeiros descoñecidos que estaban a tan só uns poucos metros das nosas casas. Unha morea de experiencias que agardamos repetir e agrandar o vindeiro curso. Recordade que podedes acceder ás fotos e os vídeos de cada un dos temas que tratamos nesta sección escaneando os códigos QR que aparecen nas marxes inferiores. Agardamos que vos gusten!


O GOLF NA ESCOLA A través do programa XOGADE o noso centro participou este curso na actividade de golf escolar. O desenvolvemento de capacidades como a concentración, a coordinación, o control do corpo ou a puntería, así como valores como o respecto polo medio natural, polo rival e o xogo limpo son algúns dos beneficios que promove esta disciplina. En definitiva, practicamos un deporte integrador e accesible para tódolos públicos e para tódalas idades. O colofón ás actividades que se desenvolveron dende a área de Educación Física, foi a práctica deste deporte no Campo de Golf de Meis por parte dos escolares de 3º a 6º de primaria. Nas instalacións situadas en Armenteira, os nosos rapaces e rapazas demostraron o alto nivel na execución dos seus golpes, o cal sorprendeu ata os propios monitores do campo. Velaquí tedes unhas imaxes para que vexades ao noso alumnado en acción.

PATIOS VIVOS Cada curso os rapaces e rapazas da escola somos máis activos. Culpa disto é que temos a sorte de ter un patio enorme con multitude de alternativas de xogo. pista de fútbol e balonmán (patio 4), cancha de baloncesto (patio 2), zona de brilé (patio 1) e este curso incoroporamos como novidade varias modalidades deportivas. Unha foi o botebol, un deporte moi similar ao voleibol pero que ten unhas regras máis sinxelas que facilitan a practica de tódolos nenos e nenas da etapa primaria. Outra foi o parkour, que tamén se denomina a arte do desprazamento porque consiste en sortear e superar obstáculos con fluidez mantendo o equilibrio. E por última e quizais a máis chamativa para moitos nenos e nenas do colexio, a escalada, que puidemos practicar no rocódromo que os mestres e mestras colocaron na fachada posterior do edificio de educación infantil.


Entrevista ao profe Víctor Campión galego sub-23 e subcampión de España junior de BTT na modalidade de descenso.

Como se che daban os estudos na escola? 

Non era mal estudante, non era de sacar todo sobresaíntes pero non se me daban mal. Gustábame moito ir á escola.

Recordas quen che mercou a túa primeira bicicleta? 

Por suposto, foron os Reis Magos. Tería eu uns 7 ou 8 anos e fíxome moita ilusión. Quedei moi contento con ela.

Apoiou a túa familia o inicio da túa carreira deportiva? 

Foi un pouco complicado. Meus pais levábanme con toda a súa ilusión a xogar ao fútbol pero eu fun perdendo interese nese deporte porque o ambiente non me acababa de gustar. Coñecín o ciclismo, que tiña un ambiente menos competitivo, máis san e funme enganchando.

Como descubriches que querías dedicarte ao ciclismo de montaña? 

Pois un pouco polo ambiente e tamén porque me divertía moitísimo cos meus amigos. Co tempo gustoume máis e xa foi cando quixen centrarme neste deporte para mellorar.

Que estudos estás a facer actualmente? Como os compaxinas cos adestramentos? 

O curso pasado rematei a titulación de Técnico Superior en Actividades Deportivas e actualmente estou traballando como técnico deportivo no Concello de Vilanova e facendo un curso de Socorrismo. En canto ao de compaxinar deporte e traballo/estudos...pois moi sinxelo, cando che gusta algo intentas sacar tempo para todo.

Cantas horas dedicas a adestrar habitualmente? 

Como dicía, depende un pouco de como o compaxine co traballo e as miñas obrigas, pero adoito adestrar arredor de 2 ou 3 horas por sesión enriba da bicicleta uns 4 ou 5 días á semana.


Cantos anos tiñas cando gañaches o teu primeiro campionato? 

Pois foi en 2016. Tiña 16 anos e logrei a miña primeira vitoria nun Open Galego de categoría cadete na Coruña. Foi moi gratificante gañar esa carreira pero sen dúbida o fito máis importante para min foi participar en campionatos nacionais, europeos e copas do mundo como na que participei en Leogang (Austria), Val di Sole (Italia) e Vallnord (Andorra).

Que dificultades atopaches ao longo da túa carreira deportiva? E nos estudos? 

A nivel deportivo o máis complicado son as lesións. Recordo unha caída na que estaba presente a miña familia e non foi nada agradable, nin para min nin para eles. O bo de todo iso, por buscarlle o lado positivo, é que cando te recuperas volves máis forte porque o tempo que pasas sen subir na bici fai que regreses aos adestramentos con máis gañas. En canto a dificultades nos estudos, non recordo ter problemas. Quizais o cambio da primaria á secundaria pero leveina bastante ben a verdade.

Que outras afeccións deportivas tes? 

Pois teño moitas. Considérome un deportista ao que sempre lle gustaron moitos deportes. Actualmente, ademais da bici, practico outras disciplinas coma o pádel, a patinaxe e tamén me gusta correr e nadar.

Que proxectos tes a curto prazo? A que te queres dedicar no futuro? 

O proxecto máis a curto prazo que teño é rematar o curso de socorrismo que estou realizando durante as fins de semana. Logo iniciar o Grado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte en Coruña para poder exercer como profesor de Educación Física. Por suposto, seguir montando en bicicleta.

Para rematar. Algún consello para seguir os teus pasos? 

Que se hai algunha actividade ou disciplina que vos guste, vos esforcedes por seguir practicándoa, buscando tempo para ela. Ademais creo que combinar a practica dun deporte coas tarefas académicas e escolares é fundamental para ter maior éxito nestes últimos.

Entrevista realizada en Radio Chans por Celia, Miguel e Valery da clase de 6º.



EXPRESAMOS: cantamos, tocamos e bailamos Na aula de Educación Musical temos múltiples formas de expresarnos: empregamos a nosa voz, a percusión corporal, encántanos tocar os instrumentos, facer música con obxectos ou expresarnos a través do movemento do corpo a través do baile e da danza. Este ano, botamos un pouco de menos tocar a frauta e facer coreografías. Non o vemos este ano nas fotos xa que, por mor das medidas sanitarias de prevención da covid, a distancia de seguridade e a máscara impediron a realización desas actividades.

FESTIVAL VIRTUAL PANXOLIÑAS 2021

EDUCACIÓN INFANTIL: “Cascabel, cascabel”

1º CICLO ED. PRIMARIA: “Decoremos os fogares”


2º CICLO ED. PRIMARIA: Baile “O apalpador”

3º CICLO ED. PRIMARIA: “Popurrí de panxoliñas”

A continuación, temos unha escolma de fotos doutras interpretacións feitas no contexto das clases.


CONSTRUIMOS Os cativos e cativas de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria estivemos explorando con diferentes obxectos e materiais de refugallo, apreciando os diferentes sons que producen ata construír os nosos propios instrumentos musicais. Ollade que bonitiños quedaron!


GRAVACION EN 3, 2, 1... O alumnado de 5º de educación primaria estivemos sonorizando un conto clásico moi coñecido por todos: “O frautista de Hamelín”. Foi un proceso longo pero moi ameno. Primeiro, fixemos as gravacións coa tablet logo de practicar a entoación do texto. A continuación, aprendemos a manexar un programa informático de edición de audio no que cortamos, unimos os nosos fragmentos e tivemos que engadirlle algún que outro efecto. Finalmente, fixemos unha escolma dos sons que lle poderían acaer ben ás diferentes partes do conto para sonorizalo e crear unha atmosfera que poda facer que o oínte quede atrapado pola historia.

COMPOSICION O alumnado de 6º de Educación Primaria compuxemos as coplas dos maios que interpretamos no día propio a todo o cole. Partindo dunha melodía, elaboramos tantas estrofas como nenos e nenas hai no noso grupo. Para encaixar ben a letra coa música tivemos moi presentes aspectos que coñecemos de lingua como a acentuación, os tipos de rimas, de estrofas, a formación de sinalefas... As letras, aínda que de carácter festivo, non foron alleas ao ano e á celebración que nos toca vivir como consecuencia da covid tan diferente a outras ás que estamos acostumados.



EASTER EGG HUNT TEAM A+B (TEACHER INSTRUCTIONS): Welcome to this EASTER EGG HUNT in the school! To get your final prize, you have to guess the place.

The first clue is in a box. You have to go downstairs and ask Sonia.

Every time I visit this place you can live different lifes, in other lands with other people , different times… Adventure, humour, fantasy, mistery, science, dinosaurs, …

To open this box with the next instructions I need a key. LEADERS GO AND FIND IT! Count the steps 1,2,3,4,5,6,7,8…9! Look

- I love playing football and running Where is the goalkeeper? GO!

GOOD LUCK AND ENJOY THE HUNT!

around.


SAN BARTOLOMÉ YOGUIS

Os nenos e nenas de infantil rematan as sesión de psicomotricidade, relaxándose con exercicios de ioga en inglés, axudados por Alicia, a nosa auxiliar de conversa.

SHARK POSE

TREE POSE

TURTLE POSE






ANXO FARIÑA Este ano recibimos a maravillosa visita do escritor e ilustrador Anxo Fariña gracias á colaboración coa Biblioteca de Cambados. Durante a súa charla contounos cousas moi interesantes sobre os seus libros, os seus debuxos e fixémoslle un sinfín de preguntas. Trouxo toda a maxia dos debuxos no seu rotulador e mostrounos como podiamos transformar a realidade gracias ao poder da imaxinación. Despediuse de nós ensinándonos moitos trucos xeniales para debuxar…! Gustounos moitísimo.


O MICRO NON MORDE No segundo trimestre os nenos e nenas de 3º de primaria asistiron a un obradoiro de Radio na biblio a cargo de Luis Pardo titulado "O micro non morde". Luis Pardo é xornalista e traballa na radio ( SER) e contoulles como se traballa na radio . Primeiro explicoulles os 4 puntos fundamentais para traballar nunha radio: a voz, o sons, a música e o silencio. Despois traballaron nestes catro elementos: a voz con diferentes intensidades e en distintas situacións (evento deportivo, musical, entrevista, noticias do cole, novas musicais...). Escoitamos unha gravación no que os sons e os silencios forman parte importantísima para expresar medo, angustia, soidade... Os nenos e nenas aprenderon moito con este gran profesional.



SAMAÍN


SAMAÍN

MAGOSTO


MAGOSTO


NADAL


CALENDARIO 2021


ENTROIDO


ENTROIDO


VISITA AO DRAKKAR EN VILANOVA


GUÍA VARIANTE ESPIRITUAL


DÍA DO LIBRO

OS MAIOS


OS MAIOS


VOZ NATURA


ANDAINAS VARIANTE ESPIRITUAL

LETRAS GALEGAS


CONTA CONTOS


EDUCACIÓN VIAL


Boas vacacións a todos/as! Botaremos o cole de menos!