Issuu on Google+

Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com

iNFORMA

febreiro 2009

A CIG mantén unha reunión coa Xerencia do Consorcio para afrontar distintas problemáticas que afectan ao seu persoal A petición da CIG, e trasladando as demandas que o propio persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, nos vén comunicando, o pasado día 10 de febreiro de 2009 celebrouse unha reunión de representantes do sindicato co Xerente do Consorcio, Lois Pérez Castrillo, para plantexarlle algúns temas relacionados con algúns aspectos que afectan ás condicións de traballo do seu persoal, e dos que informamos a continuación: •

O primeiro que lle reiteramos foi a esixencia de que, dado que agora, unha vez celebradas as eleccións sindicais, xa hai órganos de representación dos traballadores e traballadoras, como son os Comités de Empresa Provinciais e a Mesa de Negociación que se constituíu, debe mudar a dinámica de funcionamento, de xeito que todos aqueles asuntos que afecten ás condicións de traballo e salariais do persoal, como algúns dos que tratamos nesta mesma reunión, deben pasar por estes organismos, para o seu debate previo e negociación coas/ cos súas/seus representantes. Este é un exercicio democrático de negociación colectiva e, ademais, evitaría moitos problemas por tomar de xeito unilateral algunhas decisións e aplicar algunhas medidas, como as que siguen. Nesta liña criticamos a circular que trasladaron para o persoal de servizos centrais sobre o control da súa xornada, funcionamento das máquinas de fichar, consideracións sobre as horas de traballo fóra da xornada habitual, etc. Consideramos moi desafortunada esa circular tanto na súa redacción como nas conclusións que dela se desprenden, dando a impresión que se cuestiona a profesionalidade das persoas ás que vai dirixida. Presentámoslle sinaturas da xente afectada manifestando o seu melestar pola circular. Manifestou que esa non era a intención da circular e que estudiarán o xeito de matizalo e corrixir algunhas desas medidas. Tamén manifestamos o noso total rexeitamento á circular que enviaron aos centros sobre o dereito do persoal ao uso dos comedores. Parécenos totalmente inxustificable que se tomen medidas deste tipo que supoñen un retroceso con respecto á situación anterior. O persoal debe ter dereito ao uso gratuíto dos comedores nos seus centros porque o seu horario así o require, o seu salario non xustifica que sexa doutro xeito e porque, ademais, se o punto de referencia

do marco do Convenio, e non por apartados diferenciados, e que son os primeiros interesados en dotarse canto antes dese marco que regule as condicións e relacións co seu persoal. Presionámoslle para que a xornada se aplique canto antes e as subas salariais se comprometan con prazos concretos. Condicionou os dous temas ás posibilidades presupostarias, sobre todo tendo en conta que ata o 2010 teñen previsto facer unha oferta de emprego público estable de aproximadamente 600 prazas, e comprometeuse a estudiar a súa execución, sobre todo no tema da xornada. En calqueira caso, as negociacións non se darán antes do mes de abril.

de cara ao futuro vai ser o Convenio Único do Persoal Laboral da Xunta, así se recolle no mesmo. Para nós este tema non tén discusión. Comprometeuse a estudiar a posibilidade de aceptar a nosa proposta e modificar a circular para que o persoal poida comer gratuitamente. •

Proceso selectivo que xa está en marcha.- Rematado xa o prazo de inscrición para unha parte das prazas, hai que agardar a que remate para as prazas de xericultoras/es e PSX dos centros de atención a persoas maiores, o día 23. Unha vez revisadas a totalidade, farán pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas. O tempo virá marcado polo nº de solicitudes total, que aínda non coñecían porque parte delas foron presentadas nos concellos. O prazo de reclamación ás listas provisionais será de cinco días e, unha vez estudiadas as reclamacións, farase pública a lista definitiva.

Comprometeuse a facer pública a composición dos Tribunais a finais do mes de febreiro así como, posiblemente, a data e lugares de celebración das probas. Haberá un único tribunal para os Servizos Centrais e no resto, aínda que será un por centro de traballo, os membros que designará o Consorcio serán os mesmos para cada provincia e categoría. As probas serán iguais para cada categoría e celebraranse todas o mesmo día e á mesma hora. •

Negociación do Convenio.- Demandámoslle axilizar o inicio das negociacións, tomando sempre como referencia de obxectivo a acadar o Convenio do Persoal Laboral da Xunta, e ir abordando xa aqueles aspectos que, para nós, son máis importantes: aplicar canto antes a xornada de 37 horas e media para todo o persoal, e negociar as retribucións, marcando un calendario que poida homologalas nun prazo razoable co persoal da Xunta. Manifesta que desde o Consorcio calqueira negociación terá que ser dentro

Protestamos polos reiterados retrasos no pago das dietas do persoal de I+B. Recoñece que eses pagos deberían facerse efectivos ao mes seguinte e que tomaría as medidas para corrixilo no futuro.

Preguntamos polo retraso no cobro do Complemento de Dirección nalgunhas galescolas. Respostou que se pagará con efectos retroactivos desde que se estea cumprindo esa función unha vez que ese persoal teña os correspondentes nomeamentos.

Listaxes de agarda e sustitucións.Comprometeuse a nomear unha Subcomisión dentro da Mesa para negociar e acordar uns criterios claros a aplicar e tratar de que haxa unha soa lista.

Sobre o problema que plantexan algunhas persoas que acadaron praza como persoal laboral fixo no último proceso selectivo polo xeito de reflexalo no seu contrato e a súa negativa a asinalo, quedaría zanxado toda vez que a intención do Consorcio é enviarlle a todo o persoal un nomeamento no que se especificará a súa condición laboral, así como un modelo de contrato específico.


A CIG mantén unha reunión coa Xerencia do Consorcio