Page 1

Nº 8, abril 2011  CEIP. de CHANS-BEMBRIVE  EDLG: Obradoiro de xornalismo  Curso 2010/2011

O día chegou, non hai tempo que perder Hai que buscar unir o mundo dunha vez Tantos necesitan un novo amencer Hai que axudar, temos o deber. Non hai que esperar que sexa outro o que vai actuar

O venres 28 de xaneiro celebramoso Día Escolar pola Non–Violencia e a Paz, logo de reflexionar rematamos o día cantando todos xuntos unha canción. Esta foi una adaptación á nosa lingua da canción "We Are the World", a cal foi escrita e gravada para loitar contra a fame negra en Africa polos músicos estadounidenses Michael Jackson e Lionel Richie.

Cando a dor á túa porta poida tocar Ao estar unidos non hai nada que temer Para triunfar, temos que entender.

Somos amor, somos o mundo Somos a luz que brilla con ardor no máis escuro Cheos de esperanza podemos rescatar A fe que nos pode salvar, xuntos os dous. De Corazón, que saiban que importantes son Que o seu pesar sentimos todos tamén Que non están sós, queremos axudar Con compaixón, firmeza e irmandade

Somos amor...

Podedes velo en http://musichans.blogspot.com/

Na véspera de San Brais o alumnado e o profesorado do primeiro ciclo propúxonos unha curiosa forma de celebrar a festa de San Brais. Durante o tempo do recreo, que ese día foi un pouquiño máis longo, cambiaron as nosas rimas por comida. Para elo montaron o seu propio furancho onde podiamos cambiar os vales que nos daban ao facer unha rima por doces, rosca, torradas de nocilla, pinchos de froita… Foi unha gran idea celebrar así o San Brais. Máis información en : http://primariachansb.blogspot.com/p/achegate-bembrive.html


O pasado día 4 de marzo celebramos a festa do entroido e nela participaron sete comparsas. Todas estaban relacionadas co noso proxecto de investigación: Achégate a Bembrive. Os de infantil foron de trasniños do pouso; os de primeiro de morcegos; os de segundo preferiron a rondalla de Helios; os de terceiro foron das árbores do monte de Bembrive; os de cuarto foron de traballos tradicionais de Bembrive; os de quinto de senderistas e os de sexto de fichas de parchis. O máis interesante foron os diferentes estilos de vestir, pero o mellor, indudablemente, foi Agustín.

Vídeo en http://achegateabembrive.blogspot.com/

Nos días previos ao Día da paz estiveron na escola uns amigos nosos, de Senegal, Sidie e Mamadou. Eles cóntaronnos contos e cousas do seu país, cantáronnos cancións e bailamos. Pero o máis importante que nos contaron foi coma nos seu país non teñen a sorte de ter unas escolas e mestres coma temos nos, e animáronnos a aproveitar a oportunidade que temos de aprender e formarmos. Para eles a educación é un gran tesouro. Tamén tivemos na escola unha exposición de fermosas fotos de Mozanbique e Tanzania aportadas pola ONG REDES, que visitamos acompañados dos nosos titores.


Falamos con Ana. ♦ Ola bos días! Saberías cando vai a estar lista a biblioteca?

Se todo vai ben para finais de Abril. ♦ Cres que lle gustará aos nenos e nenas de Chans?

Espero que si. ♦ Gustáronvos as propostas que enviaron os nenos e nenas de

chans?

Si. Foron moi interesantes, e as estamos utilizando para mercar libros novos. ♦ Haberá moitos libros novos?

Bastantes, ímolos mercando pouco a pouco pero quedan moitos por mercar. ♦ Custouvos moito reformar a biblioteca?

Bastante, e dedicámoslle moitísimo tempo . ♦ Por curiosidade, por que se vos deu por cambiar a biblioteca?

Porque nos parece que a biblioteca é moi importante para o centro e por iso presentamos un proxecto á Consellería para mellorala. Déronnos bastantes cartos para mercar estanterías, mesas e cadeiras novas, ordenadores e libros. Moitas grazas Ana, esperamos que a nova biblioteca guste moito. Ata a próxima.. Ata logo.

É un libro especial, as suas paxinas son os nosos mellores traballos . Estará cheo de contos, poemas e moitas historias que nos inventaremos .

Toda a información da biblioteca en http://bibliochans.blogspot.com/

Para celebrar o Día da muller traballadora, os nenos e nenas de Infantil recibiron a visita da nai de Roi que traballa nunha tenda de música,e que lles amosou moitos instrumentos. Tamén veu a nai de Lúa, que é profesora de alemán e trouxo fotos do seu país. http://infantilchans.blogspot.com/

O 10 de febreiro os/as nenos/as de 5 anos e 1º de Primaria fomos ao zoo. Alí presentaron o libro “Os larpeiros de nocturama”. Puidemos ver aos seus protagonistas en nocturama (unha instalación especial onde non entra a luz do día, entramos nun corredor que está protexido por un cristal para que os animais non vexan as persoas. Alí estaban quincaiús, chinchillas, morcegos da froita, xenetas, petauros do azucre e gálogos. Destos animais sabemos que en Bembrive hai morcegos, coa diferencia de que son insectívoros e non fructíferos como no zoo, e xenetas que igual cos raposos viven no monte e as veces tamén comen as galiñas. O animal que máis nos gustou e impresionou foi o morcego por iso decidimos disfrazarnos de morcegos no entroido. O alumnado de 1º de primaria


Agustín Amoedo Salgado naceu en Redondela o 23 de abril de 1946. Ata fai uns días traballaba no colexio de conserxe, está casado con Rita e ten tres fillos. Hai algúns días fixémoslle algunhas preguntas para saber mais cousas da súa vida no colexio: • Agustín canto tempo levas neste colexio ?

• • Raquel, a profesora de 6ºB xa está de baixa por maternidade. A substitúe un profesor novo chamado Xurxo. Ven de Ourense, e chegou na segunda semana do segundo trimestre. É un profesor fantástico. Os seus alumnos cren que se relacionou moi ben con todos. Botan de menos a Raquel pero Xurxo é moi moderno. O peor é ter que cambiar de profesores… é un rollo, pero con Xurxo estamos moi contentos.

• • • •

dez anos. Oímos que te vas xubilar ,cando?

O 23 de abril, este ano 2011 E que pensas facer despois?

Tiña pensado viaxar , sobre todo quero marcharme as illas Canarias Onde vas vivir despois de irte do colexio?

En Vigo , nun piso A que te dedicabas antes?

Traballaba de albanel Deste traballo de conserxe, que é o que mais che gusta ?

As festas, sobre todo a de Carnaval. Vas a botarnos de menos cando marches?

Si , claro que si. Moitas grazas e sorte nesta nova etapa da túa vida.

Xubilado Agustín, chegou á escola Antonio, e falamos con el: Canto tempo levas como conserxe?

E a segunda vez que estou, xa estiven outros seis meses noutro colexio. En que ano aprobaches as oposicións para conserxe? O día 22 de febreiro, os nenos e nenas de 6º de primaria, foron de excursión a Coruña e o pasaron xenial. Percorreron os museos de a Coruña. Visitaron varios sitios coñecidos como o acuario, o planetario e o Domus. A excursión saiu moi ben, así que lle preguntamos a un dos profesores (Xurxo) que os acompañou: • Dime Xurxo ¿Gustouche a excursión? Si, gustoume moito. • Cal foi a mellor parte para ti? A primeira parte no Domus onde vimos a pelicula en 3D • Gustariache volver a repetir esta excursión? Si, claro.

No 2007, como as aprobei quedei nunha lista de substitucions. Gústanche os nenos?

Si sobre todo os máis pequenos porque son máis simpáticos. Que é o que máis che gusta do cole?

Que non é moi grande e hai moi bo ambiente. E o que menos che gusta do colexio?

O horario que ten.

Moitas grazas Antonio

O día 24 de febrero o alumnado de 6º curso asistiu ao IFEVI ao tradicional concerto destes últimos anos de Dani Griffin. Este durou dende as 9:30 ata as 11:15. El é un cantante de Chicago de 44 anos. Xa no concerto, o alumnado de 6º cantou todas as cancións que aprenderan previamente coas profesoras de ingés da escola. O concerto, no que estabamos con outros colexios, foi moi divertido e emocionante xa que case todo o público participaba. ⇒ Rubén Que che pareceu o o concerto? Pareceume moi divertido e interesante. Pareceuche gracioso? Si, o cantante era moi gracioso.

Col ab ora con n ó s … Esperamos as vosas noticias, historias, propostas … informate.chans@gmail.com http://informate-chans.blogspot.com/ Tamén na nosa caixa de correos….

S O M O S

Uxia Cosquet Bonner Noa Redondo Lorenzo Cristina López del Castillo Elisa Domínguez Gorís Laura Cid Rascado Ruben D. Martínez F. Diego Expósito Teixeira

6ºA 6ºB 6ºA 6ºB 6ºB 6ºB 6ºB

Marco Antón Gómez Reus Maríya Ilieva Palikarska Anthia Laúzara Arroyo Bruno Giradles Martínez Iria Gómez Otero Andrés Rodríguez Dieguez Ramón Domínguez Álvarez

Coord. Juan Carlos Abalde González

6ºB 6ºA 6ºB 6ºB 6ºB 6ºB 6ºB


AS NOVAS DE CHANS  

Periodico escolar

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you