Page 1

Tamén actuaron, para rematar a festa, o grupo de rapaces e rapazas que nos ó día seguinte actuaron en Marín, cantando o maio do cole. Hai que darlles a noraboa porque acadaron o segundo premio en coplas. E tendo en conta que as coplas as fixeron os nenos, é todo un éxito. O MAIO DE A LAXE XA ESTAMOS HOXE AQUÍ OS RAPACES DESTA ESCOLA PARA CANTAR TODOS XUNTOS UNHAS COPLAS MOI FERMOSAS. POR FIN VEU A PRIMAVERA ESTÁN OS CAMPOS FLORIDOS, ESPERTOU O NOSO MAIO BEN FERMOSO E COLORIDO. IMOS A CONTARLLES COUSAS QUE PASARON NESTA ESCOLA, CONTARÉMOLAS BEN ALTO A VER SE A ALGUÉN LLE AMOLA. NESTE COLEXIO DE A LAXE MOITO HAI QUE DEBUXAR, HAI QUE FACER OS DEBERES E ESTUDAR E TRABALLAR. OS ASEOS DO COLEXIO ESTÁN A CHEIRAR MOI MAL E SE NON FACEMOS ALGO ÍMONOS INTOXICAR. FOI ALÁ POLO OUTONO QUE VEU UN VENTO TEUTÓN, SOPROU TAN SÓ UN POUQUIÑO E DESFIXO O PAVILLÓN. E LOGO SAÍU NA PRENSA QUE TODO ESTABA NORMAL, PERO OS RAPACES DE A LAXE TEMOS UN ANO FATAL.

ÍMONOS IR DESPEDINDO QUE NOS QUEREMOS MARCHAR, E ISO QUE NOS QUEDAMOS COAS GANAS DE CRITICAR.

Gargalladas 2009  

Xornal editado polo CEIP A LAXE(Marín)