Issuu on Google+

Intérpretes: O Rapaciño: Alejandro Mouriz Gorgozo O Pencas: Daniel do Rego Martínez Tremoia: Alberto Saavedra Pérez Luísa do Rego Martínez Paula Lorenzo Rodríguez Laura Sanjurjo López. Diálogo baseado no conto de Xoán Farias, “Galego. Á beira do mar”. Escrito por Rosana Rodiles. Estrea o día 2 de abril de 2011, Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil, na Biblioteca Xoán Farias, en homenaxe a este autor.

ÚNICO ACTO O Rapaciño e o seu neto, O Pencas, atópanse pescando na súa buceta. Mentres, o mar é acariñado suavemente polo ar. RAPACIÑO: Ai! Xa había moito tempo que non estabamos xuntos aquí. PENCAS: Avó, non cres que xa son maior? Hoxe poderías ensinarme a cebar un anzol.


RAPACIÑO: Claro, home! Mira, fai así. (O avó explícalle ao neno como pode cebalo) Ti si que vas ser un gran pescador coma min. PENCAS: Avó, dime: Ti que es tan vello, como é que te chaman O Rapaciño? RAPACIÑO: Ai, meu rei! Tantos anos teño, tantos, tantos, tantos que xa nin recordan o meu nome. Gústame O Rapaciño, faime recordar que eu tamén fun un neno coma ti. PENCAS: Avó, ti sabes quen foi o mouro Almanzor? E ti te sabes a táboa do catro? Mira, mira, (cántaa) catro por unha, catro; catro por dúas, oito; catro por tres, doce… Liro, laliro, liro, liro, laliro, laaaa….. RAPACIÑO: (Ri) Si, home, si! As táboas…! Ti atende, a ver se pica algunha robaliza. Mmmm, mañá vai chover…

PENCAS: E logo, avó? RAPACIÑO: “Ceo empedrado, chan mollado”. Iso non o sabías, eh? PENCAS: (Nega coa cabeza) Avó, gústame pescar contigo, gústame que me ensines cousas, como o outro día cando me contactes que tivese coidado cos cans cando non moven o rabo. A que si? RAPACIÑO: Claro que si! O mar tamén che ten os seus perigos. Vouche contar o que lle pasou a un amigo que tiven de mozo, o Silverio. Unha mala tarde picoulle un escarapote.


PENCAS: Teño oído que os escarapotes poden picar e son venenosos. A que si, avó? RAPACIÑO: Pois si, a el picoulle e non puido chegar á terra. Eu acórdome moito de el porque “Un amigo é un amigo”. PENCAS: Sabes que, avó? A mamá dálle medo que saias na buceta a pescar. Será por se che pasa algo, non?

RAPACIÑO: Si, x atemos peixe e peixes. Os nosos gatos van ter unha boa comilona. Haaa, haa, haaa! PENCAS: Ha, ha, ha! Si avó. Será mellor regresar. Mmmmm (mirando ao ceo) mañá vai chover. Xa sabes, non? “Ceo empedrado, chan mollado” (Rin os dous. Chocan as mans no aire e miran para o público) RAPACIÑO E PENCAS: Feliz día! Feliz 2 de abril, con agarimo para Xoán Farias!


Diálogo de O Rapaciño e O Pencas