Page 12

Non era algo corrente que aparecese un chepudo descoñecido no almacén, á media noite e que logo sentase e empezase a chorar. A señorita Amelia botou o cabelo da fronte para atrás e os homes miraron incómodos uns para os outros. Ao seu redor, a vila estaba en silencio. Por fin un dos xemelgos dixo: –Que me maten se non é igualiño a Morris Finestein. Todos estaban de acordo e asentiron coa cabeza, xa que aquilo tiña para eles un significado especial. Pero o chepudo choraba aínda máis porque non sabía de que estaban a falar. Morris Finestein vivira na vila anos atrás. Non era máis ca un xudeu bulideiro e saltarico que botaba a chorar se o chamaban “matacristo” e que comía tódolos días pan de molde e salmón en lata. Ocorréralle unha desgraza e mudárase a Society City. E dende aquela, dicíanlles Morris Finestein a tódolos que nalgunha ocasión se mostraban moi sensibles ou choraban. –Está aflixido –dixo Stumpy MacPhail–. Por algo será. A señorita Amelia atravesou o soportal con dúas zancadas vagarosas. Baixou pola escaleira e quedou mirando pensativa para o forasteiro. Coidadosamente, co seu índice longo e escuro, tocoulle a corcova. O chepudo aínda saloucaba, pero xa estaba máis tranquilo. Era unha noite silenciosa e a lúa brillaba cunha luz clara e suave: comezaba a refrescar. Entón, a señorita Amelia fixo algo fóra do común; sacou unha botella do peto de atrás e despois de limpar a embocadura coa palma da man, deulla ao chepudo para que bebese. A señorita Amelia rara vez fiaba o seu alcol, e era inaudito que regalase sequera unha pinga. –Beba –dixo–. Isto séntalle ben ao bandullo. O chepudo deixou de chorar, lambeu coidadosamente as bágoas que lle escorrían pola boca e bebeu como lle mandaran. Cando acabou, a señorita Amelia botou un 14

'A balada do café triste' (mostra)  

Primeiras páxinas de 'A balada do café triste', de Carson McCullers, publicado por Rinoceronte Editora. http://www.rinoceronte.es/index.php...

'A balada do café triste' (mostra)  

Primeiras páxinas de 'A balada do café triste', de Carson McCullers, publicado por Rinoceronte Editora. http://www.rinoceronte.es/index.php...

Advertisement