Issuu on Google+

BOLETÍN INFORMATIVO DA ASOCIACIÓN VECIÑAL E CULTURAL “ O SOUTO” DE RUBIÁNS

NUMERO 9 – NADAL 2008

O CONCELLO VAI TER

constitúen o Presuposto de Investimentos. Ven ser como se ó Concello lle tocase o Gordo de Reis.

6.500.000 €

Cando na Asociación de Veciños nos enteramos, vimos que chegara o noso momento: A obra que consideramos estrella para Rubiáns, a tan ansiada Praza a construír no Souto, nos terreos de titularidade pública, con parque, aparcamentos, zonas recreativas, mobiliario urbano e alumeado público de calidade…, a obra da que tódolos veciños de Rubiáns nos íamos sentir orgullosos, ía ser por fin unha realidade.

(1.081 MILLÓNS DE PESETAS)

PARA FACER OBRAS E LOITAR CONTRA A CRISE. No BOE do día 2 de decembro, aparece publicado o Real Decreto-Ley 9/2008, polo que se crea un fondo estatal de dinamización da economía. O espiritu do Real Decreto, é poñer en man dos concellos unha gran cantidade de diñeiro para investir en obra pública, para xenerar traballo, tanto na construcción, como nos sectores que dela dependen, loitando así contra o paro e a crise que estamos a padecer, e que segundo o propio goberno, o peor vai ser o 1º semestre de 2009.

No mes de marzo, na reunión que a Xunta Directiva mantivo coa Alcaldesa, así llo pedimos. Llo pedimos tamén ó Teniente de Alcalde Castro Ratón, e tanto unha como o outro nos prometeron que sería unha realidade. Fai un mes, voltamos a reunirnos coa Sra Alcaldesa, e entre outras, reiterámoslle novamente a petición de que dita obra fose incluída como prioritaria no Presuposto deste ano, e novamente se mostrou receptiva.

Ó Concello de Vilagarcía, correspóndenlle 6 millóns e medio de euros, é decir 1.081 millóns das antiguas pesetas, para financiar obra nova ou mesmo rehabilitacións e posta en valor de obras xa realizadas. Para recibilos, o concello debe solicitalos antes do día 24 de xaneiro.

O PSOE, NON QUERE DAR NADA A RUBIÁNS

Para que nos fagamos unha idea do que poden supoñer para Vilagarcía 6,5 millóns de Euros, pensemos que é a cantidade que o noso concello pode gastar en catro anos, nas obras que

A pasada semán, a Sra Alcaldesa, acompañada do Concelleiro de 1


Urbanismo, e Medio Ambiente, Marcelino Abuín, compareceron ante a prensa, para informar das obras que o Goberno Municipal acababa de elixir para incluír na partida dos 6,5 millóns de euros, e que son as seguintes: REMODELACIÓN DO BALNEARIO

150.000 €

CUBERTA CASA CULTURA

300.000 €

PRAZA DE A LAXE

100.000 €

CAMPO DA FESTA DE CEA

100.000 €

MELLORA SANEAMENTO EN CEA

170.000 €

PRAZA DE GUILLÁN

100.000 €

A TORRE: CAMPO DE FUTBOL BERDON

650.000 €

TRABANCA BADIÑA: FINCA DR CARÚS

1.076.000 €

CAMPO TRABANCA SARDIÑEIRA

100.000 €

PARQUE VILABOA

100.000 €

MELL. ALUMEADO EN BAMIO A MASADOIRA

25.000 €

MELL.ALUMEADO EN BAMIO O LOUREIRO

35.000 €

MELLORA SANEAMENTO EN BAMIO

150.000 €

CENTRO CULTURAL BAMIO

350.000 €

CENTRO CULTURAL DE FAXILDE

350.000 €

INSTALACIoN E MELLORA ALUMEADO ARALDE

400.000 €

MELL. CAMÑOS SOBRAD. SOLOBEIRA T.SARD

250.000 €

ELIMINACION DE VERQUIDOS

205.000 €

SEGURIDADE VIAL

Pero esto non parece preocuparlles: Seguro que logo aparecerá algún concelleiro dos que agoran apoian estas obras, pedindo ós vilagarciáns que non compren só nas áreas comerciais, que resulta comodísimo deixá-lo coche na Terminal TIR ou en Fexdega, e ir camiñando ata Rei Daviña, especialmente no inverno, disfrutando de xeito gratuíto da fermosísima e incomparable choiva de Arousa. De tódolos xeitos, se as cousas se poñen desagradables, pois nada, desfán o que van construír agora, e volven a deixar a rúa como estaba. Total…. paga Juan Pueblo. En fin… o tema é demasiado serio como para ironizar sobre él. ¡¡¡Non o podiamos crer!!! Pensando que ben pudiera ser un erro ou unha omisión dos xornalistas que redactaron a noticia, esperamos ó luns 29, e a primeira hora da mañán fomos falar coa Sra Alcaldesa. Unha vez que lle preguntamos se Rubiáns ía quedar sen a obra prometida, pónse toda nerviosa, e manifesta que en principio dita obra estaba incluída, pero que ó final, tivo que sacala.

90.000 €

MELLORA REDE AUGA DEPURAD-BAMIO

CASCO HISTORICO VILAGARCIA

voces airadas dos comerciantes ubicados nestas rúas, que pensan que en algúns casos, a peatonalización das mesmas lles abocará ó peche dos seus negocios.

1.200.000 € 600.000 €

A continuación, amosando un absoluto descoñecemento das necesidades de Rubiáns, nos dí que non nos preocupemos, que nos inclúen algún alumeado. Colle a relación de obras, e logo de buscar infructuosamente, recoñece que non hai ningún alumeado, pero que sí nos han instalar semáforos na estrada de Pontevedra.

Non pode un deixar de felicita-lo pola “sorte” que tivo ó noso amigo Faustino Laya, presidente da AAVV de Trabanca Badiña, e vello militante do PSOE, pola morea de cartos que lle concederon. Tamén sorprende que, cando moitos aínda lembramos que fai uns anos a rúa Rei Daviña sufríu unha remodelación total, cunha inversión millonaria, se pretenda agora desfacé-lo feito, para peatonalizala, así como outras rúas do casco antiguo. Xa se escoltan

Quen esto escribe, púxose lívido de rabia e impotencia, e dou a reunión por concluída, apenas dous minutos despois de iniciada. Por educación, non lle dixo á Sra Alcaldesa o que podía facer cos semáforos. 2


Logo de terllo pedido tanto en dúas reunións con ela, outras dúas co Concelleiro Marcelino Abuín, en varias co Tenente de Alcalde Castro Ratón, como en escritos presentados no Rexistro do Concello, e logo de ter escoitado deles o compromiso de que a nosa petición sería atendida, non inclúen a obra na relación. A Rubiáns, únicamente lle tocan unhas calderillas destiñadas á colocación de semáforos na estrada de Pontevedra, estrada de titularidade estatal, é decir do Ministerio de Fomento, é obra, que todo hai que decilo, terán que facer de todas todas, de igual xeito que poñen semáforos en tódalas estradas e rúas de certa intensidade de tráfico.

consideramos que era inviable e ó mesmo tempo inxusto, pedirlle ós veciños que cederan os terreos precisos para dita obra. (Hai que recordar que os terreos considerados Dominio Público Hidráulico, consisten nunha franxa de 5 metros de ancho, medidos dende a beira do río). É como non podía ser de outra maneira, lle dixemos que nos non xestionaríamo-la cesión gratuíta cos veciños afectados. Con esto, e dado que eles serían incapaces de tratar directamente cos veciños, votábamos terra enriba das ilusións que algún concelleiro do PSOE tiña depositadas en dita obra, e que lle permitiría cubrirse de gloria ante uns poucos veciños de Rubiáns. O Grupo Municipal do PSOE debería explicar se o feito de que a Asociación de Veciños de Rubiáns prefira como obra principal a remodelación do espazo público do Souto, obra que disfrutaríamos tódolos veciños, antes que a recuperación do rio Leiro, coa conflictividade e división da parroquia que ía conlevar, é razón suficiente para castigar a Rubiáns, deixándonos sen inversións. ¿Ou é que o feito de que a parroquia se divida, nos lles preocupa?

Acto seguido, imos falar con Castro Ratón (tenente de alcalde), e con Rosa Abuín, ámbolos dous concelleiros do BNG, e polo tanto, membros do Equipo de Goberno. Nos reiteran o compromiso expresado en numerosas ocasións de apoiar a nosa petición, pero nos advirten que o PSOE, grupo maioritario do Goberno Municipal eliminou da lista a obra que lle pedíamos, para intentar sustituíla por outra que consistía na recuperación medioambiental do río Leiro (o río de Soutelo), e que ó final tampouco puido ser, por razóns que imos explicar a continuación.

Polo menos, á Executiva do PSOE, parécelle perfecta a elección das obras a realizar, segundo manifestan ó DIARIO DE AROUSA do domingo 28, declaración que polo seu interés, reproducimos integramente:

Para comprender esto, hai que aclarar que fai aproximadamente un mes, (antes de que se fixesen públicas as axudas estatais dos 6.5 millóns de euros), a Alcaldesa chamou por tfno ó noso presidente, para decirlle que había unha posibilidade de executá-la obra de recuperación mediombiental do río Leiro, pero que a Asociación de Veciños, tiña que xestionar cos veciños a cesión gratuíta dos terreos situados nas dúas marxes do río. Este tema tratouse na reunión da Xunta Directiva, e chegamos á conclusión de que dita obra sería desexable, xa que a todos nos preocupa a conservación do entorno natural, especialmente se é o noso entorno, pero

El PSOE celebra la decisión del gobierno local sobre el destino de los fondos del Estado La ejecutiva del Partido Socialista de Vilagarcía mostró ayer su respaldo al anuncio realizado desde el gobierno local sobre el destino de los fondos que el Estado hará llegar al municipio. Aseguran que “compartimos e aplaudimos a proposta de xestión prevista” y añaden que “o grupo de goberno está a tomar o camiño correcto cara a idea de Vilagarcía que compartimos e que pensamos que é a máis axeitada”. En este sentido, desde la agrupación municipal del PSOE indican que las inversiones anunciadas por la alcaldesa, Dolores García, y por el concejal de Xestión do Territorio, Marcelino Abuín, cubrirán diferentes áreas y abarcarán “tanto demandas veciñais como o programa electoral”. En este sentido también añaden que “as ideas que o goberno de Vilagarcía ten intención de levar a cabo veñen ao fío do modelo de cidade que se defende, e co que a agrupación local do PSdeG concorda plenamente”.

3


Desde desta agrupación respaldan, por tanto, la actividad del gobierno local y en este sentido hacen constar que “amósase que o equipo encabezado pola alcaldesa, Dolores García, dá prioridade ao traballo e á boa xestión dos fondos públicos, mentres outros adícanse ás fotos para encher xornais”. Destacan que “coas inversións previstas distribúense partidas para diferentes áreas, pretendendo que as axudas cheguen a todos os sectores e a toda a poboación, e non centrando todo o esforzo nun só obxectivo deixando coas mans baleiras aos demais”. Finalmente apuntan la “transparencia” con que se invertirán estos fondos del Estado, puesto que puntualizan desde la agrupación municipal del PSdeG que “calquera veciño poderá comprobar os destinos e partidas nas que se van investir os fondos estatais”

Vilagarcía do século XXI. Ditos investimentos son os seguintes: Remodelacion dos parques Compostela e Ravella Mellora da Praza da Peixería Plan de mobilidade, que inclue peatonalizacion de Castelao Rei Daviña Entorno da praza de Ravella

OS INVESTIMENTOS APROBADOS, SUMAN

Obras de mellora do saneamento dos cascos historicos de Carril e Vilaxoán, mellora do alumeado público, e dotación de novo mobiliario urbano.

16.500.000 €

INVESTIMENTO TOTAL:……4.000.000 €

(2.745 MILLONS DE PESETAS)

( 666 MILLÓNS DE PESETAS )

INVESTIMENTO EN RUBIÁNS:………0 € As cifras, marean. Este goberno municipal, vai manexar, aparte das cantidades que sumen os Capítulos de Investimentos do Presuposto Municipal dos 4 anos do seu mandato, e que pudieran rondar os 8 millóns de euros, a cantidade global de 16 millóns e medio de euros, é decir uns 2.745 millóns de pesetas, procedentes dos Presupostos Xerais do Estado e dos fondos do FEDER europeo, distribuídos en tres grandes proxectos que son:

C) PROXECTO LUZ SALGADA :

6.000.000 € O Proxecto Luz Salgada, consiste nun proxecto de actuación sobre as zonas colindantes co río Con dende a rotonda da Luz Salgada (ou do Día, como lle chama moita xente), ata a ponte da rúa Valle Inclán, preto da desembocadura do Con. O imòrte de ditas obras, son 6 millóns de Euros, financiados mediante un préstamo con “La Caixa”, e aprobado na sesión plenaria do 11 de febreiro de 2008.

a) PLAN DE LOITA CONTRA A CRISE:

6.500.000 €

Dito proxecto, desenvolverase en 4 tramos, que son os seguintes:

Comprende os investimentos que van solicitar agora, que explicamos na páxina 2, e dos que nos deixan fóra.

1º TRAMO: ROTONDA LUZ SALGADA – CRUCE A LAXE Ampliación de beirarrúas, reubicación de aparcamentos, instalación de mobiliario urbano, nova iluminación, pasos de peóns elevados, acondicionamento das marxes do Con, plantación de árbores en Rodrigo de Mendoza

b) PROXECTO AROUSA XXI :

4.000.000 €

INVESTIMENTO:…………….650.000 €

Comprende diferentes investimentos que pretenden cambiar a fisonomía da cidade, e convertí-la na

2º TRAMO: CRUCE A LAXE – RUA DR TOURÓN Novas beirarrúas, renovacion alumeado público, renovacion das barandillas do Con, nova ponte de madeira sobre o Con,

4


ensanche da rotonda de A Laxe, reforma do parque Celso Emilio Ferreiro

para desconfiar do seu nivel de compromiso, a defender a nosa postura.

INVESTIMENTO:………1.050.000 €

O que non podemos esperar, é que alguen se molle e se enfrente por nós, mentras nós esperamos cómodamente sentados a que a situación se resolva.

3º TRAMO: DR TOURON – VISTA ALEGRE Novas beirarrúas, acondicionamento das pontes sobre o Con, melloras na rúa Castelao.

É preciso loitar se queremos que a Alcaldesa e o seu grupo mude de opinión, se deixe de caprichos, e atenda a nosa petición de construir unha plaza pública en base a un proxecto co que os veciños estén de acordo, xa que tal e como lle manifestamos as dúas veces que nos entrevistamos con ela, nadie mellor que os veciños de Rubiáns pode decir como queremos que sexa dita plaza.

INVESTIMENTO:……………674.000 €

4º TRAMO: CASTELAO – VALLE INCLÁN Beirarrúas contra a muralla de Vista Alegre, reacondicionamento da ponte peatonal, renovación do mobiliario urbán, barandillas alumeado e xardinaría, rexeneración do entorno do Mercado. INVESTIMENTO:…………..1.900.000 € A estes investimentos, hai que sumarlle os xa realizados, como a reparación do Parque da Coca tra-las riadas.

Por eso, e para estudiá-la estratexia a seguir, e que debe rematar coa consecución do obxectivo previsto, convocamos a tódolos veciños de Rubiáns a unha Asamblea Extraordinaria Urxente.

INVESTIMENTO:……6.000.000 € (1.000 MILLÓNS DE PESETAS)

INVESTIMENTO EN RUBIÁNS:…… 0 €

RUBIÁNS,

BAILE DE FIN DE ANO:

¿TEN TODO

A Asociación de Veciños invita a tódolos veciños de Rubiáns, ó Baile de Fin de Ano que se vai celebrar en Noitevella, a partires da 01.00 da madrugada, no Centro Cultural.

PERDIDO?

A entrada é gratuíta para tódolos veciños.

Entendemos que non: O Equipo de Goberno, non está formado únicamente polos concelleiros do PSOE. Tamén forma parte deste equipo de goberno, o BNG, e o BNG comprometéuse, e non temos motivos

Fagamos parroquia, que non falte nadie. 5


ACUDE Á ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO DOMINGO DIA 4 ÁS 6.00 DA TARDE

TOMAREMOS AS DECISIÓNS QUE CORRESPONDAN PARA QUE O CONCELLO NOS TEÑA EN CONTA

Ó REMATE DA ASAMBLEA, TAL E COMO ESTABA PREVISTO, TERÁ LUGAR O

CONCERTO DE NADAL 6


O FACHO 9 - NADAL 2008