Page 1

Kalevala


Canto primeiro Comeza o poema; 1-102. – A doncela do ar baixa ao mar, onde, preñada polo vento e pola auga, fínxese nai da auga; 103-176. – Un pato pon o seu niño e os seus ovos sobre o xeonllo da nai da auga; 177-212. – Os ovos caen do niño, rompen en anacos e estes convértense en terra, ceo, sol, lúa e nubes; 213-244. – A nai da auga crea no mar penínsulas, golfos e as outras praias, sitios de grande e pequeno calado; 245-280. – Väinämöinen nace da nai da auga e é levado moito tempo polas ondas até que por fin chega á costa; 281-344.

Xa me está apetecendo, miña mente está pensando en romper eu a cantar, comezar a recitar, 5 entoar cantos da familia a cantar cancións da raza1. Fúndense as verbas na boca, os falares van caendo, até a miña lingua chegan, 10 nos meus dentes se derreten. Compañeiro, irmán querido, camarada bo da infancia! Rompe xa a cantar comigo, recitar os dous á unha 15 por un día que nos vemos,

de sitios diversos vimos! Poucas veces nos reunimos, un onda o outro chegamos nestas tan pobres fronteiras, nas tristes terras de Pohja2. Xuntemos as nosas mans, os dedos entrelacemos pra cantarmos só as boas, pra entregarmos as mellores, pra que as ouzan os amigos, 2  Versión abreviada de Pohjola, literalmente, ‘a terra do norte’, lugar descrito como a terra dos bruxos, onde reina a feiticeira Louhi. Ás veces asimílase a Laponia, aínda que a súa localización é imprecisa, próxima, iso si, a Manala ou Tuonela, o reino dos mortos. Lönnrot opón Pohjola a Kalevala nunha guerra polo Sampo, seguindo o modelo da Ilíada, onde se narra a guerra entre os aqueos e os troianos. En realidade, na tradición oral o ciclo do Sampo non é tan central e Pohjola está asimilada maioritariamente á terra dos mortos, pois o propio nome de Louhi confúndese co de Loviatar, filla de Tuoni, con múltiples variantes fonéticas.

1  Un dos recursos compositivos máis habituais na poesía kalevaliana é o de agrupar os versos por pares, que poden ser semellantes desde o punto de vista estrutural ou semántico. Así, aparecen multitude de sinónimos imperfectos ou mesmo contradicións dun verso a outro, que non deben verse como erros, senón como recursos comúns. 31

20

25


Kalevala

da espada de Kaukomieli5, da bésta de Joukahainen6, do fondo do campo en Pohja, dos bosques de Kalevala7. Antes os cantou meu pai labrando o pau do machado; ensinoumos miña nai mentres fiaba na roca, eu de meniño no chan

as coñezan os que queiran, na xuventude que medra, no pobo que se levanta: esas palabras saídas, 30 eses cantos extraídos do cinto de Väinämöinen3, desde a fragua de Ilmarinen4, 3  Väinämöinen, ou Väinö, é o personaxe central do Kalevala e un dos principais deuses do panteón pagán finlandés. O seu nome deriva da raíz väin-, que significa ‘corrente de auga profunda’. A concepción de Lönnrot para este personaxe era máis a dun antigo heroe ca a dun deus –igual que acontece con Ilmarinen ou Lemminkäinen–, polo que os seus atributos divinos aparecen en segundo plano. Así e todo, o Kalevala contén o mito da creación do mundo, onde Väinämöinen é o primeiro nacido da virxe do ar Ilmatar e o encargado de organizar a vida na nova creación. Descríbese sempre como un ancián sabio capaz de obrar milagres cos seus cantos e co tanxer do seu kantele (a arpa ou cítola finlandesa). Entre os seus feitos máis destacados, asemade, áchase o feito de viaxar ao mundo dos mortos na procura dun canto de poder. No Kalevala aparece como o líder do bando que se enfronta a Pohjola e a Louhi pola posesión do Sampo. Ao final do poema, no canto L, decide marchar ao recoñecer no nacemento de Cristo a chegada dunha nova era, mais déixalle ao pobo finlandés o seu kantele, símbolo dese pasado mítico que non debe caer no esquecemento.

defínese a Ilmarinen como irmán de Väinämöinen, o que pode apuntar a que se tratase dunha parella de divindades nacidas do ar (do bardo dise explicitamente que é fillo da doncela do ar). 5  Outro dos nomes de Lemminkäinen (véxase a nota 12). Na tradición oral, Kauko, Kaukomieli ou Kaukamoinen é un personaxe distinto de Lemminkäinen, mais Lönnrot decidiu unilos nun só para simplificar a trama, vistos os parecidos entre ambos os dous. A raíz kauk- indica afastamento, polo que unha boa tradución do nome sería ‘o que ten a mente lonxe’. 6  Mozo que reta a Väinämöinen a unha batalla de cantos e que, ao perder, se ve obrigado a prometer que lle entregará ao bardo a súa irmá Aino para que case con el. Logo de que Aino rexeite casar con Väinämöinen e prefira o suicidio, Joukahainen xura vingarse: dispáralle a Väinämöinen e bótao ao mar. Na tradición oral recibe distintos nomes, como Joukavainen ou Joukamoinen, todos eles coa mesma raíz que nos remite ao ‘arco’, que é a arma preferida do mozo.

4  O deus-heroe que forxa, entre outras cousas, a bóveda celeste e o Sampo. Moi probabelmente o seu nome proveña de ilma (‘ar’, ‘ceo’) e se tratase dalgunha clase de divindade relacionada cos ceos. Porén, no Kalevala, Lönnrot deulle a Ilmarinen, igual que a Väinämöinen, un rol de heroe máis que de deus. En moitas pasaxes

7  ‘A terra de Kaleva’, lugar onde viven os heroes Väinämöinen, Ilmarinen ou Lemminkäinen. En realidade, o termo non aparece con frecuencia na poesía tradicional, mais Lönnrot empregouno para deseñar a oposición entre Kalevala e Pohjola, ao máis puro estilo homérico. 32

35

40


Canto primeiro

xirando ante os seus xeonllos, meniño, leite no queixo, pequecho, piimä 8 na boca. 45 Sampo9 non faltou en verbas tampouco Louhi10 en conxuros:

Sampo envelleceu coas verbas, cos conxuros caeu Louhi, Vipunen11 morreu cos cantos, Lemminkäinen12 entre xogos. 50 Pero aínda hai máis palabras, máis conxuros aprendidos: no camiño recollidos, de entre as xestas arrincados, 55 dos ramallos extraídos, desde os xermolos tomados, das espigas debullados,

8 A piimä é unha especie de leite agre moi común aínda hoxe na dieta finlandesa. O seu grao de fermentación dálle un sabor agre característico e unha textura un pouco máis densa ca o leite, sen chegar a ser iogur. 9  Trátase dun dos mitos centrais do Kalevala e dun dos obxectos máis misteriosos da tradición oral finlandesa. Aparece descrito como un muíño de man máxico que dá ouro, cereal e sal, ao que se lle chama “tapadeira decorada” e outros moitos epítetos. A súa función dentro da obra é a de opor as terras de Kalevala ás de Pohjola. Segundo o mito, foi o ferreiro Ilmarinen quen o forxou para Pohjola, pero despois, ante a negativa de Louhi a lle entregar unha segunda filla como pagamento, os heroes de Kalevala deciden ir roubalo para traer prosperidade ás súas terras. Probabelmente o mito sexa unha amálgama de diferentes tradicións, onde se pode observar, por exemplo, un claro compoñente cosmolóxico. O termo kirjokansi (‘tapadeira ornada’) pode referirse, daquela, á bóveda celeste (da que tamén foi Ilmarinen o forxador). A palabra sampo pódese relacionar co termo sammakko (‘ra’, aínda que tamén pode significar ‘tartaruga’), o que nos leva a esa imaxe de cuncha que alberga a vida.

viitar, Louvatar, Louki... A orixe do nome discútese. Algúns estudosos asimílana ao deus viquingo Loki. Outros relacionaron o nome coa palabra escandinava flogh (‘voar’), de onde pode proceder o termo finlandés lohikäärme (‘dragón’), que explicaría o feito de que Louhi se transforme nunha criatura voadora. 11  Antero Vipunen, xigante lendario coñecido por ser o máis grande dos cantores e o gardián dunha sabedoría moi antiga. Cando Väinämöinen sabe da súa morte, decide espertalo á vida para que lle aprenda un feitizo. 12  Un dos principais heroes do Kalevala, coñecido por ser afouto, mulleirán e falabarato. Probabelmente o seu nome proceda da raíz lemp- (‘amor’), en referencia á súa capacidade para seducir as mulleres. O personaxe de Lemminkäinen, así e todo, é unha amálgama doutros, que Lönnrot uniu nun só, asignando distintas aventuras a un só personaxe. Aínda así, a figura de Lemminkäinen dentro da tradición oral ten diversas capas: unha máis primitiva, na que podemos situar a súa viaxe a Tuonela (o mundo dos mortos) e relacionala mesmo co mito de Osiris, e outra máis moderna, na que adopta características do típico heroe viquingo que vive aventuras.

10  A ama de Pohjola, o país dos feiticeiros do norte, que se opón a Kalevala pola posesión do Sampo. Na concepción lönnrotiana do Kalevala, Louhi é a antagonista de Väinämöinen, nunha dicotomía que parte do modelo homérico. Porén, na tradición oral a miúdo aparece asimilado a unha divindade feminina dos mortos, con múltiples nomes, como Loviatar, Lo33


Kalevala

60

65

70

75

80

85

dos sendeiros colleitados, cando eu de pastor ía, eu de crianza co gando, a través das herbas frescas, polos outeiros dourados, detrás da negra Muurikki, e tamén coa pinta Kimmo13. O frío cantoume o canto, a chuvia foi cos poemas. Outro trouxeron os ventos, e as ondas o guiaron. As aves xuntaron verbas, as copas das fragas, versos. Nun nobelo eu enroleinos, como madeixa aqueleinos. Na zorra poño o nobelo, a madeixa no meu carro; na zorra leveina á casa, ao celeiro no meu carro; púxena sobre a palleira nun cofreciño de cobre. Moito levan xa no frío, longo tempo nas soidades. Saco estes cantos do frío, tiro estas cancións do xeo? traio á casa o cofreciño, póñoo de riba dun tallo, baixo a coñecida trabe, baixo do fermoso teito? abro a caixa das palabras, preparo o cofre dos cantos? hei desfacer o novelo,

soltar o nó da madeixa? Así cantar algo belo, recitar algo fermoso se me dan pan de centeo, e cervexa de cebada. E se non me traen cervexa, non me ofrecen doce birra, miña boca ha ser máis fraca, mais coa auga hei de cantar pra ledicia desta noite, honra deste grande día, ou pra diversión mañá, pra o albor dun novo día. ••• Así eu escoitei ditar, souben compoñer un canto: soas chégannos as noites, sós os días amañecen; só despuntou Väinämöinen, veu á luz o bardo eterno da divina portadora, de Ilmatar14 súa naiciña. Virxe era a nena etérea, Luonnotar15, doncela casta. Pura está por moito tempo, virxinal pra toda a vida nos vastos campos dos ares,

14  A doncela do ar, figura divina feminina que personifica o ar e a natureza. Ela é a que dá forma ao mundo no comezo dos tempos, e a que pare a Väinämöinen. 15  A doncela da natureza, nai de Väinämöinen e creadora do mundo. Tamén chamada Ilmatar.

13  Muurikki e Kimmo son nomes de vaca. 34

90

95

100

105

110

115


Canto primeiro

120

125

130

135

140

145

150

nas planicies igualadas. Aborreceu tras un tempo, estrañouse da existencia, sempre soíña vivindo, habitando pura e virxe nos vastos campos dos ares, neses extensos baldíos. E por fin baixou un día, descendeu dereita ás ondas, ao basto lombo das augas, ao extenso mar aberto. Veu do vento un sopro grande, un colérico ar do leste; ergueu o mar en escumas, converteuno en grandes ondas. Arrolou o vento a moza, levou unha onda a virxe arredor do azul espazo, sobre as cimeiras das ondas: venta o vento pra preñala, grávida do mar ficaba. Levou o seo pesado, con dificultade o ventre por uns setecentos anos, a idade de nove homes; e non nace o que ha facelo, non quer o inmaturo feto. Nada a virxe, nai da auga. Polo leste, polo oeste, polo sur e o noroeste, por todas aéreas praias con dores do parto ardente, co ventre entre fortes dores; e non nace o que ha facelo, non quer o inmaturo feto.

Chora ela en voz baixiña; dixo isto, así falaba: Ai de min, desgraciadiña pobre nena, ai andadura! Xa estou destinada a algo: a vivir baixo dos ares, arrolada polo vento, conducida polas ondas nestas augas infinitas, sobre das inmensas ondas! Mellor me tería sido habitar virxe nos ares, que estar como estou agora como errante nai da auga: ao estar aquí teño frío, estremézome coas dores, vivo sempre nestas ondas, ando ás voltas nestas augas. Ukko16, deus máis elevado, sostedor do ceo enteiro! ven aquí que te preciso, acode cando te chamo! Líbrame do sufrimento, quítame as dores do ventre! Ven lixeiro, chega axiña, 16  O deus máis elevado do conxunto de deidades dos antigos finlandeses. É o deus da treboada (ukkonen en finés), quen goberna os ceos e sostén a bóveda celeste. Ukko tamén ten o significado de ‘ancián’, e na tradición chámaselle ás veces Virokannas. Coa cristianización do territorio finlandés, a mitoloxía cristiá vai penetrando aos poucos na tradición oral e Ukko aparece como sinónimo do Deus xudeo-cristián e ambas as figuras se confunden con facilidade. 35

155

160

165

170

175


Kalevala

180

185

190

195

200

205

210

necesítoo canto antes! Pasou un pouquiño tempo, un momento pequeniño. Veu un pato, ave elegante; cun voo de cadente ritmo busca un sitio para o niño, un lugar onde vivir. Polo leste, polo oeste, polo sur e o noroeste, ese espazo non o atopa, nin sequera o peor sitio, onde facer o seu niño, tomar a súa morada. Vai que voa, que voexa; así cavila, así pensa: “Se fago de vento a casa, das ondas o meu refuxio? Deitaría o vento a casa, unha onda o meu refuxio.” Nese intre a nai da auga, nai da auga, nena etérea, ergueu do mar un xeonllo, súa omoplata da onda un lugar para aquel niño, unha terra pra a morada. Aquel pato, ave elegante, iba voa que voexa. Descubriu aquel xeonllo nesa planicie azulada; tomouno por mata de herba, de brión un tenro monte. Vai que adexa e que voexa, descende sobre o xeonllo. Alá fai aquel seu niño, pon os seus dourados ovos:

seis ovos eran de ouro, o sétimo era de ferro. Comezou el a chocalos, a quentalos no xeonllo. Choca un día, choca outro, logo tamén un terceiro. Até que a naiciña de auga, nai da auga, nena etérea, se decatou de que ardía, que a pel se carbonizaba; creu que ardía o seu xeonllo, que as veas se derretían. Sacudiu o seu xeonllo, estremeceu os seus membros: e rodaron cara á auga, os ovos no mar caeron; esnaquizáronse en cachos, romperon en anaquiños. Mais non ficaron na lama, os anacos entre a auga. Tornáronse en cousas boas, deron en cousas fermosas: a parte baixa do ovo na parte baixa da terra, tamén a parte de arriba na zona do ceo máis alta; a parte alta da xema no sol pra que resplandeza, a parte alta da clara na lúa pra que escintile, as partes coloradiñas foron no ceo as estrelas, as partes de cor escura foron as nubes dos ares. Os tempos van cara adiante, 36

215

220

225

230

235

240

245


Canto primeiro

250

255

260

265

270

275

280

os anos van un tras outro ao resplandor dun sol novo, ao brillo da nova lúa. Sempre nada a nai da auga, nai da auga, nena etérea, entre aquelas suaves augas, entre as ondas borraxentas, ante ela auga fluída, detrás dela o ceo claro. Xa pasados nove anos, durante o décimo estío do mar ergueu a cabeza, levantouse toda enteira. Á creación deu comezo, a conseguir os seus logros no vasto lombo das augas, nese extenso mar aberto. Onde ela a man coloca, os promontorios naceron; onde o pé deixou pegada, covas cavou para os peixes; onde de ar fixo burbullas, por aló afondou as fosas. Onde virou co costado: aló fixo lisas praias; onde co pé deu as voltas: creou dos salmóns os bancos; onde pegou coa cabeza: aló colocou baías. Nadou máis lonxe da terra, no mar alto se detivo: deu ao mar os arrecifes, fixo xurdir os escollos para os naufraxios do barco, a morte dos mariñeiros.

As illas estaban feitas, e no mar os arrecifes, os piares do éter postos, coa palabra os continentes, escritas letras nas pedras, trazadas liñas nas rochas. E non nace Väinämöinen, non chegou o bardo eterno. Väinämöinen, firme e vello17, no seo da nai estivo o tempo de trinta estíos, mesmo número de invernos, entre aquelas suaves augas, entre as ondas borraxentas, Así cavila, así pensa: como estar, como vivir nese seu agocho escuro, naquela estreita morada, onde nunca vía a lúa

17  Esta frase (“vaka vanha Väinämöinen” no orixinal) é un grande exemplo do tipo de composición formular da poesía oral kalevaliana, semellante a outras tradicións afastadas, como por exemplo a homérica. A nivel formal, nótese a aliteración no ‘v’ en todas as palabras e a acentuación típica, sempre na primeira sílaba no caso de “vaka” e “vanha” e logo na primeira e a terceira no caso de “Väinämöinen”, polo que temos esa típica estrutura de oito tempos alternando fortes nos impares e febles nos pares. En canto á carga semántica, é moi interesante a combinación dos conceptos “firme” e “vello” e a súa relación coas outras épicas europeas. Non estamos a falar dun guerreiro como Aquiles, senón dun ancián, cuxo poder reside na súa antigüidade e sabedoría, pero tamén na súa firmeza e constancia. 37

285

290

295


Kalevala

300

305

310

315

320

cruza a soleira reptando, polo limiar de xeonllos. Desde aí caeu á auga, coas mans voltas nas ondas; no mar fica o home suspenso, fica o heroe por entre as ondas. Cinco anos á boia estivo, tanto cinco como seis, tamén sete, oito anos. Parou finalmente en terra, nun promontorio sen nome, nunha terra despoboada. Apoiouse nos xeonllos, e virouse cos seus brazos. Ergueuse pra ver a lúa, pra poder o sol ollar, coñecer a Grande Osa, observar ben as estrelas! Foi o albor de Väinämöinen, a orixe do altivo bardo da divina portadora, de Ilmatar a naiciña.

onde o sol non se notaba. Con esas palabras dixo, isto dixo, así falaba: “Chega, lúa, sol, libera, saca fóra, Grande Osa o home das raras portas, dos portais descoñecidos, destes raquíticos niños, destas estreitas moradas! Leva o viaxeiro á terra, ao exterior o fillo do home, pra mirar no ceo a lúa, pra poder o sol ollar, coñecer a Grande Osa, observar ben as estrelas!” Como a lúa non acode tampouco o sol o libera, aborreceu tras un tempo, devecía pola vida: move a porta do castelo co seu dedo furabolos, correu o fecho de óso coa deda do pé sinistro;

38

325

330

335

340

Kalevala (mostra)  

Primeiro canto da obra Kalevala, compilada por Elias Lönnrot e traducida ao galego por Tuula Ahola e Tomás González Ahola. Publicada por Rin...

Kalevala (mostra)  

Primeiro canto da obra Kalevala, compilada por Elias Lönnrot e traducida ao galego por Tuula Ahola e Tomás González Ahola. Publicada por Rin...

Advertisement