'Pequeno país' (mostra)

Page 10

inferno na procura de El Dorado. Parvadas! Nada neles nos fala do seu país. A poesía non é información. No entanto, é o único que un ser humano reterá do seu paso pola terra. Aparto a mirada desas imaxes, que contan a realidade, pero non a verdade. Quizais eses nenos a escriban, algún día. Síntome tan triste coma a área de descanso dunha autoestrada baleira no inverno. Sempre é o mesmo, o día do meu aniversario unha pesada melancolía abátese coma unha chuvia tropical sobre min cando volvo pensar en papá, en mamá, nos amigos, e naquela festa da eternidade arredor do crocodilo destripado ao fondo do xardín…

14


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.