Page 1

BIBLIOTECA ANDALUSÍ DE TOMBUCTÚ FONDO KATI


A biblioteca andalusí ou Fondo Kati atópase en Tombuctú (Mali). Nesta cidade, chamada a Alexandría da África negra, existían, ata os disturbios recentes, cinco importantes bibliotecas.


O Fondo Kati (al-Qutí; Qutí significa godo), reúne uns 3.000 volumes de libros e documentos pertencentes, na súa maioría, a mouriscos exiliados da Península Ibérica (musulmáns convertidos ao cristianismo) que remataron asentándose na beira do Níxer (s. XIV-XVI).


Entre os 3.000 manuscritos destacan 'As Crónicas sudanesas de Es-Saheli' (arquitecto e poeta de Granada do s. XIV) e un Corán de Ceuta, gravado en ouro. Calcúlase que hai uns 300 libros de autores andaluces, 100 de renegados cristiáns, 60 de comerciantes xudeus e o resto de temática árabe variada (relixión, ciencia, medicina, dereito, folosofía. etc.).

Corán de Ceuta


A orixe do Fondo atópase en Toledo, onde vivía Ali Ben Ziyad al-Quti, un musulmán obrigado a exiliarse en 1468 pola intolerancia relixiosa. Este persoeiro tiña unha enorme biblioteca, que transportou e aumentou antes de instalarse en Tombuctú.


Ismael Diadié e a súa familia, os gardiáns da biblioteca, son descendentes dunha familia de Toledo exiliada no s. XV. É fascinante como durante séculos mantiveron a obriga de conservar biblioteca herdada. No ano 2013 tivo que fuxir da guerra de Mali, conseguindo salvar máis de 7.000 documentos.


Ismail e seu pai percorreron as aldeas de Mali, conseguindo reunir mรกis de 3.000 documentos dispersos entre outros membros do clan desde o s. XIX.


No ano 2002 a Junta de Andalucía financiou a construción da Biblioteca Andalusí de Tombuctú, despois dun manifesto asinado por escritores como José Saramago, Antonio Muñoz Molina ou Juan Goytisolo, e que foi impulsado polo poeta ourensán José Ángel Valente, cuxo nome bautizou á biblioteca.


Fondo kati  

Breve presentación sobre esta bilbioteca tan fascinante polo seu contido como pola súa propia historia