Issuu on Google+

Bicos de Vento Poemas de Outono

Alumn@s de 5º e 6º

CEIP Saco e Arce Toén - 2011 ]


Estes poemas foron escritos polas nenas e nenos de 5º de EP no Obradoiro de Lingua. Collemos como referencia o libro de Antonio García Teijeiro “Ventos” e reescribimos os seus poemas. ¡Esperamos que vos gusten!

Un ventiño ten Antón agachadiño na man moitos rapaces llo piden el non o quere soltar.


A FLOR SOÑABA A flor soñaba coas abellas. O Sol soñaba coas estrelas. O mar soñaba Coas gamelas. E o vento maino xogou con elas. David Martínez, 5º-


OUTONO TEN SONO…

O outono ten sono e quere durmir nunha cama de follas e ser moi feliz. No colo das árbores el quere soñar con miles de contos e non espertar

-Estela Araújo 5º -.


VENTO, VENTIÑO Vento Ventiño Vental Caso Casual. Vento Ventiño Ventín Frauta Frautín. Vento Ventiño Vental Tempo Temporal Vento Ventiño Ventín Ímonos rir. .María Rodríguez, 5


O POBRE LIBRIÑO

Andaba dalle que dalle un libriño cun ventiño. Pedíalle que volvesen todos os seus debuxiños. O vento dixo en voz baixa á aquel libriño baleiro: “Os debuxiños, amigo, fan outras cousas agora. Non é doado que volvan. Teñen unha vida nova”. E o pobre daquel libriño deixou de vivir axiña. María Rodríguez, Lucía Pérez 5º


HABÍA UN VENTIÑO Había un ventiño que non tiña vista Había outro vento que lía revistas. Había un ventiño vestido de

azul

Había outro vento que viña do sur. Había un ventiño con gafas de prata Había

outro vento

con ollos de rata.

-Poema colectivo, 5º-


OS seis VENTOS Había un ventiño que non tiña boca. Había outro vento con cara de louca. Había un ventiño Vestido de verde Había outro vento Que viña do leste. Había un ventiño Con gafas de cobre Había outro vento Con cara de pobre. Os ventos que había Estaban a descansar. Calade meniños Que a noite é fugaz. -David Martínez Vázquez-


¡AI QUE FEO É DON OUTONO!

Don outono ten bigote e traxe de bailarín ¡Ai que feo e don Outono que non viste de postín!. FROITOS DE OUTONO

Naceu unha planta naceu un amor naceron dez flores no teu corazón. Naceu a calor nas nubes de soños Naceron mil bicos nos nosos beizos. Lucía Pérez


O OUTONO

Polo camiño do medo ¿A onde? Polo camino da violencia ¿a onde? Polo camiño morado ¿a onde?

Polo camiño da guerra ¿a onde? Polo camiño da fame ¿a onde? Estou perdido Sento aquí para agardar A chegada do outono.


CANTIGA DE OUTONO No outono non soño, que vivo esperto tirándolle bicos ás nubes do ceo… No outono paseo deiquí para alá e no monte como érbedos e mazás… No outono observo con moita atención as cores pintadas da vexetación… No outono as froitas desexando están que axiña vaiamos botarlles a man… Da gusto miralas e velas caer con moito coidado para non romper… Pois para as mazás, as cirolas e as peras é unha desgraza non ter quen as queira… E mesmo as noces e tamén as castañas anóxanse todas se non as apañas… O ben que parecen, o ben que me gustan as uvas e as moras cando están maduras… No outono non soño, que vivo esperto tirándolle bicos as cores do vento… Ás cores do vento , ás chuvias morniñas, ás postas de sol e ás guapas mociñas… No outono

non durmo, que teño que ver

ó esquío Efrén as noces comer… Non durmo

no outono, xa terei tempo

cando tristeiro veña o señor inverno. -pEp-


A NOSA MASCOTA “EFren” Nas terras de Toén, Escondido nos seus montes, habitaba un esquío moi inquedo e sabichón. Tiña a cabeza redonda, ollos de fino raposo, un fuciño moi pequecho e uns dentes de leirón. Un día, xa non sei cando, ata o colexio chegou e dende lonxe observaba aquela nova situación. Os rapaces que o ollaron, nunha esquina escondido, foron todos coma tolos a ver que era aquel bicho… Aquel bicho era un esquío e nós nome lle puxemos despois de acordalo algúns. A todos nos pareceu ben que a aquel esquío perdido lle chamáramos EFRÉN. Efrén quedouse con nós e no noso cole vive. El é o noso guía


nas distintas actividades que ó longo destes anos, no colexio realizamosEfrén comparte con nós xogos, ilusións e soños e as ansias de ir mellorando. PeP


Os nenos e nenas de 6º de EP, tomando como referencia os poemas de Antonio García Teijeiro que aparecen no libro “Para cantar e contar”, fixemos estas composicións poéticas que teñen en común o tema dos bicos.

GRACIAS, ANTONIO, POLOS TEUS POEMAS!


Bicos nos días, Bicos de chuvia. Bicos nas nubes Bicos na noite Bicos de amor, Bicos de calor. Bicos de soños, Bicos de algodón. Bicos nos parques, Bicos ao sol. Bicos no frío E na paixón. Son moitos bicos, Bicos de amor. Eu gardo un bico No meu corazón.

-Alba Rodríguez , 6º


Bicos con afecto, Bicos de corazón. Bicos no inverno, Bicos de desamor. Bicos fríos, Bicos con ardor. Bicos de agasallos, Bicos de “adios”. Bicos na terra E tamén no mar. Bicos na cara E tamén na aman. Son moitos bicos, Bicos de amor. Eu gardo un bico No corazón.

-Miguel Cruz, 6º-


Bicos como balas, Bicos de cartรณn. Balas como bicos, Bicos de algodรณn. Son balas de bicos, Son bicos de cor Son bicos de balas, Balas de latรณn.

-Marieta รlvarez, 6ยบ-


Bicos nos mares, Bicos de ledicia. Bicos de vento, Bicos sen tempo. Bicos no peto, Sinto a calor. Bicos nos pés, Ao anoitecer. Son moitos bicos Os que che din. Son bicos roubados, Bicos para min.

-Martín Álvarez, 6º-


PERDÍN UN BICO NA NOITE Perdín un bico na noite, Camiño da madrugada; Pregunteille a moita xente E ninguén me dixo nada. Na noite perdín un bico, Cando xa cantaba o galo E por moito que busquei, Non conseguín atopalo. Era un bico que levaba Moito tempo desexando… Era un bico que roubei Dos beizos da miña amada.

- Poema Colectivo 6º-


Bicos de vento