Page 92

92 xerais septiembre

Antón Baamonde (Vilalba, 1959) é profesor de filosofía e ensaísta. Publicou o seu primeiro libro, A favor da esperanza, en 1987, ao que seguiron O marxismo e as linguaxes (1989), Sobre o tempo e outros desatinos (1990), A rosa sen porqué (1997), Aire para respirar. Memorias dun tempo presente (Xerais 2002) e o libro de entrevistas, La reinvención de España (2001); ademais de participar nos libros colectivos Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1990), Feísmo? Destruír un país (2006) e Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009). Animou a revista e o foro Luces de Galicia e publicou numerosos ensaios e artigos tanto en xornais (La Voz de Galicia, La Opinión, A Nosa Terra, Diario de Galicia) como en revistas (Galicia Internacional, Obradoiro, Agalia, Luzes de Galiza, Grial). Na actualidade colabora na sección de opinión de El País. Está considerado como unha das voces máis orixinais e independentes da Galicia contemporánea.

Antón Baamonde García

A derrota de Galicia ENSAIO

14,50 x 22,00 cm 328 páginas Rústica ISBN 978-84-9914-383-5 Código 1383026

€ 19,00

A colección de textos que compón este libro, ten dúas caras: intenta rexistrar as formas en que nos últimos trinta anos tivo lugar o proceso de modernización, pero alimenta a sospeita de que este país, inmerso nunha grande transición de múltiples vértices, está fraguando nun sentido equivocado. En realidade, é posible constatar a inexistencia dun proxecto propio que non sexa pasivo, inerte, respecto da evolución xeral española. Semella que os anos que veñen serán os do intento de recentralización de España e Galicia non parece preparada para resistir este asedio. Baamonde, un dos pensadores máis lúcidos do noso tempo, entende que a identidade de Galicia tería que ser proactiva, de futuro, tecida sobre a base de novos consensos sociais e inscrita na sociedaderede mundial. Un punto de amarre para evitar a disgregación social, para que o territorio, a historia e a cultura se enmarquen no mundo dos fluxos que nos tocou vivir e para que a sociedade galega encare as súas propias transformacións. Entendida como expresión de dinamismo e de enerxía da sociedade civil tería que ser o cerne dun proxecto de cambio que articule ao conxunto da sociedade no seu conxunto.

Libro  
Advertisement