Page 1

Cinco equipos de 10 nenos/as ( un nome e unha cor por equipo). Todos os cursos mesturados, dirixidos por un alumno/a maior. O rol dos maiores é fundamental para o bo funcionamento do grupo, xa que deberán acompañar, guiar e axudar aos máis pequenos, coidando de que o clima sexa distendido, tranquilo e seguro para todos e todas.

 Equipo 1: Concepción Arenal  Equipo 2: Sofía Casanova  Equipo 3: Ángeles Alvariño  Equipo 4: Ángela Ruiz Robles  Equipo 5: Mª Luz Morales


 Preparación do 26 de febreiro ao 7 de marzo.  Explicación nas aulas: 7 de marzo  Realización: 9 de marzo  Ás 10h.: Distribución do material  Ás 10,15h: Comezo das probas  Ás 12,15h.: Sesión de maxia “Maga Feli” Maxia en Feminino

: Haberá cinco emprazamentos distribuídos polas instalacións do centro, a cargo de cinco mestres/as. En cada un deles pasarase unha proba. Cada unha delas deberá ser “superada” por todos os integrantes do grupo. Cada grupo comeza no posto que leve o seu número. Así, o Equipo Concepción Arenal empezará na proba número 1; o Equipo Sofía Casanova, no 2; o Equipo Ángeles Alvariño, no 3; o Equipo Ángela Ruiz Robles, no catro e o Equipo Mª Luz Morales, no 5. Os equipos irán adquirindo unha peza do seu puzzle. Ao rematar todo o circuíto contarán coas cinco pezas necesarias. Un encargado levará o sobre completo á mesa marcada co nome e cor do seu equipo, ubicada no corredor da Biblioteca. A continuación, os grupos deberán compoñer o puzzle que forma a portada do libro que lles tocase. Logo disto emparellarano coa etiqueta do libro correspondente impresa en grande para o xogo. E, por último, deberán


localizalo no andel, axudándose, se for necesario, do ordenador destinado á busca de libro na OPAC Meiga. No libro haberá gardada unha chave da cor do seu equipo coa que poderán abrir o baúl do tesouro, logo de dicir o conxuro do chaveiro que leva.

 Retrato en feminino  A casa de Mnemósine  Creba a cabeza con Rosalía  Quen é quen?  Matriarcas en acción

1. Retrato en feminino. Audiovisuais. Profes Rosa Grille e Rosana Rodiles. 2. A casa de Mnemósine. Na entrada de columnas. Isabel Piñeiro. 3. Creba a cabeza con Rosalía. No ximnasio. Ramón Carreira. 4. Quen é quen? No corredor da planta baixa. Luis Casal. 5. Matriarcas en acción. Salón de actos. Kelly Picos e Bibiana Ferreira. Cristina Rodríguez e Azahara Fernández encargaranse de atender as necesidades dos equipos ao longo das probas.


 Anuncio do xogo “CAZA DO TESOURO EN FEMININO”, para expoñer na entrada.  Cinco libros: “Pioneiras”, “Valerosas 1”, “Mujeres 2”, “Mujeres de Ciencia” e “Mi primer libro sobre Ellas”.  Cinco portadas impresas en cor, tamaño A4, para recortalas en pezas e formar os cinco puzzles.  Cinco sobres transparentes con identificación do nome do equipo e cor, para ir metendo as pezas obtidas.  Unha tarxeta por equipo co itinerario que seguirá.  Cinco identificacións para as mesas onde se montarán os puzzles (Na Biblioteca)  Cinco etiquetas para emparellar coas portadas dos libros.  Rexistro para cada equipo dos roles dos membros dos equipos.  Tarxetas individuais cos roles dos membros dos equipos.  Específico para as probas:  Roupa, obxectos e atributos para a caracterización das 10 mulleres de “Retrato en feminino” e cámara de fotos.  14 parellas de cartas coas imaxes das mulleres seleccionadas para este xogo. (Ilustrac. de Nuria Aparicio, do libro “Las chicas son

guerreras. 26 rebeldes que cambiaron el mundo”).  14 fichas pastificadas, con e sen nome; e 14 nomes para emparellar.  16 pezas plastificadas do puzzle coa cara de Rosalía de Castro.  10 imaxes das mestras do centro (da infancia) e tarxetas cos nomes para relacionalas. (Oito mestras en activo, Maga Feli –ex mestra xubilada- e Coidadora do Comedor.


 Letra e gravación de Matriarcas, e cámara de vídeo.


9/RUI/muj 9/ROD/pio 82N-C/BAG/val 9/RIV/pri 9/IGN/muj

PROBA 1.- RETRATO EN FEMININO: Os membros do equipo deberán caracterizarse, coa roupa e os obxectos ou atributos seleccionados, das mulleres que han representar.  Frida Kahlo  Amelia Earhart  Isabel a Católica  Marie Curie  Valentina Tereshkova  Jane Goodall  Cleopatra  Ágatha Christie  Rosie, a Remachadora  Malala Yousafzai


PROBA 2.- A CASA DE MNEMÓSINE ou MEMORIA A PROBA: Consta

de dúas partes. Na primeira deberán fixarse nos carteis que amosan imaxe de muller e nome, para logo ser quen de emparellar outras similares. (Memorizan imaxe e nome) Para superar a segunda proba, os nenos/as deberán voltear as cartas e memorizar a situación das mesmas para buscar as parellas de cartas iguais, despois de ocultalas de novo. As mulleres destas dúas probas serán:  Hipatia de Alejandría  Agatha Christie  Marie Curie  Frida Kahlo  Malala Yousafzai  Jane Goodall  Coco Chanel  Ángela Ruiz Robles  Audrey Hepburn  Mary Shelley  Vera Rubin  Margaret Hamilton

PROBA 3.- CREBA A CABEZA CON ROSALÍA: 16 pezas forman o

crebacabezas coa faciana de Rosalía; a mesma que todos os alumnos/as do colexio colorearon con motivo do día da súa celebración. Para chegar coa peza ao espazo onde montan o crebacabezas terán que superar un circuíto.


PROBA 4.- QUEN É QUEN? Emparellar fotos da infancia das mestras e encargada do comedor co nome.

PROBA 5.- MATRIARCAS EN ACCIÓN: Representación de Matriarcas (de Guadi Galego) con acenos. Para superar a proba o grupo deberá gravar o vídeo de forma similar.

PIONEIRA: Guía e dirixe o grupo, procurando un entorno agradable. VIXÍA: Coida en todo momento de que o grupo estea sempre unido e non quede nunca ninguén atrás. COIDADOR/A: Coida dos máis pequenos nos desprazamentos ao longo de todo o xogo. AUXILIAR I: Axuda aos máis pequenos na realización das probas. AUXILIAR II: Axuda aos máis pequenos na realización das probas. RECADADEIRO/A DE PEZAS: Recolle en cada punto do percorrido a peza obtida despois de teren superada a proba. TESOUREIRO/A: Custodia o sobre coas pezas durante todo o xogo. MENSAXEIRO/A: Será quen leve o sobre con todas as pezas do puzzle á mesa do corredor da Biblioteca. DOCUMENTADOR/A: Haberá de relacionar o libro coa etiqueta. DETECTIVE: Buscará o libro na Biblioteca.


ROLES

EQUIPO 1

EQUIPO 2

EQUIPO 3

EQUIPO 4

EQUIPO 5

PIONEIRA

FUSÍA

MARTA

ALISSON

MARÍA

GAIA

VIXÍA

CELINE

MARCOS

ALEJANDRO (3º)

IGOR

COIDADOR/A

DIEGO (1º) SAMUEL

JATNIEL

MIRIAM

MATEO

JIMENA

AUXILIAR I

HUGO

JUAN

ÓSCAR

ELÍAS

AUXILIAR II

ALEJANDRO (4º)

ROI

DIEGO (3º) YAGO

AITANA

--

ÉRICA

MARTINA

ABDÍAS

VALERIA

THIAGO

MARIO

BRUNO

NAIARA

BRAIS

MENSAXEIRO/A

ERIK

MANUEL

UXÍA

AROA

SINEY

DOCUMENTADOR/A

ANDREA

LAURA

LUCAS

MARTÍN

ICÍA

DETECTIVE

IRIA

NURIA

KEIRA

PAULA

DIEGO (5º)

RECADADEIRO/A PEZAS TESOUREIRO/A

DE XAVI

EQUIPO 1

Concepción Arenal

LIBRO Pioneiras

ETIIQUETA

2

Sofía Casanova

Valerosas 1

82N-C/BAG/val

3

Ángeles Alvariño

Mujeres de Ciencia

9/IGN/muj

4

Ángela Ruiz Robles

5

Mª Luz Morales

Mi primer libro sobre 9/RIV/pri Ellas 9/RUI/muj Mujeres 2

9/ROD/pio


 Participei nesta actividade:____  Cumprín co meu rol dentro do equipo: ____  Fun respectuoso cos meus compañeiros: ____  Agora teño máis coñecementos sobre mulleres importantes que fixeron ou fan historia: ____  Gustoume esta actividade: ____


RETRATO EN FEMININO


A CASA DE MNEMÓSINE DEUSA GREGA DA MEMORIA


CREBA A CABEZA CON ROSALÍA


QUEN É QUEN?


MATRIARCAS EN ACCIÓN


Equipo 1: CONCEPCIÓN ARENAL EXCEPCIONAL INTELECTUAL CON ACCESO Á CULTURA ESCRITA DESDE A NENEZ Naceu en Ferrol, en 1820. Estudou en Madrid, nun colexio para señoritas, cun tipo de educación para nenas de clases acomodadas que máis tarde ela mesma se encargaría de someter a severa crítica por tratarse da "arte de perder o tempo". a maior parte da súa cultura e formación acadouna de xeito autodidacta, especialmente a través da lectura, á que se afeccionou polo contacto coa biblioteca que a súa familia paterna tiña en Armaño (Santander) É bastante probable que asistise á Universidade disfrazada de home, ás aulas da carreira de Dereito, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España. Foi nomeada "visitadora de prisións de mulleres" en 1863, posto que foi suprimido definitivamente dez anos despois. Concepción Arenal non deixou de escribir, estudar e revisar as súas propias obras e ideas, até o fin da súa vida. Boa proba diso constitúea a súa ampla bibliografía, que se agrupa, fundamentalmente, ao redor de tres grandes temas: as denominadas "cuestión social", "penitenciaria" e "feminina". A súa obra tivo repercusión internacional malia que Concepción Arenal non saíu nunca de España. Porén, enviou informes a congresos internacionais que foron obxecto de unánime aplauso por parte dos expertos alí presentes; colaborou en publicacións e libros editados en francés e inglés; ilustres personaxes do ámbito penal e penitenciario. Morreu en Vigo, no ano 1893. (Información tirada da páxina Cultura Galega.org -. Álbum de mulleres. Biógrafa: Celia Pereira Porto)


Equipo 2: SOFÍA CASANOVA CORRESPONDENTE DE GUERRA Naceu o 30 de setembro de 1861, na rúa Santo André de A Coruña. Casou cun profesor, filósofo e diplomático polaco e mudou a súa residencia a Polonia, máis cada ano viaxaba a Galicia coa súa familia. Xornalista e grande coñecedora de idiomas; dominaba oito linguas, incluída a súa, o galego. No ano 1906 foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega. E, máis tarde, no 1952, por unanimidade, membro de honra. Unha muller comprometida coa súa época, viviu a loita das sufraxistas, que pedían poder votar igual cós homes; a Primeira e a Segunda Guerra Mundial, e moitas outras guerras e conflitos. Manifestou a súa postura pacifista e antibélica, que expresou nas súas colaboracións na prensa. Aínda así tomou postura durante a sublevación militar franquista de 1936 a favor dos sublevados, enviando como intelectual e xornalista o seu apoio a Franco. Na Segunda Guerra Mundial, denunciou a persecución dos xudeus polo réxime nazi no gueto de Varsovia. Isto vaille traer problemas de traballo co xornal ABC co que colaboraba. Foi este tempo a época máis dura da súa vida como consecuencia da ocupación nazi do territorio polaco. Sofía morreu en Polonia o 16 de xaneiro de 1958. (Información tirada da páxina Cultura Galega.org -. Álbum de mulleres. Biógrafa:Encarna Otero Cepeda)


Equipo 3: ÁNGELES ALVARIÑO PRECURSORA NA INVESTIGACIÓN OCEANOGRÁFICA MUNDIAL Oceanógrafa de profesión, naceu en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916. Dende pequena caracterizouse por ter unha grande inquietude intelectual e demostrou unha habilidade especial e gusto pola lectura. Realizou os seus primeiros estudos en Ferrol; o Bacharelato, no Instituto Concepción Arenal. Os seus estudos universitarios, en Madrid, foron interrumpidos pola Guerra Civil Española. Licenciouse logo de rematar a mesma. Tamén foi profesora precursora na investigación oceanográfica mundial. A primeira muller científica nun buque oceanográfico británico. A partir de 1956 realizou as súas investigacións en Estados Unidos. Descubriu 22 especies de organismos mariños. E estudou durante toda a súa vida. No ano 1967 doutorouse en Bioloxía pola Universidade de Madrid. En xaneiro de 1970 obtivo o cargo de Bióloga Investigadora no Centro Científico das Pesqueiras do Sudoeste, dependente do Servicio Nacional de Pesca Marítima de Estados Unidos, onde traballou ata a súa xubilación, no ano 1987. Despois continuou a súa investigación como científica emérita ata 1993. Morreu en California no 2005. (Información tirada da páxina Cultura Galega.org -. Álbum de mulleres. Biógrafa:Carolina Borrazas Wikipedia- Ángeles Vilariño)


Equipo 4: ÁNGELA RUIZ ROBLES MESTRA EXEMPLAR, ESCRITORA E INVENTORA NO EIDO DA DIDÁCTICA Naceu en Villamarín, na provincia de León, no ano 1895. Cursou estudos na Escola Normal de Mestras e Mestres de León. Na convocatoria de 1918 obtivo praza de mestra co número dous das oposicións para o Maxisterio Nacional. Neste mesmo ano incorpórase ao seu destino na escola da parroquia de Santa Uxía de Mandiá (Ferrol), onde obtivo o recoñecemento público dos veciños. En setembro de 1934 noméana rexente da Escola Nacional de nenas do Hospicio de Ferrol. Amosou un indubidable interese polos asuntos sociais e a súa concepción ampla de miras da profesión que sempre exerceu: o maxisterio. Por outra banda, cómpre comentar que a súa constante inquedanza didáctica e pedagóxica levouna a camiñar pola senda da inventiva. Neste eido, practicamente ermo en canto á presenza de mulleres españolas ata a década de 1970, dona Ánxela deseñou a máquina taquimecanográfica, un mapa e atlas lingüístico gramatical e unha enciclopedia mecánica, cos que obtivo abondosos recoñecementos e premios nos certames celebrados nas cidades de Zaragoza, Xixón, Barcelona, Madrid, París e Xenebra. Finalmente, Ánxela Ruiz Robles foi, desde xuño de 1959, xestora delegada da Agrupación Sindical de Inventores Españois (ASIE) en Galicia e, desde setembro de 1973 xefa provincial da Federación Politécnica Científica da Inventiva Internacional. A base fundamental do seu traballo profesional radicou sempre na necesidade vital de innovar nos ámbitos da pedagoxía e da didáctica. Morreu en Ferrol, no ano 1975. (Información tirada da páxina Cultura Galega.org -. Álbum de mulleres. Biógrafa:Luis Valle Regueiro)


Equipo 5: Mª LUZ MORALES UNHA DAS PRIMEIRAS MULLERES QUE DIRIXEN UN MEDIO DE COMUNICACIÓN Máis de medio século de dedicación profesional converte a M.ª Luz Morales nunha muller de referencia na historia do xornalismo. Pioneira, vangardista, inauguradora de xéneros, Morales é, sen dúbida, unha figura impoñente e sorprendente que goza dunha traxectoria en que, entre outros méritos, ten o de ser a primeira muller que dirixe un xornal no Estado español xa que estivo á fronte de La Vanguardia no seu período máis difícil. Á marxe do seu labor xornalístico, a actividade de M.ª Luz Morales desenvólvese en multitude de ámbitos, tanto na literatura como na traducción, no mundo editorial ou en proxectos cinematográficos. A súa obra valeulle unha manchea de premios, como o Premio D´Ors da Asociación de Prensa, o Premio Nacional de Teatro ou as Palmas Académicas de Francia. En diversas ocasións, M.ª Luz Morales repara nas figuras de Concepción Arenal, de Emilia Pardo Bazán e, en especial, de Rosalía de Castro, das que elaborará perfís biográficos. Nelas recoñécese como muller galega e nos seus nomes busca todas as outras mulleres das que nunca se amentará o seu nome, como deixa escrito no libro Las Románticas: "Todas as galegas con sentido común e un chisco de sensibilidade, por moi literatas que sexamos, sabemos que (aínda respectando no que valen tan ilustres nomes) as verdadeiras grandes mulleres de Galiza non son as que desempeñan un gran papel na Arte e na Historia senón aquelas outras ignoradas e humildes (...) De todas as galegas ilustres, é por iso a máis grande Rosalía: porque na súa voz salouca a dor de todas estas esquecidas". Morreu en Barcelona no ano 1980. (Información tirada da páxina Cultura Galega.org -. Álbum de mulleres. Biógrafa: Carmen Vidal Lage)


Caza do Tesouro en Feminino

9/RUI/muj 9/IGN/muj 9/RIV/pri 9/ROD/pio 82N-C/BAG/val LOGO DE ESCOLLER A ETIQUETA, DIRIXÍDEVOS AO ANDEL DA BIBLIOTECA ONDE ESTEA UBICADO O LIBRO. DENTRO ESTÁ A CHAVE QUE ABRIRÁ O COFRE DO TESOURO


9/RUI/muj 9/IGN/muj 9/RIV/pri 9/ROD/pio 82N-C/BAG/val


PIONEIRA/O Guío e dirixo o grupo, procurando un entorno agradable.

VIXÍA Coido en todo momento de que o grupo estea sempre unido e non quede nunca ninguén atrás.


COIDADOR/A Coido dos mรกis pequenos nos desprazamentos ao longo de todo o xogo.

AUXILIAR I Axudo aos mรกis pequenos na realizaciรณn das probas.


AUXILIAR II Axudo aos mรกis pequenos na realizaciรณn das probas.

RECADADEIRO/A DAS PEZAS Recollo en cada punto do percorrido a peza obtida despois de termos superada a proba.


TESOUREIRO/A Custodio o sobre coas pezas durante todo o xogo.

MENSAXEIRO/A Serei quen leve o sobre con todas as pezas do puzzle รก mesa do corredor da Biblioteca.


DOCUMENTADOR/A Hei de relacionar o libro coa etiqueta.

DETECTIVE Buscarei o libro na Biblioteca.


1. Retrato en feminino. Audiovisuais. Profes Rosa Grille e Rosana Rodiles. 2. A casa de Mnemósine. Na entrada de columnas. Isabel Piñeiro. 3. Creba a cabeza con Rosalía. No ximnasio. Ramón Carreira. 4. Quen é quen? No corredor da planta baixa. Luis Casal. 5. Matriarcas en acción. Salón de actos. Kelly Picos e Bibiana Ferreira.

1. A casa de Mnemósine. Na entrada de columnas. Isabel Piñeiro. 2. Creba a cabeza con Rosalía. No ximnasio. Ramón Carreira. 3. Quen é quen? No corredor da planta baixa. Luis Casal. 4. Matriarcas en acción. Salón de actos. Kelly Picos e Bibiana Ferreira. 5. Retrato en feminino. Audiovisuais. Profes Rosa Grille e Rosana Rodiles.


1. Creba a cabeza con Rosalía. No ximnasio. Ramón Carreira. 2. Quen é quen? No corredor da planta baixa. Luis Casal. 3. Matriarcas en acción. Salón de actos. Kelly Picos e Bibiana Ferreira. 4. Retrato en feminino. Audiovisuais. Profes Rosa Grille e Rosana Rodiles. 5. A casa de Mnemósine. Na entrada de columnas. Isabel Piñeiro.

1. Quen é quen? No corredor da planta baixa. Luis Casal. 2. Matriarcas en acción. Salón de actos. Kelly Picos e Bibiana Ferreira. 3. Retrato en feminino. Audiovisuais. Profes Rosa Grille e Rosana Rodiles. 4. A casa de Mnemósine. Na entrada de columnas. Isabel Piñeiro. 5. Creba a cabeza con Rosalía. No ximnasio. Ramón Carreira.


1. Matriarcas en acción. Salón de actos. Kelly Picos e Bibiana Ferreira. 2. Retrato en feminino. Audiovisuais. Profes Rosa Grille e Rosana Rodiles. 3. A casa de Mnemósine. Na entrada de columnas. Isabel Piñeiro. 4. Creba a cabeza con Rosalía. No ximnasio. Ramón Carreira. 5. Quen é quen? No corredor da planta baixa. Luis Casal.


Creba a cabeza con Rosalía Retrato en feminino (Rosa e Rosana) 1. Equipo 1: Concepción Arenal 2. Equipo 2: Sofía Casanova 3. Equipo 3: Ángeles Alvariño 4. Equipo 4: Ángela Ruiz Robles 5. Equipo 5: Mª Luz Morales

A casa de Mnemósine (Isabel) 1. Equipo 2: Sofía Casanova 2. Equipo 3: Ángeles Alvariño 3. Equipo 4: Ángela Ruiz Robles 4. Equipo 5: Mª Luz Morales 5. Equipo 1: Concepción Arenal

(Ramón) 1. Equipo 3: Ángeles Alvariño 2. Equipo 4: Ángela Ruiz Robles 3. Equipo 5: Mª Luz Morales 4. Equipo 1: Concepción Arenal 5. Equipo 2: Sofía Casanova

Quen é quen? (Luis) 1. Equipo 4: Ángela Ruiz Robles 2. Equipo 5: Mª Luz Morales 3. Equipo 1: Concepción Arenal 4. Equipo 2: Sofía Casanova 5. Equipo 3: Ángeles Alvariño

Matriarcas en acción (Kelly e Bibiana) 1. Equipo 5: Mª Luz Morales 2. Equipo 1: Concepción Arenal 3. Equipo 2: Sofía Casanova 4. Equipo 3: Ángeles Alvariño 5. Equipo 4: Ángela Ruiz Robles

Caza do tesouro en feminino  

Desenvolvemento das cinco probas que forman esta CAZA DO TESOURO EN FEMININO. Xogo cooperativo e de inclusión da Biblioteca Xoán Farias -CE...

Caza do tesouro en feminino  

Desenvolvemento das cinco probas que forman esta CAZA DO TESOURO EN FEMININO. Xogo cooperativo e de inclusión da Biblioteca Xoán Farias -CE...

Advertisement