Page 1

Sal, sardiñas e peiraos Achega ao patrimonio marítimo na Enseada de San Simón

Sal, sardiñas e peiraos Achega ao patrimonio marítimo na Enseada de San Simón

Alberte Román Losada


Sal, sardiñas e peiraos Achega ao patrimonio marítimo na Enseada de San Simón


Edita Alén Nós Texto Alberte Román Maquetación Elena Muíños Revisión lingüística Leticia Soliño

Este traballo foi publicado baixo unha licenza Creative Commons. Recoñecemento-Non Comercial-Sen obra derivada 2.5. Permítese copiar, distribuír, e comunicar publicamente o texto por calquera medio, sempre que sexa de forma literal citando a fonte e sen fins comerciais.


Introdución As comunidades costeiras de Galicia teñen prolongada e frutífera relación co mar. O mar foi recurso económico, vía de comercio e comunicación, e espazo para a creación dunha memoria colectiva. Desta intensa relación home-mar agromaron un amplo abano de elementos patrimoniais que hoxe podemos localizar no litoral galego. Baixo a denominación patrimonio marítimo podemos clasificar en Galicia un conxunto de elementos de índole diversa, atopándonos así con bens de carácter inmobiliario: peiraos, fábricas de salgar, salinas; ou cos chamados de tipo mobiliario: trebellos de pesca, embarcacións, bateas, útiles das fábricas de conservas ou de salga. Por outra parte, non podemos esquecer o patrimonio de carácter inmaterial como serían vocabularios específicos, toponimia costeira, cancioneiros. Somos conscientes de que somos a memoria que temos, e na maioría das ocasións o descoñecemento é un dos maiores perigos que ameaza o patrimonio cultural do país. É pois preciso desenvolver tarefas viradas á divulgación do patrimonio. Na idea de preservar parte deste patrimonio xurdiu a iniciativa de proceder a un inventariado daqueles elementos patrimoniais marítimos existentes no ámbito da Enseada de San Simón. O escaso interese mostrado pola administración en canto á preservación e posta en valor de todo este patrimonio, xunto con actuacións urbanísticas e a instalación de industrias que non teñen relación co mar, provocaron unha degradación ambiental da Enseada e o seu patrimonio, nalgunha zona un deterioro irreversíbel por causa destas intervencións. En todo caso procede considerar a oportunidade obxectiva de reclamar a posta en marcha do museo etnográfico de Redondela, xa moitas veces suxerido por esta asociación, e que sigue nos papeis arquivados en espera de non se sabe que conxuntura máis favorábel. Xa que logo, este colectivo séntese na obriga moral de lembrarlles ás institucións que corresponda que xa é hora de pasar das promesas aos feitos. Alén Nós mantén a preocupación de sempre por todo aquilo que representa a cultura e historia do noso pobo, de aí, esta iniciativa de levar a texto escrito este traballo de información e divulgación que ten que ver coa dimensión histórica do noso país. Asociación Cultural Alén Nós


Agradecementos: Luisa Fernández, Enrique Ordóñez, Agustín Míguez, Antonio López, Luís Sánchez, Beatriz Bruna (Arquivo Porto Vigo), Felicidad Fernández (Biblioteca Anfaco), Vicente Caramés, Ana Gesteira (Arquivo Municipal de Redondela), Anxo Cortegoso, Luís Soliño, Xoán Lueiro, Paulo Jablonski, María González, Goretti Tuche, José Carlos Figueiral, José Ramón Soto, Leonor González, Museo do Mar de Galicia, Félix Cal (Cal-3 Fotografía), Luís Borines, Xiana Romero.


Índice 07

Introdución

09

A Enseada

13

Notas dunha crónica do mar de San Simón As Ostras

35

As salinas de Ulló-Vilaboa

41

A fábrica do Alemán (Rande)

47

Fábrica de salga da Regasenda

51

Fábrica de conservas JOB Os Otero Bilbao. Unha familia conserveira

59

Conservas Sueiro

63

Instalacións portuarias Manuel Cortegoso, un empresario da pasaxe

77

Os cargadeiros de mineral

85

As barras do Alvedosa

93

Casetos mariñeiros na praia de Cesantes

99

Anexos: gráficas

101

Bibliografía


Introdución O eixo do presente traballo asentaba nunha necesidade, facer visíbel a presenza dun patrimonio vinculado ás actividades relacionadas co mar, nun ámbito concreto como é a Enseada de San Simón. A pregunta que nos xurdía era que elementos debíamos incluír no que dábamos en chamar patrimonio marítimo. Para dilucidar posíbeis inconcrecións optamos por nos acoller á definición dada por Dionisio Pereira. Este autor entende o patrimonio marítimo como “a totalidade das manifestacións vencelladas á actividade marítima dos homes e as mulleres da beiramar, ao longo do tempo, manifestacións que están inseridas no propio medio mariño; este, á súa vez, forma parte do noso patrimonio natural.” Aínda así, centramos o noso traballo principalmente en dous aspectos, o mar como recurso, e o mar como espazo de comunicación. De aí que estean ausentes deste traballo outros elementos patrimoniais significativos no noso ámbito de estudo, como os referidos á batalla das flotas anglo-holandesa e francoespañola en 1702, ou aqueles que fan parte da historia das illas de San Simón e San Antón. Esta achega ao patrimonio marítimo fíxose desde dous plantexamentos. Dunha banda, hai unha localización e identificación daqueles elementos susceptíbeis de ser catalogados. Aínda así, o factor tempo imposibilitou traballar sobre todos os elementos susceptíbeis de entrar nesta catalogación. Doutra parte, prodúcese unha reconstrución dos contextos en que estes elementos patrimoniais agroman para facelos comprensíbeis. Desde un inicio entendíamos que o marco xeográfico do proxecto debía rachar os límites estabelecidos administrativamente no territorio que se deu en chamar Enseada de San Simón. Consideramos o ámbito da Enseada como o lugar natural de interrelación das comunidades que nela asentaron, e que era neste marco de actuación onde se desenvolveron as actividades que íamos estudar. No caso dalgúns elementos patrimoniais, as maiores dificuldades estiveron relacionadas coa inexistencia de fontes documentais. A escasa valoración social dada á necesidade de conservación dos materiais xurdidos nos ámbitos de traballo, ten determinado a inexistencia ou escaseza destas fontes. Así aconteceu coa documentación xerada polas industrias conserveiras ou da salga, hoxe practicamente desaparecida.


O corpo da r铆a vaise artellar sobre unha fractura, que presenta unha direcci贸n NE-SO, e aberta logo da incidencia da oroxenia alpina.


A enseada

O espazo xeográfico da Enseada A Ría de Vigo conforma unha unidade xeográfica influenciada por un patrón de fracturas definitorias da súa forma. A súa morfoloxía actual é froito dun longo proceso derivado da interacción de diferentes factores, tanto litolóxicos coma tectónicos. O corpo da ría artéllase sobre unha fractura que presenta unha dirección NL-SO, aberta logo da incidencia da oroxenia alpina. A un tempo, a Depresión Meridiana, con dirección N-S, pecha o fondo da ría. A intercesión destas fracturas condiciona a morfoloxía, a xeito de circo, que define a Enseada de San Simón. A xénese desta serie de fracturas hai que situala na oroxenia herciniana no comezo do Mesozoico. Como xa indicamos, a oroxenia alpina, xa no Terciario, provocou un reaxustamento do macizo galaico, dando orixe á actual alternancia de bloques elevados e depresións que configura boa parte do territorio galego. Posteriormente asentou sobre esta fractura aberta o complexo fluvial. Outro factor condicionante da morfoloxía da ría está relacionado cos ciclos de subida e descenso do nivel do mar durante as diferentes fases do último período glaciar. A fin da última fase glaciar, hai dez mil anos, significou, en termos mariños, o inicio dun proceso de transgresión que tivo un dos efectos máis evidentes no anegamento dos vales fluviais da costa occidental, formando o que hoxe coñecemos como rías. Diversos estudos apuntan que o nivel do mar actual se estabilizou hai uns cinco mil anos. Aínda así, tamén constatan un pequeno descenso do mar que se vincula coa Pequena Idade de Xeo.

O complexo fluvial Oitavén-Verduxo é o maior tributario á Enseada. Asociados a estes complexos fluviais aparecen as chairas intermareais da zona Arcade-Vilaboa. Foto Xoán Lueiro.

9


A caracterización estrutural da Enseada limita as capacidades de movemento das augas no interior da mesma, favorecendo a deposición dos aportes sedimentarios. Foto Xoán Lueiro.

10

A Enseada ocupa unha superficie de 2218 hectáreas e está circundada por diversas formacións montañosas. Ao leste desenvólvese un conxunto montañoso de escasa entidade con cotas entorno aos catrocentos metros. O relevo está fendido polo río Alvedosa, que descende desde a Chan de Amoedo con dirección L-O. Entre as cotas destacábeis, cabe sinalar o Caselo (448 m). A suavidade da transición terra-mar favoreceu a ocupación do territorio. Nesta zona localízase o maior areal existente na Enseada: a praia de Cesantes, con case dous quilómetros de lonxitude. No Sur destaca o Monte Penide, unha penechaira que ten no Pico San Vicente (439 m) e no Coto Ferreira (448 m) as cotas máis significativas. O macizo presenta pendentes elevadas en cotas baixas, o que dificulta a ocupación do espazo, dando pé ao desenvolvemento de prácticas específicas para as actividades agrarias; caso dos socalcos presentes en zonas de Cedeira como Rande ou A Formiga. A transición da terra ao mar está protagonizada por cantís principalmente. Polo Oeste, os montes do Morrazo serven de mediación entre a Enseada e a Ría de Pontevedra, coas cotas máis elevadas no Coto do Home (626 m) e Domaio (624 m). As ladeiras acadan pendentes medias que condicionan o desenvolvemento de comunidades e complexos agrarios asociados. Polo Norte pechan a Enseada os Montes da Canicouva e Ponte Sampaio, destacando os 546 m de altitude da Fracha ou os 472 metros da Redondiña. O complexo fluvial Oitavén-Verduxo é o maior tributario da Enseada. Este drena un amplo territorio desde a Serra do Suído, englobando concellos como A Lama, Pontecaldelas, Fornelos de Montes, Soutomaior e Pazos de Borbén. Outro dos principais aportes fluviais está formado polas bacías dos ríos Alvedosa, Maceiras e Pexegueiro, que conflúen na vila de Redondela antes de desembocaren na Enseada. Asociados a estes complexos fluviais, preséntanse as chairas intermareais da zona de Vilaboa e a foz do Alvedosa, de morfoloxía lamacento-areosa e de gran valor na evolución pesqueira. A


O maior areal existente na Enseada atópase en Cesantes con case dous kilómetros de lonxitude. Foto Xoán Lueiro.

caracterización estrutural da Enseada xoga un papel importante nos procesos de colmataxe que se desenvolven, pois limita as capacidades de movemento das augas no seu interior, favorecendo a deposición dos aportes sedimentarios. O retroceso da cuberta arbórea e a extensión do espazo agrario están na orixe dun incremento dos aportes sedimentarios. Un dos tesouros naturais da Enseada atópase baixo as súas augas e son as praderías de zostera. Estas comunidades de fanerógamas mariñas están compostas principalmente pola especie Zostera mariña e en menor medida pola Zostera noltii. Esténdense nas zonas superficiais da intermareal de San Simón, sobre fondos areosos-lamacentos. Son espazos de vital importancia para a cría e refuxio de alevíns de especies coma o choco, a anguía ou a robaliza, ou moluscos bivalvos explotados comercialmente coma a ameixa ou o croque. No interior da Enseada hai que destacar a presenza das illas de San Simón e San Antón preto do areal de Cesantes, sendo salientábeis tamén a existencia dos illotes das Erbedosas, próximas a Vilaboa. NOTAS 1

López Cancelo, Leticia (2003). Cambios paleoambientales en el Noroeste Penínsular, durante el holoceno, determinados a partir del estudio de foramíniferos bentónicos (resume). [En liña] páxina web:<http://www.cibernetia.

com/tesis_es/CIENCIAS_DE_LA_ TIERRA_Y_DEL_ESPACIO/GEOLOGIA/ SEDIMENTOLOGIA/1> [Consulta, 23 Novembro 2007]

11


Notas dunha crónica do mar de San Simón No litoral galego a imbricación home-mar desenvolveu realidades de actores e elementos que fixeron del un espazo de conversión non exento de conflictos. Lonxe de ser un proceso natural, a configuración do mar vaise presentar titoriado desde os diferentes poderes actuantes en cada momento da historia, xa sexan relixiosos, políticos ou económicos. A presenza das primeiras comunidades humanas na Enseada está constatada a partir dos numerosos xacementos arqueolóxicos que evidencian unha ocupación continua do territorio en diferentes períodos. Nun primeiro momento os asentamentos aparecen localizados nas cotas elevadas que beiran a Enseada, así o testemuña a localización de restos arqueolóxicos en zonas como Monte Penide, Coto Redondo. As condicións naturais do litoral galego posibilitaron aos primeiros poboadores a complementación da sua dieta con produtos do mar. O consumo de peixes e mariscos por parte destes primeiros poboadores aparece evidenciado a partir dos restos de cunchas e espiñas atopados nos xacementos. É o caso do cuncheiro asociado ao castro d´A Peneda1, que amosa unha gran diversidade de moluscos consumidos. Destaca a ameixa fina (Venerupis decussata), con case o 66% do material achado, ou o longueirón vello (Solen marginatus) co 18,8%. Outras especies atopadas no cuncheiro da Peneda son a ostra (ostrea edulis), a lapa (Patella spp) ou o mexillón (Mytilus galloprovincialis). A chegada dos romanos a Galiza supón unha profunda transformación do litoral. En termos territoriais vaise producir unha intensificación da ocupación do litoral. Durante o período romano van aumentar os asentamentos na beiramar, na Enseada aparecen as “villae” de Soutoxusto2 e A Portela3. Da man dos romanos chegan as técnicas de conservación do pescado como a salga. As localizacións de xacementos vinculados á salgadura en

13


diferentes puntos do litoral galego testemuñan a importancia desta actividade no período romano. As técnicas de conservación do peixe abre o camiño á comercialización en mercados como o do Mediterráneo. Este vai ser o mercado natural da salga galega no percurso da historia e as flutuacións políticas deste espazo repercutirán na propia evolución da industria galega. A localización de ánforas romanas en diversos pontos da Enseada, como A Peneda4 ou Ponte Sampaio testemuñan a presenza dunha actividade comercial vinculada ao transporte marítimo neste período. Ao período romano vai seguir un período de retroceso, un decaemento da vitalidade costeira, vinculada coa inseguridade derivada dos continuos saqueos e invasións que se producían.

A sardiña, a vaca do mar

14

Tras este período de inestabilidade vaise producir unha revitalización e intensificación das actividades na costa. A partir do século XIII vai madurando o proceso de desenvolvemento de vilas costeiras, que non se pode desvincular da confrontación de intereses que se vai producir entre o poder real e os poderes eclesiásticos. A pesca convértese nunha actividade sobre a que converxen esta diversidade de poderes. No ámbito da Enseada, cando Redondela aparece nas crónicas na metade do século XIII, está xa baixo xurisdicción do arzobispado compostelano. Mais tamén o poder dos mosteiros se fai presente, e o de Melón mantén na altura posesións no litoral da Enseada5. A partir da fin do século XIV, Galiza convértese nun espazo exportador de peixe salgado hacia o ámbito do Mediterráneo, sendo as Rías Baixas o epicentro desta actividade. A sardiña vai ser a especie protagonista sobre a que se produce o desenvolvemento pesqueiro neste período, pois sobre ela se artella non só o mundo da pesca, senón que vai ser a base da industria da salga. En menor medida son de destacar tamén as capturas de especies como a pescada e o congro. De fiscalizar o recurso da pesca e xestionar a posesión do mar vanse encargar os gremios de mareantes, impulsados desde os poderes feudais. As artes de pesca empregadas son


diversas, destacando os cercos, as sacadas e os xeitos. Nelas prevalece o carácter comunitario, onde cada mariñeiro participaba aportando unha peza de rede co que se confeccionaba a arte de pesca. Apunta Casto Sampedro “en Redondela e nos portos inmediatos, que supoñemos serían A Portela, Cesantes, Soutoxusto, Pontesampaio, San Adrián, Santa Cristina, o mesmo no xeito como na sacada, cada compañeiro concorría con igual número de pezas de rede”6. Unha filosofía, a comunitaria, presente tamén no reparto das capturas, onde se fan partes iguais entre todos os mareantes e mesmo “ó fillo do compañeiro ausente da campaña dábaselle unha parte íntegra, aínda que non lle correspondía, para que puidera axuda-la súa nai”.7 A presenza doutras vilas con actividade pesqueira, como Cangas e Vigo, provoca non poucos conflictos entre as diferentes flotas, o que obrigara a un reparto das augas da ría entre os tres portos.8 A fiscalización do mar como recurso vaise executar mediante a elaboración de ordenanzas reguladoras. Tratando de mitigar posíbeis conflitos as ordenanzas e normativas que se promulgan tratarán de controlar as medidas e tipos de redes autorizadas para a pesca, da sardiña principalmente. Sucesivamente, durante o século XVI, elabóranse normativas. En 1564 redáctanse unhas novas ordenanzas para a chamada ría de Redondela,Vigo e Cangas, que segundo Juega Puig, beneficiaban os cercos ao tempo que limitaban as sacadas9. En 1573 redáctanse en Domaio unhas novas ordenanzas de pesca. Entre outros aspectos estas ordenanzas estabelecían os lugares onde se podían largar as sacadas, aparello de arrastre adicado á sardiña. Mais todo este control e regulación non evita que se produzan conflitos. Un deles referido aos dereitos de pesca nos denominados sacadoiros, os lugares estabelecidos para poder largar as sacadas. Así en 1623 mareantes de Redondela e Vilavella presentaban un auto ordinario pola dispusta dos dereitos de pesca do primeiro barco que chegaba a un sacadoiro. No documento recóllese que

Portulano de Gracioso Benincasa de Ancona, datado en 1467, no que aparece recollido o porto de Redondela.

15


“(...) detanto tiempo que noay memoria de hombre en contrario que todas las veces que se sale a pescar a la mar el barco que primero llega al puesto y geito donde se han de cebar las redes aquel ceba las redes y pesca primero aunque puedan otros ningunos que despues llegan cebar primero sus redes y pescar en el mismo puesto (...) Y siendo eso ansi entres deste presente mes de março aviendo mis partes llegado con sus barcos y redes para pescar al puesto y sacadoiro que dicen de Rio Frio y estando mis partes para cebar las redes en la mar y pescar llegaron despues de ellos los acusados y por fuerza y contra voluntad de mis partes cebaron sus redes en la mar y puesto adonde mis partes estaban y avian llegado primero donde pescaron en aquel geito mas de cientos millares de sardina que vendieron a veinte y dos reales (...)”.10 Os conflictos non só viñan derivados polos dereitos de pesca senón tamén polos tipos e medidas dos aparellos empregados. Así unha provisión do 17 de Agosto de 1690 estabelece a obrigatoriedade de pescar na ría de Vigo con sacada de malla sardiñeira, evitando usar a de cánabo, mais de ser usada “había de ser con la altura de una red sardinera con 7 mallas de calzadura de cañamo, segun dicho estilo y no de otra manera.”11 Mais o devalo deste período puxante chega coa fin do século XVI. Os factores intervintes hai que contextualizalos tanto en clave interna como externa. Santos Castroviejo sinala como por unha parte o propio control exercido polos gremios impide a “modernización do sector”. Ao tempo a entrada no mercado mediterráneo do peixe salgado de países como Inglaterra, Países Baixos ou países nórdicos significa o retroceso do peixe galego. Un dos factores que permiten a entrada do peixe salgado destes países está en relación coas melloras acadadas no proceso de salgado, melloras que non chegarán a Galiza senón na segunda metade do século XVIII da man dos fomentadores cataláns.

A industria da salga. A chegada dos fomentadores cataláns 16

A partir da metade do século XVIII, o litoral galego olla a chegada dos fomentadores cataláns que estabelecen nas praias e peiraos do país os seus


almacéns de salga. Canda eles traen o seu método de salgado, que tiñan aprendido do que se desenvolvía nos Países Baixos. Iníciase así unha nova xeira na historia da industria da salga en Galiza. O método dos fomentadores difería do que de xeito tradicional se viña aplicando en Galiza basicamente no proceso de prensado. A sardiña escochada sometíase a un prensado lixeiro, polo que mantiña moita graxa, o que lle aportaba mais sabor. Pola contra, esta circunstancia facía que axiña se oxidase ao entrar o produto en contacto co aire, o que dificultaba a súa comercialización. O método catalán sometía a sardiña a un forte prensado que provocaba maior perda de graxa. Esta circunstancia aumentaba os tempos de conservación do produto, mais producía tamén unha mingua da calidade. Coa chegada dos cataláns, os almacéns de salga caracterizan o litoral galego coa súa presenza.

17


O empurre que experimenta a industria da salga repercute nun aumento do consumo de sal no litoral galego. En 1790 o consumo de Galiza foi de 360.000 fanegas, das cales a metade consumíronse en Pontevedra12. As rendas do sal representaban nos inicios do XIX, o 13,37% do recadado pola Facenda Española. A chegada dos cataláns convulsiona tamén as estruturas produtivas do país. Estabelecen nos seus almacéns de salga marcos de relación como o traballo asalariado. O persoal dos almacéns de salga estará formado na súa maioría por mulleres, significando a entrada dun novo recurso nas economías familiares13. Mais os fomentadores cataláns traen tamén as súas artes de pesca, introducindo no litoral galego a xábega, un aparello de arrastre. A introdución desta arte na beiramar será causa de conflito entre os intereses dos sectores mariñeiros locais e o dos industriais cataláns. Calo Lourido descrebe así a xábega “ dúas son as diferencias que presentan con respecto ás sacadas; rematar nun gran saco e ter o pano coas mallas en forma de rombo, o que ocasionaba que, ao traballar, todo se pechase como unha parede; ningun peixiño podía fuxir, o que a convertía nunha arte moi produtiva, pero tremendamente destrutiva”.14 Derivado do conflito polo uso da xábega sucédense no litoral enfrontamentos e sabotaxes entre partidarios e detractores. En 1763, mariñeiros de Redondela, detractores da xábega, “tapiaron de pedras, para lle impediren a pesca, e que se rompesen os aparellos, os sacadores, postas de area longa e a calzada da dita ría, privando non só a pesca, senón o fondeadoiro dos Navíos”.15

18

Na fin do século XVIII, a pesca de sardiña na ría de Vigo acadaba os 140.000 millares. A maioría destas capturas tiñan como destino a produción de salga, e só unha pequena porcentaxe ía destinada para o consumo en fresco. A flota sardiñeira de Redondela capturaba 30000 millares de sardiña, na ría só superada en capturas pola de Cangas.16


A pesca seguía sendo unha importante fonte de ingresos para a administración real. Segundo Meijide Pardo, no quinquenio de 1770 a 1774, a Real Hacienda recadou en Redondela, derivado do imposto sobre a pesca, un promedio anual de 16959 reais de vellón17. No ámbito da Enseada, os cataláns instalan os seus almacéns de salga entre A Portela18 e a zona de Rande. A documentación o que nos amosa é a pervivencia da actividade da salga nesta zona litoral desde a metade do século XVIII até a segunda metade do século XX. A falla de mariños que prestaran servizo nos reais vaixeis, leva á Armada Real Española a instauración da Matrícula do Mar en 1748, nun intento por asegurar tripulación para os buques. As ordenanzas reguladoras crean a figura do Matriculado e estabelecen que só os matriculados van poder traballar no mar. O mundo do mar pasou así a estar baixo xurisdicción da Mariña de Guerra, o que significou unha perda de poder dos gremios do mar. A instauración da Matrícula do Mar repercutiu tamén na división administrativa do litoral. Desde 1750 Galiza pasou a estar dividida en catro partidos marítimos: Viveiro, O Ferrol, A Coruña, Pontevedra. Este último comprendía trece delegacións: Noia, Caramiñal, Rianxo, Padrón, Vilaxoán, Sanxenxo, Pontevedra, Cangas, Tirán, Redondela, Baiona, A Guarda e Vigo. En 1754 na Enseada de San Simón a Matricula de Mariña revela as cifras seguintes: Redondela contaba con 205 matriculados e 36 embarcacións, Santa Cristina 98 mariñeiros e 22 embarcacións, Pontesampaio 58 matriculados e 17 embarcacións19. Integrados no distrito marítimo de Redondela, aparecen os portos de Cedeira, Soutoxusto, Arcade, Pontesampaio, Santa Cristina e San Adrian de Cobres. Ao longo do XIX o mundo do mar asistiu a profundas mudanzas. Aos poucos, as estruturas que caracterizaron o mundo do mar en Galiza

19


desde a Idade Media van desaparecendo. En 1828 foron abolidos os dezmos do mar. En 1870 a administración española púxolle fin ao estanco do sal, liberalizando a comercialización dun produto estreitamente vinculado coa industria transformadora da pesca.

A lata de conservas A lata de conservas abre unha nova fase na historia da beiramar galega coa súa chegada ao longo da segunda metade do XIX. No interior da enseada, o protagonismo da industria conserveira é tardío e de escasa entidade, malia ser a ría de Vigo o centro referente da conserva en Galiza. As primeiras conserveiras inician a súa actividade na década dos 20. Trátase as mais das veces de empresas de carácter familiar e permanecen activas poucos anos. Na historia conserveira da zona hai que destacar a posta en marcha de “conservas JOB” que a familia Otero Bilbao constrúe en Cesantes. A sua actividade iníciase nos anos trinta do século pasado, permanecendo activa a día de hoxe, mais en mans do grupo Rodríguez Pascual S.L. Foi a única conserveira da zona que no ano 1935 estaba integrada na Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia. Contra do que poidera parecer, a zona de Vilavella rexistra un intensa actividade vinculada a este sector. Alí asentaron algunhas das industrias conserveiras que se especializan en escabeches. É o caso da fábrica de Manuel Lago Otero, que producía mexilóns en escabeche, ameixas e navallas ao natural e navallas en escabeche. Antes da Guerra Civil, a conserveira tiña unha produción de 5 tn de conservas de mexillóns, 1 tn de ameixa, 3 tn de navalla e 1 tn de navalla en escabeche. En xullo de 1938, a produción da conserveira reducirase de xeito considerábel. A fábrica elaboraba na altura só ameixa ao natural e navallas en escabeche. A perda dos tradicionais mercados de Barcelona e Madrid estaba na orixe da redución da produción na fábrica, onde traballaba a propia familia do propietario, sendo escaso o persoal de fóra.20 20


A crise das “traíñas” A introdución desde o Cantábrico dunha nova arte de pesca, o cerco de xareta21, que chega ao litoral galego na fin do século XIX, abre un novo tempo de conflitividades nas rías. Dunha banda, os partidarios desta arte, principalmente conserveiros e industriais da salga, pois esta arte aseguraba un maior volume de capturas, enfronte sectores mariñeiros vinculados ao xeito. Aínda que o malestar contra da nova arte respirábase xa na beiramar co devalo do século XIX, o conflito recrúa no romper do século XX. No ámbito da enseada o conflicto vivíuse intensamente. Os xeiteiros eran maioritarios na flota da vila de Redondela. O activo sector antitraíñas desenvolveu numerosas iniciativas tratando de sumar apoios na busca da prohibición do cerco de xareta. Conseguen o apoio do concello de Redondela, que enviou telegramas ao Ministro da Mariña pedindo a prohibición desta arte de pesca. Os representantes municipais apuntaban “no se trata de buscar el medio más sencillo y barato para pescar y cazar más en el menor tiempo posible, entonces debieran suprimirse las leyes de

Vista xeral de Redondela coa flota xeiteira e os barrios mariñeiros da Ribeira e da Esfarrapada. Fondo Luís Borines.

21


caza y pesca... El interés de los marineros debe ser antepuesto a la insaciable codicia de unos cuantos que no ven más que al número a la cifra y al capital22” Mais non só a administración local tomou partido, pois contra do uso do cerco posicionáronse tamén entidades cívicas como o Liceo Artístico e a sociedade recreativa Casino. En 1898, o 24 de Decembro, a vila asiste a un acto público contra do uso da chamada “traíña” no que participan máis de tres mil persoas23. Meses antes, un grupo de peixeiras da vila tiña envorcado unha partida de sardiña que creron que fora pescada con cerco24. Lonxe de ser un conflito de gabinetes, a desputa vívese intensamente nos cais e nas ribeiras. As denuncias por agresións son continuas entre os dous bandos, o que obrigou mesmo á intervención dunha fragata da Mariña española. En 1904, produciuse un enfrontamento entre os partidarios da traíña, e os xeiteiros que faenaban perto da illa de San Simón. Segundo estes, os traiñeiros abriran fogo contra deles25. O conflito servirá tamén para unha reorganización asociativa do mundo mariñeiro. Os antigos gremios viñan esmorecendo, e as transformacións das estruturas económicas no mundo do mar demandaban novas formas de organización. A partir de 1900 vanse formar sociedades nos diferentes portos da rías como xeito de dar resposta organizada ao conflito da traiña. Coa idea de afortalar o traballo en común constituirase unha comisión que agrupa todas as sociedades das Rías Baixas.26 Para dar solución que contentara as dúas partes enfrontadas, desde a Administración experimentáronse varias solucións. Nun primeiro momento, pretendeuse reservar o interior das rías para o xeito e o boliche, quedando o emprego do cerco autorizado fóra das rías. En 1905 autorizouse o libre uso do cerco de xareta, “por haber desaparecido hace tiempo las causas que impusieron la fijación de los mismos.”27

A organización do mundo do mar: sociedades, sindicatos, pósitos, confrarías. 22

A tensión coa que irrompe o século XX na beiramar, pervive, con maior ou menor intensidade, até o golpe de estado de 1936. Durante este


tempo conviven unha pesca de carácter tradicional e o agromar dunha pesca industrial, que intensifica as transformacións económicas e sociais. Consecuencia destas mudanzas é a aparición do sentimento de clase nos peiraos. Asistimos, pois, a novas formas de asociacionismo vinculado coa actividade mariñeira. Ás veces, a sardiña actua como mecha nesta conflitividade por ser a especie sobre a que asenta boa parte da economía do mar. As fluctuacións naturais e “aleatorias” desta especie, pasando de períodos de escasas capturas a tempos de abundancia, provocan non poucos enfrontamentos no sector pola caída dos prezos. Agroma tamén unha conflitividade asociada ás condicións laborais nos barcos. Contextualizadas neste escenario xurdiron formas diversas de organización que se sumaron ás sociedades existentes, que tiñan moitas delas a súa orixe no conflito das traíñas.

No transcorrer da segunda metade do século XX, no ámbito da Enseada é o momento do protagonismo para a pesca de baixura e o marisqueo. Foto fondo Luís Borines

23


Por empurre da administración, en concreto das autoridades de Mariña, aparecen os pósitos de mariñeiros, “como asociacións cooperativas sen distingo entre armadores e mariñeiros que arelaban a mellora das condicións de vida, mediante o estabelecemento de socorros e seguros; a extensión cultural entre os asociados”.28 Había un interese por “despolitizar” o mar. En 1927 houbo un intento por crear pósitos en varios portos da ría entre eles o de Redondela. Desta iniciativa ocupouse Costa Alonso, na altura patrón maior do pósito de Moaña, por pedimento da Caixa Central de Crédito Marítimo. Mais a iniciativa non callou nos peiraos redondeláns e fracasou.29. Na década dos trinta, o sindicalismo de clase é maioritario na beiramar galega30. Dionisio Pereira sinala para o ámbito da Enseada a existencia de organizacións mariñeiras integradas no ámbito da CRG (Confederación Regional Galaica) de tendencia anarquista. Eran a sociedade de mariñeiros de Cesantes, que en 1932 contaba con 100 afiliados,31e a “Alianza Marinera” de Pontesampaio. Na órbita do sindicalismo socialista estarían as sociedades mariñeiras de Arcade, Redondela e San Adrián de Cobres32. Da Sociedade de Mariñeiros de Redondela, sabemos que na fin de 1930 estaba presidida por Valentín Rodríguez Chamorro, exercendo como secretario Antonio Lago Araújo33.

24

A presenza de organizacións sindicais atinxiu tamén as conserveiras e os almacéns de salga. Neste ámbito as demandas van vir relacionadas con melloras tanto de carácter salarial como nas condicións de traballo nas fábricas. En 1935, as sociedades obreiras “La Unión” e “La Invencible” achegan escrito á Unión de Fabricantes de Conservas, organización patronal do sector, onde se recollían diversas reivindicacións vinculadas á mellora das condicións de traballo existentes nas conserveiras. As demandas destas organizacións tiñan relación co trato dos encargados co persoal, que “sin merma, naturalmente de la autoridad de que deben estar revestidos, traten con la debida consideración al personal; y que cuando impongan algun castigo no le descuenten al obrero o obrera las horas que hasta el momento de imponer la sanción lleve trabajadas”. No seu escrito as sociedades obreiras fan mención tamén á necesidade de estabelecer quendas de traballo coa idea


de “ a fin de que se repartan los jornales entre el mayor número de obreros; siempre que esto no cause perturbación en el regimen de organización interior de cada fábrica.”34 Co triunfo do golpe de estado franquista os pósitos, convertidos en confrarías, ocuparon o ámbito social do mar como único referente asociativo permitido. Nun primeiro momento, o cargo de Patrón Maior era designado polo alcalde como autoridade do réxime na localidade. Desenvolveron o seu carácter asistencial, estabelecendo o reparto dos cupóns de racionamento entre os seus asociados ou introducindo coberturas médicas nas primeiras etapas do franquismo.

A motorización da Enseada No transcorrer da segunda metade do século XX, no ámbito da enseada é o momento do protagonismo para a pesca de baixura e o marisqueo. As mudanzas abrangueron aspectos técnicos e económicos, evidenciándose de xeito definido a partir dos 70. Ao respecto, Garcia Allut apunta “só na década dos 70, a pesca de baixura comezou a experimentar unha progresiva transformación que significou un notable adianto respecto ás condicións pasadas: renovación das unidades productivas, incremento da tonelaxe (TRB) e potencia (HP) [...] Foron en parte froito dun proceso de adaptación da flota pesqueira tradicional ás novas condicións do mercado e ós novos cambios que se estaban xestando no ámbito socioeconómico do Estado Español, e que deron lugar a unha maior demanda dos produtos pesqueiros e a un incremento dos prezos dos peixes, crustáceos e moluscos das nosas costas.”35 É o momento no que se introducen os motores nas embarcacións de pequeno porte como as chalanas, botes e racús. En termos de flota, en 1969 o distrito marítimo de Redondela36 contaba con 133 embarcacións cun rexistro bruto de 698 toneladas e unha potencia de 5450 HP. Ocupábanse nelas 664 tripulantes.A totalidade da flota está adicada ás artes denominadas

25


Unha chalana e un rastro abondan para exercer o marisqueo a flote no ámbito da enseada.

de superficie, xenérico que engloba artes como os trasmallos e o xeito entre outras. Seis anos máis tarde, 1975, a flota presenta unha maior diversificación. Aparece con forza unha flota vinculada co cerco, que engloba 21 embarcacións e ocupa 369 tripulantes. Porén, a flota de superficie rexistra un leve descenso no número de embarcacións, 129, ocupando 246 tripulantes. As estatísticas recollen dúas embarcacións das denominadas auxiliares, que é preciso vincular coa actividade bateeira. Ao longo deste período aparecen tamén novas artes como as nasas para os chocos37 ou o butrón para a pesca da anguía que se introduce no final dos 70.38 En relación ao marisqueo, fálase en termos de “boom”39 dunha actividade que rexistrou, tanto en persoas involucradas como en volume de capturas comercializadas, un incremento considerábel. Son introducidas novas especies, a máis recente a ameixa xaponica (Ruditapes philippinarum). En 1967 capturáronse no distrito de Redondela 70 toneladas de ameixa fina (Tapes decussatus), o que o converteu no terceiro porto en descargas desta especie.

NOTAS 1

2

26

3

Vázquez Varela, J. Manuel (1998). “O aproveitamento dos recursos mariños na prehistoria e a antiguidade de Galicia”. En: Fernández Casanova, Carmen, coord. (1998). Historia da pesca en Galicia. Santiago de Compostela. USC. 46. Os dados aquí expostos están sacados da correspondente ficha de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galiza elaborada por Santiago Vázquez Collazo (2000). Os dados aquí expostos están sacados da correspondente ficha de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galiza elaborada por Xulio Carballo (1995).

4

Díaz Álvarez, Pedro (1981). Ánforas romanas en los caminos del mar. Vigo. Museo Municipal de Castrelos. 44.

5

“La presencia de este cenobio debía ser importante también en Redondela, a juzgar por las cantidades de pescado que exige a sus habitantes como pago de las heredades aforadas”. En: Juega Puig, Juan (2006). El estanco de la sal en Galicia (siglos XVI-XVIII). Madrid. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. 91. cita48

6

Sampedro Folgar, Casto (1998). Ordenanzas da Confraría do Corpo Santo e do gremio de Mareantes de Pontevedra. A Coruña. Vía Láctea Editorial. 195.


7

Sampedro Folgar, Casto (1998). Ordenanzas da Confraría do Corpo Santo e do gremio de Mareantes de Pontevedra. A Coruña. Vía Láctea Editorial. 199.

8

Juega Puig, Juan (2006). El estanco de la sal en Galicia (siglos XVI-XVIII). Madrid. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. 96. cita 67.

9

Juega Puig, Juan (2006). El estanco de la sal en Galicia (siglos XVI-XVIII). Madrid. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. 96. cita 147.

10

Arquivo Reino de Galicia (ARG) 8294/50

11

Sampedro Folgar, Casto. Ordenanzas da Confraría do Corpo Santo e do gremio de Mareantes de Pontevedra. A Coruña. Vía Láctea Editorial. 1998. 91.

12

López Capont, Francisco (1998). El desarrollo industrial pesquero en el siglo XVIII. Los salazoneros catalanes llega a Galicia. A Coruña. Fundación Barrié de la Maza. 133

13

Calo Lourido, Francisco (1996). “Xentes do mar. Traballos, tradición e costumes”. Vigo. A Nosa Terra. 55-67.

14

Calo Lourido, Francisco (1996). op. cit. 68.

15

Santos Castroviejo, Iago (1990). Historia da Pesca e a salgazón. Santiago de Compostela. Unipro Editorial. 44. cita 59.

16

Meijide Pardo, Antonio (1980). “Aspectos de la vida económica de Vigo en el siglo XVIII”. Separata de: Vigo en su historia. Vigo. Caja de Ahorros de Vigo (CAV). 303.

17

Meijide Pardo, Antonio (1980). op cit .302.

18

González Fernández, Xoán Miguel (1992). As vilas de Redondela nos tempos do catastro de Ensenada. Redondela. Concello de Redondela. 29.

19

Meijide Pardo, Antonio (1968). “Contribución de los catalanes al desarrollo de la industria pesquera de Vigo (1750-1815)”. En separata de: IGC(1968) Aportación española al XXI Congreso Geográfico Internacional. Madrid. Instituto Geográfico Catastral. 289.

20

A lectura destes dados haina que facer entre aspas pois están recollidos nun documento informativo sobre a actividade da fábrica por pedimento do Gobernador civil. Non debemos esquecer que durante a Guerra civil as fábricas de conservas, contribuiron, voluntariamente algunhas e outras obrigadas, coa sublevación militar abastecemento as tropas sublevadas. Arquivo Municipal de Redondela (AMR). Estatística, padróns, censos. Expediente 2718/9.

21

Popularmente aplicóuselle o nome de traíña, por ser esta a embarcación que se empregaba no uso do cerco.

22

Giráldez Rivero, Jesús (2000). “De cuando la traiña mató al xeito. El Vigo de entresiglos”. En: Historia de las Rías. Vol II. Vigo. Faro de Vigo. 752.

23

Santos Castroviejo, Iago; Nores Soliño, Antonio (2005). Historia de Cangas 1900-1936. Unha ribeira de pescadores. Vigo. A Nosa Terra. 136.

24

Santos Castroviejo, Iago; Nores Soliño, Antonio (2005). op. cit. 136.

25

Giráldez Rivero, Jesús (2000). op. cit. 759.

26

Santos Castroviejo, Iago; Nores Soliño, Antonio (2005). oop. cit. 49.

27

Giráldez Rivero, Jesús (2000). op. cit. 760.

28

Fernández Casanova, Carmen (1998). “Cambio económico, adaptacións e resistencia nos séculos XIX (dende 1870) e XX”. En: Fernández Casanova, Carmen. coord (1998) Historia da Pesca en Galicia. Santiago de Compostela. USC. 164.

29

Fernández Casanova, Carmen (1998). op. cit. 181.

30

Fernández Casanova, Carmen (1998). op. cit. 165.

31

Pereira, Dionisio (2004 [2001]). O asociacionismo dos pescadores na Galiza de anteguerra: unha ollada de conxunto. [en liña] páxina web <http://www.cntgaliza.org/ files/Asociacionismo_Pescadores_2Edicion.pdf > [consulta, o 19 de Marzo de 2008]

32

Pereira, Dionisio (2004 [2001]). O asociacionismo dos pescadores na Galiza de anteguerra: unha ollada de conxunto. [en liña] páxina web <http://www.cntgaliza.org/ files/Asociacionismo_Pescadores_2Edicion.pdf > [consulta, o 19 de Marzo de 2008]

33

Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Redondela, crónica dun tempo pasado. Edicións do Castro. Sada. 56.

34

Industria Conserveira nº16. 3. Dec 1935. Vigo. Unión de Fabricantes de Conservas.

35

Garcia Allut, Antonio (1998). “Antropoloxía da pesca en Galicia”. En: Fernández Casanova, Carmen (1998). Historia da Pesca en Galicia. Santiago de Compostela. USC. 212

36

Este distrito estaba formado polos portos do interior da Enseada, Arcade, Santa Cristina, San Adrián de Cobres, Cesantes.

37

Información reconstruída a través da comunicación oral de Agustín Míguez, mariñeiro de 77 anos da parroquia de Cesantes-Redondela.

38

Arnaiz Ibarrondo, Ricardo; Morales de la Fuente, Carmen (1998). A pesqueira de anguía na enseada de San Simón. Santiago de Compostela. Consellaría de Pesca e Asuntos Marítimos. Xunta de Galicia. 17.

39

Carmona Badia, Joám; Giráldez Rivero, Jesús; Muñoz Abeledo, Luisa (2000). Galicia. En: Consorcio de Santiago (2000). Vivir no Atlántico Norte. Santiago de Compostela. Consorcio de Santiago. 79.

27


28

A ostra era o recurso natural do que dependĂ­an a maiorĂ­a dos portos pequenos existentes na Esnseada. Fondo Manuel Seoane. Museo do Mar de Galicia.


A ostra

Xunto coa sardiña, a ostra cobrou protagonismo nas economías xurdidas entorno ao mar de San Simón. Do seu consumo na época castrexa dá conta o achado de restos deste bivalvo no cuncheiro localizado no castro da Peneda.1 Sabemos tamén que o aprezo por este molusco foi partillado polos romanos.2 Durante o período medieval a ostra estaba presente na alimentación dos centros urbanos e mosteiros; sábese da existencia de ostreiras (espazos destinados para o seu cultivo) no litoral galego3. O xeito de consumo era ‘ao natural’. Mais o seu maior recoñecemento veu da man da súa comercialización escabechada. Este era, xunto coa salga, secado e afumado, un dos métodos de conservación de alimentos que permitía a súa comercialización a longas distancias sen risco de perda da partida enviada. A técnica do escabechado resultou dunha achega da cultura árabe4 e en Galicia, introduciuse este método desde os portos hanseáticos a partir do século XVI5. A maioría das ostras escabechadas producidas no ámbito da Enseada tiñan como destino os mercados do interior da Península. No século XVII, desde a cidade do Lérez, numerosos comerciantes partían con elas para os mercados de Castela. Un dos principais destinos era a Casa Real, e para tal fin existía unha Escabechera Real sita en Pontevedra6. O escabechado da ostra converteuse nunha actividade económica de referencia na Enseada, onde destacaba a zona de Ponte Sampaio. Alí atopamos en 1752 a Pedro Estremadouro, María González e Josepha de Amoedo, ocupados na súa elaboración7. A finais do XVIII, ampliáronse as áreas da súa comercialización e estivo presente en mercados americanos coma o da cidade mexicana de Veracruz8.

29


Este bivalvo era o recurso natural do que dependían a maioría dos portos pequenos existentes na Enseada. Ponte Sampaio, Arcade,

En Arcade estaban localizadas algunhas parcelas onde se depositiban as ostras para permitir o seu engorde antes da venda. Foto Míguez Rodiño. Museo do Mar de Galicia.

Soutoxuste e Cesantes, mantiñan as súas flotas, formadas por dornas e embarcacións de pequeno porte, dedicadas case que en exclusiva á súa recollida. Proba desta dependencia é que nas ordenanzas de Pesca de 1767 para a provincia marítima de Pontevedra, no referido aos períodos de captura da ostra, estabeleceuse para a zona de Ponte Sampaio un período especial desde setembro a abril.9 Ao igual que noutros sectores produtivos, a industria do escabechado foi quen de xerar, ao seu redor, outras actividades económicas, como a relacionada coa elaboración dos barrís utilizados para a súa comercialización. Estes últimos estaban feitos de doelas de castiñeiro e aros de avelaira. Na súa elaboración tiña recoñecida fama o labor dos toneleiros de Redondela10. No entanto, a explotación dos bancos ostreícolas debía ser intensa de máis xa no século XVII. Ante o posíbel esquilme dos bancos e o perigo de deixar sen escabeches a Casa Real, resolveuse, por parte da xustiza, a toma de medidas tendentes á súa protección e preservación.11

30

O problema da sobre explotación mantíñase aínda no século XVIII, segundo López Capont «a xustiza estableceu vinte días de cárcere para o que apañase máis do preciso dos xacementos ostreícolas de Pontesampaio ou Cobres». Nas referidas ordenanzas de Pesca de 1767 sinalábanse entre os aparellos permitidos para a captura de ostras, o angazo, empregado en Pontesampaio. Igualmente se apuntaba a prohibición de usar o rastro de ferro, tamén chamado can. A quen fose detido por utilizalo aplicábaselle a sanción estabelecida en 1000 marabedís «y se tomará por perdido dito instrumento».12


No século XIX continuaron sendo intensas as capturas da ostra. A comercialización seguía a se facer en escabeche e o mercado principal mantíñase na Península.13 Nesta altura, ás costas galegas achegábanse comerciantes franceses para mercaren este bivalvo.14 Mais, se atendemos ao sinalado por Paz Graell, xa a finais do XIX a situación derivou en crise dado que «a penas se pescan ostras na Ría de Vigo, pois a súa escaseza estrema, non dá ocupación aos pescadores que antes surtían aos escabechadores».15 Semellaba materializarse unha ameaza que se mantivera latente no tempo, e se iniciou un longo período de agonía, e do que a especie non se ía recuperar. Durante o século XX continuouse extraendo a ostra do mar, mais as capturas eran máis ben modestas. Arcade era un dos lugares onde se mantiña a actividade económica relacionada con este molusco, sendo varios os empresarios16 dedicados á exportación deste bivalvo como Ramón González Sueiro ou José Pérez Pérez. Adoitaban mercarlle as capturas aos mariñeiros. No final dos corenta, pagábase a ducia a 9 pesetas.17 Nas zonas intermareais de Soutoxuste ou preto do peirao de Arcade podíanse localizar algunhas parcelas, ás veces delimitadas con pequenos muros de pedra, onde os intermediarios, tamén chamados ‘amoreadores’, depositaban as ostras para permitir o seu engorde antes da venda. Na zona de Cesantes, no areal da Punta do Cabo, Narciso García contaba na década dos corenta cunhas instalacións para facilitaren o engorde, entre outras especies, deste molusco18. A súa comercialización realizábase nos mercados tradicionais de Madrid e Barcelona, sendo o tempo do Nadal a época de maior venda. Neste contexto é onde debemos inxerir as iniciativas empresariais que pretendían repuntar a situación impulsando a creación de parques ostreícolas no interior da Enseada. Estas van ser unha constante ao longo do século XX. En Redondela, sabemos de proxectos para a Punta do Rabiño19, para o lugar de Sobreiro20, no litoral entre Redondela e Soutomaior, e tamén para a desembocadura do Alvedosa na Punta da Canteira21.

31


No areal de Cesantes, Narciso García contaba na década dos 40 cunhas instalacións para facilitar o engorde, entre outras especies, da ostra.

Xa a finais dos cincuenta sería o Instituto de Investigacións Pesqueiras quen ensaiase o desenvolvemento dun proxecto de cultivo da ostra na Enseada. Tamén neste caso, como acontecera anteriormente, este deu co rexeitamento da poboación do litoral. O que se pretendía era acoutar 45000m2 na praia de Cesantes, o que iniciou un dos conflitos sociais máis intensos acontecidos ao redor dos dereitos de explotación marisqueira da Enseada22. A resposta ás pretensións institucionais veu das mulleres mariscadoras, que, durante meses, se mantiveron firmes na súa determinación de rexeitamento.

32

Da gravidade do conflito dan idea os enfrontamentos coa Garda Civil, as varias detencións producidas e a necesidade de mediación do Gobernador de Pontevedra. O proxecto non se levou adiante e, a raíz desta liorta, conformouse na Confraría de Pescadores de Redondela o denominado Grupo Sindical de Mariscadoras da Enseada de San Simón. Evidenciábase así unha tendencia: o aumento do protagonismo que a muller, a través do marisqueo a pé, estaba acadando no mundo da beiramar galega.


NOTAS 1

Vázquez Varela, J. Manuel (1998). “O aproveitamento dos recursos mariños na prehistoria e a antiguidade de Galicia”. En: Fernández Casanova, Carmen, coord. (1998). Historia da Pesca en Galicia. Santiago de Compostela. USC. 46.

15

Paz Graell, M. “Exploración científica de las costas del Departamento Marítimo del Ferrol verificada de orden del Almirantazgo” citado en: Meijide Pardo, Antonio (1959). Op cit. 466. (no orixinal en español).

2

López Capont, Francisco.(1998). “El desarrollo industrial pesquero en el siglo XVIII. Los salazoneros catalanes llegan a Galicia”. A Coruña. Fundación Barrié de la Maza. 158.

16

Información reconstruída a través da comunicación oral de José Ramón, neto de Ramón González Sueiro, veciño da parroquia de Arcade -Soutomarior.

3

Ferreira Priegue, Elisa (1998). “O Desenvolvemento da actividade pesqueira desde a alta idade media ó século XVII”. En: Fernández Casanova, Carmen, coord. (1998). Historia da Pesca en Galicia. Santiago de Compostela. USC. 56.

17

Información reconstruída a través da comunicación oral de Agustín Míguez, mariñeiro de 77 anos veciño da parroquia de Cesantes - Redondela.

18

4

Wikipedia (2003) Escabeche. [En liña] páxina web <http://es.wikipedia.org/wiki/Escabeche> [Consulta, 2 marzo de 2008].

Información reconstruída a través da comunicación oral recollida do testemuño de Agustín Míguez, mariñeiro de 77 anos da parroquia de Cesantes.

5

Ferreira Priegue, Elisa (1998). Op cit. 81.

19

6

Meijide Pardo, Antonio (1959). “Notas Históricas sobre Ostricultura en la Ría de Arosa”. Separata Tomo XXIV de Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela. CSIC. Instituto Padre Sarmiento. 464.

7

Arquivo Histórico Provincial (AHP). Interrogatorio do Catastro da Ensenada. Ponte Sampaio C 577-4.

8

Meijide Pardo, Antonio (1980). “Aspectos de la vida económica de Vigo en el siglo XVIII.” Separata de: Vigo en su historia. Vigo. Caja de Ahorros de Vigo (CAV). 304.

Este proxecto foi presentado por José Puig, veciño de Meis e José Borines, veciño de Redondela en 1907. O proxecto debeu contar coa oposición dos mariñeiros de Cesantes, pois existe un documento, datado en novembro de 1907 e dirixido ao Ministro de Mariña por cidadáns de Redondela, onde se fai valer diante do ministro o beneficio do proxecto para a comarca, ao tempo que se desacreditan as iniciativas desenvolvidas polos opositores. Entre as persoas asinantes atopánse Buenhijo Pérez Sobrino, Pedro Otero Milleiro, Dositeo Pérez. A Punta do Rabiño situábase na praia vella de Cesantes. O documento orixinal fai parte do arquivo persoal de Luís Borines.

9

No resto da provincia marítima de Pontevedra o período establecido era desde decembro ata finais de marzo. En: Meijide Pardo, Antonio (1959). Op cit. 465.

20

10

López Capont, Francisco (1998). Op cit. 163.

11

O xuíz de Pontevedra, nunha orde do 13 de outubro de 1642 «ordeno y mando que ninguna persona que de aquí adelante pesque dichas ostras sin licencia y orden de su M de pena, por cada vez que lo contrario hicieren, de diez ducados para gastos de guerra y veinte días de cárcel». En: López Capont, Francisco (1998). Op cit. 161.

12

López Capont, Francisco (1998). Op cit. 57.

O proxecto foi presentado en 1935 polo industrial barcelonés Juan Badia Durán, que estaba representado na zona polo veciño de Cesantes Cándido Ramiro Cabaleiro. Non é ata 1942 que voltamos ter información sobre o proxecto. É un documento asinado polos alcaldes de barrio de Cesantes e O Viso posicionándose na súa contra, «un dos máis correntes e primordiais medios de vida de que dispoñen moitos veciños destas dúas parroquias é o aproveitamento dos produtos do mar, entre eles o marisco. Numerosas familias en determinadas épocas do ano viven única e exclusivamente desta clase de traballo», argumentaban (no orixinal en español). Arquivo Municipal de Redondela.

13

Madoz, Pascual (1986 [1845-1850]). “Galicia”. Tomo V. Diccionario Geográfico Estadístico-Histórico de España y sus posesiones de Ultramar. Santiago de Compostela. Libros Galicia.1118-1119.

21

14

Carmona Badia, Joám; Giráldez Rivero, Jesús; Muñoz Abeledo, Luisa (2000). “Galicia”. En: Vivir no Atlántico Norte. Santiago de Compostela. Consorcio de Santiago. 80.

Este proxecto foi presentado por José Luis Fernández-Peña y Pineda en 1942. Solicitaba unha concesión de 25.000 m2 para parque de cría, engorde e explotación. Arquivo Municipal de Redondela.

22

Asociación de Mulleres Xanela (1996). Boletín nº 2. Redondela. 4.

33


34

Mapa das freguesías de San Martiño de Vilaboa, Santa Cristina e San Adrián de Cobres Vilaboa (AHP PONTEVEDRA MP 1-3-1/5)


As salinas do Ulló-Vilaboa

Breve crónica do sal A historia de Occidente é salgada. Foi valor de pago na época romana, definiu rotas comerciais, axudou na consolidación de enclaves... O sal resultou determinante na conservación de alimentos ata finais do século XIX. Na Galiza, foi un elemento complementario na evolución da pesca e só coa aparición da conserva ía comezar o seu devalo na primacía como método de conservación do peixe. Ao longo da súa historia, Galiza foi unha grande consumidora de sal, mais o papel produtor do país ía ser máis ben modesto. Da man dos romanos introducíronse en Galiza os sistemas de salga do peixe e canda eles, tamén os métodos de obtención do sal. Xacementos arqueolóxicos testemuñan no litoral o desenvolvemento destas actividades1. No alto medievo, o papel produtor da Galiza ficou reducido a iniciativas illadas, localizadas as máis delas na zona do Salnés, e que non abondaban para abastar o mercado interno. Como sinala Ferreira Priegue: «as salinas galegas non eran xacementos naturais, senón pozas e estanques feitos para aproveitar o sal mariño logo de moito traballo e pouco resultado».2 Mais a historia do sal non pode ser narrada sen referenciar o ordenamento que Afonso XI realiza en 13383, no que se determina o seu control a través da monopolización do comercio. Posteriormente, en 1564, Felipe II ía decretar o estanco e a regulación da venda do sal en almacéns, aumentando aínda máis o control real sobre este produto. Iniciouse con esta medida un escenario onde o control sobre este recurso se realizaba en tódolos chanzos, desde a produción, con arrendamentos para crear salinas, ata a súa comercialización, coa venda a través dos almacéns; e repercutía en grandes ingresos nas contas reais. Nun contexto de monopolio non era estraño que aparecesen prácticas de contrabando, contra o que se tomaron medidas represivas. Ás veces, a obsesión polo control chegou a episodios ridículos, como cando se prohibiu

35


«facer pan con auga do mar».4 E baixo este dominio estatal sobre o sal tivo que evolucionar o sector da pesca, e máis concretamente, da salga en Galiza ata finais do século XIX5, cando se produce o desestanco do sal. Esta situación tivo repercusións directas sobre a capacidade de competencia da industria da salga nos mercados estatais e internacionais. Outro elemento destacábel ao falarmos do sal en Galiza está referido ao intenso comercio que se ía artellar. Debido á súa proximidade xeográfica, as explotacións da costa portuguesa foron unha das principais fontes de subministro para a incipiente actividade de salga do peixe. Sinala Ferreira Priegue cómo o aumento da produción pesqueira no século XIV obrigou a procurar mercados que abastarían a demanda galega. A partir da segunda metade do século XIV intensificouse a importación do sal desde os centros salineiros de Portugal e da Bretaña. Este feito ten unha incidencia directa sobre a proto-industria da salga galega, que ata ese momento tivera problemas de abastamento, circunstancia que limitaba a súa capacidade de produción. Na metade do século XVIII, coa chegada dos fomentadores cataláns, iniciouse unha nova xeira na historia da industria da salga en Galiza. Produciuse unha expansión desta última, o que supuxo tamén un aumento na demanda de sal. En 1790, o consumo de Galiza acadou as 360.000 fanegas, das cales a metade foron para Pontevedra, «mais aínda así houbo escaseza de subministros».6 As rendas do sal representaban nos inicios do XIX o 13,37% do recadado pola Facenda Española7. En 1870, a administración española puxo fin ao estanco do sal. O que segundo Castroviejo significou «destraba-las posibilidades produtivas das nosas pescarías, gañar mercados estranxeiros e formar capitais que van ser investidos no sector, ou potenciar outras actividades industriais e comerciais».8

A produción de sal: as salinas do Ulló 36

Localizadas no fondo da Enseada de San Simón atopamos o conxunto denominado ‘Salinas do Ulló’. Hoxe mantéñense en pé só unha parte das estruturas do complexo salineiro que estivo activo a comezos do século XVIII en varias localizacións do litoral de Vilaboa.


A Enseada non foi, desde unha perspectiva produtiva salineira, un espazo de referencia. Non existen testemuños relacionados coa explotación de salinas anteriores ao século XVIII, maila as condicións naturais existentes propicias para actividades deste tipo.9

Coa acción das marés, a banca exterior do complexo salineiro do Ulló evidencia un deterioro que dificulta a súa conservación.

A orixe das salinas de Vilaboa haina que procurar no estabelecemento do colexio dos Xesuítas na cidade de Pontevedra no século XVII. Na chegada dos Xesuítas á cidade do Lérez, xogaron un papel importante Antonio Mosquera Villar, que era Administrador Xeral da Fábrica de Salinas do Reino de Galicia, e a súa muller Antonia Pimentel, pois como sinala Castiñeiras Guerra «insisten na fundación deste colexio de Xesuítas en Pontevedra, doando ao efecto outra forte suma, que, ao non poder ser cobrada en metálico, se substitúe pola cesión ao colexio, entre outros bens, dos sitios ou zonas do Ulló na freguesía de San Martiño de Vilaboa, destinados para fábricas de salinas».10 Diversas circunstancias demoran a cesión dos terreos e non sería ata o ano 1693 cando se realizou a doazón11. Fíxose da man do fillo de Antonio Mosquera, Melchor Mosquera, en calidade, tamén el, de Administrador Xeral das Salinas do Reino de Galicia, quen lle concedeu ao colexio de Xesuítas os terreos para que «pudiese hacer y fabricar unas salinas en los dos ullos que distan poco más de legua y media de esta villa y están sitos en la feligresia de San Martín de Villaboa, cuyos sitios cubre el agua de la mar en su corriente12». Entre

37


os anos 1694 e 1698 construíronse catro salinas. No lugar de Gordenla e Freixeiro estaba localizada a que se deu en chamar de ‘San José del Ullóo’; en Porto Muíños situábanse as de ‘La Cruz’ e ‘San Ignacio’; e por último, na parroquia de Santa Cristina estaba a do ‘Ulloó de Abaixo’ ou ‘Larache’.13 Xunto a estas edificaríase unha casa en tanto que almacén de sal, desde onde se xestionaba a explotación, ao tempo que se empregaba para almacenar a produción. O período de actividade do complexo salineiro foi relativamente curto, e de xeito xeral, non acadou un papel relevante como centro produtor. No inicio estimábase unha capacidade produtiva para estas salinas dunhas catro mil fanegas14. Mais en 1727, tres das salinas xa non estaban operativas debido ao deterioro que presentaban. Na única activa a produción era escasa e en 1736 foi só de duascentas fanegas de sal.

En 1727 tres das salinas xa non están operativas debido ao deterioro que presentaban.

38

Calo Lourido15 apunta que os intereses dos xesuítas estarían centrados máis no mantemento das posesións que na produtividade en si. Por este tempo tiñan arrendadas as salinas que deixaran de traballar a varios veciños de Vilaboa para o aproveitamento dos xuncos e da herba. Os motivos que se apuntan para o seu deterioro están en relación a unhas condicións ambientais adversas, que mesmo deberon de deteriorar as súas estruturas16. A comezos do século XVIII, o hemisferio Norte seguía baixo unhas condicións climáticas estremas, o que se deu en chamar ‘Pequena Idade de Xeo’.17 É factíbel que este contexto climático fose responsábel tanto dunha diminución da produción, derivada da menor insolación rexistrada, coma dun deterioro estrutural debido a un recruamento dos temporais no mar. En 1752 continuou activa a única salina, onde traballaban nove marlotos e seis medidores de pa cargada, veciños das freguesías de Santa Cristina de Cobres e San Martiño de Vilaboa18. A fin da actividade salineira en Vilaboa estivo relacionada con acontecementos que transcenden o ámbito produtivo. Referímonos á expulsión dos Xesuítas, que se


produciu en abril de 1767 durante o reinado de Carlos III. Unha decisión que significou tamén a expropiación de todos aqueles bens pertencentes á orde relixiosa. Iniciouse, pois, un longo proceso sobre a propiedade destas posesións. A maioría dos bens dos xesuítas vendéronse en subhastas a finais do século XVIII e metade do XIX.19 Así aconteceu coas salinas de Vilaboa, as cales, nos últimos dous séculos, teñen mudado de propietarios en diversas ocasións. Na actualidade, o conxunto de Vilaboa sofre un deterioro considerábel, que se evidencia sobre todo nos derrubes producidos na banca exterior.

NOTAS 1

2

3

Os achados recentes en Vigo non veñen senón confirmar o destacábel desta actividade. En: Lamas Jorge (2004) Un arqueólogo expón en Nantes os achados romanos en Vigo. [En liña] páxina web: http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/09/16/3029493.shtml [Consulta o 26 de Outubro de 2007] Ferreira Priegue, Elisa (1988). “Galicia en el comercio marítimo medieval”. A Coruña. Fundación Barrié de la Maza. 157. (no orixinal en español). Ferreira Priegue, Elisa (1988). “Galicia en el comercio marítimo medieval”. A Coruña. Fundación Barrié de la Maza. 162.

4

López Capont, Francisco (1998). “El desarrollo industrial pesquero en el siglo XVIII”. Los salazoneros catalanes llegan a Galicia. A Coruña. Fundación Barrié de la Maza.128.

5

«(...) o estanco do sal, pola facilidade de manipulación dos prezos polo Estado, daba lugar a un instrumento de política económica moi recorrido, transformándose nun gravoso imposto, regresivo e obstaculizador do desenvolvemento industrial, á longa prexudicial ó mesmo erario». En: Santos Castroviejo, Santiago (1990). Historia da Pesca e a Salgazón nas Rías Baixas.Vigo. Unipro Editorial S.L. 77.

6

López Capont, Francisco (1998). Op cit. 177.

7

Santos Castroviejo, Santiago (1990). Op cit. 76.

8

Santos Castroviejo, Santiago (1990). Op cit. 91.

9

A existencia de pequenas baías e chairas intermareais favorecían a súa instalación, condicións estas presentes en zonas do litoral da Enseada.

10

Castiñeiras Guerra, M. (1979). Vilaboa do Morrazo. Pontevedra. Edición do autor. 155. (no orixinal en español).

11

Calo Lourido, Francisco (2002). “Os xesuítas de Pontevedra tiveron salinas”. Revista da Asociación de Veciños San Roque nº 4. Pontevedra. 27

12

Rivera Vázquez, Evaristo (1989). Galicia y los jesuitas. Sus colegios y enseñanza en los siglos XVI al XVIII. A Coruña. Fundación Barrié de la Maza. 369.

13

Castiñeiras Guerra, M. (1979). Vilaboa do Morrazo. Pontevedra. Edición do autor. 70.

14

Rivera Vázquez, Evaristo (1989). Op cit. 369.

15

Calo Lourido, Francisco (2002). “Os xesuitas de Pontevedra tiveron salinas”. Revista da Asociación de Veciños San Roque nº4. Pontevedra. 29.

16

Castiñeiras Guerra, M. (1979). Op cit. 71.

17

As investigacións da historia climática da Terra recollen a existencia dun episodio climático de acentuado arrefriamento do planeta coñecido no ámbito científico como “Pequena Idade de Xeo”. Non existe unanimidade ao respecto da duración deste episodio. Hai quen o restrinxe entre os séculos XVI-XIX. Outros traballos contextualízano desde 1300 con pequenos períodos de quecemento. Todos coinciden no endurecemento das condicións ambientais durante ese tempo vinculado a unha diminución da actividade solar. Dentro deste período hai un momento, durante o que as condicións acadaron niveis estremos no Hemisferio Norde e noutras latitudes do planeta, que se coñece como “Mínimo de Maunder” e se localiza cronoloxicamente entre 1645-1715. Unha diminución da incidencia solar tería unha incidencia negativa sobre aquelas actividades que dependían do sol para se desenvolver como é o caso das salinas.

18

Arquivo Histórico Provincial (AHP). Catastro da Ensenada. Interrogatorio y Listas Generales de las freguesías de San Martín de Vilaboa, San Adrián de Cobres, Santa Cristina de los Cobres. C-584-5.

19

Castiñeiras Guerra, M. (1979). Op cit. 72-73.

39


40 A fĂĄbrica de salga constaba de dĂşas naves, patio con dĂşas dependencias e un peirao.


A fábrica do Alemán (Rande) Conservas Boyé en Rande Nas variábeis de localización dos almacéns da salga tiveron un papel destacábel as características naturais. Procurábanse espazos que facilitasen tanto o acceso ás embarcacións coma os traballos de desembarco das cargas ata os almacéns. Os areais eran espazos axeitados para estes traballos. Neste sentido, a pequena praia de Rande presentaba as condicións precisas para permitir o estabelecemento da industria da salga. Para unha reconstrución cronolóxica da actividade da salga neste enclave tivemos que nos valer da localización de referencias en diferentes fontes documentais. Podemos así trazar un desenvolvemento para esta industria na pequena enseada de Rande; unha historia que vai pivotar sobre o apelido Carsí.

Na estrutura do peirao exterior son identificábeis varias pedras con acanaladuras que deberon facer parte da zona do morto.

Procedente de Vilanova i la Geltru, esta familia estabeleceuse en Vigo onde ía contar con instalacións dedicadas á salga de peixe. Meijide Pardo1 nomea a Sebastián Carsí nunha listaxe de fomentadores existentes en Vigo nos inicios do século XIX. No entanto, descoñecemos cando é que os Carsí iniciaron a súa actividade en Rande. A primeira referencia atopada sitúanos en 1836, ano no que Sebastián Carsí2 estaba realizando actividades de salga de pescados e carnes en Rande. Nese ano, a fábrica de salga de Rande producía 517 quintais de sardiña e parrocha.

41


Sabemos que a familia Carsí continuou desenvolvendo a súa actividade en Rande a finais da década dos 50, pois Santos Castroviejo3 recolle unha causa criminal contra Juan Carsí, fomentador en Vigo e Rande, por fraude á Facenda Pública en relación ao sal empregado nunha partida de peixe con destino a Donostia en 1857.

Nas instalacións pódese localizar a zona que, a partir de 1948, vai acoller a produción de conservas baixo a marca “Conservas Boyé”. Foto: Paulo Jablonski.

42

A partir de aquí, a familia Carsí desapareceu da documentación referida á salga de peixe en Rande e non volveu aparecer ata a década dos 40 do século XX, xa para vender as instalacións. Entendemos que os Carsí, malia abandonaren a salga de peixe, deberon manter a propiedade das instalacións e non só, pois, ao noso entender, íanlles tirar proveito ao alugárenllas a diferentes empresarios durante o último tercio do XIX e comezos do XX. A documentación, o que nos aporta é unha sucesión de nomes que desenvolven a actividade da salga nesa zona. Decantámonos pola idea de que esa actividade se desenvolveu nun único establecemento e o que mudou foi a figura do fomentador, que mediante o aluguer, pasaba a xestionar as instalacións. Así, en 1868 atopamos a José Puig4 desenvolvendo traballos de salga en Rande. Como xa apuntamos anteriormente, en 1939 a familia Carsí venderá as instalacións de Rande a Ramón Cordero Martín, quen mantivo o uso que se lles viña dando. Trala Guerra Civil, o illamento económico e as limitacións de abastecemento condicionaron un reponte na salga do peixe. En 1941 Román Cordero Martín5 solicitou autorización á Autoridade Portuaria de Vigo para ocupar unha franxa na zona marítimo-terrestre que lle permitise realizar unha ampliación das instalacións para a salga de peixe que mantiña en Rande. Construíu, pois, un muro de ribeira e dúas ramplas que servisen de atraque, así como accesos á praia mediante escaleiras.


Realizou tamén un recheo ao leste da fábrica coa intención de destinalo a secadoiro de peixe. Estas obras non finalizaron ata 1945. Durante o transcurso das obras, a fábrica sufriu unha mudanza en canto á súa titularidade, pois no ano anterior Román Martín lla vendera a Otto Gerdtzen Boyé, alemán asentado na cidade viguesa, onde mantiña aberto un almacén de maquinaria. Ao finalizaren as obras, a fábrica de salga constaba de dúas naves, patio con dúas dependencias e un peirao. Como xa indicamos, ao leste estaba situado un secadoiro de peixe. Descoñecemos calquera información sobre as características das instalacións existentes antes das reformas realizadas en 1941. Partindo das ruínas que permanecen é posíbel estimar certa lóxica evolutiva. Nos restos das instalacións de Rande pódense identificar aínda as pías de salgar. Podemos estabelecer dous grupos diferenciados segundo os materiais construtivos: nunha das naves existe un grupo de cinco pías feitas con perpiaños e hai un segundo grupo de 10 pías soterradas, feitas en ladrillo e cemento, na outra. A localización separada entre os dous grupos abre a posibilidade de que o primeiro formase parte das instalacións primixenias. Pola contra, o segundo estaría relacionado coas reformas realizadas en 1941. Non podemos localizar a zona do prensado, aínda que sabemos que o método empregado era mediante fusos e non con mortos. Aínda así na estrutura do peirao exterior si que é posíbel identificar algunhas pedras con acanaladuras semellantes ás usadas como base nos mortos. Sen dúbida, este sistema de prensado debeu ser o método empregado antes da reforma. Asemade, tamén se pode situar o espazo que, a partir de 1948, se dedicaría á produción de conservas baixo a marca Conservas Boyé. Neste espazo podemos observar os restos dunha sertidora de latas da marca norueguesa

Restos das canles de baleirado das pías de salgar.

43


SOMME. Nunha edificación anexa permanecen dúas caldeiras para a produción de electricidade. Un dos maiores atrancos cando se pretende facer o estudo dunha industria radica na non conservación dos arquivos da propia empresa, o que dificulta calquera achega pormenorizada a todo o referido ás capacidades produtivas, ao persoal ou aos mercados de venda. En relación á empresa que nos ocupa, pouco sabemos neste aspecto, tan só que para prensar o peixe salgado, logo das reformas realizadas nos anos 40, as instalacións contaban con 28 fusos de prensar6. Como xa dixemos, Otto Gerdtzen foi máis aló da salga de peixe e tratou de se introducir no mercado das conservas. En 1948 creou a marca Conservas Boyé, localizada na mesma fábrica de Rande. A produción de conservas debía ser modesta, pois a capacidade da autoclave para a esterilización das conservas era só de 1,40 m3. Durante varios anos as dúas liñas de produción compartiron as instalacións ata que en 1952 se pechou a salga. No período final, a fábrica centrouse unicamente na produción de conservas. En 1955, cando se pechou definitivamente a fábrica, íase pór fin a máis dun século de actividade transformadora do peixe na zona de Rande.

NOTAS 1

44

Meijide Pardo, Antonio (1968). “Contribución de los catalanes al desarrollo de la Industria Pesquera de Vigo”. En separata do libro: Aportación española al XXI Congreso Geográfico Internacional. Madrid.Instituto Geográfico y Catastral. páx 291.

2

AHP de Pontevedra. Arquivo da Delegación de Facenda de Pontevedra. Legaxo 7252/2.

3

Santos Castroviejo, Santiago (1990). Historia da Pesca e a Salgazón nas Rías Baixas. Vigo. Unipro Editorial S.L. 121.

4

AHP de Pontevedra. Arquivo da Delegación de Facenda de Pontevedra. Legaxo 7252/4.

5

A información referida ao proceso de reforma da fábrica de salga recollida en: Arquivo Porto de Vigo (APV). Expediente Conservas Boyé.

6

Arquivo Municipal de Redondela. Matricula Industrial. legaxos 419-422


45


46 Os almacĂŠns de salga caracterizĂĄbanse pola forma de U dunhas instalaciĂłns orientadas hacia o mar.


F´´ábrica de salga da Regasenda A de Mañas Na segunda metade do século XVIII, o litoral galego asistiu á irrupción dos almacéns de salga impulsados polos fomentadores cataláns que se foron asentando nas vilas e praias galegas. Comezou un tempo de transformación, convulso por veces, para o litoral galego. De darmos por boa a data grabada no frontal dunha das entradas, 1767, o inicio da historia da fábrica de salga situada no lugar da Regasenda, en Cedeira, habería que contextualizalo nas primeiras fases da chegada dos cataláns. Sábese da existencia de fomentadores cataláns na Enseada nese período1. Os primeiros almacéns de salga compartían entre eles unha homoxeneidade tipolóxica nas edificacións. En relación a esta cuestión, López Capont sinala: «na Galiza do século XVIII, seguían todos unha mesma uniformidade distributiva, que en síntese podemos dicir que consistía nun grande alboio en forma de grande U, cuberto de tella do país, mais sempre de planta baixa e coa entrada orientada cara o mar, por onde viña a sardiña».2 Neste sentido a fábrica de salga existente na Regasenda, mantén en planta este modelo de edificación. É un conxunto arquitectónico localizado sobre unha ampla zona gañada ao mar. A relación entre este último e as edificacións prodúcese a partir de diversas ramplas e escaleiras situadas todo ao longo do perímetro exterior da fábrica. As construcións están localizadas beirando un espazo central aberto e completadas cun muro perimetral que pecha o conxunto. Malia o deterioro evidente é posíbel localizar, a partir dunha identificación visual, os diferentes espazos. No leste da parcela, as edificacións existentes contaban con planta e baixo, estando a parte inferior destinada

Plano de localización en Punta Soutelo do almacén de salga propriedade de José Otero González.

47


á almacenaxe do sal. No espazo superior estivo, nos inicios, a vivenda do propietario, mais, na última etapa da fábrica, nela estaban localizadas as oficinas. No norte da parcela atopábase a zona de salgado do peixe e prensado, onde se dispuñan as pías do salgado e anchoado. Enfronte, no ano 1945, construíuse unha cuberta que aínda permanece en pé, habilitándose un espazo coa fronte aberta cara o patio central. Esta zona estaba destinada á almacenaxe e a usos diversos, sendo o lugar onde as traballadoras adoitaban comer.

No ano 1945 foi construída unha cuberta que aínda permanece en pé, habilitándose un espazo coa fronte aberta hacia o patio central.

Escrito remitido por Conservas JOB en 1938 onde se recolle unha produción anual de 450.000 quilos.

48

Como acontece con outros estabelecementos de salga que atopamos na Enseada, as fontes sinalan unha alternancia de fomentadores nas instalacións da Regasenda. As primeiras referencias atopadas sitúannos na primeira metade do XIX, con Ramón Abeleira3, fomentador de salga, tanto de peixe coma de carnes. Malia ter o almacén de salga en Cedeira, Abeleira era veciño de Vigo. Parte da súa sardiña salgada comercializábase noutras partes do Estado. A distribución facíase a través do transporte marítimo. En 1838, a produción comercializada no exterior foi de douscentos quintais4 de sardiña salgada, nos que se consumiron cen fanegas de sal. Dous anos despois, en 1840, a fábrica aumentara a produción comercializada no exterior ata os cincocentos noventa e oito quintais de sardiña, que precisaron duascentas noventa e nove fanegas de sal para seren salgadas. No transcurso da segunda metade do XIX, a actividade das instalacións de salga estivo nas mans de Francisco Tapias y Hnos.5 Tamén neste caso, o sal serviu como referente da produción. Sabemos que a cantidade de sal servida en 1862 foi de catrocentos quintais, namentres que en 1863, a fábrica aumentou a súa demanda ata os mil quintais.6 No século XX, pódese diferenciar a actividade da fábrica en dous períodos. Hai un primeiro que se circunscribe nas primeiras décadas do século XX. Neste tempo, as


instalacións estaban nas mans da marca Vª e Fillos de Luís Pérez, que seguían centrando a actividade na salga da sardiña. A partir dos corenta a fábrica volve estar activa, nas mans, agora, de José Otero González. Nesta fase realizáronse algunhas reformas das instalacións. Nos momentos de maior actividade chegou a contar con preto de cen mulleres traballando. A produción estaba diversificada, pois se producía sardiña salgada e tamén se traballaba o bocarte mediante o método do ‘anchoado’. Este proceso supuña unha maior elaboración do produto xa que era preciso limpar a pel do bocarte, e requiría ter o peixe máis tempo na salmoira ca no caso da sardiña salgada. Outra das características desta última etapa é o tipo de prensado aplicado. A fábrica contaba con dezaseis fusos7 de prensado. En 1962, mantivo unha produción de dez toneladas entre sardiña salgada e bocarte. As mudanzas alimenticias vividas na sociedade no transcurso da segunda metade do século XX incidiron negativamente na produción do peixe salgado. A perda do mercado levou ao peche dos almacéns de salga. No caso da fábrica da Regasenda o peche producíuse no transcurso da década dos sesenta.

No espazo superior estivo, nos inicios, a vivenda do propietario, mais na última etapa da fábrica, estaban localizadas as oficinas.

NOTAS 1

González, Xosé Manuel (1992). A Vilas de Redondela nos tempos do catastro de Ensenada. Redondela. Concello de Redondela. 29.

2

López Capont, Francisco (1998). El desarrollo industrial pesquero en el siglo XVIII. A Coruña. Fundación Pedro Barrié de la Maza.119. (no orixinal en español).

3

Arquivo Histórico Provincial (AHP). Arquivo Delegación Facenda Pontevedra (ADFP). 7252/1

4

1 quintal= 4 arrobas=100 libras= 46 quilos. 1 fá-

negas=112 libras=51,52 quilos. En: Santos Castroviejo, Santiago (1990). Historia da Pesca e a salgazón. Vigo. Unipro Editorial. 14. 5

Santos Castroviejo, Santiago(1990). Historia da Pesca e a salgazón. Vigo. Unipro Editorial. 148.

6

Arquivo Municipal de Redondela (AMP). Matricula Industrial. legaxos 419-422.

7

Arquivo Municipal de Redondela (AMP). Matricula Industrial. legaxos 419-422.

49


Plano do proxecto de construción do edificio de Conservas JOB en 1935.

Vista do peirao da conserveira no areal de Cesantes. Fondo Cal-3 fotografía.

50


Fábrica de Conservas JOB

A evolución da salga á conserva no tránsito do século XIX ao XX semella natural na cronoloxía temporal de moitas das familias vinculadas á transformación do peixe no litoral galego; tránsito que percorreu tamén a familia Otero Bilbao, que xa mantiña aberta unha fábrica de escabechado en Vilavella. A posta en marcha da actividade conserveira producíuse logo de adquirir a leira El Merendero no barrio de Catapeixe, en Cesantes. O nome víñalle do uso dado polos antigos propietarios: un pequeno estabelecemento onde servían comidas e que na altura era referente na comarca como espazo de lecer. Para a súa entrada no mundo da folla-lata, a familia Otero Bilbao creou a marca Conservas JOB, iniciando a súa actividade na década dos trinta. O proxecto da fábrica, nunha primeira fase, contemplaba a edificación de dúas naves de tipoloxía construtiva lonxitudinal. A organización do espazo na conserveira estabelecía unha separación entre a zona destinada á preparación do peixe e o espazo que acollía as máquinas, torradores e caldeiras. Argumentando a necesidade de «aumentar a capacidade de produción da miña fábrica de conservas», en 1939 presentouse un proxecto de ampliación. Nel contemplábase un aumento das instalacións existentes, así como a construción de muros de

Plano de localización da conserveira JOB na praia de Cesantes.

51


contención con escadas de pedra que desen acceso á praia e un peirao, tamén en pedra, para «facilitar a faena de descarga dos barcos que conducen pesca con destino a ser elaborada na miña fábrica mencionada». Parte destas estruturas perimetrais aínda existen. É o caso do peirao que se atopa no estremo norte da fábrica. Nos anos corenta a fábrica contaba con autoclaves, que se empregaban na esterilización das latas, cunha capacidade de 10,506 m3.

Plano do proxecto de ampliación da conserveira realizada en 1939.

52

Na Enseada, a actividade extractiva de marisco, nomeadamente ameixas, dependía, dun xeito asfixiante, das fábricas de transformación. Así, non era estraño que xurdisen conflitos entre os mariscadores da zona e as fábricas. Sabemos por Barros1 que en 1933 se produciu unha protesta dos mariscadores de Cesantes denunciando cómo a fábrica de Otero González non recollía a ameixa. Na liorta tiveron que intervir a Sociedade de Mariñeiros de Cesantes e o que daquela presidía a xestora que rexía o concello de Redondela, Pais Llorens. Na altura, a saída dos moluscos para a venda en fresco era case inexistente, o que agudizaba a dependencia dos mariñeiros con respecto ás industrias de transformación. Moitas fábricas contaban con embarcacións propias, e non en poucas ocasións a compra das capturas se facía directamente no mar. Foi este o motivo polo que os conflitos permaneceron no tempo. Aínda na década dos cincuenta,2 Agustín Míguez sinala como «nas tempadas de marisqueo, ás veces, na fábrica non collían todo o marisco. Entón tiñas que tirar o marisco no mar, porque non había a quen llo vender». Segundo narra


Míguez, a ameixa era moi rendíbel con prezos que acadaban as trinta pesetas o caixón de corenta e oito quilos. A conserveira JOB mantivo a súa actividade ao longo das décadas dos cincuenta e dos sesenta, cunha produción centrada na conserva de marisco, que se segue a comercializar baixo marcas como La Coca. No final dos sesenta produciuse unha mudanza na dirección da fábrica: a conserveira adquiriuna a familia Rodríguez Pascual. Os novos propietarios contaban con instalacións en Vilavella e tamén en Arcade, na fábrica que fora Conservas Sueiro. A día de hoxe, a produción continúa nas instalacións de Cesantes, sendo a única conserveira activa en Redondela. Tapa dunha conserva “La Coca” comercializada por Conservas JOB.

53


54 Vista aĂŠrea da zona de Vilavella, onde a actividade conserveira estivo presente atĂŠ os anos 60.


Unha familia conserveira: os Otero Bilbao

No convento de Vilavella está labrado na pedra, ao xeito de escudo nobiliario, o acrónimo JOB. É a pervivencia en pedra da familia que fixo da transformación do peixe o seu pequeno imperio. JOB, non son, senón, as iniciais de José Otero Bilbao. Se ben é este o nome que ilustra a historia, o protagonismo sería para os sucesores: a viúva e fillos, sobre todo José Otero González, artífice de boa parte do proxecto empresarial. O desenvolvemento da actividade produtiva levouse a cabo baixo a marca Sucesores de José Otero Bilbao. A historia comeza en Vilavella. En contra do que puidese parecer pola súa localización, lonxe da beiramar, a zona de Vilavella destacou como zona de intensa actividade de transformación de peixe, tanto de salga como de conservas, ao longo do século XX. A actividade dos Otero Bilbao deu os primeiros pasos no mundo da industria da transformación do peixe na década dos vinte, acadando o momento de maior expansión na dos corenta. Nun primeiro momento, nos anos vinte, a produción estaba centrada no escabechado do peixe. Nos trinta, a familia Otero Bilbao apostou pola conserva, coa construción dunha conserveira en Cesantes. Pola súa parte, José Otero González adquiriu un almacén de salga localizado no lugar da Regasenda. En 1938, en resposta a un escrito dirixido polo gobernador civil, JOB declarou ter unha media anual3 de 450000 quilos incluída a produción de conservas de mariscos, salga e ‘anchoado’. Aos poucos foise configurando a estrutura empresa-

Esquerda: anuncio da conserveira Rodríguez Pascual aparecido no programa das Festas da Coca de 1968. Dereita: anuncio de Conservas JOB aparecido no programa das festas da Coca de 1968.

55


rial. É o momento no que adquiriron o convento de Vilavella, que tras as reformas efectuadas se empregou como vivenda e almacén das fábricas do grupo. Nun xiro temporal o convento volveu ter presente o mar, xa que durante a estadía das monxas xustiníanas, estas tamén preparaban ostras en escabeche, comercializadas en pequenos barrís. A partir de 1942, José Otero González comezou a desenvolver actividades vinculadas á comercialización de pescado para abastecer os mercados do interior do Estado. Mantívose como acopiador de pescado ao maior ata o ano 19624. En 1952 desapareceu a marca Sucesores José Otero Bilbao, pasando o grupo empresarial a estar baixo a dirección de José Otero González. Na segunda metade do século XX, iniciouse unha importante transformación da beiramar galega, coa aparición das primeiras bateas para o cultivo do mexillón. Fronte a fábrica de salga da Regasenda, José Otero González instalou un criadeiro de mexillón de 500 m2 coa pretensión de que servira para abastecer a conserveira de Cesantes. Progresivamente o grupo empresarial foi desaparecendo; primeiro, co peche da fábrica de salga e posteriormente, coa venda da fábrica de conservas a finais dos sesenta.

56

En primeiro plano, a antiga rampla de acceso ás instalacións da conserveira.


A actividade conserveira continua nas instalacións de Cesantes, baixo a marca comercial Conservas Rodríguez Pascual

NOTAS 1

Barros, Lois (1998). Galeguismo e Sociedade na Redondela da II República. Sada. Ed. do Castro. 38.

3

Arquivo Municipal de Redondela (AMR) Estatística, padróns e censos. 2718/9.

2

Información reconstruída a través da comunicación oral de Agustín Míguez, mariñeiro de 77 anos da parroquia de Cesantes (Redondela).

4

Arquivo Municipal de Redondela (AMR). Matrícula Industrial. legaxos 419-422.

57


58

Vista aérea da beiramar de Arcade. En primeiro plano o coñecido como peirao Laforet adicado á descarga de mineral. Na parte superior á dereita, as instalacións da conserveira Sueiro. Fondo Seoane Franco. Museo do Mar de Galicia.


Conservas Sueiro1

Desde a década de 1920, Ramón González Sueiro mantiña no lugar de Canabal, en Sober, diversas actividades empresariais vinculadas do comercio. Un vendedor de peixe que percorría a montaña luguesa faloulle do lugar de Arcade e da exportación de ostras. As palabras do vendedor deberon causar fonda impresión, pois en Setembro de 1942 González Sueiro estaba xa en Arcade coa idea de se adicar á exportación deste molusco. Da man de Xosé Solla tomou contacto con mariñeiros e serrerías, para o fornecemento de material para as embalaxes. Mantiña viveiros de ostra e ameixa en Arcade e no lugar de Fontán en Soutoxuste. Adquiría tamén ostra nas zonas de Bueu e Cambados. Comercializaba dous tipos: a xigante ou a extra. Do mesmo xeito que outros empresarios do sector, a maioría das súas exportacións ían cara Madrid, Barcelona, Bilbao e Zaragoza principalmente. Na capital española, entre os anos 1947 e 1951 mantivo aberto un posto no Mercado Central para a distribución das mercadorías. En 1947, González Sueiro aproveitou parte dos recursos económicos xerados coa comercialización da ostra para pór en marcha unha pequena conserveira na zona do peirao de Arcade. O contexto económico inducido desde o réxime franquista tivo, no sector conserveiro galego, entre outras repercusións, unha atomización da actividade coa aparición de pequenas conserveiras2. Foron iniciativas empresariais que se caracterizaron polo modesto da súa produción. González Sueiro habilitou para tal fin o baixo da vivenda e a parte posterior da súa

Parques de engorde de ostra no litoral de Arcade. No fondo á dereita, a conserveira Sueiro. Fondo Míguez Rodiño. Museo do Mar de Galicia.

59


finca. Tratábase de perto de 300 m2 de instalacións divididos en varios espazos que acollían zonas de manipulado e envasado e almacéns. Entre a maquinaria coa que contaba, atopábase unha sertidora para o peche das latas da marca norueguesa Somme, concretamente o modelo Somme 115. Para a esterilización das latas dispuña dunha autoclave con dous m3 de capacidade, que se construíra nos talleres León de Vigo. A produción comercializábase en latas grandes, das chamadas ‘panderetas’, medio ovais e cuartos ovais, distribuídas en caixas de madeira troqueladas baixo a denominación Conservas Sueiro. Na fábrica traballaban entre cincuenta e sesenta mulleres que se ocupaban do preparado do marisco e o seu enlatado. Na súa maioría procedían da zona de Arcade, Ponte Sampaio e a Canicouva. Ademais das traballadoras, a conserveira contaba cun encargado, que era tamén a persoa responsábel da elaboración dos diferentes mollos. Canda el, outro home se encargaba do mantemento da caldeira e das instalacións. O cadro de persoal completábase co patrón do Primavera, un barco propiedade da conserveira de dez metros de eslora. Esta embarcación empregábase tanto para mercar a flote as capturas dos mariscadores da Enseada como para o transporte do mexillón desde as bateas. A fábrica contaba con acceso directo ao mar a través dunha rampla.

Autoclaves para a esterilización das latas de conserva.

60

A produción estaba centrada na elaboración de diversas conservas de moluscos e pescados presentados de diversas maneiras. O éxito no mercado dunha conserveira, ás veces, dependía máis da preparación dos mollos ca dos propios produtos. Entre outras, a produción de Conservas Sueiro incluía mexillóns en escabeche, sardiñas e xoubas en aceite, croques en mollo de tomate, bonito e ameixas. En 1955, Conservas Sueiro entrou no mundo do cultivo do mexillón facéndose con tres bateas na zona de Rande. Na década dos sesenta, González Sueiro abandonou a produción conserveira. Mais, o peche da fábrica non supuxo a fin da actividade, xa que se alugaron as instalacións a varios industriais conserveiros. Tal e como comprobamos con anterioridade, no estudo do tránsito doutras fábricas de salga e conserva no ámbito da Enseada, semella que o arrendamento foi unha práctica estendida no sector. Desde


Carimbo para o troquelado das caixas de Conservas Sueiro.

a década dos sesenta ao inicio dos setenta ata tres empresarios tiveron alugada a conserveira de Arcade. Jaime Montenegro, ligado por tradición familiar ao mundo da conserva, vai ser o primeiro en alugar as instalacións. Na fin dos sesenta, a fábrica estivo en mans do grupo empresarial Rodríguez & Pascual, que tamén contaban con instalacións en Redondela. Por último, a conserveira estivo nas mans de Aligio Santiago Ferro3, empresario conserveiro natural de Vilaxoán. Aproveitaba as instalacións de Arcade como cocedoiro do marisco que adquiría na Enseada de San Simón e máis tarde enviaba o elaborado a outras fábricas na Arousa e Vigo. O peche definitivo das instalacións producíuse na fin dos setenta, concretamente no ano 1978.

NOTAS 1

Información reconstruída a través da comunicación oral de Leonor González, de 89 anos e filla de Ramón González Sueiro e José Ramón Soto, de 51 anos e neto de Ramón González Sueiro, veciños de Arcade-Soutomaior.

2

Carmona Badia, Joám; Giráldez Rivero, Jesús; Muñoz Abeledo, Luisa (2000). “Galicia”. En: Vivir no Atlántico Norte. Santiago de Compostela. Consorcio de Santiago. 79.

3

«(...) tras da tímida apertura do Plan de Estabilización de 1959 (...) vaise configurar un sector con dous segmentos moi distintos. Dunha banda, o das empresas menos dinámicas, que irán desaparecendo nos anos seguintes; da outra, o das empresas que loitan por reducir a estacionalidade da produción diversificando as especies enlatadas (...)». En Carmona Badia, Joám; Giráldez Rivero, Jesús; Muñoz Abeledo, Luisa (2000). “Galicia”. En: Vivir no Atlántico Norte. Santiago de Compostela. 79.

61


62

Entre o final do XIX e nas primeiras décadas do século XX había en Redondela diversas embarcacións adicadas ao transporte de persoas e mercadorías con Vigo. Imaxe da ribeira de Redondela cun galeón fondeado. Fondo Luís Borines.


Instalacións portuarias

O mar como vía de comunicación Na historia das comunidades costeiras o mar foi longamente transitado. As dificultades das comunicacións terrestres, determinadas por unha orografía difícil, pola inexistencia de medios de transporte eficientes e polo espallamento das poboacións, supuñan un atranco para o relacionamento das comunidades. Na beiramar, este contexto viuse superado grazas ao papel que o mar xogou como vía de comunicación, que permitía tanto o estabelecemento de relacións entre as comunidades asentadas na costa galega coma con espazos xeográficos distantes. É así como, de xeito natural, o mar se converte no espazo da comunicación. Na Enseada o transporte marítimo se desenvolveu con diversa intensidade desde diferentes localizacións. Nalgúns casos eran portos que enlazaban con rutas terrestres cara outras vilas e comarcas, coma o caso do Porto Ulló en Vilaboa ou Ponte Sampaio, que permitiron a comunicación coa cidade de Pontevedra e o interior da provincia, respectivamente. Houbo rotas dunha importancia maior por comunicaren vilas de certa entidade; caso das relacións entre Redondela e Vigo. E tamén outras que se producían en días concretos, coma as que, desde diferentes puntos da ría, se dirixían a Redondela nos días nos que nesta vila se celebraba a feira. Así pois, as relacións deron pé á creación dunha rede de infraestruturas portuarias viradas a facilitar estas comunicacións. Este contexto propiciou o xurdimento dunha rede de medios dispoñíbeis para o transporte, tanto de persoas coma de mercadorías. Eran, na súa maioría, embarcacións de entidade menor, coma dornas e lanchas, que, en non poucos casos, alternaban usos diversos, estando destinadas á

63


pesca ou á pasaxe segundo fose. Lemos no informe que Francisco Antonio de Alfaro, subdelegado de mariña no porto de Redondela, fixo en 1752 «en las feligresias de Sta Cristina y San Adrián hay algunas lanchas, dornas y barcos de pescar que se emplean no solo en la pesca sino también en el pasaje y transporte de las personas que transitan a la villa de Vigo, Redondela y otros parajes de aquella ría, embarcándose en el sitio y embarcadero nombrado del Ulló»1. Por este informe sabemos tamén que nestas parroquias había, na altura, corenta e un matriculados que simultaneaban a pesca e a pasaxe e vintecinco dedicados en exclusiva á pasaxe entre Vigo e o porto Ulló. As lanchas pertencían a tres ou catro mariñeiros e as dornas a dous. Aqueles que realizaban as dúas actividades, pesca e pasaxe, cobraban tres reais de vellón e os da pasaxe, o mesmo cós que só se dedicaban á pesca, dous reais de vellón. Son unhas cifras que nos amosan unha intensa actividade vinculada á cabotaxe. O comercio marítimo interno converteuna nunha actividade económica destacábel nas comunidades costeiras, e que supuña a ocupación principal ou mesmo un complemento para aquelas embarcacións dirixidas á pesca, tal e como xa sinalamos. No comezo do XIX, o porto Ulló contaba cun importante comercio de tabaco e café cara os pobos do interior de Galiza2. En 18453 mantiña a súa presenza como lugar de comunicación con Pontevedra e as vilas do interior. A chegada do ferrocarril e a conexión das cidades de Pontevedra e Vigo na segunda metade do XIX incidiu na perda de protagonismo deste peirao. Non lonxe estaba tamén o pequeno porto de Ponte Sampaio, onde atracaban as embarcacións que conducían xente a Vigo e a outros portos.

64

As dificultades para a navegación que se foron evidenciando na entrada ao porto de Redondela favoreceron o feito de que a zona da Portela fose asumindo maior protagonismo nas comunicacións entre esta vila e as outras da ría. A zona fora escollida polos fomentadores cataláns para instalaren os seus almacéns de salga a partir da segunda metade do XVIII4. En 1752, Bernabé Crespo, veciño da parroquia de Cedeira, transportaba fretes e persoas entre Redondela eVigo. O aumento do tráfico, tanto de persoas coma de mercadorías, determinou a instalación dun apostadeiro de carabineiros nas súas inmediacións. O lugar é coñecido, aínda hoxe, coma Peirao dos


carabineiros. A comezos do XIX estivo destinado neste posto, como alférez de navío, o irlandés John O´Dogherty5, quen xogou un papel destacado na batalla de Pontesampaio, na guerra contra as tropas napoleónicas. A finais do XIX, Máiz localizou a presenza de Xan de Rande entre a costa de Vilaboa e a zona de Rande: «Facía a pasaxe da punta de Santo Adrián ou Palmás á Regasenda ou á propia Punta de Rande, segundo viñeran o vento, a correntada ou o reverso das mareas».6 No lugar da Regasenda existía, e aínda existe, un pequeno peirao en pedra que facilitaba os transbordos. As relacións comerciais fixéronse intensas entre as marxes da ría no devalo do XIX. Hai que destacar o papel que nas relacións comerciais da Enseada xogou a vila de Redondela, adquirindo un protagonismo especial nos días de celebración das súas feiras. Entre finais do XIX e nas primeiras décadas do século XX, esta vila contaba con diversas embarcacións dedicadas ao transporte de persoas e mercadorías con Vigo. Un destes barcos era o pertencente a Francisco García Lamas, quen realizou servizos de cabotaxe na ría entre os anos 1888 e 19037. Entre as embarcacións que conectaban Redondela e Vigo atopábase o balandro ‘Sr. Fernando’, propiedade de José Míguez, entre os anos 1914 e 1919, ou a barcaza de Bernardo Pérez, activa entre o 1902 e o 1909.

Anuncio da empresa de vapores Fábregas, que recolle as diferentes rutas explotadas.

A finais do XIX os datos rexistrados no porto de Vigo apuntaban a «entrada y salida de lanchas con 104822 viajeros principalmente de la villa de Cangas y de los demás puertos del norte de la ría de Vigo».8 Coa chegada do século XX a intensidade das comunicacións na ría foi aumentando. Unha suba condicionada por dous factores principalmente: a irrupción dos barcos de vapor que acurtaban os tempos das viaxes, xunto coa aparición das compañías

65


regulares. Na Enseada, a principal ruta de vapores comunicaba os portos de Santo Adrián e Santa Cristina coa cidade de Vigo, con escala en Chapela. Outras rutas existentes na Enseada nos inicios do século XX comunicaban Redondela con Santo Adrián, Meira e Domaio9. As cifras de viaxeiros recollen estas mudanzas nas estruturas de transporte marítimo. Na ría, nun primeiro período que vai do 1928 ao 1938, movéronse entre 400000 e 500000 viaxeiros anualmente. No segundo, rexistráronse de 800 a 1200000 persoas entre os anos 1940 e 1949. Finalmente, nos anos do 1970 ao 1975, unha explosión final provocou un aumento veloz de 1,5 a 3 millóns longos de viaxeiros anuais.10 Esta alza, xunto coas esixencias de atraque dos novos vapores, determinou a necesidade de dotar o tráfico marítimo de infraestruturas portuarias axeitadas que ofrecesen comodidade e seguridade nos transbordos.Tal foi o caso dos peiraos de Gundixe ou de San Adrián en Vilaboa, que se levantaron na primeira metade do XX. Para localizar o primeiro na parroquia de Santa Cristina, escolleuse a zona de Punta Pereiro, posto que preto dela xa se realizaban de xeito rudimentario as operacións de tráfico marítimo. Tal e como se recolle no estudo xustificativo, «pola configuración da baia e situación da enseada, as condicións de vento e mar son favorábeis nese sitio, polo que se proxecta construír o embarcadoiro seguindo a restinga que de terra se dirixe en dirección ao illote Don Pedro para aproveitar a boa cimentación sobre ela e o mellor calado, sendo o paso ou canal que entre terra e o illote utilizan hoxe as embarcacións». A estrutura do peirao propúxose dun só aliñamento e con dúas rasantes: unha horizontal, a cinco metros sobre o nivel da baixamar equinoccial, e outra en rampla, cunha inclinación do 3,21%. No seu financiamento participou o Estado, aportando o 75%, e o Concello de Vilaboa, co 25% restante.

66

O aumento do tráfico de pasaxeiros con destino a Vigo levou a plantexar a necesidade de construír un peirao que cubrise as necesidades do transporte marítimo na zona de San Adrián. En xaneiro de 1936 o alcalde de Vilaboa, José Pérez Cerqueiro, enviou un escrito á administración do Porto de Vigo no que sinalaba que «na parroquia de San Adrián existía un


embarcadoiro de madeira que prestaba servizo de embarque e desembarque de pasaxeiros e mercadorías. As acometidas do temporal derrubaron dito embarcadoiro. Hoxe hai necesidade de facer tales operacións por medio de pequenas embarcacións coa conseguinte incomodidade e perigo para as persoas que en grande número entran e saen diariamente por medio dunha liña regular de vapores». Desde a administración municipal se comprometeron a cubrir o 25% do orzamento, tal e como xa se fixera no lugar de Gundixe. O levantamento militar provocou unha paréntese no proceso de aprobación do proxecto. En 1939 retomáronse as xestións para levar adiante a obra. Na sesión do 12 de xuño de 1939, a corporación de Vilaboa acordou aboar o 25% comprometido. No informe técnico sinalábase a idoneidade do lugar para acoller a instalación, tanto por ser a zona de maior calado coma por existir un camiño construído que comunicase o peirao coa estrada xeral entre Vilaboa e Moaña. Optouse por unha tipoloxía como a do peirao de Panxón. Para acadar un maior calado estaba previsto, tamén, realizar traballos de dragado da lama. Estimáronse precisos dous metros de profundidade coa baixamar na cabeza do peirao e que se fose reducindo cara terra. Cubríanse, así, as necesidades de calado dos vapores, que precisaban 1,80 metros para operaren sen risco de varar.

ARRIBA: Antigo peirao da Regasenda en Rande. Fotografía Xoán Lueiro. ABAIXO: Nalgúns casos eran portos que enlazaban con rutas terrestres cara outras vilas e comarcas galegas como é o caso do Porto Ulló en Vilaboa ou Ponte Sampaio. Na foto, rampla na Punta Ulló en Vilaboa.

67


Vista xeral da Punta do Socorro, coas instalacións da IME ao fondo. Fondo Cal-3 fotografía.

A industria na beiramar As dificultades das comunicacións terrestres foron unha das circunstancias determinantes na localización de moitas industrias que, sen teren no mar a súa base produtiva, asentaron na beiramar na busca de mellores comunicacións. Neste contexto o mar asume tamén o seu protagonismo como espazo de comunicación. Así, no desenvolvemento industrial da ría, a beiramar vai ocupar un lugar preferencial polas facilidades de comercialización da produción ata a segunda metade do século XX, momento no que as comunicacións por estrada asumiron maior protagonismo.

68

Nalgúns casos, estas industrias crearon infraestruturas portuarias propias, que mesmo acabaron sendo a base sobre a que se desenvolveron


certos espazos portuarios actuais. Tal é o caso da Fábrica de Carburos de Arcade ou da fábrica de conservas dos Otero Bilbao en Cesantes. As actividades industriais que desenvolveron estas primeiras industrias foron diversas; algunhas estaban vinculadas ao sector enerxético, tal é o caso da Azufrera Gallega, que se localizaba na zona de Rande, da IME, na Portela ou da fábrica de Carburos, en Arcade. En 1951, no barrio da Muxieira en Arcade, a fábrica de porcelana e louza de Severino Gómez e Hijos SL solicitou unha concesión para a construción dun peirao-embarcadoiro e rampla coa que dar servizo marítimo ás súas instalacións. Como acabamos de sinalar, entre as industrias que escolleron a beiramar para a súa localización atópase a IME11(Industria Metalífera Española), da que era propietario Carlos Gunche González. A situación de illamento económico que vivía o Estado Español tras da suba ao poder do réxime franquista, tivo, no sector industrial, un dos principais afectados. Neste contexto, iniciou a súa actividade na zona da Portela, ocupando unha parcela na Punta do Socorro no 1947. Entre 1943 e 1946 construíronse as edificacións12 que albergaron as diferentes actividades: dous pavillóns para oficinas e un laboratorio e catro naves para almacéns.A súa actividade centrouse na produción e recuperación de estaño e chumbo, tanto a partir de mineral coma de ferralla. A empresa contaba con concesións mineiras na zona de Avión e adquiría tamén mineral na zona do Barbanza e en Salamanca. Nas minas, por cada cen quilogramos de terra que se extraían, a metade era de mineral aproveitábel. A IME contaba para tal fin cun forno de recuperación con capacidade para

Anuncio da IME aparecido no inicio dos 50 na revista Industrias Conserveras.

69


unha tonelada de mineral e dúas caldeiras de aliaxe cunha capacidade total para tres toneladas13. Nos momentos de máxima actividade a IME chegou a ter preto de duascentas persoas traballando na fábrica, distribuídas en tres quendas, pois a actividade dos fornos era continua. A produción da planta era de cincocentos quilogramos de estaño diarios. Parte do abastamento do mineral, así como a comercialización da produción, facíase por mar, para o que a empresa contaba cun galeón encargado de realizar os fretes. Iniciada a década dos cincuenta, o período da apertura do réxime ao exterior permitiu a entrada de importacións, o que, entre outras consecuencias, tivo unha incidencia directa na caída dos prezos en certos sectores, entre os que se encontraba o metalúrxico. Este factor, xunto a unha mala xestión económica, semella estar na orixe da crise que levou á empresa a cesar a súa produción en 1950. Viñeron posteriormente varios intentos de reiniciar a actividade. Neste sentido, entre os anos 1952 e 1957, a fábrica volveu estar activa, traballando nesta etapa só cun forno con capacidade para unha tonelada de mineral.

70


NOTAS 8

Memoria sobre el progreso y adelanto de las obras del Puerto de Vigo. Año Económico de 1890 a 1891. Vigo. Junta de Obras del Puerto de Vigo. 13.

9

Máiz Vázquez, Bernardo (2001). As embarcacións de pasaxe das rías galegas (1573-2000). Vigo. Edicións Xerais. 189.

10

Rodríguez Arzúa, Joaquín (1981). El puerto de Vigo. Estudio económico 1900-1975. Vigo. Caja de Ahorros Municipal de Vigo. 73.

11

Información reconstruída a través da comunicación oral de Antonio López, de 91 anos, veciño de Redondela e que traballou na IME desde o ano 1947 ata o seu peche.

Orge Quinteiro, José Antonio (2000). “Las Batallas de Pontesampaio”. En: Historias de las Rías vol II. Vigo. Faro de Vigo. 116.

12

Arquivo Municipal de Redondela (AMR). Exp 849/7 Industria Metalifera. 1943. Exp 26/453 IMESA 1944. Exp 6/ 456 IMESA 1946.

6

Máiz Vázquez, Bernardo (2001). As embarcacións de pasaxe das rías galegas (1573-2000). Vigo. Edicións Xerais. 121.

13

Arquivo Municipal de Redondela (AMR). Legaxos 419-422 Matricula Industrial 1885-1977.

7

AMR. Legaxos 419-422. Matricula Industrial 1885-1977.

1

Arquivo Histórico Provincial (AHP). Interrogatorio do Catastro da Ensenada. Santa Cristina de Vilaboa e Catastro de Paredes de Vilaboa C-5845.

2

Castiñeiras Guerra, M.(1979). Vilaboa do Morrazo. Pontevedra. edic do autor. 137.

3

Madoz, Pascual (1986 [1845-1850]). Galicia Tomo V. Diccionario Geográfico Estadístico-Histórico de España y sus posesiones de Ultramar. Santiago de Compostela. Libros Galicia. 1090.

4

González Fernández, X. Miguel (1992). As vilas de Redondela nos tempos do Catastro de Ensenada. Redondela. Concello de Redondela. 29.

5

71


72


Manuel Cortegoso, un empresario da pasaxe1 Como xa indicamos, as relacións comerciais entre os diferentes lugares da ría viviron un salto cualitativo e cuantitativo no transcurso do século XX, impulsado por diversos factores: dunha banda, a introdución do motor na navegación a finais do XIX e doutra, o reforzo do papel de Vigo no artellamento das relacións entre vilas e lugares do entorno da ría. Debemos apuntar tamén as mudanzas estruturais e sociais vividas pola sociedade galega, coas implicacións que isto ía ter na intensificación das comunicacións e a valoración do factor tempo.2 É así que, ao longo do século, asentaron e medraron as liñas regulares de pasaxeiros entre as poboacións das rías. No ámbito da Enseada, ao falarmos das liñas de pasaxe, toma especial protagonismo a figura do empresario de Vilaboa, Manuel Cortegoso Otero, máis coñecido por ‘Cepillitos’. A súa travesía empresarial comezou vinculada á cabotaxe. Na segunda metade de século atopámolo traficando con cargas diversas cara a cidade de Vigo, a bordo dun galeón, ben cargando area en Fondo Luís Borines.

73


Pontesampaio para levala a Guixar ou ben transportando rolos de piñeiros desde Vilaboa á cidade olívica. Os fluxos de viaxeiros acadaban maiores cotas en datas e acontecementos sinalados. Era o caso das feiras en Redondela, visita obrigada para moitos dos habitantes da Enseada; onde mesmo era habitual a presenza de persoas vindas desde Meira ou Moaña. En 1957 Manuel Cortegoso deu o salto á pasaxe. Daquela as relacións da marxe de Vilaboa coa cidade olívica eran moito máis intensas que as existentes na actualidade. Os viaxeiros das lanchas formaban unha heteroxénea pasaxe: obreiros que se desprazaban ao traballo xunto con quen se dirixía á cidade para vender produtos caseiros coma ovos, froita, leite... Vigo non só supuña un lugar para ir vender senón tamén unha cidade onde moitos acudían para realizaren as súas compras. A intensidade do movemento de pasaxeiros levou ao empresario a se facer con tres lanchas (Galerna, Marisa e Islas Canarias) que deron servizo na liña Chapela-Meira. A decisión de acadar un espazo no mundo da pasaxe levou a Cortegoso a estabelecer unha nova liña, desta volta, en pacto coa compañía de Vapores3, entre Santo Adrián-Domaio-Moaña-Vigo. Creou así a ‘Industrial Marítima’ e renovou a flota coa construción do ‘Berta Cortegoso’4 en 1955, unha Na parroquia de Santa Cristina en Vilaboa escóllese a zona de Punta Pereiro para ubicar o peirao, pois perto dela xa se realizaban de xeito rudimentario as operacións de tráfico marítimo.

74


embarcación de 14,70 metros de eslora e cámara corrida na popa, que cubría a liña Santo Adrián-Domaio-Moaña-Vigo. En 1959 encargou no asteleiro Riobó de Domaio a construción do ‘Elisa Cortegoso’, tamén para a mesma liña. Durante un tempo, o empresario mantivo a xestión das liñas de pasaxe e o transporte de cabotaxe con galeóns. Para comprendermos a intensidade de viaxeiros que se desprazaban a través destas liñas na segunda metade do século XX, e tamén os seus intereses económicos, pódenos dar unha idea o acontecido en 1959. Nese ano, Manuel Cortegoso ofreceulle á Autoridade Portuaria de Vigo a posibilidade de financiar parte das obras dun peirao en Chapela5, destinado ao embarque e desembarque dos viaxeiros, no lugar de Cubillón. Este proxecto, impulsado polo ente público, permanecía paralizado por falla de financiamento. Así esta demora repercutía directamente nas liñas que o empresario de Vilaboa mantiña activas. Na xustificación desta obra indicábase que «era moi necesaria para o servizo de viaxeiros de baía». Recoñecíase tamén que «cada día ía en aumento o movemento de pasaxeiros», ao tempo que se denunciaba que as condicións nas que se estaban a realizar o embarque e desembarque eran deficientes. Dada a demora nos prazos de execución, o empresario de pasaxe tivo que asumir persoalmente parte dos custes dunhas obras que non se verían rematadas ata 1962. Coa década dos setenta chegou a fin do momento de gloria do transporte marítimo na ría. E así, co devalo no número de pasaxeiros, foron pechando a maioría das liñas de pasaxe que existían ata ese momento. A Industrial Marítima de Manuel Cortegoso rescindiu os seus servizos entre os anos 1975 e 1976.

NOTAS 1

A maioria da información foi recollida a partir da comunicación oral de Luisa Fernández, veciña de Vilaboa de 37 anos e neta de Manuel Cortegoso.

3

Máiz Vázquez, Bernardo (2001). As embarcacións de pasaxe das rías galegas (1573-2000). Vigo. Edicións Xerais. 128.

2

«(...) mudaron os costumes, as necesidades, cambiaron a sociedade e a economía galega, e con ela evolucionaron as mentalidades e os conceptos de tempo e distancia, asociados (...)». En: Máiz Vázquez, Bernardo (2001). As embarcacións de pasaxe das rías galegas (15732000). Vigo. Edicións Xerais. 16.

4

Máiz Vázquez, Bernardo (2001). As embarcacións de pasaxe das rías galegas (1573-2000). Vigo. Edic. Xerais. 128.

5

Arquivo do Porto de Vigo (APV). (1956). Exp 0/302. Rampa-embarcadero de Chapela.

75


Os cargadeiros de mineral

Na Galiza hai memoria de vello na extracción de minerais. As serras orientais, principalmente, albergan unha longa tradición extractiva. Contextualizado nos procesos de industrialización das sociedades europeas, o desenvolvemento da industria siderometalúrxica e as súas necesidades repercutiu nun aumento da explotación dos xacementos de mineral de ferro, ao tempo que se intensificaron o comercio e transporte deste mineral. Pola súa localización, o porto de Vigo adquiriu protagonismo no contexto galego como punto de exportación de minerais extraídos nos xacementos do sueste do país. Esta era unha realidade á que non foron alleos os xestores do porto de Vigo. Así, xa, na memoria do Porto de 1903 sinalaban “consideramos sempre como hipótese o embarque de minerais de ferro, porque aínda cando parece moi probábel que os da bacía do Incio, sexan exportados, en grande parte, polo porto de Vigo, non o é tanto que haxa de efectuarse o embarque no emprazamento do peirao transversal, pois tal vez se atope maior vantaxe en facelo noutro punto da ría, onde sexa máis fácil o transporte por ferrocarril”1. Abriuse así a porta para o posterior emprazamento no Estreito de Rande dos labores de embarque de mineral, unha actividade esta que se desenvolveu en varios períodos

Unha estrutura aérea en formigón, sobre a que se localizou un ramal ferroviario, permitía que os vagóns cargados de mineral poideran achegarse até a beiramar. Mediante unha estrutura de tipo “cantilever” o mineral era cargado até os barcos.

77


A estrutura en formigón permanece como testemuño do cargadeiro de mineral que nas primeiras décadas do século XX funcionou na zona do Estreito de Rande.

78

ao longo do século XX. Houbo unha primeira etapa que se iniciou nas primeiras décadas e unha outra posterior que se desenvolveu durante as décadas dos 60 e 70. A Compañía Minerales de Hierro de Galicia foi a empresa que iniciou a actividade de carga de mineral na zona do Estreito. Constituída en Madrid no ano 19242, estivo vinculada desde a súa constitución a capital de orixe alemá. Esta empresa xestionaba o xacemento do Freixo3 situado en Canabal perto de Monforte de Lemos. O mineral transportábase desde esta cidade até Rande por ferrocarril. As instalacións non se diferenciaban doutros cargadeiros de mineral existentes naquela altura polo litoral peninsular. En Rande foi construída unha estrutura aérea en formigón, sobre a que se localizou un ramal ferroviario que permitía que os vagóns cargados de mineral puideran achegarse até á beiramar. Mediante unha estrutura de tipo “cantilever”4 o mineral era cargado até os barcos. Entre os anos 29 e 31 exportáronse 146044 toneladas de mineral de ferro5. No verán de 1931 iniciouse na mina do Freixo unha folga en demanda de melloras laborais e sociais. O conflito prolongouse durante dous anos, debido á negativa da empresa a aceptar as reclamacións dos traballadores. A paralización da actividade na mina debeu repercutir sobre a exportación do mineral.


Sabemos que o xacemento d´O Freixo rexistrou actividade até a metade do século6, polo que é factíbel que as instalacións de Rande estivesen operativas cando menos até a metade dos anos 40. Na memoria da actividade de carga de mineral no Estreito de Rande merece episodio aparte o período da II Guerra Mundial. O golpe de estado de 1936 determinou o estabelecemento dunha intensa colaboración entre o réxime nazi e o franquismo. Unha estreita relación que culminou en Decembro de 1939 coa sinatura do “ Acordo Comercial Hispano-Alemán, que liquidou a HISMA e creou o consorcio empresarial Sofindus (Sociedad Financiera e Industrial)”7. Esta estrutura empresarial SOFINDUS incorpora toda unha rede de entidades financeiras e comerciais que tiñan por cometido xestionar recursos económicos e materiais en España ao servizo do réxime nazi8. Hai constancia de actividades extractivas dos alemáns en xacementos minerais galegos e leoneses. Foi o caso do Coto Wagner9, localizado en San Miguel das Viñas en León ou mesmo o d´O Freixo.10 No seu traballo sobre a presenza dos nazis en Vigo, Francisco Vázquez inclúe o cargadeiro de mineral nunha rede de instalacións ao seu servizo11. Desde 1941 e até o ano 44, Galiza proporcionou o 30 % do volframio aos réxime nazi12. O fin da Guerra e o illamento do réxime franquista influíron na paralización da exportación de mineral desde o porto de Vigo. Na segunda metade de XX a exportación de mineral de ferro voltou tomar pulo na actividade portuaria viguesa. O réxime franquista abríuse ao exterior e Europa recuperou o seu ritmo industrial. Mais o reinicio da exportación de mineral realizouse desde as instalacións portuarias na cidade de Vigo, para o que se habilitou un dos estremos do peirao de transatlánticos. A actividade retomouse da man da Minero Siderurgica de Ponferrada, empresa que xestionaba o xa coñecido Coto Wagner13. Desde o inicio, a non idoneidade da localización, así como as limitacións que en termos de accesibilidade de buques presentaba a zona de carga, fixo pensar “no seu traslado ao Peirao Transversal, mais os seus 9 m de calado impedían

Anuncio da empresa Entrecanales y Tavora aparecido no xornal español ABC en 1965 que se ilustra cunha fotografía da construción do cargadeiro de mineral de Minero Siderúrgica de Ponferrada en Rande.

79


que puideran atracar no mesmo buques maiores de 13.000 TN”14. Entre os anos 1955 e 1959 exportáronse desde o porto de Vigo 1.631.380 Tn de mineral de ferro. Os principais destinos do mineral de ferro embarcado no porto vigués ao longo da segunda metade do século foron principalmente os portos ingleses e alemáns. A conxuntura económica europea permitiu

Contemplábase unha liña de atraque discontinua formada por tres plataformas unidas por unha ponte metálica sobre a que discurriría unha fita transportadora.

80

á empresa prognosticar un volume de exportación de 1.800.000 toneladas para 1960. Segundo as previsións feitas polas empresa sería preciso contar cunhas instalacións que permitiran condicións de atraque para buques de 17000/22000 Tn. Ante as perspectivas de medre e as necesidades técnicas a empresa vai solicitar en 196015 unha concesión no estreito de Rande para crear unhas instalacións con capacidade de procesamento de 2000 Tn/hora. As instalacións ían estar localizadas non moi lonxe das existentes na primeira metade do século XX. O proxecto, elaborado polo enxeñeiro


Eloy Fernández Valdés Rodríguez, contemplaba unha “liña de atraque dIscontinua formada por tres plataformas unidas por unha ponte metálica sobre a que discorrerá unha fita transportadora.A plataforma vai unida á vez a terra por outra estrutura metálica de 2 vans como apoio intermedio”16. As condicións técnicas das instalacións permitían unha capacidade de procesamento de 2000 Tn/hora. O desenvolvemento das obras non estivo exento de contratempos e as obras que se iniciaran en 1960 non estiveron operativas até 1965. Até Xullo de 1966 a empresa non presenta escrito de finalización das obras e autorización para iniciar o servizo de cargadeiro. A instalación deste cargadeiro de mineral en Rande non vai estar exento tampouco de polémica, ao xurdir un conflito de intereses entre os usos portuarios e a daquela embrionaria industria bateeira. Varios propietarios de bateas presentaron alegacións por sentirse directamente afectados pola instalación do cargadeiro no estreito de Rande. A crise enerxética mundial de comezos dos setenta e a competencia doutros países son feitos aos que a empresa Minero Siderúrgica de Ponferrada non ficou allea. Ante esta situación, en 1971 a empresa solicitou da Autoridade Portuaria unha redución das tarifas de embarque, coa fin de aumentar a competividade do seu mineral. O agudizamento da crise e as dificultades de competir nos mercados levaron ao cese de actividade do cargadeiro na metade da década dos 70.

81


Cargas de mineral de ferro 1952-1974

82

Ano

Tn

Ano

Tn

1952

10862

1964

240352

1953

95506

1965

30480

1954

16117

1966

-----------

1955

226745

1967

54364

1956

356507

1968

433767

1958

357214

1969

640722

1959

360200

1970

740422

1960

659055

1971

740507

1961

490253

1972

628944

1962

363047

1973

463305

1963

220416

1974

620144


NOTAS 1

Memoria sobre el estado y progreso de las obras del Puerto de Vigo. Junta de Obras del Puerto de Vigo. 1903. 15. (no orixinal en español).

2

Carmona Badía, Joám (1998 ). “A gran empresa en Galiza: un primeiro achego aos cambios no grupo das maiores empresas entre 1930 e 1973” [en liña] páxina web: http://webs.uvigo.es/pmayobre/master/alumnas/ maite_pena/apendice1.xls [consulta, o 18 de Decembro de 2007.

3

4

5

6

As minas do freixo [en liña] páxina web <http:// www.jrcasan.com/MONFORTE/freixo/minas. htm>. A CNT en Monforte (1932-1934) [en liña] páxina web <http://www.jrcasan.com/MONFORTE/CNT/s_obrera.htm> [consulta, o 5 de Outubro de 2007]

cent mining and agricultural industries, principally to supply the Third Reich with raw materials vital for its economy and war industries. En: Allied Relations and Negotiations with Spain. 3. [En liña] páxina web: www.usembassy-israel.org.il/publish/ report2/rpt_9806_ng_spain.pdf [Consulta, 14 de Outubro 2007]. 9

“O wolfram galego serviu tamén para pagar débedas de guerra, dando o goberno de Franco aos alemáns a concesión do Coto Wagner, que o empregaban fundamentalmente para a fabricación de cañons nas factorias da Casa Krupp”.Vázquez, Francisco (2000). “II Guerra Mundial: Los nazis en Vigo”. En: Historia de las Rias vol. I. Vigo. Faro de Vigo. 145.

10

As minas do Freixo [en liña] páxina web <http:// www.jrcasan.com/MONFORTE/freixo/minas. htm>. [Consulta do 5 de outubro de 2007]

11

Rodríguez Arzúa, Joaquin (1981). El Puerto de Vigo. Estudio Económico 1900-1975. Vigo. Caja de Ahorros Municipal de Vigo.122.

Vazquez, Francisco (2000). “II Guerra Mundial: Los nazis en Vigo”. En: Historia de las Rias vol. I. Vigo. Faro de Vigo.138

12

As minas do Freixo [en liña] páxina web <http:// www.jrcasan.com/MONFORTE/freixo/minas. htm>. [consulta, o 5 de Outubro de 2007]

Patricio Cortizo, Fernando (2004). Historia da costa galega e os seus naufraxios. Século XX. Vigo. Edicións Xerais. 225.

13

Tras a Guerra Mundial, desmóntase a estrutura empresarial SOFINDUS que os nazis tiñan en España. A maioria dos bens pasan a mans do goberno español, que procederá nalgúns casos á sua venda.

14

Arquivo do Porto de Vigo (APV). Expediente de concesión Minero Siderurgica Ponferrada S.A. (No orixinal en español).

15

En 1954 a empresa obtivera xa unha concesión OM 14 Enero 1954, á que vai renunciar xa que as “dificuldades xurdidas na adquisición dos terreos colindantes coa zona marítimo-terrestre e precisos para a realización daquel proxecto levaron a variar o emprazamento Arquivo do Porto de Vigo (APV). Expediente de concesión Minero Siderurgica Ponferrada S.A. (No orixinal en español).

16

Arquivo do Porto de Vigo (APV). Expediente de concesión Minero Siderúrgica Ponferrada S.A. (No orixinal en español).

Denominación xenérica que se emprega para definir as estruturas de carga de mineral sen piares. Palabra inglesa cuxo significado é “saínte” “resaltado”.

7

Rolland, Eduardo (2006). Galicia en guerra. Espias, batallas, submarinos e wolframio. Vigo. Edicións Xerais. 126.

8

At the center of the German-Spanish trading relationship was the large commercial conglomerate Sociedad Financiera Industrial (SOFINDUS) formed in 1936 under the name Rowak. Through special bilateral agreements in 1937 and 1939 granting German enterprises “favored economic treatment”. SOFINDUS acquired a commercial empire that included ten agricultural subsidiaries, one affiliate organization, significant mining interests, an nine transportation companies. In shipping alone, by 1941 SOFINDUS was operating as many as 53 vessels with a combined capacity of 55.000 tons. SOFINDUS served as the Nazis´commercial agency in Spain, handling all non-military trade and developing Spain´s nas-

83


84

O porto de Redondela era dos chamados de marea. Tiña a súa accesibilidade condicionada polo fluxo das mareas. Fondo Cal-3 Fotografía


As barras do Alvedosa

O porto de Redondela O porto de Redondela era dos chamados de marea. Tiña a súa accesibilidade condicionada polo fluxo das mareas. A súa é unha historia contra o tempo. Naceu con data de caducidade, pois o espazo supuña unha ameaza para as súas posibilidades. A localización no interior dunha enseada prognosticaba un futuro de dificultades para a navegación, pois os procesos naturais de colmataxe que se producen nas bacías de sedimentación ían determinar a evolución do propio porto. Como vila, Redondela xurdiu con vocación mariñeira. Despuntou como un elemento central no artellamento da pesca na enseada e na Ría de Vigo. O seu xurdimento hai que vinculalo ao proceso polo control do mar galego iniciado entre os poderes eclesiásticos e os señoriais. Aparece vencellada ao arcebispado de Santiago, a quen lle pagaba parte dos décimos derivados da actividade no porto. Ferreira Priegue apunta o seu xurdimento na metade do século XIII1 como contrapunto á vila de Baiona, baixo xurisdición Real. Foi na súa orixe un porto pesqueiro pequeno e fóra das rotas comerciais presentes no litoral galego. Mais, xa nos séculos XIV e XV2, o porto de Redondela apareceu referenciado en portolanos da costa atlántica empregados polos navegantes italianos nas súas rotas comerciais. Ferreira Priegue sinala o século XV como o momento de despegue, con presenza en portos do Mediterráneo como Barcelona e Valencia3, sendo a pesca da sardiña e unha pequena flota comercial os aspectos máis destacados da actividade portuaria. É preciso sinalar que a pesca e o desenvolvemento portuario están tamén na matriz da configuración urbana de Redondela. Na orixe das estruturas

85


urbanas do litoral galego, as actividades pesqueira e portuaria son elementos chaves na súa configuración.Ao respecto, López Carreira sinala: «a diversidade funcional só se percibe con absoluta claridade nas cidades costeiras, pois as actividades marítimas precisan espacios expresamente acondicionados. Nelas, establécese unha marcada distinción física entre o centro urbano, a vila, desenvolto desde o núcleo máis antigo da poboación e o barrio mariñeiro, a pescadería ou ribeira, divididos incluso ambos polo trazado da muralla, que cinxe o primeiro pero deixa fóra o segundo. En todas as cidades costeiras ou portuarias apréciase esta disposición: nas ribeiras tudense, betanceira e viguesa; na Pescadería coruñesa, na Moureira pontevedresa; a documentación déixao claro asemade en poboacións como Redondela, Baiona ou Noia».4 Nesta dinámica hai, pois, que incluír o xurdimento do barrio da Ribeira, directamente relacionado coas actividades pesqueiras e que supuxo o inicio do espallamento do núcleo primixenio, que aparece agrupado, posiblemente, no que hoxe son as rúas do Medio, Isidoro Queimaliños ou a zona do Adro. Sobre a presenza dunha cerca que pechase este núcleo, López Carreira5 apunta a súa existencia no século XIV a partir de varios documentos de venda de casas. Na súa viaxe pola Península, realizada entre 1532 e 1533, frei Claude de Bronseval achégase a Redondela, e no seu Peregrinatio Hispanica sinala o feito de que ‘o mar bate as murallas desta localidade, onde tamén hai un porto’.6 Da intensa actividade marítima que se desenvolvía na vila permanece unha toponimia que ha de valer como recurso para analizar o engarzamento entre uso e espazo que se producía en Redondela.

86

De como a intensa actividade marítima marca o uso do espazo permanece unha toponimia que ha de valer como recurso para analizar o engarzamento entre actividade e lugar que se producía en Redondela. A través da toponimia podemos localizar aquelas zonas onde se realizaban traballos como o afumado e salgado da sardiña, o encascado das redes ou a construción de embarcacións. Así pasa co denominado ‘Cabo dos fumeiros’. Os fumeiros eran edificacións ligadas aos procesos de transformación da sardiña. As incomodidades e os malos cheiros asociados á súa preparación, tanto a escochada como a afumada, desprazaron esta actividade á periferia das vilas. En Redondela, estes traballos desenvolvíanse na zona de Santa Mariña, onde estaba concentrada a actividade dos fumeiros.


Por seren ferramentas de traballo imprescindíbeis, as redes ocupaban un lugar central nas economías do litoral. Á súa conservación e mantemento dedicaban as familias recursos e tempo. Ata a aparición das redes sintéticas, aplicábanselle procesos como o encascado, técnica de tinxido da rede a partir de casca de piñeiro que prolongaba o seu tempo de utilidade. Nas vilas, os encascadores localizábanse en lugares abertos que permitían estender as redes para o seu secado. En Redondela facíase no chamado ‘Campo das Redes’, situado na parte alta do barrio mariñeiro da Esfarrapada. Outro dos nomes que nos serve neste proceso de reconstrución é o da ‘Praza do Asteleiro’, que nos fala das actividades relacionadas coa carpintería de ribeira. Tódalas crónicas a sitúan na hoxe ‘Praza da Constitución’. Con todo, a actividade dos calafates na zona non debeu permanecer por moito tempo, pois González Fernández7 sinala que foi desaparecendo das crónicas cara finais do século XVIII. Na saída do Porto de Redondela, na insua da Portela, atopamos o topónimo ‘Punta do Socorro’. Neste lugar existiu unha capela dedicada á Nosa Señora do Socorro e a San Telmo.8 Na tradición galega son santos presentes da imaxinería popular mariñeira. A súa localización, na boca da foz do río Alvedosa, podemos asociala á procura de protección, por parte dos mariñeiros, no momento no que saían faenar. No século XVI, Redondela presentaba un empurre poboacional, situándose como a localidade máis habitada, tras Tui, Baiona e Vigo.9 A maior riqueza da vila mantíñase nas actividades relacionadas co sector pesqueiro. A actividade da pesca e o comercio marítimo tiña certa entidade, o que facía preciso dotar a fronte marítima da vila de boas condicións de amarre. Na metade do s. XVI, impulsáronse unhas infraestruturas portuarias que facilitasen a carga e descarga dos barcos. Ao mesmo tempo, existía xa unha preocupación polos problemas de calado do porto. Para o mantemento das súas condicións de navegabilidade estableceuse a prohibición de deslastrar os barcos na canle do río ou botar nela calquera tipo de materiais que o puidesen atoar. As obras prolongáronse ata a década dos 80, momento no que se reiniciaron os traballos e se solicitou da Administración Real unha nova facultade para recadar mil ducados para o seu financiamento. Como xa

87


dixemos, existía unha fonda preocupación pola situación de cegamento do porto: «por quanto en esta villa está hecho un muelle para la carga y descarga de los mantenimientos que a ella vienen y se cargan para otras partes y es de mucho coste y neçesario que esté siempre en pie, y para que no se acabe de dañar, ordenaron que ninguna persona sea osado de echar en el río que va junto al dicho muelle, e porque los barcos mexor puedan navegar en el dicho río, no puedan echar en él madera, ni arcos, ni piedra, ni suçiedad ninguna, ni otra cosa que envaraçe el dicho río y quite que por él anden los dichos barcos, y ansy mesmo no echen aácoras en el dicho río ni en el dicho cays, ni otros armadixos para amarrar los dichos barcos, atento que con ellos se deshaçe el dicho muelle; los barcos que amarraren, los amarren en los pilares; y las ancoras las echen fuera del río; y ansy mesmo el alastro que qualquer navio truxere lo eche fuera del río y ençima del dicho cays, para que allí se quede».10 O peirao de Redondela non debeu correr boa sorte, pois un cúmulo de circunstancias e desidias levaron a que no comezo do século XVIII se lle volvese pedir á Coroa a súa reconstrución. Pódese apreciar a insistencia que se facía co mantemento das condición de navegabilidade no río, pois alí se acadaba un maior calado; esta era a verdadeira canle de entrada e permitíalles aos barcos chegaren ata o cais11. A necesidade de manter as boas condicións de navegabilidade era precisa para facer viables as obras do cais. No proceso de colmataxe do porto de Redondela tiveron directa incidencia as actividades agrarias desenvolvidas nas bacías do Alvedosa e Maceiras, como cursos tributarios principais. A deforestación apareceu como principal repercusión do aumento das terras de cultivo que se produciu a finais do século XVI12. A desaparición da superficie arbórea acelerou os procesos erosivos, o que repercutiu nun aumento no aporte de sedimentos.

88

A actividade comercial mantívose no tempo. En 1576 un barco francés, propiedade de Oliveros Lixer, entrou no porto para facer a descarga de tres mil douscentos celamíns de pan polos que pagou dous marabedís de alcabala por cada un13.


Mais o proceso natural de colmataxe continuou, e xa a finais do XVIII as dificultades de acceso ao porto levaron aos fomentadores cataláns a se instalaren na zona da Portela.14 A importancia de Redondela como porto pesqueiro mantívose no tempo e deberon ser diversas as obras de mellora que se realizaron na fronte marítima. En 1845, Redondela contaba cun peirao de pedra «con 50 pasos de largo y con 14 escalones hacia el mar».15

As barras do Alvedosa Non foi ata o século XX cando se acometeron as obras de infraestrutura que modificaron a fachada marítima da vila. A continuidade do proceso de colmataxe determinou a súa fonda transformación a partir dun proceso que se iniciou na década dos vinte e rematou a finais do século XX. Neste período levouse adiante a obra de enxeñería máis importante desenvolvida para manter a accesibilidade ao Porto de Redondela: as barras do Alvedosa. Xa no 1928 se producira unha reorganización portuaria que establecera que tódolos portos pequenos da ría pasasen a depender da Xunta de Obras do Porto deVigo, estando baixo a dirección do seu enxeñeiro director. As obras da que ía ser a terceira fase da canalización do Alvedosa adxudicáronselle en novembro de 1928 a Estanislao Díaz Fernández e iniciáronse en abril de 192916. O proxecto incluía a construción de dous diques lonxitudinais mergullábeis. O seu trazado discorría parello á canle principal do río Alvedosa desde a saída do porto ata a Punta do Socorro na zona da Portela. A súa finalización estaba prevista para xaneiro de 1931, mais a concesionaria solicitou unha prórroga de oito meses, alegando inclemencias meteorolóxicas e imprevistos de obra que atrasaban as obras. Xustificaban que as características do substrato, chaira lamacenta, obrigaba a un aumento do volume do dique por afundir na lama. Asemade foi preciso realizar modificacións na súa parte esquerda xa que cumpría meter máis a terra o seu arranque para permitir o enlace coa segunda fase da

Coa construción das barras do Alvedosa perseguíase manter a accesibilidade ao porto de Redondela.

89


90

O proxecto incluía a construción de dous diques lonxitudinais mergullábeis, feitos en escolleira. O seu trazado discorría parello á canle principal do río Alvedosa desde a saída do porto até a Punta do Socorro na zona d´A Portela. Fondo Cal-3 Fotografía.

canalización do Alvedosa, feita con anterioridade. Isto obrigaba a un maior desmonte, polo que foi preciso acometer unha reforma do proxecto inicial. Igualmente se fixo evidente a necesidade de acadar un maior calado na canle de entrada do porto. Xustifícouse esta medida co feito de que a forza da corrente do propio río non era quen de facer calado. Segundo o informe do enxeñeiro director das Obras do Porto, Eduardo Cabello Ebrentz, en novembro de 1931, a Dirección Xeral de Obras Públicas autorizou o estudo e redación do proxecto de dragado do devandito canal.


Para facer visíbeis os diques coa preamar, construíronse uns pés que sobresaían da auga e recomendouse a colocación de luces que permitisen a entrada e saída do porto tamén na noite.17 A actividade portuaria mantívose en Redondela ata a segunda metade do século XX. Coa construción do peirao en Cesantes, a mediados dos sesenta, buscouse a mellora das condicións da flota, ao tempo que se lles daba servizo ás embarcacións de Cesantes asociadas co marisqueo.

As consecuencias dos procesos de sedimentación sobre as barras do Alvedosa son hoxe evidentes.

NOTAS 1

Ferreira Priegue, Elisa (1988). Galicia en el comercio marítimo medieval. A Coruña. Fundación Barrié de la Maza. 91

2

Ferreira Priegue, Elisa (1988). op. cit. 51.

3

Ferreira Priegue, Elisa (1988). op. cit. 100.

4

López Carreira, Anselmo (1999). “A cidade medieval galega”.Vigo. A Nosa Terra. 164.

5

López Carreira, Anselmo (1999). op. cit. 136.

6

García Oro, Xosé (1999). “Relato de viaxeiros”. En: García Terrón, Ángeles, coord., (1999). Camiños Portugueses de Peregrinación a Santiago. Tramos Galegos. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. 368.

7

8

9

10

González Fernández, X. Miguel (1992). As vilas de Redondela nos tempos do Catastro de Enseada. Redondela. Concello de Redondela. 10. Ordax, Andrés Salvador (2003). “Iconografía de los patronos de los Navegantes en el Atlántico Peninsular: O Corpo Santo”. En: Calo Lourido, Francisco, coord., (2003). Actas do Simposio de historia marítima do século XII ao XVI. Pontevedra. Concello de Pontevedra. 213. “con una población en auge que oscila entre los 163 del primer cuarto de siglo, a los 375 que declara a mediados de siglo, se coloca en un cuarto lugar después de Tuy, Bayona y Vigo”. Garcia Oro José (1995) Bayona y el espacio urbano tudense en el siglo XVI. Estudio histórico y colección diplomática. Santiago de Compostela. 205. Provisión real en Valladolid, 14 de Septiembre de

1605 AGS, RGS IX-1505. En: Portela Silva, Mª José; Garcia Oro, José (1995). op. cit. 208. 11

Coa baixamar, o Alvedosa discorría próximo á fachada marítima da vila, o que hoxe é a rúa da Ribeira. Sería coas obras de canalización do século XX que o Alvedosa pasa a discorrer por onde o fai na actualidade. O traballo do propio río conseguía que na canle se acadasen maiores calados, o que facilitaba a navegabilidade.

12

Juega Puig, Juan (2006). El estanco de la sal en Galicia. Siglos XVI-XVIII. Madrid. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. 61.

13

Ricon, Amado (1971). “Asistencia médica en la Redondela del siglo XVI”. En: El Pueblo Gallego. 22 de Xuño de 1971. nº 17520. Vigo. Prensa del Movimiento. 6.

14

González Fernández, X. Miguel (1992). As vilas de Redondela nos tempos do Catastro de Ensenada. Redondela. Concello de Redondela. 29.

15

Madoz, Pascual (1986[1845-1850]). Diccionario Geográfico Estadístico-Histórico de España y sus posesiones de Ultramar. Galicia. Tomo V. Santiago de Compostela. Libros Galicia. 1118.

16

Memoria sobre el estado y progreso de las obras del Puerto de Vigo. (1932) Vigo. Junta de Obras del Puerto de Vigo.

17

Esta proposta aparece recollida no informe sobre esta obra recollido na memoria anual do Porto de Vigo. Non hai evidencias que permitan determinar que esta iniciativa foi levada adiante.

91


92

Os de maior entidade contan cun ou varios vans abertos na estrutura asĂ­ como con diversos accesos.


Casetos mariñeiros na praia de Cesantes Na praia de Cesantes localízase un conxunto de edificacións singulares vinculadas ás actividades mariñeiras na Enseada. Non sabemos doutra localización na costa galega que comparta as características do núcleo existente no litoral de Cesantes. A maioría das edificacións están localizadas entre a Punta do Cabo e o lugar do Asteleiro na praia desta parroquia. Aínda así, existen algunhas edificacións illadas preto do peirao de Cesantes. Son de interese, debido ao agrupamento característico que presentan, os localizados na Punta do Cabo. Ao falarmos das características construtivas, cómpre sinalar como as construcións están caracterizadas pola súa sinxeleza estrutural. En planta, as edificacións presentan tanto formas cadradas coma rectangulares. As de maior entidade contan cun ou varios vans abertos na estrutura, así como con diversos accesos. Se reparamos nos materiais empregados na súa construción, constatamos como a maioría empregan ladrillos, mais aínda así, hainas que foron ergueitas en perpiaño, correspondéndose con aqueles casetos que presentan un maior tamaño. Son

Os casetos preséntanse sen peches perimetrais, integrados entre a praia e as leiras.

maioría as cubertas de tellado a dúas augas e tella plana na cubrición. É preciso tamén deitar unha ollada ao espazo onde se integran estas edificacións. Preséntanse sen peches

perimétricos,

integradas

entre a praia e as leiras.1 Todas elas teñen unha finalidade clara como espazo onde gardar utensilios de pesca, tanto redes como aparellos de mariscar. Polo xeral, a distribución

93


interior inclúe un espazo en aberto na planta baixa e un sobrado superior en madeira que ocupa a metade mesma. O entorno serve, ás veces, como lugar de almacenaxe de aparellos ou para o secado das redes, e aparecen empiladas nasas de choco. O feito de achegármonos á xénese e á evolución deste conxunto pasa obrigatoriamente por un percorrido histórico na relación entre Cesantes e o mar desde múltiples perspectivas. Parécenos axeitado, dunha banda, observar a estrutura espacial da parroquia e, doutra, botar unha ollada ás súas estruturas económicas a partir dos escasos datos existentes.

Todas as edificacións teñen unha finalidade clara como espazo onde gardar utensilios de pesca tanto redes como aparellos de mariscar.

Desde unha perspectiva territorial, na freguesía de Cesantes podemos delimitar dúas zonas claramente definidas. É posíbel falar dun núcleo artellado claramente ao redor da igrexa de San Pedro, con barrios como o de Catapeixe, que presenta como unha das características principais unha maior proximidade á costa. Existe tamén outra zona, con barrios como o do Carballiño ou Outeiro das Penas. Nestes núcleos observamos cómo a ocupación do territorio se fai non desde unha perspectiva do mar senón en clave agraria. Os núcleos desenvolvéronse lonxe da beiramar. É neste distanciamento do poboamento onde podemos atopar unha das chaves da evolución do conxunto dos casetos. É probábel que no momento no que na Enseada se produciu unha intensificación do sector extractivo vencellado ao marisqueo, na metade do século XX, fose preciso asentar unha serie de infraestruturas auxiliares ao pé do mar. A evolución dos casetos de mariñeiros habería, pois, que inxerilo nesta dinámica. Na validación desta hipótese, a documentación fotográfica da zona da Punta do Cabo destaca como unha fonte informativa importante. As fotografías amosan como, aínda nos inicios do século XX, o núcleo de casetos existentes na Punta do Cabo non estaba desenvolvido. Por contra,

94

nas imaxes da metade de século podemos observar xa un núcleo asentado, que continuou o desenvolvemento ata a actualidade.


Esta realidade, onde o mar xoga un papel complementario, tería o seu reflexo na inexistencia de instalacións portuarias no areal de Cesantes. Se exceptuamos o peirao construído pola conserveira dos Otero Bilbao nos anos trinta, a zona de Cesantes careceu de calquera infraestrutura ata a segunda metade do século XX, cando se deu inicio á construción do porto actual. No entanto, non sabemos ata qué punto a localización deste peirao é froito dunha demanda condicionada pola actividade mariñeira da propia parroquia ou ben derivada dos problemas do porto de Redondela, que ía ficando illado debido aos procesos de colmataxe que sufría a foz do Alvedosa. Ben é certo que nesta parroquia se daban as condicións naturais para empregar o areal como fondeadoiro, mais esta característica estivo tamén presente noutras localizacións do litoral onde si a intensidade da actividade pesqueira propiciou infraestruturas portuarias. Tamén a propia evolución da actividade pesqueira aporta pezas para a reconstrución da xénese do conxunto de casetos. É preciso sinalar que o desenvolvemento da pesca, lonxe de ser unha actividade libre, foi unha

Nos inicios do século XX o núcleo de casetos existentes na Punta do Cabo non está desenvolvido. Fondo Luís Borines.

95


Nas imaxes da metade de século podemos observar xa un núcleo asentado, que vai continuar o desenvolvemento até a actualidade. Fondo Luís Borines.

actividade controlada e regulada; control exercido desde as vilas das rías por parte dos gremios de mareantes. Ata o século XX, en Cesantes constatamos o protagonismo da figura do labrego-pescador. Atopámolo na evolución das súas estruturas económicas en diferentes períodos. Como aconteceu noutras zonas do litoral galego2 onde esta figura estivo presente, as actividades agrarias prevaleceron na base económica sobre aquelas outras vinculadas ao mar, que tiveron un papel complementar e temporal. En Cesantes estiveron relacionadas principalmente co marisqueo, e que encontraron na ostra a súa principal fonte de explotación. Así, este escaso protagonismo da pesca como actividade principal na economía da parroquia apréciase de xeito claro nos dados referidos a Cesantes recollidos no catastro da Ensenada elaborado en 1752. Atopamos só dous matriculados do mar na parroquia: un dedicado á pesca, ao xeito, e outro que se dedica á cabotaxe no interior da ría cun barco de media tonelada.3 Tamén Cornide Saavedra4 na súa descrición do litoral galego feita en

96

1764 salienta a figura labrego-pescador en Cesantes, ao tempo que indica a pouca consideración que ten o lugar como porto. Este contexto mantense con pequenas mudanzas ata o século XX.


O transcorrer do século XX foi tempo de transformacións nas estruturas da pesca. Ao respecto, sinala Fernández Casanova, «como as posibilidades das comunidades pesqueiras tradicionais non abondaban para atende-las necesidades de man de obra das traíñas, especialmente na época de costeira, fan a súa aparición os pescadores de ocasión ou terrestres. Estes pescadores-campesiños aceptan retribucións inferiores ás normais por constituír un esforzo ós ingresos totais da economía familiar (...) o protagonismo destes pescadores terrestres vai debilitando o dos chamados de oficio ou profesión, residentes nos portos e dependentes dos ingresos obtidos por eles como pescadores, e polas súas mulleres e fillos, traballadores de fábricas de conserva e salga. Estas circunstancias favorecen o desenvolvemento dunha pesca de baixura, exercida con artes e aparellos moi variados, efectuada, en embarcacións pequenas, ou mesmo a pé ou desde a costa, tripuladas por un só home ou por varios, a propiedade destas unidades é familiar, e a súa produción persegue o autoconsumo, aínda que ocasionalmente acceda a mercados marxinais»5. A transformación produciuse de xeito paulatino, pois segundo nos narra Agustín Míguez6, na fin da década dos trinta, en Cesantes «íamos ao mar no tempo do marisqueo. Traballábanse as terras e no inverno íamos ao marisqueo». Non debemos esquecer que, agás no caso da ostra, a explotación marisqueira doutras especies tivo na Enseada un protagonismo modesto ata o século XX en que se revaloriza a comercialización doutras especies coma o croque e a ameixa. A maioría das capturas tiñan como destino as conserveiras, e pouco era o marisco que se comercializaba en fresco. No caso de Cesantes os mariñeiros realizaban as súas vendas, case exclusivamente, á conserveira dos Otero Bilbao. A dependencia desta última era tal que nos períodos de moitas capturas, o que non mercaba a fábrica ás veces volvía ao mar «pois non había a quen llo vender», sinala Agustín Míguez. A partir da segunda metade do século XX esta expansión da pesca de baixura repercutiu nunha diversificación das actividades e capturas que favoreceu a ocupación plena no mar. Para o ámbito da Enseada esta mudanza pódese exemplificar no narrado por Agustín Míguez, quen apunta como «desde outubro a marzo andábamos no marisqueo. De marzo a maio, íamos ao cangrexo que se vendía para fóra. Logo, de xuño a outubro era tempo das anguías».

97


En parte, ao noso entender, son os recursos económicos xerados por esta intensificación da actividade pesqueira na Enseada o que permitiu o desenvolvemento do conxunto de casetos mariñeiros na zona da Punta do Cabo no areal de Cesantes. A día de hoxe, son as transformacións que se viven no mundo do mar unha das principais ameazas para a conservación do conxunto da Punta do Cabo. O abandono e disminución da actividade pesqueira, xunto a procesos que aumentan o turismo no litoral, están levando á venda e á transformación de moitos destes casetos en ‘segundas vivendas’ con alteracións tipolóxicas que ameazan o mantemento dun conxunto patrimonial escaso no litoral galego.

NOTAS 1

Entendemos que un traballo das características deste proxecto fai inviábel abordar en profundidade un estudo sobre a xénese deste conxunto así como as variábeis que influíron na súa configuración. Nesta liña achamos interesante determinar as relacións entre o réxime de propiedade das leiras existentes, cultivadas as mais delas, e os propios casetos para abordar as imbricacións labrego-mariñeiras da comunidade de Cesantes.

2

«A figura do labrego-mariñeiro a tempo parcial parece ser que existiu desde sempre, e a Matrícula de pesca do s. XVIII, semella querer evitar esta situación». En: Calo Lourido Francisco (1996) Xentes do mar. Traballos, tradición e costumes. Vigo. A Nosa Terra. 39

3

Contrapor a esta realidade o caso de Vilaboa, onde nas freguesías de Santa Cristina e San Adrián na altura contaban tanto cun maior número de matriculados (79) como de embarcacións (24).

98

Arquivo Histórico Provincial (AHP). Catastro de Ensenada. Interrogatorio y Listas Generales delas Fras de San Martín de Vilaboa, San Adrián de Cobres, Santa Cristina de los Cobres. AHP C5845. 4

Cornide Saavedra José (1991 [1764]) Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya por donde confina con el inmediato Reino de Portugal. Hecha en el año 1764. Sada. Edicións do Castro. 122-123.

5

Fernández Casanova Carmen (1998 ) Cambio económico, adaptacións e resistencias nos séculos XIX (Dende 1870) e XX. En Fernández Casanova Carmen ;coord. (1998) Historia da Pesca en Galicia. Santiago de Compostela. USC.158.

6

Información reconstruída a través da comunicación oral de Agustín Míguez, mariñeiro de 77 anos da parroquia de Cesantes (Redondela).


Anexos: Gráficos Xaneiro Febreiro 1967 1968 1969 1970 1971 1972 1973 1974 1975

6,2 14,9 69 6,4 23,5 32,5 68 37,6

15,2 14,3 15 19,5 57

Abril

Maio

Xuño

Xullo

Agosto

Setembro

20,8 16,8 20,3 32,5 31,5 2,5 42

37,1 45 42,3 37,8 18,5 17,6 61,5

61,3 47,5 58,3 51,5 75,7 24,8 43,2

83,7 56,2 72,0 306 480 52,5 45

83,3 22,5 75,0 445 325 80,2 62,5

42,7 17,5 97,7 420 195 105 81,7

36,9 17,5 82,5 210,5 179,5 110,5 62

Outubro Novembro 3,9 27,8 94,5 63,5 82,5 90 52

11,1 21,9 170,5 115,5 77,5 42 61,5

Decembro 10,7 11,3 22,3 216 37,3 147,5 58,5

Total Valor (miles de pts) 397,7 23.989,50 298,9 6.423,20 757,5 11.535,80 1.919 35.800,20 1,541 35.199,50 724,6 19.211 694,5 20.847

39,7 37,5 60,8 65,2 105 215 49,8 66,5 61,1 51,2 69,7 859,1 Capturas de Sardiña e Parrocha (Sardina pilchardus) desembarcadas no distrito de Redondela (1967-1975). Elaboración propia.

Xaneiro Febreiro 1967 1968 1969 1970 1971 1972 1973 1974 1975

Marzo

Marzo

Abril

Maio

Xuño

Xullo

Agosto

Setembro

Outubro Novembro

3 2,9 1,8 1,5 22 20,5 40

0,6 1,2 2,6 3,2 3,5 17,5 46

19 2,9 5 7 47,8 17 52,6

15 10,5 9,6 10,2 8,5 25 46,5

5 45,5 30,1 25 45,8 29,5 38

18,7 55,6 25 25 275 49,8 29

15,5 35 60,5 60 145 75,2 28,9

10,5 55,5 48 95,5 80 8,5 26,6

5,5 8 90,5 95 39,5 12,3 38,2

4,2 2,3 67 55 25 40,2 27,5

8,6 27 52 6,5 22,5 30,8

41,1

41,5

42,6

55

72,5

180,5

115,8

32,5

55,3

61,1

78,9

Decembro 2,1 5,9 25,5 29,5 35 44,2 32,4 82,6

25.773

Total Valor (miles de pts) 107,7 981,8 252,3 3.311 417,6 4.271 413,4 4.821 749,6 10.114 370,5 5.098,40 405,7 7.593 859,4

17.185

Capturas de Xurelo (Trachurus trachurus) desembarcadas no distrito de Redondela (1967-1975). Elaboración propia. Xaneiro Febreiro 1967 1968 1969 1970 1971 1972 1973 1974 1975

10,9 4,1 17 3,5 2 3,5 6,5 2,4

9,8 0,3 15,5 3,5 4 3,2 3,6

Marzo

4,5

Abril

Maio

Xuño

Xullo

0,8

Agosto

Setembro

1,1

Outubro Novembro 19,1 31,7 34,677 11 100,5 80 50

17 3 25 2,4 75 16,5 35,7

Decembro 13,5 4 24 1,9 5 9,5 17,5

Total Valor (miles (Tn) de pts) 70 7.226,70 49,5 7.903,80 116,177 22.210,07 22,3 3.658,70 186,5 16.440 112,7 16.570 113,3 24.440,00

2,5 62,5 47,2 4,7 119,2 Volume de ameixa fina (Tapes decussatus) extraída dos bancos marisqueiros da Enseada (1967-1975). Elaboración propia

Elaboración propia a partir de: Estadística Pesca 1967-1975. Subsecretaría de la Marina Mercante. Dirección General de Pesca Marítima. Madrid.

24.078,80

99


Bibliografía Barros, Lois (1998). Galeguismo e Sociedade na Redondela da II Republica. Sada. Ed. do Castro. Calo Lourido, Francisco (1996). Xentes do mar. Traballos, tradición e costumes. Vigo. A Nosa Terra. Calo Lourido, Francisco (2002). “Os xesuitas de Pontevedra tiveron salinas”. En revista Asociación de Veciños de San Roque nº4. Pontevedra. Carmona Badia, Joám; Giráldez Rivero, Jesús; Muñoz Abeledo, Luisa (2000). Galicia. En: Vivir no Atlántico Norte. Santiago de Compostela. Consorcio de Santiago. Castiñeiras Guerra, M. (1979) Vilaboa do Morrazo. Pontevedra. edic do autor. Castroviejo Santos, Santiago (1990). Historia da Pesca e a salgazón nas Rias Baixas. Dende as ordenanzas Xerais da Armada. De 1748 ate o Desestanque do Sal de 1870. Vigo. Unipro Editorial. Cornide Saavedra, José (1991 [1764]). Descripcion circunstanciada de la costa de Galicia, y raya por donde confina con el inmediato reino de Portugal. Hecha en el año 1764. Sada. Edicións do Castro. Díaz Álvarez, Pedro (1981). Ánforas romanas en los caminos del mar. Vigo. Museo Municipal de Castrelos. Fernández De Ana Magán, Francisco; Rodríguez Fernández, Antonio; Verde Figueiras, Mª Cristina (1998). O Souto, un ecosistema en perigo. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Fernández Casanova, Carmen, coord. (1998). Historia da Pesca en Galicia. Santiago de Compostela. USC. Ferreira Priegue, Elisa (1988). Galicia en el comercio marítimo medieval. A Coruña. Fundación Barrié de la Maza.

101


García Oro, Xosé (1999). “Relato de viaxeiros”. En: García Terrón, Angeles, coord., (1999) Camiños Portugueses de Peregrinación a Santiago. Tramos Galegos. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Garrido Rodríguez, Jaime (1996). El Puerto de Vigo. Síntesis histórica. Vigo. Autoridade Portuaria. González Fernández, Xoán Miguel (1992). A vila de Redondela nos tempos do Catastro de Enseada. Redondela. Concello de Redondela. Juega Puig, Juan (2006). El estanco de la sal en Galicia. Siglos XVI-XVIII. Madrid. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. López Capont, Francisco (1998). El desarrollo industrial pesquero en el siglo XVIII. Los salazoneros catalanes llegan a Galicia. A Coruña. Fundación Barrié de la Maza. López Carreira, Anselmo (1999). “A cidade medieval galega”. Vigo. A Nosa Terra. Madoz, Pascual (1986[1845-1850]). Diccionario Geográfico Estadístico-Histórico de España y sus posesiones de Ultramar. Galicia. Tomo V. Santiago de Compostela. Libros Galicia. Máiz Vázquez, Bernardo (2001). As embarcacións de pasaxe das rías galegas (1573-2000).Vigo. Edic Xerais. Meijide Pardo, Antonio (1959). Notas Históricas sobre Ostricultura en la ría de Arosa. Separata Tomo XXIV de Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela. CSIC. Instituto Padre Sarmiento. Meijide Pardo, Antonio (1968). “Contribución de los catalanes al desarrollo de la Industria Pesquera de Vigo”. En separata do libro: Aportación española al XXI Congreso Geográfico Internacional. Madrid. Instituto Geográfico y Catastral. Meijide Pardo, Antonio (1980). “Aspectos de la vida económica de Vigo en el siglo XVIII”. Separata de: Vigo en su historia. Vigo. Caja de Ahorros de Vigo (CAV). 102

Ordax Andrés, Salvador (2003). “Iconografia de los patronos de los Navegantes en el Atlántico Peninsular: O Corpo Santo”. En: Calo Lourido, Francisco, coord., (2003). Actas do Simposio de historia maritima do século XII ao XVI. Pontevedra. Concello de Pontevedra.


Orge Quinteiro, José Antonio (2000). “Las Batallas de Pontesampaio”. En: Historias de las Rías (vol II).Vigo. Faro de Vigo. Patricio Cortizo, Fernando (2004). Historia da costa galega e os seus naufraxios. Século XX.Vigo. Edic. Xerais. Portela Silva, Mª José; Garcia Oro, José (1995). Bayona y el espacio urbano tudense en el s. XVI. Estudio histórico y colección diplomática. Santiago de Compostela. Rivera Vázquez, Evaristo (1989). Galicia y los jesuitas. Sus colegios y enseñanza en los siglos XVI al XVIII. A Coruña. Fundación Barrié de la Maza. Rodríguez Arzúa, Joaquín (1981). El puerto de Vigo. Estudio económico 19001975. Vigo. Caja de Ahorros Municipal de Vigo. Rodríguez Elias, Avelino (1923). Las antiguas salinas de Galicia y posibilidad de restablecer esta industria. Vigo. Sociedad Recreo-Liceo. Rolland, Eduardo (2006). Galicia en guerra. Espias, batallas, submarinos e wolframio. Vigo. Ed. Xerais. Sampedro Folgar, Casto (1998). Ordenanzas da Confraría do Corpo Santo e do gremio de Mareantes de Pontevedra. A Coruña.Vía Láctea Editorial. Santos Castroviejo, Iago; Nores Soliño, Antonio (2005). Historia de Cangas 1900-1936. Unha ribeira de pescadores. Vigo. A Nosa Terra. Vázquez, Francisco (2000). II Guerra Mundial: Los nazis en Vigo. En: Historia de las Rias vol. I.Vigo. Faro de Vigo.

103


Sal, sardiñas e peiraos  

Traballo sobre patrimonio marítimo na Enseada de San Simón, na ría de Vigo.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you