Page 1

ATENCIร“N EDUCATIVA 5ยบ CURSO 2012- 2013. PROXECTO:

PONTEDEUME, A NOSA VILA.


Traballo elaborado polos nenos e nenas de A. Educativa de 5ยบB


EXPOSICIÓN DOS MURAIS ELABORADOS NO PRIMEIRO TRIMESTRE NA ENTRADA DO CENTRO. ESTRUCTURA DO PROXECTO 1. Adicamos o 1º trimestre ao coñecemento xeográfico de Pontedeume, en concreto á súa localización, organización, poboación ... O traballo foi en dous pequenos grupos. No 1º trimestre non tiñamos todo os ordenadores persoais polo que elaboramos os documentos finais dun xeito gráfico, visual e máis tradicional.

2. No 2º trimestre dun xeito máis individual mergullamos no pasado da nosa vila, a súa rica e interesante historia. Elaborar os traballos finais, . usando cadanseu computador, ocupounos máis tempo e continuamos no comezo do 3º trimestre

3. Xa para rematar este proxecto centrámonos na Cultura eumesa e coa colaboración dos nenos e nenas de 4º que compartiron con nos os seus murais das Festas e Tradicións Populares.


EXPOSICIÓN DOS MURAIS ELABORADOS NO PRIMEIRO TRIMESTRE NA ENTRADA DO CENTRO.


EXPOSICIÓN DOS MURAIS ELABORADOS NO PRIMEIRO TRIMESTRE NA ENTRADA DO CENTRO.


PONTEDEUME NA HISTORIA FONTES DE INFORMACIÓN:       

http://www.pontedeume.es/ http://gl.wikipedia.org/wiki/Galipedia Cátedra,Revista eumesa de estudios,Nº4 Pontedeume Guía Visual,Concello de Pontedeume. Historia de Pontedeume. Antonio Couceiro Freijomil. Proxecto didáctico. Carlos de Castro. Inventario Heráldico de las comarcas de Eume y Ortegal.Aracil y Burgoa.  Visita ao C.I.T. De Pontedeume e ao casco histórico.  Enquisas aos nosos maiores.

Visita ao C.I.T. de Pontedeume, no Torreón dos Andrade.

Atención Educativa 5º B.Maio 2013


PREHISTORIA Pontedeume e a súa comarca estiveron poboados desde moi antigo. Da época prehistórica existen túmulos e indicios dalgún petróglifo.Da época tumular ou megalítica están catalogados tres túmulos na parroquia de Andrade, e catro na parroquia de Ombre. Nestas dúas parroquias e nas do resto do concello existen tamén varias referencias toponímicas e orais.Hai indicios da existencia de petróglifos na chamada Pena do Gato no Coto do Gato da parroquia de Ombre, ao borde do canón do Eume.En Pontedeume encontráronse restos arqueolóxicos de mais de 4000 anos Os celtas están en Pontedeume dende o século VI antes de cristo.O nome do monte BREAMOpuxéronllo os celtas .Hai 6 castros, 3 túmulos e unha vila romana.No castro de Centroña apareceu un torques de gran valía arqueolóxica.

Torques de Centroña.


FUNDACION DE PONTEDEUME Concretamente, Pontedeume obtén de Afonso X o Sabio a súa Carta-Póboa o 30 de decembro de 1270 que instaba aos veciños de Pruzos e Bezoucos a que funden unha vila no lugar da Pontedeume Esta fúndase cun amplo alfoz en ambos os dous arciprestados moi fragmentado por mor das posesións eclesiásticas e nobiliarias. No debeu ser fácil a convivencia da vila cos nobres, en continuo acoso ao poder civil desamparado ante a distancia coa tutela real. Para se protexeren, non tardan moito en construír unha muralla con varias torres de vixilancia. Restos da antiga muralla.


Os incendios que en 1533 e 1607 sufriu Pontedeume afectaron o Arquivo Municipal reducindo ao m铆nimo documentaci贸n dos primeiros anos da nosa vila.


A CASA DE ANDRADE: Fernán Pérez de Andrade, o Boo ou Fernán Pérez de Andrade, primeiro señor de Pontedeume, Ferrol e Vilalba foi un dos máis salientados aristócratas do reino de Galiza durante o século XIV.Fixo construír a ponte entre Pontedeume e Cabanas: Existía previamente unha de madeira. A nova ponte era de cantería, inicialmente tiña 68 arcos, unha das máis longas de Europa no seu momento,con capela e hospital no medio da ponte. Na entrada á ponte están representados o oso e o xabaril, animais simbólicos da familia Andrade. Tamén fixo construír a ponte do Porco, en Miño; os castelos de Andrade, Moeche, Narahío e Vilalba.

Cadaleito de Fernán Pérez de Andrade en San Francisco, Betanzos.

Ponte sobre o Eume


Fernán Pérez finou en 1397 sucedéndoo o seu sobriño e logo Nuno Freire o Mao, despótico e cruel que para costear as súas campañas en Castela someteu ao pobo a continuas alzas de impostos. Burgueses e mariñeiros uníronse aos campesiños e formaron a Irmandade Fusquenlla, mandada por Roi Xordo. A 2ª guerra Irmandiña con Alonso Lanzós á cabeza foi máis virulenta e foi derrubado o castelo de Andrade. Mais os Andrade voltaron axudados polos nobres castelás, grazas ao seu apoio nas guerras sucesoras de Castela aos Reis Católicos. Logo coa fusión ca casa de Lemos Pontedeume comeza a perder recursos. Ao se dividir o Reino de Galicia en 7 provincias, Pontedeume para depender de Betanzos.


A CÁTEDRA DE LATINIDADE É a máis antiga das institucións culturais de Pontedeume. O edificio foi fundado en 1580 por Juan Beltran Anido para a ensinanza do latín é alí realizaría os seus primeiros estudios Bartolomé Raxoi e Losada despois Arcebispo de Santiago. Podían recibir a ensinanza os fillos de veciños da vila e comarca.A Cátedra deixou de funcionar en 1851. Actualmente o edificio é a Biblioteca Municipal.

Cátedra de Latinidade


O ARCEBISPO RAXOI E A SÚA PEGADA NA HISTORIA EUMESA Un dos máis ilustres eumesas educados na cátedra de Latinidade en que chegou a ter un gran poder como Arcebispo de Santiago.Na súa terra natal impulsou diferentes obras,como:  Igrexa parroquial.  Ampliación do convento do San Agostiño.  Fundación das dúas escolas.  Os almacéns ou lonxas de pescadores.  Os seu pazo na rúa real.

Lonxas de Raxoi


DENDE O SÉCULO XIX Á ACTUALIDADE A vida económica no século XIX xira sobre a agricultura, a pesca e a industria madeireira, para mellorar as comunicacións imprescindibles para o comercio. Desenvolverase un gran cambio urbanístico:  A partir de 1870 a ponte toma o seu aspecto actual, reducíndose o nº de arcos, desaparecendo a capela e o hospital.  Pontedeume medra fora da muralla que se vai deteriorando, en 1900 xa só conserva 1 porta das7 orixinais, a porta da Vila tamén chamada Arco de Maldonado. Foi derrubado en 1905.  Derrúbase a muralla e a capela do Pazo para abrir a estrada cara a nova estación de tren no 1911. Arco de Maldonado na Porta da Vila


 En 1935 desaparece o Pazo dos Andrade, onde hoxe está o Mercado.

Pazo dos Andrade

 Dende a década dos 40 comézase a rechear sobre o mar, ata os 90 que se fai o actual Paseo Marítimo.


Para coñecer a vida do pasado século fixemos entrevistas: Escoitando e agradecendo todo o que nos quixeron contar os nosos maiores aprendemos moito.

 A educación era moi diferente. Había moitas pequenas escolas de pago ou públicas.A de Dona Edúviges,D.Manolita,As Ginesas, Don César, a Escola do Castelo, de Grandal,...Tamén había a Escola de Orientación Marítima e a Academia, o Luís Vives. Nenos e nenas adoitaban estar separados. Variaba moito o tempo de escolarización.  As mulleres estudaban menos tempo que os homes, un mes, tres anos, ata os 13, só unha avoa ten estudos medios; todos os homes que entrevistamos teñen a lo menos estudos básicos.

 A partir dos 10, 12 anos as mulleres que entrevistamos xa comezaron a traballar:Coidando nenos,subindo aos piñeiros a recoller pinas,de leiteira,carretando sellas con auga,traballando na terra, axudando na casa,...Agás unha avoa que comezou traballar aos 22 como mestra. Traballo feminino.Transporte de  A partir dos 15 anos comezaron traballar eles, todos fora do leite, auga paxes de froita... fogar, como músicos, no comercio familiar, poñendo os primeiros teléfonos,...


 No século pasado en Pontedeume traballábase moito no mar e no campo. Tamén no comercio e nos estaleiros “Bazán” e “Astano”. 

A xente ía a pé a cotío ou en carros tirados por bois. Para ir moi lonxe ían no “Ideal”, o autobús, ou no tren. Tanto o bus como o tren tiñan asentos de madeira.

Hai 100 anos, o tren en Pontedeume

 Recordan un Pontedeume distinto: Lembran o derrube da fábrica de curtidos,onde agora está o cole; os recheos ao mar,a construción do hotel , a urbanización da rúa Ricardo Sánchez e da estrada da estación, a desaparición de fontes como a da praza dos taxistas...


 Todos lembran a posguerra como unha época de fame,sobre todo o ano 41, non había trigo, se tiñan pan era de millo, as “cartillas de racionamento”. Só dous dos entrevistados lembran a guerra , un porque seu pai metíao debaixo das escaleiras cando pasaban os bombardeiros, outro porque a viviu como recruta, foi ferido por 15 bombas no río Texo e estivo no Fronte de Madrid.

 Cando máis medrou a nosa vila no século pasado foi a partir dos 70, polo traballo nos estaleiros e na Central de As Pontes, aumentou a poboación, a construción e os servizos.

 Dinnos que como tiñan pouco valorábano moito.


A CULTURA EN PONTEDEUME Fontes de información:     

Guía Visual PONTEDEUME Mural Festas, Lendas e Tradicións de 4º Primaria. www.pontedeume.es www.pontedeumeturismo.es

ASOCIACIÓNS CULTURAIS: A cultura eumesa xira encol do Concello que promove diversos actos culturais na Biblioteca. A biblioteca conta con un gran número de socios, contén o Arquivo Municipal, fai presentacións de libros, contacontos, cine de verán, maxia...E subvenciona a rede de asociacións culturais:  A. C. Orballo. E. Música Charamela.  Ateneo Eumés Fernán Martís.  C.N. Firrete  Eume Deportivo  C. Balonmán Pontedeume.  C. B. Pontumio ESPAZOS CULTURAIS: A vida cultural en Pontedeume xira encol a dous edificios históricos, A Cátedra de Latinidade, actual Biblioteca Municipal; o Convento de Sto. Agostiño, actual Casa da Cultura. As rúas e prazas eumesas acollen tamén actos culturais, cando o tempo o permite e son en si mesmas un gran atractivo para o turismo que se achega á nosa vila.


Zona monumental:  Casco histórico:  Ponte de pedra:Construción emblemática que dá nome á Vila, foi reedificado entre 1863 e 1870, e remodelado entre 1884 e 1888, ata quedar cos 15 arcos actuais

 Torreón dos Andrade: Torre de 18 metros de alto e 11,50 de lado, hoxe Oficina de Turismo e Centro de Interpretación dos Andrade, é o último resto do Pazo dos Andrade.  Muralla da Vila: A muralla, con 9 torres e 5 portas (Ponte, Salga, Porto, Postigo e Carnicería), estendíase pola ribeira do mar, bordeaba o pazo, ía polas actuais rúas de Picho e Tafona, e baixaba xunto ao convento de San Agustín, incluíndo a fonte dentro do recinto amurallado.


Bordeando o atrio da igrexa de Santiago, xunto ao que foi a porta do Postigo, realizada en 1619, consérvase a base da antiga muralla.  Antigo Convento de San Agostíño: Fundado extramuros á Vila por don Fernando de Andrade, en 1538.

 Ademais a Cátedra de Latinidade, xa nomeada anteriormente, o Pazo de Raxoi e as Igrexas, a das Virtudes e a parroquial de Santiago.  Castelo de Andrade: A construción do castelo de Andrade foi realizada entre 1369 e 1377 por orde de Fernando Pérez de Andrade "O Boo", sobre terreos arrebatados aos monxes de Sobrado.  San Miguel de Breamo: Do 1187, segundo a inscrición no contrafuerte esquerdo da porta.


Espazos naturais:  Fragas do Eume: O Parque Natural das Fragas do Eume acolle as fragas costeiras mellor conservadas de toda Europa, e un dos escasísimos bosques da súa clase do continente. Albergan numerosas especies animais e vexetais ameazadas, algunhas reliquias, así como os ecos dunha extraordinaria historia que toma singular brío na época medieval.

 Praias na ría de Artes e as vilas veciñas completan a oferta turística e cultural. Gastronomía: A parte dos produtos propios de Galicia, Pontedeume ten un prato único na gastronomía galega, a Costrada. Conta a tradición, que a receita ven de Italia, trouxérona os monxes agostiños, e un prato con varias capas de follado entre as que pode haber peixe, marisco ou carne.


Festas Populares  As festas parroquiais son en Setembro, As Festas das Peras. Dentro das festas relixiosas destaca tamén a Romaría de San Miguel de Breamo.

 Entre as festas populares destacan Os Maios, que nos celebramos no cole, así como o Entroido, que tamén se festexa de sempre na nosa vila.

Atención educativa 2012-2013