Revista Dixital Quinesia 1

Page 51

P á x i n a | 51

Llegado este momento non podemos obviar a necesidade de crear, organizar e estimular interaccións múltiples entre iguais, persoas da contorna, membros da comunidade educativa, webs,... e aprendizaxes situados (Lave e Wenger, 1991; Wenger 2001)para resolver tarefas integradas en contextos diversos a través da reflexión colectiva. os escenarios de aprendizaxe non poden quedar constreñidos á aula ou biblioteca senón que debe traspasar eses muros escolares para desenvolverse nas áreas comerciais, no cine, no teatro municipal, naescolade teatro da zona oununha productora de gravación.

As aprendizaxes competenciais

contémplanse como coñecemento na práctica, un coñecemento adquirido a través da participación activa en prácticas sociais que, como tales, pódense desenvolver tanto no contexto educativo formal coma nos contextos educativos non formais e informais.

A estructura de tarefas asegura

a aprendizaxe competencial creando ambientes de

interacción reais vinculados a un determinado contexto cultural, social e de relacións. Astarefas integradas fomentan o papel activo e autónomo do alumnadoe requiren para o seu desenvolvemento unha gran variedade de métodos activos que estimulen e organicen as interaccións e a participación e implicación do alumnado e a adquisición e uso de coñecementos en situaciónsreais que xeren aprendizaxes

transferibles e duradeiros. A

variedade de tipos de aprendizaxe que a tarefa integrada require unhaverdadeira integración, e non oposición, de enfoques metodolóxicos adecuadamente empregados para a creación de ambientes de aprendizaxe ricos que amplíen as

oportunidades para aprender de todo o

alumnado. Xa que non existe ningún modelo capaz de facer frente a todos os tipos e estilos de aprendizaxe, non debemos limitar os nosos métodos a un modelo único.

Frente á oposición de modelosdebemos optar por un principio de integración que permita determinar o valor educativo das distintas formas oumodelos de ensinanza que facilite, en base a ese valor, construir unha práctica educativa máis axeitada.

A actividade que se lle propón ao alumnado describirá o proceso (cognitivo, afectivo ou motor) preferente que éste realiza e tamén describirán a actuación didáctica que realizará o docente e que é facilitadora do desenvolvemento dese proceso. Belén Sousa D.

Exemplificación de aprendizaxes competenciais a través dunha integración curricular por tarefas pp. 38-58

Revista Dixital Quinesia 2015 Vol. 1 ISSN 2444-4057


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.