Page 1

COIDA A LINGUA


COIDA A LINGUA Narrador 1.- Mozas e mozos,

todos os que aquí escoitades: Imos contar unha historia que semella fantasía, aínda que, se ben o pensamos, tamén pode ser verdade. (música breve)

Narrador 2.- Nun país de xente amable, moi pertiño destas te-

rras, vivían en casa de aldea, don Latín e dona Grecia. Narrador 3.- Un día do mes de maio,

en mañá de neboeiro, naceulles unha meniña que chamaron Gallaecia. Narrador 4.- A nena bulía e xogaba entre soutos e carballos.

Enredaba no camiño vendo voar os paxaros. Mais, na súa mocidade cousas raras lle pasaban. Botou corpo de muller… pero a lingua non lle medraba.


Narrador 1.- Que poderemos facer?

Preguntábanse os seus pais. Coa lingua tan pequeniña non vai ser quen de falar. Narrador 2.- Entre tanto desacougo,

a nena palidecía, entrábanlle febres altas, e de pena non comía. Narrador 3.- Os seus pais, moi preocupados,

chamaron pola doutora. Na bisbarra era o mellor, unha “eminencia” de sona. (Aparece a doutora en escena. Examina detidamente á nena; tócalle na cabeza para ver se ten febre… finalmente míralle a lingua. Qeda moi estrañada e dictamina.)

Doutora.- Esta pobre Gallaecia ten a lingua un pouco enferma. Entroulle un virus na gorxa por falar en lingua allea. Se só fala en castelán, a súa lingua non medra.


Nai.- E como podemos facer para curar este mal? Pai.- Fareille unha sopa quente e un caldo ben natural. Nai.- Terémola sempre abrigada e que non lle dea o sol. Pai.- Dareille uns baños quentiños para que estea mellor. Doutora.- Ai, Don Latín, dona Grecia!! Non entenden o que digo? Nen o frío nen o sol afectan a Gallaecia. O único que precisa para mellorar a doenza, é falar a súa lingua e non outras extranxeiras. Non se decatan, señores, que por non falar en galego a súa lingua non medra? Ha saber das andoriñas, das landras e mais dos carballos, conservar a nosa fala para que sexa duradeira. Así, medraralle a lingua e rematará a doenza.


Pai.- Falarlle en galego á nena? Mais vostede toleou!! E logo, que lle van dicir se un día marcha a Madrid? Doutora.- Ai, señor don Latín, pensei que era máis espabilado!! Eu sonlle unha boa doutora e estudei en Santiago. En Vigo, Coruña e Ourense teñen universidade. E tamén hai madrileños que estudan nesta cidade. A lingua dos nosos pais ha de ser a que mamemos Un dos máis ricos do mundo presume de ser galego. Fálenlle en galego á nena E presuman do que teñen: unha fermosa rapaza cun falar doce e alegre. (Os pais óllanse estranados co que lles receita a doutora. Achéganse a nena acariñándoa, desconfiando das palabras da médica)

Nai.- Tal vez se nos dá un xarope… ou algún remedio caseiro…


Doutora.- Fáganme caso señores, e traian aos seus amigos que lle dean a nena alento e a traten con moito mimo. (a médica desaparece da escena)

Narrador 4.- A doutora marchou, segura

do seu remedio. Os pais quedaban na casa asombrados e con medo. Nai.- Ai, miña filla querida…!! Co que ela gosta das letras! Non ha poder ir á escola e todos se van rir dela. (Os pais desaparecen. No escenario só está Gallaecia, deitada na súa cama)

Narrador 1.- En canto seus pais marcharon

Gallaecia descansaba. A nena quedou durmida e deste xeito, soñaba... (música.- Suso Vaamonde. Os soños na gaiola. Aparecen un grupo de letras bailando en roda. Ao final do baile, agóchanse e susurran)


Letra X.-

(en baixiño)

Gallaecia ! Ei, Gallaecia !! non esteas preocupada. Letra I.- Somos as letras galegas, as túas amigas da casa. Letra G.- Ven xogar á nosa beira, cantar, rir e andar de brincadeira. Letra H.- Anímate, Gallaecia, Veña, érguete e baixa da cama. (Gallaecia abre ben os ollos e mira para as letras con aire entusiasmado. Baixa da cama e comeza a xogar na roda coas letras. Soa a mesma música)

Gallaecia.- Si que me gustaría usar vuestra lengua amada, ero a mi no me la hablan, y no estoy acostumbrada. Letra V.- Falar coma nós é doado, non tes que facer case nada!! Letra Z.- Simplemente tes que querernos e non deixarnos na casa.


Letra A Nós somos a letra “A” con ela damos “Apertas” (a letra abraza á nena) segunda letra A “Aloumiños” (acaríñaa) Terceira letra A e “Alimento”. Letra B Eu sonche a letra “B”. Dou mil “Bicos” nun momento. (Bícaa) Letras M Con nós, as da letra “M” terás “Mimiños” a centos. (danlle un achuchón) Letras F Olla como somos nós “F” de “Felicidade” Letras P

Ou nós que somos o “P” “Pacíficas Pombas” a voar en liberdade .

Letras L

Con nós, as do “L” con “Ledicia”, “Loitarás” pola verdade.

Letras N

(con timidez)

A nós chámannos “N”

porque estamos “Namoradas”. Letras U Nós somos o “U” de Unidade e xogamos ás agochadas.


Letra T

Eu, como son a máis forte, serei quen bote ás sortes “Pelo gato vintecatro unha, dúas, tres e catro”!!

(todos sinalan a unha das letras “C” e din ao unísono...)

Letras .- “Apandaaaaaaaas”!!! (todas as letras desaparecen da escena, menos o “C” )

Letra C Eu son o “C” de “Conto e Cantiga” de todas… a máis divertida!! Canta comigo, veña! sen medo! (Gallaecia e a letra “C” póñense a bailar en roda e a cantar...)

Polo fondo do mar, materile,rile,rile Polo fondo do mar, materile, rile, rile ron... vai voando unha sardiña, materile, rile, rile e nadando un avión, materile, rile, rile ron... (A letra “C” desaparece da escena. Gallaecia volta para a cama e segue a durmir. No seu soño aparece a súa nai)

Nai.- E agora, miña meniña, eu que son a túa nai,


xuntareime as letras amigas… as letras do teu fogar… Serei a letra primeira. Eu farei de letra “A” O “A” que será o teu “Acougo”, o “M” da túa “Mamá”, Serei “O” dos teus “Ollos”, “R” que te axude a “Remar”. E navegarás polo mundo orgullosa do teu falar. (o pai entra na escena, achegándose á nena)

Pai.- Eu serei parte do “C” e axudareite a “Cantar”. O “S” que coide os teus “Soños” e deixe a imaxinación voar. Nai.- Durme miña nena, durme, que logo chegará a mañá. (Entre os dous arrolan a Gallaecia en canto soa este cantar... cantiga de Berce de Fuxan os Ventos. Disco O Tequeletéquele)


Gallaecia.-

(Érguese da cama e diríxese ao público)

Eu serei unha serea que case a area co mar. Que faga bailar ás estrelas cando me escoiten cantar. Teño amigos, teño irmás, teño unha lingua que é miña, e túa .... e de moitos, moitos máis.

Fin


COIDA A LINGUA  

Teatro para nenos

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you