Issuu on Google+

TROPECE QUEN TROPECE...

ENTROIDO 2012 Ceip Mestres Goldar


Para cociñar este “desaguisado” necesitaremos: •

Os sofás da biblioteca.

Unha caixa envolta en papel de agasallo.

Unha gaita, un bombo.

Unhas moedas de plástico e tres cestiños.

Unha antorcha vella

Unha valla das obras.

Un paso de peóns.

Dous cestos e un globo inflado.

Dúas bañeiras de bebé.

Unha pelota de tenis grande...

... e unha boa dose de gañas de pasalo ben!


TROPECE QUEN TROPECE Narradoras: Natalia e Sandra 6º Mozas, rapaces e vellos… todos os que me escoitades: Ollo cos ordenadores, que non sempre din verdades. A informática é mentira, xa o dicía meu avó:

Unha tele con teclado non vai traer nada bo.

Estes consellos lle daba, sen que ela fixera caso Pensaba que como era vello, estaba moi desfasado. Ata que un día no cole entendeu de que falaba, Porque a profe nos mandou estudar as olimpiadas.

Eu, que diso sabía moito, quixen ir de presumida Contei a historia na clase e a todos lles deu a risa. Agarrei un gran cabreo e lles chamei ignorantes. -A ver, listos, -dixen eu, con tono desafiantequen inventou as olimpiadas? Buscádeo por internet, que así acabaredes antes!

Marchamos para informática e buscamos na Wikipedia. Dicía que as olimpiadas... inventáronas en Grecia.

Mintiráns !! Trapalleiros !!, iso é o que din os gregos. As olimpiadas, señores, inventáronse en Castrelos. Que non, non escachedes coa risa, que eu o digo moi en serio. Vin na tele a propaganda na que se falaba desto.


Aparecía un señor, cunha banda de guerreiros... Ían coa antorcha dicindo… “Vivamos coma galegoooos”

Cando llo contei aos profes, quedaron máis que abraiados. Trouxéronnos hoxe aquí para darvos o recado.

(música breve)

Quen inventou as olimpiadas? … foron dous da miña clase. Casimiro e Patatesa. Auténticos personaxes!!

Casimiro foi pirata, deses do parche no ollo, anda sempre cabreado…, agudo coma un piollo. De pequeno ía á escola, pero… nada de estudar: durmía no laboratorio do cole Mestres Goldar! Como quedou sen traballo, non tiña que madrugar tanto, enredaba por Castrelos e quedaba a durmir nos bancos.

Música

(Saen atletas a dar unhas voltas pola pista, simulando que están no parque)

Brais, Sergio e Pedro (6º) E ALGÚNS DE 5º

Pola mañá espertaba co balbordo dos atletas, que ían correr a Castrelos en vez de poñerse a dieta. E cos atletas tan cansos, os bancos estaban moi cheos. Só lles quedaban os rotos ou os que estaban máis feos.


Como hai que buscarse a vida e agudizar moito o inxenio foi buscar a Patatesa, compañeiro de colexio.

Patatesa era moi listo, pero vago… era un montón. Cando había algún problema, atopaba a solución.

Se din que a unión fai a forza, os dous fóronse achegando. Casimiro e Patatesa remataron asociados.

E isto que ten que ver coa orixe das Olimpiadas? -estaredes preguntando…Pois quedade, non marchedes que agora empezo a contalo. Aínda que non esquezades que, como estamos no entroido, todo o que aquí vexades é una mentira ou un conto.

Música (Aparecen uns atletas correndo polo parque de Castrelos)

Patatesa.- (descubre un banco novo) Buaaaaaah!! Un banco noviño, do trinque. E que colorido, chaval !! Quen poría isto en Castrelos? Non creo que fora cousa do alcalde Abel Caballero… Alta tecnoloxía… mullido e ben confortable … (desconfiando) Aquí hai gato encerrado, que non me fío do alcalde. (os atletas desaparecen da escena) Casimiro.- (aparece cunha caixa envolta en papel de agasallo) Patatesaaaaaa, Patatesaaaaa, Patatesaaaaaaa…!!! Onde estás, que non te vexo!!


Patatesa.- E que queres ver oh, se nunca ves nada!! Andas con ese parche no ollo, que pareces un pirata. Larga o parche e mira isto! Atopei un banco novo, máis cómodo que o dun ministro!! Casimiro.- Non me vaias comparar, fíxate ben nesta caixa: grande, noviña, do trinque… Unha xoia para as noites de xiada! Isto é pura lá Virxe, abriga máis que unha manta. Patatesa.- Abre iso, que dentro ten que ter algo. Unha caixa tan noviña ten que ser dun agasallo Casimiro.- agasallos, agasallos… !! sempre serás un romántico!! Unha caixiña tan nova é a mellor manta para un banco. Patatesa.- (pensativo…pon cara de iluminado) Un banco e unha caixa nova…. Xa o teño…. Xa está!! Ti e máis eu…. Témonos que fusionar!! Casimiro.-

Non digas palabras feas, pero de que falas oh? Metécheste na universidá? Que significa… “fusión”?

Patatesa.- Pero ti a que escola fuches? Que aprendiches de rapaz? Casimiro.- (empurrando a Patatesa) Eh, eh, eh…!! Amodiño e moito ollo, que eu funche ao Mestres Goldar. Patatesa.- Entón, no laboratorio… Mari Luz non che explicou as vantaxes que se obtiñan dunha excelente fusión? Dálle un pouquiño á cabeza e utiliza a razón. Se entre os dous nos asociamos... habemos durmir mellor…!!


Ti tes unha caixa nova e eu un confortable banco... Fusionándonos, que obtemos? algo coma iso de enfrente “A

NOVACAIXABANCO”

Casimiro.- pois si que tes boa razón. Ao final saíches listo. Esta noite durmiremos os dous xuntos ben quentiños música (Patatesa e Casimiro abren a caixa e déitanse no banco. Abríganse co cartón. No medio da noite espertan co frío) Patatesa.- Achégate a min, Casimiro, que estou a tremer co frío. Casimiro.- Ti coas túas ideas, e agora estás conxelado. Ben sabía eu que isto da fusión non ía dar resultado! Iso vale para os ricos. Nós seguimos amolados. Patatesa.- Achégate un pouco a min e non sexas protestón, ou vai correr polo parque, a ver se entras en calor! Casimiro.- Agora ir correr polo parque? a ti deuche unha toleira! non terás un par de mistos para facer unha fogueira ? Patatesa.- Por aquí gardaba eu un cacho de cheminea... se lle metemos papel... temos unha antorcha vella! (levántanse do banco e fan un facho) Patatesa.- buaaaah!! Quentiños e iluminados, isto si que tira ben ! Só falta unha tele grande, coma os ricos dos chalés!! Música (faise o día, e voltan os atletas a correr polo parque) Casimiro.- Oes, Patatesa, isto non dá resultado. Imos ter que facer algo para sacar algúns cartos, tanto atleta polo parque, a min xa me ten mareado.


Patatesa.- Ben pensado, Casimiro, creo que levas razón. gañando uns cartos na rúa durmimos nunha pensión. Casimiro.- Ti saberás facer algo....ademais dunha fusión? Podemos cantar pola rúa, como fan na Eurovisión. Patatesa.- Eu para cantar non sirvo, non che teño moito xeito. De pequeno din que daba para ser un bo gaiteiro. Casimiro.- Daslle a gaita, andas dicindo? e que fas aquí parado ?!! coa de cartos que se gañan tocando nalgún semáforo !! Patatesa.- Ei, ei, ei...!! que eu coido o meu repertorio se queres que toque a gaita, ten que ser nun auditorio. Casimiro.- Ti coa gaita e eu cun bombo que ten meu pai no faiado tocamos aquí, polo parque, e axiña estamos forrados. música (os dous desaparecen e chegan cos instrumentos) Casimiro.- Veña, Patatesa, afina xa de contado, que vai comezar o concerto de Castrelos máis sonado. Patatesa.- Dalle ti uns golpes ao bombo, mentres eu vou afinando en canto a xente te escoite hanse de ir achegando. (Casimiro diríxese ao público e comeza a golpear o bombo) Casimiro.- O bombo que estou tocando (bom, bom, bom) é de coiro de cacique e se algún me está escoitandoooo que rañe onde lle piqueeeee!! “A las señoras gharridas, todas de ghran comenencia, Casimiro e Patatesa facemos a reverencia”!!


(Comeza a soar a gaita. Os atletas que andan a correr axúdanlles a apañar os cartos. Ao pouco escóitase a serea da policía que non os deixa tocar na rúa. Abel , Yerai e Miguel 6º)

Casimiro.- Para, para, Patatesa, que aí nos vén a policía! temos que saír correndo ata chegar á Gran Vía. Patatesa.- Colle a antorcha, Casimiro, que hai que chegar ata o Castro, e pola noite vai frío. Un atleta.- eh, eh, agardade, non marchedes !! que vos quedan aquí os cartos!! Outro atleta.- imos correndo atrás deles... senón non os alcanzamos.

(Música. Sae a narradora) Casimiro e Patatesa empezaron a correr e unha morea de atletas que os querían coller. A policía detrás, seguía a perseguilos pero por máis que correron non puideron conseguilo.

Correr e correr, fixeron e non sei onde chegaron. Din as noticias do Faro que de Vigo se alonxaron. Entre estes dous personaxes e os atletas que os seguían creáronse as olimpiadas e tamén a antorcha olímpica.

(música) Cambia o decorado


(A Londres fun nun verán para mellorar o inglés, e alí estaban Patatesa e Casimiro outra vez.) (MÚSICA) (Aparecen Casimiro e Patatesa cun mapa na man e o seu facho) Casimiro.- Atende ben, Patatesa, que non sei onde chegamos... Os coches van pola esquerda e falan dun xeito moi raro... Patatesa.- Déixame a min, que Vigo non é tan grande; se pasamos por Camelias, estamos neste outro parque! Casimiro.- Non sei, non sei… pero a min pégame que estamos noutra cidade. Patatesa.- Preguntando vaise a Roma, dicíame a miña avoa... Pregúntalle a esa señora que vai vestida tan mona. Casimiro.- Señora, señora… andamos algo perdidos !! Señora.- (Candela Castrillo 2º) Are you tourists? (vós sodes turistas?) Are you going to the olympics games? (Ides ás olimpiadas?) Casimiro.- Xa cho dixen, Patatesa, que non sei por onde andamos... Patatesa.- (deletreando) En que rú-a de Vi-go es-ta-mos? Esta foi a un cole de pago, que non entende o galego... Casimiro.- Será... unha turista desas que chegan nos cruceiros... Señora.-

Oh!! My God, I know! You`re London 2012 athletes… (xa entendo, sodes atletas de London) Can

you speak english? (sabedes inglés?)

Patatesa.- Ah…inglish !! aquí o teño. Xa o sei, (mira no mapa) calle Cuba, Nicaragua, Paraguai... estamos no Corte Inglés! Señora.– Oh!!! The olympic flame! (La antorcha olímpica). Come on, come on… let´s go ! (vainos empurrando e botan a correr) (Sae infantil de 5 anos. Desfila a garda Real) (Casimiro e Patatesa non saben quen son. Non identifican os traxes)


Garda Real.- Quen sodes vós, os da antorcha? Estades moi despistados! Se queredes facer footing ide ao parque do outro lado. Casimiro.- E vós quen sodes, así vestidos tan raro? Non seredes os entroidos que andan por aí disfrazados…!!

Garda Real.- Non me teñen boa pinta estes dous esfarrapados. Que os leven onde a Raíña! Poden ser uns infiltrados!

(Música) (Os gardas collen a Casimiro e Patatesa e desaparecen da escena) (Música) Aparece a Raíña Nai (Claudia 6º) con dous gardacostas (Pablo e Rubén 6º) De novo entran en escena os gardas cos dous personaxes

Garda Real.- Con permiso, Maxestade. Traemos dous “inquilinos” que ían correndo por Londres e carecen de permiso. Garda Real 2.- Veñen cun facho na man e ademais moi mal vestidos. Con esta pinta non cremos que veñan aos xogos olímpicos.

Raíña Nai.- Iso é fácil de saber. Farémoslles unhas probas.


Que fagan unhas flexións a ver que tal se comportan. Se vemos que lles vai ben e non lle dan moito ao pico, que os metan a participar nos nosos XOGOS OLÍMPICOS. Que os leven para o estadio e lles poñan unhas vallas. Se superan ben as probas, que empecen AS OLIMPIADAS! Música (Póñense unhas vallas de obra no escenario)

Casimiro.- Patatesa, Patatesa... menudo lío que temos ! eu non salto esa valla, nin que me dean 100 euros. Patatesa.- Cala, Casimiro, cala, que estou pensando unha cousa. Estas non son parecidas ás vallas que poñen nas obras? Casimiro.- Ben mirado... si, parecen. Son desas que indican que hai trampas. Pero o peor de todo é que teremos que saltalas. Patatesa .- Tranquilo, oh! está tranquilo, dálle un pouquiño á cachola... que fan os vellos na rúa? Casimiro.- Mirar como van as obras !! Patatesa.- Exacto, meu compañeiro! Hai que ver... como pensas !! Temos que coller as vallas e levalas a unha beira, poñer cara de saber do choio, como fan nas obras os vellos, e miramos as olimpiadas sen ter que pagar un peso.


Casimiro.- Ben pensado, Patatesa, nen que viñeras do inferno!! que faría eu sen ti...? non había ser o mesmo. (Collen as vallas e abéiranas. Póñense coas mans enriba delas e os brazos tesos)

Patatesa.- Trouxeches as pipas?. Casimiro.- Algunhas deben quedar. Déixame ver neste peto. Patatesa.- Apura oh, apura! Teño unha fame que non vexo!! (Música para os atletas de 5ºque se poñen uns fronte a outros nas cabeceiras do escenario. Van comezar unha carreira de relevos) Casimiro.- Aquí hai moito atleta xunto... son moitos a patear e se queremos ir ao baño non imos poder pasar. Patatesa.- Iso é fácil, compañeiro !! teño todo controlado, pon un paso de peóns e quedan todos parados. Casimiro.- Imolo comprobar, que han quedar ben amolados… (Os dous personaxes estiran un paso de peóns. Os atletas quedan parados para deixalos pasar). Xuíces olímpicos.- Se hai un paso de peóns, non poderán correr nada. Sodes vós os gañadores. Gañades unha medalla. (Soben ao podio e lles colocan as medallas. Os dous escoitan o himno.) MÚSICA. (Aparecen os marchadores (5ª) correndo a súa proba). Casimiro.- Mira eses...!! pois si que van apurados ao baño... ou deulles un apretón que non o dan controlado. Patatesa.- Ninguén lles explicaría que para ir ás olimpiadas hai que vir mexados da casa?

(Atletas e marchadores van ao seu sitio)


Casimiro.– Eh! Señores marchadores…! Pasade por este outro lado. Non podedes ir correndo se antes non fostes ao baño! (Casimiro guía aos marchadores, que deixan a pista e van ao seu sitio. Casimiro e Patatesa, satisfeitos, quedan no medio do escenario)

Xuíces olímpicos.- Onde foron os atletas? Reclamamos a súa presencia. Casimiro.- Creo que foron ao baño, que lles entrou “unha urxencia” Xuíces olímpicos.- Pero, que atletas son eses que abandonan a olimpiada? E agora, nós que facemos con todas estas medallas? Xuíces olímpicos.- Se os atletas marcharon porque tiñan tanta urxencia, declaramos campións a Casimiro e Patatesa. Soben ao podio e lles colocan as medallas. MÚSICA. Casimiro.- Saca o programa, a ver que vai agora. Patatesa.- Oes, Casimiro, ti que sabes ler moi , mira a ver que pon aquí, que eu non o podo entender. Casimiro.- (lendo o programa) Corre, Patatesa, corre !! hai que abandoar a pista, no programa di ben claro que van chegar os ciclistas.

(Aparecen no escenario os ciclistas sen as bicicletas) (E.Infantil 3 e 4 anos) (Música e baile para os ciclistas que veñen sen bicicleta)


Patatesa.- Onde deixastes a bicicleta ? Ciclista.- Nós somos de porto e montaña, os amos da bicicleta. As bicis quedaron fóra. que era onde estaba a meta. Ciclista 2.-Ademais, nesta olimpiada, facemos unha protesta. Non nos deixan traer a bici a unha pista cuberta

Xuíces olímpicos.- Se non corredes a pista, quen leva a medalla esta?

Xuíces olímpicos.- Os mellores corredores: Casimiro e Patatesa (os xuíces póñenlles a medalla.) Música. ( Os ciclistas van ao sitio) Casimiro.- Tanta medalla, tanta medalla… non imos poder co peso! Patatesa.- Bah, non hai de que preocuparse, xa sei como solucionar esto: vai mirar detrás da valla a ver se atopas algún cesto. Casimiro.- Mira isto, Patatesa! Xa temos un par de cestos e tamén un globo inflado. Vai… quen encesta primeiro? Música Sae 1º (xogadores de baloncesto)


Baloncestista.- Nós somos baloncestistas, coma os da NBA. Botádevos para un lado e aprendede a xogar. Poñédevos de canasta cos brazos ben estendidos, e o que enceste primeiro será o que gañe o partido. (Empezan a xogar. Intentan meter o globo nun cesto. Ao cabo dun rato…) Casimiro.-Parade un momentito, que xa teño os brazos tesos. Patatesa.- Como ides empatados, facemos un intermedio. Música (sae ANPA, animadoras) Xuíces olímpicos.- Como os de baloncesto non conseguiron canasta, teredes que ser vós mesmos quen levedes as medallas. Música: 1º vai ao sitio Patatesa.- Que fas, Casimiro, deuche polo ballet? Que fas con esa guitarra…? Vas ensaiar o claquet? Casimiro.- Nada deso, compañeiro! Estou a ensaiar a mímica… Mira o que vén no programa… Patatesa.- Ah, xa entendo. Toca ximnasia rítmica. (Sae 3º ximnasia rítmica) (Ao remate de 3º

sae 2º colocándose en 4 filas ao longo do escenario. Están

preparados para a carreira de remo, pero veñen disfrazados de oficinistas cun portátil colgando.) Soa a música (Paquito el chocolatero) e os “remeiros” comezan a función.

Casimiro.- E... podo saber que facedes? Unha olimpiada non é unha verbena. Para bailar o Paquito chocolatero tedes que ir ás Candelas. Remeiro.- Pero ti que estás dicindo...? Paquito chocolatero...!! Apartade para un lado, que nós somos os de remo!


Casimiro.- Ahhh!! os de remo, andas dicindo. E onde vos quedou a lancha? Remeiro.- En que mundo vives ti? de que planeta vés? non sabes o que significa... “NAVEGAR POR INTERNET” ? Hai que aprender a adaptarse aos novos tempos modernos. Navegando pola rede, xa non necesitas remos! Casimiro.- Vaite ti de aí con esas modernidades ! Navegas por unha rede...?, se o mundo está cheo de mares...!! Precisades dun veleiro... dunha boa embarcación. Conseguídeme unha lancha e fago unha demostración. Remeiro.- Deixa que busque no Google... “lanchas de marca maior” Aquí está !! como a queres? con motor ou sen motor? Patatesa.- Nas olimpiadas, amigos, non deixan usar motor. Aquí hai que remar a pulso e non con ordenador (aparecen dúas bañeiras de bebé) Aí están !! menudos catamaráns! veña , Casimiro, tiraaaa!! dálle un pouquiño máis. Remeiros.- (cantando) A estribor...!! a baboooor!! Patatesa é o mellor!! A estribor...!! a baboooor!! Casimiro é o mellor!! (dan unha volta polo escenario e chegan de novo á meta) Remeiro.- Navegando con esmero, chegastes vivos á praia. Por iso ben merecedes que vos dean a medalla. 2º vai ao sitio


(aparece un tenista despistado dirixíndose a eles) Tenista.- Hai moito que estades aquí? Perdín aos meus camaradas. Vós sodes os que mandades nisto das olimpiadas? Patatesa.- Mandar, mandar…. Non é que mandemos moito... pero nestas olimpiadas, ben seguro, somos nós os que temos máis medallas. Casimiro.- E ti que fas por aquí con esa pinta tan rara? Saíches dunha lavadora, con esa roupa tan branca? Tenista.- Eh, eh, eh…! Moito ollo co que dis, que aínda levas coa raqueta... Eu fun o medalla de ouro en tenis de pista cuberta. Casimiro.- Veña, oh…!! E eu que o creo. Faime unha demostración. Tenista.- Tes que buscarme uns tenistas para a competición. Casimiro.- Vai mirar por aí arriba, se atopas uns coma este… Tenista.- E tamén necesito que poñades unha rede. Casimiro.- Oes, ti...! para seres campión, mira que es esixente. Estás feito un pedichón!! (Colocan a rede co paso de peóns) aparecen os

tenistas de 4º

Casimiro.- Veña, que isto xa está ! e agora a que esperades? Empezade a xogar!! Tenista.- Como imos empezar? Sen raqueta nen pelota? Non sabes que para o tenis, temos que ter esas cousas? Patatesa.- Deixade de discutir, que o tema non é para tanto. Atopar unha pelota non será tan complicado. Aquí tedes a pelota, como tiñades pedido, e agora a ver se empezades, que comezo a estar aburrido.


Tenista.- Unha pelota de tenis? Isto é un pelotón. Patatesa.- E logo ti que esperabas? Tamén sodes un montón. Tenista.- Cunha pelota tan grande, xogamos ao voleibol !! (empezan a xogar, pero Casimiro para o partido) Casimiro.- Isto así non pode ser. Non nos vale para nada. Se non xogades ao tenis, quedamos nós coa medalla. (aparecen tres xinetes cos seus cabalos)

Leticia, Rebeca e Laura 6º

Casimiro.- Ten coidado, Patatesa! Xa era o que nos faltaba! Que fan aquí estes xinetes con cabalos de batalla? Xinete .- Somos xinetes pacíficos, que vimos ás olimpiadas. Empeza o concurso hípico. Tedes que poñer as vallas. Patatesa.- Uns xinetes…? Uns cabalos…? Xa vos botaba eu de menos! E se, en vez de saltar vallas, nos levades a Castrelos? Xinete.- A nós vainos dar igual. Faremos o que faga falla. O único que queremos é gañar unha medalla. Casimiro.- Non vos preocupedes diso. Nós dámosvos as medallas. Temos unha chea delas… douchas todas se nos levades a casa. Xinete.- Trato feito, cabaleiros! Non hai tempo que perder. Subide aos nosos cabalos, que ides desaparecer.

Tenista.- Ehhh!! trampóns, trapalleiros, abandoades a olimpiada? Non marchedes nos cabalos, onde está a nosa medalla?


Casimiro.- (Montando nos cabalos) Se queredes a medalla que vola dea o meco. Nós largamos nos cabalos e voltamos a Castrelos. Patatesa.-Aquí quedades no entroido, non nos botedes de menos, que imos comer empanada e unhas xoubas con pementos ( Os xinetes van dando unha volta á pista e os tenistas van ao sitio)

(Sae a narradora, Natalia) Así queda demostrado, deste xeito tan pavero, que as olimpiadas naceron aquí abaixo, “EN CASTRELOS” Como as dúas van chegando, non vos entretemos máis. Só pedimos que digades:


VIVA O ENTROIDO DO MESTRES GOLDAR!!!

FIN

Ant贸n L贸pez. Ceip Mestres Goldar


TEATRO: TROPECE QUEN TROPECE