Issuu on Google+

Confederación Intersindical Galega www.cig-ensino.com

iNFORMA

febreiro 2009

Resposta da CIG-Ensino á Dirección do Emiliani Respecto da información publicada nun blog e asinada pola dirección e un grupo de traballadores/as do centro San Xerome Emiliani, a CIG-Ensino quere aclarar: 1. Denomínase conflito colectivo todo conflito laboral que atinxe a un grupo de traballadores, calquera que este sexa. O San Xerome é un centro que se divide en sector educativo e asistencial, e a situación denunciada afecta a todas as traballadoras e traballadores do sector asistencial. Por outro lado a CIG optou por presentar este conflito como organización sindical unha vez que se comprobou que existían presións sobres os traballadores que podían condicionar a súa libre decisión. 2. Os membros da dirección do centro, en canto que director e xerente do mesmo, teñen determinadas responsabilidades que soamente a eles competen e das que se deriva unha maior dedicación, horaria tamén, ao centro. Precisamente por este motivo gozan dun complemento salarial que supera os 315 € mensuais. Por outro lado forman parte da Xunta Directiva da empresa onde, malia non ter voto, si teñen voz e son as únicas persoas do centro presentes nestas reunións e que poden trasladar á Xunta directiva a súa visión. Neste sentido non son dous traballadores máis, pois ningún outro traballador ten a súa responsabilidade, voluntariamente aceptada, nin percibe eses complementos retributivos, nin pode estar presente nas reunións da Xunta Directiva para opinar e presentar as súas propostas. A dirección, como en todo centro de traballo, é a representante da

empresa ante os traballadores, é quen organiza o traballo, estipula que traballadores a tempo parcial teñen preferencia para incrementar a súa xornada ou designa os postos de mando e especial responsabilidade entre os traballadores do centro, tal e como veñen facendo neste centro, onde son os que falan cos traballadores despedidos e lles comunican se se lles vai pagar ou non a cantidade adebedada. En definitiva, non son dous traballadores máis e a súa presenza nas asembleas condiciona a libre expresión das traballadoras e traballadores por seren membros da Xunta Directiva. 3. Volvemos dicir que a CIG-Ensino foi quen propuxo unha solución dialogada a este conflito, e que nela leva traballando desde xuño de 2008, sendo a empresa quen rompeu o acordo acadado cos traballadores. Despois de seis meses e que a empresa rompese o acordo, en decembro de 2008, foi cando se presentou a demanda, que podía ter sido presentada no propio mes de xullo. 4. Pola nosa parte debemos dicir que un grupo importante de traballadores e traballadoras asumen a forma en que se está a levar o conflito, precisamente este avanza tendo en conta a opinión dos traballadores que, maioritariamente, participan nas asembleas. En calquera caso foi a Xunta directiva quen restrinxiu a posibilidade de realizacións de asembleas no centro e foi o

febreiro 2009

xerente do centro quen tentou cuestionar que unha representante sindical se dirixise aos traballadores nunha asemblea debidamente convocada con expresións do tipo non sei por que tes que vir ti aquí a comentar nada. Queremos deixar claro tamén que fomos especialmente atentos co centro e procuramos que a conflitividade non atinxise un determinado nivel porque sempre, desde a CIG-Ensino, recoñecimos e recoñecemos o labor realizado desde o centro. 5. Acúsasenos de manipulación informativa e se utiliza a unha traballadora do centro que no seu día foi elixida delegada sindical en representación da CIG. Esta traballadora non foi marxinada en ningún momento, foi ela quen, estando convocada a todas e cada unha das reunións realizadas, non asistiu nin se puxo en contacto co sindicato. Neste momento esta compañeira renunciou á súa acta de delegada. 6. A dirección do centro confunde deliberadamente a demanda de conflito colectivo, presentada pola CIG, e a demanda contra a comunicación de incremento de xornada presentada por un conxunto de traballadores, é dicir, están presentadas dúas demandas e a demanda de conflito colectivo por incumprimento de convenio foi presentada pola CIG en representación de todos os traballadores afectados que contan co apoio das traballadoras dos sectores non afectados.


Resposta da CIG-Ensino á Dirección do Emiliani