Hola tripulación!!! A nosa aventura pirata está a piques de rematar, e non poderíamos acabar doutra forma que non fose cunha búsqueda do tesouro. Nalgún lugar do cole deixei escondido un cofre cun gran tesouro, así que tede a man os vosos catalexos e deixade os ollos ben abertos. Cada pista leva o nome de quen a ten que buscar e cando a atopedes teredes que darlla aos que lle toque, e así ata chegar á pista final, que será un acertixo para todos e revelará onde se atopa o tesouro escondido. Aquí vos deixo a primeira pista:
PISTA NÚMERO 1: ELIA – PAULA CORTIÑAS - CÉSAR No recanto da CASIÑA , poderedes xogar, pero unha nova pista tedes que atopar.
PISTA NÚMERO 2: ALÉN – ZHONG BO Agora dende a casiña, unha compra debemos facer. Non podemos saír do cole. Mirade en internet. No recanto do ORDENADOR atoparedes a seguinte pista, mirade ben no escritorio e abride o documento.
PISTA NÚMERO
3:
LEO - XOEL
Xa fixemos a compra, todo dende internet. Agora toca xogar aos PUZZLES para que a seguinte pista podades atopar.
PISTA NÚMERO 4: XANA - XIANA Desde os puzzles, contaremos 18 baldosas e chegaremos á seguinte pista. Tedes que seguir o camiño.
PISTA NÚMERO 5: HUGO – SAMUEL – JOSÉ RAMÓN Agora toca saír de novo e a xogar coas pelotas imos. Alí atoparemos a seguinte pista.
PISTA NÚMERO 6: NAIARA - TANIA Despóis de facer deporte, debemos asearnos, para esto o lugar preciso é o BAÑO.
PISTA NÚMERO 7: IVÁN – LORENA Xa estamos aseados, un ratiño de lectura viranos ben. Ide ao recanto da biblioteca e outra pista atoparedes.
PISTA NÚMERO 8: SARA VAZ – PAULA LOSADA Cada vez estades máis cerca do tesouro, no recanto de construccións acercarédesvos á solución.
PISTA NÚMERO 9: SARA LÓPEZ - ISMAEL Agora toca contar, na 8ª silla contando a partir de a de Alén e indo cara a dereita atoparedes a seguinte pista.
PISTA NÚMERO 10: DIANA - UXÍA E xa para rematar, tedes que ir en busca da nosa illa pirata, sin tocar a area cruzaremos a pasarela de pedras, e subiremos as escaleiras ata o lugar máis alto da illa, alí está o acertixo que deberedes resolver para atopar o tesouro.
ADIVINA LA PALABRA