Rinoceronte_O edificio Yacoubian_mostra

Page 4

corpo con cremas e perfumes. Coa nabila Kamla, paixón incontrolable, aprendeu como comezar, cando parar e como pedir os máis lascivos xogos sexuais con refinadas palabras francesas. Pero Zaki Bei deitárase con mulleres de todas as clases: bailarinas orientais, estranxeiras, damas da aristocracia, esposas de homes ilustres, estudantes da universidade e do instituto, incluso con mulleres decadentes, labregas e amas de casa. Cada unha tiña o seu sabor. Moitas veces lembrábase daquela mendiga que levou, unha noite que estaba borracho, no seu Buick ao seu apartamento da pasaxe Baehler. Cando a guiou ao baño para lavala, descubriu que era tan pobre que fixera a roupa interior con sacos de cemento. Lembraba, cunha mestura de cariño e mágoa, a turbación da muller mentres quitaba a braga na que estaba escrito con grandes letras “Cementos Portland Tura”. Pero era unha das máis fermosas que coñecera, e unha das máis ardentes no amor. Todas estas variadas e gratificantes experiencias fixeron de Zaki el Dessouki un verdadeiro experto en mulleres, e tiña teorías estrañas e curiosas respecto á “ciencia das mulleres”, como el lle chamaba, coas que se podía estar de acordo ou non, pero que sen dúbida merecían unha reflexión. Así, por exemplo, dicía que as mulleres máis fermosas adoitan ser frías amantes na cama, mentres que as de mediana beleza ou mesmo algo feas son sempre ardentes, porque necesitan amor de verdade e fan todo o que poden por satisfacer o seu amante. Zaki Bei opinaba que o modo en que unha muller pronuncia a letra “s” –esa en concreto– permite saber se é boa na cama e en que medida. Daquela, se unha moza pronuncia a palabra “Susu” ou “Basbusa” dunha forma excitante, enténdese que é experta, e o contrario tamén. Cría que toda muller sobre a face da Terra xera ao seu redor certo campo de atracción que emite continuamente vibracións invisibles e inaudibles pero perceptibles dalgún xeito misterioso. Pero quen aprende a ler estas vibracións pode decatarse das necesidades

10


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.