Page 1

Casa da Xuventude de Ourense R/ Celso Emilio Ferreiro, 27 32004 Ourense Tfno: 988 228 500 Correo-e: secretaria@casaxou.com www.casaxou.com

de redacci贸n das

concurso

organiza:

colabora:

1. 2. 3 4 5 6. 7 8. 9 10 11 12

Casa Solid aria

Asociaci贸n Xuvenil Amencer Praza Don Bosco, 1, baixo 32003 Ourense Tfno: 988 218 123 Correo-e: amencer@amencer.org www. amencer.org

meses tarefas bases sobre as que

constru铆r unha

Casa

Solidaria


A Asociación Xuvenil Amencer e a Casa da Xuventude de Ourense dentro da actividade “Casa Solidaria” convocan un concurso de redacción das bases sobre as que construír unha “Casa Solidaria”, co fin de sensibilizar aos cativos e xente moza sobre o valor da solidariedade. BASES 1_Poderán participar todos os nenos e nenas, mozos e mozas da Comunidade Autónoma de Galicia con idades comprendidas entre os 6 e os 30 anos inclusive. 2_O tema é a redacción do texto para despois deseñar un marcapáxinas co(s) texto(s) seleccionado(s); o texto debe recoller ou indicar que 12 características ou 12 tarefas contribúen a construír unha “Casa Solidaria”. O deseño final será repartido entre os participantes na actividade de “Casa Solidaria” que se organice no mes de Nadal na Casa da Xuventude de Ourense, en colaboración con outras entidades e asociacións da cidade no ano 2010. 3_Cada participante redactará unha característica ou tarefa para que cada mes do ano a nosa casa sexa realmente unha “Casa Solidaria”; en total,

serán 12 características ou tarefas. 4_A redacción dos textos será orixinal e inédita e terá unha extensión máxima de 365 palabras. 5_Os textos poderán levar un título ou encabezamento que preceda á enumeración das 12 características ou tarefas. 6_A lingua que se empregue na redacción do texto será o galego. 7_O prazo de presentación dos textos rematará o 11 de novembro de 2011. 8_Os textos entregaranse nos locais da Asociación Xuvenil Amencer, na Praza Don Bosco, 1 - baixo, CP: 32003 - Ourense; en man, por correo ordinario ou por correo electrónico (amencer@amencer.org). Presentaranse nun sobre pechado (ou noutro documento axunto) cos datos do autor ou autora na parte posterior da copia do DNI (tamaño DIN A-4): nome e apelidos, idade, enderezo e teléfono de contacto. Poderase esixir un documento que acredite a idade dos gañadores. 9_Establécense 4 categorías: a) Nenas e nenos de 6 a 11 anos, inclusive. b) Pre adolescentes de 12 a 14 anos, inclusive. c) Adolescentes de 15 a 18 anos, inclusive. d) Mozas e mozos de 19 a 30 anos, inclusive.

10_Haberá un 1º e un 2º premio por categoría. Para as categorías a) e b) un 1º premio de 30€ para gastar en produtos de comercio xusto nas tendas da cidade que se indique e un 2º premio dun lote de produtos de comercio xusto. Para as categorías c) e d) un 1º premio de 60 € para gastar en produtos de comercio xusto nas tendas da cidade que se indique e un 2º premio dun lote de produtos de comercio xusto. Os textos premiados quedarán en propiedade da Asociación Xuvenil Amencer e/ou da Casa da Xuventude de Ourense, renunciando os seus autores/as aos dereitos como tales sobre eles. 11_O premio pode quedar deserto de non existir un texto de calidade a xuízo do xurado. 12_O xurado estará composto por un membro da Comisión de Solidariedade da Asociación Xuvenil Amencer, a coordinadora da actividade “Casa Solidaria” da Casa da Xuventude e os presidentes de ambas entidades. 13_A decisión do xurado é inapelable e farase pública na Casa da Xuventude na rolda de prensa na que se presente a actividade “Casa Solidaria 2011”. Comunicaráselle despois persoalmente ás persoas gañadoras. A entrega de premios farase nunha das

actividades organizadas dentro de “Casa Solidaria 2011”. 14_O(s) texto(s) gañador(es) serán editados en formato de marcapáxinas e serán repartidos dentro do programa de actividades da “Casa Solidaria 2011” Non se devolverán os orixinais por correo. Os autores/as deberán recollelos nos locais da asociación no mes de xaneiro de 2011. A organización do concurso asumirá a propiedade dos textos non recollidos nese prazo. 15_A participación do concurso implica a aceptación de todas as bases. Ourense, decembro de 2010.


Concurso Casa Solidaria  

Concurso 12 meses, 12 tarefas; para a creación das bases dunha Casa Solidaria. Asociación Xuvenil Amencer

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you