Page 6

do. Aínda así, na segunda planta hai unha fiestra que non está apuntalada; ás veces, á tardiña, cando a calor é sufocante, vese unha man abrir as contras e un rostro que mira a rúa. É un deses terribles rostros difusos que aparecen nos soños: asexuado e pálido, con dous ollos grises birollos, tan inclinados para dentro que semellan estar intercambiando unha longa e secreta mirada apesarada. Ese rostro queda mirando pola fiestra durante unha hora; logo, as contras féchanse outra vez e o máis seguro é que non se vexa unha alma ao longo da rúa principal. Estas tardes de agosto, despois de traballar, non hai nada que facer; un podería, como moito, ir á estrada de Forks Falls e escoitar os condenados a traballos forzados. Así e todo, nesta mesma vila houbo unha vez un café. E aquela casa pechada non se semellaba a ningunha outra en moitas millas á redonda. Había mesas con manteis e panos de papel, ventiladores eléctricos con cintas de cores prendidas e grandes xuntanzas os sábados á noite. A propietaria do local era a señorita Amelia Evans. Pero o mérito do éxito e da animación do local era maiormente dun chepudo ao que chamaban o curmán Lymon. Hai outra persoa que participou na historia deste café: o ex-marido da señorita Amelia, un personaxe terrible que volveu á vila despois de cumprir unha longa condena no cárcere, provocou desastres, e logo marchou por onde viñera. O café leva xa moito tempo pechado, pero aínda o lembran. Aquilo non sempre fora un café. A señorita Amelia herdara o edificio do seu pai como un almacén de penso, guano e produtos de primeira necesidade, como comestibles e tabaco. A señorita Amelia era rica. Ademais do almacén dirixía unha destilería a tres millas da vila, 8

'A balada do café triste' (mostra)  

Primeiras páxinas de 'A balada do café triste', de Carson McCullers, publicado por Rinoceronte Editora. http://www.rinoceronte.es/index.php...

'A balada do café triste' (mostra)  

Primeiras páxinas de 'A balada do café triste', de Carson McCullers, publicado por Rinoceronte Editora. http://www.rinoceronte.es/index.php...

Advertisement