Para animar en galego sen escusas nin atrancos

Page 20

Certo, tamén se fala castelán en Galicia, pero só o galego nos fai galegos. Os seres humanos na procura da felicidade andamos moitos camiños, pero todos haberán de pasar por sermos o que somos, e nós somos galegos. Claro que se pode ser galego falando en castelán ou francés ou bérber… porque cada quen fala o que quere, pero galego só o é o galego. Falalo significa facelo visíbel e comprometerse contra a súa desaparición. Falar galego significa tomar a decisión de nos poñer a favor da lingua máis débil, de cobrar para nós o dereito á diferenza, de estar cos nosos de antes, de agora e de sempre. Hoxe é unha forma de rebeldía fronte aos que desexan impoñernos un mundo uniforme, cun pensamento único e dirixido. Falar galego é ter un signo de identidade propia no mundo, ser, a par de calquera en dignidade e grandeza, nin por enriba nin por embaixo de ninguén, único. Aínda sendo certo que en Galicia tamén se fala castelán, falar galego significa ser quen de escoller o camiño máis claro de ser galego. Ninguén que fale galego descoñece o castelán, mentres que xa hai rapaces e rapazas que falan castelán e non saben falar galego; isto significa empobrecerse. Falar galego enriquece a vida dos galegos e galegas. Falar galego significa pertencer a unha comunidade de falantes de douscentos millóns de persoas. Falar galego engrandece os nosos horizontes. Xabier P. DoCampo ProLingua


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.