Issuu on Google+

Corresponsais da Corresponsais de 2º CICLO de EP

Na Asociación “Amigos do mundo” traballamos con moito empeño e sen rendernos para que o mundo sexa un lugar tranquilo, agradable e sen opresións. Faremos que esto sexa unha realidade.

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce

IRAK, ¡FIN DE GUERRA! Lorena Aínda que faltan dous días para que se cumpran meses do comezo da guerra de Iraq, por fin anúnciase o final de tantas mortes. Por fin chega o anuncio da paz. Moitos nenos poderán volver ao colexio e xogar ao aire libre. A PAZ: É que todos sexamos felices. É o máis bonito dos humáns. É un día sen guerras, sen pelexas… ¡A PAZ NON É UN DÍA, SENÓN TODOS!

¡A VIOLENCIA NON EXISTE! Alejandro Gómez – 3ºEP

¡¡¡Por fin!!!!, despois de tantos anos loitando porque houbese paz no mundo, ¡Conseguímolo! Esto é incrible! O soño fíxose realidade! Na mente da humanidade xa non hai violencia. Todos se uniron para que houbera diálogo; tanto a sociedade como os gobernos, as culturas relixiosas… co fin de chegaren a un acordo. Non haberá máis guerras, nin nenos nas rúas pelexando e pasando fame e frío. Todos unidos manteremos a paz.


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce

¡NO MUNDO XA NON HABERÁ PAÍSES POBRES! Rodrigo Rivera – 4º EP

Os países ricos reuníronse para acabar coa fame no mundo. Para vivir nun mundo mellor. Decidiron repartir as riquezas entre todos os países para que non haxa ningún país do mundo onde se pase fame e frío.

¡NINGUÉN NA TERRA PASARÁ MÁIS FAME! Os políticos de todos os países ricos reuníronse para acabar coa fame no mundo. Os presidentes de eses países: Obama, Mariano Rajoy…tiveron que facer un gran esforzo para chegar a acordos entre eles e destinar parte da súa riqueza a alimentar xente de países pobres. A EDUCACIÓN COMEZA NA CASA. Para que ó longo da nosa vida sepamos convivir con todos e respectar todas as normas, temos que comezar a facelo na nosa propia casa e familia, obedecendo, colaborando, respectando os dereitos dos demais membros, sendo responsables dos nosos actos… Así saberemos comportarnos no colexio, no traballo e en todas as facetas da vida e evitaremos coller moitos costumes que prexudiquen á convivencia cos demais.


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da Corresponsais de EI 4 anos

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da Corresponsais de EI 5 anos

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da Corresponsais de 3º Ciclo de EP

Somalia en Paz Toén 25/1/2012 Alba Rodríguez – 6º EP

Tras unha longa negociación, varios grupos de piratas somalís decidiron deixar esta actividade delictiva porque se poñían moi tristes ao ver a cara dos atracados. Desmontaron os seus barcos, e puxeron rumbo a un pobo de Ourense chamado Toén. As pezas dos seus barcos deron para construír mais aulas no colexio deste pobo. Desta maneira, @s nen@s non terán que desprazarse ata Ourense para cursar os seus estudos de Secundaria.

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce

Axencia Eñe - 30/1/2030

Martín Álvarez foi elixido para representar a Galicia na elección dos Premios Nobeles da Paz. Colaborou na creación dunha cápsula que almacena e permite o transporte de auga potable e tamén enerxía procedente das algas do río Miño. Doou os seus descubrimentos á ONG “Auga para o Mundo”, o que permitirá que a auga chegue limpa e poida ser utilizada para todas as labores de rega e cultivo de plantas en moitos países de África.

Recibida a noticia no seu antigo colexio de Toén, os mestres e alumnos da súa promoción celebrarán nas instalacións do mesmo, unha festa na súa honra, á vez que proporán a actual dirección do centro o posible cambio de nome do colexio, pasando agora a chamarse CEIP Martín Álvarez


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

30.01.2012 Mikel Lorenzo José Mota chega a Larelle para gravar o seu programa nº 1000 cos oito veciños do pobo de Larelle. José Mota gravará o novo sketch, que se titulará “O pobo máis pequeno do mundo” no que participarán os veciños e veciñas de Larelle. As gravacións comezan o día 31 de Xaneiro. Larelle deixará de ser un pobo descoñecido do concello de Toén e pasará a ser un dos contornos máis famosos do país. Todos os veciños doarán os beneficios obtidos para a próxima construcción dunha vivenda dunha familia sen recursos.

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce

Quintillizos alimentados por unha nai anónima 25.01.2012 María De Melo- 6º EP

Cinco nenos nacidos no Brasil o día 12.01.2012 son alimentados con leite doutra muller porque o leite da súa nai non daba para todos. A nai, intentou solucionalo indo a farmacia a por leite, pero os nenos non toleraban ese tipo. Os nenos estaban cada vez máis delgados. Completamente desesperada, a nai puxo un anuncio nas redes sociais de internet. Cando os nenos xa parecía que non tiñan esperanza, ingresados de gravidade no hospital, unha nai anónima respondeu ao anuncio.Os nenos recuperaron a saúde e voltaron a súa casa.

Os máis famosos/as comparten a súa sorte para pór fin ás desigualdades. Moitas persoas millonarias crean unha ONG co fin de axudar aos nenos e nenas que teñen dificultades para acceder á educación. Todo comezou no ano 2035 cando o famoso piloto de F1, Miguel Cruz, xuntouse con varios compañeiros da súa infancia, antigos alumnos/as do colexio Saco e Arce de Toén. Entre todos/as crearon unha ONG:“TOÉN POLA IGUALDADE”, unha fundación que axuda aos nenos e nenas que teñen dificultades para poder acceder á educación. Entre os colaboradores están Martín Álvarez (gañador do Premio Nobel da Paz no 2030), Raúl Melo ( futbolista do Real Madrid), María Rodríguez ( recoñecida violinista) e Alba Rodríguez (famosa científica).


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce

Ceip Saco e Arce de Toén, 30-01-2012 Estela Araújo Lorenzo. Redacción 5º EP

A noticia que vos vou contar hoxe é moi cercana a nós. Xa hai uns días que viñan falando do tema, e por fin, o día 23 deste mes de xaneiro, os nenos e nenas do concello de Toén, xuntáronse no Centro Social de Moreiras para por en marcha unha iniciativa moi interesante e solidaria...Axudados por algunhas persoas adultas, coñecedoras do tema, organizaron un obradoiro de pulseiras e outros obxectos decorativos para logo poder vendelos polos pobos do concello e recadar diñeiro para poder mercar xoguetes novos para os nenos/as dunha aldea de Camerún (África).

DANDO ROUPA AOS NECESITADOS Toén, 30 de xaneiro. Águeda González de Gennaro. 5º EP

Coñecendo as necesidades que pasa moita xente e, entre elas, os nenos dos países máis pobres, no noso colexo tomamos conciencia deste problema e organizamos unha campaña de recollida de roupa para os máis necesitados. Ademais de roupa tamén se recollen zapatos e outras prendas de abrigo. Despois dunha semana recollendo prendas, conseguimos o noso obxectivo: que centos de nenos/as tiveran roupa para vestirse e non pasaran frío.


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce

Toén 30-01-12 David Martínez Vázquez – 5º EP

Acabamos de recibir as últimas informacións da nosa axencia de noticias AXIÑA XA. Estase a producir un grande invento que vai revolucionar as empresas de armas do mundo... Segundo as nosas fontes informativas, o Almacén de Armas contra a Guerra, tamén chamado “ACG”, está oculto nun lugar indeterminado de Moreiras, ToénOurense). Estas armas, mellor dito “desarmas” axudarán a crear un estado mundial de paz... As balas, mellor dito, “as desbalas”, estarán cargadas do gas “da ilusión e ganas de cambiar o mundo”. Os tanques transformaranse en tractores

Toén, 30 de xaneiro María Domínguez - 5º EP

Despois de moito tempo de intentalo, Iria, unha moza de A Valenzá (Barbadás-Ourense), logrou contactar cunha ONG africana para poder conseguir un neno en adopción. Con esta acción, ela cumprirá o seu desexo de ser nai e, ao mesmo tempo, acollerá a un neno ou a unha nena que foron abandonados. A través de amizades contactou con esa ONG e logo despois de cumprir con todos os requisitos necesarios, por fin conseguiu o neno que tanto desexaba.

Iria co seu neno


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce

Toén, 30 de xaneiro do 2012 María Rguez. Estévez – 5º EP

O sábado, 21 de xaneiro do 2012, organizouse en Ourense unha manifestación para protestar contra a violencia de xénero. Tivo lugar en Barbadás, e asistiron 855 persoas. O percorrido desta manifestación comezou na Rúa do Ensino e rematou na Avda. de Celanova. A policía nacional investigará e conseguirá deter aos individuos/as. Tales actos terán que facernos reflexionar e pensar como se poden parar estes asasinatos...

Os bombeiros evitaron unha grande desgracia Toén 30-01-12 David Martínez Vázquez O 29 de xaneiro nunha fábrica de madeira situada cerca do cámping As Rochas nas aforas de Ribadavia produciuse un grande incendio. Persoal da fábrica chamou urxentemente ás autoridades, coñecedores de que no camping había unha concentración de nenos. Avisaron aos bombeiros de Ribadavia xa que o lume se estaba estendendo polo monte. Despois de longas horas de traballo e con moito esforzo e a colaboración doutras agrupación de bombeiros da provincia, lograron Nenos que xogaban no camping reducir o incendio e rescatar aos nenos do camping. Os bombeiros rescataron a 100 nenos que foron levados a un hospital ao momento. Cincuenta recibiron coidados especiais, os demais despois dunhas curas foron dados de alta. Bosque no que estaba situado o camping e a fábrica


Corresponsais da Corresponsais de EI 3 anos

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Mensaxes de PAZ

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da

Ceip Saco e Arce


Corresponsais da PAZ