Page 1

HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC – PLATÓN. 1ª FICHA CURRICULAR DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA IES de VALGA UNIDADE DIDÁCTICA DE PLATÓN I. CONTEXTO FILOSÓFICO Platón foi un xenio cunha gran capacidade asimiladora pois tódolos pensadores e escolas deixaron nel unha marca; incluso dos seus adversarios (Sofistas e Retóricos) atopa elementos que aproveita. Entre as influencias fundamentais destacan as dos seguintes pensadores: - Heráclito: do seu dinamismo (todo flúe nada permanece) conleva a impermanencia, a continxencia, a caducidade do mundo físico; e polo tanto, a relatividade do coñecemento do mesmo. - Parménides: Na concepción platónica do mundo das ideas, o mundo intelixible, obxeto da verdade da ciencia, recolle a necesidade de ser de Parménides. E, deste xeito, coa existencia de dous mundos, reconcilia o antagonismo entre o devir de Heráclito e a permanencia do ser de Parménides. - Pitágoras e os Pitagóricos: Influen na súa concepción antropolóxica, na que a alma é inmortal e atópase encadeada no corpo mortal; así, como no relativo á rencarnación das almas non purificadas na existencia terrea. Por outra banda, a mística dos números e a relevancia das matemáticas determinan a construcción xeométrica da Phisys que Platón describe no universo. - Anaxágoras: Concibe un primeiro principio interpretado como intelixencia ou mente ordenadora (Nous); podémolo considerar un precedente do Demiurgo. Para Platón a orde (Cosmos) non pode ser o resultado azaroso do desorden (Caos). - Sofistas: Serán os verdadeiros enemigos de Platón. Utilizan a retórica como instrumento ó servicio das paixóns do individuo. Outro punto de discordia era o relativismo das normas morais e políticas. – Sócrates: Vai ser o que máis inflúe en Platón, pois para él "era o home máis bó e máis xusto que xamais existiu". Del, recolle o método inductivo como procedemento para formar conceptos universais, a aspiración de chegar a coñecer as esencias como base para as definicións e a súa inclinación polos problemas políticos e morais.

II. BIOGRAFÍA:

1


HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC – PLATÓN. 1ª FICHA CURRICULAR DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA IES de VALGA Platón nace en Atenas no ano 427 a.C. no seo dunha familia aristocrática. Por tradición familiar inclinouse á vida política, pero decepcionouse trala saguiñenta represión do réxime dos trinta tiranos, e sobre todo trala condea a morte que a democracia fixo recaer sobre o seu mestre Sócrates. A partir daquí vé na filosofía o único medio posible para sair da crise na que se atopa a súa sociedade. No ano 388 viaxa a Siracusa (Sicilia) e intenta por en práctica as súas ideas políticas. Pero o fracaso desta experiencia faino voltar a Atenas onde funda a Academia e intensifica a súa actividade filosófica. Xa na súa vellez intentará dúas veces levar á práctica en Siracusa os seus proxectos políticos, pero ante os reiterados fracasos volve a pecharse na Academia, adicándose por completo á actividade filosófica, profundizando no seu pensamento e intentando educar políticos e gobernantes xustos ate que morre no ano 347. Tanto a orixe como o fin da súa filosofía é a política xa que pretende buscar un Estado xusto. A evolución do seu pensamento político vai desde a ira que trata de mellorar as cousas ata a desesperanza na súa vellez. O seu pensamento está en constante revisión, non sendo senón unha búsca contínua da solución a determinados problemas. Os seus escritos están redactados case todos en forma de diálogos, nunha linguaxe sinxela e didáctica, donde intercala exemplos e mitos para explicar as súas teorías principais. Aínda que se atopan pasaxes oscuras e de difícil interpretación, sobre todo no último período. A personaxe central dos diálogos é Sócrates, moitas das ideas que éste defende son xa exclusivamente platónicas. En torno a él aparecen personaxes do seu tempo, amigos e discípulos de Platón , sofistas filósofos e tamén parentes. Cada diálogo céntrase na investigación dun tema (unha virtude, unha idea) pero en case todos eles aparecen os problemas centrais do seu pensamento. III. CLASIFICACIÓN DAS OBRAS A cronoloxía dos diálogos segue a ser unha cuestión conflictiva entre os investigadores, pois son escasos e inseguros. Para facer unha aproximación podémonos basear nas obras doutros autores. Pero vai ser a Estilometría a mellor guía para delimitar os distintos periodos, xa que os diversos estilos aparecían e desaparecían en cada época. Segundo Emilio Lledó, podemos clasificar as obras de Platón en catro períodos: 1º PERÍODO DE XUVENTUDE OU SOCRÁTICO (393-389): Diálogos en forma dramática, donde se discuten problemas éticos sen lles dar unha solución. En todos trata de resaltar a figura de Sócrates. 1.a- Apoloxía de Sócrates. Donde trata de facer unha defensa da figura de Sócrates. 1.b- Critón. Trata da importancia da obediencia das leis. 1.c- Laques. Trata sobre a valentía. 1.d- Lisis. Trata sobre a amizade. 1.e- Protágoras. Trata sobre a posibilidade de ensinar a virtude. 1.f- Cármides. Trata sobre a templanza. 2º PERÍODO DE TRANSICIÓN (388-385) Correspóndese coa primeira viaxe a Sicilia de Platón e funda a Academia. Rebasan os límites do ensino socrático, resaltando a súa insuficiencia. Obsérvase un ataque centrado nos Sofistas, tratando os temas favoritos destes. Aquí fai os esbozos da Teoría das Ideas e trata temas da análise da linguaxe. Gorgias. Trata sobre o político. Menón. Trata sobre o ensino da virtude. Cratilo. Trata sobre a linguaxe. 3º PERÍODO DE MADUREZ (385-370) Consolida a liña iniciada no período anterior, escribe as obras máis representativas do seu pensamento. Atópanse os principais mitos platónicos. Teoría das Ideas e bases da Epistemoloxía, Ética e Política.

2


HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC – PLATÓN. 1ª FICHA CURRICULAR DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA IES de VALGA Banquete: No que diserta sobre o amor e a beleza. Fedón: Trata sobre a inmortalidade da alma. República: Trata sobre a organización do Estado. Fedro : Trata da beleza e a natureza da alma. 4º PERÍODO DE VELLEZ OU CRÍTICO (269-347) Correspóndese coa 2ª e 3ª viaxe a Sicilia; no que somete a revisión tódalas concepcións anteriores. Cun estilo máis serio e difícil, prantexa problemas lóxicos, e abandoa as cuestións matemáticas. Aquí Sócrates xa non é o protagonista principal. Teeteto: Trata sobre o verdadeiro coñecemento ou a ciencia. Parménides: É unha exposición crítica da Teoría das Ideas. Sofista: Trata sobre o ser e a Teoría das Ideas. Político: Trata sobre a Teoría do gobernante filósofo. Timeo: Trata sobre a ciencia natural e a orixe do mundo. Constitúe unha enciclopedia científica completa: Cosmoloxía, Mineraloxía, Meteoroloxía, etc. Leis: No que precisa a súa Teoría Política anterior.Carta VII: De carácter autobiográfica.

3


HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC – PLATÓN. 1ª FICHA CURRICULAR DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA IES de VALGA

4


HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC – PLATÓN. 1ª FICHA CURRICULAR DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA IES de VALGA NA BUSCA DE VALORES ESTABLES E DE VERDADES ETERNAS Os sofistas identificaban verdade e opinión, defendían que a única diferencia entre duas opinións é seu nivel de aceptación. A verdade non era máis que mera convención producto da opinión maioritaria. Para Sócrates e Platón si todas as opinións valen o mesmo o concepto de verdade desaparece; e con él a posibilidade de establecer unhas referencias obxectivas e universais, básicas para garantir a orde social. Esta reflexión leva a Platón a afirmar que existen verdades independentes da nosa opinión e incluso da nosa existencia, verdades absolutas, universais, inmutables e eternas. Fronte ó relativismo, tanto para Platón como para Sócrates, é necesario defender unhos valores estables, universais, que non estén a disposición da vontade caprichosa da maioría. Según Platón, a democracia convértese en demagoxia, conducindo ó relaxamento dos costumes, á perda de cohesión social e, en definitiva, á perda da hexemonia ateniense en favor de Esparta. Para Platón o réxime que sacrificou a Sócrates non pode ter moito creto. Pero, a diferencia de Sócrates, para Platón a verdade non depende simplemente do individuo. A existencia desa pegada universal, deste anhelo pola verdade, amosa que a verdade atópase máis alá do noso mundo cambiante. Platón leva ate ás últimas consecuencias os prantexamentos socráticos: quen queira defender unhos valores absolutos deberá defender tamén a existencia dunha realidade absoluta. TEORÍA DAS IDEAS A idea principal da súa filosofía é que o mundo ordinario que coñecemos polos sentidos non é totalmente real. Tiña a sensación de que é un mundo inestable e imperfecto, sometido a constante cambio e decadencia. Como afirmaba Parménides só pode haber coñecemento auténtico daquelo que é estable e non o pode haber daquelo que agora é e agora non é. Por iso, Platón trata de buscar a certeza no coñecemento, que nos permita acadar algo estable e perfecto, así si o coñecemento certero é acadable, ten que haber un mundo de obxetos estables e perfectos detrás dos obxetos que captan os nosos sentidos. A tarefa do filósofo vai ser investigar este mundo que vai chamar o mundo das ideas. Esta problemática vai ser o eixo principal do seu pensamento. Hai, polo tanto, un mundo ideal, distinto ó mundo sensible: o mundo das ideas. O mundo sensible non é mais que unha imitación ou copia do mundo das ideas. Platón prantexa así un dualismo conflictivo entre dous mundos: o sensible e o intelixible. OS DOUS MUNDOS Ainda que as cousas muden , as definicións non cambian. Unha persoa pode adelgazar ou engordar pero os conceptos gordo ou delgado son anteriores a ese cambio e son precisamente o que nos permiten expresalo. Só as definicións inmateriais permiten definir e ordenar ¿Como se establece a diferencia entre un cadrado ben feito e un mal feito?Será o seu grao de semellanza ca definición pura de cadrado. O mesmo sucede cas cuestións éticas, estéticas ou políticas: o mundo material é unha aproximación imperfecta das definicións ou ideas. p.ex: decimos que un home é inxusto canto máis se alonxa da idea de xustiza. Polo tanto O mundo das ideas: é unha realidade invisible, non perceptible polos sentidos donde hai unhas realidades absolutas, eternas, inmutables, universais, independente do mundo dos fenómenos, p.ex: beleza absoluta, a bondade absoluta, a xustiza absoluta das que derivan a súa identidade as cousas que chamamos belas, xustas ou boas. Para Platón, Idea, non é un simple concepto mental, senón que ten unha existencia obxetiva. 5


HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC – PLATÓN. 1ª FICHA CURRICULAR DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA IES de VALGA (esta concepción pola cal as ideas teñen existencia propia fora da nosa mente denomínase realismo ou idealismo ontolóxico) ¿Podemos admitir que existe o triangulo, círculo, a xustiza, a beleza, a bondade... Pero víchelos algunha vez? As ideas existen independentemente de estaren exemplarizadas no mundo físico. Tódolos obxetos do mundo sensible teñen no mundo intelixible a súa correspondente forma ou idea (Eidos). Ideas ------ Modelos, Paradigmas das cousas materiais ----- Fonte de coñecemento das cousas ¿Por qué? porque son o que fai que cada cousa sexa o que é. Características: inmutables, non nacen, non morren, son eternas, non medran, non cambian. Son simples, únicas, incondicionadas e absolutas. ¿Cómo podemos percibilas? pola intelixencia ou raciocionio. ¿O seu coñecemento qué nos proporciona? proporcionanos a verdade, pois son a verdadeira realidade. Existen múltiples ideas, xerarquicamente estructuradas. Esta organización está presidida pola idea do Ben que se identifica coa verdade e a beleza. Identifica ás ideas con números ideais que son diferentes dos números matemáticos. Serán as entidades matemáticas as que axudan a Platón a explicar o mundo sensible (Physis) no Timeo. Pois son como unha ponte entre dous mundos (Ideas/cousas). No periodo crítico somete a revisión a teoría das ideas, preguntándose cómo estas ideas esenciais, sendo unhas e perfectas, podían dar a súa forma ós distintos seres que delas participan. Así , no Parménides somete a Teoría das Ideas a unha serie de críticas: 1.- ¿Existen ideas de cousas tales como pelo, barro, mugre? 2.- ¿Pode estar unha forma completamente presente en distintos obxetos sensibles e manter ó tempo a súa unidade?. 3.- Se as ideas non pertencen ó noso mundo estarán totalmente separadas e non caberá conexión algunha entre un e outras. 4.- ¿Hai ideas de seres artificiais?. Moitas destas cuestións non son contestadas por Platón, co cal deixa a súa obra e o seu pensamento aberto.

MUNDO SENSIBLE É a realidade visible, percibida polos sentidos, é enxendrada, está en constante cambio, é 6


HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC – PLATÓN. 1ª FICHA CURRICULAR DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA IES de VALGA semellante ás ideas. Pois as cousas participan das ideas e tamén as imitan, p.ex: A rosa é bela porque participa da idea de beleza. ¿O mundo material é despreciable? para Platón a materia é despreciable porque introduce algún factor de desorde ou indeterminación. É o mundo dos seres naturais, corruptibles, compostos, divisibles, imperfectos,... O seu coñecemento proporcionanos a opinión (Doxa) coñecemento imperfecto e despreciable, propio do home vulgar. No simil da Caverna son as sombras que ven os prisioneiros. DUALISMO ONTOLÓXICO No período da madurez utiliza a teoría dos dous mundos para explicar a realidade. Entre estes dous mundos sensible/intelixible hai un abismo (Chorismòs) é o abismo entre o eterno e o temporal. Pero Platón para relacionar estes mundos utiliza varias metáforas: a participación de cada idea, participación (Methesis), a imitación (Mímesis) e a presencia (Parousía) pois as ideas presentes nalgunha maneira nas cousas deste mundo (1) (1) Platón expresa de varias maneiras a "presencia" da Idea no sensible: dicindo que o sensible "participa" (methesis) ou "imita" (mímesis) a Idea, o que é a súa "copia" e "imaxe", ou a "presencia" (parousía). Platón afirma que a Idea está presente no sensible e isto fai que introduza (no Timeo) un artífice o Demiurgo da xeneración do universo sensible. No periodo crítico tratou de aproximar os dous mundos, creando unha reación dialéctica entre eles, admitindo algo de movemento no mundo intelixible e algo de permanente no mundo sensible XÉNESE DO MUNDO SENSIBLE: O DEMIURGO No Timeo fala do Demiurgo como un xenio poderoso, elemento configurador, que lle impón á materia unha estrutura e proporcionalle unha intelixibilidade e unha consistencia. O Demiurgo é inferior ás ideas en perfección, pero é eterno, inmutable, intelixible, e bó. Non é creador no sentido cristián, senón ordenador do elemento amorfo primixenio, tomando como modelos exemplares as ideas vai configurando a realidade sensible (influencia de Anaxágoras). Atópase a medio camiño entre o mundo das ideas e o mundo sensible, pois necesita para construir o mundo sensible. Introduce o concepto de espacio ou lugar como receptáculo universal que recolle a tódolos obxetos que nacen e perecen. Na constitución do universo, do cosmos (no sentido etimolóxico de orde frente ó caos) os catro elementos, (terra, auga, aire e lume) ou máis ben os catro estados da materia (sólido, líquido, gaseoso e ígneo/lume) adequiren a sua consistencia ó estruturarse xeométricamente na forma dos sólidos regulares (tetraedro-lume, cubo-terra, icosaedro-auga, octaedro-aire). O cosmos ten a figura mais perfecta: a esfera. A estrutura matemática explica as cualidades, os estados e as posibeis transformacións da materia. Nun principio estaban confusos e serán ordenados polo Demiurgo.

7


HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC – PLATÓN. 1ª FICHA CURRICULAR DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA IES de VALGA

8


HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC – PLATÓN. 1ª FICHA CURRICULAR DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA IES de VALGA TEORÍA DAS IDEAS (EPISTEMOLOXÍA) Para Platón realidade e coñecemento están intimamente unidos. Aínda que non elabora unha teoría sistemática esixe para o coñecemento a obxetividade e universalidade, é dicer, un saber válido para todos e en calquer circunstancia. Coa Teoría das Ideas, Platón cré atopar un obxeto estable e permanente para a ciencia. É gracias ás ideas que palabras como "xustiza" ou "beleza" non teñen un significado relativo, senón que remiten á xustiza en sí, ou a beleza en sí. Pero a Teoría das Ideas prantexa outro problema: a dificultade de coñecer as ideas cando éstas pertencen a outro mundo distinto do noso. Platón parte de que os obxetos da percepción sensible están en contínua mobilidade (a auga cambia de estado sólido, líquido e gaseoso) por iso destes obxetos non podemos dar unha definición válida para sempre e para todos. A ciencia só pode abranguer o estable, pois só é estable o universal e obxetivo. O estable para Platón son as ideas, que se corresponden coas esencias. A posibilidade do coñecemento do mundo intelixible basease en tres aspectos esenciais da teoría das ideas:a) as cousas imitan ou participan das ideas b) a alma é unha realidade intermedia entre as cousas e as ideas, e c) As Ideas están en comunicación entre sí. Tal será o fundamento da teoría platónica de coñecemento. REMINISCENCIA O tema aparece por primeira vez, no Menón donde aínda non fai mención á teoria das ideas. Os sofistas negaban a posibilidade do coñecemento. Afirmaban que non podemos coñecer nada novo, porque, si xa coñecemos unha cousa, é inutil buscala, e si a descoñecemos non saberiamos que estamos buscando nin cómo recoñecer que se atopou. A resposta de Platón é : non buscamos o que descoñecemos senón que buscar é recordar o que xa coñecemos, coñecer é recordar. Platón tén unha posición innatista, nocións como a xustiza non se atopan na experiencia senón que as atopa a nosa razón nun mundo ideal. Esta teoria da anámnesis é exposta por Platón no Menón no que interroga a un escravo sin dar resposta ó que se pregunta ate conseguir que enuncie algunhas propiedades matemáticas pesie a descoñecelas previamente. No mesmo diálogo Platón conclue que si ese coñecemento non adequeriu nesta vida adequeriuno con anterioridade e o que fai agora é lembralo. Esta teoria volverá a aparecer no Fedón e no Fedro. Nestos dous últimos diálogos engádense duas precisións importantes: 1ª Que a alma tivo que coñecer as ideas nunha existencia anterior separada do corpo e que esa afinidade foi posible grazas a sua afinidade cas ideas. 2º Dado que as cousas imitan as ideas, o coñecemento sensible sirve como ocasión para o recordo (anánmnesis) que serve para reducir a multiplicidade de sensacións á unidade da idea. A reminiscencia desaparece dos díálogos posteriores e todos os esforzos vanse concentrar na diálectica, que nos primeiros diálogos consiste no método socrático de peguntas e respostas. Pero na República experimenta esta dialéctica unha notable transformación donde describe os graos de coñecemento. GRADOS DE COÑECEMENTO Opinión e ciencia son os dous niveis fundamentais. Tamén fala da ignorancia como o estado do coñecemento propio do que vive ó día sen se preguntar o porqué das cousas. Estes niveis diferencianse polo seu obxeto de estudo: - Opinión (Dóxa). Coñecemento sensible ou sensorial, versa sobre obxetos sensibles particulares, concretos (p.ex: unha rosa fermosa). 9


HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC – PLATÓN. 1ª FICHA CURRICULAR DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA IES de VALGA - Ciencia (Episteme). Coñecemento racional ou intelectual, versa sobre as ideas intelixibles e universais, p.ex: a idea de fermosura en sí, ou da beleza absoluta, sen particularizar en ningún caso concreto. O filósofo pretenderá o coñecemento da esencia das cousas, decatándose que son copias das ideas, as súas encarnacións. Os tipos de coñecemento son proporcionais ós graos de realidade. Para Platón só é válido o coñecemento dado pola razón e desprecia o dos sentidos. Neste sentido é un filósofo racionalista e antiempirista, pois desprecia a experiencia en canto fonte de coñecemento. Como se pode ver no Simil da Liña, dentro do coñecemento podemos observar varios graos: - Intelixencia ou intuición intelectual (Noésis) captación que fai a intelixencia das ideas. -Pensamento ou razonamento (Dianoia). Ten por obxeto os entes ou realidades matemáticas. - Pensamento ou creencia (Pistis). Coñecemento das cousas sensibles. - Ilusión ou apariencia (Eikasia). Coñecemento das sombras, das cousas visiibles. EPISTEME {

NOESIS DIANOIA

} DOXA

{

PROPORCIONAIS ÓS GRADOS DE REALIDADE

PISTIS EIKASIA

No Libro VII da República, Platón compara ó que vive na opinión (Dóxa) cun prisioneiro que, atado desde o seu nacemento no fondo da caverna, non pode moverse nin voltar a cabeza. Detrás de él arde o lume e entre o lume e él hai un muro do que sobresaen, levadas por portadores, estatuas e simulacros que representan todo tipo de cousas. Desde o nacemento, o prisioneiro vé esas sombras proxectadas sobre a parede e está convencido de que esas sombras son a verdade. Pero si logra liberarse pode descubrir as simulacións e si sae da caverna pode contemplar as verdadeiras realidades.Video mito da caverna http://www.youtube.com/watch?v=-pe_HvUDs3Q A vida na caverna corresponde a opinión (Dóxa), a de fora da caverna ó coñecemento do intelixible, á ciencia (episteme). A opinión e a ciencia dividense a súa vez en dous graos. Na vida sensible (opinión) pódense atopar corpos sensibles (simulacros no mito da caverna) ou as imaxes destes (sombras no mito). Estes dous momentos da opinión son chamados creencia, Pístis, e imaxinación, Eikasia, respectivamente. Como a opinión respeito á ciencia é non-verdade, tamén a imaxinación é non-verdade respeito á creencia. Tamén a ciencia (Episteme) ten dous graos de coñecemento, o primeiro dos dous é verdade respeito do segundo, que precisamente é a verdade no seu significado auténtico. O primeiro é chamado pensamento, Diánoia, e ten por obxeto de estudo as realidades matemáticas; o segundo é chamado intelixencia, Noésis, que é a captación inmediata que fai a intelixencia das Ideas. Pero ¿Cal é o principio do que depende o coñecemento das Ideas? O principio do que 10


HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC – PLATÓN. 1ª FICHA CURRICULAR DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA IES de VALGA depende o coñecemento de todo o Mundo intelixible é a Idea de Ben, un término que non ten significado exclusivamente moral. A Idea de Ben é a causa pola cal pode coñecerse a verdade e a causa pola cal todo cognoscible existe e é o que é. Dela é a imaxe do Sol que ilumina o Mundo sensible e á vez fai que as cousas sexan. Como toda Idea é a unidade dun múltiple, así a Idea do Ben é a unidade do múltiple ideal. A dialéctica é a ciencia que, por un lado, sabe ver o orde segundo o cal o múltiple segue unificado en Ideas cada vez máis amplas, ate a Idea do Ben, por outro lado, vé o orde segundo o cal a unidade suprema segue estando "dividida" en Ideas cada vez máis restrinxidas ate aquelas que non son divisibles (a Idea de animal é compartida polo home, o cabalo, etc.; a Idea de corpo participa na de tódolos animais, pero tamén nas ocusas e nos vexetais.) O pensamento, o coñecemento (razonamento) xeométrico-matemático, servese de figuras sensibles, pero estas figuras non son o obxeto propiamente dito da xeometría, senón só a imaxen de tal obxecto. O obxecto do coñécemento é, por exemplo, o cadrado en sí, a Idea de cadrado, na que participa e á que imita todo cadrado sensible, algo análogo ocurre coas matemáticas. O coñecemento xeométrico-matemático parte de hipóteses non xustificadas e ó asumilas como coñecemento indudables e evidentes, constrúen sobre elas tódalas súas demostracións que son coherentes pero non é un coñecemento falso senón hipotético. O verdadeiro coñecemento debe liberarse do carácter hipotético que aínda compete ás disciplinas matemáticas, debe chegar a ese contido intelixible orixinario cuxa intelixibilidade non depende de ningunha outra cousa e da cal depende todo coñecemento do Mundo intelixible. A superación de todo coñecemento carente de verdade e que desde él ascende ate os términos últimos do Mundo intelixible, é chamado por Platón Dialéctica. PROCEDEMENTO PARA COÑECER AS IDEAS. Dialéctica é contraposición entre a opinión e a crítica da mesma. Conserva a postura socrática de que hai que partir dunha primeira hipótese e logo millorando a forza de críticas que se lle verían facendo ate chegar ata a contemplación do ben en sí. Podemos descompoñelo en dous momentos: un primeiro que consiste na intuición da idea, e un segundo momento no que hai un esforzo crítico para esclarecer esa intuición da idea. A dialéctica é unha noción complexa por ter varios significados ou sentidos tanto método racional do diálogo (xogo de preguntas e respostas) completado cunha análise e síntese, ou como arte que evoca o recordo das ideas.Serve ao proceso de ascender desde o mundo sensible ata o mundo das ideas para contemplar a idea de ben en sí. Este é un proceso ascensional de carácter intelectual da alma que progresivamente se libera da multiplicidade do mundo sensible, das apariencias en constante mutación. Con ese fin válese das artes (xeometría, música, cálculo) e elévase ás ideas morais e estéticas, para desde estas, finalmente, dirixirse cara ao ben. Este proceso dialéctico interprétase tamén como un proceso de interiorización da conversación socrática polo que a alma se dirixe desde o condicionado ata o incondicionado (o ben). Así, a purificación da alma (liberar das cadeas) consiste no esforzo especulativo en aproximacións sucesivas polas que a alma se eleva pouco a pouco no camiño da verdade e se afasta da percepción sensible, fonte de erro e de ignorancia. Ao atanguer este grao é cando o individuo descobre o real e acada a sabedoría ou ciencia perfecta. Nos últimos dialogos a dialéctica significa tamén a estrutura mesma da realidade (o mundo das ideas) ao insistir na xerarquía das ideas e na relación dialéctica existente entre elas. Existe unha especie de dialéctica emocional, é o famoso amor platónico, que consiste nun proceso ascendente promovido polo pulo erótico. No Banquete expón este método partindo da premisa de que o obxeto de amor é a beleza. A filosofía é o amor que busca a captación da beleza absoluta. Este pulo erótico pasa de amor polo corpo belo do amado ó amor da beleza de tódolos corpos belos, pasando pola beleza moral das 11


HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC – PLATÓN. 1ª FICHA CURRICULAR DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA IES de VALGA almas, das conductas, para Platón a alma prisoneira pese a beber do rio do esquecemento añora a perfección que coñeceu. Aqueles que non foron totalmente aprisionados pola materia, non foron satisfeitos e reciben un impulso a través do eros cara a beleza e a harmonía.

12


HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC – PLATÓN. 1ª FICHA CURRICULAR DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA IES de VALGA

TEORÍA DAS IDEAS (ANTROPOLOXÍA) O dualismo entre mundo intelixible-mundo sensible tradúcese agora na antropoloxía no dualismo corpo-alma, pois son as dúas partes que constitúen o ser humano. O Corpo (Soma): É a cárcere para a alma, pois o corpo é material, imperfecto, mutable, 13


HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC – PLATÓN. 1ª FICHA CURRICULAR DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA IES de VALGA despreciable, pertence ó mundo sensible, é un aloxamento temporal para a alma. Alma (Psiche) ten unha natureza ben diferente, é espiritual, eterna, inmortal, simple pertence ó mundo intelixible. A unión de corpo e alma é unha unión accidental, incómoda e transitoria, pois son de natureza distintas, atópanse vencelladas ó mundo sensible pero a alma que pertence a outro mundo desexa liberarse do corpo e voltar o seu propio lugar que é o mundo das ideas. A actividade máis propia da alma é a contemplación das ideas, por iso é considerada principio de coñecemento racional. Este consíguese pola purificación, que consiste na liberación do corpo e de todo o sensible para poder acceder ás ideas, esta liberación non será total ate o momento da morte, pero durante a vida a alma ten que controlar ó corpo. O acceso ó mundo das ideas prodúcese a traverso do coñecemento, para Platón coñecer é recordar. Teoría da Reminiscencia (Anámnesis): Basease na idea de que a alma antes de vir a este mundo contempla as ideas pero ó caer no corpo esquece todo. Non obstante, algo queda na alma como idea innata. Recordando a persoa o que xa sabía, o verdadeiro ser das cousas, é dicir, as ideas. Coa reminiscencia completamos os procedementos para coñecer as ideas, pero para recordar precisamos da inmortalidade da alma (concepción determinada pola influencia pitagórica). Alma, fonte de coñecemento que se move a sí mesma e tamén move o corpo, o que se move a sí mesmo é inmortal e inxénito. Polo tanto o home é a súa alma, pois ésta é superior ó corpo xa que o anima, dálle vida e o goberna. Non obstante, hai unha evolución na súa concepción antropolóxica: Así, no Fedón, prantexa un dualismo corpo/alma (materia/espíritu). mundo sensible /mundo intelixible. Máis tarde no Fedro corrixe esta visión abismal, apuntando elementos irracionais na mesma alma ó prantexar a estructura tripartita da alma. Alma estructurada en 3 partes ou millor dito funcións (xa que sempre fala da simplicidade da alma). 1.- Hai unha parte racional ---- cocheiro-auriga (no mito do carro alado) Funcións: - coñecer intelectivamente - dirixe as outras dúas partes 2.- Irascible ---- representada polo cabalo bó e fermoso. Simboliza ---- valor e vontade ---- Deixase conducir doadamente 3.- Concupiscible ---- Representada polo cabalo feo e malo Simboliza ---- A paixón sensible e o desexo ---- Díficil de guiar. No "mito do carro alado" relata como o auriga aínda coa colaboración do cabalo dócil e bó perde o equilibrio por causa do cabalo malo e se precipita no mundo sensible, caendo a alma no corpo. Neste mito, Platón, tenta solucionar a problemática da racionalidade apelando á necesidade de goberno da función racional sobre a irracional. Unha boa vida consistirá en que cada parte da alma funcione axeitadamente no seu propio lugar, e un individuo será dono de sí mesmo cando os sentimentos e as paixóns obedezan o seu intelecto. A razón rectora da alma debe ser formada mediante a educación (Paideia), que consistirá en voltar a mirada cara á idea de ben; ésta, alumea a orde das ideas polo camiño da dialéctica ata acadar a harmonía ou xustiza. A inmortalidade é a característica propia da alma, está unida ó corpo pero tende cara o seu 14


HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC – PLATÓN. 1ª FICHA CURRICULAR DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA IES de VALGA lugar natural que é o mundo das ideas, pois alma e ideas son semellantes, inmateriais, simples, indivisibles, e polo tanto inmortais. Tamén argumenta a inmortalidade da alma como posibilidade de ser premiada ou castigada, pois se morrera no corpo non podería ser xulgada e sería inxusto. Pero, ¿qué ocorre cando a persoa morre? disto fala en diversos diálogos (Fedón, Fedro, Gorgias, famoso mito de Er na República) que podemos sintetizar decindo: cando a morte, as almas son xulgadas por un tribunal e tamén unha sentencia. As almas totalmente purificadas marcharán á rexión das Ideas eternas, onde serán felices. As almas non purificadas irán ó Hades, rexión infernal, onde serán castigadas a padecer ruíns sufrimentos. Pasado un tempo, poden elexir ante o tribunal a súa nova encarnación libremente, poden elexir a reencarnación segundo o grao de virtude que cada unha queira (filósofo, comerciante, poeta, labrego, sofista ou tirano, ou incluso un animal). As almas non purificadas non escollen a do filósofo por estaren cegadas pola paixón, moitas veces escollen reencarnacións inadecuadas. Antes de reencarnar beben auga do río e esquecen toda a súa existencia anterior. http://www.youtube.com/watch?v=hE0QQekJ36Y http://www.youtube.com/watch?v=hoMdj3Lu76Q

TEORÍA MORAL A obra platónica nace dunha preocupación ética xa que pretende saber que era o ben, utiliza a súa Teoría das Ideas como soporte metafísico da ética e a política. Frente ó relativismo moral dos sofistas, (para eles os conceptos morais eran convencionais a cada persoa, lugar e cultura), Platón pensa que os conceptos morais poden ser definidos e coa súa Teoría das Ideas atopa o carácter absoluto dos conceptos ético-políticos. A ética de Platón ten como finalidade que o individuo acade a felicidade e ésta atópase na 15


HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC – PLATÓN. 1ª FICHA CURRICULAR DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA IES de VALGA práctica da virtude. A virtude (areté) é un camiño cara o ben e a xustiza. Esto pódese conectar coa Teoría das Ideas, pois a xustiza en sí, o ben en sí, son os criterios para diferenciar o bó e o malo, o xusto e o inxusto. Para sermos felices hai que conxugar pracer e sabiduría, só deste xeito poderemos acadar o sumo ben que implica proporción, harmonía, verdade e beleza. A virtude pode equivaler a sabiduría, que consiste na contemplación das ideas. Defende dun xeito máis moderado o intelectualismo moral de Sócrates; xa que éste identifica virtude con saber, mentras que Platón identifica virtude con saber e con felicidade. A virtude tamén pode equivaler a purificación como saúde da alma; a persoa virtuosa é a que purifica a súa alma das paixóns e despréndese do corpo para poder ascender ás ideas. Así a alma purificada é aquela na que cada parte da mesma cumple a súa función: - RACIONAL: Sabiduría e prudencia (SOFÍA-FRÓNESIS) - IRASCIBLE: Fortaleza e prudencia (ANDREIA) - CONCUPISCIBLE: Tempranza sendo atemperada (SOFROSINE) A virtude será o equilibrio das 3 partes, que Platón identifica coa xustiza, será polo tanto a xustiza un vivir ben, vivir con saúde, frente á inxustiza que sería un vivir mal, unha enfermidade. A virtude é un concepto interconectado con outros núcleos de pensamento platónico: 1) Busca o coñecemento do ben, ascensión dialéctica ó mundo das ideas. 2) Pretende purificar a alma, trascendendo o mundo sensible. 3) Interrelacionase coa política, xa que só é posible educar cidadáns xustos nunha cidade xusta. O individuo non pode chegar á perfección por sí só, polo que faise necesario o Estado ou comunidade política, a idea de persoa realízase na comunidade. TEORÍA DAS IDEAS, TEORÍA DA POLÍTICA A República é o Diálogo donde fai a exposición máis completa e sistemática do seu pensamento político (Politeia). Leva como subtítulo "Sobre a xustiza" pois vai a ser ésta o tema central do diálogo. Esta obra vaise considerar unha utopía, xa que establece un modelo de organización social construido con criterios exclusivamente teóricos dos que se deriva unha crítica; xa que se tenta dar resposta ós problemas da polis ateniense mediante unha fundamentación filosófica. A importancia da política no seu pensamento é tal que se pode dicir que ésta foi a motivación que lle levou a construir a súa Teoría das Ideas para así poder xustificar a súa Teoría Política. O ser humano é un ser social por natureza; por eso, os individuos necesariamente aceptan o pacto social no senso de que aceptan a orde establecida polos gobernantes como medio para a felicidade de todos. Éste dá orixe ás formas de sociedade tentando resolver o problema da non autosuficiencia do individuo; a este ¿A qué nos leva? á división do traballo que conleva á aparición de clases ou estamentos que se definen en base á función que cumplen na sociedade. Toda organización social básease no principio de especialización. Para Platón é moi importante establecer o que pode ser un Estado ideal perfecto habendo unha correlación entre Estado e individuo. O individuo só pode facerse perfecto nun Estado perfecto e viceversa, polo cal existe unha clara correlación entre Alma e Estado. A estructura da cidade atópase reflexada na alma e viceversa, por iso a ética coincide coa política: só na sociedade xusta pódese educar homes xustos. Estructura e organiza a sociedade en 3 clases ríxidas: A) Os productores (demiurgoi): Atenden ás necesidades elementais da vida humana, p.ex: alimento, vivenda e vestido, dando lugar a tódolos oficios: labrego, constructor, pastor, etc. Todos estes compoñentes son a clase productiva. B) Os defensores ou guerreiros (phylakes): Adícanse ó mantemento da convivencia social, á ampliación de territorio e á defensa da cidade das agresións exteriores. Establécese un exército profesional de persoas que posean virtudes especiais para esta función (forza, coraxe,...). 16


HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC – PLATÓN. 1ª FICHA CURRICULAR DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA IES de VALGA C) Os gobernantes (archontes): Serán os millores dentro dos gardiáns que a partires das súas dotes naturais, serán ríxidamente educados na búsca da verdade. Estes serán os filósofos (filósofo, basileus), pois coñecen o ben. O Estado é similar ó individuo, é un individuo de gran tamaño: ALMA ESTADO VIRTUDE 1. RACIONAL ---- GOBERNANTES, FILÓSOFOS ---- -PRUDENCIA 2. IRASCIBLE ---- GUERREIROS ---- -----------------------FORTALEZA 3. CONCUPISCIBLE ---- PRODUCTORES --------------- TEMPLANZA Tódalas clases son necesarias, pero cada unha ten unha dignidade e un estatus. ¿Cal é o obxetivo do Estado perfecto? a xustiza que é a virtude da cidade. Platón establece un paralelismo entre a xustiza do Estado e a xustiza do individuo. A harmonía das partes da alma equivale ó equilibrio e harmonía das clases sociais. ¿En qué consiste esta harmonía? Si no individuos consiste na ordenación das partes da alma en función da virtude que lle corresponde, no Estado consiste en que cada unha das clases cumpra a sua función. Platón fáinos ver como a política é a conclusión da tarefa do filósofo subordinando a ética á política. Tamén fai referencia a puntos importantes como a igualdade de sexos e a abolición da familia, as mulleres están igualmente dotadas en canto as súas capacidades exceptuando a forza física para poder acceder as mesmas funcións sociais incluso á guerra (neste aspecto hai moitas contradiccións ó longo da súa obra). Abolir a familia por estar vencellada á propiedade e ós instintos egoistas, pero este regulamento vai ser específico para a clase gobernante que debe estar por riba dos intereses particulares, procurando únicamente o ben común. Nos escritos de As Leis do último período hai unha corrección desta rixidez da República, apreciando unha certa relaxación.

AS FORMAS DE GOBERNO Para Platón a historia é decadencia: de cada constitución sae outra aínda peor, quédase coa idea de ciclo en canto que decadencia. A monarquía ou aristocracia é a forma máis perfecta de goberno pois é o goberno dos mellores. A decadencia desta forma orixina a timocracia ou poder militar, e cando ésta dexenera da lugar a oligarquía, minoría cobizosa e rica que explota ós outros homes, pero éstes cando se fartan rematan con eles e se apoderan do goberno orixinando a democracia. Pero a masa non está preparada para gobernar e posibilita que o máis demagogo tome o poder e se erixa en tirano, suprimindo as liberdades, sendo a forma máis dexenerada de goberno, e 17


HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC – PLATÓN. 1ª FICHA CURRICULAR DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA IES de VALGA da tiranía cíclicamente volveríase a pasar á monarquía. Pódese establecer un paralelismo coas formas da alma na medida en que a dexeneración da alma comenza cando as partes inferiores prentenden os principios rectores. Aínda que poida parecer o contrario Platón coa súa paixón educadora, a eliminación do egoísmo, o intento de creación dun home solidario, podemos decir que potencia e sistematiza as bases da teoría do sistema democrático.

18

Platón - copia - copia  
Platón - copia - copia  

II. BIOGRAFÍA: 1 – 3º PERÍODO DE MADUREZ (385-370) Consolida a liña iniciada no período anterior, escribe as obras máis representativas do s...

Advertisement