Page 64

62

NUEVA GRECIA Os xeonllos conteñen a memoria da pedra. O bico do paxaro canta e sostén o verme.

Pero o que nos seduce non é o saber, senón a forza. Escribe. E faino, maiormente, en dirección aos outros. A luz non se acumula. O sol sae para todos. Isto é canto o poema pode dar. O bico, exactamente, de que nos salvaría? De que inimigo pensas que nos pode gardar? De ningún inimigo. O poema é a caixa dos segredos. Garda ben o poema. Desconfía de todo o que che din. Sempre que dás a volta aprendo algo que antes non sabía. Os corpos achéganse e o corazón baila. Os corpos caen, eles teñen as súas propias regras, que en ningunha medida son as nosas. Pero os labios, sempre debes lembrar que os labios falan. Debes lembrar que lles gusta cantar cancións de amor, que xuran e perxuran, que case sempre minten. Que a danza siga sendo cega e os labios queden á marxe. Que nos queiramos como se non houbese palabras. Que nos queiramos como se non houbese boca.

Nueva grecia nº6 primavera 2014  
Nueva grecia nº6 primavera 2014  

revista de literatura, poesía, arte y vanguardia.

Advertisement