Issuu on Google+

Proxecto de dirección 2013-2017 IES Ramón Caamaño – Muxía Presentado por: X. Ricardo Ventosa Sixto

Índice Marco legal................................................................................................2 Motivación.................................................................................................2 Contexto....................................................................................................3 O centro..............................................................................................4 Principios inspiradores...............................................................................6 A confianza como base da responsabilidade......................................6 A cooperación (e a elaboración en común)........................................7 A individualización. A autonomía........................................................7 Obxectivos.................................................................................................7 Liñas de actuación.....................................................................................9 Convivencia........................................................................................9 Participación.....................................................................................11 Éxito escolar.....................................................................................13 Formar para a sociedade..................................................................14 Colaboración....................................................................................15 Actuacións nas instalacións do centro..............................................16 Avaliación do proxecto.............................................................................17 Indicadores básicos:.........................................................................18

Proxecto dirección para o IES Ramón Caamaño. 2013-2017.

Páxina 1


Marco legal A Constitución, o estatuto, a Lei Orgánica da Educación, os artigos vixentes da LODE, as normas derivadas la LOXSE coma o ROC dos IES, as leis, decretos e ordes derivadas, unha multitude de circulares, as directivas da Unión Europea e as normas e tratados internacionais conforman un sistema, ás veces labiríntico, que é de aplicación na vida do centro educativo. Son estas normas das que nos dotamos as que permiten a existencia do noso sistema e, desde unha perspectiva que defende sempre a renovación como medida de progreso e mellora, considero imprescindible o respecto das mesmas. Sei que pode ser considerado obvio o citalo pero considero imprescindible situalo como cerna deste proxecto. Como elementos recollidos da lexislación vixente inspiradores da elaboración do presente proxecto enumero: • Os principios e fins do sistema educativo recollidos nos artigos 1 e 2 da LOE. • A concreción dos anteriores feita nos artigos 2 e 3 do Decreto 133/2007 polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. • Os fins e principios que sobre a convivencia nos centros docentes son indicados no artigo 3 da lei 4/2011 de convivencia.

Motivación En xuño de 2011 comunicóuseme a designación para exercer a dirección do IES Ramón Caamaño por decisión da Xefatura Territorial a proposta da Inspección para o curso 2011-12 e 2012-13. Esta designación foi realizada logo do rexeitamento, por incumprimento dun dos requisitos administrativos, da candidatura á dirección existente.

Proxecto dirección para o IES Ramón Caamaño. 2013-2017.

Páxina 2


O equipo de dirección conformado afrontamos a necesidade de remontar unha situación do centro que era complexa nos aspectos académicos e de convivencia, na participación da comunidade educativa, no clima laboral... Pouco a pouco, coa colaboración desde o primeiro momento de toda a comunidade educativa, fóronse dando pasos positivamente valorados pola mesma comunidade educativa do IES Ramón Caamaño. Estas valoracións serven de retroalimentación positiva e son agora elementos decisivos cara a decisión da presentación deste proxecto de dirección.

Contexto O concello de Muxía está situado na comarca da Costa da Morte e nel danse con especial intensidade dous elementos característicos desta: unha zona costeira abrupta e con só algúns significativos puntos poboados e unha zona interior con características semellantes ás que atopamos nas comarcas interiores limítrofes. No concello de Muxía produciuse unha concentración de poboación na localidade que hoxe é a capital do mesmo que, coas derivas económicas actuais, vai perdendo poboación e no que a relevancia económica das actividades tradicionais é cada vez menor. Deste xeito o concello de Muxía, datos recollidos no Instituto Galego de Estatística, diminuíu a súa poboación ata os 5.258 habitantes estimados en 2012 cando 10 anos antes a poboación era de 6.040 persoas (15% de diminución en 10 anos). Se nos referimos á franxa de idade dos 10 aos 14 anos a diminución vai dos 249 (2002) aos 166 (2012), un descenso do 50% da poboación nesta franxa. Na localidade de Santa María de Muxía concéntrase aproximadamente unha cuarta parte da poboación do concello e é a única parroquia que logra un ritmo de diminución da poboación inferior ao 10%, grazas á chegada dalgunhas persoas emigrantes. Nas outras trece parroquias do concello, as parroquias rurais onde vive o 75% da poboación, o ritmo de diminución sitúase no 22% no período de 10 anos (2002-2012) que utilizamos de referencia.

Proxecto dirección para o IES Ramón Caamaño. 2013-2017.

Páxina 3


Un último dato no referente á poboación: A diminución poboacional non ten só unha orixe emigratoria senón que tamén o número de nacementos ven diminuíndo significativamente, no período de referencia caeu case que un 50% sendo no 2012 só de 22 nacementos no Concello de Muxía. Economicamente estamos ante unha zona fortemente deprimida onde a crise da construción e a crise do turismo está a crear situacións complexas. En decembro estaban rexistradas como paradas 474 persoas, unha taxa de paro do 33%. O total de persoas que recibían pensións non contributivas a decembro de 2012 era de 230. A actividade da pesca e marisqueo só ocupa a unha pequena parte da poboación activa (97 persoas inscritas), na agricultura están inscritas 351 persoas, na industria 146, nos servizos 677 e na construción 197 das que o 60% están paradas. Unha situación pois de alta recesión económica e de profunda baixada de poboación que crea un certo ambiente depresivo e de carencia de expectativas de futuro.

O centro O IES Ramón Caamaño creouse no proceso de implantación da LOXSE no curso 199899 mediante a reconversión nun IES dun centro de EXB preexistente. Durante esta reconversión anexáronse ao edificio existente 2 módulos (un bloque de aulas e locais para departamentos didácticos e un bloque con laboratorio, aula de música e sala de usos múltiples). Esta orixe condiciona elementos tales como climatización, iluminación, redes de servizos e de datos, distribución e adaptación dos espazos... E produce gastos de mantemento extras derivados da antigüidade da zona procedente do centro de EXB e da baixa calidade contributiva dos dous módulos anexados. O centro conta con 11 aulas xenéricas, un obradoiro de tecnoloxía, unha aula de informática, unha aula de audiovisuais, unha de plástica, unha de música, un laboratorio de ciencias, unha aula de usos múltiples (salón de actos), unha biblioteca, unha cafetería, unha sala de profesores/as, os despachos de administración, xefatura, dirección e orientación, unha sala de visitas e unha serie de pequenas dependencias dedicadas a departamentos didácticos, aula de PT, aula de convivencia, espazo de traballo individual, radio escolar, conserxería...

Proxecto dirección para o IES Ramón Caamaño. 2013-2017.

Páxina 4


O centro non ten pavillón e utiliza o Municipal que está próximo e que nos cede o Concello. Durante os tres últimos cursos fóronse facendo arranxos e dotacións de material para renovar algúns espazos obsoletos e para abrir novas zonas dos corredores para espazos de actividade do alumnado e de exposición de materiais. Neste mesmo período realizouse unha adquisición de material audiovisual e informático que, xunto coa participación no ABALAR, permitiron ter dotadas aulas e salas específicas con medios audiovisuais. Alumnado O alumnado do centro procede, na súa inmensa maioría, dos centros adscritos (CEIP dos Muíños e CEIP de Vilarmide); tres cuartas partes do alumnado utiliza o servizo de transporte escolar sendo a duración dos traxectos bastante elevada (ata 40 minutos). O número de alumnos e alumnas matriculados no IES Ramón Caamaño no curso 20122013 é de 131 que se organizan nun grupo por curso de ESO e un grupo de PCPI na modalidade C mixta. Comparativamente: no curso 2002-03, 10 cursos antes, o centro tiña 211 persoas matriculadas organizadas en 10 grupos de ESO. A situación socioeconómica do alumnado correspóndese coa descrición feita no apartado anterior. O maior número de casos de alumnado procedente de familias con situacións socioeconómicas delicadas e da propia localidade capital do concello. Unha característica presente nunha parte considerable do alumnado do centro é a carencia de expectativas persoais relacionadas co estudo. Esta falta de expectativas a valoramos como unha das causas máis importantes dun nivel de fracaso escolar e abandono demasiado alto, case que un 9% superior a media de Galicia.

Profesorado Unha característica do IES Ramón Caamaño é a alta mobilidade do profesorado. O claustro esta formado no curso 2012-13 por 17 PES, 4 mestres e unha profesora de relixión Católica. A mobilidade dáse principalmente nos PES onde hai 17 prazas definitivas no catálogo pero 3 persoas están en comisión de servizo e 2 persoas están desprazas por falta de horario

Proxecto dirección para o IES Ramón Caamaño. 2013-2017.

Páxina 5


(a Consellería de Educación concedeu para este curso 2012-2013 dúas prazas provisionais). A antigüidade media de permanencia no centro está nos 2 cursos e só unha persoa entre os PES supera os 5 cursos de antigüidade no centro. Os mestres e o profesorado de relixión son máis estables e a antigüidade media supera os 10 cursos. Esta realidade debe tomarse en consideración á hora de prolongar no tempo as actividades e as medidas desenvolvidas. PAS O Persoal de Administración e Servizos é máis estable pero todos os postos agás un están ocupados interinamente. Os postos de PAS son: praza e media de limpeza, unha praza de subalterno e un posto de auxiliar administrativo. Nais e pais A relación con nais e pais é bastante fluída cun importante número de entrevistas cos titores e titoras, co departamento de orientación e coa xefatura de estudos e a dirección. Contamos cunha importante presenza de nais e pais nas xuntanzas de inicio de curso que se realizan cos titores e titoras, con orientación e co equipo directivo. A presenza cae nas actividades e charlas que organizamos durante o curso pensadas para nais e pais, por exemplo o programa Quérote +.

Principios inspiradores O traballo realizado nos dous cursos pasados, este proxecto de dirección e o traballo que prevemos realizar nos próximos catro cursos están referenciados nas seguintes ideas–forza.

A confianza como base da responsabilidade Confianza en cada persoa: alumnado, docente, PAS ou nai ou pai de alumnado. Confianza nos lexítimos intereses de todos para conformar unha realidade mellor. Para

Proxecto dirección para o IES Ramón Caamaño. 2013-2017.

Páxina 6


formar persoas responsables primeiro debemos darlle a nosa confianza para que poidan manifestar a súa responsabilidade. Para crear un clima de traballo axeitado, onde as persoas sexan responsables do bo término das súas tarefas é preciso desenvolver a confianza.

A cooperación (e a elaboración en común) Nun sistema cooperativo todas as persoas traballamos para lograr a excelencia, nun sistema competitivo só os logros individuais son importantes. Da excelencia colectiva saen os mellores logros persoais. A cooperación e a elaboración en común é imprescindible para producir cohesión nos grupos de traballo, para que cada persoa se sinta parte do proxecto e para que o proxecto medre máis aló do traballo individual.

A individualización. A autonomía. A individualización en contraposición coa estandarización é unha “vantaxe competitiva” que podemos -o tamaño do centro o posibilita- e debemos practicar. O respecto ao individuo, ao seu ser e ás súas circunstancias: sexo, raza, ideoloxía, relixión e crenzas, orientación sexual... forman parte da persoa e o seu recoñecemento facilita a súa formación cando falamos de alumnado e a súa integración e coparticipación responsable para todos os membros da comunidade do IES Ramón Caamaño. O desenvolvemento da autonomía persoal parte do autorrecoñecemento do individuo e continúa polo recoñecemento como persoas autónomas dos outros individuos. O traballo común que como centro educativo debemos realizar debe partir da achega individual e autónoma.

Obxectivos •

Fomentar a convivencia escolar e o respecto aos demais. ◦ Potenciar a educación en valores.

Proxecto dirección para o IES Ramón Caamaño. 2013-2017.

Páxina 7


◦ Realizar as accións precisas para a eliminación de calquera tipo de discriminación. ◦ Reforzar aquelas actividades que formen nos aspectos relacionados coa igualdade real entre mulleres e homes. ◦ Promover accións entre nais e pais que colaboren na consecución deste obxectivo de convivencia. •

Mellorar os elementos de participación activa dos distintos sectores da comunidade educativa. Implicar ao profesorado, aos PAS, aos pais e nais e ao alumnado no proxecto de centro por medio da apertura á participación. ◦ Distribuír responsabilidades. Potenciar que a coordinación e o seguimento das distintas actividades do centro poida estar distribuída cara a maior implicación de todos e todas. ◦ Potenciar os elementos de encontro: grupos de traballo, escola de nais e pais, actividades extraescolares...

Potenciar o éxito escolar. ◦ Fomentar o éxito escolar. No IES Ramón Caamaño éxito é acadar o título de ESO. ◦ Mellorar os resultados académicos en todos os niveis. ◦ Poñer en funcionamento cada curso as medidas de diversificación posibles: desdobres, reforzos, agrupamentos, PDC... con prioridade sobre outro tipo de actividades. ◦ Potenciar o estudio persoal, a planificación do traballo, a constancia, a ampliación do estudado... o gusto por aprender. ◦ Reducir o abandono e o fracaso escolar. ◦ Utilizar o PCPI para minimizar as consecuencias do fracaso escolar.

Proxecto dirección para o IES Ramón Caamaño. 2013-2017.

Páxina 8


Formar ao alumnado como persoas que poidan, ao remate da ESO, ser parte responsable da sociedade. ◦ Indicar a importancia do traballo individual, do emprendemento, do asociacionismo, do voluntariado... ◦ Sinalar a participación social como elemento potenciador do desenvolvemento social. ◦ Mostrar os elementos públicos dos que nos dotamos na sociedade e a súa importancia para o ben común e o individual.

Colaborar coas entidades públicas na realización de actividades que poidan desenvolver aspectos concretos da formación do alumnado.

Realizar actuacións de mellora das condicións de instalacións, mobiliario e medios do centro.

Liñas de actuación Convivencia Desde fai dous anos temos un aula de convivencia que continuará en funcionamento mellorando o seu esquema actual cos resultados da avaliación da mesma. Traballarase máis aló da resolución dos conflitos procurando actuar na prevención dos mesmos. Dado o obsoleto dalgúns elementos do RRI existente no centro elaboramos no período 2011-2013 diferentes aspectos das NOF (Normas de Organización e Funcionamento) que deben completarse para formar o corpus completo. O traballo nas NOF é un elemento dentro da mellora do Proxecto Educativo do Centro que renovaremos ao longo dos dous primeiros cursos deste período. Realizarase a renovación mediante a realización dun proceso que posibilite a implicación -participaciónde todos os sectores da comunidade educativa do IES.

Proxecto dirección para o IES Ramón Caamaño. 2013-2017.

Páxina 9


O traballo da Comisión do Consello Escolar que recolle as funcións do Observatorio de Convivencia debe ser potenciado mediante a elaboración dun plan de traballo específico e máis a asunción de responsabilidades concretas na marcha da aula de convivencia, na proposta de actividades complementarias e extraescolares relacionadas cos valores de igualdade e non discriminación e na participación activa na elaboración dos documentos de centro. No proxecto de Escola de Nais e Pais que desenvolvemos nun punto posterior farase especial fincapé nos temas de convivencia, igualdade, integración... Continuaremos participando en actividades tales como o “Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar”, o programa Quérote +, as actividades coordinadas co Concello (Educación Social, CIM...). Potenciaremos as accións transversais realizadas ao redor das distintas datas conmemorativas relacionadas coa convivencia e en especial os relacionados coa igualdade real entre sexos. Continuaremos a executar accións destinadas ao uso responsable da Internet e as das redes sociais. Este traballo vense demostrando moi importante cara a prevención dos problemas de convivencia e acoso. Realizaremos accións formativas preventivas cara o consumo de alcohol, tabaco e outras drogas. Estas accións non serán só de tipo complementario senón que serán integradas con especial relevancia dentro do plan de acción titorial. Cara a consecución dos obxectivos de convivencia é fundamental potenciar o momento da acollida. Co alumnado que se matricula por primeira vez no centro continuaremos a realizar o proceso de acollida que vimos realizando, avaliado e mellorado, potenciando ademais outros momentos de realización de actividades conxuntas (entroido, día da paz...) cos centros adscritos. No momento do inicio do curso teremos especial consideración en dar a coñecer a alumnado e nais e pais as distintas características e normas de organización do noso centro.

Proxecto dirección para o IES Ramón Caamaño. 2013-2017.

Páxina 10


Continuaremos a desenvolver o protocolo de acollemento de novos traballadores do centro que puxemos en marcha nestes dous cursos, tentando de incrementar a información posta ao seu dispor e o tempo dedicado á acollida.

Participación Ademais do funcionamento dos órganos regrados queremos fomentar a participación real, a implicación no centro de todos os sectores da comunidade educativa e da sociedade local da que formamos parte.

Alumnado A Xunta de Delegados debe ter un funcionamento máis activo. Desde o equipo directivo do centro reclamaremos o seu posicionamento e as súas propostas en cada un dos plans e medidas iniciadas. Tamén forneceremos a posibilidade da creación dunha estrutura de participación do alumnado máis ampla cá anterior coa elección de representantes de grupos-aula e a posible formación de Asociación de Alumnado. Potenciaremos o traballo da Xunta de Delegados e da posible estrutura ampla de participación do alumnado previa a calquera xuntanza do Consello Escolar ou das comisións de traballo derivadas do mesmo onde exista representación do alumnado. O equipo directivo do centro manterá encontros periódicos coas estruturas de participación do alumnado. Continuaremos a utilizar co alumnado a “caixa de suxestións ao equipo directivo” que puxemos en funcionamento no terceiro trimestre do curso 2012-13.

Nais e Pais Na actualidade existe formalmente unha ANPA que non ten practicamente actividade. Desde a dirección do centro contribuiremos á reactivación desta asociación, ou doutras equivalentes que xurdan, para fomentar a participación das nais e pais no centro.

Proxecto dirección para o IES Ramón Caamaño. 2013-2017.

Páxina 11


Crearemos unha escola de nais e pais que terá a función de formación dos mesmos mediante distintos tipos de actividades como grupos de traballo, seminarios e charlas xerais; pero tamén a de colaboración na formación do alumnado coa achega ao centro da súa experiencia e coa participación en actividades complementarias e extraescolares dirixidas ao alumnado, etc. Potenciaremos a información das nais e pais mediante encontros cos e cas titoras, co profesorado, co envío de notas informativas, coa mellora dos medios de difusión da actividade do centro. Elaborando elementos para a visualización da actividade real do centro que, ata agora, non son coñecidos exteriormente.

Profesorado A creación de grupos de traballo do profesorado é fundamental cara a mellora da calidade do sistema de ensino. Proporemos a creación de grupos de traballo que desenvolvan o sistema de avaliación de competencias, o seguimento conxunto das programacións e a coordinación das mesmas entre departamentos, a coordinación da actividade individual proposta ao alumnado, a adecuación dos documentos do centro, a dinamización das TIC, a dinamización lingüística e a potenciación da Biblioteca escolar. En cada caso recorrerase, de ser posible, á colaboración dos centros de formación do profesorado e ás axudas da administración educativa. Como norma xeral, á hora de poñer en funcionamento novas liñas de traballo, potenciaremos a participación do profesorado mediante a utilización de tres fases previas ao comezo da iniciativa: achega de ideas sobre unha proposta inicial, debate das propostas e elaboración da proposta definitiva.

Actividades que continuarán en funcionamento Na actualidade temos en funcionamento o club de lectura Buserana que pretendemos seguir mantendo e potenciando unha maior participación.

Proxecto dirección para o IES Ramón Caamaño. 2013-2017.

Páxina 12


Na nosa biblioteca creamos a figura do alumnado colaborador que consideramos que é moi positiva e que manteremos e potenciaremos. Faremos o posible para visualizar máis a actividade da biblioteca e saír máis alá da realidade interior do centro. O grupo de dinamización lingüística vén facendo unha importante labor no centro e a pretensión será incrementar as súas actividades, expoñelas máis publicamente e implicar a toda a comunidade educativa.

Éxito escolar Reforzaremos a conexión cos dous CEIP adscritos para un mellor traslado da información sobre o alumnado que se incorpora ao centro. Potenciaremos a relación de xuntanzas entre titores, orientación e xefatura de estudos dos tres centros. Potenciaremos as metodoloxías activas, o uso das novas tecnoloxías e dos recursos existentes no centro, facilitando ao profesorado os medios para a súa utilización. Promoveremos a concienciación do alumnado na importancia do traballo individual diario. Proporemos ao profesorado incrementar o valor do traballo individual na avaliación das materias e poñeremos en marcha mecanismos para fomentar a correcta distribución dos mesmos ao longo do tempo. O claustro e o consello escolar realizarán o seguimento dos resultados académicos, a valoración dos mesmos e as propostas de mellora. Corresponde á CCP o seguimento das programacións didácticas e as propostas de modificación das mesmas para a mellora do rendemento. En función da dispoñibilidade horaria do profesorado e dentro das medidas de atención á diversidade utilizaremos: grupos de PDC en 3º e 4º, desdobres, reforzos en pequenos grupos e agrupamentos. O modelo de PCPI C-Mixto que está implantado no centro vén dando moi bos resultados cara a integración laboral e a continuación de estudos. Este modelo implica a colaboración de empresas da zona para as ensinanzas dos módulos prácticos. O equipo directivo realizará durante o verán a procura destas empresas que serán axeitadas ao perfil e aos intereses do

Proxecto dirección para o IES Ramón Caamaño. 2013-2017.

Páxina 13


alumnado. Durante o curso, en colaboración coa titoría de PCPI, farase o seguimento da actividade na empresa. Para unha parte do alumnado do noso centro a participación nas probas de acceso a ciclos medios é un camiño para continuar a súa formación. Reforzaremos a axuda ao alumnado para a preparación das probas de acceso coa implicación básica do profesorado dos ámbitos de PDC e de PCPI. O concello de Muxía realiza actividades de reforzo educativo na ESO e de preparación para a ESA.

Formar para a sociedade Realizaremos actividades que permitan ao alumnado coñecer distintas realidades e actividades sociais, tanto presentes no Concello como outras non presentes que impliquen un incremento das súas expectativas. Na mesma liña de incremento das expectativas persoais potenciaremos encontros con distintos profesionais para coñecemento das súas actividades. Neste apartado solicitarase e darase prioridade á participación de nais e pais. Achegarémonos ás distintas asociacións (deportivas, culturais, de voluntariado...) existentes no concello buscando liñas de colaboración cara a súa visibilidade entre o alumnado e a realización de actividades conxuntas. De ser posible intentaremos este mesmo modelo con asociacións non presentes en Muxía (como as que xa temos con ANOCA, por exemplo) que consideremos de interese para o alumnado. Desde o plan de acción titorial e desde o conxunto das materias reforzarase o valor do traballo e o estudo individual coordinando actividades e valorando especialmente estas tarefas á hora da avaliación. Potenciamos os medios de comunicación e presenza externa do centro: a revista Buserana, a páxina WEB -actualmente sen funcionamento- e a radio escolar. Achegaremos as nosas actividades ás redes sociais. Reforzaremos a visualización da actividade do centro nos medios externos.

Proxecto dirección para o IES Ramón Caamaño. 2013-2017.

Páxina 14


Colaboración Realizaremos conxuntamente co Concello actividades propostas por eles ou polo centro que permitan ao alumnado expandir as súas expectativas persoais. Manteremos a participación nos plans de actividades realizadas no centro polos educadores sociais e o CIM do Concello. Participaremos en actividades propostas pola Consellería de Educación tales como as recollidas no Plan Proxecta, o Proxecto ABALAR, Navega con Rumbo, o Plan B, e outros. Actualmente o centro participa nos plans proxecta Meteoescolas e Querote+, no ABALAR, en Navega con Rumbo e continúa a solicitar a súa entrada no Plan B de bibliotecas. Valoramos positivamente a participación noutras actividades propostas desde administracións e entidades co fin de potenciar a formación en valores, a mellora da auto imaxe, a prevención da discriminación, o consumo responsable, a participación activa na conservación do medio ambiente -actualmente participamos na rede Voz Natura-, o coñecemento da nosa cultura... Manteremos e potenciaremos a colaboración cos centros educativos da zona, especialmente os que manteñen unha relación directa co propio instituto, co fin de lograr unha adaptación o máis rápida posible do alumnado aos diferentes cambios de ciclo educativo. A colaboración co concello de Muxía é indispensable. Son moitas as veces que desde o Concello se propuxeron actividades adicadas ao alumnado do noso centro. Ademais da cesión do Salón do Voluntariado ao instituto cando as dependencias do mesmo non son as máis idóneas para a realización de certas actividades. Seguiremos colaborando coas empresas da contorna. Mantemos unha relación fluída con elas principalmente a través da realización de prácticas do alumnado de PCPI.

Proxecto dirección para o IES Ramón Caamaño. 2013-2017.

Páxina 15


Actuacións nas instalacións do centro Instaremos á administración educativa cara a mellora do illamento térmico: tellado, ventás... Melloraremos o aspecto exterior do centro e en concreto os espazos verdes, o peche “gris” actual das pistas deportivas e crearemos zonas de encontro dentro do patio escolar (bancos...). Modificaremos os sistemas de iluminación cara a mellora do rendemento enerxético. Realizaremos as melloras posibles no sistema eléctrico, de calefacción e de rede de datos. En especial é preciso realizar un traballo previo que permita coñecer o esquema de instalación para a proposta de mellora. Renovaremos os sistemas de telefonía e fax do centro. Potenciaremos de novo a zona lúdica e punto de encontro para o alumnado (bancos e mesas) situada no amplo corredor que vai cara o salón de actos e realizaremos unha decoración da mesma en colaboración co alumnado. Dotaremos inicialmente a zona lúdica con xogos de taboleiro e tenis de mesa. Situaremos medios audiovisuais – pantalla – na zona de entrada principal do edificio que permitan amosar imaxes das actividades do centro e anuncios relevantes. Renovaremos a sala de usos múltiples. Continuaremos coa mellora da biblioteca escolar, da sala de visitas (sala de nais e pais)... Aplicaremos o principio de mantemento preventivo – en contraposición ao tradicional “ir arranxando cando se precise”–.

Proxecto dirección para o IES Ramón Caamaño. 2013-2017.

Páxina 16


Avaliación do proxecto Realizaremos unha avaliación continua no proceso de ensino aprendizaxe e faremos que esta avaliación forme parte substancial deste mesmo proceso. Defenderemos e aplicaremos un modelo similar na avaliación do proxecto: unha avaliación continua da súa aplicación e da situación do centro e, en base a esta avaliación, refaremos dinamicamente a aplicación do proxecto. Tentamos que esta avaliación veña a ser un camiño de mellora continuada. Este proceso continuado terá uns momentos centrais ao final de cada curso; por medio de instrumentos de avaliación elaborados no propio centro e outros existentes externamente, recolleremos os distintos pareceres de cada un dos órganos e estruturas da comunidade educativa do IES Ramón Caamaño: Consello Escolar, Claustro, CCP, Xunta de Delegados e Delegadas do alumnado e ANPA. A avaliación terá os seus focos nos seguintes aspectos: • Clima educativo: clima escolar e laboral, cuestións de convivencia... • Xestión directiva: en especial a xestión da aplicación da lexislación. • Medidas iniciadas no curso. Propostas de mellora. • Proposta de medidas a iniciar no curso seguinte. Prelación entre as recollidas neste programa. Proposta de outras novas que xurdan da comunidade. Durante todo o curso tamén realizaremos avaliacións parciais daqueles elementos que no momento preciso sexan considerados de interese: inicio de novas propostas, situacións relevantes en calquera dos aspectos de proceso de ensino aprendizaxe, cuestións relativas á convivencia... A concreción dos resultados da avaliación de cada curso e das propostas derivadas terán dúas formas de expresarse: • Na Programación Xeral Anual seguinte, inscribíndose no apartado axeitado dentro do proceso de elaboración do mesmo. • Se a súa relevancia así o indicara, serán aplicadas como modificacións do PEC ou dos documentos de centro que se derivan.

Proxecto dirección para o IES Ramón Caamaño. 2013-2017.

Páxina 17


Indicadores básicos: – Seguimento da matrícula do alumnado. – Resultados académicos. Éxito escolar. – Permanencia do profesorado no centro. – Informe de convivencia. – Realización de actividades extraescolares. Participación de nais e pais. – Participación nos proxectos da Consellería de Educación. – Avance na dotacións e instalación do centro. – Datos da avaliación diagnóstica.

Muxía, 8 de maio de 2013

X. Ricardo Ventosa Sixto

Proxecto dirección para o IES Ramón Caamaño. 2013-2017.

Páxina 18


Proxecto dirección