Page 1

CADERNO DE PRÁCTICAS DE LABORATORIO FÍSICA E QUÍMICA 3º ESO

Nome: Grupo:

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2009/2010 1


NORMAS DE SEGURIDADE NUN LABORATORIO Non se pode comer nin beber no laboratorio. Non deixar prendas de abrigo nin obxectos personales enriba da mesa. Non levar bufandas nin prendas que dificulten a mobilidade. Non andar dun lado cara outro sen motivo. Recoller o cabelo. Ter na mesa só os guións de prácticas e un bolígrafo. Ter as mans limpas e secas. No caso de que se teña unha ferida, é necesario tapala. Non inxerir, ulir ou tocar productos químicos. Manter a área de traballo limpa e ordenada. No caso de que se produza un accidente, comunicarllo inmediatamente ao profesor. Lavar as mans ao saír do laboratorio. Non pipetear líquidos coa boca. Non manexar productos descoñecidos. Non utilizar material de vidro roto. Se rompe algo, avisar ao profesor. Manexar os aparellos eléctricos con seguridade, nunca coas mans molladas. Se hai que quentar unha substancia nun tubo de ensaio, empregar sempre unhas pinzas e evitar que a boca do tubo se dirixa cara algún compañeiro. Utilizar material limpo para coller un producto químico dun frasco, para así evitar a súa contaminación. Pechar inmediatamente os frascos despois de utilizalos. Ao rematar a práctica, deixar o material limpo, ordenado e o productos no seu sitio.

2


SINAIS DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Substancias que en contacto con tecidos vivos, poden exercer unha acción destrutiva dos mesmos.

Substancias non corrosivas que en contacto coa pel poden producir unha reacción inflamatoria.

Substancias que por inhalación, inxestión ou penetración cutánea, en pequenas cantidades poden provocar efectos agudos, crónicos ou incluso a morte.

Substancias que en contacto con outras, expecialmente inflamables, producen unha reacción fortemente exotérmina.

Substancias que por inhalación, inxestión ou penetración cutánea, poden provocar efectos agudos, crónicos ou incluso a morte.

3


PRÁCTICA Nº 1.- IDENTIFICACIÓN DE MATERIAL

4


Enriba da mesa atoparás diverso material de laboratorio. Identifícao baseándote nos debuxos anteriores e, seguindo as indicacións da profesora, indica para que se utiliza cada un. Completa a táboa: MATERIAL

UTILIDADE

5


PRÁCTICA Nº 2.- MEDIDA DE MASAS E VOLUMES. CÁLCULO DA DENSIDADE DUN CORPO SÓLIDO. 2.1.- MEDIDA DA MASA DUN CORPO MATERIAL Balanza dixital Vidro de reloxo Espátula (emprégase cando se quere medir a masa dun reactivo sólido). PROCEDEMENTO Encende a balanza. Coloca enriba da balanza o vidro de reloxo, se o que vas a pesar é un reactivo. Pulsa “tara”. Coloca enriba do vidro de reloxo o obxecto que queres pesar. Anota o resultado obtido. Masa =

2.2- MEDIDA DO VOLUME DUN LÍQUIDO MATERIAL Matraces aforados Pipetas (con aspirador) Buretas Probetas Contagotas Vaso de precipitados PROCEDEMENTO Engade nun vaso de precipitados aproximadamente 200 ml de auga utilizando un frasco lavador. Mide cunha probeta 25 ml de auga. Para isto vértese o líquido na probeta limpa e seca, e lese directamente a altura acadada. Para evitar o erro de paralaxe, debe lerse o volume situando os ollos ó mesmo nivel acadado polo líquido Emprega unha pipeta e unha bureta para medir 10 ml de auga. Enrasa correctamente un matraz aforado.

6


2.3.- MEDIDA DO VOLUME DUN SÓLIDO MATERIAL Corpo sólido Probeta PROCEDEMENTO O volume dun sólido irregular, como, por exemplo un anaco de mineral, mídese polo desprazamento dun líquido nunha probeta. Engade auga, aproximadamente ata a metade, a unha probeta. Introduce o corpo sólido (o mesmo da experiencia anterior) e anota o seu volume.

Volume

corpo

= Volume

auga despois de introducir o corpo

– Volume

auga antes

=

CUESTIÓNS 1. Calcula a densidade do corpo que utilizaches na práctica coas súas unidades correspondentes. d =

m V

2. Expresa esta densidade en unidades do sistema internacional.

7


PRÁCTICA Nº 3.- SUBLIMACIÓN DO IODO MATERIAL Vaso de precipitados Cápsula de porcelana Chisqueiro de gas ou de alcohol Frasco lavador Espátula Soporte, doble noz e aro de ferro REACTIVOS Iodo ( I2) FUNDAMENTO TEÓRICO A sublimación é o cambio de estado de sólido a gas, sen pasar polo estado líquido. O iodo é unha substancia de cor grisácea que sublima facilmente ao se quentada, formando uns vapores de cor violeta. PROCEDEMENTO Realiza a montaxe do soporte, doble noz e aro de ferro para colocar un vaso de precipitados a certa altura da superficie da mesa. Coa axuda dunha espátula, deposita un pouco de iodo no fondo dun vaso de precipitados. Tapa o vaso de precipitados cunha cápsula de porcelana na que debes introducir auga con xeo. Encende o chisqueiro para quentar suavemente o vaso de precipitados e apágao en canto observes unha certa coloración violeta. Espera uns minutos, que observas? CUESTIÓNS 1. Como explicas o último fenómeno observado.

2. Que se forma na parte inferior da cápsula?

8


PRÁCTICA Nº 4.- COMPROBACIÓN EXPERIMENTAL DA LEI DE GAY-LUSSAC MATERIAL Pinzas de madeira Chisqueiro de gas Globo FUNDAMENTO TEÓRICO Se se mantén constante a presión dun gas, o volume e a temperatura do mesmo son directamente proporcionais. Isto significa que ao aumentar a temperatura do gas, aumenta o seu volume. No laboratorio o experimento realízase a presión constante (presión atmosférica) e o gas empregado é aire. PROCEDEMENTO Axustar o globo na boca do matraz Erlenmeyer. Suxeitar o matraz coas pinzas de madeira. Quentar suavemente o matraz co chisqueiro de gas (mover lixeiramente) CUESTIÓNS 1. Explica o que observas e fai un debuxo.

2. Se retiras o matraz do lume, que observas? Razona a resposta.

9


PRÁCTICA Nº 5.- SEPARACIÓN DO COMPOÑENTES DUNHA MESTURA HETEROXÉNEA 5.1.- FILTRACIÓN MATERIAL Soporte, doble noz e aro de ferro Funil de vidro Papel de filtro Tixeiras Dous vasos de precipitados Variña de vidro Frasco lavador Espátula Fariña FUNDAMENTO TEÓRICO Unha mestura heteroxénea é aquela na que a simple vista se poden distinguir os seus compoñentes. Se mesturamos un sólido insoluble en auga, con auga, teremos unha mestura heteroxénea. Os dous compoñentes poden separarse facilmente mediante filtración. PROCEDEMENTO Realizar a montaxe do soporte, doble noz e aro de ferro. Colocar no aro de ferro o funil de vidro e debaixo un vaso de precipitados. Recortar un papel de filtro e fixalo ao funil de vidro. Mesturar nun vaso de precipitados auga con fariña. Filtrar pouco a pouco a mestura axudándose da variña de vidro.

CUESTIÓNS 1. Que queda retido no papel de filtro? Que cae no vaso de precipitados?

10


5.2.- DECANTACIÓN MATERIAL Soporte, doble noz e aro de ferro Funil de decantación Dous vasos de precipitados Frasco lavador Espátula Aceite FUNDAMENTO TEÓRICO Unha mestura heteroxénea é aquela na que a simple vista se poden distinguir os seus compoñentes. Se mesturamos dous líquidos inmiscibles (que non se poden mesturar), na parte superior quedará o líquido menos denso. Os dous compoñentes poden separarse facilmente mediante decantación. PROCEDEMENTO Realizar a montaxe do soporte, doble noz e aro de ferro. Colocar no aro de ferro o funil de decantación e debaixo un vaso de precipitados. Comprobar que o funil de decantación ten a chave de paso pechada. Mesturar nun vaso de precipitados auga con aceite. Engadir a mestura ao funil e deixar repousar. Separar os dous compoñentes. CUESTIÓNS 1. Que líquido se sitúa na parte superior? Por que?

2. O aceite, é máis denso ca auga?

3. O aceite, é máis viscoso ca auga?

11


PRÁCTICA Nº 6.- PREPARACIÓN DUNHA DISOLUCIÓN MATERIAL Vaso de precipitados Frasco lavador Espátula Vidro de reloxo Balanza Contagotas Matraz aforado FUNDAMENTO TEÓRICO Unha disolución é unha mestura homoxénea, polo tanto, a simple vista non se poden distinguir os seus compoñentes. Está formada por un ou varios solutos e un disolvente. Se o disolvente é auga, a disolución chámase acuosa. PROCEDEMENTO Preparar 250 mL dunha disolución de cloruro de sodio en auga, de concentración 2g/L. Calcular a cantidade de soluto necesaria:

Pesar nunha balanza dixital o soluto. Para iso hai que empregar un vidro de reloxo e unha espátula (recordar o realizado na práctica número 2). Disolver o soluto en auga, empregando un vaso de precipitado e unha variña de vidro. É moi importante empregar un volume de auga menor a 250mL. Engadir o contido do vaso de precipitados nun matraz aforado de 250mL. Engadir auga no matraz ata a marca de enrase. Enrasar empregando un contagotas.

12

Cuaderno de laboratorio para 3º de ESO  

Guiones de prácticas con objetivos, material, fundamento teórico, procedimiento y cuestiones.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you