Page 1

LUGARES DE INSCRICIÓNS Base de Protección Civil de Carballo Edif. Ambulatorio Vello. Carballo, 2º andar Luns a venres de 9:30 a 13:30h Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha Praza do Concello s/n, 2º andar Luns a venres de 9:30 a 13:30h Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Coristanco Edif. Servizos Múltiples, R. da Pataca s/n, 1º andar Luns a venres de 9:30 a 13.30h Horto Ecolóxico de Carballo Rúa Nardos Mércores, xoves e venres de 17 a 20h

organiza:

colaboran:


OS NOSOS OBXECTIVOS O coñecemento e a posta en valor do patrimonio ambiental, artístico e histórico. Fomentar a práctica deportiva, espírito de convivencia e hábitos ecolóxicos dentro do entorno natural.

• RUTA DAS MÁMOAS • (Cabana de Bergantiños) 6 de abril • distancia aproximada 16km • dificultade media Saídas: Concello da Laracha 9:00 h. Concello de Coristanco 9:30h. Horto Ecolóxico de Carballo 9:15h.

• CORISTANCO HISTÓRICO • (Coristanco) 11 de maio • distancia aproximada 21 km • dificultade media Saídas: Concello da Laracha 9:00 h. Concello de Coristanco 9:30h. Horto Ecolóxico de Carballo 9:15h.

• O SON DO ANLLÓNS • (Bergantiños) 13 de abril • distancia aproximada 21 km • dificultade media-baixa Saídas: Concello da Laracha 9:00 h. Concello de Coristanco 9:00h. Horto Ecolóxico de Carballo 9:15h.

• TERRAS ALTAS DE SONEIRA • (Zas) (dúas variantes, apta para cadeira de rodas) 25 de maio • distancia aproximada 19 km • dificultade media Saídas: Concello da Laracha 9:00 h. Concello de Coristanco 9:30h. Horto Ecolóxico de Carballo 9:15h.

• A FORZA DO RÍO CHONIA • (Trazo) 25 de abril • distancia aproximada 22 km. • dificultade media Saídas: Concello da Laracha 9:00 h. Concello de Coristanco 9:00h. Horto Ecolóxico de Carballo 9:15h. • COSTA AGRESTE DE CERQUEDA E CAMBRE •

(Malpica de Bergantiños) 4 de maio • distancia aproximada 17 km • dificultade media-baixa Saídas: Concello da Laracha 9:00 h. Concello de Coristanco 9:00h. Horto Ecolóxico de Carballo 9:15h.

• CAMIÑO DE CAIÓN • (Laracha) 1 de xuño • distancia aproximada 15 km • dificultade media Saídas: Concello da Laracha 9:30 h. Concello de Coristanco 9:00h. Horto Ecolóxico de Carballo 9:15h. • RÍOS DE SOFÁN • (Carballo) 8 de xuño • distancia aproximada 21 km • dificultade media Saídas: Concello da Laracha 9:00 h. Concello de Coristanco 9:00h. Horto Ecolóxico de Carballo 9:15h.

COMO O FACEMOS • Todos os roteiros serán de xornada completa, dependendo a hora de chegada do volume de xente, das características de deseño do roteiro, da interpretación do mesmo, etc. • Encargámonos do avituallamento. Repartimos ao comezo da marcha a comida ( bocadillo). Comerase en ruta. • Encargámonos do transporte dos participantes dende os lugares de saída ata os sitios de comezo da marcha e da volta aos mesmos sitios despois do remate de cada actividade. • Con paradas para a interpretación do patrimonio, a paisaxe, etc. e para un mellor desenvolvemento da actividade deportiva sendeirista. • Camiñando en grupo. LEMBRA SEMPRE • Puntualidade • Entre todos temos e debemos de sacarlle o máximo partido a cada ruta, parando e interpretando todo o seu patrimonio. Escoita e aporta, é necesario. • Levar sempre aceso o espírito de convivencia. Sé comprensivo cos problemas dos demais participantes e da organización. • Respectar as normas da organización e dos voluntarios e voluntarias de Protección Civil. • Calzado axeitado ( a poder ser con membrana impermeable), roupa axeitada, mochila, impermeable, navalla, gorra, protección solar, cámara de fotos, etc. • Para unha mellor interpretación dos percorridos e polo coidado do entorno, nalgúns roteiros as prazas poden ser limitadas. • As actividades poden sufrir modificacións.

Primavera en ruta, SENDA NOVA  

#Senderismo

Advertisement