Issuu on Google+

L


C/ San Amaro, 18 15403 Ferrol A Coruña España Teléfono: 981 32 27 96

Fax: 981 32 28 90

www.ciamariaferrol.com

L


SUMARIO Presentación. Memoria do Curso: - Infantil- 1º Ciclo Primaria - Primaria- 2º e 3º Ciclo. - Secundaria. - Celebracións comúns. Proxectos e exposicións. Competencias básicas. English corner. Hai un galego en… Unha de Historia. Pescando nas redes. Non hai mellor alegría… Grupos Lestonnac. ANPA FISC. Normalización Lingüística.

4 5 6 10 14 18 21 25 26 27 32 33 37 38 42 44 50

REVISTA L@NDR@        

Coordinador Xeral: Alberto Hermáns. Coordinadora Infantil: Alba Dopico Coordinadora 1º Ciclo E.P: Silvia Varela Coordinador: 2º Ciclo E.P: Alberto Roces. Coordinador: 3º Ciclo de E.P: Alberto Hermáns Coordinadora E.S.O: Ana Naveiras Coordinador FISC e Grupos Lestonnac: Nicolás Fernández. Coordinadora English Corner: Grace Alvariño.

L


PRESENTACIÓN Presentamos un novo proxecto que ven a dar resposta a unha serie de demandas por parte de varios sectores da comunidade educativo do colexio. Demanda de información do que se fixo, se fai e se fará dentro do colexio, tanto de portas para dentro coma de portas para fora. A idea xurde no marco das actividades que organiza a Equipa de Normalización Lingüística do Colexio. Equipa que se adica a organización de actividades que promovan o uso do galego a nivel cotidián tanto dentro coma fora do centro. Landra é o nome do froito dunha árbore especialmente importante en Galicia coma é o carballo. Árbore forte e resistente coma poucos e que vai crecendo lentamente pero con moitas decisión A revista L@ndr@ quere ser un vehículo de participación de toda a comunidade educativa e desexa que a adoptedes como un proxecto de tod@s. Este primeiro número nace como unha especie de memoria do curso 2010-2011 na que se reflexa as actividades que se fixeron ao longo do curso na Compañía de María e da que foron partícipes alumnos, pais, profesores e persoal non docente do centro. Sen máis invitarvos a que colaboredes con artigos, reportaxes ou opinións que serán ben recibidas pola coordinación da revista. Un saúdo!! Alberto Hermáns González Coordinador Xeral de L@ndr@

L


L


L


L


L


L


L


L


L


L


L


L


L


L


Celebracións comúns.

Día da Paz- Arroz solidario

O 4 de Febreiro foi cando celebramos xunto co Día da Paz, a xornada do arroz solidario. A xornada comenzou coa lectura da oración do “Noso Pai” por parte duns rapaces que representaban a cada un dos cursos das diferentes etapas educativas do centro. Despois un grupos de nenos realizaron un baile dirixido polos profes do centro Carolina e Jorge Felpeto. Para rematar o día os os alumnos e mestres comeron a ración de arroz que anualmente se prepara para axudar a recaudar fondos para os máis necesitados. L


Santa Xoana Un ano máis celebramos o día de Santa Xoana, unha das principais celebración do colexio. Ás 10:30h do día 13 de Maio comezou a eucaristía na Igrexa do Carme, unha eucaristía preciosa preparada pola Equipa de Pastoral do centro. Ao rematar a eucaristía os rapaces de 4º curso da ESO leron unha carta de agradecemento a todos os mestres que foron marcando e orientando a súa educación dende ben pequenos. Unha vez rematou o acto relixioso, voltamos cara o centro a festexar o gran día para o colexio. Desta volta estaba todo organizado para favorecer un plan de axuda ás mulleres de Kalemi, un país situado no continente africano.

L


Vendeuse comida, bebida, xelados, gominolas, realizouse a tómbola e por suposto o posto da FISC no se puidéronse mercar unha infinidade de obxecto, dende bolígrafos ata cadros en lenzo pintados polos alumnos de 4º curso de Educación Primaria. A maiores tamén puidemos ver as competicións deportivos entre os alumnos e uns magos que fixeron as súas demostracións durante toda a tarde polos patios do colexio e a demostración dos alumnos de Judo e da Baile. Hai que sinalar que este ano foi especialmente xenerosa a aportación de todos e todas. A cifra aproximada que se recadou foi duns 6.300€. Isto demostra que, aínda que os tempos non son bos para ninguén, segue habendo arredor deste centro unha gran conciencia solidaria con menos favorecidos. So podemos dicir GRACIAS e felicitarnos entre todos por este enorme traballo que fixemos.

L


PROXECTOS E EXPOSICIÓNS Letras Galegas Con motivo das celebración das Letras Galegas, a equipa de normalización lingüística do centro organizou unha mostra do traxe galego. A exposición durou dende o día 18 de Maio ata o 27 do mesmo mes. A nova da exposición saíu no periódico Diario de Ferrol. Xunto a exposición do traxe expuxéronse tamén instrumentos musicais, xoias, libros e disco de música galega. Outras das actividades que se organizaron para dita celebración das Letras Galegas foi un concerto didáctico organizado e dirixido polo mestre do centro Alberto Hermáns.

L


No concerto organizado para o 2º e 3º ciclo de Educación Primaria escoitáronse diferentes tipos de pezas de tradición galega como xotas, muiñeiras, alboradas, vals, etc.

Os nenos aprenderon as pezas, os instrumentos e ritmos máis importante da cultura tradicional de Galicia. Tamén puidemos disfrutar dunha peza cantada e tocada polas nenas que ensina Carolina na súa actividade de pandeireta.

L


Semana das Ciencias. Un ano máis os científicos da ESO expuxeron os seu proxectos. Traballos de investigación explicados polos propios nenos e nenas dunha forma moi sinxela. Experimentos que chamaban a atención dos visitante tanto pola creatividade, como polo laborioso traballo dalgún deles. Tamén puidemos presenciar unhas representacións teatrais que nos achegaban a historia de personaxes importantes dentro da ciencia como Pasteur ou Marie Curie. Bosque Literario As encargadas do taller de Biblioteca, Eva e Mariquiña, puxeron unha gran nota de cor dentro do colexio. Adornaron con follas de árbore todo o pasamáns que sube polas escaleiras principais. Todas as follas foron decoradas polos nenos con frases de libros que estaban lendo. Un traballo que levou o seu tempo pero que deu un resultado impresionante. Un auténtico bosque literario é o que temos no colexio.

L


“El Bosque Animado” Os rapaces da ESO puxeron en escena unha parte da película titulada “El Bosque Animado”.

Exposición de Conchas. Os nenos e nenas do primeiro ciclo de educación primaria fixeron unha exposición de conchas de animais mariños. A exposición foi visitada por moitos pais o día de Santa Xoana. Un gran traballo de recopilación e clasificación fixeron desta exposición unha mostra moi atractiva para pais e nenos.

L


COMPETENCIAS BÁSICAS Neste apartado da revista intentarase ir introducindo aos pais nese cambio que se aveciña e que tanto lles custará asumir. Explicaranse proxecto e tarefas que se organizaron dentro do centro para levalas a cabo e que os pais e as nais saiban que o que se vai traballar fóra dos libros de texto terá tanta importancia coma o que se traballe dentro deles. Será unha tarefa non sinxela e que nos levará moito tempo, pero pouco a pouco coa axuda de todos poderemos conseguir.

L


ENGLISH CORNER The London 2012 Mascots * My name is inspired by Much Wenlock in Shropshire, a town that is at the heart of Olympic history. In the 19th century, Baron Pierre de Coubertin was invited there to watch the Much Wenlock Games, which were inspired by the Olympic Games of ancient Greece. De Coubertin was inspired by the Much Wenlock Games, too, and went on to found the modern Olympic movement. The Much Wenlock Games are still held to this day! I love sport (especially the Olympic ones) and I want to be as good at them as I can. I also love making friends who show me exciting new things to try and help me achieve my personal best. If they can make me laugh along the way... even better! * My name is inspired by Stoke Mandeville in Buckinghamshire, the birthplace of the Paralympic Games. On the same day as the Opening Ceremony of the London 1948 Olympic Games, Sir Ludwig Guttmann held his own sport competition in Stoke Mandeville for World War II soldiers with spinal injuries. The Stoke Mandeville Games grew and grew until they became the Paralympic Games. Obviously, I love the Paralympic sports and I think Paralympians are amazing! I love finding out about people, what makes us all different and also what links us together. I’m also always ready for action. L


HAI UN GALEGO EN… Londres por Alberto Hermáns. A miña aventura comeza en Ferrol o Venres 1 de Agosto do 2008. Día no que comezo a miña viaxe ata Londres en moto. Si, en moto. O que para a maioría da xente sería unha auténtica tolería dun día, a min me pareceu unha oportunidade única de vivir algo realmente especial, e abofé que o foi. Dividín a miña viaxe en etapas: 1ª etapa: Ferrol-San Sebastián. Algo máis de 700quilómetros. 2ª etapa: San Sebastián-París. Case 800 quilómetros máis. 3ª etapa: París-Dunkerque. 275 quilómetro para coller un barco que me levaría ata Dover (Inglaterra). 4ª etapa: Dover-Londres. A etapa máis curta, tan só 2 horas e 15 minutos. Estas catro etapa estaban programadas para realizalas en 2 días e medio.

L


Unha viaxe en moto ofréceche moito máis que un en coche ou outro medio de transporte. Apórtache unha serie de sensacións que se ven aumentadas ao ir en contacto co aire. A primeira etapa foi todo sobre rodas (nunca mellor dito), parei a comer un bocata en Oviedo e cheguei a miña primeira parada sobre ás 19:00h. Ao día seguinte foi cando empezou a emoción de verdade. Era a etapa na que saía de España e chegaba a Francia. O desgaste físico da viaxe do día anterior empezou a sentirse cando xa levaba unhas cinco hora enriba da moto. Logrei completar a miña segunda etapa sen maior problema. Catedral de Notre Dame (Perís). Foto: A. Hermáns Por fin estaba en París. Unha cidade preciosa e enorme. Moito tráfico pero se vas en moto o tráfico paréceche menos desesperante. Busquei aloxamento nun hotel ás aforas de París e organicei a visita á cidade entre esa tarde noite e toda a mañá seguinte. Visitei, como non pode ser doutra forma, a catedral de Notre Dame, a Torre Eiffel, o Arco do Triunfo, o museo do Louvre, un paseo polo río Sena en barco… todo moi fermoso. Ata comín unha crepe de chocolate e plátano nos Champs Elysees (Campos Eliseos).

L


Ese mesma tarde montei outra vez na moto e tomei rumbo cara Dunkerque, no norte de Francia, para coller un barco que me levaría ata a cidade inglesa de Dover. Ía polo estrada conducindo e pensando o precioso que era París.

Torre Eiffel (Perís). Foto: A. Hermáns

Unha vez embarquei, quedei rendido do canso que estaba nos sofás do barco e me puxen a durmir. Tiña por diante unhas dúas horas que me ían

vir moi ben para tomar alento. Despois de case dúas horas de descanso, fun buscar a miña moto ao enorme garaxe daquel barco. Levoume un bo anaco atopala entre tanto coche.

Garaxe do barco cheo de coches. Foto: A. Hermáns

L


Una vez estiven disposto desembarquei e tomei terra inglesa. Estaba na cidade de Dover. O cambio nada máis baixar do barco foi moi grande. De súpeto atópaste nunha autoestrada conducindo pola esquerda e cun límite velocidade que ven marcado en millas, non en quilómetros hora coma en España. Estiven pola cidade de Londres uns cinco días nos cales puiden visitar tanto o centro da cidade como outros pobos do arredor. A verdade que viña de ver París o día anterior e Londres non me impresionou nada, máis ben foi decepcionante. Ben din que o que é de París non é de Londres, e é verdade. Dúas cidades totalmente opostas, París máis grande, luminosa, limpa e señorial; e Londres moito máis moderna, cosmopolita e con moito máis movemento de persoas. A verdadeira aventura empezou o último día antes de vir, cando nun despiste que tiven, roubáronme a cazadora da moto. A perda en si da cazadora non é tanta se a comparamos coa perda do que tiña dentro: toda a documentación!!Sen DNI nin licenza para conducir non tiven outro remedio que mercar un billete para voltar en barco dende Portsmouth ata Santader. 17 horas en barco!!!!!

L


Foi a peor viaxe que fixen na miña vida. Desas 17 horas que duraba o traxecto 10 horas as pasei mareado no camarote do barco. Despois dunha noite infernal cheguei pola maña a Santander coa ledicia que saber que xa estaba de novo en España e sobre todo que tocaría terra. A ruta dende Santander a Ferrol de volta foi un auténtico paseo se temos en conta o mal que o pasei a noite anterior. Cheguei a Ferrol cun recordo inesquecible da miña viaxe a Londres en moto, tanto para ben coma para mal. Un consello vos dou: non viaxedes nunca en barco sen a Biodramina*.

Alberto Hermáns González *Biodramina:Medicamento empregado para evitar náuseas e vómitos provocado polo movemento.

L


UNHA DE HISTORIA “A momia de Ramsés” Esta historia apareceu no texto de Xosé Miguel Parra, "Momia”. Conta que en 1902, as momias do cabouco de Deir el Bahari foron trasladas á primeira planta del Museo de O Cairo (Exipto), onde soamente tiñan acceso o persoal e algúns visitantes moi seleccionados. Un deles, Pierre Loti conta o que ocorreu aquel día. Parece que non muito antes da súa visita, o brazo de Ramsés II movérase de forma repentina, co conseguinte chasquexo e a fuxida despavorida dos gardiáns da sala, ao comprobar como se movía o brazo da momia. Parece que a mán de Ramsés erguese de súpeto y deu un golpe á cuberta de cristal. A historia convierteuse en lenda urbana, pero a explicación é simple, ao ser trasladada, o cambio de temperatura fixo que os tendóns contraéronse espontáneamente, alzando o brazo esquerdo ata a posición que ten hoxe en día. Esta momia foi a inspiración de moitas películas relacionadas co Antigo Exipto.

L


PESCANDO NAS REDES Estafas “on line” Ola a todos. Hoxe quería falarvos dalgunhas malas prácticas que hai no mundo das telecomunicacións e que non teñen que ver cos operadores. Estou a falarvos dasestafas que se fan pola internet. O primeiro de todo é un consello moi básico, xa coñecido pola maioría, pero que non está de máis ter en conta: nunca, nunca deades os vosos datos privados na rede. Nin contrasinais, nin o móbil, nin validacións das vosas contas bancarias... Nunca. Non sei vós, pero aquí estamos acostumados a ver moitos correos de phishing. Basicamente son correos electrónicos que se fan pasar polo noso banco e que din que temos que validar a nosa conta, poñendo os nosos datos (número de conta e contrasinal). Iso un banco nunca o vai facer. Hai unhas semanas xordeu un novo caso de phising: un correo supostamente da Axencia Tributaria que solicita os datos bancarios para un reembolso de impostos. A apariencia destes correos e a imaxe pode ser a da Axencia Tributaria ou a do noso banco, pero detrás hai unha fraude coma unha catedral. E a cousa está a aumentar preocupantemente. L


Pero detrás desta fraude hai outros incautos: os chamados “muleiros” ou intermediarios. É dicir, unha vez que esta xente se fai cos datos da nosa conta bancaria e nos pode quitar cartos, vén a segunda parte: intentar sacalos sen deixar rastro. E para iso buscan xente a través de ofertas de traballo. A través de correo de spam bombardean aos usarios para que traballen dende a casa unhas horas xestionando transferencias bancarias. Se se acepta o traballo, recibiríase na nosa propia conta bancaria unha cantidade de cartos que teriamos que desviar a outras contas. Deste xeito perderíase ou dificultaríase o rastro dos cartos que se sacaron ilegalmente dos usuarios aos que se lles roubou as claves bancarias. Así a mafia de turno limparíase as mans. E o intermediario pode ir ao cárcere por cómplice. Así que sede moi cautos: estas ofertas esconden detrás un feito delictuoso, e non sería de estrañar que ao pouco tivésedes á Policía diante da porta da vosa casa por estar axudando a blanquear cartos. Sempre é aconsellable marcar esta clase de correos como lixo ou eliminalos directamente. Como sabedes, as contas de correo de R contan con protección antivirus.

L


Nese sentido podedes estar un pouco máis tranquilos, aínda que ningún sistema é eficaz nin seguro ao 100%, polo que ademais dunha boa ferramenta é preciso usar o sentido común. Despois, sempre hai páxinas que son perigosas. Aí podería entrar seguridade R con protección adicional con firewall, antispyware, control paterno (por se non queremos que os cativos entren en determinadas webs), etc. E quen fala de seguridade R fala doutro antivirus, porque sempre é bo ter o equipo protexido. Con eles podedes evitar ter programas espías no voso equipo que vos rouben os contrasinais. Neste sentido un consello: non poñades un mesmo contrasinal para todo. Non é bo que para acceder á vosa conta de correo, para entrar na vosa web de banca electrónica, no flickr, no facebook, no twitter... teñades sempre o mesmo contrasinal. E dívolo alguén a quen hai uns días lle accederon por este motivo ao seu correo persoal e lle usaron a súa conta de correo para remitir unha mensaxe de spam a todos os seus contactos. Eu xa aprendín a lección. E si, eu xa limpei o meu equipo. Un pouco tarde, tamén é certo, pero de todo se aprende, aínda que só nos lembramos de Santa Bárbara cando trona. Seguimos falando da Rede, porque pola internet tamén se dan outra clase de enganos ou trampas para facernos sacar os cartos sen que seamos moi conscientes. Hai un meses pasou algo disto en facebook.

L


Como vos dicía, no facebook había un test para coñecer o teu nivel de intelixencia. Ao final, segundo denunciaba a Facua, tiñas que poñer o teu número de móbil e, en lugar de recibir o teu cociente intelectual podías quedar subscrito a un servizo de contidos para móbiles. Para rematar vou falar desas grandes ofertas supertentadoras que se ven ás veces pola rede. Eses anuncios onde che ofrecen grandes choios por 2 euros. É mellor mercar sempre en sitios web dos que temos referencia e a vendedores que dean seguridade ou que vexamos que xa teñen un bo historial de vendas sen problemas con anterioridade. Vamos, que isto vale tanto para tendas online como para webs de subastas. E outra cousiña, non pagades nunca pola Internet usando Wire Transfer. Polo que me explicaron, Correos, por exemplo, co seu acordo con Western Union "popularizou" esa marca e moitos consideran que é segura, pero só o é cando as dúas partes que fan a transacción se coñecen. Vamos, que como di un compañeiro aquí,“WU = tirar os cartos polo retrete, pero facendo feliz a un chourizo no estranxeiro”.

Artigo obtido de Mundo-R Seguridade na Web

L


NON HAI MELLOR ALEGRÍA… Que ter a barriga chea!

TARTA DE QUEIXO INGREDIENTES (para 5 persoas): - 5 ovos - 1 terrina de queixo tipo Philadelphia de 200g. - 1 iogur natural - 1/2 L de nata líquida - 1 1/2 vaso de azucre, medido polo vaso do iogur - 1 vaso de fariña, medida polo vaso do iogur

ELABORACIÓN: - Trituramos todos os ingredientes cun batedor e pasámolos a un molde untado con manteiga. - Metemos a mestura no forno a 200 graos durante 45 minutos, e xa está lista. - Pódese tomar morna ou fría. L


GRUPOS LESTONNAC

Os Grupos Lestonnac é unha forma de acompañar aos preadolescentes, adolescentes, xoves e nenos, seguindo as orientacións do Proxecto de Pastoral Xuvenil da Compañía de María. Este proxecto ten como obxectivo o acompañamento dos xoves no seu proceso de maduración persoal e de fe cun compromiso social dende unha perspectiva cristiá, integrados nunha comunidade. Ao longo deste caminar xuntos, participaremos en convivencias e encontros que nos axudarán a manter a chama e fomentar os valores co bo camiñar como membros da Compañía de María. Algunha das actividades que organizamos este ano foron:

 Convivencia de comezo de curso de Grupos Lestonnac de Galicia en Cangas. O sábado 27 de Novembro, despois de pospoñer varias veces a datas polo mal tempo, realizouse a convivencia a nivel de Galicia dos Grupos Lestonnac. O lugar elexido foi o Cabo Udra, moi preto de Cangas. Un incomparable lugar onde puidemos disfrutar dunha longa camiñata , da comida e de xogos sempre rodeados de natureza. L


Unha organización perfecta acompañada da colaboración de todos os nenos, nenas e monitores fixeron desta xornada unha terapia de enerxía positva para cargar baterías para todo o curso. Ata saímos na prensa e todo. O malo é atoparse na foto.

 Encontro Nacional dos Grupos Lestonnac en Bujedo (Burgos). Este foi o gran reto que nos marcamos. Un gran proxecto. Unha reunión de todos os Grupos Lestonnac a nivel de España. A data que se elixiu para esta gran cita foi o fin de semana do 1,2 e 3 de Abril e o lugar para albergar a case os 500 persoas que alí estivemos foi o Mosteiro de Santa María de Bujedo na provincia de Burgos. Desta volta congregáronse os colexios Compañía de María de Ferrol (San Amaro e Caranza), Coruña, Santiago, Vigo, Valladolid , Zaragoza , Logroño , Barcelona , Tarragona , Almería , Granada , San Fernando e Madrid. Foi unha experiencia única coñecer a compañeiros doutros lados de España que comparten o mesmo sentimento de grupo.

L


Toda a información deste encontro e de moitos aspectos máis pódnese atopa no blog que Grupos Lestonnac Galicia posúe. Para entrar neste blog so tendes que premer aquí: Grupos Lestonnac Galicia.

 Conviencia de fin de curso de Grupos Lestonnac Ferrol. Os dous colexios de Ferrol , San Amaro e Caranza , festexaron o fin de curso cunha convivencia , neste caso o lugar elixido foi a praia de Cabanas , preto do concello de Pontedeume. Xuntáronse preto de 146 nenos. Os dous coles saíron de Ferrol en tren ata a pinar de Cabanas , onde despois de deixar as mochilas fixeron unha fermosa ruta de senderismo.

L


Tomaron un aperitivo e no antigo campo de fútbol os maiores de 4º da ESO foron os encargados de dirixir diversos xogos . Foi todo moi divertido e os nenos comportáronse moi ben e de forma ordeada.

Despois de xantar as nenas de 4ºEso foron as encargadas de facer a oración , e de seguido comenzaron o camiño de volta cara Ferrol.

L


ANPA

Ó longo do ano a ANPA organizou diferentes eventos paralelos á axenda educativa. As actividades máis salientables foron:  Concurso de cabazas no mes de outubro cunha impresionante participación.  Concurso de postais de Nadal.  Participación no Concurso de postais de Nadal da Federación de ANPAS.  Organización da visitas dos Reis Magos ao colexio.

 Subvención da Excursión á neve da ESO.  Colaboración económica na Festa do Entroido do colexio.  Colaboración activa na Festa de Santa Xoana coa merca de agasallos par a tómbola. L


 Realización de fotos e confeccións das orlas dos alumnos de: - 1º de Infantil. - 3º Infantil. - 6º Primaria. - 4º de la ESO.  Participación na Festa de graduación dos rapaces de 4º da ESO coa entrega do agasallo da ANPA xunto coa entrega do agasallo do colexio.  Propuxemos a realización dunha enquisa sobre o uso do uniforme en 1º e 2º da ESO. Os resultados desta enquisa aínda non se fixeron públicos. Algúns dos proxectos que aínda está pendentes de realizar son:  Obras de mellora nos campos de fútbol e patio. O presuposto ascende a case 10.000€ . Pensamos que é asumible acometer as obras polo ANPA, pero aínda hai que aprobalo e consultalo co centro.  Supresión das bancadas de pedra. ( Por motivos de seguridade)

L


FISC- ONGD QUE É? A Fundación Internacional de Solidariedade Compañía de MaríaFISC, é unha organización non gubernamental para o desenrolo , constituída como Fundación a partires do ano 1994. Posúe personalidade xurídica e plena capacidade de acción. Dende o FISC queremos se nos recoñeza coma unha organización:  Que traballa con rigor, con criterios de xustiza e con eficacia nas súas actividades.  Con incidencia social e política nos colectivos do Sur e do Norte.  Que traballa con outras organizacións: ONGDs, Coordinadoras, Empresas… e outros organismos cos que complementamos a nosa misión.  Que colabora activamente con persoas voluntarias comprometidas neste proxecto común.  Que valora a creatividade, a “conciencia crítica” e a responsabilidade na construción “doutro mundo”.

L


HISTORIA DA FISC Inicios A FISC é creada pola Compañía de María , dende unha espiritualidade cristiá, baseada no valor da solidariedade, que durante catro séculos foi o fundamento da propia congregación para sustentar o desenrolo educativo dos países e grupos humanos máis empobrecidos. Traxectoria Dende a súa creación, a FISC foise enriquecendo no diálogo constante coas diversas culturas do mundo. Mencionamos entre outras a América Latina que nos proporcionou unha riqueza popular e o contacto co valor humano dos pobos indíxenas. O contacto c on Asia mantenos en constante diálogo con outras relixións, e condúcenos á universalidade creada polo ancestrais imperios asiáticos, creadores dos máis grandes inventos da humanidade. Unímonos á xuventude dos pobos de África e solidarizámonos con eles para vencer a marxinalidade e o esquecemento do que todos somos culpables. Realidade actual Hoxe en día, a FISC, está presente en moi diversos ámbitos de actuación, repartidos en 24 países e onde se desenrolan diversas actividades.

L


OBXETIVOS DA FISC Os dous obxectivos xerais son: - Sensibilización e Educación para o desenrolo dos cidadáns respecto aos problemas da pobreza, para impulsar a solidariedade cos colectivos marxinais que sofren unha extrema pobreza, marxinalidade, esquecemento e falta de voz. Constante denuncia das situacións xeradoras de inxustiza no mundo. - Cooperación para o desenrolo a través da financiación de actividades e proxectos que permitan mediante procesos de colaboración coas partes implicadas, a mellora das condicións de vida dos países empobrecidos, das minorías excluídas. Cun constante compromiso por acadar a equidade distributiva.

MISIÓN DA FISC Somos unha ONGD independente promovida pola Compañía de María que traballa na cooperación ao desenrolo e a educación ao desenrolo co compromiso de xuntar esforzos institucionais e persoais para construír un mundo global máis xusto. Por iso traballamos en fortalecer capacidades humanas para lograr procesos de cambio que permitan mellorar as condicións de vida nos países empobrecidos e diminuír as brechas existentes no mundo.

L


PLAN ESTRATEGXICO - Área de Cooperación PRINCIPIOS DE ACTUACIÓN Promover accións de cooperación tendentes a fortalecer capacidades humanas, principalmente das mulleres, que posibiliten cambios integrais nunha zona o rexión. Construción de Redes: promoción de alianzas con outras organizacións afíns á Misión da FISC e participación en coordinadoras e outras entidades. Promover accións de Educación para o desenrolo en países do Norte e Sur para propiciar cambios de mentalidades e condutas e construción dun mundo global máis xusto. Investigación en apoio á accións de Cooperación e Educación para o Desenrolo-Acción pública e presión política a través de campañas promovidas por FISC o en unión a outros movementos sociais OBXETIVOS ESTRATÉXICOS FISC ANO 2008-2011 1-Satisfacer as necesidades básicas: alimentación, vivenda, educación, saúde e seguridade nas zonas onde FISC ten presenza. 2-Reforzar a incidencia política nas áreas e zonas nas que traballamos mediante: L


- Participar en redes con organizacións que potencien a nosa capacidade para conseguir os nosos obxectivos e unan as realidades do sur y do norte. - Potenciar capacidades da FISC e das organizacións coas que traballamos nos países empobrecidos para influír nas políticas sectoriais. 3-Impulsar procesos de empoderamento, cidadanía e gobernabilidade. 4-Priorizar a educación coma un Instrumento de fortalecemento de capacidades persoais e colectivas. 5-Dinamizar de forma sostible as economías locais mediante procesos produtivos, comercialización y políticas de redución do paro para xerar ingresos nas poblacións máis empobrecidas. 6-Conseguir unha sociedade onde as persoas disfruten plenamente dos seus dereitos e liberdades. LÍNEAS ESTRATÉXICAS 1- Soporte a accións que contribúan a erradicar ou diminuír as causas da pobreza, as tensións sociais e impulsen a pacificación ou contribúan á democratización e modernización das institucións. As accións deberán contemplar mecanismos para a súa sostenibilidade futura. 2- Impulso á investigación Norte- Sur, Sur- Sur sobre temas relacionados con cooperación ao desenrolo. 3. Consideración da persoa como obxectivo principal e destinatario de toda a cooperación. L


4. Atención a persoas ou grupos máis necesitados dos países empobrecidos. 5- Impulso da igualade de oportunidades entre mulleres e homes no acceso efectivo de recursos, servizos, educación e formación e , en especial, na potenciación da totalidade de dereitos fundamentais y liberdades públicas da muller e o control de recursos e toma de decisións. 6- Mellorar as capacidades da FISC en xestión, calidade, eficacia e eficiencia da cooperación ao desenrolo que realiza. FAITE SOCIO E COLABORA COA FISC Coa túa axuda continuada seguiremos traballando por un “mundo máis xusto e solidario”. Hai varias posibilidades para facerte soci@: - A través de la Web Acceda ao seguinte formulario e cubre os campos. - Podes poñerte en contacto coa delegación da FISC máis cercana. Acceda á sección de delegacións, seleccione a máis próxima o seu lugar de residencia.Na ficha da delegación aparecen todos os datos de contacto e un formulario. - Por teléfono, chamando á central da FISC - no seguinte teléfono: 943 47 15 54

L


NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA Neste curso 2010-2011 quixemos impulsar novas actividades dentro do centro coa finalidades de promover o uso do galego dentro do centro. Unha nova remesa de mestres que entraron a traballar no centro decidiron entrar de cheo nesta labor. Non queremos impoñer o uso do galego a ninguén e en ningures, o que si queremos impulsar é o coñecemento da Lingua Galega e de toda a cultura que xira arredor dela. Con este motivo fixemos unha exposición do traxe tradicional galego, un concerto didáctico para o 2º e 3º ciclo de primaria, exposición de disco e libros, etc. Un proxecto que presentamos neste final de curso con vista ao curso seguinte é precisamente a realización desta revista. A revista L@ndr@ terá como finalidade a de informar a toda a comunidade educativa das actividades que se realizan no centro e aquelas outras que se realizarán no futuro, todo iso tomando como base un formato dixital e impreso he escrito na súa maior parte en galego (agás as seccións de linguas extranxeiras).

L


De cara ao ano que ven e ademais da revista, temos pensados outros proxectos que sexan atractivo tanto para o alumnado como para o resta da comunidade escolar. Ofertar ó ANPA do centro a posibilidade de crear unha escola de Baile Rexional, celebración do Día da Muiñeira, exposicións, concertos e proxeccións de películas en lingua galega son algún deses proxectos nos que estamos a traballar. Neste último tramo do curso empezamos a formar o grupo encargado de levar a cabo todos estes proxectos. Profesores como Chema, Lidia, Pamela, Alberto Hermáns e algún máis que se queira montar neste tren, traballarán o ano que ven para lograr unha maior implicación por parte de todos no uso e difusión da cultura galega.

L


L


Landr@ Nº1