Page 5

5aproin

Alberto Núñez Feijóo

Presidente de la Xunta de Galicia O orgullo pola grandeza do noso territorio é, probablemente, o gran denominador común a todos os cidadáns galegos. Ese punto de encontro, ese sentimento compartido, confórmase como a base sobre a que promover, con conciencia de país e desde todas as ordes, un desenvolvemento coidadoso e respectuoso coa nosa paisaxe. Porque, ademais, entre as principais leccións que podemos tirar da actual crise económica está o feito de que, en diante, o desenvolvemento será sostible ou non será. Como presidente da Xunta observo con satisfacción como o sector da construción asume e fai seu o principio do respecto ao territorio e lidera a súa aplicación. Proba diso son os premios cos que a Asociación de Promotores Inmobiliarios da Provincia de Pontevedra, Aproin, distingue un ano máis as actuacións de calidade que, sen dúbida algunha, conceden un valor engadido ao noso territorio, e aos que lles transmito as miñas felicitacións. As profundas dificultades que atravesa a economía fan máis necesaria que nunca a unión de forzas como a que representa a asociación de empresarios Aproin, que funciona como un altofalante dos axentes relacionados coa construción, e leva as súas inquedanzas á primeira liña do debate e da actualidade. Non podemos esquecer que a construción foi unha peza clave do noso progreso e como tal xogará un papel de relevancia no camiño da recuperación. Por iso, lonxe de botar sobre as súas costas toda a responsabilidade da crise, desde a Xunta de Galicia apostamos por corresponsabilizarnos co sector e unir es-

forzos para conseguir que medre de xeito constante, racional e axeitado ás necesidades reais de Galicia. Nesa dirección camiñan as diferentes iniciativas promovidas nos últimos tempos polo Goberno galego en relación coa ordenación do territorio, destacando sobre todas elas a modificación da Lei do Solo, o Plan do Litoral ou as Directrices de Ordenación do Territorio, exemplos da vontade de diálogo e da responsabilidade compartida. O novo modelo xorde da reflexión e o compromiso por realizar unha política activa de xestión da paisaxe. Un modelo de xestión no que a protección e a ordenación se entenden como dúas caras dunha mesma moeda, como dúas accións que conforman unha mesma estratexia. A ordenación urbanística e territorial é unha das chaves que nos abrirá as portas da recuperación económica e a Xunta agarda recibir as vosas achegas e suxestións como actores principal desa tarefa colectiva. Estou certo de que entre todos acadaremos o camiño.

Aproin 67  

Revista de la Asociacion de Promotores Inmobiliarios de Pontevedra

Aproin 67  

Revista de la Asociacion de Promotores Inmobiliarios de Pontevedra

Advertisement