DON CUCO 2022

Page 1

DON CUCO 2022 Nº30

CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ TREMOEDO VILANOVA DE AROUSA



EDITORIAL Ola cuquiños e cuquiñas: Estamos un ano máis cunha nova edición da revista “Don Cuco” para agasallarvos coa publicación anual e así lembrar este curso escolar 2021-2022. Polo curso 1991-92 algunhas profes (a profe Mari Carmen e a profe Otilia), lembramos unha enorme pancarta pendurada dunha das fiestras do cole na que se podía ver un niño. Tempo máis tarde, apareceu outra pancarta na que se lía “O Cuco vai chegar”. Isto espertou a curiosidade de toda a comunidade educativa porque…que significaba aquela pancarta?.... Isto foi a chegada de Don Cuco, que acollemos con tanto agarimo e calor e que nunca máis se foi do noso centro. Nestes 30 anos pasaron moitísimas cousas, unhas moi boas e outras non tanto: de máquinas de escribir a ordenadores, de grandes enciclopedias en papel a Google, de papel de calco a fotocopiadoras e impresoras, de branco e negro a cor, etc etc… Tivemos grandes celebracións, entre outras, o 50 aniversario do cole no que se reuniron antigos alumnos e profes, pero tamén ocorreron catástrofes coma o afundimento do Prestige fronte ás costas galegas no 2002. Pero Don Cuco non se foi, estivo ese curso, agasallándonos cunha edición moi especial “Cuco letras de chapapote”, facéndose eco do que estaba acontecendo na nosa costa. No 2020, como todos sabedes, confináronnos polo covid (nin os vellos do lugar recordaban algo parecido), e Don Cuco estivo presente grazas a todo o teletraballo do alumnado e do profesorado. No 2021, ano de pandemia, con grupos burbullas, máscaras, distanciamento social, sen celebracións en grupo, sen saídas… Don Cuco non nos abandonou, aí estivo acompañándonos coma todos os anos anteriores, nos bos, e nos non tan bos momentos. Esperemos que siga connosco cada curso polo menos outros 30 anos máis! Parabéns polo 30 aniversario!!!


BREVES ESTE ANO ESTA REVISTA ESCOLAR CELEBRA O SEU 30 ANIVERSARIO!!! Don Cuco comezaba a súa andaina o ano 1992 e dende entón recolleu as aventuras de tantas xeracións. Cantos recordos!!!

Despídense de nós as profes: Comezamos o curso coa visita do

Loli, Helena, Ana, Chus, Sonia,

Conselleiro

Adrián e Alicia. Desexámosvos

Xunta

de

de

Educación

Galicia,

da

Román

Rodríguez.

moita sorte e

esperamos vervos

axiña!!!

Dámoslle a benvida ao centro como mestra definitiva á profe Radiochans recuperou a súa voz despois de que o curso pasado

Raquel.

Esperamos

que

te

sintas a gusto no cole!!!

tivera que pechar as súas portas por mor da COVID. Tamén despedimos á auxiliar de conversa Alicia Ortiz. Moita sorte!!!


INFANTIL 3 ANOS


Este ano comezamos no “cole dos maiores”

con

moitas

ganas

de

aprender, facer novos/as amigos/as, xogar, experimentar, amasar,...

Tamén nos gusta moito observar que ocorre na nosa contorna, polo que, coas nosas lupas, vixiamos todo no patio: flores, bechos, follas, árbores, ...


E por suposto ... ENCÁNTANOS XOGAR:

Ao longo do curso fixemos moitas investigacións sobre aspectos da nosa contorna: animais da granxa, o leite, os esquimós, o nacemento dunha bolboreta,... pero como NOS ENCANTA EXPERIMENTAR, estámolo a pasar moi ben co proxecto sobre a auga.


E por suposto, tamén traballamos: para que serve a auga?, por que chove?, que pasa coa auga cando acaba de chover?, ... dando resposta as inquedanzas das nenas e nenos, e introducíndoos no consumo responsable.


INFANTIL 4-5 ANOS


OS VOLCANS Comezamos o curso investigando sobre un tema de actualidade como foi a erupción do volcán da Palma e para concluír a nosa pequena investigación fixemos unha maqueta dun volcán do que cun pequeno experimento conseguimos que saíse lava.


O LEITE En Educación Infantil estivemos traballando no Proxecto Documental Integrado “A saúde”, proposto pola biblioteca do centro. O obxectivo que perseguimos con este proxecto era progresar na adquisición de hábitos e actitudes relacionados co fortalecemento da saúde. Deste xeito, centramos o noso traballo no leite e nos beneficios que ten para nós. Con toda a información obtida elaboramos un dossier e un vídeo no que explicamos o ciclo do leite, produtos derivados do leite, receitas de cociña que teñen como base o leite… Ademais, tamén fixemos unha pequena campaña publicitaria a favor do seu consumo. Este foi o produto final que elaboramos para que os compañeiros/as o poidan ver na biblioteca accedendo a un vídeo mediante un código QR.


PASAMOS A PRIMEIRO

Rematamos infantil, unha etapa escolar marcada pola pandemia que influíu tanto a nosa rutina escolar, pero a pesar das dificultades conseguimos investigar, experimentar e, como non, divertirnos grazas as vosas ocorrencias. Botarémosvos en falta!


PRIMEIRO


O azucre na alimentación O alumnado de 1º traballamos durante todo este curso o Proxecto: “O azucre na alimentación”. Investigamos moitas cousas sobre o azucre como: Que é o azucre libre? Que cantidade de azucre se debe consumir ao día? e Porque é perxudicial consumir demasiado azucre? Agrupamos os alimentos en 7 grupos: BEBIDAS, REFRESCOS E ZUMES SALSAS E INFUSIÓNS

BOLLERÍA E DOCES

GALLETAS E CEREAIS

CHOCOLATES E CACAOS

OUTROS PRODUCTOS

LEITE E IOGURES

Logo seleccionamos varios alimentos de cada grupo e realizamos una unidade didáctica calculando a cantidade de azucre en gramos que tiñan eses alimentos.


Con toda esta información fixemos uns murais

para facer una

exposición de todo o traballado. Mirade que ben nos quedaron!

MOITO TRABALLAMOS! FIXE MOS TRABALLO ARREO ARREO


ORGULLOSOS DO NOSO TRABALLO

Outras actividades realizadas RADIO ESCOLAR FALAMOS DE TERESA PORTELA

O AZUCRE NA ALIMENTACIÓN

AS NOSAS MASCOTAS

DIA DA MULLER

LETRAS GALEGAS

LETRAS GALEGAS

Escanea para escoitar como recitamos o poema.


SEGUNDO


O e 2ºE.P. fixo ano, a clase d la a tod@s!

Este tividades… c a e d a e r o m unha rrido por o c r e p n u s o Facem s? algunha dela

Entre outras moitas causas, recibimos a visita “express” dos Bolechas.

Unha vez máis, visitamos o Pazo Vista Real para facer un taller de almorzos saudables! Umm!

, nta l, o c os ne n o r c a e n d dal, rseis… e s a E, o N de xe a a u o go tod ! che ncurs luz ade á d i o co ndo tiv a sac a crea nos


Durante todo este percorrido, aprendemos moitas cousas novas: cooperando, experimentando e desfrutando!

es os a on rbor cad o m rá as á ndo com t en o d liza s e, oso d A nd na rte o n u ,a a sn p m . s a no ona súas do imo n t óc das izá róx t au ha ocal no p un n, l tor en no

Despois de moito tempo…Por fin puidemos ver unha obra de teatro nun auditorio! E aínda por riba protagonizada pola Toupiña!


E nun abrir e pechar de ollos, chegou o verán… Pero non só iso, senón que xa pasaron dous anos dende que comezamos esta gran etapa! Dous anos cheos de crecemento, experiencias, alegría, amor, música, xogos e moito aprendizaxe!

Así comezamos…

E así REMATAMOS!


TERCEIRO


A SAÚDE Este curso 2021-22 o PDI do centro leva por título “A saúde”. A OMS define a saúde como “o estado completo de benestar físico, mental e social dunha persoa e non só a ausencia de enfermidade”. A OMS considera, que o goce do grao máximo de saúde que se poida lograr, é un dos dereitos fundamentais de todo o ser humano.

HÁBITOS SAUDABLES Para ter boa saúde debemos seguir unhas normas que nos axudan a sentirnos mellor a e previr enfermidades. Se as seguimos ben, enfermaremos menos veces. O alumnado de 3º traballamos 10 hábitos saudables, que recollemos nun mural ,para que a comunidade educativa os teña presentes e os poña en práctica cada día.


RECEITAS SAUDABLES Dentro dos hábitos saudables, afondamos máis na importancia dunha dieta equilibrada, traballando menús e receitas saudables.

Tendo en conta que unha dieta variada é a que contén unha cantidade adecuada de proteínas, hidratos de carbono, graxas, vitaminas, minerais e auga, fixemos unha recompilación de receitas que recollemos no libro titulado “Receitas saudables”.

Este libro pódese consultar en formato papel na biblioteca do centro, e visualizar en formato dixital http://abibliotecademouchan.blogspot.com


SAÚDE EMOCIONAL A saúde emocional é a capacidade de controlar e xestionar as nosas emocións, sentimentos e comportamentos. Trátase do estado de ánimo da persoa, moi importante nun momento de pandemia coma o que estamos a vivir. Para mellorar a saúde emocional, gravamos podcasts en Radio Chans e vídeos, recitando poemas de Florencio M Delgado Gurriarán, escritor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas. Ademais, promovemos a imaxinación artística, ilustrando os seus poemas.

Podemos escoitar as gravacións e ver os vídeos en: http:// ivoox.com http://cousasdaschans.blogspot.com


CUARTO



A SAÚDE En 4º de Educación Primaria estivemos investigando sobre os efectos que teñen na nosa saúde o emprego das pantallas e dispositivos electrónicos como poden ser o teléfono móbil, a tablet, a televisión, as videoconsolas... En primeiro lugar, pensamos na nosa rutina e cada cativo anotou todo o que realiza ao longo do día durante unha semana normal da súa vida. Despois, sacamos conclusións sobre os nosos hábitos e a importancia do descanso, a alimentación, as actividades que realizamos no noso tempo de lecer, axudar na casa, pensamos alternativas ao emprego de pantallas... En segundo lugar, buscamos información sobre os efectos das pantallas na nosa saúde. Traballamos en gran grupo e en pequenos grupos clasificando efectos en varias categorías: "o noso corpo", "saúde mental", "capacidades e escola" e "vida diaria". Paralelamente, tentamos realizar un “challenge” na casa durante unha semana co reto de evitar pantallas polo menos durante as comidas en familia. Non sempre foi doado polas rutinas, hábitos e gustos dos membros das familia. Non é doado, pero algún cativo apreciou diferenzas cando non había pantallas.


En terceiro lugar, con todo o investigado e as nosas conclusións elaboramos o produto final. Este consistiu no deseño de tres programas de radio, un por cada grupo de traballo. Deseñamos casos cunha problemática diferente, identificamos que posibles efectos poderían ter na saúde e, grazas á intervención dos "nosos expertos" aportamos consellos saudables. O nome que escollemos para o noso programa de radio é "Saúda á saúde". Os nosos programas están na plataforma ivoox e no blog da nosa biblioteca.


QUINTO


LABORATORIO DE AULA Ao longo do terceiro trimestre fixemos algúns experimentos na clase de Ciencias Naturais. Con isto tratamos de entender de xeito máis claro conceptos como os de densidade, tensión superficial ou reaccións químicas.

Aquí vos deixamos algunhas fotos .

Aprender deste xeito é moito máis divertido.


Aquí vos deixamos as instruccións para facelo vós na casa. Collede unha botella de plástico pequena con vinagre pola metade. Tamén precisades un globo que encheredes de bicarbonato coa axuda dun funil. A continuación colocamos o globo no bico da botella sen que o bicarbonato caia dentro. Cando estedes listos baleirade o bicarbonato dentro e observade o que pasa.


ENTROIDO TRADICIONAL Durante as clases de plástica fixemos máscaras de peliqueiros .

A que nos quedaron moi ben?

E que me dicides do collage de Ylenia? Sempre cos seus gatos ás voltas.


SEGURIDADE NAS REDES No segundo trimestre asistimos a unha charla sobre seguridade nas redes, onde nos explicaron como navegar por internet de xeito seguro e útil. A Internet é divertida e axúdanos moito na busca de información para realizar os teus traballos. Con ela podemos coñecer e comunicarnos cunha chea de persoas ou divertirnos xogando. É un mundo que nos ofrece moitas posibilidades pero que tamén agocha algúns perigos.

Especialistas do Colexio de Enxeñeiros informáticos faláronnos de temas moi interesantes como o ciberacoso e outros riscos derivados do mal uso das redes sociais. Facilitáronnos unha serie de recomendacións que seguro nos van ser de gran utilidade.


PASAPALABRA Este curso fixemos un pasapalabra relacionado coa saúde que foi o tema do noso proxecto este curso.

Fixemos dúas versións. A primeira en papel cun mural xigante que está situado ao lado da radio escolar. A outra é unha versión dixital que ten un acceso desde o blog da biblioteca.


SEXTO


UN FINAL DE Conto Ao fin chegamos a 6º con moitos sentimentos encontrados...coas emocións adolescentes e experiencias vividas e compartidas: levamos unha mochila ben ateigada de boas lembranzas!

Os apadriñamentos lectores foi unha das actividades que vivimos con máis ilusión...

E non estamos seguros de quen desfrutou ou aprendeu máis... se 4º de EI ou 6º de EP!


Pero non só contar é cousa que nos guste aos de 6º, cantar tampouco se nos da nada mal...AÍ VÉN O MAIO, CHEÍÑO DE FRORES, AIRIÑOS DE FESTA, CANTOS E CORES!

FOI UN GUSTO ENORME RECUPERAR A FERMOSA TRADICIÓN DA ELABORACIÓN DOS MAIOS, TRAS DOUS ANOS DE AUSENCIA!

Xenerosa base de fiúncho fresco recuberto con colares de pampullos, laranxas e limóns, rosas e margaridas ledas; e con calas brancas e cocos marróns, rematamos a decoración!


Competir cos contrincantes do CEIP de Corbillón foi algo que nos motivou moito e que nos levou a Nantes, Sanxenxo, para medir forzas en tres xogos tradicionais!

Os bolos celtas, a billarda e a chave. Hai que observar moito, calcular a ollo, apuntar ben, lanzar e...PUNTO!

XOGAR É A MELLOR MANEIRA DE FACER DEPORTE E VIDA SAUDABLE!


Educacion fisica


Dende a área de Educación Física aprendemos e xogamos dende todas as idades. A continuación amosamos exemplos de cada grupo dos xogos e tarefas realizadas. 4º, 5º e 6º de Educación Infantil. Os/as mais pequenos/as comezan a súa andaina educativa levando a cabo xogos para mellorar a súa motricidade. A súa tarefa preferida, as pelotas de cores. Realizamos moitos circuítos para traballar a coordinación e tarefas para mellorar o noso movemento e relaxación.

1º e 2º de Educación Primaria. En 1º e 2º de Educación Primaria levamos a cabo diferentes actividades ao longo do curso para traballar capacidades perceptivas coma a coordinación ou o equilibrio xunto con outros xogos con balóns para executar lanzamentos e recepcións. Nas seguintes imaxes pódense ollar tarefas de traballo da percepción espacial.


3º e 4º de Educación Primaria. Nos cursos de 3º e 4º, centrámonos no desenvolvemento das Habilidades Motrices Básicas (desprazamentos, saltos, xiros, lanzamentos e recepcións) realizando xogos tarefas e xogos predeportivos. As modalidades deportivas que mais gustaron foron o desenvolvemento da iniciación ao parkour en 3º e o rugby tag (xogo predeportivo) en 4º.

5º e 6º de Educación Primaria. Os/as mais maiores comezaron o curso escolar realizando xogos populares e tradicionais da cultura galega. Traballamos o desenvolvemento global das Capacidades Físicas Básicas mediante a iniciación deportiva, achegándonos a deportes convencionais e alternativos coma o voley, balonkorf, bádminton, tenis ou actividades en patíns.


Para mellorar a súa saúde e calidade de vida, os nenos/as dos diferentes cursos tamén realizaron andainas pola contorna natural e participaron en actividades deportivas en instalacións externas ao Centro: campo a través, atletismo, xogos tradicionais ou golf entre outras.


musica


FESTIVAL DE PANXOLIÑAS CURSO 2021-2022 Este ano, debido ás medidas sanitarias aplicadas para frear a expansión da covid, tampouco foi posible celebrar o festival co calor do público das nosas familias. Aínda así, o alumnado preparouno con moita ilusión e con moitísimo esforzo.

Educación Infantil: “Las vocales al portal”

1º e 2º Ed. Primaria: “Os tres reis magos”

3º e 4º Ed. Primaria: “No nadal”

5º e 6º Ed. Primaria: “Marcha Radetzky” J. Strauss


NAS CLASES... ... cantamos, tocamos instrumentos, bailamos, aprendemos a linguaxe musical... Este ano cara final de curso puidemos recuperar a interpretación coa flauta sempre tendo en conta as medidas de seguridade. Por iso, como vistes na foto da nosa portada, cando hai bo tempo damos clase no patio.


OS MAIOS Como cada ano, celebramos a festividade dos maios tan fermosa polo tempo, pola estación e polo colorido das flores. Este curso retomamos con normalidade a celebración conxunta por parte de todo o cole. Desde a aula de música, o alumnado de 6º de educación primaria creou e interpretou as coplas. Pola súa banda, desde 5º preparamos unha animada danza.


Lingua extranxeira: ingles


ESTREAMOS CLASE! Sabemos da importancia dun entorno agradable para favorecer

a

comunicación e a aprendizaxe, polo que ese é o obxectivo de cara aos vindeiros cursos: ir mellorando os distintos espazos e aulas para conseguir un colexio máis acolledor. Despois de arranxar a biblioteca, sala de usos múltiples, radio escolar e aulas de Educación Infantil, este ano tocou a clase de inglés, pola que pasan todos os nenos e nenas de primaria cada día.

Atopa as diferencias:


Write the names of ten vegetables:



Lingua extranxeira: frances


ANNÉE SCOLAIRE 21-22 Na meirande parte dos países europeos o día dos inocentes é o « 1er avril » e, quen pica, en « poisson d´avril » se converte!

Que sorte! Este é o único xeito de celebrar o día dos inocentes no colexio!

«Les réserves des poissons d´avril » en 4º-5º e 6º


Voilà,

outra maneira de felicitar o ano, co rexurdir da primavera « Un brin de

muguet pour la bonheur pendant toute l´année!”.

O muguet, muguete, ou tamén chamado lirio dos vales (Convallarla majalis) é unha planta perenne de flor branca, olorosa e pequena en forma de campá.

Simboliza a boa sorte e a felicidade dende a Idade Media que chegou a Europa procedente de Xapón...Pasando por Francia...Ata chegar ao CEIP San Bartolomé!


«

Joyeux mois de mai.Bonne chance!»

A orixe desta tradición lévanos ao Renacemento, no 1560 cando o rei francés Carlos IX e súa nai Caterina de Médicis visitan a rexión de «La Drome ».

Alí, o cabaleiro Louis de Girard agasállaos con esta flor do seu xardín, tomando así o costume Carlos IX de ofrecela ás donas da corte ao florecer en primavera.


relixion


ENSINANZA ENTRE IGUAIS Os alumn@s de 6º estivemos por un día no papel de profes! Ainda que nos fixo moita ilusión a idea, cando nos adentramos na nosa tarefa, a cousa parecíanos xa bastante máis complicado do que pensábamos. Pero finalmente saíu con moitas voltas, pero conseguímolo, Ímos contar como saíu.

Levábamos todo trimestre investigando sobre a catedral de Santiago de Compostela, así que, chegara o momento de poñer en práctica todo o aprendido. Non nos parecía difícil, pero claro!, o que nós non contábamos era que llo había que explicar os menos de 1º e 2º.

“O noso gozo nun pozo”, como se sole dicir, había que explicar as cousas moi claras e sinxelas. Puxémonos a facer o material para exponer o noso traballo, pensábamos que nunha clase listo, pois non! cinco clases!! Con iso démonos conta que os nosos mestres traballan moito cando nós non estamos!!


Os nosos “alumnos” non sabían nada do tema do que lle íbamos a falar, así que, primeiro tivemos que motivalos é para iso, usamos a tecnoloxía, isto fixo que estiveran atentos. Apoiamos tamén a nosa exposición con láminas para que puidesen tocar o que lle estábamos mostrando na pantalla.

Despois de ter a súa atención e o materiais necesarios, a cousa xa foi máis doado. Empezamos a falarlle: donde se situaba a catedral, porqué estaba nese lugar, quen a mandou construir, qué forma ten, cantas campás agocha, cales son as súas portas de entrada, que podían atopar alí,e finalmente quen foi “Mestre Mateo”…

Foi o Pórtico da Gloria o que máis chamou a súa atención, pois fixeron comentarios como: -“Cantas estatuas ten!” -“Cantas persoas traballaron ahí? - “Están todos moi xuntos “. En canto lle dixemos que os instrumentos do pórtico están no museo das peregrinacións (en copia) e que habían feito un concerto con eles, comentaron : -“Cando vaia a catedral con mamá e papá voulle decir que me leven a velos!


Rematada a nosa explicación acercámonos e mostrámoslle as fotos que usáramos e puderon velas máis de cerca.

Na fase de preguntas puidemos comprobar que lles había gustado. Preguntaron cousas moi interesantes que lle chamaran a atención e os que xa estiveron na catedral contáronnos algunha que outra aventura.

Foron uns alumnos xeniais! déronnos un gran aplauso, pero o aplauso tamén llo demos nós a eles porque estiveron en todo momento atentísimos e non perdendo en ningún momento a atención. Fixéronnos sentir maiores e moi importantes!!. Moitas grazas 1º e 2º.


biblioteca


AO AR LIBRO! O día 23 de abril celébrase, como todos os anos, o día do libro. Este curso recuperamos unha actividade que nos encanta: as lecturas compartidas.

Os maiores elixen os libros e, por parellas, lemos no patio. Deste xeito compartimos as nosas lecturas favoritas cos compañeiros doutros cursos.


Ademais , era a primeira vez que nos xuntabamos desde que comezou a pandemia. Por esta razón tamén foi un momento moi especial.


Encantounos a actividade e esperamos repetila moi pronto!


Galeria de fotos


OS BOLECHAS

SAMAÍN



MAGOSTO E DÍA DO TROMPO



TEATRO: HISTORIA DUN INVERNADOIRO


NADAL


CALENDARIO 2022



DÍA DA PAZ


DÍA DE ROSALÍA

DÍA DA MULLER TRABALLADORA


ENTROIDO



TEATRO

OS MAIOS


LETRAS GALEGAS



Para a casa con papel de estrasa!!!

BOAS VACACIÓNS A TODOS/AS! BOTARÉMOSVOS EN FALTA!


Letras galegas


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.