Issuu on Google+

O noso equipo de cociñeir@s

Aquí está o mellor fogón, Ese que os cociñeiros cociñeiros Chaman imaxinación. Cociña das palabras que se come polos ollos sen garfo nin culler


Alíñanse nun momento estrelas con adxectivos e corcheas con pementos. Ao mercado a por palabras! hai milleiros de receitas para poder cociñalas.

MENÚ 1

Paxarela de papel á cazola A paxarela deberá ser da especie especie que chaman escolar,


esas de carne papirofléxica e pintas de caligrafía nas ás.

Tómase unha cazola de barro e prepárase un rustrido con allo, tomate e reladura de palabras ESDRÚXULAS. ESDRÚXULAS. En menos de cinco minutos as súas carnes soltarán soltarán a tinta, e guisaranse na súa salsa ABCedaria.


C贸idese que a paxarela estea ben mantida

con letras de copias e ditados, limpa de erros e faltas

que, como se sabe, son a mala herba da ortograf铆a.


BUFANDA DE PESCOZO A bufanda é tamén un réptil comestible de ata máis de un metro de l o n g o.

Non é nada recomendable facela ao forno; resulta mellor botala ao p e s c o z o. Para iso, tómase a bufanda e colócase arredor da cabeza,


dándolle unha ou máis v o l t a s .

Aínda que a súa carne é fibrosa, irase abrandando coa c a l o r. No inverno está exquisita, coma quen di, para tapar a b o c a.


SORBETE DE CORCHEAS

As notas musicais foron sempre un froito exquisito.

T贸manse un a un os ramalletes de corcheas do pentagrama e b谩tense con clara de ovo xeada.


O zume de corcheas é un licor melodioso que vai estupendamente para o ardor de estómago; Pero, consumido en exceso, Pode provocar unha trompa coma un piano

Por iso tómase a groliños E coa palliña dunha frauta doce.


BO PROVEITO!


MENÚ 2


Aquí está o mellor fogón, Ese que os cociñeiros Chaman imaxinación.

Cociña das palabras que se come polos ollos sen garfo nin culler. Alíñanse nun momento estrelas con adxectivos e corcheas con pementos.

Ao mercado a por palabras! hai milleiros de receitas para poder cociñalas.


CARAPUCHOS DE BOLÍGRAFO BOLÍGRAFO

Arríncanse os carapuchos dunha ducia e media de bolígrafos

e póñense a ferver uns vinte minutos


O bolígrafo é animal de TINTA fría, xa se sabe. sabe.

Hai quen adoita comelos crus, rillando a súa dureza de molusco.

Máis o seu é fervelos.

Á parte de abrandalos, elimina as impurezas ortográficas e evita que enchas os labios coa súa TINTA.


Vanlle que nin pintado ĂĄ sopa de letras.

Sopa de sobres

Os sobres tĂŠĂąense en remollo a noite anterior para que os selos desapeguen.


Selos, por certo, reais; selos matados, exquisitos, cos que se poderá aliñar unha ensalada.

Nunha pota con dous litros de auga, poremos a ferver os sobres durante uns vinte minutos.

O resultado será unha sopa rica en glicosa e corazón, corazón,


recomendadísima para as noites de inverno nas que a ausencia de amizade déixanos desamparados.

Aconséllase que os sobres sexan de cartas de amor ou de postais exóticas.


(Os de bancos e organismos oficiais amargan e dan ardores. Tampouco serven os que conteñen publicidade; soltan o ventre) CHULETAS MATEMÁTICAS

Sácanse as matemáticas do frigorífico


e vanse deixando dun día para outro.

A noite antes alíñanse con sal,

unha fracción decimal decimal


e reladura fresca de raĂ­ces cadradas. Fortalecen a memoria.

Hai quen as prepara en xuĂąo e quen os deixa colgadas ata setembro.


XEADO DE BÁGOAS

Hai que ir gardando as bágoas

Durante todo o inverno, en dous frasquiños; Nun poremos as bágoas do pranto; Noutro, as da risa,


Non vos fiedes dos que venden nas xeaderías;

Son bágoas falsas, importadas de Exipto, Bágoas de crocodilo.

Mellores son as caseiras: As da avoa cando Está de aniversario,

Ou as de papá Cando corta cebola.


Bater logo con azucre E agardar a que callen no conxelador. O xeado de bรกgoas de risa Sabe a parasol mandarina. O de bรกgoas de pranto, a flor de penumbra.


Receitas