Issuu on Google+

Don Cesario no Espazo Descobren unha foto na que sae Don Cesario,o cura da cidade de Ribeira,no espazo.Esta foto saiu á luz o venres e dende aquela non se saben as razóns de cómo chegou este home ao espazo.O venres,os científicos da Nasa descobreron esta foto e comezaron a estudar as suas orixes e se era real e non unha broma de cómo se pensaba que se trataba.Conseguiron descobrer finalmente,que era unha imaxe real e non de ficción.Máis tarde,o sábado,comezaron a facer estudos de cómo consegui chegar ao espazo e a investigar de cómo poderian conseguer unha nave que vaia dende o espazo e volva de volta á Terra.Todos os científicos se puxeron na procura da nave e os diseñadores comezaron a facer os primeiros bocetos.

A Nasa tamén falou con algunha xente,entre eles testigos que viron os acontecementos.Aseguraron que foi un acto divino.Din que apareceu a man de Deus saindo das nubes que cobrian o ceo nun día de néboa.Saíu unha man xigante cuberta de raios de sol que alumbraban o ceo,acto seguido colleu ao cura e levouno,e non se viu máis.Despois de escoitar estas declaracións a Nasa comezou a estudar os acontecementos pero non deron cun resultado que sea lóxico.Alguns curas e alguns relixios intentaron facer diferentes actos relixiosos invocando a Deus para que volvise a ocorrer,pero non deu resultado.Mentres,a Nasa tentou de tranquilizar á familia de Don Cesario e falou coas veciñas,que aseguraron que era unha boa persoa e que sempre saudaba.

Todo isto foi o que aconteceu o Venres e o sabado,aparte de que provocou un gran rebumbio nos xornais,nas noticias,entre a xente e tamén nas redes sociais.A xente dedicouse a falar do tema e provocou que houbese cantidade de opinións,entre elas todas diferentes.Isto fixo que Don Cesario fose Trending Topic no twitter.

Todo isto aconteceu durante so uns dias,a saber o que pasará no resto de semana.Mentres tanto a Nasa está a intentar a dar coa solución,Don Cesario está no espazo esperando o seu rescate e mentres toda a cidade de Ribeira anda alboratada facendo que sáian en diferentes xornais e televisións de todo o mundo.



Don cesario no espazo