Issuu on Google+

AS FESTAS DO ANO O Outono


Margarida Edicións 2009 DL:

Reb.012-09

85-012-09 “As festas do ano: O outono” ISBN:

Texto e Ilustracións : Alumnado,familias e profesorado do Ceip Santo Paio de Abaixo Curso 2008/2009


Contos cantos refráns adiviñas… ------------------------------

Recollidos polos nosos alumnos e alumnas CURSO 2008-09


ADIVIÑAS No alto se cría,

Críase no aire

no alto se ten,

e no aire se mantén,

bota unha risada

pero cando se ri

e perde o que ten.

queda sen o que ten.

Alto me vexo

Estou alto,

no meu caporexo,

o corpo de ouro teño,

ladrón vexo vir

e cunha risada

e non podo fuxir.

perdo todo o que teño.

Alto me vin,

Unha cousa

baixo me vexo,

que vive na devesa

e aló enriba

e vaille picar

quedoume o pelexo.

o cu a artesa.


Que cousa cousiña é que pica moito por fóra e por dentro sabe ben?

No souto vivo, mírame a xente e cando me río quedo sen dente .

Alto de pé E redondo de bólo e no medio ten unha chirimbola, cunha risada que deu perdeu o que Dios lle deu.


Son verde e non son limón, son moura e non son carbón,

Verde na árbore, madura pica e se a comes asada está moi rica. Que é?

son vermella e non son sangue, son branca

É unha festa

e non son papel.

que non é en xuño

Que cousa cousiña son?

tampouco en agosto, é en outono cando enfría o rostro.

Cal é a cousa, cal é ela, ten tres capas de inverno: a primeira mete medo, a segunda é lustrosa, a terceira é amargosa?

Ten pelexo como a xente e é moi boa para comer, chega polo mes de santos e todo o ano a tes.


Alto me vexo no meu capalexo e por unha risada quedei sen nada.

Un se単or barbudo poleirado no seu casti単eiro, que cando ri solta o di単eiro

Ten barbas e home non 辿, ten dentes e non pode comer.


POESÍAS Outono saboroso de noces pechadas, de millo torrado e castañas asadas. Outono na escola, amigos e amigas, magostos felices, traballo e cantigas.

De alá da banda do río ten meu pai un castiñeiro que dá castañas en agosto e uvas brancas en xaneiro.


REFRÁNS 

Lóstrego por San Xoán, as castañas o pagarán.



Castañas, noces e viño, fan a ledicia do San Martiño.



Por San Martiño faise o magosto con castañas e viño.



Castañas no nadal cómense ben e pártense mal.



Por San Martiño o que non mata o porquiño non ten lacón nin touciño.



San Martiño vai ao magosto e mata o porquiño.



Con castañas asadas e viño novo xa non morre o pobo.



Sempre ao porco máis ruín halle tocar unha boa castaña.



A castaña no agosto quere arder e no setembro beber.



Castañas que estades no castiñeiro, ao chegar o San Martiño ides ao braseiro.



As castañas por San Martiño, asadas ou cocidas e unha taza de viño.




Por San Martiño non se collen fabas nin millo.



Setembro e outubro o magosto ha de vir, castañas e viño hai que pedir.



Antes de San Martiño pan e viño; despois de San Martiño fame e frío.



Outono quente trae o demo no ventre.



Polo San Andrés o viño novo vello é.



Outono chuvioso, ano copioso.



Polo San Miguel sabe o touciño a mel.



Castaña, a primeira, e noz, a postreira.



As castañas queren en agosto arder e en setembro beber.



Setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.



Por San Martiño zapa o viño e sementa o teu alliño.



San Román atestado, San Martiño probado.



A castaña que está no camino é do veciño.




Auga de agosto nin bo viño nin bo magosto.



A castaña do magosto é un manxar delicioso.



A castaña ten unha maña: que se vai con quen a apaña.



A todo porco lle chega o San Martiño.



Polo San Martiño trompos ao camiño.



Por San Miguel castañas asadas e viño tamén.



Polo San Ciprián castañas maduras na man.



Polo San Martiño magosto e viño.



Que os figos de outono os coma o seu dono.



Por San Martiño atesta o viño.



Por San Martiño mata o porco e abilla o viño.



Por San Martiño sementa o teu alliño.



As castañas no San Martiño e un bo xerriño de viño



fan o vello mociño.



Castañiñas a roer, piolliños a nacer.




Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.



Castañas que despois de San Martiño quedaron no souto, son do moucho.



Se xantas castañas, de visita non vaias.


DITOS 

Castañiña castañeira, gústame o teu cheiro na lareira.



A castaña cortada e asada, que rica está ao papala!



Xa sopra o vento, chegou o momento, cun amplo sorriso, regañou o ourizo.



Para quitar o frío e fartarte ben, podes comer castañas e viño morno con mel.



Para un bo magosto ter, en agosto ha de arder e en setembro beber.



As castañas saben ben pero pártense mal.



Antes son os meus dentes que os meus parentes.



No tempo do magosto cómense as castañas, zámpase o viño e mátase o porquiño.




Con castañas asadas e sardiñas salgadas, non hai viño ruín.



Polo San Martiño como un cucuruchiño ben quentiño dos froitos dun ouriciño.



Nun curruncho todas marróns, moi quentiñas as poñen, os rapaces pélanas e así as comen.



Se queres asar unhas boas castañas, haste dar unha boa maña.



Despois dos magostiños faremos as matanzas e todos xuntiños encheremos as panzas.



En outubro castañas a mogollón, pero non chas quero, non e non.



Ao magosto fun e castañas comín, limpo fun e negro volvín.



Castiñeiro do meu eido, dáme o froito máis tempraneiro.


FRASES FEITAS

Sacar as castañas do lume. Facer un bo magosto. Auga de ferver castañas .

Toma castaña! Dar unha castaña. Quedar en auga de castañas.


CANTIGAS O magosto … para agosto … Que movida! ( Antón Reixa. Os Resentidos).

As castañas ben se comen, o viño vaise bebendo, o cariño vai entrando, a honra vaise perdendo.

A castaña no ourizo quixo rir e resbalou, caiu do castaño abaixo, olla que pago levou.

A castaña no ourizo eu ben sei o que fai, se é que está verde, madura, e se está madura, cae.

Indo polo souto abaixo escorrín nun ouriciño. Ai! Que tres castañas levo do souto do meu veciño!

A castaña no ourizo quixo rir e rebentou caendo castiro abaixo. Mira que golpe levou!


Señora María, señor Manuel, castañas asadas e viño con mel. Señora María, señor Manuel.

- Miña nai, dóeme a barriga. -Miña filla, confesión; as castañas que comiches, de que castiñeiro son?

Santo que estás no camiño bota as castañas abaixo, que anque non teña mandil apáñochas no refaixo.

Castañas asadas e viño con mel e a miña señora detrás do tonel.


Esta noite fun ao muíño cun fato de nenas novas,

Señora María,

elas todas en camisa

señor Manuel,

i eu no medio en cirolas.

Castañas asadas e viño con mel,

Indo polo souto abaixo

E viño con mel,

atopei un ouriciño,

e viño con mel,

tres castañiñas me deu

Señora María,

para ti, meu queridiño.

señor Manuel.

Acabáronse as vendimas

Agora que vén o tempo

e veñen as esfolladas

de facer as esfolladas

para comer coas mozas

comeremos coas nenas

castañas asadas.

catro castañas asadas.


Come moitas, come moitas as castañas do magosto, come moitas, come moitas, viño novo non é vello.

Non chas quero, non chas quero,

Miña virxe da Lanzada bota castañas abaixo, anque non teño mantelo collereinas no refaixo.

Non chas quero, non, castañas do teu magosto, non chas quero, non, que me cheiran a chamosco.

castañas do teu castañal, Non chas quero, non chas quero, que me poden facer mal.

Non chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto, non chas quero, non chas quero que me cheira ao chamosco.


Castañiñas, castañiñas mira que estades boíñas, unhas veces asadiñas e outras cocidiñas.

Xa chegou o San Martiño, comeremos as castañas,

Xa sopra o vento

beberemos moito viño

chegou o momento,

para non perder as mañas.

cun amplo sorriso regañar o ourizo.

As castañas son castañas, os ourizos son ourizos,

Gústanme as castañas,

os ollos da túa cara

gústame o magosto,

para min son dous feitizos

pero gustaríame máis que fora en agosto.


O San Martiño de Lérez bota as castañas para abaixo, as grandes bota no cesto e as pequeñas van para o refaixo

A min gústanme as castañas, non o podo negar, e no día do magosto Podo delas disfrutar.


CONTOS O CONTO DA CASTAÑA PILONGA Érase unha vez unha castaña pilonga que vivía no froiteiro dunha cociña pequerrecha, pequerrecha. A cociña pequerrecha era dunha vella moi velliña que tiña unha casa estreita, estreitiña, no medio dun monte chusquiño, chusquiño. No monte chusquiño vivían: silveiras, carballos, toxeiras e un castiñeiro frondoso, frondoso, que tiña un ourizo picañento, picañento. Pero … o ourizo picañento estaba moi triste, tristeiro, porque a súa castaña marchara coa vella, velliña, a vivir no froiteiro da súa cociña.


LENDAS 

As castañas son consideradas como froitos funerarios; cómense a véspera do día dos difuntos ou déixanse para que os mortos as coman durante a noite.



Tamén é coñecido o feito de que pisar unha castaña ao ires polo monte, fai que a persoa non teña nunca amores. É posible que iso sexa pola súa forma de corazón.



Soñar con castañas crúas é aviso de ter que facer algo urxente. Se son cocidas é que a persoa é moi débil de carácter. Se son asadas é un aviso de precaución.


FÁBULA

Este era un vento ventoso rápido como un oso, cría que era o mellor e equivocábase, si señor. Para lograr facer unha fazaña retou unha castaña a unha grande carreira partindo do río, na beira. Comezou a maratón e o vento correu un montón: Vou botar unha sesta, a castaña á meta non chega! As horas que pasaron foron doce e o vento seguía sen dar golpe. A castaña, aínda que regordecha, esforzouse e chegou á meta. -Tíñao merecido- dixo o vento. Se un se esforza, que máis dá ser lento? Recibín o meu escarmento!


BURLA - Como te chamas? - Comecasta単as. - Eu as como e ti as apa単as!


UN POUCO DE HISTORIA En Galiza, ata que non chegou a pataca de América, era a maior fonte de hidratos de carbono. Aínda se toman con leite, no caldo, con chourizo, con ovos. As que non se consumen frescas lévanse ao canizo para secar e tomalas todo o ano.

A ORIXE DO TERMO Hai varias teorías sobre a orixe do nome “magosto”. Mentres uns coidan que vén do latín “ magnus ustus”, algo así como “gran fogueira”, outros pensan que deriva de “magno”, que equivale a grande, con algo de “magus”: máxico e feiticeiro …


Fin


Dende o equipo de Normalización Lingüística queremos agradecer ás familias a súa colaboración na elaboración deste cuaderniño aportando as adiviñas, poesías, refráns, cantigas, ditos,… que se atopan aquí recollidos.


EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÚÍSTICA

CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO Reboreda Redondela


As_Festas_do_Ano