País dos libros, 27 de marzo de 2008
27 de marzo
HORA de dramatizar e recitar! Mmmmm...! Que boa pinta ten isto!
Recordades estas imaxes? Chis-chis-plof-plof
Claro! É o noso Teatro Jofre Chis-chis-plof-plof
Este curso xa lle fixemos dúas visitas, pero hoxe tócanos: Teatro no cole! para celebrar o DÍA MUNDIAL DO TEATRO... Preparados e preparadas? Seguro que entre a poesía e o teatro imos ter unha mañá moi movidiña. Chis-chis-plof-plof
Shhhh!! Vouvos contar un segredo, que hai moito que non vos conto un, vale? Shhhh!! Hoxe erguinme moi cedo; creo que eran as cinco da mañá. Vaia madrugón! Senteime a escribir esta carta para que chegase pola mañanciña á Biblioteca antes ca ninguén. Menuda cara que se lles debeu quedar ás profes cando viron a miña maleta na Biblio. Hi, hi, hi! Non quería perderme nada do que ides facer e ademais quería desexarvos moita sorte. Que todo vos saia moi ben! Eu vou estar mirando por un furadiño pequerrechiño, pequerrechiño, pequerrechiño ... , pequerrechiño
Cinco bicos moi grandes da vosa amiga
Smuac, smuac, smuac, smuac, smuac...!!!!!
Ros.Rod
Biblioteca do CEIP DE PAZOS e Equipo de Dinamizaci贸n e Normalizaci贸n Ling眉铆stica
DÍA DO
TEATRO!!!
27 DE MARZO DE 2008
Invitámosvos a ver
:
• “ Nubiña Pascual”, a cargo dos alumnos e alumnas de 2º de Primaria • “ Os dous lacazáns que quixeron casar con Dona Endrina”, polos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria • “A bruxa Curuxa”, que representan os alumnos e alumnas de 4º de Primaria.
Tamén teremos poesía na nosa Biblioteca: • 1º: “Demasiados pasteis” “O arco da vella” • 3º : “Recitado de poemas” Ademais: • Contacontos para os máis pequenos de “El pájaro Federico”. • Actividade: “Xogando coa poesía” • Conto: “Frederick” de Leo Lionni. • Actividade plástica para Infantil e 1º e 2º ciclos de Primaria: Elaboración do rato Frederick.
CEIP DE PAZOS FERROL CURSO 2007 2008
27 de marzo de 2008, na BIBLIOTECA do CEIP de Pazos, os alumnos, as alumnas e a mestra de 2º de Primaria, baixo a dirección de Mª Luz (Carmen López) escenificaron para todos e todas nós: “Nubiña Pascual”
CEIP DE PAZOS FERROL CURSO 2007 2008
CEIP DE PAZOS FERROL CURSO 2007 2008
OS DOUS LACAZÁNS QUE QUIXERON CASAR CON DONA ENDRINA PERSONAXES: • Dona Endrina • Gadea • Aldara
• • •
Trotaconventos Lacazán Coxo Lacazán Torto
ESCENA PRIMEIRA
Un salón dunha casa rica. Grandes cortinaxes vermellos sobre a porta e nalgún lado da parede. Coxíns chamativos sobre as butacas e no chan. No centro da estancia, sobre unha mesa, hai un xadrez. Sentadas nos coxíns, están bordando Dona Endrina e Gadea, a súa criada. As dúas rin por algo que contou Gadea. Dona Endrina: Veña Gadea, cóntame algún deses contos rimados que ti sabes e que tanto me gustan. Gadea: (Tapa a cabeza coa costura) ¡Ai señora, que xa sabes que me dá moita vergonza! Dona Endrina: Non sexas tonta, que despois rimos as dúas... Gadea: Que non! Dona Endrina: ¡Pois comerás lentellas durante toda a semana!
Gadea: Cal, cala, que xa empezo! (Ponse de pé ante dona Endrina e fai unha
reverencia esaxerada. Empeza a recitar)
Se queres señora, señora, oír un bo refrán, escoita o romance, tranquila e en paz.
Dona Endrina senta ben sobre os coxíns, deixando a un lado a costura, disposta a escoitar o que conte Gadea mentres aplaude encantada. Gadea: Pois fíxate ben e escoita a lenda: O lobo á cabuxa de merenda a papou; Atravesóuselle un óso e tiña unha tos tremenda. A punto estaba de afogar, se ninguén o remeda. Prometía a quen lle axudase tesouros e riquezas. Chegou aló a grúa, que voaba con presteza; Sacou o óso do peteiro, mentendo na gorxa a súa cabeza. O lobo quedou san mais díxolle a grúa que lle debía pagar. O lobo díxolle: ¡Como! Eu que te puiden tragar Se cos meus dentes quixese apretar. Pois está moi ben pagada, que non te quixen matar. Dona Endrina: Pobre grúa Gadea: Nada diso señora, que o lobo tiña razón...
Entra correndo Aldara. Aldara: (Toda entusiasmada, levantándose as saias) Señora Dona Endrina! Señora! Dona Endrina: ¿Qué tes, Aldara, que tanto ruído formas? (Burlona) É que acaso metiches a cabeza na boca do lobo? Gadea: (Avergoñada) É que acaso vén Don Melón a visitarnos? Aldara: ¡Buah! ¡Don Melón! Dona Endrina: ¡Por Deus, que non sexa Don Melón! ¡Ese pesado que hai tanto tempo intenta entrar nesta casa... ¡Se é Don Melón, dille que marchei para a misa e que aínda non regresei. Aldara: Que va señora, que non é el!
Dona Endrina: (Deixa a costura a un lado e mira a Aldara) Pois... alguén importante debe ser, para que luzas no escote ese broche de metal. Aldara: ¡Ai, señora, que a Trotaconventos é, regaloume este broche de latón para que te avisase da súa visita! Dona Endrina: ¿Trotaconventos? A ver que líos trae esa vella lianta... Faina pasar.
ESCENA SEGUNDA
As dúas criadas míranse, sorrín. Aldara sae correndo pola dereita.. Dona Endrina fai acenos a Gadea para que para que lle achegue unha cadeira. Retócanse as roupas. Entra Aldar, seguida de Trotaconventos. Aldara: (Achegándose a Dona Endrina) Señora, aquí está... Trotaconventos. Dona Endrina: Pasa, pasa, boa muller... ¿Qué che trae por aquí? Trotaconventos: Pois, o de sempre, señora, traervos noticias dos bos mozos que se andan por este lugar, e que contigo queren casar.
Gadea e Aldara rin nunha esquina.
Dona Endrina: Si, coma ese Don melón que un día faloume naquel portal... que non quero nin recordalo. Trotaconventos: Pero, señora, sempre estás na casa pechada; deberías saír algunha vez, andar pola praza, onde te poidan ver os mozoas de gran linaxe... Dona Endrina: ¡Xa! Coma eses dous perezosos dos que me falaces o outro día. Trotaconventos: ¡Eses son! Que vendo a túa intelixencia e simpatía, moito desexan casarse contigo. Dona Endrina: ¿E que poden ofrecerme?, se son tan perezosos
Trotaconventos: ¡A súa pereza!
Gadea e Aldara rin a gargalladas. Dona Endrina: ¿A súa pereza? Gadea: (Burlona) Outra cousa non teñen... Aldara: Igual, ata dálles pereza ter pereza.
(Bosteza, facendo bulra. Rin as dúas criadas)
Dona Endrina: (Ás dúas criadas) ¡Eh, volas dúas, non vos riades tanto, que vos vou mandar fragar o chan para defendervos da pereza! (A Trotaconventos) E, dis que me ofrecen a súa pereza? Trotaconventos: Si, señora. ¡Nun concurso! Conmigo viñeron os dous para que escollas ao máis perezoso. Dona Endrina: (Asombrada) ¡Nunca vin anda igual! Pero creo que imos rir un pedazo con eles... (Ás criadas) ¡Gadea, prepara unhas cadeiras para estes dous pretendentes!
Gadea aparta uns coxíns, coloca dúas cadeiras nun lado da sala e a asusta no centro a gran alfombra. Dona Endrina: Aldara, acompaña a esta anciá na busca dos dous cabaleiros
Aldara indícallle o camiño a Trotaconventos. Trotaconventos: (Indo cara á porta dereita, por onde entrou) Xa veredes, Dona Endrina, como serán do teu agrado. (Desde dentro, óese que a Trotaconventos chama aos dous mozos.) ¡Eh, mozos, vinde, que a señor quere vervos!
Entra Aldara. Abre a cortina. Aldara: Miña señora Dona Endrina: os dous señores concursantes...
Trotaconventos: (Entrando) ¡Pasade, pasade, mozoas lacazáns...!
Entran na escea dous mozos, cada cal máis feo e peor arreglado: un torto do ollo dereito; o outro, coxo e coa voz ronca e quebrada. Dona Endrina: (Mirando ás criadas, burlona) Pasen, pasen os cabaleiros...
Entran facendo grandes reverencias, moi esaxeradas. Os dous lacazáns: (Bostezando) Bo día vos dea Deus, señora... Dona Endrina: Bos días. Por canto me acaba de contar a señora Trotaconventos, estou decidida a casarme co máis lacazán dos dous. Así, sente un e fale o outro da súa pereza...
Senta o Lacazán torto. Lacazán Coxo: (Colócase no centro da alfombra e fala coa voz moi ronca) Pois oíde, miña señora. Eu son máis lacazán ca o meu compañeiro. ¿Sabedes como quedei coxo? Pois mira que estaba subindo unha escaleira. Subín un pé (Vai accionando o que conta) e logo o outro... Pero, por pereza de poñer o primeiro no chan, deixeime caer escaleiras abaixo... E aquí me vedes, con esta lesión.
Dona Endrina: (Mirando ás criadas que rin) Pois si é gran pereza, si... Gadea: (Rindo ao oído de Aldara) Aldara, se nós tivesemos tanta pereza, Dona Endrina xa nos tería castigado unhas cantas veces. Lacazán Coxo: Pois aí non queda a cousa... Dona Endrina: ¿Ah, non? Lacazán Coxo: ¿Escoitades esta voz toda cascada e rota? Pois débolla tamén á miña pereza.... Trotaconventos: Explicádevos mellor, cabaleiro. Lacazán Coxo: Pois estaba eu tumbado xuntoá beira do río. Entorume unha tremenda sede. Tiña a gorxa seca... Tal pereza tiña de volverme cara a auga e beber no río, que se me secou a voz, e así quedou o meu falar.
As dúas criadas fan bulras, tusindo estrepitosamente. Trotaconventos: (a Dona Endrina) Xa vos dixen que era cousa para ver, miña señora. Dona Endrina: Admirada quedo de tanta folgazanería, señor meu. Non creo que haxa outro que vos poida gañar. Pero escoitemos ao voso compañeiro.
O lacazán coxo fai unha gran reverencia e senta na outra cadeira. Érguese o Lacazán torto. Lacazán Torto: Eu tiña unha namorada en abril. Estando con ela, achegándome a bicala, saíume un gran moco do nariz. Por folgazanería de limparme, perdín á noiva xentil. Gadea: (Ao oído d eAldara) ¡Este, ademais de lacazán, é porco. Lacazán Torto: E aínda máis. Dona Endrina: ¿Máis?
Lacazán Torto: Si, veredes. Unha noite estaba eu deitado, esperto, sobre a miña cama. Boca arriba estaba. Empezou a chover moi forte. Mira por onde, había unha goteira no teito... A auga da goteira caía sobre o meu ollo... (Imitando o ruído) Cloc, cloc, cloc. Pois eu, por folgazanería de pechar o ollo ou de cambiarme de sitio, deixei que se me danara o ollo. Aldara: ¿Será posible? Lacazán Torto: Decídeme, señora, se non é a miña folgazanería digna de vos casedes conmigo. (Vai sentar á súa cadeira) Dona Endrina: Non sei, non sei, destas folgazanerías grandes, cal é a maior. Un é coxo e ronco... O outro, torto e porco. Deixádeme pensar... Trotaconventos: Pensádeo ben, miña señora... Se queredes, podedes tomarvos varios días. Dona Endrina: Grazas, pero creo que xa sei que vou decidir. Gadea: ¡Ai, señora, teña moito coidado! Dona Endrina: (Bosteza moi
esaxerada) Pois dígovos cabaleiros, que.... (Volve bostezar) folgazanería
teño de decidir con cal dos dous hai casar.... ¡Aldara! Aldara: Señora
Dona Endrina: Tráeme o libriño dos ditos e refráns que tanto me gustan...
Aldara toma un libro e dállo. Dona Endrina: (Busca e le) ¡Ah, si! Mirade o que aquí pon: Á muller sabia e xentil, de nada lle ha de servir un lacazán torpe e vil. (Mira aos lacazáns) Creo, señores, que prefiro seguir solteira, antes que ter folgazanería na miña galería. E ti, Trotaconventos, mira ben a quen traes á miña casa, que nin Lacazáns nin Melóns han entrar nos meus salóns.
Vanse Trotaconventos e os dous Lacazáns, avergoñados. Quedan rindo as criadas. Dona Endrina: ¡Eh!, e vós, a traballar...
Quedan bordando Dona Endrina, Gadea e Aldara, mortas de risa, mentras baixa o telón.
a
Peza teatral representada polo alumnado de 5º e 6º de Primaria o día 27 de marzo con motivo do Día Mundial do Teatro. Bibliografía: “Libro de Teatro 5”. José Luis Alzu Goñi. Editorial Santillana. Tradución, adaptación e decorado: Rosana Rodiles Lamas. Música: “Almas de Fisterra” (Carlos Núñez). Dirección: Rosana Rodiles Lamas. Presenta: Héctor Santos Bello Reparto: • Dona Endrina: Nerea Perille Orjales • Gadea: Lucía Dopico Díaz • Aldara: Desiré López Prieto • Trotaconventos: Giovanna Fernández Souto • Lacazán Coxo: Alberto Vargas Fraga • Lacazán Torto: Iván Maday Batista Couselo Atrezzo: • Diego Porca Lorenzo • Alba Salazar Montoya Son: Víctor Saavedra Pérez Tremoia: • Xerezade Ansedes López • Tamara Jiménez Jiménez • Lidia Luaces Feal • Edu Pérez Campos
a
1
“ALARMA NAS NUBES” ENFERMEIRA : (Descolga o teléfono) Dígame. Si, esta é a nube 417, o despacho do Doutor Nubarrón. Non, agora non está. Está atendendo un accidente. ah, que é urxente? Direillo tan pronto como o localice. (Colga) ¡Que raro, unha estrela! NAI: Enfermeira, eu teño para as catro e son as catro e media. ¿Chegou xa o Doutor Nubarrón? ENFERMEIRA: Xa escoitou señora, saiu a atender un caso urxente NAI 2: E logo, ¿que pasou? ENFERMEIRA: Nada, o de sempre. O tráfico está polas nubes, e un anxo chocou con outro por exceso de velocidade. NAIS: É que van coma tolos. ENFERMEIRA: Claro, con tanta xente... DOUTOR: (Entra co maletín, póusao e frota as mans, quita a gabardina e colócaa na percha, colle a súa bata e pona) Bos días, perdoen o retraso, é que había un gran atasco entre as nubes 116 e 118. ¿Hai algunha novidade Baldomera? ENFERMEIRA: Si, doutor, chamou unha estrela e di que moi urxente. Entón deille número. DOUTOR: (Mirando aos seus pacientes moi enfadado) Non son bastantes para hoxe, Baldomera?
2
ENFERMEIRA: Síntoo doutor. Insistiu tanto en que tiña unha misión especial. Ademais dixo que viña de parte de Deus. DOUTOR: ¿De parte de Deus? ¿De parte do xefe? Entón, cando chegue, fágaa pasar inmediatamente. A ver, imos comezar que mañá é Noite Boa e gustaríame reunirme coa miña familia. Que pase o primeiro. ENFERMEIRA: (Consulta a súa libreta) Número un, por favor. NAI 1: (Levanta a man) Eu, eu. ENFERMEIRA: Pase, pase, pro favor. NAI 1 : (Colle a Anxo Constipado do brazo e achégase ao doutor. Anxo, moi abrigado, con luvas, bufanda, gorro e abrigo, facendo at....¡chís!) Bos días, doutor. DOUTOR: Bos días. ¿Que lle ocorre, señora? NAI 1: Meu fillo Anxo Constipado, que non para de estornudar. DOUTOR: A veeeer. (Achégase ao neno, quítalle a bufanda, o abrigo... Colle no seu maletín o fonendoscopio e empeza a examinar ao enfermo). Respira (Anxo fai at...¡chís!), tose (at...¡chís!). Di trinta e tres. ANXO CONSTIPADO: At...¡chís!, trinta e tres. DOUTOR: Señora, o seu fillo non sabe a táboa! Ha, ha! Perdoe, era unha das miñas bromas. O seu fillo non está nada ben. ¿Onde viven vostedes?
3
NAI 1: Na nube oitenta e tres. DOUTOR: (Movendo a cabeza) Enténdoo, é unha das nubes máis frías. O meu consello é que se trasladen a outra máis quente. Mentres tanto déalle vostede este xarope (saca do seu maletín unha botella de Coca-Cola). Dúas gotas ao saír o sol e outras dúas ao solpor. O seu fillo estará ben nuns días. NAI 1: Moitas grazas, doutor. Bo Nadal! DOUTOR: Non hai de que. Seguinte, Baldomera.
ENFERMEIRA : O dous. Señora María dos Anxos Trasto Retrasto. NAI 2 : (Érguese co seu fillo Anxo Trasto. Anxo leva unha das súas ás na man) Ola doutor, aquí lle traio ao meu Anxiño.
4
DOUTOR: ¿Como te chamas? ANXO TRASTO: Anxo Trasto Trasto. DOUTOR: ¿Que idade tes mociño? ANXO TRASTO: Cento oitenta e nove anos nada máis. DOUTOR: E ¿que lle pasa a esta Anxiño? NAI 2: Rompeu un á, doutor. É que é moi trasto.
DOUTOR: Xa vexo, xa. Trasto por parte de pai e de nai. E ¿como o fixeches Anxiño? (Empeza a examinalo, e mentres lle mira a á Anxo Trasto cóllelle o fonendoscopio, que esté pendurado do pescozo do doutor e ponse a falar coma se fose un micrófono) 5
Correndo detrás dunha anxiña. ¿Escóitaseme, escóitaseme? Un-dous, un-dous. Probando... NAI 2: Meu rei, ¿Non poderás estar queto? ¿É grave, doutor? DOUTOR: Non hai rotura, está enteiriña. (Pásalle á nai un tubo de pasta dentífrica) Póñalle esta pomada durante oito días e nada de voar nunha semana. NAI 2 : Grazas doutor. E...Feliz Nadal! ENFERMEIRA: Número 3. Anxo Xordo, por favor! DOUTOR: E ¿que temos aquí? ANXO XORDO: (Protestando) Noooon, non son do “Real Madrí” NAI 3: É que o meu fillo non escoita. ANXO XORDO: (Protestando) Nooooon, que non quero froita. DOUTOR: Xa vexo, este problema é algo complexo. O seu fillo é xordo coma un morcego. ANXO XORDO: Oia!, que eu non estou cego! DOUTOR: Señora, ¿onde viven vostedes? NAI 3: Na nube 23 DOUTOR: Imaxinábao. Todos os avións pasan por aí. Tanto ruído. O seu fillo padece “síndrome aeronáutico” (Do maletín saca dous tapóns de botella de champán e dállos á nai) 6
Póñalle estes tapóns nos oídos e trasládese urxentemente de nube. NAI 3: De acordo, doutor. Feliz Nadal! ENFERMEIRA: O último. Que pase! NAI 4: (Entra co seu fillo Anxiño Chamuscado. O pobre Anxiño aparece coa cara negra, unha man e a á ennegrecidas) Ola, doutor. Aquí está o meu fillo Chamuscado. DOUTOR: ¿Que che pasou, pequeno? ANXIÑO CHAMUSCADO: Queimeime co sol, na terraza da miña casa. Vivimos na nube 415. Xusto debaixo do furado da Capa de Ozono. DOUTOR: Así se explica. Un chorriño desta escuma na zona queimada e que non saia da casa nos días de sol.
7
NAI 4: Moitas grazas, doutor. Que teña un Bo Nadal!
(O doutor vai quitar a bata, cando aparece a estrela) DOUTOR: Ah! Xa me dixo a miña enfermeira que chamou vostede. ¿Como se chama? ESTRELA: Estrela dos Magos de Oriente. DOUTOR: Edade? ESTRELA: 85 millóns de anos. DOUTOR: Hmmmmmm! ¡U pouquiño vella, eh?! Dígame que lle ocorre. ESTRELA: Mire, doutor. Non vou poder levar a cabo a miña misión. Eu sempre, desde hai 2000 anos, guio aos Reis Magos ao Portal de Belén. E xusto, hoxe, nas vísperas do día tan importante, esgótaseme o brillo. Vanme mandar ao paro. ¡Ai, Deus, que será de min?! DOUTOR: Tranquila Estrela. Atoparemos o problema. Sente aquí. (Auscúltaa co fonendoscopio...) As puntas están ben. A respiraicón, perfecta… revisemos os circuítos eléctricos. ¡Aquí está o problema! ¿Vostede come ben? Ten controlado o helio e o nitróxeno? E o nivel de neutróns no sangue? A temperatura? ESTRELA: A última vez, doutor, tiña 80 millóns de grados. DOUTOR: Pois sinto dicirlle que ten unha “anemia estelar galopante”. Véxoa moi baixa de voltios. Ten unha alarmante falta de enerxía. Non ten vostede voltios para encender unha bombilla. ESTRELA: ¿Que podo facer, doutor? Esgótaseme o tempo. Chega o gran día!
8
DOUTOR: Non teño unha solución médica, pero hai outros recursos. Baldomera, dígalle ao Sol que entre. (Aparece o Sol pola dereita e encéndense todos os focos) SEÑOR SOL: Ola, doutor Nubarrón ¿Que desexa? DOUTOR: (De costas e tapándose os ollos) Escoite, Señor Sol, a estrela que ten que guiar aos Reis Magos quedou sen luz. Non poderías ti, este ano encargarte de facer o seu traballo? SOL: De mil amores, pero o meu brillo sería deslumbrante para os Reis e non podería guialos. Ademais pola noite, teño prohibido saír. ESTRELA: Grazas, amigo Sol, xa tes bastante con alumear polo día. Esta é misión miña. SOL: Grazas, amiga estrela. (Vaise o Sol pola esquerda e volve a luz normal) DOUTOR: Pois xa que falla esta solución, algo teremos que pensar. Baldomera! Chame ao electricista! ELECTRICISTA: Aquí estou doutor, eu son Bautista, o mellor electricista e o primeiro da lista. DOUTOR: Necesitamos a súa axuda. Esta estrela non reloce. ELECTRICISTA: ¿Será cousa das bombillas? Non hai ningunha fundida! O que non hai é corriente! DOUTOR: Pois iso non é corriente. Algo debemos facer. ELECTRICISTA: Non podemos enchufala á rede; temos un problema.
9
DOUTOR: Que pode dar descargas eléctricas? ELECTRICISTA: Non, é que non podería ir moi lonxe porque non temos tanto cable como para que poida chegar desde aquí ata o “Portal de Belén”. Estamos a máis de 20000km. DOUTOR: Non hai outra solución? ELECTRICISTA: Como non lle poñamos pilas... Pero necesitariamos máis de 5000 das grandes. DOUTOR: E, de onde sacamos tantas pilas? eu podería deixarlle as da miña radio pero só leva catro. ELECTRICISTA: A min ocórreseme que se enviamos unha mensaxe a todos os nenos do mundo, que son moi xenerosos e solidarios, colaborarán con nós. DOUTOR: Boa idea! Baldomera, envíe mensaxes de Internet a todas as direccións que teño no meu ordenador; un fax a todos os meus pacientes. Escriba “SOS” ¡Alarma nas nubes! A estrela dos Magos necesita axuda. Buscamos pilas de 3 voltios. Os que queiran colaborar preséntense na nube 317. Piso 765 esquerda.
(A enfermeira vai ao teléfono e vese que está falando por teléfono) VOZ EN OFF: Atención, mozos e mozas, nenos e nenas, chamada á xenerosidade. “SOS” ¡Alarma nas nubes! A estrela dos Magos necesita axuda. Necesítanse pilas de 3 voltios. Os que queiran colaborar preséntense urxentemente na consulta do Doutor Nubarrón. Nube 317, piso 765 esquerda. Servizo de autobuses celestes cada media hora. Moitas grazas. ENFERMEIRA: Tranquilo doutor anunciámolo nas emisoras terrestres e en todas as cadeas de televisión. DOUTOR: Entón non haberá problemas. Os terrestres son teleadictos. (Soa o timbre) NENO 1: 10
É esta a consulat do doutor Nubarrón? ENFERMEIRA: Si. ¿Estás enfermo, pequeno? NENO 1: Noooon. Veño polo anuncio das pilas. Traio as do meu coche porque eu non quero que os Reis Magos se queden sen estrela que os poida guiar. Meu pai di que cando el era pequeno xogaba con coches que facía el con caixas de zapatos. Divertíase moito e di que era moito máis … ¿como se di? DOUTOR: ¡Máis creativo! NENO 1: Iso doutor. Tamén poden quedar co coche, que está novo. Seguro que aos Reis Magos lles virá ben para repartirllo a outros nenos. NENA 2: Podo pasar. É que escoitei o anuncio das pilas e pensei que podo quitarllas a esta boneca que canta, baila e fai pis. A boneca déixoa para o Neno Xesús, porque escoitei que alí non teñen xoguetes. DOUTOR E ENFERMEIRA: Moitas grazas, nenos! VOZ EN OFF: E así foron chegando nenos e nenas. Centos deles da Terra e do Ceo. Ata que... DOUTOR: Xa temos pilas suficientes para arrancar un tren. Baldomera, chame ao electrcista Bautista. ELECTRICISTA: (Entrando pola dereita) Imaxinábao doutor. Sempre confiei na solidariedade e xenerosidade dos nenos. E desta vez tampouco fallaron.
(O electricista ponse mans á obra. Fai como que lle coloca dúas ou tres á estrela... A estrela levántase lentamente, colócase no centro do escenario mirando ao público)
11
DOUTOR e ENFERMEIRA: Ben! Conseguímolo! Xa pode guiar aos Reis Magos. (Nese momento aparecen os tres Reis pola dereita) ESTRELA: Grazas por vir! Eu son a vosa estrela e os tres debedes dirixirvos cara a un portal moi lonxano, alá na Terra, chamado Belén. MELCHOR: (Saca un mapa e consúltao) ¿Como dixeches que se chama? ESTRELA: Belén. Be-lén. Non vos preocupedes, para guiarvos estou eu. Esa é a miña misión. MELCHOR: Debe ser unha misión moi importante ¿de que se trata? ESTRELA: Alí naceu un neno moi especial: o Neno Deus. OS TRES REIS: O Neno Deus! Queremos coñecelo! DOUTOR: Se van a Belén a ver a un neno, seguro que precisarán da miña axuda. Pode ser que collese un catarro, ou unha pulmonía. Debo ir alí! Estamos no Nadal e debo baixar á Terra a coñecelo. GASPAR: Pode vir no meu camelo, na xoroba dianteira. ENFERMEIRA: ¿E se o neno necesita unha inxección? ¿quen lla poñerá? BALTASAR: Pois veña conmigo. No meu camelo tamén sobra unha xoroba. ESTRELA: Pois seguideme todos. non perdades a miña estela. DOUTOR: Como a viaxe é longa eu propoño cantar algo. Esa de “O señor condutor está seeeeeerio…” 12
ESTRELA: Non, iso non. Temos que cantar algo máis bonito, que estamos no Nadal! A Belén imos xa, a Belén mociños, que xa teño as pilas e podo alumar!
ESPERÁMOSVOS EN BELÉN, NON FALTEDES!
FELIZ NADAL!! Mestras relixión católica e evanxélica coa colaboración do Equipo da Biblioteca e ENDL.
13
Teatro lido. Capítulo: “RAFLES” Intérpretes: - Gloria Mª Chao Calvo interpreta o papel de nai. (5º de Primaria) - Nerea Perille Orjales interpreta o papel de Natacha. (6º de Primaria) - Un osiño de peluche, emprestado polos pequenos e pequenas de Infantil, interpreta o papel de Rafles.
* Actividade levada a cabo na Biblioteca con motivo da despedida da colección da Fundación Germán Sánchez Ruipérez “Leemos a carcajadas”
-¡Mamá! -No des voces, Natacha. ¿Que es lo que quieres? -Que vengas. -Ya te he oído, hija, pero estoy trabajando. ¿Qué quieres? -Veeeen. -¡¿No me puedes decir qué quieres y te contesto desde aquí?! -No. Quiero que veas. -¿Que vea qué? -...que te quiero hacer una pregunta. -Si es una pregunta, no es necesario que la vea. -¡Sí... te digo que vengas! -Puedo oírla, Natacha. Dime de una vez y deja de gritar o nos echarán del edificio. -¡¡¡VEEEEN!!! -... (no, no nos echarán del edificio, nos echarán de la ciudad).
-Venga, mamá ...porfi, ven. -Ya te he dicho que no. -... -... (silencio muy sospechoso). -Natacha, ¿qué haces? -... (ruidos, risas). -¡Natacha! ¿Me quieres decir qué haces?, ¡que voy eh! -¡No, no vengas! -¡Cómo, que no vaya! ¡Por supuesto que voy! -¡No, mamá, de veras, por favor, no! - Lo que faltaba. Ahora mismo iré a ver qué haces. -... -Natacha, abre la puerta. -No puedo. -¡¿Quieres abrirla, por favor?! -No, mamá, que vale, que ya está. -¡¿Cómo que vale?! -Que ya está, mami. -¡¿Qué es lo que ya está?! -Lo de que vinieses, ya da igual. -¡¿Qué has roto, Natacha?! -Jopé. Nada, mamá. -¿Y ese ruido? ¿No habrás roto la cajita de música, verdad? -¿Cuál? -La que te regaló la abuela, no la habrás roto, ¿no? -Da igual. No era bonita. -¡¡¿Cómo ERA?!! ¿La has roto? ¡Esta niña! Abre la puerta, Natacha, que te doy. -No he sido yo, mamá, ha sido Rafles. -¡¿Quién es Rafles?! -... (ay). -¡Natacha! ¡¿Quién es Rafles?! -... (ay, ay, ay). -¿Qué son esos ruidos? ¡¡¡No!!! ¡Natacha! ¡¡¡Tú tienes un perro ahí!!! -... te he dicho que no importaba, mamá. (abre la puerta). -¡¿De dónde ha salido ese perro?! -No te preocupes, mamá, lo he encontrado en la
calle. -¡¿En la calle?! ¡Ahora mismo te lo llevas de aquí! -¡No, si él se va, yo también me voy! -¡Perfecto! -No, mamá, porfi, que siempre he querido tener un perro. -Pero vivimos en un piso pequeño, no se puede. -Porfa, mamá. -...es un jaleo... -¿A que es bonito? -...mira el desastre que es tu habitación, Natacha. -Es Rafles, mamá, que no se quiere estar quiesto y ya le he dicho que si no se porta bien se va de casa. -Ya lo ha hecho, Natacha, ya se tiene que ir. Ha destrozado tu habitación. -Pero no, porfi, ma, que acaba de empezar a aprender. -Pues, si así empieza, no quiero imaginar qué será cuando termine. -Ya verás qué bien se porta. Pondré carteles para recordarle que se porte bien. -El perro no lee. -Yo le enseñaré a leer y escribir. -Los perros no leen ni escriben, Nati. -Rafles sí, mamá. -Oye, Natacha, que lo devolvemos a la calle. -No, mamá, te prometo que yo lo cuidaré. -... (sí, já). - Sí, mamá, ya verás. -¿Sabes lo que te digo?... Probaremos una semana y si se porta mal, se va, ¿vale? -So. -¿Sí o no? -Ni. -¡Natacha! -Jopé, vale, sí. -Ven, que lo llevaremos al veterinario. -¿Para qué, mamá? -Para que lo bañen y lo vacunen, Natacha, ven, vamos. -Ven, Rafles, que por el camino te empiezo a enseñar... mira, esa letra es la W...
“NATACHA”. Luis María Pescetti. Ed. alfaguara
PERSONAXES: PRINCESA PRÍNCIPE CASADEIRO PRÍNCIPE AZUL CAZADOR MARIÑEIRO
AMBIENTACIÓN O decorado debe suxerir un bosque. Na esquina dereita haberá unha torre, que se pode fabricar con cartón. No alto da torre estará a Princesa, que ten o cabelo longo e que se peitea mentres canta. O Príncipe Azul ten a cara e as mans pintadas de azul, vai montado nun cabalo que se pode facer cun pau de vasoira. O Príncipe Casadeiro leva coroa e arrastra un saco cheo de zapatos. O Cazador ten un arco e unha bolsa na que hai frechas. O Mariñeiro vai nunha barca chea de redes, viste roupa vella e leva unha gaivota no ombro. O barco pode ser a súa silueta en cartón e suxeitarse cuns tirantes ao corpo do mariñeiro. Diante da torre hai un mar que cruza todo o bordo do escenario, pode facerse estendendo papel azul no chan. (Érguese o pano e vese a Princesa Carolina peiteándose, cantaruxando “A rianxeira”. Entra o Príncipe Azul, ao trote, montado no seu cabalo de pau. De súpeto, ve a Princesa e para.) PRÍNCIPE AZUL: Xoooo, cabalo, xoooo! Mira cabalo, aí hai unha torre e na torre hai unha princesa. PRINCESA: Vaia, aí abaixo hai un cabalo, e sobre o cabalo un home azul. Un home azul! De onde sairía este? (Falando ao auditorio) Ei, ti, o de azul (ao príncipe), quen es?
1
PRÍNCIPE AZUL: Ola!, son o teu príncipe azul, o que sempre soñaches. (Sinala as mans e a cara, pode cantaruxar a melodía de “Es ti o meu príncipe azul”.) PRINCESA: Ben, xa sabía que eras azul, e tamén sabía que eras un príncipe, pero eu nunca soñei contigo. Que fas por aquí? PRÍNCIPE AZUL: Realmente, nada, vou ao bosque veciño. Alí estame agardando Brancaneves, mordeu unha mazá envelenada e quedou a durmir. PRINCESA: Eu pasmo! Unha princesa que dorme. (Irónica) E que vas facer cando a atopes? PRÍNCIPE AZUL: Bicareina e espertará. Casaremos e seremos felices. Pero se ti quixeses eu podería quedar na túa torre. PRINCESA: E se te deixo quedar, pitufo, que farás para estarmos entretidos? PRÍNCIPE AZUL: Bailaremos o valse, un-dous-tres, un-dous-tres (baila con pasos longos facendo círculos), escoitaremos o bardo real “la-la-la- bela dama la-la-la” (canta e fai que toca a guitarra.) e riremos co bufón da corte. (Pon caras, colle unhas pedras do chan e fai xogos malabares.) PRINCESA: Que aburrido! Todo iso xa o vin no palacio de meu pai. Aborrecín tanto a vida da corte, que fuxín. Anda, vai buscar a túa princesiña durmida de aburrimento. E toma, para que almorce. (Tira unha mazá do peto e lánzalla a el.) (O Príncipe Azul marcha triste no seu cabalo. Ao pouco, entra o Príncipe Casadeiro, arrastra un saco e leva un zapato de muller na man, ve a princesa e cae de cu, queda sentado.)
2
PRINCESA: Vaites! Outro máis. (Ao público.) Hoxe parece o día de Santo Príncipe Perdido. Oe! (Dirixíndose ao Príncipe) E ti de quen vés sendo? Que fas cun zapato na man? PRÍNCIPE CASADEIRO: Son o fillo casadeiro dun rico rei e busco á dona deste zapato. Perdeuno nas escaleiras do meu castelo. (Érguese, próbao no aire e suspira) PRINCESA: Ai, que risa! Hai unha muller por aí só cun zapato. E non sabes onde está? PRÍNCIPE CASADEIRO: Levo todo o día buscándoa e probando o zapato, pero nada, non aparece. Próbalo ti? Se este non che vai ben, teño máis. (Abre o saco que leva ás costas e tira zapatos de todos os tipos: con tacón, grandes, pequenos...) PRINCESA: Eu non probo zapato ningún. Só poño zapatillas, e se chove poño as botas. Non podo ir ao monte con zapatos de señora. Mira cantos tes, va que podes montar unha zapataría? Vai ata a Cidade (sinala un indicador de : Cidade, 3Km) e pon unha tenda. Malo será que non pase por alí Cincenta e encaixe o seu pé no zapato de cristal. (O Príncipe Casadeiro mete os zapatos no saco e segue o seu camiño. Logo chega correndo un cazador, vai apuntando en todas as direccións co seu arco, ve a princesa e queda parado aos seus pés.)
3
PRINCESA: Pero moito movemento hai hoxe por aquí. Que se lle perdería a un cazador por aquí? Teño que avisar os coellos para que se agochen. (Falándolle ao público.) Ola, cazas ou non cazas? (Dirixíndose ao cazador.) CAZADOR: Ola princesa. Aínda que me vexas así vestido, eu son un príncipe, fillo dun poderoso rei. E estou a cumprir unha misión. Teño que espertar cun bico de amor á bela que dorme. PRINCESA: E a que agardas para ires buscar? Pode espertar en calquera momento. CAZADOR: Se me abres a porta da túa torre, esquecereina. Vivirei contigo. Irei cazar todos os días (apunta co seu arco en todas as direccións) e, se cazo unha raposa, fareiche un abrigo de pel. Non hai becho que fuxa das miñas frechas. (Tira un animal de peluche da súa bolsa) PRINCESA: Ha, ha, ha! (Rise do príncipe e segue a peitearse.) Cocinar eu? Sempre chamo a Tele-Caldo cando teño fame. (Ensínalle unha cunca que ten escrito Tele-Caldo e fai que come.) Eu non quero que mates animal ningún para facer roupa, que bruto es! (Respira fondamente e pón cara de sorpresa.) Vaia! Hai algo movéndose por alí, parece un coello. (Sinala cara a fóra e o cazador sae pitando, a princes pasa a lingua pola cunca.) (Achégase polo mar un barco. Montado nel vén un mariñeiro. Ten redes nas mans e unha gaivota apoiada no ombro. Vai cantando “Catro vellos mariñeiro”. O barco achégase á torre da princesa.) PRINCESA: Oh! Hai algo na ribeira, é un barco! E no barco vén alguén, este seguro que non é un príncipe pescaprincesas. Ola! (berrando) O do barco! Que fas aí subido? Quen es? MARIÑEIRO: Son un mariñeiro. PRINCESA: Un mariñeiro? MARIÑEIRO: Si, un auténtico mariñeiro, vello e canso.
4
PRINCESA: Ai! E por que estás tan canso? Traballaches moito? MARIÑEIRO: Oi, si, moitísimo. Larguei nasas, (fai o xesto de tirar algo ao mar.) fun á marea e recollín as redes (fai que colle algo con esforzo). Unhas veces mergulleime na ría (tapa o nariz e nada cunha man) e outras recollín percebes das rochas. PRINCESA: E colliches moitos peixes? MARIÑEIRO: Un mundo deles, tantos que case non os recordo. Pesquei robalizas, congros, sargos, salmonetes e, unha vez, mesmo collín unha quenlla. PRINCESA: Pois baixa do teu barco. Ven cabo da miña torre e deixareite entrar. Cóntame como son as praias que viches, fálame dos argazos e do fondo do mar. MARIÑEIRO: (ríndose ruidosamente) Oh! Non! Non podo, os mariñeiros aburrímonos en terra. PRINCESA: O mar é moi grande. Enorme, desde aquí non se ve onde acaba. Onde irás, logo? MARIÑEIRO: Onde cadre. Irei onde os longueiróns fagan buratiños na area. Ou onde a ría estea máis limpa e os peixes saiasn saudar os cormoráns. Os mariñeiros andamos polo mar adiante e vivimos da marea. PRINCESA: E logo, a marea ten hora? MARIÑEIRO: Abofé que si! Gobérnana as horas e a Lúa. A marea sobe e baixa. Hai mareas vivas e mortas. Mesmo as hai secas para irmos coller berberechos. PRINCESA: Contigo, axudareiche a pescar e aprenderei o ritmo das ondas. Avisareiche de cando é hora de largar e de recoller. Eu non quero ser Princesa Carolina, desde hoxe serei Carolina a mariñeira. (Soben á chalana e os dous comezan a cantar) MARIÑEIRO: Pescaches, Carolina? PRINCESA: Pesquei, si señor.
5
MARIÑEIRO: Dime con quen pescaches. PRINCESA: Pesquei co meu amor, pesquei co meu amor, pesquei co meu amor. MARIÑEIRO: Pescaches Carolina. PRINCESA: Pesquei, si señor.
(Cae o pano)
Laura Formoso
ALUMNOS E ALUMNAS DE 2º DE PRIMARIA COA SÚA PROFE Mª LUZ
6
NARRADOR. NUN PAÍS CHAMADO BOMBONAZO, HABÍA UN REI AO QUE LLE GUSTABA GASTAR BROMAS Á XENTE DO SEU POBO PARA RIRSE DELES. POLAS NOITES VESTÍASE DE FANTASMA CUNHA SABA BRANCA QUE LLE CUBRÍA DOS PÉS Á CABEZA E FACENDO RUÍDOS ESTRAÑOS ASUSTABA Á XENTE QUE CORRÍA A ESCONDERSE NO MÁIS FONDO DAS SÚAS CASAS. REI. !UUUUU! ¡UUUUUUUHHHHH!. CARAMBA!....¡UUUUUUU!.
REPETÍA.
¡SON
O
FANTASMA
XENTE. ¡O FANTASMA!....¡SOCORRRO!. QUE NOS COME O FANTASMA CARAMBA COMO SE FÓSEMOS GAMBAS. NARRADOR. POLAS MAÑÁS, DOUS GARDAS DO REI, ACUDÍAN CEDO AO PALACIO PARA CONTARLLE O QUE PASABA E CÓMO A XENTE PEDÍA ALGUNHA SOLUCIÓN. O REI MORTO DE RISA BERRÁBALLES: REI. VEÑA, FALADE GARDAS, CONTÁDEME O QUE VISTES.
GARDA 1. MAXESTADE ESTA NOITE O FANTASMA CARAMBA LEVABA UN FACHICO NA MAN E BOTABA LUME POLA BOCA.
REI. ¿DE VERDADE NON ESAXERAS? GARDA 2. NOOON. VERÁ EU ESTIVEN A PUNTO DE COLLELO. TÍÑAO XA AGARRADO, PERO ENTÓN SACOU O SEU BASTÓN MÁXICO E DEL SAÍU UN ENORME SAPO E UNHA GRAN COBRA. REI. ¿SAPOS E COBRAS?. (EN VOZ BAIXA E DIRIXÍNDOSE AO PÚBLICO) . RECOIRO! NON SE ME OCURRIRA PERO É UNHA GRAN IDEA. OES, ¿NON O ESTARÁS INVENTANDO VERDADE? GARDA 1. NOOOON. TIÑA UNHA ESPADA DE LUME E USABA A MAXIA DE MERLÍN. GARDA 2. EU FUN MOI ASTUTO E PERSEGUINO PERO DE PRONTO ESCAPOU VOANDO POLA CHEMINEA DUNHA CASA E....
REI. ¡ BASTA!, ¡ FÓRA DE AQUÍ !SODES UN POUCO COVARDES!. SE SODES TAN CAGÓNS BOTAREIVOS A EMPURRÓNS, DAREIVOS CAPÓNS. ¡ MARCHÁDEVOS !.. EU MESMO VIXIAREI AS RÚAS. ¡ QUE VEÑA ESE FANTASMA CARAMBA E LOITE CONMIGO. DIREILLE ONDE ESTÁ A XENTE PARA QUE SE META DEBAIXO DAS SÚAS CAMAS E CANDO ESTEAN DURMIDOS LLES ASUSTE. PERO CONMIGO, CUN REI TAN VALENTE COMA MIN NON SE ATREVERÁ A METERSE. GARDA 1. POR FAVOR, MAXESTADE, NON LLE DIGA AO FANTASMA ONDE VIVO. SE VÉN Á MIÑA CASA POLA NOITE E ME DESPERTA EU CAAAAAAAAIO DE MEDO. REI. BEN, MARCHADE, QUE EU TEÑO COUSAS QUE FACER.
NARRADOR. O REI MOI CONTENTO SAÍU VER COMO A XENTE NON SE ATREVÍA A PASEAR POLA RÚA, ENTÓN VIU UNHA VELLA QUE SENTADA INTERPOÑÍASE NO SEU CAMIÑO. REI. ANCIÁ, DÉIXEME O PASO LIBRE. NON A COÑEZO ¿QUEN É VOSTEDE? ANCIÁ. NON É CONVENIENTE QUE POR AGORA O SAIBAS. PERO EU SI TE COÑEZO DESDE PEQUENO. REI ¿EU FUN PEQUENO?. POIS NON ME ACORDO. BEN ¿E QUE FAI AQUÍ?. ANCIÁN. VIN EN BUSCA DUN FANTASMA QUE HAI NA CIDADE. ¿COÑÉCELO ? REI. POIS, POIS NON, PERO ¿PARA QUE O QUERE VER? ANCIÁ. POIS VERÁS, APLICAREI AS MIÑAS MAXIAS. CANDO O VEXA CONVERTIREINO NUN SAPO OU NUNHA COBRA. IREI POLA NOITE Á SÚA CAMA, ENROLAREILLE A SABA, CARGAREI CON EL E TIRAREINO POR UNHA MONTAÑA PERO ¿TI SABES ONDE VIVE? REI. (TREMENDO) EH.. NON. NON TEÑO NIN IDEA... ANCIÁ. QUE PENA! PARECE QUE TEN A TÚA MESMA ESTATURA... REI. NON, QUE VA, É MOITO MÁIS PEQUENO, UNHA POLGADA QUE VA.
Á TÚA.
ANCIÁ. E CREO QUE TEN A VOZ PARECIDA
REI. NON, PARA NADA. EU TEÑO A VOZ RONCA E EL TENA AGUDA AGUDAA. ANCIÁ. XA. BEN, SE O VES ADVÍRTELLE QUE VIN POR EL, E QUE NON SE LIBRARÁ DE MIN. ESTA NOITE IREI A BUSCALO. REI. BEN, ESQUECINME DUNHA COUSA NO PALACIO E DEBO IRME CORRENDO. NARRADOR. MORTO DE MEDO, O REI METEUSE NO PALACIO, CHAMOU AOS GARDAS PARA QUE REUNIRAN AO POBO E CANDO XA ESTABAN TODOS DÍXOLLES:
REI. XA PODEDES DURMIR TRANQUILOS, AMIGOS MEUS. ESTA NOITE PASADA TODOS ME VISTES SAÍR, POIS BEN, ÍA FALAR CO FANTASMA CARAMBA E FIXEMOS UN TRATO. A CAMBIO DE NON VOLVER MÁIS DEILLE UNHA BOLSA CHEA DE CARAMELOS E LARPEIRADAS E ¡DESAPARECEU! FOI COMO POR ARTE DE MAXIA. ¡NUNCA MAIS VOLVERÁ, PROMÉTOVOLO! NARRADOR. O POBO ENTEIRO CELEBROU A VALENTÍA DO SEU REI E NUNCA MAIS VOLVERON TER MEDO. E A ANCIÁ, QUE ERA SABIA E COÑECÍA AS BROMAS DO REI, TAMÉN DESAPARECEU PARA SEMPRE. E ASÍ REMATOU A HISTORIA DO FANTASMA CARAMBA... ANCIÁ. HE,HE,...ESPERO QUE TODOS APRENDÉRADES A LECCIÓN...SE TE RIS DOS DEMAIS, UN BO SUSTO PÓDENCHE DAR!. AH...E SE TE ATOPAS CO FANTASMA CARAMBA NON LLE TEÑAS MEDO E TIRALLE DA SABA......
FIN
Tradución Mª Feliciana Fresco Cobelo.
BIBLIOTECA DO CEIP DE PAZOS E ENDL
NARRADOR: Un día quixo casar, en busca de mozo foi ao piñeiral. LÚA: ¡Ai, paxariño doce e fermoso! ¿quererías ti ser o meu esposo? PAXARO: Eu aquí quero quedar, non desexo contigo casar.
NARRADOR: Despois a lúa falou co vento por se conviñan o casamento. LÚA: Vento, ventiño, estou moi soa e quero xa facer a voda. VENTO: Eu son o vento, vento mareiro ficarei sempre, sempre solteiro.
NARRADOR: Daquela a lúa baixou ao mar; pediulle mozo para casar. LÚA: Lindo peixiño dos fondos mares ¿queres comigo casar á tarde? PEIXE: Vivo moi ben na auga salgada, non deixarei a miña morada.
NARRADOR: Xa cansa, a lúa falou co río, que ía cheo, moi limpo e frío.
LÚA: Amable río de augas xeadas casa comigo na noite te clara. RÍO: ¡Tola de lúa! Vaite de aquí, nunca contigo sería feliz.
NARRADOR: A pobre lúa, subiu ao ceo e viu alí algo moi belo. LÚA: Resplandecente e lindo luceiro, se, por favor,, o meu compañeiro. LUCEIRO: Doce luíña, clara e fermosa, eu teño fillos e teño esposa.
NARRADOR: A lúa, soa e atristurada, chora baixiño, moi apenada. Síntea o sol, e moi caladiño vai onda ela e dálle un biquiño.
A MEMORIA DAS ÁRBORES ( Texto: Xosé A. Neira Cruz)
Cando Tano naceu, seu pai plantou no xardín a semente dunha árbore. PAI- É unha árbore tropical. Chámase Baobab. Hai medrar canda ti. Será coma un irmán teu. Tano estaba adurmiñado no colo da súa nai e, daquela, non entendeu o que o seu pai dicía. Aínda era moi pequeno. Pero a medida que foron pasando os anos, Tano empezou a comprender, porque aquela árbore medrou e medrou. E tanto medrou que, de contado, lle pasou en altura mesmo aos pais. Foi así como Baobab se converteu no irmán maior de Tano. Cando Tano cumpriu cinco anos, houbo na casa unha festa con pastel e velas. Viñeron os avós. Tamén viñeron os tíos. Uns e outros con agasallos envoltos en papeis de moitas cores. Pero ningúen se lembrou de Baobab. Tamén él facía cinco anos, ainda que a simple vista semellábase que xa tiña quince ou vinte. E tano queixouse: TANO- Non é xusto. Baobad tamén está de aniversario! Daquela foi o seu pai e sachou cunha eixada todo arredor de Baobab. PAI- Isto gustaralle moito, verás. Así as súas raíces han respirar moito mellor.
E logo a súa nai regouno NAI- Isto encantaralle, seguro. Así as súas raíces hanse alimentar moito máis.
Pero a Tano aquilo non lle parecía dabondo. En realidade, xa o facían a cada pouco así que Tano levoulle un anaco de pastel ao seu enorme irmán. TANO- Toma Baobab. Felicidades! Mais o gato da veciña saltou o valado do xardín e, o moi larperiro, papou o pastel dun bocado.
O día rematou axiña e, máis axiña ca nunca, chegou a noite TANO- Non é xusto. Os días do aniversario tiñan que ser moito máis longos. Pero ao outro día era luns e había aque ir á escola. Así que o pai bañouno e fíxolle a raia no pelo, e botoulle unha pinga de colonia antes de se deitar. Que ben cheiraba! E logo, a nai
púxolle o pixama e contoulle un conto moi curto, porque daquela as pálpebras de Tano xa se empezaban a baixar. Un chisco antes de que os ollos de Tano se pechasen …… TOC!
TOC!
Alguén petou nunha fiestra. Tano abriu os ollos e tapouse o nariz TOC! TOC! Volveu soar tralas cortinas. Quen podería ser? Unha pantasma con asma? Unha bruxa curuxa na súa vasoira? Un moucho corroucho de ollos cinsentos? TOC! TOC! TOC! A Tano puxéronselle os pelos de punta TOC! TOC! TOC! TANO- Quen é? Preguntou Tano en voz baixiña, co corpo feito un nobelo baixo as mantas. TOC! TOC! TOC! Entón tremelicando, Tano saiu da cama e, a modiño, deu un paso, e outro, e outro máis. Achegouse á fiestra. Correu a cortiña e…....UFFFFFFF!!!!!!!! respirou aliviado porque, o que alí había era……… Unha pola dunha árbore que o vento facía bater contra a fiestra!
BAOBAB- Son eu, Baobab. Queres vir ao meu aniversario?. Tano abriu a fiestra e , sentado na punta da póla, baixou por ela como por un tobogán. O tobogán foise curvando coma unha escaleira de caracol. Tano deu unha volta, dúas, tres….. e chegou ata onde medraban as raíces de Baobab. MULTITUDE.- Felicidades Tano!!! Berrou unha multitude de homes e mulleres diminutos, montado en cadanseu rato de campo. Tamén había unha mora de miñocas xogando á corda e unha teupa vella que recitaba poemas mentres se arrandeaba nun bambán de raíz. E tano preguntoulle. TANO- Podo subir señora teupa? TEUPA- Antes de que che dea licencia, Comerás na miña presencia
Respondeu ela, asentando as lentes na punta do fuciño. TANO- Comer que?
BAOBAB- Un anaco de pastel do meu aniversario Respondeu a voz de Baobab, que parecía xurdir de todas partes E, quen apareceu entón? O gato da veciña vestido de camareiro, que traía unha bandexa cun anco de pastel coma o que papara pola tarde. Tano comeuno e aquilo sóubolle a herba recén segada e a fiuncho con amoras . Estaba delicioso! Logo Tano bailou cos ananos. Despois montou nun rato de campo e contoulles contos de risa. E tamén se arrendou canto quixo no bambán de raíz. De súpeto oíuse o son lonxano dun despertador. Entón Baobab dixo: BAOBAB- Tano tes que volver para a cama. TANO- Non e xusto!. Pero Baobab pillou a Tano coa súa póla máis alta e devolveuno á fiestra do seu cuarto. Foi coma voar nun anaco entre as estrelas do amencer. Antes de dicir adeus Tano preguntou: TANO- Podo volver outro día? BAOBAB- Claro, es o meu irmán. TANO- E que terei que facer para baixar
BAOBAB - Agardar ao noso vindeiro aniversario TANO- Adeus , Baobab, adeus! Berrou Tano cheo de ledicia. E dun chimpo, volveu para a cama e adormeceu pensando no seu gran irmán de corazón de madeira. Tano, daquela, aínda non sabía o fráxil que pode chegar a ser a memoria das persoas ………. ………………e a duradeira que é a memoria das árbores.
FIN
De Calo Iglesias
Os Cinco Dedos (Fonte: Calo Iglesias) Os CINCO DEDOS DAS MANS están repartidos entre os cinco alumnos/as, que sosteñen en alto. Pois si. Este señor (señora) que estades a ver non é un señor, É UN TERRITORIO: O TERRITORIO DA MAN (xestos, movendo a man). Poderedes observar que nel móvense cinco habitantes, quero dicir CINCO DEDOS (os Dedos saúdan). É ben sabido que en tódolos territorios hai problemas. E no TERRITORIO DA MAN non podían faltar. Pero serán eles mesmos, os dedos/habitantes quen llelo van contar. O MAIMIÑO:
Eu son o maimiño o máis pequeniño.
O MATAPIOLLOS:
Á vista dos vosos ollos preséntase o Matapiollos.
O DEDO DO ARO:
Para que quede ben claro, eu son o Dedo do Aro.
O FURABOLOS: Eu chámome Furabolos O MÁIS GRANDE DE TODOS: Eu o máis Grande de Todos.
ESCENA PRIMEIRA E ÚNICA O DEDO DO ARO (Aparece con aneis de ouro e diamantes. Móstraos ostentosamente). Eu son un Dedo importantísimo. Excelentísimo. Máis que Dedo son DEDÍSIMO. O Dedo das Revistas do Corazón. O Dedo dos aneis de ouro e pedras preciosas que lucen as marquesas e as estrelas de cine. Un Dedo resplandecente e aristocrático. Non como outros Dedos que o único que saben facer é mallar nos piollos... O MATAPIOLLOS (Mentres o Dedo do Aro está a falar, el ocúpase en matar piollos. Cando escoita as últimas palabras diríxese enfadado ao Dedo do Aro) : ¿Qué estás a dicir, Dedo pijo, quincalleiro e presumido? Non conseguirás avergonzarme. Eu sempre fun o azoute dos piollos. Defendín as cabezas da xente pobre e impedín as pragas deses agresivos
animaliños. Se non fose por min as túas marquesas pasarían a súa vida rascándose o cabezolo. O DEDO DO ARO (facendo xestos de desprezo): Non sabes o que dis, anano bazunchón. ¡Anda, vai pasear cos teus piollos e pulgas! O MATAPIOLLOS: Os teus insultos e desprezos non me aflixen. Son Anano, Matapiollos e Matapulgas. ¡E a moita honra! O MAIMIÑO (Ata agora calado e quieto no seu espacio, diríxese ao Dedo do Aro) : O Matapiollos ten toda a razón... O DEDO DO ARO (Facendo burla): “ O Matapiollos ten toda a razón” . “O Matapiollos ten toda a razón”.. ¡Mira quen falou! Un esfameado, un petapouquiño que non sirve para nada. O MAIMIÑO: ¡Dasme pena, Dedo do Aro, dasme pena! E non por seres Dedo, senón por olvidalo. Paréceme que o único que ten valor para ti é o ouro... O FURABOLOS (Intervén por primeira vez ): O Maimiño non di máis que a verdade. Con tanto ouro e arrogancia, estás a olvidar o que verdadeiramente es... Un Dedo da Man, un bo Dedo da Man, como todos nós. O DEDO DO ARO: Si, un Dedo da Man, pero un Dedo Dourado. A xente rica, a xente importante, escólleme. Eu son o preferido, o preferente. A min vístenme sempre de ouro e pedras preciosas (móvese facendo xestos de ostentación, dándose moita importancia). O MÁIS GRANDE DE TODOS (Intervén na discusión): Agora tócame falar a min. Atendede ¿non é certo que os Dedos da Man formamos unha DEDOCRACIA? O MAIMIÑO: ¿Que quere dicir unha DEDOCRACIA? O MÁIS GRANDE DE TODOS: Que no territorio da Man Común, formamos unha sociedade. ¡Pero uns somos máis Dedos que outros! O FURABOLOS: ¿Que queres dicir con iso de que
uns somos máis Dedos que outros? O MÁIS GRANDE DE TODOS: Quero dicir que na Dedocracia ten que haber unha xerarquía, uns niveis de importancia. O MATAPIOLLOS: Ou sexa, Dedos Dourados e dedos apiollados. Dedos Apreciados e dedos desprezados. Dedos Esbeltos que andan pola vida coa cabeza estirada, mirando con altanería, e dedos malfeitos, bazunchos, ananos e fracos. ¿E iso o que queres dicir? O MÁIS GRANDE DE TODOS: Mira, Matapiollos, sen desprezar a ninguén, pero non é o mesmo ser un Matapiollos que ser un Dedo Dourado e Diamantino. E non é o mesmo ser anano e gordecho, que ser Alto e Forte coma min. O FURABOLOS: Non estou de acordo. Os Dedos da Man somos diferentes, pero todos somos igualmente necesarios e útiles no territorio da Man Común. O MAIMIÑO: Iso mesmo penso eu. O territorio da Man Común, para funcionar perfectamente, necesita de todos e cada un de nós. O MATAPIOLLOS: ¡Claro! Por exemplo, eu axudo ao Furabolos a coller un bolígrafo e desta maneira a nosa Man pode escribir con máis facilidade. O MAIMIÑO: E se a nosa Man quere escribir a máquina ou nun teclado do ordenador, todos podemos colaborar e ser útiles ¿non si? O FURABOLOS: E se quere tocar a guitarra, ou o piano ¿qué? ¿Non somos todos necesarios e útiles? Que llo pregunten a Beethoven , a Mozart ou ao Mestre Rodrigo. O MATAPIOLLOS: E todos os Dedos colaboramos cando a nosa Man busca e estreita a outra Man amiga. O MAIMIÑO: E para todo iso, o Territorio da Man Común non necesita ter aneis de ouro nos seus Dedos. O DEDO DO ARO (que xa non está tan seguro): Si, si..., pero o ouro tamén ten o seu valor... O FURABOLOS: Por suposto que o ouro ten o seu valor. Pero ti es que realmente vales como Dedo. O ouro non é o Dedo. Ti es o Dedo. O ouro é de
quita e pon. O MÁIS GRANDE TODOS (que tamén está perder seguridade) : Pero non me negarás que eu son o Dedo Máis Grande de Todos. O MATAPIOLLOS: Si, pero esa calidade no che fai superior a ningún outro Dedo. Resulta moi axeitado que no territorio da Man Común uns Dedos sexan altos, outros baixos, uns gordos e outros fracos. Así é como conseguimos o EQUILIBRIO DEDOCRÁTICO e unha fermosa variedade. O MAIMIÑO: Penso que a cousa está ben clara, para quen quera entendela. O DEDO DO ARO: Ben, ben... Recoñezo que eu nunca pensara nestas cousas. Creo que agora comezo a apreciaros máis. Iso de escribir no ordenador e de tocar a guitarra e o piano... Si, teño que recoñecer que eu nunca pensara nestas cousas. A verdade é que eu tiña a cabeza chea de marquesas… O MÁIS GRANDE DE TODOS: Eu tiña a cabeza chea de xigantes… Creo que agora nos comprendemos mellor. Eu síntome máis cerca de todos vós... O MATAPIOLLOS: Eu tamén me sinto máis cerca de todos vós. Estou disposto a axudar a quen o precise. Se a alguén lle pica o cabezolo que avise. O FURABOLOS: Pois agora, se vos parece, imos celebrar a nosa unión. (Xúntanse tódolos Dedos). A MAN (dirixíndose ó público, xunto cos Dedos) :
¡Coas nosas Mans, imos todos saudar! ¡Coas nosas Mans, imos todos a bicar! ¡Coas nosas Mans, imos todos a abrazar! ¡Coas nosas Mans, imos todos a aplaudir!
Rubén Suárez: O Matapiollos Joni Reborido: O Dedo do Aro Gloria Chao: O Furabolos Alberto Saavedra: O Máis Grande de todos Nuria: O Maimiño Ilustracións: Rosana Rodiles
CANTAR DE CEGO
ROMANCE DA LAVANDEIRA
Era unha noite de lúa, era unha noite crara, eu pasaba polo río, de volta da muiñada.
Topei unha lavandeira, que lavaba ĂĄ par da iauga, ela lavaba no rĂo, i unha cantiga cantaba.
Moza que ves do muíño, moza que ves pola estrada, axúdame a retorcere, miña sábana lavada.
Santa María te axude,
Onde as sábanas tendera,
e San Lorenzo te vaia,
poza de sangue deixara,
desparece a lavandeira
era unha noite de lúa,
coma fumeira espallada.
era unha noite crara.
Ai, la, la, la...
Interpretado por Fábio do Rego Martínez, Paula Cobo Fernández, David Medín e a mestra Mª Feliciana Fresco Cobelo en dúas sesións: o 26 de maio e o 22 de xuño de 2010 Ilustracións ros.rod
RATO: Ratiña, ratiña, que fraquiña estás. RATA: Estou a dieta, non vou cear. RATO: Ratiña, ratiña, que hai para roer? RATA: Estou a dieta, non vou comer. RATO: Ratiña, ratiña, é que teño moita fame. RATA: Aí tes a ola, cociña ti. Eu teño présa, que vou saír. ( Vaise ) RATO: Pois teño gana de caldo, a ver que atopo por aí… RATO:
Un repolo… CORO: Adentro! RATO: Un pemento… CORO: Adentro! RATO: Un calcetín vermello… CORO: Adentro! RATO: Unha pataca… CORO: Adentro! RATO: E agora… Remexo, remexo, remexo. Como arrecende este caldo! Que ben ole! Non me teño xa co afame, probarei un pouquichiño…Ai! ( O rato cae na ola )
CORO: ( cantando ) Ratiño Pérez caeu na ola por unha casca dunha cebola. ( Bis ). RATA: Ratiño! Ratiño! Xa estou de volta. Onde está o meu maridiño? CORO: Ratiño Pérez Caeu na ola… RATA: Como arrecende este caldo! Que marabilla de aroma! Vou probar un bocado. Mellor non. Ten tanto colesterol! Tomarei un gran de millo. ( Toma un prato preparado. Mira o menú. Dálle voltas. Non se decide a comer… Á fin, vai tirando cada un dos ingredientes…) Fóra coa dieta de millo. Fóra cenorias. Fóra queixiño de Burgos. Viva o caldiño de unto! ( Sérvese da ola ) Ai que caldo, meu señor, Pois si que está sabedor. Pero…que hai no fondo do prato?
É a gravata do meu rato! … Ai, que comín o meu marido! Ai, que comín o meu esposo! Ai, meu homiño saboroso! CORO: Ratiña chora, ratiña chora, porque o Ratiño caeu na ola ( Bis )
Gloria Sánchez .
Ficha técnica: Autora: Gloria Sánchez Ilustradora: Marta Martínez Menéndez ( Alumna de 4º E. Primaria ) Personaxes: Rato: Ernesto Casero Jara. Rata: Michelle Fernández Abelleira. Coro: nenos e nenas de 3º e 4º de E. Primaria. Dirección: Lola Carpente e Feli Fresco
Intérpretes: O Rapaciño: Alejandro Mouriz Gorgozo O Pencas: Daniel do Rego Martínez Tremoia: Alberto Saavedra Pérez Luísa do Rego Martínez Paula Lorenzo Rodríguez Laura Sanjurjo López. Diálogo baseado no conto de Xoán Farias, “Galego. Á beira do mar”. Escrito por Rosana Rodiles. Estrea o día 2 de abril de 2011, Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil, na Biblioteca Xoán Farias, en homenaxe a este autor.
ÚNICO ACTO O Rapaciño e o seu neto, O Pencas, atópanse pescando na súa buceta. Mentres, o mar é acariñado suavemente polo ar. RAPACIÑO: Ai! Xa había moito tempo que non estabamos xuntos aquí. PENCAS: Avó, non cres que xa son maior? Hoxe poderías ensinarme a cebar un anzol.
RAPACIÑO: Claro, home! Mira, fai así. (O avó explícalle ao neno como pode cebalo) Ti si que vas ser un gran pescador coma min. PENCAS: Avó, dime: Ti que es tan vello, como é que te chaman O Rapaciño? RAPACIÑO: Ai, meu rei! Tantos anos teño, tantos, tantos, tantos que xa nin recordan o meu nome. Gústame O Rapaciño, faime recordar que eu tamén fun un neno coma ti. PENCAS: Avó, ti sabes quen foi o mouro Almanzor? E ti te sabes a táboa do catro? Mira, mira, (cántaa) catro por unha, catro; catro por dúas, oito; catro por tres, doce… Liro, laliro, liro, liro, laliro, laaaa….. RAPACIÑO: (Ri) Si, home, si! As táboas…! Ti atende, a ver se pica algunha robaliza. Mmmm, mañá vai chover…
PENCAS: E logo, avó? RAPACIÑO: “Ceo empedrado, chan mollado”. Iso non o sabías, eh? PENCAS: (Nega coa cabeza) Avó, gústame pescar contigo, gústame que me ensines cousas, como o outro día cando me contactes que tivese coidado cos cans cando non moven o rabo. A que si? RAPACIÑO: Claro que si! O mar tamén che ten os seus perigos. Vouche contar o que lle pasou a un amigo que tiven de mozo, o Silverio. Unha mala tarde picoulle un escarapote.
PENCAS: Teño oído que os escarapotes poden picar e son venenosos. A que si, avó? RAPACIÑO: Pois si, a el picoulle e non puido chegar á terra. Eu acórdome moito de el porque “Un amigo é un amigo”. PENCAS: Sabes que, avó? A mamá dálle medo que saias na buceta a pescar. Será por se che pasa algo, non?
RAPACIÑO: Si, x atemos peixe e peixes. Os nosos gatos van ter unha boa comilona. Haaa, haa, haaa! PENCAS: Ha, ha, ha! Si avó. Será mellor regresar. Mmmmm (mirando ao ceo) mañá vai chover. Xa sabes, non? “Ceo empedrado, chan mollado” (Rin os dous. Chocan as mans no aire e miran para o público) RAPACIÑO E PENCAS: Feliz día! Feliz 2 de abril, con agarimo para Xoán Farias!
NARRADOR: Un día nos montes de Pazos indo cara a Mandiá, un pequeño abeto choraba e choraba porque non era coma as demais árbores, que estaban cubertas de follas. PEQUENO ABETO: Eu só teño agullas! E os demais teñen lindas follas de ouro para darlles envexa! NARRADOR: Á mañá seguinte, cando espertou o pequeno abeto, estaba asombrado.
PEQUENO ABETO: Estou cheo de follas de ouro! Non teño espiñas! Agora si que son feliz! AS ÁRBORES: O PEQUENO ABETO É TODO DE OURO! NARRADOR: Uns ladróns que pasaban por alí oíron e pensaron…
LADRÓNS: Un abeto de ouro! Venderemos as follas e farémonos ricos. Collédeas! NARRADOR: Ao día seguinte, cando o pobre abeto espertou e viu que non tiña follas, comezou a chorar.
PEQUENO ABETO: Non quero máis ouro. Se tivese as follas de cristal, brillarían co sol. NARRADOR: Á mañá seguinte… AS ÁRBORES: O PEQUENO ABETO É DE CRISTAL! NARRADOR: Pero un forte vento tirou todas as follas e romperon en mil pedazos… O pequeño abeto comezou a chorar de novo ao verse sen follas outra vez. AS ÁRBORES: O pequeno abeto é coma nós!!! NARRADOR: Pero unha cabra cos seus cabritiños que saíran pasear… MAMÁ CABRA: Vide, filliños, comede esas follas tan apetitosas.
NARRADOR: E por terceira vez, o abeto perdeu as súas follas e desexou ser como era antes. Ao día seguinte, o abeto volvía ter as súas agullas e foi feliz para sempre, pero cando chega o Nadal, adornamos a nosa árbore para contentar dalgún xeito ao pequeno abeto.
Obra de teatro representada no Festival de Nadal polos nenos e nenas do 1º ciclo baixo a dirección dos seus profes José Manuel López Blanco e Elena López Santana.
ÚNICO ACTO Anxo 1: Espertade estrelas, espertade! Anxo 2: Vai sendo hora que vos levantedes! Anxo 3: Arriba durmiñentas! ¡Señora lúa! Ten que vestirse xa! Non ve que o sol dorme?
(As estrelas espreguízanse e a lúa tamén, movendo os brazos cara aos lados, en cruz, etc)
Lúa: Hai moito rebumbio alá abaixo. Que estará a pasar? Estrela 1: Non sei por abaixo, pero por aquí os anxos non paran de voar de acá para alá. Lúa: Pois que circulen durante o día, que verán mellor. Por certo, estrelas, de alumar o camiño, nada de nada….
Estrela 2: Non se preocupe señora lúa, xa sabemos que temos que alumeala a vostede.
( As estrelas dirixen os seus brazos estirados cara a lúa e bátenos para que solten lóstregos dos fíos prateados) Lúa: Axudádeme. Voume poñer tan fermosa coma sempre.
( Dúas estrelas lévanlle un espello e a súa capa e póñenlla) ( Música: entra a Estrela de Nadal)
Todos: Oh! Que fermosura! Estrela 3. Hai moita xente na Terra que segue a súa ruta. Estrela 4: Parece un guía celeste! Estrela 5: Sospeito que imos ter problemas de ciumes coa Lúa.
Lúa: Que che parece? Que fai esa superestrela que non vén alumear a miña beleza?
Estrela de Nadal: Tranquila bela Lúa. Non te alporices. Son a Estrela do Nadal e teño que indicar o camino que leva a Belén. Esta noite todas tedes que ir alumear coa vosa luz. Lúa: Un momentiño, e que pinto eu en todo isto? Estrela do Nadal: Ti serás un espello xigante que reflectirá toda a nosa luz e brilará máis que nunca coa miña axuda. Lúa : Isto empeza a gustarme… Estrela 5: Por que non se pon o vestido de lúa chea? A ocasión meréceo.
(A lúa abre a capa e dá una volta sobre si mesma) Estrela 6: Que vos parece se celebramos una festa antes de ir a Belén? Todos: Estupendo! Lúa: Si, si…. encántanme as festas… aínda que non sexa na miña honra…! Todos a bailar.
FICHA * Personaxes Anxo 1: Yerai Suárez Conchado Anxo 2: Julio do Rego Martínez Anxo 3: Marisol Suárez Monteiro Estrelas: Joel Darriba Villasuso Joanna Salazar Monteiro Abraham Jiménez Conchado Borja Laplaña Crespo Outras estrelas: Adrián Jiménez Conchado e Alberto Lorenzo Iñíguez Estrela do Nadal: Lucía Bellón Martínez Lúa: Sabela Fernández González * * * *
Grupo: 2º de Ed. Primaria Texto: Guía do profesorado de Música de 1º. Editorial Galinova. Dirección: Ana Trastoy Cuba Estrea no Festival de Nadal do CEIP de Pazos, decembro de 2012.
PRIMEIRO ACTO NAI: Boa noite, Xoel! Ata mañá. XOEL: Mamá, por favor, leme un conto antes de irte! NAI: Pero se debes estar moi canso, fillo! Mañá, durante a viaxe, lereiche todos os contos que queiras. Agora será mellor que durmas e que descanses. XOEL: Non estou canso, mamá, de verdade. Veña, leme soamente un, “porfa”!
NAI: Ben, de acordo. Que conto queres que che lea? XOEL: O do pirata Trono de Mar! NAI: O do pirata Trono de Mar? Pero se entre papá e eu xa cho debemos de ler mil veces! XOEL: Sí, xa o sei. Pero é que me encanta! Veña, lemo outra vez por favor.
NAI: Como queiras. Había unha vez un pirata que se chamaba Trono de Mar que era moi Valente. Un día chegou a unha illa e decidiu buscar un tesouro…. Ves como si que estabas canso, fillo? Boa noite!
TRONO DE MAR: Ei, ti, neno, esperta! XOEL: Que? Que pasa? Quen berra? TRONO DE MAR: Esta si que che é boa! Non me recoñeces? Fasme traballar todos os días e agora non sabes quen son? Que pouca vergoña! XOEL: Trono? Trono de Mar? TRONO DE MAR: Si, son eu: Trono de Mar. XOEL: Pero por que estás tan enfadado comigo? Que che fixen eu? Se es a persoaxe de conto que máis me gusta!
TRONO DE MAR: Por iso. Ti imaxina que todos os días che obrigasen a pasar horas e horas debuxando o mesmo. Que cres que che pasaría ao final?
XOEL: Que o aborrecería. TRONO DE MAR: Pois iso é o que me pasa a min. Todas as noites fasme vivir a mesma historia e estou aburrido da miña vida. Necesito unhas vacacións. XOEL: Síntoo moito, Trono de Mar. Eu non sabía que podía pasar todo isto por lerte tanto pero é que os outros contos que teño non me gustan! MAGO: Como podes dicir que non che gustan se non os liches?
PRINCESA: Se nin tan sequera te molestaches a follear as nosas historias. XOEL: Pero…, pero é que a min os contos que me gustan son os de aventuras, coma o de Trono de Mar… BRUXA: E quen che dixo que nos nosos contos non hai aventuras? Se nos les algunha vez, ao mellor levarías unha sorpresa… TRONO DE MAR: Teñen razón. Eu coñezo as súas historias e son divertidísimas. Se te decidises a lelas, eu podería ir de vacacións que boa falla me fan… MAGO, PRINCESA E BRUXA: E nós divertirnos un pouco revivindo as
nosas
historias,
que
xa
hai
moito
tempo
que
non
o
facemos!
XOEL: Ben, de acordo. Mañá na viaxe levarei os vosos contos pero se non me gustan despois non me obriguedes a volvelas a ler nunca máis. MAGO: Prometemos. Pero ti prométenos que non nos deixarás abandonados no andel e punto.
XOEL: E que queredes que faga con v贸s? BRUXA: Pois que nos regales a outros nenos e nenas ou que nos deixes nalgunha biblioteca.
XOEL: Par茅ceme unha boa idea. Se non me gustan dareinos para a biblioteca da escola. E agora, se non vos importa, seguirei durmindo. Boa noite! TODOS: Boa noite!
TRONO DE MAR: Por fin unhas vacaci贸ns! Non o podo crer!
SEGUNDO ACTO PAI: Bo día, Xoel! Estás preparado para marchar de viaxe? XOEL: Estou, estou! PAI: Pois veña de présa. Vístete, almorza, que marchamos axiña. NAI: Ás súas ordes! PAI: Por certo, Xoel, queres levar algún conto para a viaxe? XOEL: Sí, papá: todos menos o do pirata Trono de Mar. Decidín darlle uns cantos días de vacacións! PAI: Pois ben seguro que cho vai agradecer… Coa chea de veces que nolo fixeches ler desde que cho regalaron!
FICHA * Personaxes: Xoel: Kelly Obas Osagie López Nai: Alejandra Casero Jara Trono de Mar: Iker Fernández Abelleira Mago: Irene Fraguela Trastoy Princesa: Sofía Sanjurjo López Bruxa: Elia Somaza Nieto Outros personaxes de conto: Andrea Salazar Conchado, Shakira Salazar Monteiro, Juan David Salazar Monteiro e Kevin Fernández Villasuso Pai: Anxo Grandal Lama
* Grupo: 1º de Ed. Primaria * Adaptación de “Por fin, vacacións”, de “A nave dos libros”, libro de lecturas de 1º nivel de Primaria, Ed. Santillana, e dirección a cargo de María del Mar Otero Romay. * Estrea o 30 de marzo de 2012, na Biblioteca Xoán Farias. * Segunda posta en escea, o 22 de xuño de 2012, no Festival de Fin de Curso do CEIP de Pazos.
Cinco nenos xúntanse a merendar para despedir o curso na casa de David. DAVID: (Mirando ás súas compañeiras) ¡Ola, chicas! ¡Que ben que viñésedes merendar! MIRIAM: ¡Jo! É que había que celebrar o fin de curso dalgunha forma. ¡Que acabamos primariaaaaa!
PAULA C: ¡Mmmmmm! (Facendo o xesto coa man na barriga) A min paréceme unha boa idea isto da merenda. ALBA: ¿Unha merendaaaa? Pero ¿non viñamos estudar matemáticas? CAROL: Si, home! Ti estás de broma; mates a estas alturas. ¡O que nos faltaba! DAVID: Carol ten razón, agora é o momento de divertirse. ¿Qué vos parece contar uns chistes? ¡Premio para o mellor! AS NENAS: Siiii!!, ¿quen empeza? PAULA C: Eu, eu. Seime un moi chuli… Mira: esta era unha muller tan baixiña, tan baixiña, tan baixiña que foi ao Concello a protestar porque non poñían ascensores nas beirarrúas. HAAAAAAAA!!! HAAAA!!
CAROL: Ah, pois mira este, mira este: Pois era un home tan alto, tan alto, tan alto que tropezou o domingo e caeu o xoves. Haaaaaaa!! Haaaa!! MIRIAM: Estivo moi bo, Carol. Haaa! Mira o meu: é un amigo que vai á casa do outro amigo e ve un letreiro que di: “COIDADO CO CAN”. Entón o neno entra no xardín e ve un caniche anano, anano, anano de todo. E dille ao seu amigo: ¿Pero para que pos o cartel se o teu can é máis pequeño ca unha pelota de ping-pong. ¡Ai, xa! Pero é que ti non sabes a de veces que mo pisaron. HAAAAA!!! HAAAA!! HAAAAA!! ALBA: Pois este era duns excursionistas que van nun cruceiro. De súpeto cae á auga un inglés, e empeza a berrar: ¡Help!, ¡help! Daquela asómase pola borda un madrileño, e dille: ¡Oíches! Eu gel non teño, pero se queres bótoche champú!! DAVID: Dille a profe a un neno: ¡A ver, Lucas! ¿Por qué chegas tarde? E o neno contéstalle: É que soñei que me ía de viaxe e estaba no aeroporto. Ah…, xa, xa!! E logo dille a Jaimito: ¿E ti? ¿Pódese saber por que chegas tarde ti? Ah!-contéstalle Jaimito- É que eu funo buscar ao aeroporto. HUAAAAASSSSS!! HAAAS!!! (Todos rin a gargalladas) DAVID: Bueno, xa está ben, ¿non? Veña, agora merendamos, que eu teño unha fameeeee… TODOS: Si, que temos moita fame, imos, imos! DAVID: Pois veña, picade, que tedes patacas na mesa.
(Durante a merenda falan de cousas insustanciais e improvisadas) PAULA C: ¡Ah! Que rico estaba todo.
DAVID: Vale pero esgotóusenos o tempo e a comida. CAROL: Máis vale facerlle ao público unha demostración de ritmo.
(Demostración de ritmo. Soa a música e as nenas e o neno bailan ao son: “A máquina de escribir”) ALBA: Eh! Que xa vale, que Carol non se refería a isto. MIRIAM: Claro que non, o que queremos ensinarvos e isto. A ver se nos sae.
(Desfanse as parellas e colócanse de xeonllos detrás das mesas para finalizar facendo o ritmo coas mans)
FICHA
* Personaxes: DIANTE Alba Rama Carneiro Miriam Salazar Monteiro David Medín Veiga Carol Maceiras Santiago Paula Cobo Menéndez
DETRÁS Andrea Aneiros Sabín Luísa do Rego Martínez Fábio do Rego Martínez Paula Lorenzo Rodríguez Profe Rosana Rodiles Lamas
* Grupo: 6º de Ed. Primaria * Texto creado polos propios alumnos e alumnas que representaron a obra. * Música: “A máquina de escribir”, de Leroy Anderson. * Dirección: Rosana Rodiles Lamas * Posta en escea o 22 de xuño de 2012, no Festival de Fin de Curso do CEIP de Pazos.
Alba e Andrea
Carol e Paula
David E Fábio
Paula c. E Rosana
Miriam E Luísa
INTRODUCIÓN
Chegou o Nadal e, como ocorre en todos os fogares do mundo, había que adornar a árbore. Esta tarefa foille encomendada a unha malvada bruxa, inimiga de todo o que arrodea ao Nadal: a amizade, a ledicia, a paz, a solidariedade, etc. ¡Que traballo máis molesto para unha bruxa! Coa pouca ilusión e ningún interese, tentou cumprir a súa misión. Organizou un tremendo lío e unha grande confusión, pois non estaba disposta a colaborar para conseguir un Nadal normal. Enfeitizou adornos, inmovilizounos, en fin, tentou por todos os medios deixar a árbore sen adornar. Pero o seu plan non saíu ben, a amizade, a responsabilidade e o espírito do Nadal conseguiron vencer todas as artimañas da malvada bruxa, permitindo así que se puidese respirar o <<Nadal>>.
PERSONAXES
Bruxa/o: personaxe malvado, de carácter acedo, malhumorado. Campaíñas: Ledas, laretas. Estrelas: vaidosas, coquetas. Boliñas: Tranquilas, moi lentas nos seus movementos. Papá Noel: Rebuldeiro, inquedo. Agasallos: Elegantes, orgullosos, aínda que un pouco mexericas. Anxo: Nervioso, pero á vez doce e solidario.
ATREZZO
Vasoira Caixas de varios tamaños e cores. Libro moi grande e con aspecto usado e vello (Enfeiticionario). Pos de talco ou purpurina.
Randeeira antiga. Pluma de ave. Osiño de peluche. “Confeti”. Bengalas.
PRIMEIRO ACTO
(Ábrese o telón. No escenario aparece unha árbore de Nadal sen adornar e a bruxa dando voltas, nerviosa e malhumorada.) BRUXA: (Con desprecio e rabia) ¡Un petardo! ¡Iso é o que eu lle poñería ao Nadal! ¡Un petardo! ¡Ola amiguiños! Xa está aquí o Nadal e este ano ordenáronme a min os Reis Magos que adorne a árbore. ¡A MIIIN, QUE NON ME GUSTA O NADAL! ¡PUAFF! ¡ISTO É INCRIBLE! Bueno, empezarei canto antes para poder irme cedo a durmir. ¿Con que poderei adornala? ¡A ver, a ver! Vou mirar por aquí.
(Mentres a bruxa busca por todo o escenario, baixa a música e aparecen as campaíñas con pandeiretas e axóuxeres cantando a panxoliña “Campá sobre campá”, ledas e laretas.)
BRUXA: (Diríxese ao público, frotándose as mans.) ¡Pero que vexo! Estas campaíñas son perfectas para a árbore. Serán as primeiras que atraparei. CAMPAÍÑAS: (Ruidosas, inquedas e saltaricas.) Tilín, tilín, tiliñas somos as campaíñas. Tilín, tilín, tiliñas, as máis ledas, as máis bonitas. BRUXA: ¡UI! ¡Pero que escandalosas! A estas cáloas eu antes de que tusas.
(Achégase ás campaíñas e enfeitízaas, movendo á vez as mans.)
BRUXA: ¡Pum, cata pum, chim pum! ¡Caladiñas sen dicir nin Muu! ¡Moitísimo mellor así! (Irónicamente.) E agora seguirei buscando adorniños para a árbore. (Ao público) ¿Algunha suxestión? ¡Non! Xa mo temía eu.
(As campaíñas quedan inmóbiles no escenario, e a bruxa segue a buscar adornos para a árbore entre as caixas. Aparecen as estrelas bailando con bengalas acesas.) ESTRELAS: (Marabillándose por todo, extasiadas.) ¡Que bonito é o Nadal! ¡Que preciosa árbore! ¡Que bruxiña máis bonita! ¡Que nenos e nenas tan guapos! ¡Que divina luz levamos! BRUXA: (Alónxase das estrelas e diríxese ao público.) Pero… ¿Que lles pasa a estas? ¿Están aleladas ou que? Mellor para min porque así xa terei outro adorno para a árbore. Ha, ha, ha (dirixíndose ás estrelas), pois xa que estades tan felices e contentas, ¿poderiádesme axudar a adornar a árbore? ESTRELAS: ¿E que teriamos que facer? BRUXA: Só colgárdesvos nela. ESTRELAS: ¡Vaia! , sentímolo moito, pero nós esta noite temos que bailar a carón da lúa. BRUXA: ¿Bailar a carón da lúa? Diso nin falar, que me cegan. A estas apágoas eu nun plis plas.
(Achégase ás estrelas e enfeitízaas)
BRUXA: ¡Pum, cata pum, chim pun! ¡Fundidas e apagadiñas, Quediñas e sen luz!
(As estrelas quedan inmóbiles.)
¡UFFF! Por fin, escuridade outra vez, bueno, eu ao meu, seguirei buscando adornos.
(A bruxa segue a buscar máis adornos. Aparece un anxo tocando a guitarra e bailando.) ANXO: ¡Que ledicia, que contento! ¡O Nadal levo moi dentro! BRUXA: (Sinalando ao anxo.) ¡Xa teño outro! (Dirixíndose a el.) ¡Ven aquí, pillabán! ¿Qué facías ti por alí? ¡Veña e súbete á árbore que non temos todo o día!
ANXO: ¿Á árbore? Que se suba Tarzán e a mona Chita que eu marcho cantando para avisar a todo o mundo que chegou o Nadal. (Ponse a bailar e a cantar.)
(O anxo móvese por todo o escenario e baixa entre o público repartindo tarxetiñas anunciando o Nadal. A bruxa ségueo coa mirada.)
BRUXA: ¡Para aí! Voute enfeitizar e así non te marcharás. ¡Pum, cata pum, chim pin! ¡Unha estatua parecerás ti! Ha, ha, ha, xa teño outro adorno, xa teño outro, baixarei a por el. Espero que non pese moito, parece que está algo gordecho.
(A bruxa baixa do escenario, colle o anxo e súbeo para colocalo cos outros adornos. Mentres, aparecen no escenario tres boliñas bailando ao ritmo da “Conga de Jaruco”.) BRUXA: (Despois de colocar o anxo.) ¡Ha, ha, ha! ¡Que ben! Vexo que tamén teño boliñas e ademais, moi bonitas.
BOLIÑAS: (Dirixíndose ao centro do escenario, cantan
e fan unha coreografía coa música do coro de “El baile del gorila” ou “Los conguitos”.) Somos as boliñas. Somos as boliñas. As mans cara arriba As mans cara abaixo ¡E coma as boliñas.
Clin clin clin, vimos para adornar esta preciosa árbore que lle chaman do Nadal. BRUXA: (Enfadada) ¡Vaia balbordo! Pero… ¿Que facedes aínda aquí? ¡Deberiades estar xa colgadiñas na árbore! ¡VEÑA, VEÑA, QUE HAI PRÉSA! (Tenta levalas cara á
árbore pero as boliñas móvense por todo o escenario rodando de xeito arteiro) BOLIÑAS: (Xogando.) ¡Lévala ti! ¿A que non me pillas? Ha, ha, ha.
BRUXA: (Cansa e enfadada.) Terei que enfeitizalas tamén, ¡Que día levo! ¡Que día! E dicían que adornar unha arboriña sería doado e divertido. ¡VAIA RISA! HA, HA, HA. Aí vai este feitizo: ¡Pum cata pum chim pin! ¡Boliña de pedra serás ti! (Sinalándoas) E… ti, e… ti. Ufffffffffffffffffffffffffffffffffffff. (Acenos de cansanzo) PAPA NOEL: ¡HO, HO, HOOO! Que bonitos adornos de Nadal, que ledicia, que felicidade. (Cantando.) OH, NADAL, OH, NADAL, OH DOCE NADAL. (Métese unha man no traxe, saca varias cartas e diríxese aos agasallos.) A ti voute levar á casa de María que quería unha bonequiña, a ti… á casa de Antón que se portou moi ben e pediume un robot, e a ti… ¡Xa mo pensarei! AGASALLO 1: (Choromiqueando.) ¡Non me gusta ir con María, é moi mandona! ¡E tirarame dos pelos! AGASALLO 2: (Decidido) ¡Eu non quero! A min Antón destrozarame enteiro. AGASALLO 3: (Suplicante) E a min, e a min, ¿onde me vas mandar? BRUXA: (Sae enfadada de detrás da árbore.) ¡Esta lea desleoa eu agora mesmo! ¡Pum cata pum chim peu! ¡Acabouse a discusión, iredes onde diga eu!
(A bruxa enfeitízaos e quedan inmóbiles.)
SEGUNDO ACTO
BRUXA: (Dirixíndose ao público, con desprezo.) ¡Veña, xa estamos todos! Vou desencantar os adornos e formarei, por fin, a arboriña.
(Con voz tenebrosa achégase aos adornos e empeza a desencantalos.)
BRUXA: “Cando as miñas palabras escoitedes, Á árbore vos subiredes” Pam, cata pam, chim pam! Rápidos e sen repenicar, Na árbore xa tedes que estar!
(Todos os adornos corren, peléxanse, bailan, agóchanse… Mentres, a bruxa observa muda de asombro.) ESTRELA:
(Discutindo campá.)
coa
¡O pico da árbore é meu! CAMPÁ: ¿Díxenche que non, que é meu! ANXO:
separalas)
(Tentando
¡Veña, veña, estade quedas! NI PA TI, NIN PA MIN, PÓÑOME EU E SOLUCIONADO. AGASALLOS:
(Berrando desde a árbore) ¡Eeeeh, estamos aquííí…!
BOLIÑAS: (Con voz grave e pausada.) ¡Quitáronnos o sitio! ¡Quitáronnos o sitio! ¡Iso non vale!
(Todos os adornos diríxense cara á árbore, pelexando por colocárense no mellor sitio. A bruxa veos discutindo e pelexando, alédase diso e pensa no que vai facer.)
BRUXA: ¡Que balbordo, que boureo! ¿Quen dixo que no Nadal todos se queren? ¿Quen o dixo, eh? Pois eu non penso solucionar este labirinto. Pero isto ten que acabar, non o aturo máis. E, ¿como poido poñer fin a esta lea? (Ponse a pensar co dedo na meixela.) ¡Ah, xa o teño! ¿Onde deixaría eu o meu Enfeiticionario?
(Busca no escenario, levanta trastes, ata que atopa un libro cheo de po. Sacódeo e tuse polo po. Ábreo e le entre dentes, pasando as follas.)
BRUXA: ¡Aquí está! A ver… “Feitizo permanente do bruxiño WANAMU para adornos de Nadal revoltosos” (Leo amodo e marcando as palabras.)
¡He, he, he! Con este feitizo, nunca máis vivirán o Nadal.
(Fala dirixíndose ao público; despois diríxese aos adornos de forma enérxica.) “O vello bruxo WANAMU, Co seu sombreiro máxico. Sentado está. Pensando está. Nunha maxia sen igual. ¡ABRACADABRA WANAMU! Que a estes adornos lles dea un patatús.”
(Todos caen mareados ao chan excepto Papá Noel e o anxo que, despois de movérense desorientados polo escenario, agóchanse detrás da árbore.) BRUXA: Estes adornos agotáronme. Vou descansar un pouco.
(A bruxa senta nunha randeeira bocexando, e queda durmida profundamente co Enfeiticionario entre as súas mans; de cando en vez, ronca. Papá Noel e o anxo saen do seu agocho e miran abraiados polo escenario.)
TERCEIRO ACTO PAPA NOEL: ¿Que pasou aquí? ANXO: ¿Que facedes vos tirados polo chan? PAPÁ NOEL: ¡Anda, se está aí a bruxa! ANXO: ¡Claro, ela encantou aos nosos amigos!
PAPÁ NOEL: ¡Chist! (Achéganse o un ao outro.) Temos que lles axudar, pero ¿como?
(Dá un toque ao anxo.) Veña, pensa.
(Ámbolos dous achéganse á bruxa, mírana, dan voltas arredor dela e decátanse do Enfeiticionario, sinálano e indícanllo ao público. Tentan quitarllo pero non poden. O anxo quita unha pluma da á e fanlle cóxegas á bruxa, que se move ríndose e murmurando. Papá Noel quítalle o Enfeiticionario e cámbiallo por un osiño de peluche.) ANXO: ¡Aí ten que estar a solución! PAPÁ NOEL: ¡Imos alí, a aquel recuncho, e buscarémola!
(Vanse a un recanto do escenario e mentres, a bruxa esperta, espreguízase e dase conta abraiada de que lle falta o Enfeiticionario.) BRUXA: ¡O meu libro, o meu libro! ¿Onde está? ¿Quen mo quitou? (Vaise
enfurecendo pouco pouco.) Vouno buscar.
a
(Soa a música “Cucarachas” de Celtas Cortos, e a bruxa comeza a buscar o libro por todo o escenario ata que sae da escena. Aparecen Papá Noel e o anxo.) ANXO: Xa atopamos a solución. Para que os nosos amigos esperten, temos que enfeitizar á bruxa. PAPÁ NOEL: (Dirixíndose ao público.) ¿Querédesnos axudar? Cando apareza a bruxa, tedes que estar caladiños e non dicirlle onde estamos. ANXO: Agora, todos caladiños. ¿Vale? (Aparece a bruxa.) BRUXA: (Coas mans apoiadas na parte baixa do lombo.) ¡Ai! Non atopei o meu libro e subín e baixei mil escaleiras. ¡Uf, que cansa estou! Sentarei un pedazo.
(Senta na randeeira. Aparecen por detrás o anxo e Papá Noel co Enfeiticionario, dispostos a ler o feitizo.)
BRUXA: ¡Que a gustiño estou! (Érguese violentamente.) Pero, ¿escoitastes algo?
(O anxo e Papá Noel fan acenos ao público para que diga que non.)
BRUXA: ¿Seguro que non? Voume erguer para ver o que está a pasar.
(Papá Noel e o anxo seguen facendo acenos para que o público diga que non. Agóchanse rápidamente detrás da árbore e a bruxa búscaos.) BRUXA: Vin moverse algo, ¿por onde se foron? ¿Por alí?
(Papá Noel e o anxo van movéndose cara a outro sitio.) BRUXA: ¿Por alí?
(Volven a cambiarse de sitio.) BRUXA: Entón, ¿por alí? (Agora pregunta mirando ao público e segue buscando.) Eu teño bo oído e sei que oín algo. (Marcando cada palabra.)
(Papá Noel e o anxo por detrás bótanlle “confeti” e din ao tempo as palabras máxicas do feitizo.) PAPA NOEL E O ANXO: O vello bruxo WANAMU co seu sombreiro máxico. Sentado está. Pensando está. Nunha maxia sen igual.
¡ABRACADABRA WANAMU! ¡ABRACADABRA WANAMI! ¡DESTE NADAL GOZARÁS TI!
(A bruxa móvese bruscamente, maréase, dá voltas… e cando remata diríxese cara a Papá Noel e o anxo.) BRUXA: Pero… ¿Que estades a facer aquí tan quediños? ¿Non vedes que é Nadal e temos a árbore sen adornar? Hai que darse présa para que os nenos poidan gozar dela. ¡A traballar! PAPÁ NOEL E O ANXO: ¡Que comece por fin o Nadal!
(Os adornos érguense ledos e vanse colocando cada un no seu lugar correspondente. Unha vez adornada a árbore, todos xuntos cantan unha panxoliña.)
”POEMAS AO TELÉFONO” XOVES NO RECREO NA BIBLIOTECA
“Eu conto, ti cantas” Mª Victoria Moreno
“Quen son?” Alicia Borrás
Eu, cando sexa grande, serei bombeiro, acaso policía, ou quizás médico.
Estou feito de madeira, pero Pinocho non son. Tampouco son carboeiro Inda que levo carbón.
Son bos oficios: gáñase o pan velando polos vecinos.
Podería ser un pau pois son longo e estreitiño; e cando traballo arreo, vólvome moi pequeniño.
Cunha presa de letras e un aloumiño vouche contar un conto coma un sorriso. Un conto ledo coma os ollos dun can e a voz dun neno. Pedín café con leite á camareira e tróuxome unha cunca chea de letras. E unha culler por se me viña antollo de remexer.
Ás veces mordes en min por máis que somos amigos… Dareiche a última pista: debuxo, pinto e escribo. Traballo na túa boca, coñezo ben os teus dentes e devezo por miralos moi limpos e relucentes. Debaixo das almofadas é onde me sinto feliz, deixo un tesouro en moedas e collo outro de marfil.
Biblio Xoán Farias POEMAS AO TELÉFONO
“Lueiro de papel” Antonio García Teijeiro
“Rimas con letra” Gloria Sánchez
Lúa, lueira, rosa do ceo, toco o teu corpo ¡canto te quero!
Uú-Uú Un moucho vai en autobús.
Vexo unha lúa que é amarela e ninguén quere xogar con ela. Vexo outra lúa chea de verde e todos din que nunca perde.
Din-don, din-dan badaladas, ¿Qué dirán? Ris-ras, Ris-ras. Os ratiños pequeniños roen-roen rillan-rillan sen parar. Ris-ras. Namorar namorareime, heime namorar do mar que me bica no pé e n aman: muá-muá-muá.
O alumnado do 3º ciclo do CEIP de Pazos presenta na Biblioteca Xoán Farias: “Rata Linda de Compostela”, de Bernardino Graña
Aló, no monte do Gozo había un pazo cun pozo. Do pazo un Rato marchara e polo estranxeiro andaba. E polo pozo corría unha Rata linda e fina.
Á noite, orgulloso e gordo, pasou Don Gato cun bolso. Desde ese bolso, sen velo caeulle a Don Gato un peso.
Na mañá, saíndo o sol, a Rata o peso atopou. -¡Un peso! ¡Atopei un peso! ¡Irei loguiño ao comercio! Ao comercio foi comprar unha prenda de adornar.
Coa prenda, que era un lazo, entrou correndo no pazo. No pazo foi a un espello e puxo o lazo no pelo. No pelo ben lle sentou, e ao verse guapa cantou: “¡Que bonitiña estou! E foi sentar ao balcón.
Desde o balcón viu chegar o Can pasando contento, dando ao rabo movemento e dicindo así:”Ai, Rata, co lazo pareces guapa. ¿Queres comigo casar?
Rata Linda dille ao Can: “¿E de noite que farás?” E di o Can: “Guau-guau, guau-guau!” “¡Ai, non, que me asustarás! Así non quero casar”.
Despois viu chegar o Burro, grandote, coas catro patas, traca-traca, traca-traca, e dicindo así: “Ai, Rata co lazo pareces guapa. ¿Queres comigo casar?”.
Rata Linda dille ao Burro: “¿E de noite que farás?” E di o Burro: “Ihá-ihá!” “¡Ai, non que me asustarás! Así non quero casar.
Despois viu chegar o Grilo, a brincos co corpo fino, e dicindo así: “Ai, rata, co lazo pareces guapa. ¿Queres comigo casar?”.
Rata Linda dille ao Grilo: “¿E de noite que farás?” E di o Grilo: “Cri-cri-cri”. “¡Ai, non que me asustarás! Así non quero casar”.
E despois chegou o Gato, gordote como un pipote, orgulloso, intereseiro, e dicindo así:”Ai, Rata, co lazo pareces guapa. ¿Queres comigo casar?”.
Quen volveu foi o Ratiño antes no pazo veciño que andara polo estranxeiro como emigrante, solteiro, e en canto a viu co seu lazo botouse a darlle un abrazo.
Ela deixouse abrazar. E mentres, el fala: “¡Ai, Rata, co lazo ou sen lazo es guapa! ¿Queres comigo casar?”. Rata Linda dixo:”¡Claro! E agora mesmo marchamos os dous xuntos a un lugar”. “¿A que lugar?”. E di ela: “Santiago de Compostela. Por mirar a Catedral”.
Biblioteca Xoรกn Farias CEIP de Pazos
O piollo e a pulga querían casar,
non tiñan panciño para comezar. Saiu a formiga do seu formigueiro: - Adiante coa voda, que eu son panadeiro. Lo tiro lo tiro lo tiroliroliro Lo tiro lo tiro lo tirolirolán (bailando ledos)
Ai, miña vidiña, panciño xa temos, fáltanos manteis ¿onde atoparemos? E saiu a araña da súa arañeira - Adiante coa voda que eu son tecedeira. Lo tiro lo tiro lo tiroliroliro Lo tiro lo tiro lo tirolirolán (bailando ledos) Ai, miña vidiña, manteis xa temos, fáltanos carniña ¿onde atoparemos? E saiu o lobo detrás dun outeiro - Adiante coa voda que eu son carniceiro Lo tiro lo tiro lo tiroliroliro Lo tiro lo tiro lo tirolirolán (bailando ledos)
Ai, miña vidiña, carniña xa temos, fáltanos ghaiteiro ¿onde atoparemos? E saiu o grilo do seu lameiro - Adiante coa voda que eu son o ghaiteiro. música de gaita (bailan ledos) Ai, miña vidiña, música xa temos, fáltanos madriña ¿onde atoparemos?
E saiu a rata da súa rateira. - Adiante coa voda que eu son a madriña! Lo tiro lo tiro lo tiroliroliro Lo tiro lo tiro lo tirolirolán (bailando ledos) Ai, miña vidiña, madriña xa temos,
fáltanos padriño ¿onde atoparemos? E saiu o rato da súa rateira - Se prenden ó gato, eu son o padriño
Lo tiro lo tiro lo tiroliroliro
Lo tiro lo tiro lo tirolirolán (bailando ledos) No medio da voda, con tanto ruído, despertou o gato.... e comeu ao padriño -Tragouno enteiro! Lo tiro lo tiro lo tiroliroliro Lo tiro lo tiro lo tirolirolán (chorando) Lo tiro lo tiro lo tiroliroliro Lo tiro lo tiro lo tirolirolán (bailando ledos)
FICHA TÉCNICA Dirección e adaptación de “O romance do piollo e a pulga”, a cargo de Rosa Grille Riazuelo. Curso: Infantil, 4 e 5 anos Elenco de actores e actrices:
o piollo: Hugo Blanco Fernández o A pulga: Icía Fraguela Trastoy o panadeiro: Asier Oliveira Pérez o A araña:Ainara Golpe Rodríguez o O lobo:Alejandro Bispo Santiago o O grilo: Hugo Blanco Fernández o A rata: Fusía Sefsafi Corbalán o rato: Dani Pérez Parga o O gato: Ezequiel Salazar Montoya
-Corre e non fales, compadre
Saíron os Reis de Oriente montados nos seus camelos, cargadiños de agasallos para dárllelos aos nenos. Cabalgaban polas noites baixo a luz dun gran luceiro, bocexando sobre as bestas, máis durmidos ca espertos. -Ai, Melchor, canto deserto! Non será que nos perdemos? -Cala, ho, non sexas gafe! Non ves a estrela no ceo?
Os camelos xa están cansos. Ai, como pesa o incenso! Buscan auga que beber, comezan a estar sedentos.
-replicoulle o máis pequeno-, que eu che tiña tanta sede que o vía xa todo negro. -Temos auga para un ano -relambíase o terceiro-,
E ao chegaren a Galicia,
fagamos aquí a festa,
resulta que está chovendo!
quedemos aquí cos nenos!
Morrían os tres de risa por non ver xa nada seco. -Canto río! Canta auga! -dixo o camelo primeiro-. Imos coller un catarro… Necesito un chuvasqueiro!
Toca Melchor unha gaita, Baltasar, un tamboril, e Gaspar, que non é músico, alumea cun candil. Cristina Montes Lingua 3º Anaya
FICHA TÉCNICA Dirección e adaptación de “Cantar de Reis”, a cargo de Isabel Piñeiro Rodríguez. Curso: 3º de Primaria Recitan: o TERCEIRO: Irene Fraguela Trastoy, Elia Somaza Nieto, Kelly-Obas Osagie López, Berto Lorenzo Iñíguez, Sofía Sanjurjo López, Anxo Grandal Lama, Iker Fernández Abelleira, Andrea Salazar Conchado e Alejandra Casero Jara. o CUARTO: Julio Francisco Do Rego Martínez e Yerai Suárez Conchado.
PRESENTACIÓN
O meu gato é un poeta
No teatriño, monicreque da avoa Saleta
e escribe porque lle peta.
sentada co Gato Poeta. Recita a avoa.
O meu gato é un poeta e escribe porque lle peta. ¡Miauuu…! Estes versos que recito hoxe escribiu o gato con moita alegría para celebrar na Biblioteca o Día do Teatro e a Poesía.
¡Miauuu…! Estes versos que hoxe recito veñen de moi lonxe para celebrar que a primavera entrou pola porta onte. O meu gato é un poeta e escribe porque lle peta. ¡Miauuu…!
POESÍA CURA: 1 As perrenchas e os enfados 2 Os nervios do estómago 3 As dores de cabeza 4 Os desenganos do amor 5 Os pés planos 6 Os grans da impaciencia 7 As parvadas máis ilustres 8 Case todas as indixestións
OS POEMAS VALEN: 1 para lelos normalmente 2 para lelos en paralelo 3 para recitalos desde un camelo 4 para tocalos e sobalos 5 para cheiralos 6 para gardalos nun armario 7 para ensucialos 8 para recortalos
9 Os ataques de ansiedade
9 para comelos (a bicos) ou cuspilos.
Elixe en función dos síntomas que teñas e le
E se estes usos che parecen poucos,
dous poemas tres veces ao día: co almorzo, xantar e cea.
volveremos, volveremos a empezar.
A POESÍA ABRE O APETITO PARA COMER: 1 unha sandía rectangular 2 unha vaca voadora 3 unha xirafa sen pescozo 4 un elefante con gravata 5 un baobab con anorexia 6 un dragón afónico 7 un planeta violeta 8 un semáforo en azul Elixe os pratos que máis che apetezan e fai o teu menú para hoxe. Exemplo: 2 3 4 7 O meu gato é un poeta. Fran Alonso. Sopa de libros. Xerais
ACTUACIÓNS: 1º e 2º: “Os porquiños glotóns”. Teatro musical. Adaptación. Inf. 3 anos: “Lúa”. Recitado de poesía. Antonio Rubio. Kalandraka. Infantil 4 e 5 anos: “Crocodilo”. Recitado de poesía. Antonio Rubio. Kalandraka. 5º e 6º: “Poesía por un tubo”. Recitado de poemas de Fran Alonso e Antonio García Teijeiro. Xerais. 3º: “Romance do misterio da sopa”. Dramatización do poema. “Historias e algún percance todas ditas en
romance”, de Antón Cortizas. Xerais. 4º: “Poemas con monicreques”. Recitado de escolma de poemas. Varios autores.
Presentación
( Efectos sonoros da orquestra) Narrador describe a paisaxe ( Dous paxaros achéganse ao centro da escena facendo soar os crótalos) PAXARIÑO 1.- ¡Está chegando a primavera! PAXARIÑO 2.- ¡Que ben, mira cantas flores! PAXARIÑO 1.- ¿Imos buscar froita? PAXARIÑO 2.- Si, veña vamos. PAXARIÑO 1.- ¿Cal é a túa froita preferida? PAXARIÑO 2.- A min gústanme todas PAXARIÑO 1.- Pero terás algunha preferida. PAXARIÑO 2.- Mmm... os pexegos. (Retíranse da escea facendo soar os crótalos)
Narrador (Entran dúas serpes facendo soar as maracas) SERPE 1.- ¡Como me gusta o sol! SERPE 2.- Necesitamos o sol para movernos con velocidade. SERPE 1.- Aiiii!!! eu quero tirarme aquí para descansar SERPE 2.- Boa idea tomemos o sol. SERPE 1.- Despois de descansar teremos que comer. SERPE 2.- ¿Que podemos comer? ¿Que che apetece? SERPE 1.- Eu nun rato... me comería un rato SERPE 2.- Nin rato nin rato, ¡ Imos xa!! ( retiranse serpenteando coas maracas) Narrador ( Entran un grilo e unha ra facendo soar unha campaña, o grilo; e un güiro, a ra) GRILO.- Isto é un barullo RA.- Tes toda a razón GRILO.- Empezo eu e despois ti. RA.- Moi ben cantémoslle ao sol. (Tocan alternando)
GRILO.- Podiamos ir cantar cos paxariños RA.- Pero os paxariños están buscando froita. GRILO.- Será mellor que os busquemos. RA.- Moi ben. Mira, mira!! Alí están!!! ( Retíranse tocando) Narrador ACTO 1 (Un espazo baleiro. Entra Lola e Juancho, que traen un recipiente de comida para animais, e o deixan no chan) JUANCHO.- ¡Fifí! Blanquita!!, ¿ónde estades? Aquí tedes a vosa comida. (Sae e deixa o recipiente). (Entran Fifí e Blanquita, uns gatos, achéganse ata a comida soando os cascabeis e comezan a comer con parsimonia) GLOTÓN.1- Miau. GLOTÓN. 2 Miau. FIFÍ.- Vaia, uns colegas. (Entran Glotóns, uns porquiños facendo soar as cunchas). GLOTÓNS.- Miau, miau. BLANQUITA.- Sodes raros para ser gatos. GLOTÓN 1.- Iso é porque fai tempo que non comemos nada. GLOTON 2- E temos moita fame… Miau.
FIFÍ.- Se comparto a miña comida contigo…. BLANQUITA.- Todos nos quedaremos con fame! GLOTÓNS.- Hai días que non comemos. Miau. FIFÍ.- De acordo. BLANQUITA.- Din que hai que ser xenerosos. (Glotóns achéganse ao plato e rematan coa comida bruscamente). GLOTÓN 1.- ¡Que pronto rematamos! Grazas, amigo gato. GLOTON 2 Non vos esqueceremos. Miau. (Marchan). FIFÍ.- Eu tampouco. FIFI E BLANQUITA.- ¡Menudos tragóns! (Saen da escena).
ACTO 2 (Entra Juancho e Lola con outro recipiente de comida . Déixano no chan e recollen o outro ). LOLA.- ¡Tobi! Lúa!!!, aquí esta a comida. (Entran rápido ata o prato facendo soar os pandeiros). TOBI.- Comida, comida; ¡oh! Comida, comida; ¡oh! LÚA.- Aaaaaahhhhhhh! Que fame! GLOTÓNS.- Guau, guau. TOBI.-Vaia, uns compadres.
LÚA.- Eu non os coñezo. GLOTÓN.- Guau, guau. TOBI. ¿Que clase de cans sodes? GLOTÓN1.- Son un can de lodos. GLOTON2- Eu tamén TOBI.- Coñecín a un can de auguas. LÚA,- Eu un can pastor GLOTÓN1.- Eu son un can de lodos. GLOTON2 Estráñaste de nós pola fame que pasamos. Guau. TOBI.- ¡Fame! Iso é malo, compadre. LÚA .- Moi, moi malo. GLOTÓN.1 - Si compartises a vosa comida cuns compadres… Guau. GLOTON 2 Iso, iso!! LÚA.- ¿Compartir, compartir? Moi ben, compadre. Non é bo pasar fame. (Os porquiños baleiranlle o prato). TOBI.- Que maneira de comer!!! GLOTÓN 1.- Saúdos, amigo can. GLOTÓN 2 Temos que seguir o noso camiño. Guau. (Marchan). TOBI.- No lles dixen nada, pobres; pero eran os cans máis feos que xamais coñecín.
ACTO 3 LISTO.- Adeus, porquiños.(Entra Listo, un coello facendo soar os crótalos). TOBI.-¿Por qué lles chamas porquiños? LISTO.- Porque son porquiños LÚA .- ¿Como? LISTO.- Non son cans, son porcos TOBI.- Pero díxome: ¡guau! LISTO.-Eu tamén podo dicir guau, e sigo sendo un coello. LÚA.- Pois eses porquiños enganáronme e comeron a miña comida FIFÍ.- (Que entra facendo soar o cascabel). - ¿De quen falades?
LISTO.(Que ríe). Non o vas a crer, pero a estes enganáronos e zampáronlles a comida. TOBI.- Con ese nariz chata, pareceume raro para ser can. BLANQUITA Non eran cans , eran gatos. LISTO.- (Que ríe de boa gana). ¿Non me digas que tamén comeron a túa comida? (Ríe). FIFÍ.- Dixeron que eran un pouco raros pola fame que pasaban. TOBI.- Son un can tonto. BLANQUITA.- E eu un tonto gato. LISTO.- Non vos preocupedes. Todo ten solución. Vinde conmigo.
ACTO 4 (Entra Juancho e Lola, con outro prato de comida, que deixan no chan e recollen o baleiro). JUANCHO. E LOLA- ¡Glotóns! ¡Glotóns! JUANCHO- Lola, estou xa canso de traballar. LOLA- É certo Juancho, bufffff... xa non podo máis. JUANCHO – Darán algo hoxe na tele? LOLA – O Luar do Gayoso JUANCHO- Vaite OH!!!! (Saen). GLOTÓNs.- ¡Comida, comilona! (Achéganse ao prato cantando mentres dan voltas ao seu redor). ¡Comida, comilona! TOBI E LÚA. ¡Oink, oink! FIFÍ. E BLANQUITA- ¡Oink oink! GLOTÓNS. ¿Eh? ( Caras de sorpresa ) GLOTÓNS .- Vós non sodes porcos.!!!!!!!!! (Os animais comen toda a comida dos porquiños) TOBI E LÚA. ¡Oink, oink! Grazas compadres!!!!!! FIFÍ. E BLANQUITA- ¡Oink oink! Grazas colegas!!! GLOTÓNS.- Isto non é xusto LISTO.- Vós comestes a súa comida e agora eles comeron a vosa
LISTO.-Xa o dicía o meu avó. GLOTONS- ¿E que dicía, que dicía? LISTO.- Que quen se cre máis listo que os demais, engánase primeiro a si mesmo. TOBI.- Pois o meu avó só dicía: guau. Dirección e adaptación de “Os porquiños glotóns”, a cargo do MESTRE DE MÚSICA: MATEO LÓPEZ ROBLES Curso: 1º ciclo de Primaria Elenco de actores e actrices:
FICHA TÉCNICA ORQUESTRA: CLAVES (chuvia): Gaia, Lía, Marta, Paula, Adrián e Daniel. METALÓFONOS (raiolas do sol e Arco da Vella): Gaia, Adrián e Marta; Dani, Paula e Lía. LÓSTREGO : Lía
o o o o o o o o o o o o o o o
PAXARIÑO 1- Lía Pérez parga PAXARIÑO 2- Marta Montero Pena SERPE 1- Paula López Mella SERPE 2 – Adrián Ferreira Cupeiro GRILO – Gaia Somaza Nieto RA – Daniel Miramontes Porto JUANCHO – Yago Leal Carneiro LOLA- Keira Alexandra Janett Cabanas FIFÍ – Iria Aullón Pérez BLANQUITA – Shakira Salazar Monteiro GLOTÓN 1 – Jesús Suárez Conchado GLOTÓN 2 – Juan David Salazar Monteiro TOBI – Diego Souto Pita LÚA – Laura Bra Piñeiro LISTO – Nuria Charlín Pérez
Lúa, lúa, lúa lúa xirasol. Lúa, lúa, lúa, lúa, lúa, sol. Lúa, lúa, lúa, Lúa, reiseñor. Lúa, lúa, lúa lúa corazón. Lúa, lúa, lúa, Lúa, lúa, sol. Antonio Rubio e Óscar Villán Ed. Kalandraka
Infantil, 3 anos.
poema Verde, verde, verde, o crocodilo que se perde. E sobe nun baúl, azul, azul, azul. E o baúl nun castelo, amarelo, amarelo, amarelo. E o castelo nunha pedra, negra, negra, negra. E a pedra nun Tellado, morado, morado, morado. E o tellado nunha granxa, laranxa, laranxa, laranxa. E a granxa nun piolliño vermello, vermello, vermello. Antonio Rubio e Óscar Villán Ed. Kalandraka
INFANTIL, 4 e 5 ANOS.
FICHA TÉCNICA
POEMA: LÚA Mestra: Adela Fernández Calvo. Grupo: Infantil, 3 anos.
Recitan: o Roi Bello Rodríguez o Thiago Bueno López o Brais Conchado Camacho o Naiara Conchado Conchado o Elías Novo Cereijo
POEMA: CROCODILO Mestra: Rosa Grille Riazuelo Grupo: Infantil, 4 e 5 anos
Recitan: o Diego Amado Cabanas o Hugo Blanco Fernández o Icía Fraguela Trastoy o Dani Pérez Parga o Fusía Sefsafi Corbalán
Vendo cunchas satinadas vendo ondas brincadeiras vendo lúas prateadas vendo toxos e silveiras vendo ventos, treboadas, horizontes ferruxentos vendo, merco merco, vendo, e por iso nada teño. Antonio García Teijeiro Lueiro de papel. Merlín Xerais
Recita: Ernesto Casero Jara 6º de Primaria Mestra: Rosana Rodiles Lamas
Teño un amigo que dorme nesa rúa estreita, longa e abrigada, recollido nun portal. Sempre o vexo deambulando entre os coches, entre o lixo, laranxa, das noites, seguido dun can, sorteando edificios onde nunca ten casa. El é deses que non teñen nada, e na nada habitan e viven. Cidades Fran Alonso Sopa de Libros. Xerais
Recita: Sonia Bra Piñeiro 5º de Primaria Mestra: Rosana Rodiles Lamas
Un bico dó re mi Un bico porque
Un bico acorde-
si
ón
Un bico porque non Un bico coma o lume Un bico cora-
Un bico dó si fa Un bico percusión Un bico porque
zón Un bico porque re Un bico porque dó Un bico porque sol
si Un bico, por que non? Un rato díxolle á lúa Antonio García Teijeiro Ed. Xerais
Recita: Lucas Grandal Lama 5º de Primaria Mestra: Rosana Rodiles Lamas
Hai cidades que teñen dúas vidas. Unha, a máis longa, é silenciosa, íntima e chea de segredos que garda pudorosamente para ela. Outra, tan breve que só dura o verán, está chea de voces, de luces e de cancións alegres que non lembran a vida que deixou atrás. Cidades Fran Alonso Sopa de Libros. Xerais
Recita: Armando Hernández Gómez 6º de Primaria Mestra: Rosana Rodiles Lamas
Historias e algún percance todas ditas en romance Antón Cortizas. Árbore / Galaxia
Na rúa de Pasafame
Tal e como é de supor
da cidade de Enchedoira
de primeiro piden sopa,
hai un vello restaurante
non de pasta, nin de allo,
rotulado <<A Sopa Boba>>.
senón sopa de lagosta.
Disque aló, non sei se é
Sérvellela un camareiro
certo,
de ollos claros e voz grosa
serven as mellores sopas
que con moita donosura
de todos os arredores,
paso a paso a sopa pousa.
e mesmo de toda Europa.
Está excelente, señores,
Certo día visitouno
e sabelles que consola,
unha elegante señora
quentiña, ben cociñada,
vestida de raso e seda,
ben de sal e saborosa.
que se chama dona Flora,
Mais, que é isto! Mais que é isto!
acompañada dun fillo
Con terribles carantoñas
e tamén da súa nora.
a muller exclama a berros:
Todos tres procuran mesa
-Teño na sopa unha mosca!
e séntanse sen demora.
-E máis si! –moi abraiados
Exclamaron fillo e nora-. Que noxo, un insecto negro tan pancho a nadar na sopa! Observándoo máis de cerca comprobaron que era mosca e na sopa navegaba nunha balsa de cenoria. Todos tres érguense a un tempo, todos tres marchan en tropa en busca do camareiro que lles servirá esa sopa. -Camareiro, camareiro, din tres voces nunha soa, camareiro, neste prato hai un cadáver de mosca. Dan con el ao pouco tempo e o sucedido lles contan; pero el non acredita e pensa que todo é trola. Mais non se pode escudar, a insistencia era teimosa, e o prato observa de preto, non por gusto, si por forza.
-Quérenme tomar o pelo? A que vén toda esta bronca? Non podo perder –exclamao meu tempo nestas cousas. -Pero vostede non ve -berra a muller moi nerviosaque hai unha mosca no prato, tan grande como unha foca. Ver, ver… Certo que lla vexo, que non son cego, señora, mais é só media verdade que haxa unha mosca na sopa.
-Que quere dicir con iso? -pregunta insistente a nora.
-Que unha mosca, habela haina;
mais de sopa, nin a mostra.
Ais, eis, uis exclaman todos, desmáiase dona Flora, o que conta o camareiro non é, non, ningunha broma: No prato, que está baleiro, xace só unha pobre mosca, coma un touro nunha praza, patas para arriba e morta.
Armouse unha barafunda,
agudeza dedutora.
xestos, berros, rifas, solfas…
Levo un bo rato escoitando
Uns eran a asegurar
esta discusión tan gorda;
que a sopa trouxera mosca,
e acó estou para saber
e o camareiro a insistir
quen ten razón nesta loita.
usando desculpas lóxicas, que a mosca caera logo
Ante o pasmo dos presentes
de teren comido a sopa.
o señor Sherlock adopta, cofeando o seu bigote,
Da mesa do lado un home
unha postura ben cómoda.
vestido de cerimonia,
Mira o prato con detalle,
grande levita e chistera
dálle voltas e máis voltas,
e un bigote de aquí a Roma,
procurando algún indicio
erguéndose foi presuroso
coa súa lupa redonda.
cara á mesa da discordia.
E entre vaites, vaites, vaites!
-Boa tarde, meus señores,
e entre hum, hum!, ora, ora!
que de tarde xa son horas.
o señor Sherlock acerta
Permitan que me presente:
coa solución desta incógnita.
son o Sherlock en persoa. -Sherlock Holmes! –exclaman
-Ahá! –exclama por fin-.
todos.
Isto xa se soluciona.
-Sherlock Holmes? Non,
Home, claro, por suposto…
Sherlock Broas.
Non pode ser doutra forma.
Pepe Broas, realmente,
Señor camareiro, síntoo,
o de Sherlock foi a avoa
a evidencia non perdoa.
quen mo puxo, pola miña
É vostede quen lles debe dar unha desculpa honrosa, pois ten razón neste asunto a angustiada dona Flora: Na sopa que foi servida viña incluída unha mosca! -Falso! –dixo o camareiro, rubio coma unha papoula-. Neste restaurante temos unha limpeza luxosa! -Síntollo moito, meu home, pero as probas son as probas.
-Dígame en que se basea pra acusarme de tal forma. -Eu non acuso, señor, a evidencia é o que conta. Explicarei con detalle como ocorreron as cousas: Vostede traía o insecto repousando sobre a roupa, cousa que ben se deduce pola cagada tan grosa que sen vostede o saber leva pegada na gola. Dende alí voou o insecto ata prato da señora e deulle tempo a agacharse baixo un cacho de cebola.
-Con iso non me di nada, con iso nada comproba. A mosca foi dar no prato, nunha aterraxe forzosa, cando culler tras culler a esfameada señora papaba a sopa nun sopro sen deixar nin unha mostra. -Chi, chi, chi, non foi así como pasaron as cousas! Dende o seu escondedoiro, sen présa mais sen demora, este insecto repugnante devorou a sopa toda. -Como o sabe? Menos lerias, menos lerias e máis probas. -Por suposto. Probas quere, e probas lle mostro agora. Observen todos! Coa lupa vese todo o que se olla! Fíxense nas evidencias que a mosca leva na trompa: Fideos! Elemental, a mosca comeu a sopa!
-Agora si que o pillei, exclama o garsón con sorna. A mosca nunca tal fixo que ben se ve que está morta.
O señor Sherlock sorriu co sorriso de Gioconda: -Non se cerre, meu querido, xa non lle dea máis voltas. É ben certo e evidente, a simple vista se nota, que a mosca xace a pobriña, coas patas arriba todas. Mais fíxense ben no abdome inflado coma unha bóla: dedúcese que morreu dun grave empacho de sopa.
3º P R I
M A R I
A
FICHA TÉCNICA
Dirección e adaptación de “O misterio da sopa”, Isabel Piñeiro Rodríguez. Curso 3º de Primaria Elenco de actores e actrices: o
Inspector: Kelly- Obas Osagie López
o
Inspectora: Andrea Salazar Conchado
o
Camareiro 1: Anxo Grandal Lama
o
Camareiro 2: Iker Fernández Abelleira
o
Dona Flora: Alejandra Casero Jara
o
Fillo: Berto Lorenzo Iñíguez
o
Nora: Elia Somaza Nieto
o
Narradora 1: Irene Fraguela Trastoy
o
Narradora 2:Sofía Sanjurjo López