Issuu on Google+

_Revista xuvenil ourensá. Nº 20_

Ao remate do 22º Campamento Urbano celebrado en Ourense en agosto de 2009 coidamos que o mellor saúdo para abrir esta nova edición da Revista AXAR era o que recollera os pequenos e grandes números desta actividade de ocio e tempo libre que levamos a cabo desde Amencer en colaboración coa Concellería de Xuventude da Tenencia da Alcaldía do Concello de Ourense. Aquí van:

22

agostos ininterrompidos do Campamento Urbano Infantil na Cidade das Burgas.

22 grupos de rapaces e rapazas organizados por idades.

12 agostos de Campamento Urbano Xuvenil con actividades

idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos de idade. 132 mozos e mozas de 15 anos de idade en adiante que pasaron polas actividades nocturnas do Urbano Xuvenil. 131 animadores/as voluntarios/as.

nocturnas.

10 días de campamento para os máis pequenos. 8 noites de campamento para a xente moza. 12

reunións no ano da comisión que organiza o Campamento Urbano. 28 horas de formación e coordinación de voluntarios e voluntarias do Campamento Urbano.

85’30 horas de actividades con rapaces e rapazas no Urbano Infantil. 16 horas de actividades con xente moza no Urbano Xuvenil.

195 actividades realizadas.

461 rapaces e rapazas anotados no Urbano Infantil, con

724 participantes en total. 112 educadores/as da nosa

cidade que animaron algunha actividade puntual para os rapaces e rapazas do Campamento Urbano. 28 empresas que colaboran economicamente. 84 empresas que colaboran con materiais.

35 entidades que colaboraron con visitas e exhibicións.

13 medios de comunicación que informaron do Campamento Urbano.

E detrás dos números, a ilusión de moita xente (dos animadores/as e dos rapaces e rapazas que participaron), a confianza depositada en nós de moitas familias, a colaboración de empresas públicas e privadas que contribúen a facer realidade este soño de gozar en agosto da nosa cidade, o traballo de xestión de moita xente... Ata aquí os números; nas seguintes páxinas, as palabras e imaxes que lles dan vida e lles poñen rostros. Feliz lectura e até o Campamento Urbano 2010!


AXAR Nº 20 | Revista xuvenil ourensá

O día 3 de Agosto comezou o Campamento Urbano 2009, co lema: “Caixa de sorpresas”. Os participantes inscribíronse no grupo correspondente á súa idade e tiveron un primeiro contacto cos seus compañeiros de grupo e cos monitores mediante xogos de presentación. Despois saímos da base do Campamento cargados cunha chea de globos de cores e pancartas. Como xa é tradición no Urbano, dirixímonos a tres das pontes da cidade para inaugurar oficialmente o campamento coa solta de globos. Os pequenos, de 9 e 10 anos, foron á Ponte Romana, os de 11 anos á pasarela do Centro Comercial, e os maiores, de 12 a 15 anos foron á Ponte do Milenio. Deste xeito, e coa forza que o caracteriza, demos a benvida ao 22º Campamento Urbano Infantil! Xa pola tarde inauguramos as Tardes do Urbano, coas ofertas habituais de todos os anos (bar-eto, obradoiros diferentes para elixir cada tarde, ludoteca, tebeoteca, videoteca, sala de xogos, velada final, Play Station, Wii, Scalextric Xigante, futbolín e pimpón, grande xogo, pintada do muro e animación de patio...) máis outras actividades novas que se incluíron este ano, como a sala de teatro e a de dardos/boleira. O Día da Benvida foi moi especial posto que puidemos coñecer novos amigos e amigas; pero o mellor de todo foi cando entre todos tiramos dende a ponte globos que tiñan unha gran pancarta para dar a benvida ao Campamento Urbano ‘09. Andrea Julia Rodríguez Gutiérrez (Grupo 11A)

Hoxe á mañá fomos á Ponte do Milenio a soltar globos, pero antes fixemos os grupos e os xogos. Pola tarde fomos a unha pratería e aprendéronnos a facer xoias. Noelia González Novelle (Grupo 12D)

O primeiro día á tarde fomos á Policía Local. Un policía chamado Baldomero mostrounos como controlan os cruces dos semáforos da cidade. Despois falounos dos accidentes e levounos á galería de tiro, onde vimos as dianas e o caucho das paredes e do chan, que serven para que non reboten as balas. Logo baixamos ao garaxe, onde montamos nun coche de policía. Emilio Piquero Fraga (Grupo 10B)

Na sala de Wii xogamos ao Wii Sports, ao Mario Kart… Eu gañei ao Mario Kart e ao Super Smash Bros Brawl. patrocinadordestedía:

Víctor Vilar Arias (Grupo 10D)

A exhibición de esgrima resultou do máis agradable e divertida. Explicáronnos como evolucionaron as espadas ao longo do tempo e para rematar puidemos experimentar a arte da esgrima. Victoria Fernández Rodríguez (Grupo 15A)


Campamento Urbano 2009 | Caixa de sorpresas O segundo día do Urbano propuxémonos pasar un día de ledicia paseando polas rúas da cidade, facendo unha chea de probas co obxectivo de coñecernos máis entre nós e tamén para descubrir recunchos, para algúns ata agora descoñecidos, da nosa Terra da Chispa. Comezamos a mañá dando os Bos Días nas escaleiras da Igrexa de Santa María Nai, para logo dividirnos en pequenos grupos e comezar o rastrexo! O paseo levounos por rúas emblemáticas de Ourense como: Santo Domingo, Rúa da Paz, Lamas Carvajal, Doctor Marañón... Aprendemos cousas novas da nosa cidade, ao tempo que realizabamos distintas probas: cantar parte do himno do campamento, tirar unha foto imaxinaria, entrevistar a persoas pola rúa preguntando cousas sobre a cidade... Nas Tardes do Urbano agardábannos máis sorpresas: unha exhibición da escola de baile “Estilo Libre”, o grande xogo “Sobrevivir na India” e distintas visitas culturais, ademais da oferta habitual do Urbano: Wii, Scalextric, obradoiros... Como se pode ver, unha grande variedade de actividades!

Pola mañá os nenos de Campamento Urbano visitamos a Praza Maior e aprendemos moitas cousas: que a Praza Maior é a única que ten un chan inclinado de toda España, que unha casa pola que eu sempre pasaba era a casa dun escritor chamado Eduardo Blanco Amor... Foi un día xenial non só porque aprendín cousas que non sabía, senón tamén porque o pasei en grande cos meus amigos. Enrique Bugallo Fernández (Grupo 11A)

Á tarde fomos a Pizza Móvil. Aprendéronnos a facer pizzas, e eu elixín facela en forma de corazón. Despois comemos todos xuntos e regaláronnos uns globos e unha gorra. Pasámolo moi ben. Despois fomos á base do Campamento e xogamos a xogos como fútbol, baloncesto, etc. Iker Perales (Grupo 11A)

Na exhibición de baile viñeron uns mozos que bailaban moi ben e estaban moi coordinados. Ademais cambiábanse de roupa para cada baile. Pablo Campos (Grupo 13B)

Hoxe á tarde xogamos a un xogo que se chamaba “Sobrevivir na India”. Dixéronnos que seriamos familias e déronnos uns presupostos e os gastos que teríamos nun mes. Para gañar máis rupias (a moeda da India) tiñamos que facer bolsas de papel. Ao remate do xogo non houbo vencedores nin vencidos. O noso premio foi saber que non vivimos nesas condicións e que temos moitos luxos. Belén Sabucedo Vilamarín (Grupo 14C)

patrocinadordestedía:


AXAR Nº 20 | Revista xuvenil ourensá

Hoxe foi un día moi especial porque puidemos compartir un día de praia cos nosos compañeiros e compañeiras que tamén gozan do Campamento Urbano en Vigo e en Compostela. Tivemos que madrugar moito! En principio estaba programado ir a Santiago, pero non puido ser, porque chovía moito, así que decidimos xuntarnos na praia de Montalvo (Sanxenxo). Con todo, e a pesar de ter que madrugar, foi un día que pagou a pena, pois todo o mundo tiña ganas de auga! Pola mañá, ata antes de comer, puidemos gozar dun longo baño na praia, pero á tarde o baño durou menos debido á forte marexada, porén, estivemos cantando cancións xunto aos rapaces e rapazas dos outros Campamentos. Cada Campamento cantou as estrofas do seu propio himno, e logo todos xuntos a parte do himno que temos común. Como xesto de amizade, na sobremesa intercambiamos as camisetas (e no noso caso tamén o pano vermello) dos tres campamentos para así recordar este día. Foi un día moi especial porque coñecemos a outros nenos que tamén estaban a gozar do Campamento Urbano noutras provincias galegas.

O Día da Xuntanza fomos á praia de Montalvo con outros rapaces e rapazas doutras cidades de Galicia nas que tamén hai Campamento Urbano: Santiago e Vigo. Paseino moi ben con outros nenos e nenas galegos. Ademáis coincidín cunha amiga de Vigo. Nerea Campos (Grupo 10A)

O mércores 5 fomos á praia. Alí reunímonos con rapaces e rapazas doutros Campamentos Urbanos da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco. Estivemos convivindo, comendo e facendo unha chea de xogos. Na praia foi un día moi activo. Sabela Ferreiro Iglesias (Grupo 11B)

O Día da Xuntanza xuntámonos cos Campamentos de Vigo e Santiago. Bañámonos e foi moi divertido porque había moitas ondas. Carla Martínez Álvarez (Grupo 13A)


Campamento Urbano 2009 | Caixa de sorpresas Segundo día enteiro de convivencia cos nosos amigos e compañeiros do C.U. 2009! Trala explicación do día e os avisos, os pequenos tiveron a sorte de ir en autobús á Ribeira Sacra para subir no catamarán. Foi unha mágoa que chovera, porque non puidemos bañarnos no río, pero xogamos e cantamos unha chea de cancións no colexio de Montederramo. Pasámolo ben igualmente. Os maiores, pola súa banda, fixeron unha ruta de sendeirismo até Mende. Unha vez alí representaron os anuncios sobre incendios forestais que prepararan anteriormente na base do Campamento. Resultaron ser uns anuncios moi orixinais, con cancións, raps... Foi un día moi intenso e chegamos moi cansos, polo que marchamos para a casa a descansar e pensar xa no día seguinte.

Fomos nun catamarán. Choveu un pouco, pero pasámolo moi ben. No catamarán había dúas partes: a parte de arriba, que non estaba cuberta, e a parte de abaixo, que estaba cuberta. Esa tarde gozamos moito. Seguide así, organizando actividades tan divertidas! Yolanda García (Grupo 10D)

O Día da Natureza fomos a Mende. Na andaina até Mende todos acabamos moi cansos. Alí representamos uns anuncios sobre os incendios forestais; foi a actividade máis divertida: uns fixeron cancións, raps, obras de teatro… Despois volvemos ao Campamento. Gustoume moito! Tania Oliveira Montes (Grupo 12C)

Pasamos toda a mañá camiñando polo río, falando cos nosos compañeiros e animadores. Foi moi divertido, aínda que facía moita calor. Despois fomos ata as piscinas de Oira e terminamos o día alá. Foi unha bonita experiencia para todos. Xogamos no parque e todos fixemos as nosas presentacións para darlle un bo sentido á natureza. Viva a natureza! Diana Pérez (Grupo 15B)


AXAR Nº 20 | Revista xuvenil ourensá

Último día da primeira semana do Campamento Urbano ‘09! Unha das novidades deste ano foi o Día dos Parques, no que puidemos gozar de distintas zonas verdes da nosa cidade, nas que os monitores nos aprenderon xogos como a carretilla, o lazarillo, o futbolín humano, o gato e o rato... Cada grupo foi a un parque diferente: ao parque Miño, ao Barbaña, e ao de San Lázaro. Alí gozamos xogando cos nosos monitores e os novos amigos. Os rapaces de 12 anos foron dando un paseo até Mende. Unha vez alí, realizaron un servizo de limpeza a carón do río, acompañados dunha ecoloxista que os axudou neste labor e lles deu consellos para reciclar. Ao final da tarefa todos aprendemos que cómpre coidar do noso entorno. Por outra banda, os maiores, de 14 e 15 anos, divertíronse nunha mañá de piscina en Oira. Pola tarde, puidemos gozar de dúas exhibicións: hípica e aeromodelismo. As dúas tiveron un gran éxito e seguro que moitos repetirán o ano que vén. Xa pola noite, ás 10:30h. tivo lugar o acontecemento máis esperado polos grupos de 9 a 11 anos: a Noite dos Pequenos. Os máis cativos do Campamento pasaron unha noite diferente, fóra da casa e cos seus amigos do C.U!

Fomos a unha patrulla de limpeza até Mende. Alí, unha ecoloxista esperábanos na beira do río. Deunos unha charla, logo separounos en dous grupos: un recollería papel do río e outro recollería plástico. Puxémonos mans á obra e limpamos parte da beira do río. Marchamos para a casa sabendo que fixeramos un pequeno grande xesto pola natureza. Jaime Rodríguez Fernández (Grupo 12C)

Hoxe paseino moi ben no Parque Miño. Pola mañá fomos a Mc Donalds e tomamos unhas hamburguesas. Pola tarde no obradoiro eu fixen un marco. Sandra Ogando Fernández (Grupo 11B)

Fomos ao Centro Comercial e déronnos un boneco con forma de topo, que representaba a súa mascota. Fixemos un obradoiro de maxia cuns cabalos e un xinete debuxados nun papel. Foi moi divertido! Lucía Expósito Fernández (Grupo 10D)

O pasado martes á tarde fixeron no patio de salesianos, unha exhibición de hípica con tres cabalos: Shakira, Duende e Campanilla. Os que quixeron puideron montar e trotar neles. Eu probei e a experiencia foi moi divertida! Entre outras cousas coñecemos a un neno de oito anos que levaba montando nos cabalos dende os tres anos! Espero volver a repetir esta experiencia pronto. Lara Rodríguez Hidalgo (Grupo 14 A)

Na Noite dos Pequenos xogamos ao xogo das bandeiras pero con pelotas. Eu ía do equipo vermello. A continuación, tomamos un Cola-Cao con galletas e contáronnos o conto de Pepito Risitas. Logo puxemos os pixamas e durmimos pronto. Ás 9 da mañá do sábado fomos para a casa. Emilio Piquero Fraga (Grupo 10B)


Campamento Urbano 2009 | Caixa de sorpresas Comezamos a semana co tan esperado Día da Praia. Tralos avisos habituais de todos os días, xuntámonos por grupos para baixar ao bus e marchar a Praia América. Ao chegar, e despois de botarnos crema para protexernos do sol, fomos dereitos a bañarnos, xa que era un día moi caloroso e todo o mundo tiña moitas ganas de probar a auga fresquiña. Despois dun bo tempo de baño, no que gozamos dunhas ondas enormes, volvemos ao autobús para ir xantar á Virxe da Rocha para estar á sombriña. Despois de repor forzas na comida, e sobre todo co chocolate que nos regalaron os animadores, tivemos un tempo de xogos libres mentres faciamos a dixestión. Cando acabamos volvemos á praia para darnos o último baño do día e regresamos á base do Campamento.

Fomos á Praia América en autobús. Chegamos e sacamos as toallas, botámonos crema e fomos ao mar bastante tempo. Comemos na Virxe da Rocha. Xogamos moito ao fútbol, ás raquetas e ás cartas. Volvemos á praia e divertímonos moito. Ao saír do mar merendamos e despois, para Ourense de volta. Rodrigo González Bello (Grupo 12B)

O Día da Praia foi un día de risas e emoción no que todos puidemos gozar dun pouco de auga salgada e da compaña da Virxe da Rocha. Nacho Pérez (Grupo 14C)


AXAR Nº 20 | Revista xuvenil ourensá

Despois do esgotador Día da Praia, este sería un día máis relaxado, xa que por unha banda os maiores foron ao Auditorio ver a película La pantera rosa, e pola outra, os pequenos foron ao Teatro Principal onde gozaron dunha representación teatral realizada por algúns dos animadores. Para sorpresa dos rapaces, os animadores apareceron no Principal caracterizados coma as personaxes do programa televisivo “El Hormiguero”. A representación resultou ser todo un éxito, sobre todo pola elección do primeiro míster da historia do Campamento Urbano! Ao rematar volvemos á base do Campamento, onde nos agasallaron a todos os que quixemos cun libro. E así despedímonos ata a tarde. Á tarde puidemos gozar de visitas culturais á Policía Local e ao Centro Quérote, ademais de poder participar nunha exhibición de balonmán.

Soa a canción chamada “Salta conmigo” e din que os de 11 anos van ao Teatro Principal. Ben! Chegamos un pouco cansos, pero... Sorpresa! Aparecen os monitores representando ás personaxes do programa de Cuatro “El hormiguero”; todos ían disfrazados. Que risa! Pero cal non sería a nosa sorpresa ao faceren un concurso chamado Míster Urbano ´09! Sergio Bayona Feijoo (Grupo 11 B)

Hoxe a mañá fomos á radio e alí preguntáronnos cousas sobre o Campamento Urbano; cousas como por exemplo: Desde cando participades no Campamento Urbano? Por que repetides?... Eu díxenlle que porque o paso moi ben, porque fago amigos e porque quero volver a velos. Tamén nos pediron que cantaramos o himno. Aínda que pasamos moita vergoña, pasámolo moi ben. Carla Timbis (Grupo 11C)

Hoxe fixeron unha exhibición de balonmán. Lanzamos uns tiros e logo disputamos un partidiño. O máis curioso é que os que viñeron á exhibición eran os meus adestradores. Pasámolo moi ben. Ademais cumpriuse o obxectivo: que a xente se animara a participar seriamente neste deporte durante o curso. Noemi Breant (Grupo 14 A)

No Mc Donalds puidemos coñecer as instalacións do restaurante, aprender o sistema de traballo alí, e mesmo facer nós hamburguesas. Ademais convidáronnos a unha bebida e comida despois da visita guiada. Sandra Nóvoa (Grupo 15 A)

Hoxe estiven no Scalextric e foi moi entretido xogar cos cochiños, porque aínda que son de xoguete, parecen de verdade e hai tensión pola carreira. Alex Pereiro (Grupo 10B)


Campamento Urbano 2009 | Caixa de sorpresas Para pornos un pouco en forma, neste día realizamos diferentes actividades deportivas en pequenos grupos, aproveitando os distintos espazos acondicionados para a práctica deportiva na cidade. Todos os de 9 anos fomos ao Parque Barbaña a xogar ao brilé, ao ringo gol e ao fútbol street. Os de 10 anos dividíronse e foron á Policía Nacional e á Casa da Xuventude a xogar a fútbol sala e a baloncesto. Como novidade, este ano os de 12 anos realizaron unha ruta en bicicleta por distintos paseos da cidade, actividade que lles resultou moi divertida! Os maiores foron ao Polideportivo Universitario. Alí puideron practicar moitos deportes: escalada, defensa persoal, aeróbic, pimpón, voleibol... Despois dunha mañá tan intensa, de regreso á casa para comer e repor forzas para a última Tarde do Urbano, con todas as súas ofertas habituais, máis unha exhibición de tenis e os torneos deportivos.

Hoxe fomos ao Campus Universitario andando. Había deportes para todos os gustos: dende defensa persoal até escalada, pasando por voleibol, o balonmán e o pimpón. Foi unha maña moi entretida xa que xogamos con todos os nosos amigos. Noelia Rodríguez Rey (Grupo 14B)

Hoxe fomos á Casa da Xuventude a xogar ao fútbol sala e ao brilé. Logo fomos comer a Telepizza e regaláronnos un inchable de praia en forma de botella. Pola tarde xogamos ao Trivial e ao Twister. E no Trivial non demos unha! Alba González Fernández (Grupo 13C)

Hoxe fomos ao Parque Barbaña a xogar a fútbol-praia no campo de area e tamén aprendemos a xogar ao voleibol. Facía moita calor. Patricia Ruibal (Grupo 11B)

Hoxe pola tarde estivemos na sala de futbolín e pimpón. Despois fomos ensaiar o baile para a festa final na sala de “velada final”. Tamén vimos como ensaiaba outra xente. Despois fomos ver como xogaban os nenos xa que era o día das finais deportivas e iso facíao moi emocionante. Paula Carballo Rodriguez (Grupo 14B)

Hoxe fun a pintar o muro. Paseino ben, pero facía moita calor. Hoxe tocou pintar a imaxe correspondente ao Día dos Parques. Andreína Álvarez Escobino (Grupo 10D)

patrocinadordestedía:


AXAR Nº 20 | Revista xuvenil ourensá

Este foi outro día enteiro de convivencia, diversión e frescura en Monterrei. Ao chegar arriba, os máis pequenos participaron nunha xincana de auga na que había unha morea de probas moi divertidas e refrescantes. Acabaron todos totalmente empapados. Outro grupo celebrou unhas “Urbanolimpiadas” no estadio de atletismo de Monterrei, con desfile inaugural e incluso entrega de medallas. Realizaron desde triple salto até unha maratón. Os maiores foron a xogar ao golf ao campo de Montealegre. Alí aprendéronlles como golpear e manexar o pau. Despois de xogar xuntámonos todos de novo para comer xuntos e, tras unha breve sobremesa, todos ás piscinas! Estivemos toda a tarde na auga: na piscina de olas, no tobogán, xogando cos nosos amigos e monitores... Oh! Cando nos quixemos dar de conta xa era hora de saír da auga, cambiarse e volver á base do C.U.

Esta maña fixemos xogos como: pasar un vaso nun prato por enriba da cabeza e darllo ao de detrás, explotar globos cun palillo na boca... Á tarde fomos bañarnos e pasámolo en grande. Leticia Gareia Comellana (Grupo 10 B)

Os nenos de 13 anos tivemos unha divertidísima actividade: A “Urbanolimpiadas”. Os grupos de 13 e 12 D competimos nas probas de 60m, 150m, 500m, 1000m, salto de lonxitude, tres saltos e relevos. Ao rematar fomos comer e despois puidemos ir á piscina a refrescarnos despois dos esforzos da mañá. Uxía García Vázquez (Grupo 13C)

Hoxe estivemos no campo de golf e aprendemos como se agarra o pau. Tamén vimos como se golpeaba a bóla. Claudia Zanfir (Grupo 14 C)


Campamento Urbano 2009 | Caixa de sorpresas E chegou o último día da 22ª edición do Campamento Urbano Infantil. Que mágoa! Aínda así, a pesar de que era un día triste porque acababa o Campamento, había que gozalo a tope. Empezamos o día intensamente. Os pequenos fomos á discoteca a bailar e gozar cos nosos amigos e monitores. Para a maioría de nós era a primeira vez que estabamos nunha. Ao principio custounos ver e distinguir a xente porque estaba moi escuro, pero despois de estar anaco de tempo xa un se acostumaba. Pasámolo moi ben! Mentres os pequenos estaban na discoteca, os máis maiores foron xogar ao campo do Couto cos xogadores do C.D. Ourense. Cando chegamos á base do Campamento, os bombeiros estaban agardando por nós para a ansiada festa da escuma. Puxémonos o traxe de baño, calzamos as chancletas e coa toalla ás costas baixamos ao patio. Despois do aclarado a base de mangueira, comemos e os monitores sorprendéronnos con pasteis e doces para todos. Algúns pequenos estaban moi nerviosos, xa que se achegaba a velada final e durante as Tardes do Urbano estiveron ensaiando bailes, coreografías, pequenas representacións teatrais... Despois recollemos todo e baixamos por grupos ao teatro para ver aos nosos compañeiros sobre o escenario. E entre actuación e actuación... Entrega de “Urbanitos” aos participantes mais destacados! O bo foi que eses participantes destacados fomos a grande maioría.

O último día de Campamento fomos á discoteca “Bull”. Estivemos bailando e tomando refrescos. Despois fixemos no colexio unha festa da escuma á que viñeron os bombeiros. A continuación comemos e tivemos a velada final na que vimos unha obra de teatro e bailes. Ao final rematou o Campamento Urbano. Que mágoa! Laura Fernández Rivera (Grupo 11D)

Hoxe foi o último día do Urbano ’09. Os grupos de 13, 14 e 15 anos fomos ao estadio de fútbol de Ourense, a O Couto. Alí, aqueles que quixeron xogaron contra os xogadores profesionais do C.D. Ourense. Logo volvemos ao Campamento xusto a tempo para darnos un baño de escuma no patio de abaixo e quedamos a comer no patio cuberto, á espera daqueles que foron comer a casa, para pasar unha velada de despedida. Antonella Menta (Grupo 13B)

Nós e unhas amigas fixemos un baile para a velada final e tamén participamos nunha obra de teatro. Divertímonos moito ensaiando! Imos botar en falta o C.U. Ivana e Andrea Rodríguez (Grupo 11 A)

Para finalizar, entrega de premios deportivos e premios por colaborar na redacción da Revista AXAR. Houbo dous premios especias: un para un rapaz que escribiu todos os días e outro para o gañador do deseño da mascota do C.U. E pasiño a pasiño, rematou o Campamento Urbano 2009. Como xesto final, a tradicional foto de despedida todos xuntos saudando á cámara.


AXAR Nº 20 | Revista xuvenil ourensá

Bar-eto Esta é unha das salas máis frecuentadas nas Tardes do Urbano, xa que nela pódese calmar a calor do verán cun refresco ou cun xeado, acompañado dun aperitivo para coller forzas para participar no resto das actividades.

Deportes Este ano os rapaces tiveron a posibilidade de participar en torneos deportivos nos que puideron practicar fútbol, fútbol sala, bádminton e baloncesto.

Obradoiros Todas as tardes houbo unha ampla oferta de obradoiros, con tres salas para elixir. A novidade deste ano foi o obradoiro de ciencia divertida con sorprendentes experimentos que tivo un gran éxito na primeira semana.

Visitas culturais Este ano tivemos a oportunidade de visitar moitos lugares na cidade: a Policía Nacional, a Policía Local, Pizza Móvil, a Aula de Informática, Maxia no Centro Comercial, o Mc Donalds, o Centro Quérote, unha pratería... Grazas a estas visitas, os pequenos non só puideron coñecer establecementos da cidade senón tamén que e como se traballa neles desde dentro.

Ludoteca Este é un espazo dedicado a actividades como os xogos dinamizados polos animadores do tipo do “Identity”, os disfraces...

Exhibicións Esgrima, baile, hípica, aeromodelismo e balonmán foron algunhas das exhibicións nas que puidemos participar sen saír da base do Campamento. Desta forma, puidéronse dar a coñecer outras actividades distintas ás habituais para a maioría dos rapaces de cara a que coñecéndoas poidan participar se lles interesa ao longo do ano.

Tebeoteca Esta sala estaba acondicionada para que calquera que pasara por ela puidera ler tranquilamente un libro, un cómic... Tamén se organizaron actividades de animación á lectura como “O aforcado dos libros”, “O password de contos”, “O quen é quen dos libros”...

Sala de xogos Todas as Tardes do Urbano os rapaces e rapazas podían participar en torneos de xogos de mesa como a oca, o parchís, o Tabú...

Videoteca Para os amantes da sétima arte, esta era a súa sala, xa que todas as tardes proxectábase nela algunha película de actualidade.


Campamento Urbano 2009 | Caixa de sorpresas

Velada final Durante todo o Campamento, nesta sala preparábanse os bailes e actuacións para representar despois o último día na velada final, diante de todos.

Obradoiro de teatro Coa axuda da monitora da sala, os nenos prepararon unha obra de teatro para o Día da Despedida. Xunto con outras, esta foi unha das novidades deste ano nas Tardes do Urbano.

Pintada no muro Os amantes da pintura atoparon nesta actividade da tarde unha das súas favoritas, xa que podían dar renda solta á súa imaxinación ilustrando cada día o que pasaba no Campamento Urbano con debuxos no muro que dá á rúa.

Play Station e Wii Esta actividade está pensada principalmente para aqueles rapaces que non poden xogar con videoxogos na súa casa. Habitualmente é unha das que máis chama a atención e das que ten maior número de participantes ao longo da tarde.

Animación de patio Para aqueles que preferiron o xogo libre nas tardes desenvolvéronse, tanto nos patios do colexio como no pavillón, actividades como: toallas de praia, baúl de libros, paracaídas, xogos tradicionais (zancos, cordas...), balóns xigantes e balóns para a realización de calquera xogo.

Scalextric Xigante O chan desta sala está totalmente ocupada por carrís de Scalextric no que os participantes viven máis intensamente as carreiras con emocionantes competicións de coches.

Futbolín e pimpón Outra das salas máis concorridas é esta, na que non só nos divertimos xogando senón tamén conversando cos nosos amigos e tomando algo, xa que está preto da sala do Bareto.

Dardos-boleira Este ano acondicionouse unha nova sala na que os rapaces podían xogar aos dardos e aos bolos virtualmente coa Wii. Este foi outra das actividades con máis éxito deste verán!

Grande xogo Todas as tardes ás 18:00h. Levábase a cabo un grande xogo. Algúns dos realizados este ano foron: “Pequenos contra maiores”, “Xincana de Auga” e o xogo especial “Sobrevivir na India”, levado a cabo polos mozos dun Campo de Traballo.


AXAR Nº 20 | Revista xuvenil ourensá

Durante todos os días do Campamento Urbano, os mozos de 15 anos en diante gozaron da posibilidade de participar todas as noites, en horario de 10:30h. a 12:00h. ao Campamento Urbano Xuvenil. As actividades que se ofreceron foron moito máis relaxadas e distendidas que as do Urbano Infantil, para así descansar de todo o día como animadores moitos de nós e compartir risas con compañeiros animadores e tamén con outros amigos. As actividades que se levaron a cabo este ano foron: Veladas musicais, noites de piscina no Pavillón e nas termas (como novidade deste ano), cine ao aire libre, deportes, unha velada lúdico-formativa a cargo dos encargados do Centro Quérote en Ourense e unha velada musical o último día. Para quen non participara desta vez, que se anime a vir que vén, porque seguro que non se decepcionará!



Revista AXAR Campamento Urbano 2009 Amencer