Page 1

Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com

iNFORMA

marzo 2009

Alcaldías do PP néganse a designar os membros para constituír os tribunais para as probas de acceso ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar Con este boicot, procuran que non se poidan realizar as probas, segundo o calendario previsto e acordado na Mesa de negociación. Por este motivo, o Consorcio vén de informarnos que continuará constituíndo os tribunais, pero que lles será imposíbel realizar as probas, antes da toma de posesión do novo goberno, tal como está previsto, pola demora ou negativa dos concellos a nomear os seus representantes. A CIG quere denunciar a actitude obstrucionista e boicoteadora de todo esta proceso, por parte do PP, que vén de amosar a total desconsideración co persoal do Consorcio, usándoo como carne de canón para intereses políticos totalmente espurios. Desde a CIG, exixímoslle ao PP que cese nesta política de total menosprezo coas traballadoras/es, designando os membros dos tribunais que lles corresponden aos concellos. Sería preocupante que o Consorcio retrasase as datas da realización dos exames para despois da constitución do novo goberno, o que suporía asumir na práctica a extorsión antidemo-

crática e o acoso do partido popular, cuestión totalmente rexeitábel para nós e que amosa falta de valentía para continuar para diante. Desde a CIG, reclamamos que baixo ningún concepto se retrase a realización das probas. Con este obxectivo temos convocada unha asemblea do persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o sábado, 28 de mar-

zo, en Santiago, na cal someteremos a consideración unha serie de accións e mobilizacións para facer que as probas se realicen nos prazos previstos e non se ceda ante a chantaxe do PP. Temos previsto levar a cabo unha concentración mañá, sábado, 28 de marzo, ás 13:30, diante do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.


Boicot do PP ao Consorcio  

Alcaldías do PP néganse a designar os membros para constituír os tribunais para as probas de acceso ao Consorcio Galego de Servizos de Igual...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you