Xolda xuño 2013

Page 34

CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

Vidal Bolaño segundo os nenos e nenas de 5º de infantil

PROXECTO EDUCATIVO: “COÑECEMOS A ROSALÍA” Durante o terceiro trimestre os alumnos e alumnas de 6º curso da Etapa de Educación Infantil, traballamos a tan importante autora: Rosalía de Castro. Para coñecer os aspectos importantes da vida da escritora construímos unha casiña de Rosalía, de cartón, representando a Casa-Museo de Rosalía de Castro que se atopa no Concello de Padrón. No interior da casiña de Rosalía atopamos diferentes tarxetas, que tivemos que ler para coñecer datos da súa vida: onde naceu, onde morreu, a que se dedicaba, algúns dos títulos das súas obras máis importantes, con quen casou, cantos fillos tivo e moitas máis cousas. Ademais, visitamos varias páxinas web onde visualizamos imaxes de Rosalía, estatuas da mesma xa coñecidas por nós, imaxes da Casa-Museo, poemas da autora e escoitamos varias versións do poema “Adiós ríos, adiós fontes”. Outras tarefas levadas a cabo neste proxecto educativo foron a elaboración dun mural de Rosalía de Castro e a realización dun Caderno de Rosalía de maneira individual, onde plasmamos todas aquelas informacións que coñecimos durante estes días. !

PÁXINA 34


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.